24
Cerne Melide O goberno local rexeita, por ser “inviable”, a xestión directa da piscina P12 enTreVisTa alicia oro, alain afflelou P23 o xornal da Terra de Melide Nº 99. Abril 2014. Distribución gratuíta Vantaxes financeiras para os 150 socios de asetem A patronal melidense consegue condicións vantaxo- sas para os negocios asociados tras asinar convenios de colaboración con La Caixa e Banco Sabadell. P3 un día máis de Foliada no seu décimo aniversario 25,26 e 27 de abril. A Foliada engade un día máis á súa programación para celebrar dez anos rendendo tributo á cultura tradicional dende o cerne de Galicia. P19 CoMarCa Toques esixirá unha solución ás deficiencias do plan de turismo P13 CulTura Os socios do Atlético votarán en asemblea o cambio de nome do equipo P20 Vinte e cinco anos facendo medrar a Terra de Melide En 1989 asinábase a acta fundacional de Asetem. Nacía así unha asociación chamada a dar resposta ás inque- danzas e aos intereses do empresariado da comarca. Máis de dúas décadas despois, e convertida nun importante actor social, Asetem bota a vista atrás para recordar e celebrar 25 anos “facendo medrar a Terra de Melide”. P5 - Fotos antigas do Catastro de Melide - Concentración parcelaria - Legalización de pozos, traídas de auga, etc. JAVIER LÓPEZ LÓPEZ ENXEÑEIRO TÉCNICO AGRÍCOLA - Colexiado 1049 - Partición de herdanzas (partixas) - Informes periciais e valoracións - Proxectos agrícolas Tfno./ Fax: 981 50 54 82 - Móbil 639 82 00 24 - E-mail: [email protected] Rúa Xosé Ramón Fdz. Castro, 14 - 15.800 MELIDE (A Coruña) peritosmelide.blogspot.com.es - Medición de terreos - Catastro - Segregacións e agrupacións - Imposto de sucesións e pilgrim´s guide Guía del peregrino P9 A asociación de empresarios celebrará en maio as súas vodas de prata

Nº 99. Abril 2014. Distribución gratuíta Vinte e cinco ...2 Editorial Cerne 99. Abril 2014 Cerne Edición dixital en Publicación mensual de distribución gratuíta CoordinaCiÓn

  • Upload
    others

  • View
    1

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Nº 99. Abril 2014. Distribución gratuíta Vinte e cinco ...2 Editorial Cerne 99. Abril 2014 Cerne Edición dixital en Publicación mensual de distribución gratuíta CoordinaCiÓn

Cerne

MelideO goberno localrexeita, por ser“inviable”, axestión directada piscina P12

enTreVisTa

alicia oro,alain afflelou P23

o xornal da Terra de MelideNº 99. Abril 2014. Distribución gratuíta

Vantaxes financeiras paraos 150 socios de asetem

A patronal melidense consegue condicións vantaxo-sas para os negocios asociados tras asinar conveniosde colaboración con La Caixa e Banco Sabadell. P3

un día máis de Foliadano seu décimo aniversario

25,26 e 27 de abril. A Foliada engade un día máis á súaprogramación para celebrar dez anos rendendo tributoá cultura tradicional dende o cerne de Galicia. P19

CoMarCaToques esixiráunha soluciónás deficienciasdo plan deturismo P13

CulTura

Os socios doAtlético votaránen asemblea ocambio de nomedo equipo P20

Vinte e cinco anos facendomedrar a Terra de Melide

En 1989 asinábase a acta fundacional de Asetem. Nacía así unha asociación chamada a dar resposta ás inque-danzas e aos intereses do empresariado da comarca. Máis de dúas décadas despois, e convertida nun importanteactor social, Asetem bota a vista atrás para recordar e celebrar 25 anos “facendo medrar a Terra de Melide”. P5

- Fotos antigas do Catastro de Melide

- Concentración parcelaria

- Legalización de pozos, traídas de auga, etc.

JAVIER LÓPEZ LÓPEZENXEÑEIRO TÉCNICO AGRÍCOLA - Colexiado 1049

- Partición de herdanzas (partixas)

- Informes periciais e valoracións

- Proxectos agrícolas

Tfno./ Fax: 981 50 54 82 - Móbil 639 82 00 24 - E-mail: [email protected]úa Xosé Ramón Fdz. Castro, 14 - 15.800 MELIDE (A Coruña)

peritosmelide.blogspot.com.es

- Medición de terreos

- Catastro

- Segregacións e agrupacións

- Imposto de sucesións

The pilgrim´s guideGuía del peregrino

P9

A asociación de empresarios celebrará en maio as súas vodas de prata

Page 2: Nº 99. Abril 2014. Distribución gratuíta Vinte e cinco ...2 Editorial Cerne 99. Abril 2014 Cerne Edición dixital en Publicación mensual de distribución gratuíta CoordinaCiÓn

2 Editorial Cerne 99. Abril 2014

Cerne Edición dixital en www.asetem.com

Publicación mensual de distribución gratuíta CoordinaCiÓn e redaCCiÓn: iván G. Blanco

ediCiÓn: Asociación de Empresarios Terra de Melide (ASETEM-CCA)endereZo: r/ Lino Sexto Sánchez 9, Melide (A Coruña)

Telf. e Fax: 981 506 188 E-mail: [email protected]Óns: Santiago Prado, Vanessa Martínez

aGradeCeMenTos: Pilar López, Adolfo Álvarez, imprenta MeligrafiMPresiÓn: Publicaciones Tameiga S.L.

dePÓsiTo leGal: Or / 57 / 84

Cerne non se responsabiliza das opinións manifestadas polos seus colaboradores

-EDiTOriAL..................................2-EMPrESA.....................................3-MELiDE.......................................11-COMArCA...................................13-CULTUrA E LECEr....................19-COLABOrACióNS......................22-ENTrEViSTA..............................23

ÍndiCe

Editorial Tribuna de opinión

O futuro de Asetem Convenios anticrise Xunta directiva de aseTeM-CCa

O socios e socias de Asetematoparán na páxina que segueun resumo con algunhas dascondicións financeiras vanta-xosas das que poderán gozar,se así o desexan, tralos conve-nios asinados pola patronal conLa Caixa e o Banco Sabadell.

Trátase dunha boa novaque os membros da xunta di-rectiva de Asetem comuni-camos coa satisfacción de tercumprido a promesa feitacando presentamos ante ossocios a nosa candidatura.Lamentamos non poder telofeito moito antes, pero nonsempre resulta doado facerconfluír os intereses de todasas partes. As negociacións fo-ron longas e con diferentes en-tidades bancarias.En Asetempreferimos esperar a deixar nocaixón algunhas das nosas rei-vindicacións. Valeu a pena e

hoxe podemos presentar dousdocumentos que agardamossexan de utilidade para em-presas e autónomos.

Non atopamos unha variñamáxica nin a fórmula para re-matar cos problemas. Son sim-plemente facilidades, vantaxes,pílulas de motivación en formade aforro en mantemento eadministración, asesoramentoempresarial, servizos gratuítosou créditos rápidos. Para ascontas da empresa e para ascontas persoais.

Dende o compromiso amo-sado por La Caixa e o BancoSabadell, xunto co intereseposto por Asetem, agardamosque estes convenios contri-búan a asentar a saída da crisepara a economía local. A tarefaé difícil. Seguiremos traba-llando na busca de novas emellores condicións.

Continuamos debullando nes-te espazo de opinión a bagaxee os retos da Asociación deEmpresarios Terra de Melideantes de celebrarmos, o vin-deiro mes de maio, os 25 anosda súa constitución. Se no an-terior artigo falabamos dopresente da asociación, nesteabordaremos os retos futuros,dende a incerteza que semprecomporta o que está por virpero coa seguridade de ter-mos claro o camiño que que-remos seguir.

Un dos obxectivos primor-diais ha de ser sempre a con-tinuidade da propia asocia-ción, tarefa non sempre doadacando as cousas se torcen,como estamos a comprobarnos últimos tempos. Aíndaque iso implique facer renun-cias puntuais, aínda que obri-gue a baixar o ritmo, concen-trará os máximos esforzos entodo momento. Só estandopresentes se lle pode darpresenza aos socios e sociase facer valer ese lema queacompañou a Asetem dendeos inicios pero que segue aser un lema de futuro: “faiteoír coa nosa voz”.

Cómpre unha voz firme eúnica, non só para facer valeras nosas demandas, senón ta-mén para presentarse anteos demais. Por iso outra dasteimas de Asetem no futuroseguirá sendo traballar na cre-ación dunha imaxe comercialunificada, unha aposta que xa

se está a facer pero que requiremáis tempo e implicación.Débese potenciar a marca co-mercial “Melide” baixo unsparámetros comúns.

A ese propósito contribuiráoutro dos retos futuros, taméndifícil pero posible: o de esta-blecer un calendario fixo deactuacións (sexan campañas,promocións ou eventos) queestean baseados nos atractivosdo pobo e que contribúan a di-fundilos. Trataríase de creariniciativas con forza e conso-lidadas no tempo, que nonobedezan á improvisación domomento, senón á planifi-cación, que non entren en con-flito co resto de actividadesda vila e que sirvan para cap-tar a atención dos clientes po-tenciais nas cidades e da xentenova. O futuro pasa tamén porconvencer a este público das

vantaxes que ofrece o comer-cio e a empresa de Melide.

Só se poderá abordar conéxito este reto a través do diá-logo e do traballo en común;unha das premisas que Asetemseguirá aplicando en cadaunha das súas actuacións. Diá-logo coas forzas sociais, políti-cas e co propio tecido asocia-tivo. O mesmo que se aplicarápara ese outro obxectivo defuturo que é o de traballar enproxectos de innovación útilespara as pemes e os autónomos.Será fundamental saber adap-tarse á evolución e ás necesi-dades dos mercados actuais,cada vez máis cambiantes.

Haberá tamén que miraratrás, porque moitos dos pia-res nos que se leva apoiandoAsetem nestes 25 anos darán aclave do futuro. O camiño élongo. As ganas son moitas.

Page 3: Nº 99. Abril 2014. Distribución gratuíta Vinte e cinco ...2 Editorial Cerne 99. Abril 2014 Cerne Edición dixital en Publicación mensual de distribución gratuíta CoordinaCiÓn

Empresa 3Cerne 99. Abril 2014

asetem consegue vantaxes financeiras para os seussocios tras asinar convenios con la Caixa e sabadell

!!NUEVO!! COSALUD VITAL

“ASISTENCIA SANITARIA PRIVADA”Cuadro médico propio con más de 25.000 profesionales

Desde el 15% de descuento en tu Seguro Vida hasta el 31 de Diciembre*. Tráenos tu póliza actual o pregúntanos si aún no disfrutas de ella.

* Ver condiciones de oferta en la oficina

SEGUROS DENTALESDESDE ¡¡¡ 36 € !!!

(Limpieza bucal anual incluída, coste aproximado 40€)

Rodrigo Fernández Pombo

Agente de seguros exclusivo

Nº de Reg. Mediador.: COO2636154917KC/ Ronda de Pontevedra

Nº 113 Bajo - 15800 Melide

Tlf/ Fax: 981506495

Móvil: 678055942

[email protected]

Logo dunha rolda de contactos e reunións con diferentes entidades ban-carias, a Asociación de Empresarios Terra de Melide asinou a finais domes de marzo un convenio de colaboración con La Caixa e outro co BancoSabadell no que se recollen condicións vantaxosas e facilidades de finan-

ciamento para os socios. Devolución de parte dos recibos domiciliados,descontos en seguros, financiamento por facturación da TPV ou créditosrápidos son só algúns dos aspectos destes acordos que os socios poderáncoñecer mellor nas oficinas de Asetem ou nas propias entidades bancarias.

CONVENIO DE COLABORACIÓN CON

Manuel Vázquez, Sonia Valiño, Juan Luis Candamo e Fernando Miranda

CONVENIO DE COLABORACIÓN CON

Sonia Valiño e ramón Camino, director da oficina de La Caixa en Melide

O convenio asinado co Banco Saba-dell contempla dúas liñas dife-renciadas: unha profesional, paraas empresas e autónomos, e outraenfocada ás contas persoais dos pro-pios socios de Asetem ou dos seustraballadores.

As vantaxes materializaranse nadenominada “Cuenta expansiónPro”, con cero euros de comisiónsde administración e mantemento.Ademais, a entidade aboará o 10%da cota de socio ata un máximo de100 euros ao ano. Por outra bandatamén devolverá o 3% dos recibosdomiciliados (auga, luz, gas...) ataun máximo de 20 euros cada mes.

Os socios e socias que decidanconfiar no Banco Sabadell poderángozar de tarxetas de débito e de cré-dito gratis, que lles permitirán reti-rar cartos tamén de xeito gratuítonos caixeiros do Sabadell e tamén en

todos aqueles adscritos a Serviredsempre e cando se retiren importesiguais ou superiores a 60 euros.

Destaca tamén neste convenio aLínea Expansión, a través da cal seconcederán créditos rápidos de ata5.000 euros tanto para proxectosempresariais como persoais dossocios e socias de Asetem. Ademaiso acordo inclúe condicións favora-bles en pólizas de crédito profesionalou créditos para estudos e masters.Por outra banda recolle vantaxesespecíficas como plans de pensións100% flexibles ou o adianto da nó-mina aos traballadores.

Con carácter especial para todosos asociados, Banco Sabadell com-prométese a realizar xornadas infor-mativas para asesorar sobre temascomo a planificación da xubilación,a tramitación de recibos ou comofacer máis rendibles os aforros.

O acordo asinado entre Asetem e LaCaixa achegaralle aos socios e sociasda patronal a nova forma de facernegocios pola que está apostandoesta entidade, que se resume nolema “Llevamos la oficina de LaCaixa a tu negocio”. O cliente teráao seu servizo un xestor especia-lizado co que poderá contactar encalquera momento e que lle axudaráa realizar os trámites necesarios sendesprazarse á oficina. Ao mesmotempo, ofreceralle solucións paraaumentar a eficiencia da empresaou do comercio.

Esta filosofía de traballo ten a súaplasmación na denominada “Cuentanegocio”, á que se pode accederao domiciliar o pago da SeguridadeSocial de Autónomos e ter un mí-nimo de 600 euros de ingresos aomes. Con esta conta os socios deAsetem poderán realizar operacións

de cobros e pagos aforrando os cus-tos de mantemento e administra-ción, tarxeta de débito para o titulare un beneficiario, ingresos de che-ques ou transferencias por autoser-vizo. Se ademais da domiciliaciónse realizan tres cargos de recibos aotrimestre e tres compras con tarxetaao trimestre, La Caixa regala unhatablet LG GPad ou un smartphoneLG Optimus L9.

Outro dos servizos dispoñibles éa MultiCuenta negocio; dúascontas independentes, unha parauso profesional e outra para uso par-ticular, que operan cun único saldoconxunto en caso de necesidade defondos nunha delas.

No convenio tamén se recollen,entre outras vantaxes, descontos do5% en carburantes, do 10% en segurosen promoción, ViA-T gratuíto ou fi-nanciamento por facturación da TPV.

Page 4: Nº 99. Abril 2014. Distribución gratuíta Vinte e cinco ...2 Editorial Cerne 99. Abril 2014 Cerne Edición dixital en Publicación mensual de distribución gratuíta CoordinaCiÓn

4 Publicidade Cerne 99. Abril 2014

XORNAL CERNE NOVOS PUNTOS DE DISTRIBUCIÓN

COMERCIO

- Aceiteiro- Angarela- Bodegas Mejuto- Calzados Broz- Casa Juanito- Casa Santos- Cociñas Buján- Ctro. Cial. Ares- Espomasa- Floristería Maru- Floristería Tarrío- Hijos Casal Mariño- J.R. Cabado - Librería Cousas - Librería Victorio- Melimática- Melisanto- Muebles Paula- Muxica

- Pescados Manolo- Xebre- Xoiería Oro Ley- Xoiería Roval- Xoiería Silvela

EMPRESA

- Canteras Prebetong- Canteras Rechinol- Constr. Espiño- Cubiertas Blanco- Distribuciones Mella- El Mueble- El mundo del pintor- Fuciños Rivas S.L.- Gasolineira Bocelo- Lácteos T. de Melide- Leonardo Miguélez- Mejuto Vázquez - Ovidio Leiva

- Proquintas- Villamor S.C.

HOSTALERÍA

- A Boa Viña- Bodegón Alongos II- Café Chaplin- Cafetería Arraigos- Cafetería M40- Cafetería Marian- Cafetería Stop- Casa Estilo- Novo Continente- O Carburo (Toques)- Os Garceiras- O Sapo Lambón- Parrillada Rúa- Pizzería Xoldra- Pulpería Ezequiel

SERVIZOS

- CC Xestión - Clínica Dental AnaMarcos

- Clínica Dental Karim

- Fisiovida- Hardgalicia (R)- Javier López

(perito)

- Meligraf- Notaría- Seguros Bilbao

NO POLÍGONO

- Jim Sports- Nutripor- Suministros Indus-

triales Cire- Transportes Sierra

Platos combinados, pastas, caldoRúa do Progreso, 9 - MELIDE

Tlf: 981 506 096

Page 5: Nº 99. Abril 2014. Distribución gratuíta Vinte e cinco ...2 Editorial Cerne 99. Abril 2014 Cerne Edición dixital en Publicación mensual de distribución gratuíta CoordinaCiÓn

Empresa 5Cerne 99. Abril 2014

asetem celebrará en maio o seu 25 aniversario con exposicións, conferencias e unha cea para os sociosEn 2014 a Asociación de Empresarios Terra de Melide cumpre 25 anos.Para conmemorar tan simbólica data, a patronal melidense está ultimandounha serie de actividades coas que se pretende botar a vista atrás pararepasar estas máis de dúas décadas de historia e achegar o labor da aso-

ciación á veciñanza e ao empresariado da comarca. En constante diálogoco presente e co pasado, as propostas distribuiranse ao longo de todo omes de maio con conferencias sobre temas de actualidade, exposicións,unha cea de confraternidade para socios e unha edición especial do Cerne.

UNHA MIRADA AO PASADOEXPOSICIÓN SOBRE OS 25 ANOS DE HISTORIA

CEA DECONFRATERNIDADE

A historia de Asetem, ao fine ao cabo, é a historia dunhaunión de forzas para conse-guir un ben común, da sumade individualidades nun pro-xecto colectivo. Por iso nonhai mellor maneira de con-memorar 25 anos ca facelotodos xuntos. Así, o venres30 de maio celebraraseunha cea de confraternidade

PENSANDO NO EMPRESARIADO. CICLO DE CONFERENCIAS

Expertos en temas de inte-rese para os empresarios eo público en xeral pasarántodos os xoves pola sede deAsetem para disertar sobretemas como a xubilación,as operacións bancarias coanormativa SEPA ou os no-vos modelos para o comer-cio de proximidade. Todasas conferencias comezaránás 20:30 horas e estaránabertas a calquera persoainteresada en asistir.

Xoves 8 de maio: “Novos modelos e alternativas para o comercio de proximidade”

relator: Luis Fernández Díaz, secretario xeral técnico da Federac. Galega de ComercioContidos: Partindo da situación actual do pequeno comercio, a primeira das conferenciasprogramadas por Asetem centrarase nos novos modelos comerciais e na venda on linecomo alternativa. Falará tamén un representante de comerciogalicia.es, unha plataformade servizos e compras representativa das novas formas de asociacionismo comercial.

Xoves 15 de maio: “Sepa, nova lei de pagos”

relatores: J. Carlos Ferreiro, delegado de financiamento do Banco Sabadell; FernandoMiranda, director de colectivos; Dolores López, directora da oficina de Melide. Contidos: disertación sobre os cambios introducidos pola Zona Única de Pago en Euros.

Xoves 22 de maio: “A Reforma das pensións: causas, solución e consellos”

relatores: Víctor Chapela e Marcos Cao, técnicos da Conf.de Empresarios da Coruña.Contidos: recentemente cambiou a lexislación relativa ao cálculo das pensión de xubi-lación. Moitos empresarios e autónomos non modificaron a súa situación para adaptá-rense ás novas regras do xogo e iso estalles a ocasionar a perda de importantes cantidadesde diñeiro. Nesta conferencia informarase polo miúdo sobre a reforma das pensións,achegaranse solucións para mellorar a xubilación de cada quen e poñeranse exemplosprácticos, diferenciando autónomos e asalariados. recomendada para o público xeral.

ESPECIAL CERNENº 100

Maio trae tamén para Asetemoutro acontecemento digno deconmemorar, xa que ese messairá á rúa o Cerne número100. Con tal motivo, publica-rase unha edición especial quecondensará en 48 páxinas asnoticias máis importantes detodas as que leva contado oxornal nestes case dez anos devida. As páxinas do Cerne abri-ranse a todos os colaboradoresque escribiron nel durante este tempo, aos xornalistas que con-tribuíron a que saíse mes tras mes e, por suposto, aos socios deAsetem. Para eles, como artífices finais do xornal, estarán dedi-cadas catro páxinas que pretenden ser unha pequena homenaxe.

Na primeira semana de maioinaugurarase na sede Asetemunha exposición con abondosomaterial fotográfico e docu-mental que repasará os mo-mentos máis importantes daasociación dende a súa funda-ción en 1989 ata o día de hoxe.

Durante todo o mes, aentrada e o salón de actos dapatronal converteranse nunpequeno museo que poderánvisitar todos os veciños da co-marca polas mañás, en horariode oficina. Será un percorridobreve pero cheo de caras coñe-cidas e de curiosidades que van

nun restaurante da vila á que estarán convidados todos os socios e socias. Será comple-tamente gratis e poderase levar un acompañante. Nas invitacións, que Asetem remitirácoa suficiente antelación, confirmaranse a hora e o lugar exactos. Ao acto estarán convi-dados tamén todos os presidentes que tivo a patronal, así como personalidades da Xuntade Galicia e das principais asociacións de comerciantes e empresarios da comunidade.

dende o documento fundacio-nal de Asetem ata a peculiardedicatoria de Manuel Fragaá patronal.

Unha das seccións es-tará dedicada integramenteás campañas promocionais,aquelas dos tempos nos quehabía que explicar o que valíao euro ou nos que se podíapresumir de repartir 16.000euros na campaña do Nadal.Haberá un espazo tamén paraa Plataforma da Autovía e pro-xectaranse vídeos gravadoshai preto de 20 anos e prota-gonizados polos socios.

Page 6: Nº 99. Abril 2014. Distribución gratuíta Vinte e cinco ...2 Editorial Cerne 99. Abril 2014 Cerne Edición dixital en Publicación mensual de distribución gratuíta CoordinaCiÓn

6 Empresa Cerne 99. Abril 2014

NOTICIAS BREVES

O pasado 18 de marzo aterrou en Melide Factoría deinnovación, un proxecto promovido pola Deputación efinanciado polo FEDEr que ten por obxectivo conseguirque 101 empresas da provincia apliquen medidas de inno-vación nos seus negocios. Baixo o lema “innovar parareducir custos e vender máis”, os responsables desta ini-ciativa dirixida a pemes, autónomos e emprendedores,ofreceron unha charla informativa para o empresariadoda comarca e animárono a participar neste proxecto gra-tuíto que ten un ano de duración. Factoría de innovaciónofrece 25 horas de asesoramento repartidas en cinco xor-nadas e sesións en grupo “para pensar conxuntamente nosnegocios e saír das rutinas”. O lugar de encontro é o Pazode Mariñán, onde o 3 de abril xa se celebrou a primeira dasxornadas, enfocada a atopar alternativas de financiamento.

unha factoría de innovación

Técnicos de Factoría de innovación explicaron o proxecto

asetem reunirá aos socios paraabordar cambios no salón da Voda

A Asociación de EmpresariosTerra de Melide (Asetem-Cca)vén de convocar unha reuniónpara o mércores 9 de abril naque convidará aos seus sociosa achegar ideas e debater so-bre a organización do próximoSalón da Voda.

No encontro estarán pre-sentes todos os negocios rela-cionados co sector nupciale abordarase, entre outrostemas, un posible cambio dedata para a celebración doevento. Outubro ou novembroson dúas das propostas formu-ladas xa por algúns dos parti-cipantes na edición deste ano.Do mesmo xeito tamén se ba-rallará a posibilidade de tras-ladar o evento do domingo aosábado e buscaranse propos-tas encamiñadas a dinamizalo

Estudarase un posible traslado aomes de novembroe proporase que secelebre un sábadoe non o domingo

e a enfocalo cara a un públicomáis específico. Por outrabanda, tamén se someterá áopinión dos asistentes a posi-bilidade de ampliar o eventoás vodas de prata e de ouro,unha suxestión formulada esteano pola alcaldesa.

Unha vez acadado un con-senso, Asetem trasladaralleas súas propostas ao Concellode Melide, en calidade de co-organizador do evento, e suxe-riralle convocar unha novareunión aberta a todos os co-

mercios da vila susceptiblesde participar.

Con esta iniciativa Asetembusca darlle un novo pulo aoSalón da Voda, unha vez queos comercios presentes naedición deste ano manifesta-ron o seu desexo de que secontinúe celebrando a feiranupcial. A maioría xustificana necesidade do evento en que“proxecta unha imaxe moi boade Melide” e “crea unha marcado comercio local asociadaá calidade”.

Melide Moda asaltará as redes para atraer a mocidade ao comercio localNos tempos que corren ofrecercalidade, variedade e tenden-cias xa non abonda. É precisotrasladar todo iso ás redes so-ciais e darlle tamén presenzaalí onde se xoga o futuro eparte do éxito de vendas doscomercios do hoxe en día.

Ese é o obxectivo dacampaña que se desen-volverá durante os douspróximos meses na vilabaixo o nome de MelideModa e na que están chamadosa participar medio cento de co-mercios pertencentes a todosos sectores. “Pisaremos todasas tendas, asesorarémolas eaxudarémoslles a corrixir osseus defectos”, asegura Fátimarodríguez, responsable decomunicación de Galicia deModa, a empresa especialistaque desenvolverá a iniciativa eque xestiona o principal portalgalego de tendencias.

A campaña incluirá sesiónsde shooting en cada tenda confotografías que saltarán aoFacebook, Twitter e Pinterestpara dar visibilidade á ideade que “comprando en Me-lide podes ir á última”, sinala

Fátima rodríguez. Todo oproceso culminará cun desfileo día 1 de xuño na Casa daCultura, un show room “noque estará representado todoo comercio da vila” e queconducirá raquel Atanes,presentadora de V Televisión.

Captar a xente novaEla será o nexo de unión conesa outra parte da campañaque busca promocionar o co-

que se “venderá” a campañadurante as fins de semana.No marco da movida meli-dense farase un casting paraescoller os chamados Top Ten,dez mozos e dez mozas queparticiparán no desfile final.

A campaña, impulsada poloConcello de Melide, conta cunfinanciamento de 3.000 eurosoutorgado pola Dirección Xeralde Comercio. Terá custo ceropara as tendas participantes.

mercio local entre a mocidade.“A xente nova non é moitode mercar en Melide, ese é opunto débil que temos”, reco-ñece o edil de comercio, SantosLópez, “queremos que a moci-dade coñeza que Melide ten

moito máis que ofrecer cóocio nocturno”. Para con-seguilo, ademais de botarman das redes sociais,Melide Moda implicarána iniciativa a 13 pubs nos

As persoas ou empresas interesadas en facer un investi-mento produtivo nalgún dos concellos integrados no Grupode Desenvolvemento rural Ulla-Tambre-Mandeo (GDrUTM), xa poden solicitar as axudas a fondo perdido para operíodo 2014-2015. Cobren entre un 20% e un 45% do pro-xecto e deberán destinarse a investimentos no sector agrarioe forestal ou noutros sectores sempre e cando teñan un ca-rácter innovador e o proxecto non estea iniciado no mo-mento da solicitude. O GDr UTM dispón de 1,25 millóns deeuros para axudas do Programa Leader da UE neste período.Os concello que abrangue son Melide, Santiso, Toques, So-brado, O Pino, Touro, Boimorto, Arzúa, Curtis e Vilasantar.Máis información en www.ullatambremandeo.blogspot.com

axudas do Gdr para 2014/15

Todos os contribuíntes, sexan profesionais ou particula-res, poderán obter a devolución do chamado “CéntimoSanitario” pagado nos carburantes adquiridos duranteos exercicios 2010, 2011 e 2012. A solicitude deberápresentarse de xeito telemático na sede electrónica daAxencia Tributaria aportando ao procedemento factura(os particulares poderán presentar tícket), que conteñao desglose do importe repercutido por imposto sobrea Venda Minorista de Determinados Hidrocarburos(iVMDH) ou a mención de que o iVMDH se atopa inclu-ído no prezo.

devolución do céntimosanitario nos hidrocarburos

Page 7: Nº 99. Abril 2014. Distribución gratuíta Vinte e cinco ...2 Editorial Cerne 99. Abril 2014 Cerne Edición dixital en Publicación mensual de distribución gratuíta CoordinaCiÓn

Publicidade 7Cerne 99. Abril 2014

ILUSTRE COLEGIO DE ODONTÓLOGOSY ESTOMATÓLOGOS DE A CORUÑA

Ronda da Coruña, 31 - 1ºB15800 - MELIDE (A Coruña)

Tlf.: 981 50 57 05

Ana Marcos Cardo

Odontóloga

CAFETERÍA - PIZZERÍA

Telf. 981 50 79 06

Avda de Lugo, 25MELIDE (A Coruña)

PUB

MELIDE

Page 8: Nº 99. Abril 2014. Distribución gratuíta Vinte e cinco ...2 Editorial Cerne 99. Abril 2014 Cerne Edición dixital en Publicación mensual de distribución gratuíta CoordinaCiÓn

8 Publicidade Cerne 99. Abril 2014

Rúa Principal, 6 - MELIDETelf: 696 77 41 63

ERUOM

Polígono Industrial do TambreVía Galileo,91589O SANTIAGO DE COMPOSTELAwww.eruom.com

D.O. Ca. Rioja

AllendeMugaObaloArneguiAzpilicuetaRioja BordónRamón BilbaoMarqués de TeránMarqués de Riscal

D.O. Ribera del DueroTarsus PradoReyCruz de AlbaCondado de OrizaDominio de AtautaPago de los Capellanes

D.O. RuedaNaiaMonteblanco

D.O. RibeiroViña Costeira

Tel. 981 519 999Fax. 981 519 [email protected]

XAN GARC˝A MONTERO, comercialMóvil:678 543 24O

D.O. Vinos de Madrid

Tagonius

D.O. SomontanoPirineos

D.O. BierzoDominio de Tares

Vinos del mundoArgentina, Australia,Chile

D.O. NavarraCastillo de JavierPalacio de la Vega

D.O. BierzoDominio de Tares

D.O. ToroFariña

V.T. Castilla y LeónDominio DosTaresViñas del Cénit

V.T. Castilla

Mano a Mano & VentaLa OssaPago del Vicario

D.O. Rías Baixas

NoraLuscoVeigadaresTerra D´OuroViña SobreiraMar de FradesSeñorío de Sobral

D.O. ValdeorrasGalgueira

D.O. Ribeira SacraPincelo & 1985

ChampagnePerrier Jouët

Aceite ArteOlivaAgua Solán de Cabras

viños

Avda. de Toques e Friol, 4915.800 MELIDE (A Coruña)

639 527 400 // 610 515 [email protected] Os Melidaos en Pontevedra

O grupo de música tradicional Os Melidaos segue preparando o novo repertorio para os concertos deste ano. De momento, son xa unhaducia as actuacións que teñen comprometidas para os vindeiros meses. Os sete membros de Os Melidaos están moi satisfeitos co nivelde vendas do seu segundo disco, pois nun ano esgotaron as mil copias publicadas. Por ese motivo, neste ano 2014 decidiron reeditar milcopias máis para seguir espallando o seu traballo. Con pezas do seu último disco, “Axudádeme a cantar”, actuaron no Teatro Rosalíade Castro da Coruña, no Salón Teatro de Compostela, no Museo de Lugo, en Ferrol, na Festa do Queixo de Arzúa, en pasarrúas porMonforte e Miño, nas casas de cultura de Mera, Sada, Oroso ou San Sadurniño. Os Melidaos continuarán levando a música tradicionalgalega a diferentes escenarios por toda a xeografía galega. Os gaiteiros que cantan agradecen fondamente as mostras de apoioque reciben da xente e animan a todo o mundo a gozar coa música tradicional para axudar entre todos a mantela viva.

Page 9: Nº 99. Abril 2014. Distribución gratuíta Vinte e cinco ...2 Editorial Cerne 99. Abril 2014 Cerne Edición dixital en Publicación mensual de distribución gratuíta CoordinaCiÓn

Publicidade 9Cerne 99. Abril 2014

Capela de san roque Praza do Convento

Camino de Santiagoimprescindibles del peregrino

en MelideMelide, where you will find

everything you need

* Almorzos

* Habitacións

* Menú do día

e carnes galegas

* Terrazas

Tfno.: 981 815 333 - Fax.: 981 507 560Rúa San Antón, 18 - 15800 MELIDE

www.pousadachiquitin.es - [email protected]

CAFETERÍA Y

CHURRERÍA

DESAYUNOS, CHURROS BOCADILLOS

Desde las 6 a.m.Cátedra, 1

MELIDE

* Especialidade en pulpo

Telf: 981 50 90 18Rúa San Antonio, 3 - MELIDE

Especialidad en:

* TOSTAS desde 3,80 €, 14 variedades

* TORTILLAS desde 4,20 €, 11 variedades

* SARTENADAS desde 4 €, 10 variedades

C/ Gaiteiros Os Garceiras, nº1

A 25 mts. del parque Cantón de San Roque

Tel: 881 95 70 74

Además... tablas de ibéricos, ensaladas,

raxo con patatas

PEDIDOS PARA LLEVAR

Os Garceiras

Cantón de San Roque, 40 - MELIDE Tlf: 981 507 344

M40

Page 10: Nº 99. Abril 2014. Distribución gratuíta Vinte e cinco ...2 Editorial Cerne 99. Abril 2014 Cerne Edición dixital en Publicación mensual de distribución gratuíta CoordinaCiÓn

10 Publicidade Cerne 99. Abril 2014

Calzados BrozRonda da Coruña, 24 - MELIDE

Telf: 981 815 619

www.facebook.com/CalzadoBroz

www.pinterest.com/brozcalzados

Camiño de Ovedo, 13 - MELIDE

Telf: 981 505 060

[email protected]

MARCAS

EXCLUSIVAS

Page 11: Nº 99. Abril 2014. Distribución gratuíta Vinte e cinco ...2 Editorial Cerne 99. Abril 2014 Cerne Edición dixital en Publicación mensual de distribución gratuíta CoordinaCiÓn

Melide 11Cerne 99. Abril 2014

A liquidación do orzamentode 2013 serviu para que go-berno e oposición volveranprotagonizar un novo capí-tulo con cruce de acusaciónse reproches a conto das finan-zas locais. Mentres o PP sacapeito e presume da súa xes-tión asegurando que “por pri-meira vez en moitos anos secumpren todas as regras degasto”, a oposición acusa aoexecutivo de facer malabaris-mos contables para presumirde austeridade e solvencia.

Segundo o informe pre-sentado polo concelleiro defacenda, Melide pechou oexercicio de 2013 en positivo,cun remanente de 397.704euros. “Chegou o momentode dicir que este concello ésolvente”, dixo ao fío a alcal-desa, Ánxeles Vázquez, “haimoitos anos que non se podíadicir que están aprobadas epagadas todas as facturas”.

Precisamente nas facturas

ve a oposición unha opera-ción “de maquillaxe” paraagochar unha realidade dis-tinta. Segundo denuncianBNG e PSOE o goberno localtrasladou facturas de 2013 aoexercicio de 2014 por valorde 281.770 euros. “Gastousediñeiro cando xa se sabía queo crédito estaba esgotado eque non había cartos nesaspartidas”, sostén Xosé igre-xas, do BNG. O secretario doPSOE de Melide, José Anto-nio Prado, acusa á alcaldesade practicar “política do esca-parate” e de “falta de planifi-cación” argumentando quetodas as contías trasladadaseran previsibles. Cita comoexemplo gastos do San ro-que ou gastos de gasóleo paracalefacción e vehículos.

O PP esgrime como mos-tra da súa boa xestión o feitode ter reducido a débeda ban-caria de 2.492.204 € en 2011a 1.185.262 € na actualidade.

acusan ao PP de “maquillar”a liquidación do ano 2013

a gardería pechará máis cedo se nonhai demanda suficiente polas tardesO goberno local aprobou re-centemente cambios no regu-lamento interno da garderíamunicipal que permitirán re-ducir o horario de apertura senon hai matrícula suficiente.Deste xeito, a escola infantilpechará máis cedo o próximocurso “cando a ratio de alum-nos sexa inferior ao 10% dacapacidade da escola”.

Así o explicou na últimasesión plenaria a concelleira deBenestar Social, Chus LópezMourón, que xustificou oscambios nun informe elabo-rado este curso pola directorado centro. Segundo ese estudo,dos 79 alumnos que ten a gar-dería “polas tardes quedan 19ata as 16:30 e a partir de aíquedan só 3 ata última hora”.

BNG e PSOE votaron encontra da modificación do re-gulamento argumentando quea gardería “non é un temanumérico, senón un servizopúblico destinado a conciliar”,sinalou o voceiro dos naciona-listas, Xosé igrexas. Nesa liña,a oposición instou a que ocentro abra o número máximode horas que permita a lei

“aínda que sexa cun só neno”.

Continuidade incertaA alcaldesa, Ánxeles Vázquez,invitou a BNG e PSOE a “serrealistas” e argumentou quesería “inviable” manter a gar-dería cun só neno. Ao fío, re-cordou que a escola infantil “xanon é competencia do Conce-llo” e non ocultou as dúbidasque existen sobre a continui-dade do servizo tralos cambioslexislativos aprobados pologoberno central para raciona-

lizar a administración local. O mesmo acontece co con-

servatorio, que continuará fun-cionando con normalidade “atafinais de curso”. A partir de aí,“xa veremos o que pasa co novoregulamento”, matizou a alcal-desa. Nunha situación idénticaestaría a radio municipal. “Te-mos dúas opcións”, explicouVázquez, “prescindir dos ser-vizos ou continuar con eles ataque non se clarifique como sevai aplicar a lei; nós optamospolo segundo”.

Pode parecer inofensiva para os peóns,seguro que tamén para moitos condu-tores que a obviarán por completo,pero esta placa de vao permanentecomporta un grave perigo. Mal fixada,dobrada e situada á altura da cabezade calquera que teña unha estaturamedia, o que debería ser unha ino-cente sinal convértese nunha afiadacoitela de metal capaz de causarlle undesgusto a quen camiñe arrimado áparede máis da conta. A responsabili-dade e a solidariedade como cidadánstamén está nos pequenos detalles.

FoTo-denunCia: Perigo permanente

Os xulgados de Arzúa acolleron o pa-sado 8 de abril o xuízo de faltas poloescrache dun grupo de traballadoresdespedidos de Agader á conselleirarosa Quintana durante unha visita aMelide en Nadal do 2013. Quintana,chamada a declarar como testemuña,non se presentou. Os imputados sondous militantes do sindicato CiG acu-sados de “entrar en el recinto portandopancartas y lanzando insultos hacia lapersona de la Conselleira”, tal e comose recolle na denuncia. O xuízo quedouvisto para sentenza.

Xuízo polo escrache á conselleira en Melide

Este curso están matriculados na escola infantil 79 alumnos

o Psoe pediralle ao sergas queinspeccione o ambulatorio antea “situación indigna” do centro

O centro de saúde deMelide non gana paradesgustos. Tralas nume-rosas filtracións de augae goteiras provocadaspolas chuvias do inverno,novos fallos deixan enevidencia as carenciasdo edificio.

Os últimos sacáro-nos á luz os socialistasmelidenses ao denun-ciar que o centro estivotres días sen calefacciónnin auga quente a finaisde marzo, unha avaría“habitual” á que enga-den outras deficienciascomo “fiestras que nonpechan ben, problemas de hu-midades ou baños continua-mente fóra de servizo”. Para oPSOE trátase dunha situación“impropia e indigna” dun cen-tro sanitario que deriva “dafalta de mantemento por partedo Concello” e que os faimesmo dubidar de se o ambu-latorio cumpre unhas condi-ción mínimas para prestar“un servizo axeitado”. É poriso que lle pedirán por escrito

Os baños están habitualmenteavariados segundo denuncia o PSOE

ao Sergas que realice unhainspección e valore o estado dainfraestrutura.

Dende o equipo de gobernodestacan o esforzo que está afacer o Concello, que é un dospoucos de Galicia que asume omantemento dun centro de sa-úde, normalmente en mans daXunta. O ano pasado requiriu50.000 euros dos orzamentosmunicipais. Só en calefacción,gástanse 100 euros ao día.

Page 12: Nº 99. Abril 2014. Distribución gratuíta Vinte e cinco ...2 Editorial Cerne 99. Abril 2014 Cerne Edición dixital en Publicación mensual de distribución gratuíta CoordinaCiÓn

12 Melide Cerne 99. Abril 2014

o Concello descarta a xestión directada piscina por ser “inviable e irregular”

O goberno local pecha as por-tas á posibilidade de que oConcello asuma a xestión dapiscina climatizada, tal e comopediron os grupos da opo-sición logo de que quedaradeserto o concurso para adxu-dicar as instalacións.

A alcaldesa, Ánxeles Váz-quez, sostén que sería “invia-ble” economicamente cargar aoConcello con máis empregadose argumenta por outra bandaque facerse cargo do recintosería tamén “irregular” xa que“non entra dentro das compe-tencias dos concellos de menosde 20.000 habitantes xestionarinstalacións deportivas”.

A oposición cuestiona estesargumentos e bota man deexemplos para demostrar quea xestión directa é posible:“non tedes máis que pregun-tarlle ao Concello de Chan-

tada, que xa o está facendo”,replicou o concelleiro do BNG,Xosé igrexas. Dende o PSOEo seu secretario xeral, JoséAntonio Prado, asegura quese trata dunha cuestión de “va-lentía e capacidade” e anima aseguir o exemplo de Boimorto,un concello que ten servizosen xestión directa “aportandofondos ás arcas municipais”.

Descartada, non obstante,esa opción para a piscina deMelide, o goberno local volverá

a convocar de novo o concursode adxudicación, que se farápor catro anos e non por oito,como se estableceu inicial-mente. Ademais, a contribu-ción anual do Concello á conce-sionaria pasará a ser de 80.000euros, fronte aos 73.000 pre-vistos no concurso anterior.

Por outra banda demanda-rase á anterior adxudicataria,Xedga S.L, para conseguir queaboe o 87.000 euros que se llereclamaron en indemnizacións.

As instalacións da piscina climatizada levan dous anos pechadas

Convocará outravez o concurso deadxudicación connova condicións

As últimas estatísticas sobrepréstamos na biblioteca pú-blica de Melide revelan uncambio de tendencias entreos usuarios que abren unhaetapa de grandes retos parao centro. A era multimediachegou para quedarse e noano 2013 os préstamos dematerial dixital acadaronunha cifra récord: 1.752.

Malia representar menosdun 20% do total de prés-tamos realizados (10.006), adirectora do centro, ÁnxelaLópez, destaca o auxe queestán a experimentar nos últi-mos anos: “antes o 99% domaterial prestado eran libros,agora o multimedia está ga-nando terreo a gran veloci-dade”, asegura. Nese sentido,reivindica un esforzo en in-vestimentos para que o centrosiga cumprindo a función deservizo público: “temos que irparellos ao avance dos tempose non quedarnos só no texto”,sinala, “camiñamos cara adescarga online nos e-book eese servizo tamén o ten que

dar unha biblioteca pública”. Tamén dá conta do cam-

bio de tendencias o númerode accesos á chamada biblio-teca dixital, que contabilizouo ano pasado 346.142 cone-xións e a través da cal se vi-sualizaron 109.778 rexistros.“Xa non somos unha biblio-teca municipal, senón univer-sal”, destaca Ánxela López,quen atribúe tan abultadonúmero de consultas en redeao feito de que o centro meli-dense ten case todos os seusfondos catalogados “grazas aotraballo de xente experta quetivemos aquí hai uns anos”.

A día de hoxe a bibliotecade Melide ten 3.472 usuariosadscritos ao servizo de prés-tamo e 4.644 usuarios derede, isto é, persoas autoriza-das para empregar os ordena-dores das instalacións ou paraconectarse á súa wifi e nave-gar ou realizar calquera tipode consultas. No referente aonúmero de volumes dispoñi-bles, hai preto de 22.000, odobre de hai dez anos.

o préstamo multimedia nabiblioteca acada cifras récord

Melide, proxecto piloto dasestratexias para a xuventude

A Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, visitou a Co-operativa Melisanto acompañada por 25 dos 50 mozos e mozasque participan no proxecto “Aval Xóvenes”, un programa que seestá a desenvolver de maneira piloto en Melide e Coristanco condous obxectivos principais: crear novas oportunidades de em-prego para a mocidade nas zonas nas que viven e dinamizar omedio rural. O proxecto atópase na actualidade na segunda fase,a de formación e orientación laboral dos mozos. Na terceirae última etapa, os participantes ultimarán os seus proxectosde emprendemento ou autoemprego coa axuda dun equipotécnico. Agárdase acadar unha inserción laboral do 40-50%.

A conselleira Beatriz Mato visitou a nave de envasado de Melisanto

Vía libre paraconvocar asprazas vacantesda Policía local

O Concello de Melide vén deanunciar que iniciará “cantoantes” o procedemento paraconvocar as prazas vacantesda Policía Local, que leva va-rios anos baixo mínimos consó tres axentes de sete posi-bles. O equipo de goberno ex-plica que ata o momento nonfoi posible completar a planti-lla porque o Concello incum-pría a Lei de Endebedamentoao ter un aforro neto negativo,situación que atribúe “á desas-trosa xestión do bipartito”.

Agora, recentemente apro-bada a liquidación orzamenta-ria de 2013 e con aforro neto eremanente de tesourería posi-tivos, o Concello ten vía librepara iniciar os trámites preci-sos. A Policía Local non vivíaunha situación de precarie-dade tal dende o ano 1989. Oservizo é especialmente nece-sario nas noites dos sábados.

Corenta e oito veciños de Melide están en lista de espera pararecibir o servizo de axuda a domicilio que presta o concello:23 persoas na modalidade básica e 25 na de dependencia.Son parte dos datos feitos públicos polo goberno localtras reunirse co equipo municipal de servizos sociais parabuscar a fórmula de dar “unha resposta rápida” aos usuariosque están agardando. Na actualidade o servizo de axuda adomicilio de Melide, desempeñado por 8 auxiliares, ofrece704 horas mensuais de atención básica a 61 unidades deconvivencia. Na axuda a dependentes, os usuarios son 24e as horas de apoio prestadas 1.172. Tamén forman parte doequipo de servizos sociais dúas traballadoras sociais, unhaeducadora familiar e unha auxiliar administrativa.

48 usuarios en lista de espera

O Concello de Melide realizou actuacións no casco urbanopor valor de 40.000 euros co obxectivo de reestruturar o mo-biliario no centro e buscar a harmonía estética. instaláronse25 novos bancos e outros 15 foron restaurados por persoalmunicipal para poñelos de novo en diferentes puntos dascatro arterias principais da vila. Tamén se colocaron 50papeleiras novas, cinco delas con dispensador de bolsa paraos excrementos animais. Por outra banda, colocáronse 100bolardos en varias rúas comerciais e de ocio: Cantón de Sanroque, rúa do Convento, Alexandre Bóveda, ronda da Co-ruña, Praza das Universidades e rúa Principal. Ao mesmotempo, sinalizáronse os lugares máis visitados de Melide.

un casco urbano máis ordenado

Page 13: Nº 99. Abril 2014. Distribución gratuíta Vinte e cinco ...2 Editorial Cerne 99. Abril 2014 Cerne Edición dixital en Publicación mensual de distribución gratuíta CoordinaCiÓn

Comarca 13Cerne 99. Abril 2014

atopan o esqueleto dun burropreto do muíño das Mazairas

O deporte da pesca deparasorpresas máis alá do tamañoe da cantidade das capturas.Tal foi a de varios troiteiros dacomarca que deron co cadáverdun animal doméstico de con-siderables dimensións á beirado río Furelos. Atopábase nasinmediacións do muíño dasMazairas, no concello deToques, e todo indica que xalevaba alí moito tempo, poispresentaba un avanzado es-tado de descomposición: da

parte máis exposta xa só que-daban os ósos.

Tras recibir os avisos devarios pescadores, a Asociaciónde Troiteiros “río Furelos” tra-tou de poñerse en contacto senéxito co dono dos terreos ondeestaba o animal. Ao mesmotempo deu conta do achadoante o Seprona, o Concello deToques e Medio Ambiente. Ocadáver, que posteriormente seconfirmou que era dun burro,xa foi retirado.

O cadáver do animal estaba en avanzado estado de descomposición

retiran 82 toneladas de lixodo vertedoiro de Barazón

O Concello de Santiso deu por rematada a eliminación do ver-tedoiro ilegal de Barazón, no que ao longo dos últimos seis anosse foron acumulando cascallos, material de obra, plásticos, col-chóns ou electrodomésticos ata sumar 82 toneladas de residuos.Esa foi a cantidade de material retirada o pasado 17 de marzotralos labores de limpeza da finca onde se acumulaban o lixo,situada nas inmediacións da igrexa parroquial e propiedadedo Banco de Terras de Galicia. En total retiráronse 11 camiónsde residuos, que foron trasladados ao centro de tratamento deGestán, en Sobrado. O Concello pechará agora a zona con esta-cas e arame para evitar que se siga depositando material.

Os operarios traballaron un día enteiro na limpeza da finca

Toques reclamará polas deficienciasno proxecto de dinamización turísticaO Concello de Toques iniciaráun proceso de reclamaciónpara instar á empresa adxudi-cataria do plan de dinamiza-ción turística do municipio,Tineo ingeniería S.L., a querepare de xeito inmediatoas deficiencias detectadas noproxecto.

Tal decisión foi tomada porunanimidade da corporaciónmunicipal a instancias doBNG, que presentou unhamoción no derradeiro plenoadvertindo da existencia denumerosos estragos e caren-cias nas instalacións “deriva-das dunha deficiente exe-cución por parte da compañíaadxudicataria”. Os naciona-listas destacaron que moitosdos indicadores das rutas desendeirismo están en mal es-tado ou tirados no chan: “ninsouberon colocalos nin o ma-terial é de calidade”, sinalouo voceiro do BNG, José ÁngelPenas, quen engadiu que “nonpode ser que se gasten 100.000euros nun proxecto e que todosexa unha trapallada”.

Especial mención recibiu o

observatorio de aves, que seveu abaixo como consecuen-cia dunha mala colocación:“estaba forrado con catro pe-dras e nada máis”, indicou otamén concelleiro nacionalistaMarcos Villamor. A infraestru-tura foi xa reparada o pasado20 de marzo, segundo expli-cou a concelleira de obras,Mónica Penas: “erguérono cotractor e enterráronlle as pa-tas, agora quedou ben”. A esterespecto Penas recoñeceu que

“foi unha sorte que non sesubira ninguén para mirar eque lle caese todo enriba”.

Por outra banda tamén sesolicitará información sobreas audioguías das rutas parasaber se están en funciona-mento, xa que non sempre sepode acceder a elas. “Esta em-presa foi moi ben tratada enon quero pensar que é culpado Concello”, sentenciou Villa-mor, “esperamos que a recla-mación non caia en saco roto”.

imaxe do observatorio de aves tirado no chan

O alcalde manténque se decantaronpola mellor opción

para os veciñosa longo prazo

o PP de santiso acusa de desleixo aogoberno local por acatar a suba do iBiO Partido Popular de Santisocarga as tintas contra o go-berno local por non ter solici-tado unha actualización dosvalores catastrais do munici-pio e tratar de mitigar así asuba do iBi aprobada por ra-joy á súa chegada ao goberno.

“Tivestes dous anos para fa-celo e paréceme penoso quetendo este concello dúas dedi-cacións exclusivas e unha me-dia dedicación non houbesetempo para ler a lei e defenderos intereses dos veciños”, es-grimiu a concelleira popularMatilde Pallares no últimopleno municipal.

Botando man dunha copiado BOE na que figuran osnomes dos 12 concellos daprovincia que solicitaron talactualización, Pallares acusouao goberno tripartito de San-tiso de desleixo na xestión dosasuntos locais: “había que re-clamar e non o fixestes. Logopoñedes no boletín municipal

que a culpa foi de rajoy”.En base aos seus valores

catastrais, Santiso tiña un gra-vame do 0,45%, que pasou aser do 0,5% en 2012 e do 0,6%

en 2013 tralo decreto apro-bado polo goberno central.Amparándose nesa suba, aconcelleira do PP aproveitoupara establecer comparacións:“cando nós estabamos gober-nando e subimos un 0,05%para poder cobrarlle a Fenosa,saltaron os tellados dalgunhascasas”, argumentou, “e seaquela suba foi salvaxe se-gundo dixeron, a de agora ésalvaxe e media. Veu isto e nin-

guén se preocupou de miralo”.

a opción “menos mala”O alcalde, Manuel Adán, de-féndese das acusación argu-mentando que ter solicitado aactualización de valores catas-trais faría que Santiso pasasea ter un coeficiente do 1,1%“que quedaría aí para sempre”.Neste sentido o rexedor des-taca que “á larga sería peorpara os veciños porque se íamanter ese incremento e paga-rían máis toda a vida”. Polacontra, sinala, “cando remate acrise e se deixe de prorrogar odecreto do goberno central,volveremos ao nivel impositivodo 0,45%”. Deste xeito Adándefende a xestión realizadapolo equipo de goberno ao es-coller “a opción menos malapara Santiso” e rexeita as críti-cas dos populares argumen-tando que “non se pode dicirque queremos que os veciñospaguen máis”.

Page 14: Nº 99. Abril 2014. Distribución gratuíta Vinte e cinco ...2 Editorial Cerne 99. Abril 2014 Cerne Edición dixital en Publicación mensual de distribución gratuíta CoordinaCiÓn

14 Comarca Cerne 99. Abril 2014

Visantoña completa cun festival derock a súa variada tradición musicalVisantoña converterase o pró-ximo 23 de maio na capital ga-lega do rock. A parroquia máisfesteira do concello de Santisoacollerá ese día un festival im-pulsado por un grupo de ami-gos do lugar co obxectivo decubrir un dos poucos déficitsdunha terra que destaca polasúa tradición musical.

Deste xeito, o rock será oprotagonista dunha xornadaque comezará no campo dafesta ás 22:30 horas e que du-rará, segundo explican dendea organización, “ata que ocorpo aguante”. Encabezará ocartel No Konforme, un grupodestacado no panorama nacio-nal que visita por primeira vezGalicia e que aproveitará o Vi-santoña rock Festival parapresentar o seu segundo disco.Ata alí chegará este grupomadrileño co seu Punk-rockdespois de ter paseado a súamúsica en máis de 100 concer-tos por toda España e tocar cosmellores rockeiros: rosendo,Boikot, reincidentes...

Pero o Visantoña rockFestival pretende ser taménun evento “onde os grupos da

comarca teñan a oportunidadede dar a coñecer a súa mú-sica”. É por iso que haberámoitas caras coñecidas sobreo escenario. Tal é o caso dosmelidenses Alterazión, taménna liña do Punk-rock e xa cundisco no mercado. Acompaña-ranos os Peta Zeta Top, unhabanda tributo dos míticos ZetaZeta Top composta por catrocompoñentes de Arzúa, Me-lide e Palas de rei. Completa-rán o cartel os arzuáns CrazyMama e o seu rock and roll

máis puro. Á marxe da música haberá

servizos complementarios,como unha zona de acampadalibre, un posto de polbo echurrasco e un bar que despa-chará a organización. Ese seráo xeito de financiar, xunto coavenda de camisetas, un eventopara o que se decidiu non co-brar a entrada cun obxectivoclaro: “nos tempos que correné o mellor que se pode facerpara que a xente disfrute damúsica”. Ganou o rock & roll.

Cartel da primeira edición do Visantoña rock Festival

santiso aproba unha ordenanza damadeira para “defender as pistas”Santiso acaba de sumarse álista de concellos que decidironpoñer límites á actividade dasempresas madeireiras nos seusmontes aprobando unha orde-nanza para regular a corta,transporte e depósito de ma-deira no municipio.

A norma, que contemplasancións e esixe avais, saíuadiante cos votos a favor doequipo de goberno e en contrado PP, que ve nela “certos peri-gos”. A concelleira popular Ma-tilde Pallares argumentou queSantiso será dende agora me-nos atractivo para as empresasda madeira e manifestou assúas dúbidas sobre o xeito enque se realizará o control dasoperacións: “ao final van pagaros veciños que cortan a leña enon os madeireiros”, asegurou.

O alcalde, Manuel Adán,recordou que a ordenanza ex-clúe os particulares a as cortaspara uso doméstico ao tempoque presentou a norma como

“a única forma que temos dedefender as pistas e de poñercoto aos estragos que estánsufrindo”. Precisamente o PPlevou ao último pleno a situa-ción da pista de Capelos, quemenos dun ano despois de serasfaltada “xa está que dá pena”,sinalou Matilde Pallares.

O equipo de goberno esixirá

que se volva a arranxar e con-sidera que “non é desculpa” oargumento dado pola empresaadxudicataria, que se amparouprecisamente na actividade dosmadeireiros na zona para xus-tificar o mal estado da vía. Oarranxo desta pista sumaraseaos que se acaban de realizarna parroquia de San román.

Pistas asfaltadas recentemente na parroquia de San román

NOTICIAS BREVES

O pleno ordinario de marzo no concello de Toques serviupara dar luz verde a varios proxectos de interese para omunicipio. Entre outros puntos, aprobouse por unanimidadeo prego de condicións para sacar a concurso o servizo deaxuda no fogar e contratalo por dous anos (prorrogablespor outros dous) por unha contía total de 293.225 euros. Poroutra banda, tamén se lle deu o visto e prace á solicitude devarios obradoiros de emprego conxuntamente cos concellosde Sobrado, Boimorto, Curtis e Vilasantar. En caso de serenconcedidos, a Toques corresponderíalle un obradoiro decolocación de pedra natural. Tería 6 meses de duración enel participarían 15 alumnos.

acordos plenarios en Toques

A Deputación da Coruña aprobou no pleno do 28 de marzoos proxectos presentados polos concellos da provincia queserán financiados a través do Plan de Obras e Servizosde 2014. Así, con cargo a este plan, no concello de Santisoasfaltarase o Camiño da Pedreira e o Camiño do ribeiro. Oinvestimento será de 100.046 euros. No concello de Toquesdestinaranse 144.955 euros para pavimentar o campoda festa de Brañas e en Sobrado realizaranse obras dereposición de beirarrúas en Porta e nas Casiñas. Taménse acondicionará a vía que comunica Pousada de Arriba conCabanas. O investimento total será de 93.774 euros.

Plan de obras e servizos 2014

uns troiteiros de campionato

Pequenos artistas sobre rodas

112 promesas da patinaxe déronse cita o pasado 5 abril nopavillón polideportivo de Toques para participar nunha galacon demostración de habilidades específicas, coreografíase probas combinadas. Máis de dúas horas de espectáculo edeporte no que participaron cativos e cativas de Toques,Melide, Frades, Mesía, Boimorto e Santiso. O día 12 de abrilcelebrarase unha gala de artes marciais. Será ás 17.00 horas.

Jesús rouco Varela,veciño de Toques,proclamouse cam-pión do iX Campio-nato de Pesca Terrade Melide cunhacaptura de 9 troitas.En segundo lugarquedaron iván Bru-zos, de Palas de rei,e Diego González,de Melide, con 7 troitas. O terceiro posto foi para Juan La-mas, veciño de Sobrado. O premio á captura de maior ta-maño correspondeu a José Antonio González, que pillouunha troita de 38,5 cm. En total capturáronse 93 peixes.

Troiteiros premiados. No centro, o ganador

Page 15: Nº 99. Abril 2014. Distribución gratuíta Vinte e cinco ...2 Editorial Cerne 99. Abril 2014 Cerne Edición dixital en Publicación mensual de distribución gratuíta CoordinaCiÓn

Publicidade 15Cerne 99. Abril 2014

Analíticas alimenticias Laboratorio

Legionela Control de plagas

Manipulación alimentos Formación

[email protected] / 986 118 714 / 698 163 399

Page 16: Nº 99. Abril 2014. Distribución gratuíta Vinte e cinco ...2 Editorial Cerne 99. Abril 2014 Cerne Edición dixital en Publicación mensual de distribución gratuíta CoordinaCiÓn

16 Publicidade Cerne 99. Abril 2014

XOVES 17

DESpOiS DA FESTA DE 2º ANiVERSARiO,

ESTE MES DE ABRiL

pREpÁRATE pARA MÁiS

VENRES 18 SÁBADO 19

RonMatusalénFESTA

E colaboración no

sorteo de 6.000 €

con cada consumición, unchupito de tequila de regalo

festa do tequila FESTA

BLANCA

E sorteo de 200 €

SERVICIO A DOMICILIO

Page 17: Nº 99. Abril 2014. Distribución gratuíta Vinte e cinco ...2 Editorial Cerne 99. Abril 2014 Cerne Edición dixital en Publicación mensual de distribución gratuíta CoordinaCiÓn

Publicidade 17Cerne 99. Abril 2013

Page 18: Nº 99. Abril 2014. Distribución gratuíta Vinte e cinco ...2 Editorial Cerne 99. Abril 2014 Cerne Edición dixital en Publicación mensual de distribución gratuíta CoordinaCiÓn

18 Publicidade Cerne 99. Abril 2014

Calzado ecolóxico de curtido vexetal. fabricado artesanalmente, transpirable, cun engraxado natural.

Bolsos, carteiras, axendas, maletíns, cintos...

Reparación de calzado e produtos para o seu coidado e comodidade.

TENDA TALLER.

Obradoiro artesán nº 279

Page 19: Nº 99. Abril 2014. Distribución gratuíta Vinte e cinco ...2 Editorial Cerne 99. Abril 2014 Cerne Edición dixital en Publicación mensual de distribución gratuíta CoordinaCiÓn

Cultura e lecer 19Cerne 99. Abril 2014

Tres días de Foliada para celebrar os dez anosA Foliada está de aniversario.Cumpre dez anos e para cele-brar tan especial data non sósegue medrando en calidadesenón tamén en cantidade.Este ano serán tres os días defesta (25,26 e 27 de abril) paraconmemorar a décima edicióndun evento que naceu no 2005como unha reunión de amigospara tocar e bailar e que axiñacolleu vida propia ata conver-terse no que é a día de hoxe:un encontro de referenciaarredor da tradición “que sedesmarca do resto de festivaisda nosa terra pola diferenteexperiencia musical que pro-porciona nun ambiente e nunsescenarios únicos”.

Así o expresa a organiza-ción da Foliada, que quixo queeste ano soara sobre as pedrasdese escenario único que éa Praza das Coles, a música deAnxo Lorenzo. Este mestredos sons tradicionais quesoubo fusionar a gaita co jazz,co pop ou co flamenco paraconvertela nun instrumentosen fronteiras, escolleu Melidepara presentar o seu novodisco, Confuxon. A estrea será

na noite do sábado 26 e viráseguida da actuación da Mag-nifique Bande, que coa súadestacada sección rítmica faráun repaso pola historia musi-cal “con momentos clásicos,fílmicos, jazzísticos, ‘muinhei-riles’, funkeiros e rockanro-leiros”. Pechará a noite Céorquestra pantasma.

Outro dos pratos fortesdesta décima edición da Fo-liada chegará o domingo coconcerto de radio Cos, nomedo grupo baixo o que dous re-

ferentes da investigación etno-gráfica en Galicia, Xurxo Fer-nandes e Quique Peón, traerános sons arcaicos da música deraíz mesturados con outroselementos tradicionais. Antes,Caxade e a súa banda poñeránen escena o seu indie-folk “cunarrecendo a música minima-lista e a sons da vella Europa”.

Os concertos e actuaciónscomplétanse coa axenda dovenres 25, ese día a maioresque terá a Foliada de 2014.Neste caso o escenario será

o da Casa da Cultura, onde apartir das 21:00 horas dará unconcerto a Banda de Gaitas daTerra de Melide. A noite cul-minará co espectáculo No ron-sel do tempo, unha gala conmúsica, baile e teatro a cargode A Maristela, de Sobrado.

Fiel aos seus clásicosPor moitos anos que pasen, deseguro que a Foliada seguiráfiel aos clásicos que a fixeronmedrar. Un deles é o concursode cantos de taberna, que secelebrará o sábado pola mañáe que chega á súa sexta edicióncon máis participantes canunca: 18 grupos e 19 locaisde hostalería. Non faltará tam-pouco a tradicional marchagaiteira, un pasarrúas multitu-dinario a cargo de vinte agru-pacións que encherá Melidede música a partir das seteda tarde. Será a antesala doserán, onde se concentra aesencia verdadeira da Foliada,unha festa na que uns cantanpara que outros poidan bailar:comuñón de ideas, idades eprocedencias arredor da mú-sica e da cultura tradicional.

O Cire, en colaboración coConcello de Melide, orga-niza a quinta edición do tor-neo de fútbol 7 en categoríasenior, que se celebrará osdías 17 e 18 de abril nocampo municipal. As inscri-cións poderán realizarse atao día 15 ás 21:00 horas naCafetería Marta ou a travésdo teléfono 981 50 53 46. Acota de inscrición é de 100euros por equipo. Haberátres premios: 500 eurospara o equipo ganador, 250para o subcampión e 100para o terceiro clasificado.

V Torneo defútbol 7 os días17 e 18 de abril

Anxo Lorenzo, Caxade e radio Cos actuarán este ano na Foliada

leirabuxo reinterpreta o repertoriotradicional no seu primeiro disco“Laranxeira do pé d´ouro botaraíces de prata / tomar amoresnon custa, olvidalos si quemata”. Tal di a Xota de Calvos,peza predilecta de Leirabuxo efonte de inspiración para darnome ao primeiro disco destegrupo de música tradicionalda comarca.

Pé de ouro, raíces de prataé un traballo feito “dende oprincipio ao fin” polos seiscompoñentes da agrupación,explica Manuel Varela, o acor-deonista. Gravado, editado efinanciado por eles mesmos coobxectivo de “facer algo que llegustase á xente e que quedaseaí para sempre”. Baixo esapremisa fóronlle dando formaa un disco que inclúe pezas dorepertorio tradicional e temasde autor aos que Leirabuxoquixo imprimir o seu selo:“son doce cancións que nosrepresentan e que intentamosachegar á nosa óptica para fa-celas un pouco diferentes”.

Así é que sona diferente

Quen puidera namorala, pezaque fixo mítica Luis Emilio Ba-tallán con voz e guitarra e á queLeirabuxo incorporou as gaitase a percusión tradicional. Dife-rentes tamén, por tratárensede temas seus, son a MuiñeiraBlanca e Melidoble, con melo-día propia e letras tiradas dunlibro tamén mítico, o Terrade Melide. La Dilores, as mui-

ñeiras de Navia, Armenteira eForcarei súmanse a un reperto-rio que tamén inclúe un temagravado en directo na AdegaO Mandil, de Melide, que poralgo é nas tabernas onde máise mellor flúe a voz.

Vivir para a músicaLeirabuxo e o seu disco sonfroito da confluencia de seis

persoas con paixón pola mú-sica tradicional. O grupo co-mezou a forxarse grazas aesa “espiña cravada” que tiñancatro vellos amigos despoisde abandonar un anterior pro-xecto musical (Vaid´arela) elevar case oito anos sen tocarxuntos. “Tiñamos que montaralgo”, di Manuel Varela, quexunto con Carlos Fandiño(gaita), Pulgui (bombo) e ro-mán Varela (tamboril), deronvida a Leirabuxo. A eles su-mouse Xosé Luis Barreiro(gaita) e dous anos despoischegou Carla rei para poñervoz ás melodías.

O resultado é Pé de ouro,raíces de prata, que un mesdespois de saír á luz xa levavendidas mil copias. Axiñaestarán outras tantas dispoñi-bles en Angarela, imaxina Fo-tografía, Librería Parrado eMuxica, os puntos de vendaen Melide. E para mellor gozarda música, tampouco tardaránen chegar os concertos: o pri-meiro deles o próximo 25 deabril no Pub Gatos. Logo virános de Santiago, A Coruña e “unpar de festivais que xa estánpechados para este verán”.

Leirabuxo dará un concerto o 25 de abril no Pub Gatos de Melide

Xa está en marcha a sétimaedición do concurso de de-buxo infantil Melindresri-cos, que cada ano se celebracon motivo da Festa do Me-lindre. Poderán participarrapaces e rapazas de entre3 e 15 anos de calquera cen-tro educativo de Galicia. Atemática terá que ser a re-postería tradicional da Terrade Melide e cada concur-sante só poderá entregar undebuxo. O lugar de recep-ción dos traballos será a bi-blioteca pública municipale o prazo estará aberto ata ovenres 2 de maio.

Concurso Melindresricos

Unha das xoias da arte pre-rrománica galega, a pinturamural da igrexa de San An-tolín de Toques quedarácompletamente restauradanos próximos meses. A Con-sellería de Cultura iniciaráen breve a segunda fase dostraballos, para os que se des-tinarán 48.800 euros e quecomprenden a eliminaciónde morteiros, a limpeza dasuperficie e a aplicación detratamentos contra o dete-rioro. Tamén se realizaráncontrois temporais de humi-dade e temperatura.

restauración depinturas muraisen san antolín

Page 20: Nº 99. Abril 2014. Distribución gratuíta Vinte e cinco ...2 Editorial Cerne 99. Abril 2014 Cerne Edición dixital en Publicación mensual de distribución gratuíta CoordinaCiÓn

20 Cultura e lecer Cerne 99. Abril 2014

Xandre Freire escribirá unha nova páxina na historia dodeporte melidense cando se converta no primeiro deportistalocal que compita nun torneo internacional coa selecciónespañola de loita olímpica. Será en romanía onde se estreeeste discípulo da Escuela Ayude convocado pola selecciónpara a concentración previa ao torneo xunto co tamén meli-dense Bruno Agra, quen terá que agardar non obstante aseguintes convocatorias para poder competir. As boas novascomplétanse con outras dúas medallas históricas para EscuelaAyude, as primeiras conseguidas en categoría absoluta nunhacompetición nacional de loita olímpica: unha prata para CoraAyude e un bronce para Bruno Agra. No campionato deEspaña de kick boxing Cora Ayude repetiu éxito ao conseguirun ouro tamén en categoría absoluta.

Freire competirá coa selección en romanía

o atlético completa a renovación cun cambio de nomeO equipo pasará a chamarse Melide Fútbol Club // O cambio terá que ser aprobado en asemblea

O Atlético Melide tomou enserio o proceso de renovaciónno que leva inmerso dendefinais de 2013. Tanto, queafrontará a próxima tempadabaixo unha denominación di-ferente: o equipo pasará achamarse Melide Fútbol Club.

Serán os socios, non obs-tante, os que teñan a últimapalabra sobre o cambio denome, que deberá ser apro-bado por maioría de votos napróxima asemblea xeral, quese celebrará en maio nunhadata aínda sen determinar.

débeda ceroCo cambio de nome a novadirectiva do Atlético Melidebusca completar a renovacióndo club e marcar diferenzascoa política que se veu reali-zando nos últimos anos e que“nada ten que ver coa actual”,asegura o seu presidente,Cesáreo iglesias.

A idea púxose sobre a mesaunha vez que o club conseguiureducir a cero a súa débeda,

unha condición indispensablepara que a Federación de Fút-bol autorice o cambio de nomee que Cesáreo iglesias consi-dera o maior logro conseguidoata o momento pola directiva:“explicarémoslles aos socios oestado das contas e poderáncomprobar como se liquidoupor completo a débeda queatopamos cando nos fixemoscargo do equipo”.

O tema económico será sendúbida un dos puntos impor-tantes dunha asemblea deci-siva para o club na que ossocios tamén votarán a conti-nuidade da xunta directiva edo seu proxecto así como o or-zamento para o próximo ano.

negociacións co CireUn dos puntais para conseguirmanter o equilibrio das contas

e a viabilidade do club seráa venda de publicidade nocampo de fútbol. iglesias reco-ñece que están a ter “certas di-ficultades” para conseguir esteobxectivo de financiamentocomo consecuencia da conce-sión do campo que no seu díafixo o Concello en favor doCire. “Confío en que se poidaatopar a forma en que os dousequipos de Melide se benefi-cien por igual dos espazos pu-blicitarios”, explica iglesias,quen xa impulsou unha reu-nión a tres bandas co presi-dente do Cire e a alcaldesa“sen que de momento se che-gase a un acordo”.

na loita polo ascensoCon todo, o obxectivo máisinmediato do Atlético Melideé conseguir o ascenso de cate-goría, polo que terán que loitarata o último momento. A faltade dúas xornadas para rema-tar a liga, o equipo melidenseatópase en postos de promo-ción pero nada asegura que

Gemelo, Beiroa e Jesús co presidente do Atlético, Cesáreo iglesias

“A política do novoAtlético baséase noesforzo e na unióndos xogadores, ossocios e a directiva”

Cesáreo Iglesias

Presidente do Atlético

vaia xogar a liguiña de as-censo, pois a diferenza de pun-tos cos seus competidoresdirectos é mínima. Falta pordisputar o partido contra oCamporrapado, un rival quesó gañou dous encontros estatempada, e outro contra oTouro, un equipo forte que vaiterceiro na táboa de clasifica-ción e que loita polo ascensodirecto. iglesias considera queas aspiracións de subir están“máis que xustificadas” e con-fía en que a mellora de nivelque experimentou o equiposexa suficiente para deixaratrás a terceira autonómica.

Por terceiro ano consecutivo a Festa Singlede Melide volveu ser un éxito rotundo. Su-perando todas as expectativas, máis de 140persoas desprazáronse ata a vila o 5 de abrilpara participar dunha velada que reuniu nocerne de Galicia a solteir@s e divorciad@schegados dende todos os currunchos: Vigo,Santiago, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense,Burela, Verín... Os veciños da comarca tam-pouco quixeron faltar a esta festa que come-zou cunha cea na Pulpería Ezequiel erematou nos pubs da vila. Dende a organi-zación, Manuel Vázquez “Sierra” quere dar“as máis expresivas grazas” ás tendas de

a Festa single gana adeptos na súa 3ª edición

Kepa Junquera actuará naXXiii Festa do MelindreA falta de pouco máisdun mes para que secelebre a Festa do Me-lindre, comezan xa a co-ñecerse algúns detallesda 23ª edición. Un dosmáis relevantes ten quever cos concertos pro-gramados para ese día,que inclúen a actuaciónde Kepa Junquera. re-centemente galardoadoco Premio Nacional deFolclore, o coñecidomúsico vasco estará o 11de maio en Melide pre-sentando o seu últimodisco, Galiza.

Por outra banda, aorganización do eventodeu a coñecer a imaxe

O cartel ganador, de Manuel Caride

gañadora do iii Concurso de Carteis da Festa do Melindre.Trátase dun traballo elaborado por Manuel Caride Conde, veciñode Ames, e titulado As tres estrelas de Melide. A obra, pintada áman e retocada posteriormente de maneira dixital, recolle moti-vos do escudo do concello: as chaves, a coroa e as tres estrelas,que representan neste caso os tres doces da repostería tradicionalmelidá: melindres, ricos e amendoados. O autor será premiadocon 300 euros e o seu cartel será o que se empregue para promo-cionar a festa. Este ano presentáronse ao concurso 15 propostas.

Melide que achegaron regalos para sortear entre osasistentes, ao Concello e á cantante irene ruíz.

Xandre Freire e Bruno Agra

Page 21: Nº 99. Abril 2014. Distribución gratuíta Vinte e cinco ...2 Editorial Cerne 99. Abril 2014 Cerne Edición dixital en Publicación mensual de distribución gratuíta CoordinaCiÓn

Publicidade 21Cerne 99. Abril 2014

Page 22: Nº 99. Abril 2014. Distribución gratuíta Vinte e cinco ...2 Editorial Cerne 99. Abril 2014 Cerne Edición dixital en Publicación mensual de distribución gratuíta CoordinaCiÓn

22 Colaboracións Cerne 99. Abril 2014

Por Chega o mes de abril eos vídeos promocionais daFoliada anuncian as “gañas deque chegue” e a “alegría” quexera. Este ano vén cargada dosimbolismo que supón chegaraos 10 anos e, polo tanto, osmeus parabéns.

En anos pretéritos, nestemesmo medio, referín á Fo-liada como a creatividadesimbólica dos mozos e mozaspresentes na nosa sociedade(2010); como unha actividadeque xera dinámicas de vincu-lación positiva cara a linguagalega e como signo inequí-voco de cohesión social aotranscender as clases sociais,os xéneros e os grupos deidade (2011); que permiteconstruír un turismo respon-sable (2012); e como un exem-plo de altruísmo (2013).

Para continuar interpre-tando a Foliada e todas assúas potencialidades, que nonse esgotan na música, nestaedición permítanma ler comounha aprendizaxe e experien-cia socioeducativa, princi-palmente para os máis novosda nosa sociedade, que sematerializa nun acto festivo.Moitos dos rapaces e rapazasque nesta participan socialí-zanse e sociabilízanse nunhas

relacións nas que, aínda xi-rando en torno á música, estánpresentes a capacidade deesforzo, a procura incansablede novos coñecementos, a re-lación con grupos de persoasde maior idade, etc; é dicir,experiencias e inquedanzasque doutra forma son difícilesde acadar e que, en definitiva,convértense en aprendizaxesque reverten directamente nasúa aprendizaxe social e, por

tanto, educativa.Os que nos dedicamos ao

campo educativo sabemosben que nos procesos de ensi-nanza-aprendizaxe obtéñensemaiores réditos se estes sedeseñan partindo de experien-cias concretas. Co fin de evitarmalas interpretacións é pre-ciso aclarar que non estou areferir á potenciación de as-pectos relacionados unica-mente coa música, senón coas

O medo ás palabras

Vanessa Martínez, xornalista

Foliada. 10 anos construíndo participación

Santiago Prado Conde (Chago), antropólogo

relacións sociais e de aprendi-zaxe que se xeran coa escusadunha festa, como son a pre-paración ao longo do ano dosdistintos grupos que partici-pan e como os máis novos seposicionan nesta preparacióne nos múltiples estímulos cosque conviven nos días de festa.De feito, estanse construíndosinerxías positivas que en de-masiadas ocasións perdemosde vista a súa importancia

para o futuro dos máis novoscomo seres culturais da nosasociedade, como a procura demaior igualdade, o respecto dadiversidade, a participaciónsocial como signo inequívocode responsabilidade cidadá esaúde democrática, etc...

O único que quero remar-car é que a través dun con-torno social de aprendizaxeque pode parecer intranscen-dente, pódense obter réditosmoi importantes para o con-torno educativo instituciona-lizado e, así, xerar iso quese denomina contextualiza-ción dos procesos de ensi-nanza-aprendizaxe mediantea participación e, finalmente,transcender o concreto paraque reverta noutros contornossociais específicos.

Ben é certo que un nondebe ser inxenuo e hai quediferenciar entre a educaciónque se practica por medio decurrículos formais en todaclase de institucións progra-madas e a que se practicadoutro xeito, mais, como bensaben, unha e outra deben sercomplementarias para a cons-trución de seres humanosadaptados aos contornos es-pecíficos e, por suposto, aosglobais.

Nun grupiño de mulleres,unha delas baixa delibera-damente a voz cando, falandodoutra que non se atopa pre-sente, pronuncia a palabra“cáncer”. Na feira do últimodomingo, unha nena de nonmáis de dez anos esconde acabeza detrás de súa nai men-tres lle di que hai alí un home“negro”. Se é cáncer, é cáncer;se é negro, é negro.

Pasa tamén cando se falada morte: nais novas escanda-lízanse cando alguén fala debebés que morren, rexeitan aconversación e escapan dela,coma se falar da morte tiveseo poder suficiente como parachamar por ela.

O medo ás palabras con-diciona o noso día todo. Os po-líticos sábeno ben e por iso

enchen os xornais e os teledia-rios con palabras tan postizascomo “desaceleración” ou“crecemento moderado”, envez de dicir “retroceso” ou“caída”. Porque as palabrasmancan máis ás veces cá pro-pia realidade que describen.

E pasa así porque así nosensinaron. Con moito tino, exa dende a Grecia antiga, osoradores que dominaban apalabra dominaban o mundo,“gañaban” as discusións, emodelaban a historia. Agoraos consensos sociais e os acor-dos non escritos impídennoschamarlles “vellos” á xenteque “é maior” (pero marabi-llosamente vella) deixando es-condido o verdadeiro sentidodesta maneira de falar: se évello é vello en por si, mentres

que se lle chamamos maioré porque o comparamos conalguén máis novo, como sea referencia correcta fose axuventude.

O día a día está cheo depalabras que non dicimos por-que antes de facelo actívase unresorte que nos fai escoller ou-tra: os quérotes que debemospensar que se nos van incrus-tar nos ollos, e por iso rete-mos; a morte que non viráantes porque a nomeemos;o cáncer, que non é tumor,senón cáncer; a xente negraque non é de cor… de que cor?De cor negra!; e ata os cartos,para os que inventamos milsobrenomes para non os men-tar en público.

Edúcannos para que a pro-pia linguaxe pase un filtro de

cortesía, de respecto ao espe-rable, de quedabén e de pudorpostizo antes de que pronun-ciemos as palabras. Pensaránque, por non pronuncialas,

deixaremos de pensar aonatural. O día que iso paseo mundo todo enmudecerá,pero mentres, sería ben irlleperdendo o medo ás palabras.

Page 23: Nº 99. Abril 2014. Distribución gratuíta Vinte e cinco ...2 Editorial Cerne 99. Abril 2014 Cerne Edición dixital en Publicación mensual de distribución gratuíta CoordinaCiÓn

Entrevista 23Cerne 99. Abril 2014

ALAiN AFFLELOU MELiDE (ANTiGA óPTiCA ABAL)

“aos servizos de sempre sumámoslleagora as vantaxes dunha marca líder”Logo de trinta anos coidando os ollos de todos nós dende o seu establece-mento da melidense Ronda da Coruña, Óptica Abal abre unha nova etapatrala súa aposta por formar parte dunha das franquicias máis importantesde Europa; o grupo Alain Afflelou. As vantaxes dunha marca con máis de

1.100 establecementos en todo o mundo e presenza en nove países chegana Melide da man de Luz Abal, Alicia e Verónica. Un novo concepto deóptica, un novo local a poucos metros do anterior e as mesmas caras desempre para seguir prestando o mellor servizo aos veciños da comarca.

Luz Abal (centro), xerenta da óptica, coas empregadas de Alain Afflelou, Verónica e Alicia

“As promociónsinclúen lentesde gama altacon todas as garantías e amoi bos prezos”

“A liña Nextyearpermítelle aocliente pagar endoce meses sencomisións ninintereses”

-Óptica abal é agora alainaffleou. a que obedeceeste cambio?-luz abal (l.a.): Era algoque levabamos meditandodende había tempo e parecía-nos imprescindible facelo xa.Hai que ir cos tempos, e ostempos piden este tipo de es-tablecementos, que nada te-ñen que ver cos de hai 10 ou 15anos. Quixemos apostar porun concepto de óptica máismoderno, con máis variedadede gafas e onde a xente poidaver, probar e elixir libremente.O obxectivo é achegarlle aosclientes os beneficios dunhamarca líder, de calidade e conmoi bos prezos, ofrecendo aprofesionalidade que semprenos caracterizou.

-o cambio é considerable,pero as caras seguensendo as mesmas... -alicia oro (a.o.): Efectiva-mente, somos os mesmos desempre: o que foi óptica Abaltoda a vida pero mellorada,con novas promocións e ofer-tas amparadas por Alain Affle-lou. Polo demais, seguimosprestando os mesmos servi-zos: revisións da vista, aseso-ramento á hora de escollercristais e monturas, revisiónsauditivas... A xente busca con-fianza no trato e agradeceatopar as mesmas caras. isonon cambiou en absoluto.

-alain afflelou caracterí-zase polas súas promo-cións e campañas. Calesestán ofrecendo agora? -l.a.: A máis coñecida de to-das é a Tchin Tchin, que chepermite escoller unhas gafasgraduadas entre as principaismarcas e por un euro máislevar o segundo par. Esta pro-moción ten moi boa acollidae está vixente todo o ano.Agora mesmo, e ata o 31 deabril, tamén temos a campaña

das lentillas, na que lle ofre-cemos aos clientes a posibili-dade de probar calquera tipode lentilla durante un mes dexeito gratuíto e sen ningúntipo de compromiso.

-Comentábanme que ga-naron en variedade de ga-fas co cambio a afflelou.-a.o.: O certo é que si. Nanova tenda conviven unha am-pla gama de modelos de marcapropia, todos cunha garantíade tres anos contra defectode fabricación, e as principaismarcas do mercado: ray-Ban,Carrera, Tous, Vogue, Arnette,ralph Laurent, Marc by MarcJacobs ou Hugo Boss.

- l. a.: falamos de moda, peroo máis importante é a calidadedos cristais. iso é o bo de AlainAfflelou, que as súas promo-cións inclúen sempre lentes

de gama alta, con total ga-rantía e feitas por fabricantessolventes e cunha traxectoriarecoñecida. E todo iso a prezosmoi competitivos...

-Cando o cliente mercaunha gafa, prima a cali-dade ou a estética? -a.o.: A estética gana cadavez máis terreo, sobre todo en-tre a xente nova. É algo lóxicoporque a gafa lévala pegadaá cara, defínete e forma parteda túa personalidade.

-l.a.: A estética sempre é im-portante pero de todas formaso cliente sabe perfectamenteque o que lle fai ver mellor oupeor son os cristais. Unhacousa non quita outra. Nor-malmente déixanse asesorartanto no tema das monturascomo nos cristais e non resultadifícil escoller unha gafa que os

satisfaga en todos os aspectos.

-Quizais con isto da crisexa non cambiamos as ga-fas con tanta frecuencia... -Verónica dono (V.d.): Écerto que tendemos a pensaloun pouco máis, pero agora conAlain Afflelou temos unha liñade financiamento chamadaNextyear que che permite pa-gar as túas compras nun anosen intereses nin comisións.Para os nenos temos un se-guro de rotura durante todoo ano seguinte á compra. Co-bre ata o 50%. Por outra parte,tamén hai un seguro para osmáis cativos polo que se aosmenores de 12 anos lles cam-bia a graduación nos 12 mesesposteriores á compra, cám-bianselle os cristais gratuita-mente.

-Coidamos ben os nosos

ollos, ou segue a ser unhamateria pendente?-l.a.: A xente cada vez estámáis mentalizada de que agafa non é un simple adorno.O exemplo máis claro está nasgafas de sol, que non son sóunha cuestión estética, senónque evitan que o ollo sufradanos. Hai que mentalizarseda importancia de usalas xadende pequenos.

-V.d.: E que sexan gafas boas,porque as que se mercan nafeira por 15 euros non prote-xen; a lente é de plástico. Hoxeen día hai gafas de todos osprezos e mercar nunha ópticanon significa mercar máis caro.

Alain Afflelou

Ronda da Coruña, 16

Tlf: 981 50 60 97

Page 24: Nº 99. Abril 2014. Distribución gratuíta Vinte e cinco ...2 Editorial Cerne 99. Abril 2014 Cerne Edición dixital en Publicación mensual de distribución gratuíta CoordinaCiÓn

CERNE Cerne 99. Abril 2014

ANIVERSARIO3 0

SOMOS OS LOCAIS DE REFERENCIA EN MELIDE!!

VENRES, 18 de abril

Grazas en nome de todo o equipo

de A Boa Viña - A Boa Vida

por estes 3 anos