24
Cerne o xornal da Terra de melide Nº 116. Setembro 2015. Distribución gratuíta EmprEsA Asetem reparte 1.800 € en vales entre as Anpas de dous colexios da vila P5 ENTrEvIsTA marina Ferreyra, Os Garceiras P23 mELIDE A comisión do San Roque repetirá se as festas deixan déficit P12 ComArCA Santiso comeza en outubro a cambiar todas as lámpadas do concello P16 Toques pon en valor a xoia do seu patrimonio artístico O Concello lanza un programa de visitas guiadas á ca- pela de Santo Antoíño trala restauración das pinturas do interior. Faranse os sábados ata finais de ano. P19 Asetem pide que se revisen os novos límites da N-547 No tramo comprendido entre Melide e Lavacolla, cunha lonxitude de 42 quilómetros, contabilízanse ata 32 sinais de limitación de velocidade a 70 km/h. P11 Despois de numerosas tractoradas e cinco días de bloqueo ás principais industrias transformado- ras de Galicia, o entende- mento entre as diferentes partes do sector lácteo se- mella estar máis preto. Os gandeiros suspenden as protestas ao dar por se- gura a subida nos prezos do leite en orixe e ao seren atendidas algunhas das súas reivindicacións bási- cas. Non obstante, volve- rán á loita se non se cumpren os acordos. P14 Asinan a tregua pero non a paz ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS TERRA DE MELIDE 25 anos ao teu servizo, 150 socios que fan medrar a comarca Tfno: 981 50 61 88 - [email protected] Lino Sexto Sánchez, 9 Baixo - 15800 MELIDE (A Coruña) N. Noguerol O sector gandeiro suspende a folga de entregas á espera de que industria e distribución cumpran realmente os acordos alcanzados

Nº 116. Setembro 2015. Distribución gratuíta Asinan a tregua ...Nº 116. Setembro 2015. Distribución gratuíta EmprEsA Asetem reparte 1.800 € en vales entre as Anpas de dous

  • Upload
    others

  • View
    1

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Nº 116. Setembro 2015. Distribución gratuíta Asinan a tregua ...Nº 116. Setembro 2015. Distribución gratuíta EmprEsA Asetem reparte 1.800 € en vales entre as Anpas de dous

Cerneo xornal da Terra de melideNº 116. Setembro 2015. Distribución gratuíta

EmprEsAAsetem reparte1.800 € en valesentre as Anpasde dous colexiosda vila P5

ENTrEvIsTA

marinaFerreyra, OsGarceirasP23

mELIDEA comisión do San Roquerepetirá se asfestas deixandéficit P12

ComArCASantiso comezaen outubro acambiar todasas lámpadas doconcello P16

Toques pon en valor a xoiado seu patrimonio artístico

O Concello lanza un programa de visitas guiadas á ca-pela de Santo Antoíño trala restauración das pinturasdo interior. Faranse os sábados ata finais de ano. P19

Asetem pide que se revisenos novos límites da N-547

No tramo comprendido entre Melide e Lavacolla,cunha lonxitude de 42 quilómetros, contabilízanse ata32 sinais de limitación de velocidade a 70 km/h. P11

Despois de numerosastractoradas e cinco díasde bloqueo ás principaisindustrias transformado-ras de Galicia, o entende-mento entre as diferentespartes do sector lácteo se-mella estar máis preto. Osgandeiros suspenden asprotestas ao dar por se-gura a subida nos prezosdo leite en orixe e ao serenatendidas algunhas dassúas reivindicacións bási-cas. Non obstante, volve-rán á loita se non secumpren os acordos. P14

Asinan a tregua pero non a paz

ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS TERRA DE MELIDE

25 anos ao teu servizo, 150 socios que fan medrar a comarca

Tfno: 981 50 61 88 - [email protected] Sexto Sánchez, 9 Baixo - 15800 MELIDE (A Coruña)

N. Noguerol

O sector gandeiro suspende a folga de entregas á espera de que industriae distribución cumpran realmente os acordos alcanzados

Page 2: Nº 116. Setembro 2015. Distribución gratuíta Asinan a tregua ...Nº 116. Setembro 2015. Distribución gratuíta EmprEsA Asetem reparte 1.800 € en vales entre as Anpas de dous

2 Editorial Cerne 116. Setembro 2015

Cerne Edición dixital en www.asetem.com

Publicación mensual de distribución gratuíta CoorDINACIÓN E rEDACCIÓN: iván G. blanco

EDICIÓN: Asociación de Empresarios Terra de Melide (ASETEM-CCA)ENDErEZo: R/ Lino Sexto Sánchez 9, Melide (A Coruña)

Telf. e Fax: 981 506 188 E-mail: [email protected]ÓNs: José Núñez, Chago Prado, Rafael R. Gaioso

AGrADECEmENTos: Pilar López, Adolfo Álvarez, imprenta MeligrafImprEsIÓN: Publicaciones Tameiga S.L.

DEpÓsITo LEGAL: OR / 57 / 84

Cerne non se responsabiliza das opinións manifestadas polos seus colaboradores

-EDiTORiAL..................................2-EMPRESA.....................................3-MELiDE.......................................11-COMARCA...................................14-CuLTuRA E LECER....................19-COLAbORACióNS......................22-ENTREViSTA..............................23

ÍNDICE

Editorial Tribuna de opinión

Por que arde o monte? Velocidade limitadaXunta Directiva de AsETEm-CCA

Asetem acaba de pedir ante aDemarcación de Carreteras doEstado que se revisen os lími-tes de velocidade instaladosrecentemente na N-547.

Aínda que se poida consi-derar politicamente incorrectoir en contra dunha medida quea priori se tomou en beneficiode todos e todas nós, xustifi-camos a nosa petición no con-vencemento de que colocarmáis sinais non significa nece-sariamente mellorar a seguri-dade. Máis ben ao contrario.Somos conscientes ademaisde que trasladamos o sentir deboa parte da veciñanza e demoitos dos nosos asociados,que se puxeron en contactocon Asetem pedindo que ac-tuásemos dalgún xeito anteunha medida que prolonga o

tempo de viaxe a Santiago eque complica as súas rutinasde traballo. Cómpre recordarque en 42 km pódense contar32 sinais con limitación de ve-locidade a 70 km/h, ademaisdas limitacións a 50 km/h nosnúcleos urbanos. Viaxar á ca-pital estase a converter nunhaauténtica odisea.

Sabemos da cantidade de si-nistros que se rexistran naN-547 e no seu día esiximosactuacións para tratar de redu-cilos. Agora, con igual firmeza,pedimos que se revisen as si-nais instaladas, moitas delascolocadas de xeito arbitrarioe inxustificado. Tamén iso vaina contra dunha conduciónsegura. Porque a seguridadenas estradas non só é cuestiónde velocidade.

Chega o outono. Parece quevén chuvioso. Motivo máis quesuficiente para que non volva-mos pensar ata o ano neseproblema recorrente que sonos incendios. Xa caro nos costalembrar que hai pouco máisdun mes ardían os nosos mon-tes de Toques e Sobrado.

Cando o lume volva apare-cer, intentaremos apagalo. Easí ano tras ano, sorprendidoscomo se fose a primeira vez,laiándonos e buscando a causade tan grave atentado ambien-tal: xente que está mal dacabeza, mafias e intereseseconómicos ocultos, facerllemal ao veciño por liortas demarcos ou vai ti saber que,protestar contra as restriciónsda Rede Natura, facer políticaco chisqueiro...

Esforzámonos moito porsaber cales son as motivaciónsque levan a prenderlle lume aomonte, pero quizais todo sexamáis sinxelo do que parece: omonte arde porque non está

limpo. Detrás desta simple re-lación causa-efecto hai todaunha secuencia de factoresque ten moito que ver con eseproceso de lenta degradacióneconómica e social na que estáinmerso o rural galego. A esasituación non se chega porcasualidade, senón por mor derealidades como a que estamosa ver estes días coa loita dosgandeiros para poder seguirvivindo dignamente no rural.

Cando se acaba cos secto-res produtivos tradicionais,a xente marcha das aldeas, omonte queda abandonado enas terras de cultivo plántanseeucaliptos dos que nos acorda-mos cada 15 anos para cortalos,cobrar e axudar a pagar a hipo-teca do noso piso da Coruña.Omonte arde porque estáabandonado, porque non sevalora e porque cada vez lleimporta a menos xente. Candonon se percibe que algo valiosoo está ardendo, xorde esa ou-tra lacra que é a complicidade

pasiva coa actividade incendia-ria. Estamos ante un delito quenon é percibido como tal e quenos leva a ser excesivamentepermisivos con quen prendelume. Cada vez menos, certo é,pero nese aspecto os cidadánsaínda temos que entoar o meaculpa.

Outra pata da problemáticaé a institucional. Ninguén du-bida dos esforzos que se fandende a administración auto-nómica cada verán no ámbitoda extinción, pero faltan políti-cas a longo prazo, desas quese aplican no transcurso devinte ou trinta anos, por enribade cores políticas, e que soncapaces de facer mudar a xes-tión dos montes e de todo oterritorio. Hai moito que traba-llar no eido forestal, pero nin-gunha iniciativa servirá se nonse contribúe paralelamente afixar poboación no rural. Nonson precisas grandes medidas.Abonda con que a xente poidaseguir vivindo do campo.

Page 3: Nº 116. Setembro 2015. Distribución gratuíta Asinan a tregua ...Nº 116. Setembro 2015. Distribución gratuíta EmprEsA Asetem reparte 1.800 € en vales entre as Anpas de dous

Empresa 3Cerne 116. Setembro 2015

Os comerciantes de Melideengadiron este ano unha su-xestión ao tradicional balancede vendas que acompaña cadaclausura do Mercamelide: quesexa Asetem, como entidadeque aglutina a boa parte docomercio local, quen organiceen exclusiva a feira de saldosque dúas veces ao ano acolleo Pazo de Congresos e cuxadecimosexta edición tivo lugaros pasados días 29 e 30 deagosto. A aposta por esta op-ción suporía xa que logo dei-xar aparcada a fórmula que sevén empregando nos últimosanos, na que o Concello orga-niza o evento en colaboracióncoa patronal.

A petición, expresada porvarios dos comerciantes pre-sentes na feira de agosto,responde ao descontento conalgúns aspectos organizativosda última edición e á necesi-dade de que haxa un interlo-cutor claro ao que dirixirse eesixir, de ser o caso. Así o ma-nifestaron numerosas voces,que engadiron tamén queixassobre o “declive” desta ediciónde verán: “hai que seguir inno-vando porque se está facendoaburrido, cansino”, apuntabaao termo da feira unha comer-ciante, que ilustraba grafica-mente a súa opinión sobre oevento: “isto é como cando co-mes sempre tortilla, está moiboa pero acábate enchendo”.Nunha liña semellante, outratendeira aseguraba botar demenos “animación, que haxaalgo para ver e que manteñaa xente aquí”.

Ademais das actividades deocio que se viñan realizandoen edicións anteriores, os par-ticipantes botaron en falta aparticipación de máis negocios(asistiron sete menos ca naedición de 2014), unha partena que entoan o mea culpa:“aínda que esta feira sexa me-nos rendible cá do inverno,deberían de vir todos os co-mercios”, apuntaba o propie-tario dunha tenda. Sería unxeito de evitar a “sensación debaleiro” da que se queixabaoutra participante: “pareceque non hai nada que ver easí damos moi mala imaxe”.

reformular a feiraMalia as queixas e discrepan-cias, os comerciantes conside-

ran necesario manter o Merca-melide e coinciden á hora de si-nalar que é beneficioso para osseus negocios: “esta feira quenon ma quiten”, di unha ten-deira, ao que responden dendeo stand do lado que “semprecompensa, aínda que só sexapor desfacerte de mercancíae meter na tenda outra nova”.

Con todo, no marco daopinión, xurdiron tamén pro-postas para manter intacto oMercamelide de inverno e

transformar o de verán nunhaNoite Aberta, potenciando ereforzando a iniciativa de ho-rarios e descontos especiaisque xa se realizou este ano afinais de xullo.

Esta posibilidade, que teríaque ser consensuada cos co-merciantes, xa fora abordadapor Concello e patronal en reu-nións anteriores. Sobre a peti-ción de organizar o Mercame-lide en solitario, Asetem nonfixo ningún pronunciamento.

o comercio pide que Asetem-Cca organice mercamelide en solitario

Gonzalo Paredes (dereita), de Melide, ganador dunha cesta

Juan Carlos Quintela (no centro), ganador do sorteo de 500 euros

benigno Guerra (centro), de borraxerios, ganador dunha cesta

O presidente de Asetem, Ma-nuel García, e a xerenta de ditaasociación, Pilar López, asisti-ron recentemente a Compos-tela para participar na xornada“Networking-Comercio de Fu-turo” que a Consellería de Eco-nomía e industria organizou naCidade da Cultura co obxectivode compartir experiencias eopinións sobre os novos retosque afronta o sector.

Na reunión, á que acudironasociacións e comerciantes detoda Galicia, participaron cincoemprendedores que explicaronos acertos e as dificultades queatoparon á hora de montaro seu negocio. En concreto,falaron os responsables dunhatenda situada nun ático daGran Vía de Vigo centrada nosdetalles de voda, dun negocioespecializado en queixos,dunha tenda de venda onlinede zapatos infantís e outra dedecoración de interiores.

O conselleiro de Economíae industria, Francisco Conde,

O presidente e a xerenta de Asetem co xerente de C. Monumental

NOVAS FÓRMULAS PARA NOVOS DESAFÍOS. ASETEM TOMA NOTA

Axudas para modernizarse

Tres comercios asociados aAsetem acometerán en brevemelloras nos seus establece-mentos para modernizar tantoo espazo físico das súas tendascomo o xeito de vender produ-tos. Farano, en parte, grazasás subvencións que lles foronconcedidas pola Consellería deEconomía e industria dentroda liña de axudas “para a me-llora da imaxe, modernizacióne establecemento de novasfórmulas de comercialización

sinalou durante a súa interven-ción no acto que todos eles son“exemplos” de como o comer-cio galego é capaz de adaptarse“aos novos tempos, aos para-digmas da competitividade,aos novos hábitos de consumoe ás demandas dos consumido-res”. Conde apelou ao “talento”do comercio galego como fac-tor determinante para afrontaros desafíos do sector.

Esta xornada forma partedo plan estratéxico de impulsoao comercio de Galicia 2015-2020 co que a Xunta perseguedinamizar a economía e incre-mentar nun 15% o número deemprendedores que traballanno sector, ata chegar aos60.800 en 2020. Outros retosdesta iniciativa son triplicar aporcentaxe de establecementosque venden en internet, alcan-zando un 14% do total, e incre-mentar nun 10% o número decomercios que se asocian paracompetir, chegando ata os20.000.

no sector retallista e artesanal”. Os tres comercios en cues-

tión recibirán subvencións porimportes comprendidos entreos 1.300 e os 7.000 euros. Naresolución positiva da súasolicitude tivo un peso especí-fico o feito de estar asociadosa Asetem, pois, na intención daConsellería por fomentar oasociacionismo, ser membrodun centro comercial abertoera unha das variables queoutorgaba maior puntuación.

Page 4: Nº 116. Setembro 2015. Distribución gratuíta Asinan a tregua ...Nº 116. Setembro 2015. Distribución gratuíta EmprEsA Asetem reparte 1.800 € en vales entre as Anpas de dous

4 Empresa Cerne 116. Setembro 2015

DiRECTORiO - SOCiOS/AS DE ASETEM

CC XestiónFlorentino Cuevillas, 2881 97 33 07Norbrok segurosAvda. Habana, 3 - 1º981 50 74 44seguros BilbaoRda. de Pontevedra, 113678 05 59 42

Canteras prebetongbrasil, 56, Vigo981 50 55 76Canteras richinolArenal, 64, Lalín981 50 55 04

BlangarCtra. Lugo km 46, Melide981 50 54 18Carpintería LayaRua Palas de Rei, 8981 50 52 83maderas ovidio Leivabelmil, Santiso608 58 74 47

Aceiteiro Rda. da Coruña, 34981 50 50 13Autoecambios vulcanoAvda. de Lugo, 99981 50 62 18Bodejas mejutoRda. de Pontevedra, 74981 50 77 62 California 66Rosaleda, 5687 77 64 36CalitexGalicia, 4981 50 51 54Calzados BrozCamiño de Ovedo, 13981 50 51 60Cárnicas GarcíaRda. da Coruña, 14981 81 54 00Casa JuanitoMateo S. bugueiro, 39981 50 51 03Casa santosAvda. de Lugo, 8981 50 53 96Centro ComercialAresRda. da Coruña, 27981 50 50 53

Cociñas m. BujánAvda. de Lugo, 99981 50 74 21Colorín ColoradoRda. da Coruña, 10881 97 85 60Cooperativa melisantoAgüeros, s/n, Melide981 50 60 26Deportes LópezAvda da Habana, 5981 50 54 25Distribuciones mellaXoán XXiii981 50 60 68EkatéCantón de San Roque,11881 97 74 17ElectrosanMartagona, 13981 50 79 64Estanco AngarelaProgreso, 9981 50 60 96Electricidade vilelaAvda de América, 34981 50 59 00El mundo del pintorAvda. Lugo, 43981 50 90 77EspomasaCtra. Melide-Toques,km 8, Toques981 50 59 71EstablecimientosEl muebleRda. Pontevedra, 2981 50 50 89Estación de servicio CorredoirasCorredoiras, 14, boimorto981 51 60 04EurocadenaCantón de S. Roque, 9670 29 29 17Floristería maruConvento, 9981 50 75 80Floristería strelitziaCantón S. Roque, 46881 81 91 01Floristería TarríoAmador Rguez, 7981 50 61 64Froitas olgaAvda. da Habana, 1607 36 53 69Frutas NatiPol. ind. A Madanela600 44 80 92Fuciños rivasRda. da Coruña981 50 50 47Galaica BisuteríaRúa San Pedro, 8981 50 75 49ImaxinaFlorentino Cuevillas, 4881 95 70 87Imprenta meligrafRúa Galicia, 26 981 50 62 56Iris melideEmilia Pardo bazán, 11981 50 78 06

Jim sports Technology Madanela S/N 981 50 64 34José XaneiroAvda. Toques, 57981 50 53 35Joyería oro LeyRúa de San Pedro, 14981 50 54 68Joyería silvelaRda. da Coruña,40981 50 59 97La CortinaAvda. Lugo, 43981 50 63 58Lácteos Terra demelideOrois, Melide981 80 80 09Laia ZapateirosPraza Convento, 4626 25 20 54Leiva motosportRda. da Coruña, 52981 50 73 34Librería CousasAvda. da Habana, 29981 50 57 75Librería victorioTaboada Roca, 1981 50 50 55m&m modaRda. da Coruña, 58981 94 24 15marviRúa do Convento, 16981 50 71 94melimáticaOtero Pedrayo, 6981 50 78 81mis mejores laboresAvda. América, 3657 43 56 99mobles AresRda. da Coruña,62981 50 55 64modas El DándoloConvento, 15981 50 63 70muebles paulaCrta. Lugo, km 46, 981 50 57 34muxica Tenda XovenRúa do Convento, 36981 50 63 66Óptica AbalRda. da Coruña, 16981 50 60 97Óptica melideRúa do Convento, 17981 50 54 67Óptica NovaluxRda. da Coruña, 20981 50 51 99ortopedia ortosaúdeRda. Pontevedra, 16981 50 78 74panadería e pastelería ToquesAvda. de Lugo, 31981 50 51 81pastelería EstiloRúa do Progreso, 6981 50 51 53

pastelería TriskelNovoa Santos, 32981 50 50 98perfumería LyssRda. da Coruña, 44981 50 76 84pescados e mariscos manoloRosaleda, 10629 81 20 29pinturas mejutoVimianzo, Santiso981 19 34 94Q me comproAlexandre bóveda, 16981 50 51 49ramón CabadoAvda. Toques, 30981 50 51 37ramón pampínBangoRda. de Pontevedra,105981 50 75 26ribeiraoConvento, 12981 50 50 18romero ZapateríasRda. da Coruña, 29981 50 53 56sanoguera FotografíaA Casilla, 1 - Moldes622 22 28 10sisukaTaboada Roca, 1881 97 58 62stardemodaSan Pedro, 10626 56 49 02suministros Industriales Cire Pol. ind . A Madanela,parc. 22981 50 79 54supermercados GómezAmador Rodríguez, 3981 50 70 27susana EstéticaRúa do Progreso, 27666 12 37 40XebreRúa de San Pedro, 16981 50 57 23Xoiería rovalAlexandre bóveda,12981 50 54 31

Barreiro Lodeiro, J.baltar, Melide981 51 53 86Const. m. EspiñoConcepción Arenal, 5 981 50 77 29Const. Leonardo miguélezSanta María, Melide981 50 52 73Const. pichel Hnos.Avda. Estación, 2, Lalín986 78 07 59

Costoya varela, J.Rda.Pontevedra,51 1º iz.981 50 70 89Cubiertas Hermanos BlancoPol. ind. A Raña, rúa 7.O barco de Valdeorras988 33 52 94Excavaciones paradelaRibeiro,s/n Os Ánxeles, Melide981 50 55 92Hijos de Casal mariñoE. Álvarez Carballido, 1981 50 53 10Hormigones Carral Sta. María de Veira, As Travesas, Carral981 50 50 25Hormigones myhnorPol. ind. A Madanela,Parcela 30981 17 36 16Intres FotografíaAvda. de Toques, 2881 97 42 24marmolería melideGosenxe, Ribadulla,Santiso981 50 55 18Química IndustrialproquintasPol. ind. A Madanela981 50 53 00revestimientos riferAvda. de Lalín, 26981 50 71 16

A Boa viñaPraza da Herba, 10Bodega CurrosRda. de Pontevedra,18981 50 59 68Casa AlongosCamiño Vello Stgo. s/n619 22 93 34Café ChaplinCantón de S. Roque,17981 50 53 55Cafetería A Fábricado CamiñoCantón de San Roque, 1Cafetería ArraigosCantón de San Roque, 9Cafetería CristalAlexandre bóveda, 20981 50 90 09Cafetería LodeiroTaboada Roca, 3620 21 95 91Cafetería m40Cantón de S. Roque, 40981 50 73 44Cafetería stopRúa da Cátedra, 1Esquina San AntonioEspectáculos Ángel seoaneAvda. da Habana, 15981 50 53 28

Hotel Carlos 96Avda. de Lugo, 119981 50 76 33Novo ContinenteLuis Seoane, 8981 50 61 82parillada o CarburoVillamor, Toques981 50 49 07parrillada rúaAvda. de Lugo, 50981 50 60 76pazo de EidiánEidián, 5 Agolada986 68 25 45pizzería XoldraAvda. de Lugo, 25981 50 79 06pulpería EzequielCantón de S. Roque,46981 50 52 91pulpería TaboadaAvda. Lugo, 22981 50 74 26restauranteLos dos alemanesO Coto (Melide)981 50 73 37Xamonería GarceirasGaiteiros Garceiras, 1608 975 776

Academia BesbelloRúa San Antón, 5981 50 52 52Albergue vilelaRúa San Antón, 2616 01 13 75Fisio-vidaFlorentino Cuevillas,16981 50 70 47Clínica Dental Anamarcos CardoRda. da Coruña, 31-1º b981 50 57 05Clínica Dental KarimRda. Pontevedra, 32981 50 62 44Eva Novás abogadaRúa San Antón, 5981 50 72 17Extractores villamorCantón de S. Roque, 8648 25 31 33Gasolineira Bocelo Avda. de Lugo981 50 62 50Hardgalicia - “r”Rúa do Convento, 4693 77 88 66skala peluquerosAlmirante brown,19-21981 50 59 03perruquería santín & AmoCantón de S. Roque, 38Entrechán650 43 63 75TecnamelideA Madanela, parc. 80981 50 63 88

Intermax TechnologyRúa Folicheiro, 20902 908 737servinetVitiriz, s/n697 89 24 66

Autos marPol. Madanela, 8-9981 81 53 36Desugaces LualO Coto (Melide)981 50 73 52motor melidePol. ind. A Madanela981 50 70 31Talleres LeivaMadanela, Melide981 50 52 11Talleres mejutoSta. María, Melide981 50 59 99

mª Carmen Carreira simónRda. da Coruña, 50 - 1º981 50 52 80

La CaixaAlexandre bóveda, 1881 03 08 20

Banco sabadellRúa do Convento, 13981 50 52 50

Cabado rguez, J.r.Pezobrés s/n, Santiso981 51 77 89Nutripor s.A.Pol. Madanela, 18-19981 50 64 70rey sánchez s.L.Emilio Campoamor, 2981 50 60 29Transportes sierraPol. ind. Madanela,parcela 79981 51 58 18Transportes ZasPalas de Rei982 18 34 04

Javier López LópezRúa Xosé Ramón Fdez.Castro, 6981 50 54 82

CoNsTrUCIÓN

soCIo CoLABorADor

HosTALErÍA

AsEsorÍA

CANTEIrAs

ComErCIo

ENXEÑErÍATÉCNICAAGrÍCoLA

sErvIZos

TrANsporTEs

CArpINTErÍA

TALLErEs

Page 5: Nº 116. Setembro 2015. Distribución gratuíta Asinan a tregua ...Nº 116. Setembro 2015. Distribución gratuíta EmprEsA Asetem reparte 1.800 € en vales entre as Anpas de dous

Empresa 5Cerne 116. Setembro 2015

PROGRAMA DE AXUDAS AS PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNO-MAS POLA CONTRATACIÓN INDEFINIDA DE PERSOAS ASALARIADAS

Beneficiarios:.- Traballadores autónomos ou profesionais, pola primeira contratación querealicen con carácter indefinido durante o seu primeiro ano de actividade..- Traballadores autónomos ou profesionais, pola segunda e terceira contrata-ción que realicen con carácter indefinido nos tres primeiros anos de actividade.Contías:.- Entre 4.000 e 6.000 €, pola primeira contratación indefinida..- Entre 5.000 e 7.000 €, pola segunda e terceira contratación indefinida.Serán subvencionables as contratacións realizadas entre o 01/10/2014 eo 30/09/2015.Prazo de solicitude: Último día do mes seguinte á contratación subvencionable,como máximo ata o 30/09/2015.

PROGRAMA MICROCRÉDITOS DO IGAPE (CRÉDITOS ≤ 25.000 €)

Obxecto:Bonificación dos custos de financiamento dos investimentos das microempresasde Galicia, titulares de préstamos inferiores ou iguais a 25.000 euros, forma-lizados dende o 01/01/2015.Beneficiarios:Autónomos e empresas que teñan a condición de microempresa, que teñanformalizada unha operación de préstamo da liña ICO-empresas e empren-dedores 2015 ou ICO-Garantía SGR/SAECA 2015, ou ben con fondos da propiaentidade financeira sempre que estea avalada por unha sociedade de garantíarecíproca.Prazo de solicitude: Ata o 30/10/2015

PROGRAMA APOIO FINANCEIRO AS PEMES (CRÉDITOS > 25.000 €)

Obxecto:Bonificación dos custos de financiamento dos investimentos das pemes deGalicia, dos sectores de actividades indicados no Anexo II da Orde da convo-catoria, titulares de préstamos superiores a 25.000 euros, formalizados dendeo 01/01/2015.Beneficiarios:Autónomos, microempresas ou pemes, calquera que sexa a forma xurídica,incluídos agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bensou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado.Prazo de solicitude: Ata o 30/10/2015

PROGRAMA RE-SOLVE (PRESTAMO DO IGAPE PARA O FINANZAMENTO OPERATIVO –ACTIVO CORRENTE- DAS PEMES)

Beneficiarios:Autónomos, pequenas e medianas empresas, agrupacións de persoas físicas ouxurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económicaou patrimonio separado.Activo corrente subvencionable: pago de nóminas, tributos, seguridade social,aluguer, leasing, pago a provedores e acredores, reparacións, cotas de débedasbancarias a longo prazo e cotas de leasing.Importe do préstamo, entre 3.000 e 150.000 €.Período de amortización, ata 7 anos con unha carencia máxima de 2 anos.Prazo de solicitude: Ata o 30/10/2015.

axudas e subvencións

Información facilitada por CC XestiónFlorentino López Cuevillas, 2 (Melide) Tlf.: 881 973 307

Xa é tradición que coa chegadado outono comecen a circularpola vila os vales con 6 eurosde desconto que a patronal me-lidense reparte por estas datasdende hai catro anos. Fiel ásúa cita, a campaña do BonoAsetem volve de novo, perofaino con importantes novi-dades. unha das principais éque os vales non serán distri-buídos como ata agora a travésdo xornal Cerne, senón en co-laboración coas ANPAS doscolexios Nº1 e Nº3.

Deste xeito, nos próximosdous meses Asetem repartirá300 vales-desconto, por un va-lor total de 1.800 euros, entreos socios das ANPAS de ámbo-los dous centros. Non se inclúeo colexio da Martagona porquenel xa se repartiron bonos oano pasado a modo de expe-riencia piloto. Pais e nais doscativos poderán entregar obono en calquera dos 150comercios e empresas asocia-das a Asetem. O desconto de 6

Asetem repartirá 1.800 € en vales nos colexios da vila

o comercio vende máis

A recuperación semella que se está asentando no pequeno comer-cio de Galicia, que encadea xa sete meses consecutivos con cre-cemento de vendas. Segundo os últimos datos do iNE a taxainteranual de vendas do sector na comunidade medrou un 5,1%,por encima da media española, que se situou nun 4,2%.

A boa evolución da facturación está a ter ademais unharepercusión directa sobre a creación de emprego, que ata agorapermanecía estancada. Este verán a ocupación nos comerciosgalegos medrou un 1,3%, porcentaxe tamén superior á mediaespañola, que foi do 1,1%. Na análise de datos por formatos devenda, cómpre destacar que as empresas unilocalizadas son asque conseguen un maior crecemento (1,2%). As pequenas cadeaslogran un incremento do 1% e as grandes superficies mantéñense.

O presidente da Federación Galega de Comercio, José MaríaSeijas recorda que “nos últimos sete anos baixamos un 40% envendas e iso haino que ir recuperando pouco a pouco”. Non obs-tante, amósase optimista coa evolución dos últimos meses e ase-gura que as rebaixas deste verán son “as mellores” en tres anos.

euros aplicaráselles no mo-mento de mercar, sempre ecando a compra sexa superiora 30 euros. Outro dos cambiosintroducidos de cara á presentecampaña é que os vales-des-conto deberán ser utilizadosantes do 30 de novembro. Enedicións anteriores non tiñancaducidade.

Concurso de debuxoComo novidade máis desta-cada, os cativos dos dous cole-xios participarán nun concursode debuxo que terá como eixocentral o comercio de proximi-dade. Todos os traballos seránexpostos durante varias sema-nas nos escaparates da vila e nomes de febreiro, en coinciden-cia coa celebración do Merca-melide de inverno, celebraraseun sorteo entre todos os debu-xos entregados. Os pais do ca-tivo que resulte afortunadorecibirán como premio un valede 100 para gastar en calqueratenda asociada a Asetem.

Page 6: Nº 116. Setembro 2015. Distribución gratuíta Asinan a tregua ...Nº 116. Setembro 2015. Distribución gratuíta EmprEsA Asetem reparte 1.800 € en vales entre as Anpas de dous

6 Empresa Cerne 116. Setembro 2015

DANiEL bLANCO AyuDE, ALuMiNiOS bLANGAR

“A seriedade e o traballo ben feito son asclaves para que unha empresa funcione”Ten sobre del a responsabilidade de continuar cunha empresa con 41

anos de historia: Aluminios Blangar. Máis alá diso, son poucos os medos

cos que Daniel Blanco afronta esta nova etapa da vida: “mentres haxa

traballo, polo resto non teño problema”. Curtido no oficio por seu pai,

que fundou a empresa en 1974 cando as carpinterías de aluminio

eran unha novidade, avanza con paso firme e as ideas claras, buscando

modernizar a xestión e amparándose nos consellos de quen estivo catro

décadas “dando o callo”. Ben sabido é que “a experiencia vale moito”.

Daniel blanco colleu as rendas de Aluminios blangar trala xubilación de seu pai

“É unha gran satisfacción vercomo está unha

obra cando chegas e comoqueda despois”

“Poñemos pezasde calidade;

nunca miramoso prezo, senónque o materialsexa do mellor”

- Non todas as empresaspoden presumir de pasardos corenta anos. Debensentirse orgullosos...-Daniel Blanco (D.B.): Averdade é que si. Ademais ocorenta aniversario coincidiucun cambio importante para aempresa, xa que meu pai sexubilou e quedei eu á fronte detodo. Xa non está aquí peropor detrás axúdame e dámemoitos consellos. De feitocada vez que teño unha dúbidasempre lle pregunto a el,porque xa se sabe que a expe-riencia vale moito… El foi oque estivo dando o callo os40 anos, dende que chegou deSuíza e fundou a empresa en1974. Foi un pioneiro porque,sacadas as grandes cidades,non había ningunha carpin-tería de aluminio por aquí.

- sempre tivo claro quecollería o seu relevocando se xubilase?-D.B.: Si, de feito meu pai xame levaba preparando dendehai anos; xa o acompañabamedir e íame dando nocións.É necesaria unha persoa queche bote unha man ao prin-cipio e aínda o teño aí paraaconsellarme. Aínda que eu xalevaba doce anos traballandona carpintería e nada me re-sultaba descoñecido, a historiacambiou bastante: agora soneu o que ten que ter todo baixocontrol e a responsabilidadeé outra.

- Cal foi o maior medo quetivo que afrontar ante ocambio?-D.B.: Pois que non houbesetraballo. Mentres teñamostraballo, polo resto non haiproblema. Ás veces os cambiostamén serven para mellorar.Modernizámonos bastante,por exemplo, que era algonecesario porque senón nonimos a ningún lado: xestio-

namos os pedidos por orde-nador, deixamos de anotar áman en cadernos e levamos uncontrol do stock. Son peque-nos cambios que xa fixemos.

- Como vai a carga detraballo despois destesanos difíciles para todasas empresas?-D.B.: Agora levamos algomáis dun ano bastante ben,pero os catro anteriores foronmortais. Reducimos á metadea plantilla: eramos 9 e queda-mos 4. Agora somos 5. isoreflexa como evolucionou asituación dos últimos anos.Seguíanse dando os mesmosorzamentos pero non se acep-taban. Se agora entre un 60%-70% dos orzamentos quedamos son aceptados, anosatrás era o 30% máis ou me-nos, o xusto para manter aempresa a flote.

- Cal é a clave para queunha empresa funcione? -D.B.: Traballar ben, pero so-bre todo a seriedade: dicir queo fas e facelo, arranxar o quequede mal e deixar o clientesatisfeito. Despois tamén é im-portante saber tomar deci-sións atinadas. No noso casohaberá 15 anos tiñamos tantotraballo que pensamos en am-pliar as instalacións, mercarmaquinaria e contratar xente.Ao final non o fixemos e foiunha decisión acertada porqueaxiña chegou a crise e non nospillou o tren, como lle pasou amoita xente. Foi unha apostaconservadora pero segura.

- Que traballo fan exac-tamente no seu tallere que ámbito xeográficocobren? -D.B.: Traballamos o alumi-nio: ventás, portas, mobles

para interiores, cubertas paraterrazas, estruturas metálicasen exteriores… o que non face-mos son, por exemplo, por-talóns ou traballos máis rela-cionados coa ferraxería. Nóssomos unha carpintería. Amaioría dos nosos clientesestán en Melide, Arzúa e Pa-las. Tamén traballamos algopara Santiago, algo para Lugoe moito para A Coruña. Alí haimoita xente de Melide pero, áparte diso, cada vez que imossempre volvemos con dúas outres obras contratadas grazasao boca a boca, a publicidadeque funcionou toda a vida.

- Que diferencia a Blangarda competencia? -D.B.: A calidade. Non voupoñer unha ventá máis baratasimplemente por competir eporque ma dean a facer a min.A ventá que ofrezo é porque

responde á calidade coa queeu quero traballar e porqueé de garantía. Meu pai xa foiasí tamén toda a vida; nuncamirou ao prezo senón a que omaterial fose bo. Nós quere-mos evitar problemas, non nosgusta colocar unha peza e terque volver ao cabo dun mesporque entra a auga, o aire ouporque non pecha ben. Quere-mos chegar, colocala en condi-cións e que dure toda a vida.

- se non se dedicara aisto, que outro traballofaría?-D.B.: Pois a verdade é quenon o sei. Estou moi cómodoneste traballo, lévoo moi ben.Gústame a carpintería e sobretodo ver o antes e o despoisdunha casa; como está candochegas e como queda candomarchas. É unha gran satisfac-ción profesional e persoal.

Page 7: Nº 116. Setembro 2015. Distribución gratuíta Asinan a tregua ...Nº 116. Setembro 2015. Distribución gratuíta EmprEsA Asetem reparte 1.800 € en vales entre as Anpas de dous

Publicidade 7Cerne 116. Setembro 2015

al comprar tus mógraduadas

con

GRATIS2

77€

asgafas

Ronda de A Coruña, 2015800 MelideA Coruña

www.multiopticas.com

22 asgafas

asGRAal c

TISGRAGRATIS

aduadasompr móar tus ompraduadas

al c

gafTIS

cgrgr

c

€7777€

on gr

con aduadas

caduadas

15800 Ronda de A Coruña, 20

MelideRonda de A Coruña, 20Ronda de A Coruña, 20

.multiopticas.cwww

A Coruña15800

om.multiopticas.c

A CoruñaMelide

Page 8: Nº 116. Setembro 2015. Distribución gratuíta Asinan a tregua ...Nº 116. Setembro 2015. Distribución gratuíta EmprEsA Asetem reparte 1.800 € en vales entre as Anpas de dous

8 Empresa Cerne 116. Setembro 2015

ENTREGA DE AGASALLOS AOS CLIENTES PREMIADOS NO VI “MELIDE DE TAPAS”

- Fotos antigas do Catastro de Melide- Concentración parcelaria- Legalización de pozos, traídas de

auga, etc...

JAVIER LÓPEZ LÓPEZENXEÑEIRO TÉCNICO AGRÍCOLA - Colexiado 1049

- Partición de herdanzas (partixas)- Informes periciais e valoracións- Proxectos agrícolas

Tfno./ Fax: 981 50 54 82 - Móbil 639 82 00 24 - E-mail: [email protected]úa Xosé Ramón Fdz. Castro, 14 - 15.800 MELIDE (A Coruña)

peritosmelide.blogspot.com.es

- Medición de terreos- Catastro- Segregacións e agrupacións- Imposto de sucesións

Xa hai algún tempo que rema-tou a sexta edición do Melidede Tapas, pero algúns dosclientes que se achegaron ataos bares da vila para probalasde seguro que aínda se lem-bran delas. Son as persoas queganaron algúns dos premiossorteados nesta edición e queao longo do mes de agostorecibiron os seus agasallos,achegados desinteresada-mente por varias casas comer-ciais que colaboraron conAsetem, entidade organiza-dora da ruta de tapas.

Sen dúbida o matrimonioformado por begoña Val eJosé Luis Pereira (1), residen-tes na Coruña pero con raícesen Melide, foi o máis afortu-nado. Home e muller ganaroncadanseu premio e puiderongozar xa que logo dunha noitecon cea e almorzo incluídosno Pazo de Eidián (Agolada) edunha estancia con acceso aospa no Hotel Louxo (A Toxa).O resto de premios, máis vin-culados aos produtos da terra,quedaron todos por Melide:Santiago Prado (2) recibiu unlote de zumes e viños de CasaAlongos e Gloria Galego (3)unha cesta con produtos debodegas Mejuto. A Denomina-ción de Orixe Protexida Arzúa-ulloa tamén quixo colaborarcon dous lotes de queixos, queforon parar a mans de LorenaFisteus (4) e Mónica Sexto(6), ámbalas dúas veciñas deMelide. Tamén residente navila é José Luis barrio (5), queresultou premiado cun lotede produtos cedido por indus-trias Cárnicas García.

A próxima ruta de ta-pas celebrarase en novembro.

1 2

43

5 6

Page 9: Nº 116. Setembro 2015. Distribución gratuíta Asinan a tregua ...Nº 116. Setembro 2015. Distribución gratuíta EmprEsA Asetem reparte 1.800 € en vales entre as Anpas de dous

Empresa 9Cerne 116. Setembro 2015

EmprENDEDorAs EN mELIDE

-Como definiría o comer-cio que acaba de abrir?-Estrella Gómez (E.G.): Éunha tenda de roupa para mu-ller e home na que procurei in-corporar novos estilos,prendas cun toque diferente ásque se poden atopar noutroscomercios de Melide. Aposteipor estilos máis rechamantes ecores vivas sen esquecer tam-pouco as liñas máis clásicas.Tamén hai gran variedade detallas; abarcamos dende a XSata a 58. A tenda está enfocadamaiormente para público xo-ven aínda que persoas madu-ras ás que lles guste vestirmoderno tamén poden atoparcousas perfectamente.

-A clientela da comarca éconservadora á hora devestir?

-E.G.: Creo que si e, de feito,ese era un dos medos que tiña.Cando collín a tenda pensei:“voume atrever con estasprendas cando o meu públicoé maioritariamente clásico?”.Pero á xente estalle gustando.Ve que son cousas diferentes,que non é máis do mesmo e demomento atrévese. As novida-des sempre gustan.

-Que roupa vén para atempada outono-inverno? -E.G.: Vai ser unha tempadamoi colorida, como foi o ve-rán. Aínda que cambiemos deestación seguiremos nesa di-námica, co granate e o mos-taza como cores estrela.Levaranse moito os vestidos eos monos.

-para ter unha tenda de

roupa é necesario que cheguste a moda? -E.G.: Si, tenche que gustar.Por exemplo, é moi compli-cado ir a unha colección e pa-sar horas mirando prendas edecidindo cales levas para atenda se non é algo que chegusta. Para min é unha daspartes máis difíciles deste tra-ballo, porque non só te podesfiar dos teus gustos. De feito,as prendas que menos me gus-tan a min son as que mellorsaída teñen na tenda (ri).

-sempre tivo claro que seía dedicar a isto?-E.G.: Realmente empecei es-tudando educación infantilpero por circunstancias davida comecei a traballar nestesector e cada vez foime gus-tando máis. Os clientes acaba-

ron por converterse nunha pe-quena familia e fun deixandode lado o resto. Fun come-zando nisto e cando me dei deconta xa estaba metida nunnovo papel e non había mar-cha atrás. Pero estou contentaco camiño que escollín.

-Ten algunha oferta ou

ESTRELLA GóMEz RAMOS, “STARDEMODA” (R/ San Pedro, nº 10)

“Apostei por novos estilos e prendasdiferentes ás que se ven por aquí”

promoción vixente? -E.G.: Con certa frecuenciafago descontos e ofertas en de-terminadas prendas con des-contos entre o 10% e o 20%: asemana do vaqueiro, a semanado vestido... Recomendo visi-tar a tenda cada pouco tempoporque sempre hai algunhapromoción interesante.

Page 10: Nº 116. Setembro 2015. Distribución gratuíta Asinan a tregua ...Nº 116. Setembro 2015. Distribución gratuíta EmprEsA Asetem reparte 1.800 € en vales entre as Anpas de dous

10 Publicidade Cerne 116. Setembro 2015

CARNICERÍA

MELIDERda. Pontevedra

42 - 44

TENREIRA GALEGA 100%

AMPLA SELECCIÓN DE QUEIXOS CARNE AO CORTE DE 1ª CALIDADE

EMBUTIDOS DAS MELLORES MARCAS

XAMÓNSTORRE DE

NÚÑEZ

Calidade, prezo e bo servizo

www.torredenunez.com

José Ángel López Sánchez Tlf.: 618 21 98 32

A partir de outubro por compras

superiores a 15 €, DESCONTOS

do 10 % en todos os produtos

Solicita a túaTARXETA-CLIENTE

Page 11: Nº 116. Setembro 2015. Distribución gratuíta Asinan a tregua ...Nº 116. Setembro 2015. Distribución gratuíta EmprEsA Asetem reparte 1.800 € en vales entre as Anpas de dous

A Asociación de EmpresariosTerra de Melide (Asetem) vénde presentar un escrito naDemarcación de Carreteras doEstado en Galicia para solici-tar que se revisen os límitesde velocidade instalados esteverán na estrada que comu-nica a vila con Santiago.

A patronal melidense to-mou a iniciativa, logo de reci-bir numerosas queixas porparte de veciños e empresa-rios, co obxectivo de transmi-tirlle á administración central“a inquedanza provocada polarecente reforma na sinaliza-ción da N-547”. Os cambiosacometéronse despois de queno mes de xuño falecese atro-pelada unha peregrina no con-cello do Pino. A día de hoxe,no tramo comprendido entreMelide e Lavacolla, cunha lon-xitude de 42 km, contabi-lízanse ata 32 sinais de limita-ción de velocidade a 70 km/he un bo número de tramoslimitados a 50 km/h, ao quehai que engadir os correspon-

Profusión de sinais nun tramo da estrada a Santiago

Asetem pide que se revisen os límitesde velocidade da estrada a santiago

dentes indicadores de fin delimitación.

Todo isto, segundo trasla-dou Asetem no seu escrito,provoca “unha enorme confu-sión e dificulta a conduciónsegura”. O colectivo de em-presarios considera que oscambios na sinalización serealizaron “dun xeito apresu-rado e pouco meditado” ealertan de que “a errática e

excesiva limitación de velo-cidade” na principal vía decomunicación con Santiagotamén limita os negocios davila no desenvolvemento dasúa actividade diaria.

En base a esta argumenta-ción, Asetem pide “que seproceda a valorar e modificar”a sinalización sen deixar de teren conta que a N-547 “é unhavía con moitos sinistros”.

O pasado 14 de setembro deron comezo as obras de reformado Multiusos que permitirán transformar 300 metros cadradosdo edificio nun viveiro para empresas. Habilitaranse cinco des-pachos, unha aula de formación, un espazo común de descansoe reunión, un baño, un vestíbulo e unha zona de administración.Cada un dos despachos terá unha superficie de entre 15 e 20metros cadrados e estará equipado con todos os servizosnecesarios para poder traballar nel.

Ademais das obras necesarias para construír o viveiro deempresas tamén se procederá a cambiar as fiestras co obxectivo,segundo o goberno local, de “incrementar o confort no centrode traballo e o aforro enerxético en calefacción”.

o multiusos cambia de lookpara acoller novas empresas

O espazo en obras empregábase ata agora para facer ximansia

Melide 11Cerne 116. Setembro 2015

As máquinas traballan por finna rúa San Antón. Longamentedemandadas e non exentas depolémica, as obras de melloranesta rúa do casco histórico co-mezaron finalmente máis tardedo previsto por decisión dosveciños, que acordaron esperara que pasase o verán para evi-tar posibles prexuízos nos ne-gocios que hai na rúa. Agora,cun prazo de execución de tresmeses, agárdase que conclúanantes do Nadal.

A alcaldesa, Ánxeles Váz-quez, ve nelas a evidencia deque “o equipo de goberno nonfalla á súa palabra” e ponastamén como exemplo a seguiren futuras actuacións na zonavella: “vanse facer da mellormaneira posible para que que-den como se merece o cascohistórico”, dixo en declara-cións á radio municipal, “istoé a primeira pedra de todosos arranxos que levaremos acabo”. Na mesma liña, e xaantes de adxudicar as obras, o

Os traballos rematarán previsiblemente antes do Nadal

As obras de san Antón marcarán aliña a seguir na mellora da zona vella

goberno local puxo especialénfase en recalcar que os tra-ballos se farían “poñendo envalor a calidade ambiental dotrazado urbano” e a “arquitec-tura tradicional” da rúa.

As obras en San Antón, cunorzamento de 126.329 euros,contemplan a separación deaugas pluviais e fecais, o sote-rramento do cableado que ata

agora ía pegado ás fachadase a colocación de pavimentode granito, con adoquíns nocentro e lousas a xeito de bei-rarrúa nos extremos.

Sobre a reorganización dacirculación de vehículos, Váz-quez explicou que será unhavez que rematen as obrascando se decida “como vaitranscorrer o tráfico na zona”.

La Voz de Galicia

INVESTIMENTOS

O Concello de Melide acaba de aprobar un proxecto para arenovación do sistema de iluminación pública en varias rúassituadas nas marxes da Ronda de Pontevedra. Ten un orza-mento de 58.078 euros e un prazo de execución de tressemanas, de xeito que se prevé que os traballos estean re-matados antes do 15 de outubro. As rúas nas que se cambia-rán ou instalarán novas lámpadas son: Melide di Lugano,Rosaleda, irmáns Garceiras, irmandiños, Camiño Real, RúaPaz, Rúa Furelos, Rúa Vigo, Mejuto Cordido, Folicheiro,Campo Grande e Eduardo Turner. Segundo o goberno local,estas melloras tamén permitirán solucionar os problemasnalgúns cadros eléctricos que estaban sobrecargados.

Renovación da iluminación

Como vén sendo habitual o Concello aproveitou o períodode vacacións escolares para acometer obras de mellora noscentros públicos da vila. En concreto, no CEiP Mestre Pastorbarral procedeuse ao levantamento dun muro de separaciónno patio, algo que viñan reclamando dende a ANPA para unmellor desenvolvemento do tempo de ocio dos cursos deinfantil. No colexio Nº 2 procedeuse á eliminación de humi-dades e filtracións no ximnasio. Por outra banda, na escolainfantil municipal instalouse un tendal novo, pintáronse tresaulas e revisouse a instalación eléctrica. No conxunto deactuacións investíronse preto de 12.000 euros.

Posta a punto dos colexios

CARNICERÍA

Page 12: Nº 116. Setembro 2015. Distribución gratuíta Asinan a tregua ...Nº 116. Setembro 2015. Distribución gratuíta EmprEsA Asetem reparte 1.800 € en vales entre as Anpas de dous

12 Melide Cerne 116. Setembro 2015

Os membros da comisión doSan Roque 2015 continuaránno cargo e organizarán as fes-tas de 2016 se non son quen deafrontar todos os gastos destaedición.

iso é o que se desprende daspalabras do presidente docolectivo, Alberto buján, pre-guntado pola posibilidade deque repitan as mesmas carasá fronte dos festexos máisimportantes da vila: “nós com-prometémonos a facer as me-llores festas posibles e dixemosque se non as damos pagadonun ano, as imos pagar endous”. De ser ese o caso,adianta, “negociariamos cosrepresentantes un segundoano para acabar de pagar”.

Polo de agora o presidenteda comisión avanza que “haiun pequeno déficit” pero evitaconcretar a cifra á espera depechar por completo as con-tas: “non sabemos exacta-mente canto porque haicousas que aínda non se paga-ron e outros ingresos que esta-

Membros da comisión 2015 no palco do Combo Dominicano

A comisión do san roque repetirá se as festas deste ano deixan déficit

mos pendentes de recibir”. Aorespecto, buján explica queo San Roque deste ano se or-ganizou en dous meses e isomotivou que a comisión arris-case moitos cartos, xa que“contratamos sen ter nadaasegurado”. Nesa liña engadeademais que se meteron nunpresuposto “multiplicado” conrespecto a anos anteriores e“sen ter un só euro”.

Balance “moi positivo”Á marxe das contas a comisiónquedou moi satisfeita co resul-tado do San Roque 2015: “Me-lide necesitaba unhas festas denivel e creo que demos unhaimaxe bastante boa”, sinalabuján, “a afluencia de xente foimoi superior á doutros anose tanto a hostalería como asempresas e os veciños queda-ron moi contentos”.

O Centro de información á Muller de Melide continúa a traballarpara promover o acceso das mulleres rurais ao emprego e aoautoemprego. Cara a ese obxectivo foron enfocadas dúas dasúltimas actividades desenvolvidas por este departamento depen-dente da Concellería de igualdade. unha delas foi un cursogratuíto enmarcado no proxecto Ruralnet que, baixo a o título“Orientación e asesoramento a mulleres rurais”, tratou de ache-garlle ás participantes algunhas claves para conseguir traballo.

Por outra banda tamén se organizou unha acción formativade 250 horas de duración, denominada “Tu vida en un click”,onde se impartiron coñecementos sobre comercio electrónico,marketing online e deseño de sitios web.

Iniciativas para fomentar oemprego feminino no rural

Mulleres participantes no programa “Tu vida en un click”

Non falta en melide ondeaprender a botar unha baila

O baile é sen dúbida a actividade estrela na oferta de diferentesasociacións da vila para o curso 2015-2016. Os colectivos Alecríne Catasol ofértano na modalidade de salón, mentres que HerbaGrileira e as Escolas Deportivas do Concello o fan na vertentetradicional. O prazo de inscrición está xa pechado para asactividades ofertadas dende o consistorio pero non así para asdas asociacións, que ademais do baile tamén impartiráneste curso clases de pandeireta, pintura, bolillos, ximnasia,gaita, acordeón, pastelería, maquillaxe, aerobic, tenis ou artefloral, entre outras. As persoas interesadas en asistir algunhadelas, poden inscribirse chamando aso seguintes teléfonos:699 12 04 65 (Alecrín), 981 50 59 37 (Catasol) e 606 04 71 85(Herba Grileira).

O bNG de Melide denunciaque o PP está a incumprirde xeito “reiterado” a Orde-nanza Municipal de Nor-malización Lingüística queo propio partido aprobouno ano 2001. O portavozdos nacionalistas, Xoséigrexas, sinala que “a acti-tude mantida polo PP epola súa alcaldesa duranteo seu mandato en prol dadefensa do galego foi mer-mando considerablemente,chegando neste ano a serun ataque contra a norma-lización do noso idioma”.En concreto, dende o bNGdestacan o feito de que oprograma da feira medievaldo San Roque estivese es-crito integramente en cas-telán, algo que consideran“unha irresponsabilidade”.

o BNG esixeque se cumpraa ordenanza denormalización

Esixen explicacións sobre osaneamento do polígono

O bNG quere saber se aXunta de Galicia ten pre-visto poñer en marcha “me-didas reais” para garantira depuración integral deresiduos no polígono daMadanela. Pide ademais quese expliquen as actuaciónsprogramadas e se concretendatas e prazos de execución.

As preguntan están xasobre a mesa do gobernoautonómico á espera deresposta logo de que a depu-tada nacionalista Ana Pon-tón as formulase o pasadomes de agosto no Parla-mento galego, no que foitamén un intento por visibi-lizar o que para o bNG cons-titúe “unha falta de intereseda Xunta por abordar esteproblema a pesar dos anun-cios realizados nos últimosanos”.

O problema en cuestiónque denuncia o bNG é a “si-

tuación insostible” derivadada ineficiente depuración deresiduos no parque empre-sarial, o que se traduce “envertidos moi frecuentes aosríos”. Para os nacionalistastrátase dun “grave problemaambiental” que Melidearrastra dende hai máis dedúas décadas “sen que seteñen adoptado medidaspara solucionalo”.

Na súa argumentación,Pontón recórdalle á Xuntaque dende 2011 se levananunciando intervencións endiferentes fases para separarprimeiro as augas fecais daspluviais e posteriormente ca-nalizar os vertidos dende opolígono á depuradora muni-cipal sen que polo momentose teña completado a xestiónintegral dos residuos. Advirteademais que se está a incum-prir a lexislación en materiade augas.

Page 13: Nº 116. Setembro 2015. Distribución gratuíta Asinan a tregua ...Nº 116. Setembro 2015. Distribución gratuíta EmprEsA Asetem reparte 1.800 € en vales entre as Anpas de dous

Melide 13Cerne 116. Setembro 2015

JOSÉ GARCíA PENASDecano do Colexio de Delineantes da Coruña

Nacido en Palas de Rei, criado en Santiso

e tras vinte e catro anos de actividade

profesional desenvolvida integramente

en Melide, José García Penas acaba de

converterse en decano do Colexio de

Delineantes e Técnicos Superiores Proxec-

tistas da Coruña. Asume o cargo con ideas

claras, iniciativas concretas e a intención

de conseguir maior implicación e unión en-

tre os profesionais do sector na provincia.

- Que o levou a implicarseno labor do Colexio deDelineantes?-José García (J.G.): Sem-pre me dediquei á profesiónde delineante e á topografía,dende que rematei o servizomilitar e me puxen a traballar.Foi o que me deu de comer, coque criei aos meus fillos e loitopola profesión porque é o meupan. No colexio ingresei en1.991 e sempre colaborei conel porque notaba que eramosun colectivo pouco unido e quenon había interese. Ofrecé-ronme en varias ocasións en-trar na directiva pero non foiata hai dous anos que accedína implicarme un pouco máis.

- por que decidiu dar unpaso adiante e asumir res-ponsabilidades?-J.G.: influíron varios facto-res: xente que se xubilou, unhaserie de problemas que xur-diron, discrepancias, persoasque facían unha oposición moidura dende dentro... en defini-tiva, foron xurdindo situaciónsdesagradables que derivaronna conformación de diferentesalternativas. O 17 de xullo cele-bráronse eleccións á presiden-cia do Colexio e eu encabeceiunha das candidaturas. Gana-mos co 65% dos votos. O 30de xullo tomamos posesión eagora empezaremos a traballarnesta nova etapa coa respon-sabilidade de responder antea xente que nos apoiou.

- por onde van comezaro traballo?-J.G.: unha das primeiras me-didas vai ser establecer ovisado electrónico, que é algomoi demandado polos autóno-mos. De feito, xa estamos fa-cendo as xestións necesariaspara implantalo e esperamospoder sufragar o custo econó-

mico que suporá. Con iso sim-plificaremos e axilizaremosos trámites para, por exemplo,facer o proxecto de segrega-ción dunha actividade ou amedición dunha finca. Agorahai que ir á Coruña cos papeisfísicos, pedir cita, esperar aque os revisen e volver busca-los, o que supón unha perdade tempo. Tamén queremosactualizar os estatutos e traba-llaremos para achegar o colexioaos profesionais e suscitar in-terese na xente, xa que vemosque hai moi pouca implicación.Este mes xa imos empezar conreunións en diferentes puntosda provincia.

- supón a falta de corpora-tivismo unha traba parao colectivo?-J.G.: Penso que si. De feitooutra das cousas polas quequeremos loitar, que é un pro-blema gordo que temos dendehai anos e que vén propiciadoen parte por esa desunión en-tre nós, é o tema das compe-tencias profesionais. Semprehoubo problemas entre peritos,aparelladores, arquitectos, to-pógrafos… porque non haiunha norma clara que esta-

bleza ata onde pode chegarcada un. Chegas cun proxecto edependendo do concello, daadministración ou do técnicomunicipal vaiche pedir unhacousa ou outra. Eu xa levotempo traballando niso e vouintentar que haxa unha lei au-tonómica ou estatal que esta-bleza o que pode e non podefacer cada profesional. Vainoslevar moito tempo pero ímolopelexar.

- supoño que o sector le-vou un pau forte coa crise.Como se atopa nestes mo-mentos? -J.G.: Si, levou un pau forteque se acentuou porque apare-lladores e incluso arquitectosfan medicións de fincas e ou-tros traballos que en época debonanza non collían. Onde te-mos un filón os autónomosé no tema do catastro, que enxeral está moi mal feito. Pararexistrar ou vender unha fincao notario pídeche unha certifi-cación e se non coincide, o quepasa na maioría dos casos,hai que corrixilo. Esa é a vía deescape que temos. Agora amaioría do traballo consiste enarranxar cousas que están mal.

“Un dos maiores problemas do sectoré a desunión que existe entre nós”

O pasado 12 de setembro concluíron as xornadas de limpezado río Furelos que anualmente organiza a Asociación de Troi-teiros e que chegaron xa á 11ª edición. Durante tres sábados,catorce voluntarios foron recollendo todo o lixo que atoparonno leito do río e na súa ribeira ata sumar un total de 350 qui-los, 150 dos cales foron retirados nunha soa xornada. Nesacantidade non se incluíron dous rolos de herba seca para cuxaextracción foi necesaria a colaboración de labregos con trac-tor. Polo demais, recolleuse un televisor, un teléfono móbil,un parasol, unha uralita e os recorrentes plásticos do silo,botellas, arames e bolsas. Rematada a limpeza, durante o pró-ximo mes a asociación de troiteiros rozará os accesos ao río.

once anos despois seguehabendo lixo no Furelos

Algúns dos voluntarios con sacos cheos de lixo recollido do río

melide vs Lalín

FoTo-DENUNCIA

A guerra está servida. Non é de almofadas, senón de papeis,pero en todo caso tamén ten unha alta compoñente infantil.É unha batalla cibernética, con acusacións cruzadas no Fa-cebook por ver quen empapela máis e mellor. Os de Lalíndisparan pouco pero ao centro da diana: paredes de edificiose de negocios comerciais son o seu branco preferido. Os deMelide aplican a estratexia de arramplar con todo por ver seasí suman máis puntos. No fragor da contenda uns e outrosesquécense de aplicar as regras básicas; as do sentido común.

Page 14: Nº 116. Setembro 2015. Distribución gratuíta Asinan a tregua ...Nº 116. Setembro 2015. Distribución gratuíta EmprEsA Asetem reparte 1.800 € en vales entre as Anpas de dous

14 Comarca Cerne 116. Setembro 2015

Logo de cinco días con folga deentregas e bloqueo de indus-trias lácteas, precedidos de ma-sivas tractoradas en diferentespuntos de Galicia, os gandeirosdepoñen temporalmente assúas armas ao seren atendidasalgunhas das reivindicaciónsque consideran básicas paragarantir un prezo mínimo doleite e a rendibilidade das súasgranxas: derrogar os contratosá baixa asinados nos últimosmeses, aplicar un índice decustos de produción, a entradaen vigor dun modelo de con-trato único para todas as em-presas e poñer en marcha undecreto que permita sancionara quen incumpra as regras.

Atentos aos movementosda distribución e á espera deque estes compromisos seplasmen sobre un papel e se-xan firmes, os gandeiros para-lizan temporalmente as súasprotestas. Tamén en Melide,que na última semana foi oepicentro das mobilizaciónsna comarca co bloqueo no po-lígono da Madanela da plantade Lasurgal, dedicada á trans-formación de soro. Máis de70 tractores permanecerondurante cinco días no parqueempresarial con quendas or-ganizadas de gandeiros dis-postos a aguantar “o que fagafalta e a tirar o leite un mes,dous ou catro se é necesario”.

As súas palabras e as con-versas no tempo morto sacaroná luz durante os días de pro-testa o cansazo e a desespe-ración por unha situación reco-rrente que pon en xaque o seufuturo: “hai moi pouca xenteque viva só do leite. Se aguan-tamos é porque hai pensiónsna casa ou outra fonte de ingre-sos”, di María, unha gandeirade Arzúa que está á frontedunha explotación de vintevacas. A ela estalle pagandoFeiraco o litro de leite a 25 cén-timos de euro e á súa compa-ñeira Dolores, tamén de Arzúa,Lactalis págalle 27 céntimos.“Por debaixo de 34 é imposiblevivir disto”, asegura.

As dúas coinciden en quedetrás duns prezos tan baixosen orixe está “o complot” dasindustrias lácteas e os contra-tos “abusivos” que se ven naobriga de asinar. “No mes deabril tiven día tras día a un co-mercial de Logística Alimenta-

ria na miña casa”, explica Ma-ría, “ e presionábame para queasinara un contrato polo queme comprometía a compensa-los economicamente polo leiteque deixara de entregar se nono cumpría. Dixéronme que isoera ilegal, non firmei e despoisvinme negra para atopar outraempresa que me quixera reco-ller o leite”.

Tanto ela coma o resto degandeiros opinan que tralaliberalización do mercado enabril deste ano “foi indo todoa pique” e quéixanse de quemoitos labregos aínda estánpagando os préstamos quepediron para aumentar unhascotas de produción que agoranon existen. “Aínda non pasouun ano dende que me presiona-ban para que mercara máiscota e non pagar multas”, di ungandeiro de Toques, “agorasigo pagando para nada, paraalgo que non existe”. E a frus-tración aumenta ao botar avista atrás: “a miña nai recollí-anlle o leite cando aínda nonhabía pistas e xa llo pagabancomo o están pagando agora”.

Expectación entre os gandeiros trassuspender os bloqueos á industria

Gandeiros bloqueando a planta de Lasurgal en Melide

“O Concello de Sobrado apoia aos gandeiros”. Muralla de Lugo

“non abonda con ganar esta partida, hai que cambiar as regras do xogo e o taboleiro”

Reparto de leite en boimorto o 13 de setembro

APOSTA POLOS DERIVADOS LÁCTEOS

O acordo acadado no cumio dosector lácteo en Madrid e osavances posteriores son vistoscon recelo por moitos gandeiros,acostumados a constantes flu-tuacións nos prezos: “isto vai du-rar ata as eleccións”, vaticinaManuel, un gandeiro de Melideque participou activamente nasprotestas, “unha vez que pasenbaixarán os prezos ata que aindustria recupere todo o quesuba agora”.

Na súa opinión conformarse“cunha simple subida de prezos”sería “unha catástrofe” e cre quehai que seguir loitando para“cambiar as regras do xogo e otaboleiro, non só para ganar estapartida”. Considera tamén im-portante a implicación de todaa sociedade na problemática dosector lácteo e por iso tomouparte no reparto gratuíto de leiteque organizaron varios gandeiros

da comarca o 13 de setembro en boimorto: “foi unhaentrega simbólica que fixemos para facer visible a nosaprotesta e pedir a solidariedade da sociedade”, explicaconvencido de que o prezo do leite non só é cousa dosgandeiros. Esa mesma idea comparte Daniel, propieta-rio dunha granxa de 40 vacas en Toques: “nós somosas raíces do país. O do penso, o leiteiro e as tendaspoden pechar todas ao día seguinte se faltamos nós,porque aquí do que se vive é do campo, iso está claro”.

En pleno conflito do sector leiteiro a conselleira do MedioRural, Rosa Quintana, e o Conselleiro de Economía, Fran-cisco Conde, acompañados pola alcaldesa de Melide, visita-ron a planta de Lasurgal no polígono da Madanela. Fixéronopara anunciar un investimento económico de 3,6 millónsde euros que permitirá que o complexo pase de transformar31 millóns de quilos de leite na actualidade a transformar140 millóns ao cabo de cinco anos.

Os titulares da Xunta ven en Lasurgal o exemplo docamiño que hai que seguir para garantir o futuro do sectorlácteo galego: “as cooperativas están tendo a visión de que ofuturo non só pasa pola súa participación na produción deleite, senón particularmente por ese esforzo da transforma-ción e polo tanto de xerar valor engadido”, explicou Fran-cisco Conde. Ao mesmo tempo, o conselleiro de Economíaaproveitou para recalcar que a Xunta apoiará “calquera pro-xecto que poida haber en Galicia para consolidar o sector in-dustrial lácteo”. Pola súa banda, a responsable de MedioRural destacou durante a súa visita que o goberno galegoleva moito tempo traballado polo sector e que agora, con ini-ciativas como a de Lasurgal, “vense os froitos dese traballo”.

Visita dos conselleiros de Economía e Medio Rural a Lasurgal

Page 15: Nº 116. Setembro 2015. Distribución gratuíta Asinan a tregua ...Nº 116. Setembro 2015. Distribución gratuíta EmprEsA Asetem reparte 1.800 € en vales entre as Anpas de dous

Publicidade 15Cerne 116. Setembro 2015

AVOGADOS

����������������

���������������������

R/ Luis Seoane, 2 - 2ºTlf. 981 506 455 – Móbil 661 58 00 04

������

C. 1678

C. 711

Tlf: 982 153 232 / 679 035 713

Page 16: Nº 116. Setembro 2015. Distribución gratuíta Asinan a tregua ...Nº 116. Setembro 2015. Distribución gratuíta EmprEsA Asetem reparte 1.800 € en vales entre as Anpas de dous

16 Comarca Cerne 116. Setembro 2015

Das arcas do Concello de San-tiso saen anualmente arredorde 100.000 euros para facerfronte ás facturas de electrici-dade dos farois e edificios pú-blicos, unha “fuga de cartosimpresionante”, en palabras doalcalde, Manuel Adán, á que ogoberno local quere poñer freo.

Para iso o executivo muni-cipal prevé iniciar este ano arenovación das lámpadas detodos os farois que hai no Con-cello. Substituiranse as actuaisbombillas de vapor de sodioe mercurio por outras de tecno-loxía led, o que permitirá rebai-xar a factura ata os 40.000euros anuais, segundo as es-timacións dos técnicos. “Oque estamos pagando é unhabarbaridade e cun aforro de60.000 euros anuais podemosfacer moitas outras cousas”,explica o alcalde, quen com-para a factura coa de Palas deRei, que pese a dobrar a San-tiso en poboación paga 36.000euros ao ano pola iluminación.

A primeira fase da renova-

iluminación pública no campo da festa da Ponte

santiso inicia o cambio de lámpadaspara aforrar 40.000 € anuais en luz

A Consellería de Traballo e benestar financiará un proxecto dedinamización rural en Santiso que ten por obxectivo acondi-cionar dúas parcelas de monte na parroquia de Serantes e facerque terreos abandonados volvan ser produtivos. Detrás destainiciativa apoiada pola Xunta atópase o grupo informal Asgaliñas da horta, no que participan arredor de 50 persoas,a maioría mozos e mozas por debaixo dos trinta anos.

A axuda entregarase a través do programa iniciativa Xove,co que a administración autonómica pretende investir un totalde 500.000 euros para financiar 150 proxectos en toda Galicia.En todos os casos a Xunta financia o 100% das iniciativas pre-sentadas cun orzamento máximo de 4.000 euros por proxecto.

A mocidade recupera monteabandonado en serantes

Visita da dir. xeral de xuventude (esq.) aos montes de Serantes

Adán insta á veciñanza a denunciar os vertidos ilegais

“Apelo á responsabilidade da xente; quen vexa que denuncie”.Con estas palabras o alcalde de Santiso, Manuel Adán, dá unpaso máis na loita que mantén a administración local por erra-dicar os numerosos vertedoiros incontrolados que hai no con-cello: “son un problema para todos e non podemos permitirque sigan proliferando”, dixo o rexedor ao fío da chamada deatención que fixo o PP sobre a existencia dun foco incontroladoen Ribadulla. “Xa había constancia del, xa se retirou, púxose uncartel con advertencias e volveron tirar lixo”, comentou Adán,que recordou ao mesmo tempo o custo económico que tenpara o Concello erradicar os vertedoiros: “limpar o de barazóno ano pasado custou 8.000 euros”.

Novo intento para eliminaro perigo das curvas do Toxo

Toques volve chamar ás portas da Deputación para buscar unhasolución ás problemáticas curvas do toxo que, situadas na estradaDP-4604 que une Melide con As Pías, constitúen un punto negrona rede viaria da comarca. “É moita a xente que xa se botou fóranesas curvas, que son especialmente perigosas no inverno e nosdías de xeada”, comenta Miguel buján, o tenente de alcalde. El eo rexedor do municipio, José Ángel Penas, trasladáronlle ao pre-sidente da Deputación a preocupación sobre este tema no marcodunha visita institucional que realizaron ao organismo provinciala principios de setembro. “Xa foron varios os gobernos locais queintentaron darlle xeito a iso e nalgún momento se fará”, apuntaconvencido buján, “aínda que seguro que llelo hai que recordar”.

O PP de Santiso volveullepedir ao executivo munici-pal que inclúa unha dassúas concelleiras na Xuntade Goberno Local e queaposte pola transparencia:“queremos que polo menosse nos deixe asistir, aíndaque sexa sen voz nin voto”,reclamou a edil popularCarmen Seijas. É a segundavez que o PP pide estarneste organismo que ten,entre outras, as facultadesde aprobar proxectos econtratación de obras, ex-pedientes e resolucións. Oalcalde, Manuel Adán, si-nala que “non é nada habi-tual” incluír á oposiciónneste organismo e aclaraque “as actas pódeas vercalquera porque son públi-cas”. Daralle unha respostaao PP no próximo pleno.

o pp de santisoinsiste en estar

na Xunta deGoberno Local

ción de lámpadas comezaráo vindeiro mes de outubrograzas a unha subvención doinega solicitada conxunta-mente con Palas de Rei. Afec-tará aos lugares de beigondo,Agro do Chao, Carballido,belmil, Saa e Pezobre.

Ao longo de 2016 e “candoadministrativamente se poi-da”, dará comezo unha se-gunda fase que se financiará

con parte dun préstamo daDeputación con condiciónsvantaxosas ao que se acolleuSantiso. Destinaranse 83.948euros a renovar lámpadasen barazón, Chorén, balada,Serantes, Novela e Liñares.

Os cartos restantes desepréstamo, 103.749 euros, em-pregaranse para amortizar dé-beda e liquidar outro préstamoque o Concello ten con Abanca.

O ano pasado retiráronse 82 toneladas de lixo en barazón O bipartito de Toques reuniuse cos responsables da Deputación

Page 17: Nº 116. Setembro 2015. Distribución gratuíta Asinan a tregua ...Nº 116. Setembro 2015. Distribución gratuíta EmprEsA Asetem reparte 1.800 € en vales entre as Anpas de dous

Publicidade 17Cerne 116. Setembro 2015

Este outono-inverno

Merca en MELIDE

Galaica Bisutería ArtesanalSan Pedro, 8Tlf.: 981 507 549

California 66Rosaleda, 5

Tlf.: 687 776 436Moda home-muller

Tu BoutikRonda de Pontevedra, 61

Tlf.: 881 956 394

Síguenos en

StardemodaSan Pedro, 10Tlf.: 626 564 902

Avenida de América, 3

981 50 90 85

10 % DE DESCONTO en roupa

para nen@s ata o 30 de setembro

Page 18: Nº 116. Setembro 2015. Distribución gratuíta Asinan a tregua ...Nº 116. Setembro 2015. Distribución gratuíta EmprEsA Asetem reparte 1.800 € en vales entre as Anpas de dous

18 Publicidade Cerne 116. Setembro 2015

- TODAS AS MATERIAS- TODOS OS NIVEIS- GRUPOS REDUCIDOS- AMPLITUDE DE HORARIOS

INGLÉS: DESDE OS 3 ANOS.CON PROFESORADO NATIVO

CIENCIAS: BIOLOXÍA, ECONOMÍA, MATEMÁTICAS, FÍSICA, QUÍMICA, DEBUXO...

LETRAS: GALEGO, CASTELÁN, LATÍN,HISTORIA, FILOSOFÍA, SOCIAIS...

IDIOMAS: FRANCÉS, PORTUGUÉS, INGLÉS, ALEMÁN, HOLANDÉS CON NATIVO.

TELÉFONOS: 981 505 252609 121 554

SAN ANTONIO, nº 5 - MELIDE

Jesús Segade Vilar, propietario de Adega O Mandil,coñecido esta-

blecemento hostaleiro da zona vella de Melide, foi nomeado recente-

mente Embaixador do Camiño de Santiago.

A distinción foille entregada pola Embaixada do Peregrino, da que

é fundador Ramón Pérez García, e concedéuselle en recoñecemento

á colaboración e apoio que Jesús Segade lle brindou á entidade

durante este mes de agosto.

O acto de imposición da medalla de embaixador realizouse á antiga

usanza, coa correspondente aperta de mans e o compromiso de

“Suso do Mandil” de seguir apoiando na medida das súas posibili-

dades o desenvolvemento do Camiño de Santiago.

Page 19: Nº 116. Setembro 2015. Distribución gratuíta Asinan a tregua ...Nº 116. Setembro 2015. Distribución gratuíta EmprEsA Asetem reparte 1.800 € en vales entre as Anpas de dous

Cultura e lecer 19Cerne 116. Setembro 2015

Que Toques ten unha xoia nacapela de San Antoíño haimoito tempo que se sabe, peropouco que as portas do monu-mento se abriron ao mundopara dar a coñecer as riquezaspatrimoniais e artísticas queatesoura. Menos dun mes,exactamente, dende que aprincipios de setembro desecomezo o programa de visitasguiadas coas que o Concello,en colaboración coa Deputa-ción da Coruña, pretende ex-plicar as orixes do conxuntomonumental e sobre todocontribuír “a coidar o patrimo-nio e poñelo a disposición dopúblico”.

Miguel buján, tenente dealcalde e responsable da áreade turismo, explica así o ob-xectivo dunha das primeirasiniciativas postas en marchapolo novo goberno de Toques,que veu motivada, en parte,polo “bo resultado” da restau-ración das pinturas murais doséculo XV que recentemente

se acometeu no interior dotemplo. “É unha caixa de sor-presas”, comenta buján, “euestiven aquí mil veces e cadadía descubro cousas novas”.

Á fronte das visitas, que songratuítas e se realizarán comomínimo ata finais de ano todosos sábados ás cinco da tarde,está Xosé Manuel broz, di-rector do Museo da Terra deMelide e un dos mellores co-ñecedores da capela, cuxa his-toria e características comezoua estudar en 1968. Malia asúa dilatada traxectoria comohistoriador e investigador dacomarca, esta é a primeira vezque desempeña o rol de guía:“lanceime de cabeza á pis-cina”, comenta con humor. Assúas explicacións son acompa-ñadas por proxeccións dentroda capela e un pequeno libroeditado polo Concello a travésdo que se lle achegan aos visi-tantes fotografías e datosbásicos sobre a historia doconxunto.

As visitas guiadas están ater de momento boa acep-tación. Só na primeira partici-paron preto de 60 persoas,algunhas delas procedentes de“Vigo, A Coruña ou Ribadeo”,sinala buján. O edil de tu-rismo estima que cando a fi-nais de setembro se cumpraun mes da posta en marcha dainiciativa, serán máis de 100visitantes os que teñan pasadopola Capela.

Un conxunto excepcionalXosé Manuel broz amósaseconvencido de que San Anto-íño, xa declarado ben de in-terese Cultural, acabará ocu-pando un espazo privilexiadonos libros de arte: “moitosprofesionais aínda descoñecena capela e non pasou por aquítoda a xente que ten que pasar,pero penso que vai ser moiapreciada no mundo artís-tico”, asegura. Ao seu xuízo aexcepcionalidade do conxuntoradica na confluencia de catro

O público encheu a capela o día da primeira visita guiada

Cen persoas terán pasado por sanAntoíño no primeiro mes de visitas

O campionato de tirapedrasque a Asociación Galega doXogo Popular e Tradicional(AGXPT) organiza en coin-cidencia coas festas do SanRoque pechou a súa novenaedición cun notable éxito departicipación: foron cincuentaas persoas de todas as idadesque tomaron parte na com-petición. Especialmente sig-nificativo foi o número denenos e nenas participantes;vinte e un.

O ganador absoluto da edi-ción 2015 foi o experimentadotirador melidao Manuel Tabo-ada, terceiro na edición de2014 e que sucede como gana-dor ao xa lendario ManoloMato. En segundo e terceirolugar clasificáronse respec-tivamente David Rodríguez eJosé Ángel Sorga. Na cate-goría infantil o ganador foiSergio Cajide, tamén terceirona edición do ano pasado.O segundo lugar foi paraiago Castro e o terceiro para

Manuel Taboada, vencedor do campionato, efectuando un disparo

o melidao manuel Taboada vence no IX Campionato de Tirapedras

iago Álvarez. O campionato celebrouse

por cuarto ano consecutivo naPraza das Coles, onde os tira-dores adultos lanzaron dendeunha distancia de 10 metroscontra tres dianas. Os cativosfixérono dende 5 metros dedistancia. Cada lanzador dis-puxo dun total de seis intentos.

Con esta iniciativa a

AGXPT quere contribuír árecuperación dos espazos tra-dicionais de xogo existentesno casco histórico de Melide.O campionato conta co patro-cinio de Adega “O Mandil” eco apoio do Concello de Me-lide, da Sociedade de PescaDeportiva “Ponte Mazaira” eda Comisión de Festas doSan Roque.

A banda de Música de Visantoña quixo recordar a figura deRamón López Soto, o home que en 1.877 deu os primeiros pasospara fundar a agrupación, que a día de hoxe pode presumir deser a banda en activo máis antiga de Galicia.

A pequena homenaxe, impulsada polo presidente de honrada banda e neto do fundador, Xosé Núñez López, celebrouseen coincidencia coas festas do San Agustín e con motivo do 76ºaniversario do pasamento de Ramón López. No acto, sinxelopero emotivo, a banda interpretou o “Negra Sombra” antea tumba do fundador e en presenza dos seus netos Xosé, Elisae Ovidio, que depositaron nela unha coroa de loureiro.

visantoña non esquece ao fundador da súa banda

Os tres netos de Ramón López Soto a carón da tumba de seu avó

N. Noguerol

elementos que resulta “moi di-fícil velos todos xuntos”: unhaparaxe “de gran beleza” conárbores e río, un calvario doséculo Xii, pinturas murais doséculo XV e o propio monu-mento en si, construído noséculo Xi.

“Son momentos moi im-portantes na historia da arte”,explica broz, quen destaca porenriba de todo o calvario, “undos poucos que hai no pano-rama nacional e o mellorindiscutiblemente a nivel ga-lego”. As pinturas son outrodos elementos valiosos da ca-

pela. Dende que foron descu-bertas as primeiras nun dosmuros laterais, no ano 1.962,non deixaron de achegarinformación sobre o monu-mento. Realizáronse dúascampañas de restauración eaínda queda por facer unhaterceira na ábsida, onde “po-den aparecer máis pinturasdentro”, vaticina o director domuseo comarcal. Tal e comoexplica, esta última fase derestauración está xa proxec-tada e á espera dunha subven-ción que permita comezar costraballos.

Page 20: Nº 116. Setembro 2015. Distribución gratuíta Asinan a tregua ...Nº 116. Setembro 2015. Distribución gratuíta EmprEsA Asetem reparte 1.800 € en vales entre as Anpas de dous

20 Cultura e lecer Cerne 116. Setembro 2015

O Atlético Melide comeza con ganas a liga 2015-2016. O presi-dente do club, Cesáreo iglesias, anunciou a inminente fichaxede catro xogadores da Segunda División b para reforzar oequipo. Non serán as únicas incorporacións, pois a intención deiglesias é conformar antes de finais de ano unha plantilla con22 ou 23 futbolistas que loiten polo ascenso. Na dinámica dogrupo están xa Denís e David blanco, fichados xusto despoisda presentación oficial do equipo para a presente tempada, quetivo lugar o pasado 4 de setembro no campo municipal. Noacto a Federación Galega de Fútbol entregoulle ao club a copade campión da liga 2014-2015 en categoría 3ª rexional. Taménse homenaxeou a dúas persoas importantes para o AtléticoMelide e recentemente falecidas: Moncho Corral, un dosfundadores, e Ramón Rodríguez, ex-xogador. As súas familiasrecibiron de mans da directiva unha placa conmemorativa.

o Atlético reforzarase concatro xogadores de 2ª B

Equipo e directiva do Atlético Melide xunto cos homenaxeados

Aron Ayude, pupilo da Escuela Ayude de Melide, rematou a tem-pada de competición dun xeito excelente tras facerse coa meda-lla de bronce na categoría júnior do Campionato de Europa deKick boxing, que se celebrou a finais de agosto en Donostia.Na que foi a súa primeira participación nun europeo nesa espe-cialidade, o deportista de Santiso conseguiu colgar unha dasseis medallas que conseguiu o equipo español, integrado por29 competidores, tres deles de orixe galega. Nos campionatosparticiparon 2.000 deportistas de 34 países. Na cita estivotamén en calidade de adestrador do combinado español odirector da academia de loita melidense, José Ayude.

Ayude culmina a tempadacun bronce nos europeos

Arón Ayude coa bandeira de España no 3º chanzo do podio

XXXV TORNEO DE FÚTBOL SALA

“CONCELLO DE MELIDE”

Ganadores por categorías

Seniors: Mesón A Ponte Feminina: uD Santiso

O Club Cire fixo entrega dos trofeos da 35ªedición do torneo de fútbol sala “Concello deMelide”. Foi o colofón final a un mes de com-petición sá entre amigos da comarca quedeixou o convencemento da boa canteira queten o deporte local. Pero ademais de ver carascoñecidas sobre a pista de xogo, o torneo do

Cire tamén trouxo a Melide o derbi por antono-masia do fútbol sala galego: Santiago Futsale Prone Lugo víronse as caras no pavillón mu-nicipal e brindaron un bo espectáculo futbo-lístico do que gozaron os numerosos veciñosque ateigaron as bancadas. Os compostelánsimpuxéronse por un contundente 4-0.

Pre-benxamín: uHL Fundación Encontro do Santiago Futsal e Prone Lugo

Alevín: Autoescola Agra benxamin: Jim Sports

Cadete: Xamonería Garceiras infantil: Pizzería Atenas

Page 21: Nº 116. Setembro 2015. Distribución gratuíta Asinan a tregua ...Nº 116. Setembro 2015. Distribución gratuíta EmprEsA Asetem reparte 1.800 € en vales entre as Anpas de dous

Cultura e lecer 21Cerne 116. Setembro 2015

SAN CARALAMPIO. ESTABAS??

Page 22: Nº 116. Setembro 2015. Distribución gratuíta Asinan a tregua ...Nº 116. Setembro 2015. Distribución gratuíta EmprEsA Asetem reparte 1.800 € en vales entre as Anpas de dous

22 Colaboracións Cerne 116. Setembro 2015

De nativos dixitais a programadores

Rafael R. Gaioso, enxeñeiro informático e presidente de Melisa

Calquera de nós pode observara destreza coa que os nenosmanexan os dispositivos dixi-tais que caen nas súas mans,e iso leva a moitos adultos apensar que son capaces de usa-los sen axuda ou supervisión.Certo que as novas xeraciónsson nativas dixitais, e nacenrodeadas de trebellos, peroiso convérteos en «usuarios fi-nais» de produtos que son de-señados e construídos noutroslugares e por outras persoasque non coñecen con detalleas súas necesidades.

O que precisa a nosa socie-dade, non son usuarios finais econsumidores de tecnoloxíasestranxeiras, senón xente ca-paz de entender o funciona-

mento interno e sobre todo deser quen de modificar o seucomportamento. iso só se podefacer aprendendo a programar.

A programación non parade medrar, cada día aparecennovas tecnoloxías, e garante unbo presente e futuro laboral.Todas as linguaxes de progra-mación son iguais en calqueraparte do mundo e soe utilizarseo inglés como idioma de comu-nicación e documentación.unha vez que se aprende atraballar nunha linguaxe deprogramación, o cambio caraunha nova vai ser moi doado.

Que fai un programador?- Planificar. Antes de comezar,hai que xuntarse co equipo de

deseño para comprender oproxecto, e coñecer as nece-sidades do usuario final.- Escribir. unha vez que temostodo planificado, hai que po-ñerse a escribir liñas de códigona linguaxe de programaciónacordada.- Depurar. Ten que encargarsede probar e arranxar os errosque poida ter o código escritono paso anterior.- Compilar. É o proceso de tra-dución do código fonte escritoanteriormente, a unha lin-guaxe que poida entender unhamáquina (ordenador).- Mantemento. unha vez cre-ado o programa ou aplicación,hai que actualizalo con novasfuncións, ou arranxar novos

Cando por decisión da monar-quía borbónica Ferrol foradesignada Capital do Depar-tamento Marítimo do Nortee despois no 1749, reinandoFernando Vii, se iniciou aconstrución dos estaleiros earsenal militares con capaci-dade para ata cen navíos, acidade converteuse en poucotempo na máis poboada deGalicia debido a chegada ma-siva de traballadores.

Semellante fluxo de traba-lladores a Ferrol fixo que unaleuto catalán de barcelonachamado Francisco Pla Farret,acompañado do seu fillo Fran-cisco Pla Pulles, viñeran amontar un negocio de viños ácidade departamental. Comotamén por esas datas marcharapara traballar alí unha moza daaldea de Amboaxe (en Santiso)chamada Ramona Monge Am-boage, cadrou que se coñece-ron e se fixeron noivos. Arelación de Ramona con Fran-cisco Pla Pulles acabou en ma-trimonio, do cal naceron oitofillos: 4 mulleres e 4 homes.

Para librarse do servizo mi-litar, os catro homes fuxiron una un para Cuba, e o máis novodos oito irmáns, Ramón PlaMonge, fixo na Habana unhagran fortuna. Como dedicara

cantidades importantes a obrasde beneficencia, o Papa LeónXiii concedeulle o título Ponti-ficio de Marqués, título quealgo máis tarde, coa autoriza-ción do rey Alfonso Xii, puidocompletar co nome da aldeaonde nacera a súa nai: Ambo-age. Nacía así o famoso a nivelmundial Marqués da Amboage,orixinario de Ferrol.

Recentemente repítese ahistoria de que é o viño quen lledá fama mundial a Ferrol, queo pasado mes de abril acolleualí o "ii Salón internacionaldel Vino" (FEViNO). Cando aprensa pregunta sobre o mo-tivo polo cal se celebra alí talevento, recibe por contestaciónque: "polo seu tremendo olfatoe a súa devoción polas mellorescolleitas". A resposta non pa-rece nada axeitada, xa que asmellores colleitas de viño nin-guén sabía que se deran preci-samente na comarca de Ferrol.

Sexa polo que sexa, a FE-ViNO acudiron 173 adegas detoda España (71 galegas) e 8distribuidores internacionaisdos. Coa euforia que o grandeevento requiría, a reflexión de-rradeira do presidente señoryáñez foi a seguinte: "o nosoobxectivo foi levar o nome deFerrol ao resto do mundo".

Resúltalle chocante que oviño faga famoso a Ferrol?

Xosé Núñez López, escritor

Santiago Prado Conde (Chago), antropólogo

Tempos de soños para soportar mudanzas

que aínda non chegaron ouque construímos no noso ima-xinario como desexables.

Estas pequenas reflexiónspermítenme cavilar sobre unpresente de mudanzas quexa non parece ter volta atrás.As dinámicas tan rápidas dostempos presentes xeran quenos esquezamos rapidamentedo que fixemos onte ou, qui-zais, que non tiveramos tempopara madurar na nosa concien-cia os fitos logrados e aos queirremediablemente renuncia-mos sen ter consciencia de fa-celo. Este paradoxo na xeira dainformación deixa de situarseno campo da controversia eachégase á realidade mediantea sobre información á que asis-

timos. Hoxe, todos somos quende pensar que podemos saberrapidamente de calquera temá-tica. Amosar o aparello máxico-que serve para traballar, xo-gar, guasapear (ou como raiosse escriba), mostrarse e unlongo etcétera- permítenosacadar unha posición ante osnosos iguais. Quizais, inhe-rente a isto, se atope a idea deter poder e, sobre todo, deexercelo. Múltiples formas deutilizalo sen cavilar na súarepercusión, simplemente por-que non fomos nin somos edu-cados na toma de conciencia dedito poder. Amosámonos anteo mundo niso que chamanas redes sociais por inerciasrepetitivas que nos levan a re-presentar que aquel que máisse mostra ten máis represen-tatividade e lexitimidade. Osproblemas aparecen cando arealidade nos dá as costas e xanon somos quen de dar marchaatrás. Xa estamos retratadose non podemos mudar as nosasaccións.

Entón, os soños volveraparecer, mais de nós depen-derá que as mudanzas da vidase fagan soportables ou sematerialicen os soños me-diante o uso responsable doexercicio do poder que nosproporcionan as ferramentasdo século XXi.

Algúns dixeron que son estestempos raros porque a xenteperdeu os seus vellos referen-tes e estalle a custar soñar. Ossoños permiten xerar inque-danzas que poidan transfor-marse en direccións ás quetender e, así, vivir no paraísode coñecer cara onde se vai,cunhas metas a acadar e conmúltiples estímulos para seguiro camiño que se albisca aléndo pasado e coa esperanza dofuturo. Se o futuro non se soñao presente tórnase monótono,repetitivo e sen retos a propo-ñer. Apelar aos soños non émáis que xerar múltiples incer-tezas antes os retos da ma-terialización daquilo que nospermite pensar nuns tempos

erros detectados. Este procesoé continuo, e non finalizaráata que o programa deixe deutilizarse.

Desde Melisa, animamosaos rapaces novos a que apren-dan a facer os seus propios pro-

gramas e entender o mundo datecnoloxía desde un puntode vista diferente. Poderándescubrir a súa parte creativae artística a través dunha acti-vidade que moitos expertosconsideran unha «arte».

Alexandre Dulaunoy

Page 23: Nº 116. Setembro 2015. Distribución gratuíta Asinan a tregua ...Nº 116. Setembro 2015. Distribución gratuíta EmprEsA Asetem reparte 1.800 € en vales entre as Anpas de dous

Entrevista 23Cerne 116. Setembro 2015

MARiNA FERREyRA E SEbASTiÁN bECERRA, OS GARCEiRAS

“somos un local para comer de xeito informal, abundante e por poucos cartos”Tomaron a difícil decisión de deixar o seu país natal e comezar unha nova

vida noutro diferente. Aínda que os comezos non foron doados, aseguran

estar contentos de ter dado o paso. Quizais niso teña moito que ver que

Sebastián Becerra e Marina Ferreyra son xa dous melidenses máis. Arredor

do bar que rexentan dende hai dous anos na rúa dos Gaiteiros Os Garceiras

conseguiron crear unha “gran familia” de amigos e clientes que non só

gozan do trato próximo e amable, senón tamén das infinitas variedades

de tostas e tortillas que axiña fixeron famoso este bar en toda a contorna.

Marina e Sebas nun recuncho do bar Os Garceiras

“As nosasespecialidadesson as tostas eas tortillas, dasque temos 17 e11 variedades”

“Todos os pratosque servimosson feitos no

momento; ninsequera temosmicroondas”

- Que fan dous arxentinosen melide?-marina Ferreyra (m.F.):Saímos de buenos Aires bus-cando un futuro mellor parao fillo que tiñamos daquela.Tiñamos emprego os dous ecasa pero cansabámonos detraballar e non viamos un fu-turo. Cando chegamos aquí no2007 xusto empezou a crise eforon tempos difíciles para co-mezar, pero non nos podemosqueixar nin nos arrepentimosde ter tomado a decisión.

- Queda algo desa culturaarxentina nun local cunnome tan melidao?-m.F.: o nome xa o tiña candoo collemos e nunca pensamosen cambialo. Da cultura arxen-tina... excepto que hai dous ar-xentinos atendendo, poucomáis queda... (ri)

-sebastián Becerra (s.B.):Hai influencias da nosa gas-tronomía nalgúns pratos dacarta, pero a verdade é quenon servimos nin comida tra-dicional arxentina nin galega.O que quixemos facer foidiferenciarnos un pouco doque había por aquí, para quea xente tivese máis opcións.Tivemos a sorte de acertar.

- supoño que se refirena unha das súas especia-lidades, as tostas, polasque xa son moi coñe-cidos... -m.F.: si, non pensamos queían ter o éxito que tiveron. undía antes de abrir o negocionon tiñamos aínda nada clarocomo ía ser a carta, só sabia-mos que iamos incluír dife-rentes tipos de tortillas. Logochegaron as tostas. Fun pro-bando diferentes combina-cións na casa e comezamoscon oito tipos diferentes.Agora temos 17 e en breveincorporaremos outra nova.

Xunto coas tortillas, das quetemos 11 variedades, conver-téronse na especialidade dosGarceiras.

- Que outras comidas sepoden degustar no local?-s.B.: Hai táboas de ibéricos,de queixos e raxo con patacas,que tamén se vende moití-simo. Logo están as “sartena-das”, que levan unha basede patacas panadeira e ovo econ diferentes ingredientes nacima: bacon e cebola, bacon esalchicas... Todo o que temosna carta pódese levar para acasa, encargando por teléfonoou simplemente vindo aquí.Non tardamos nada en facelo,só hai que esperar quince ouvinte minutos.

- É difícil definir o seuestablecemento. Como odescribirían?

-s.B.: nin é restaurante niné un local para picar. Caracte-rizámonos por ter comidafeita ao momento, como astostas das que falamos, queson xenerosas e dan paracomer. Moita xente que nonnos coñece pensa nunha por-ción pequena que se comeen dous bocados e despoiscando lla poñemos enriba damesa queda sorprendida.

-m.F.: Os Garceiras non é unrestaurante de primeiro e se-gundo prato. É un lugar ondese pode comer dunha maneiramáis informal, digamos, doque saes farto e sen gastarmoitos cartos, por sete eurosou menos. Ofrecemos pratosricos, que se fan no momento,incluso as tortillas. De feito,nin sequera temos microon-das. Se por exemplo me reser-van unha mesa e piden tres

tortillas, eu non as fago ataque a xente entra no local.Preferimos que o cliente es-pere cinco minutos máis peroservirlle unha comida acabadade facer.

- Aínda que iso supoñamoito máis traballo paravostedes... -m.F.: cando son mesas gran-des e cada persoa pide unhacousa diferente, toleo, porqueademais temos unha cociñapequena. Cando estou coci-ñando e teño a ventá baixada,é porque estou agobiada.Póñome nerviosa ao ver queestán todas as mesas ocupa-das e que segue entrandoxente. Hai clientes aos quenon lles importa ter que agar-dar unha hora.

- Que é o mellor e o peordeste traballo?

-s.B.: o peor son as horas quetes que estar aquí, sobre todotendo nenos. É un traballodifícil de conciliar coa vidafamiliar. O mellor é o trato coaxente, aínda que eu son unpouco máis retraído ca Marina.

-m.F.: outra das cousas boasé ver como nos está indo.Nunca o imaxinamos. Candoempezamos non tiñamosestas expectativas pero agoravemos que o esforzo e o tra-ballo están tendo unha recom-pensa. Ademais temos moiboa relación cos clientes.Coñecémonos todos e isto écoma se fora unha casa abertaaos amigos.

Os Garceiras

Tlf: 881 95 70 74R/ Os Garceiras, 1

Page 24: Nº 116. Setembro 2015. Distribución gratuíta Asinan a tregua ...Nº 116. Setembro 2015. Distribución gratuíta EmprEsA Asetem reparte 1.800 € en vales entre as Anpas de dous

CERNE Cerne 116. Setembro 2015

Técnico en Carpintería e MobleFormación Profesional de Grao MedioDuración: 2.000 horas - IES de MELIDE

CONTORNO PROFESIONAL

I. As persoas con este perfil profesional exercen

a súa actividade nas industrias dedicadas á

fabricación e á montaxe de mobles e elementos

de carpintería, e na aplicación de produtos de

acabamento.

II. As ocupacións máis salientables son:

- Operador de máquinas fixas para fabricar

produtos de madeira.

- Operador de prensas.

- Operador armador en banco.

- Montador ensamblador de elementos.

- Vernizador/lacador.

- Responsable de sección de acabamento.

MATRÍCULA ABERTA

Info: 981 50 51 62

Curso 2015/2016

Alta inserción

laboral