36
1 XUNTA DE GALICIA Camiñar para coñecer, coñecer para conservar Aula de natureza de Moreda de

maqueta courel okalto do sequeiro, no de abaixo faise lume. O fume ascende por entre os froitos que, durante a primeira semana, súan na caniceira. Non hai cheminea, fan o seu labor

  • Upload
    others

  • View
    7

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

  • 1

    XUNTA DE GALICIACamiñar para coñecer, coñecer para conservar

    Aula de natureza de

    Moreda de

  • 2

    Esta pequena guía pretende achegar ós visitantes destaaula de natureza a todos aqueles aspectos naturais, cultu-rais e patrimoniais que fan deste contorno un espacio paraaprender a conservar o noso patrimonio.

    Os itinerarios organízanse arredor de paradas relativas aaspectos do medio natural, etnográfico e cultural que polasúa peculiaridade, valor ou singularidade merecen ser des-tacados.

    As paradas que se realizan ó longo do percorrido encón-transe convenientemente sinalizadas cos seus respectivospostes indicadores, así como os desvíos e dirección aseguir durante o noso percorrido.

    ¿Como usar esta guía?

    Para evitar crear impactos innecesarios debes ter en contaalgunhas das seguintes recomendacións:

    - Evita camiñar fóra dos camiños. Estes encóntranse debi-damente sinalizados. Se os abandonas estas creando unimpacto innecesario.

    - Deixa o vehículo no aparcadoiro e goza do contornocamiñando polo itinerario que te propoñemos.

    ¿Como comportarnos naturalmente durante onoso camiñar?

  • 3

    - Deposita nos contedores o lixo que produzas durante atúa visita. Sería importante que fixeras unha recollidaselectiva e a depositaras nos contedores axeitados.

    - A auga é fonte de vida. Por iso debes manter limpas asfontes e cursos de auga. Nós mesmos ou outros seres vivospoderíamos precisala máis adiante.

    - Ten coidado co lume. Un incendio causa graves prexuí-zos na natureza e mesmo podemos poñernos en perigo.

    - Respecta as plantas e animais, xa que todos cumpren unimportante papel na natureza.

    - Lembra que os animais domésticos ceibes poden asustara outras persoas ou molestar ós animais que teñen nestelugar un refuxio de tranquilidade.

    - Aproveita estes momentos para disfrutar do contacto coanatureza. Esquece as présas, utiliza todos os sentidos, pres-ta atención áspequenas cousase ven visitar esteespacio en dis-tintas épocas doano.

    Aula de natureza de Moreda de Courel

  • Lugo

    COUREL

    11 kmPERFIL TOPOGRÁFICO

    1.400 m

    600 m

    Aula deNatureza de

    COUREL

    1.200 m

    1.000 m

    800 m

    Devesa daRogueira

    Fonte daRogueira

    A Moreda Maior

    Moreda

  • AULA DENATUREZA DECOUREL

    MOREDA

    A MOREDAMAIOR

    1.400

    1.350

    1.3001.200

    1.100

    900850

    850

    900

    9501.000

    1.1001.1501.200

    1.2501.300

    1.000

    Río Pelodorríos

    de

    CarrozoMuíña

    da

    Rego

    Freixedo

    de

    Rego

    Rogueira

    da

    FONTES DA ROGUEIRA

    ASe

    oane

    Devesa da

    RogueiraA

    Visu

    ña

    ASeoane

  • 6

    A devesa da Rogueira é a xoia botánica de Galicia, da queo Padre Merino, autor da Flora descritiva e ilustrada deGalicia dixo a principios do século XX "garda as galas daantiga edá".O Courel sitúase no extremo suroriental da provincia deLugo; as súas esgrevias montañas confírenlle un carácterespecial marcado pola súa orixe na oroxenia hercínica, naque se produciu un grande pregue tombado, cun segundopregamento posterior e unha serie de fallas en direcciónNE-SW. O resultado é que esta serra é moito máis quebra-da cás súas veciñas. Ó mesmo tempo que a serra, o río Lor vertebra este territorioque permaneceu recóndito, agachado e inaccesible ata hai benpoucos anos. O rego da Rogueira é un dos seus afluentes. A cota máis alta é o Formigueiros con 1.639 m, baixo o cal,na aba noroeste, sitúase unha das nosas máis fermosas fragas.

    Moreda de

    Aula de natureza de

    “Eiquí sempre foi bosque”Uxío Novoneyra

  • 7

    Agacha unha grande diversidade vexetal: O Courel consti-túe o 1% do territorio de Galicia e nel están representadaso 40 % das especies botánicas da nosa Comunidade.Na Rogueira esta característica é máis evidente por suce-dérense distintos tipos de solos (louseiros, cuarcíticos ecalizo-calcáreos), pola amplitude do seu rango de altitudes(750 m-1400 m) e orientación, e debido tamén á súa situa-ción na confluencia de áreas vexetais de influencia atlánti-ca e mediterránea.

    Inicio e remate: Aula de naturezaPercorrido: 9,5 km (11 se chegas ás fontes, parada 7)Desnivel: 650 mDuración: 5 h (con paradas)Dificultade: altaO primeiro tramo ata a parada nº 3 é accesible para perso-as con mobilidade reducida.

    O camiño da devesa levaranos polo souto e polos pradosde Moreda, ascendendo ata o bosque máis pechado e visi-tando o nacemento do regato da Rogueira, nas fontes daFame ou do Cervo. De alí volveremos ó cruce do camiño,onde avanzaremos cara ó noroeste, ó alto do Couto. Aquícomezámo-lo descenso que pechará o camiño. Despois devisitármo-las cabanas da Moreda Maior e a aldea daMoreda, chegaremos ó punto de comezo.

  • Ordenadas e revoltas.Hai unha certa estratificación das árboresdurante o camiño.

    Se decidimos realiza-lo itinerario ata o punto 7, existe aposibilidade de face-lo percorrido alternativo que nos leva-rá ó punto de partida pasando polo souto de Parada, aldeana que naceu o poeta Uxío Novoneyra. Este itinerario contacoa dificultade da excesiva exposición ó sol e á calor noestío, pois transcorre en boa parte por monte baixo.De aquí parte tamén un camiño que nos pode levar á lagoade orixe glaciar da Lucenza.Dende o punto 10 podemos percorre-lo camiño máis longo,que nos levará a Carbedo, Esperante, Seoane, FerreríaNova e de aí ó comezo. Pero, dada a súa lonxitude podeconstituír un percorrido realizable nunha nova xornada.

    8parada 11

    As agrupacións de árbores no Courel veñen determinadaspola orientación das abas, o solo sobre o que se asentan epola altitude.Así, na parte máis baixa da Rogueira, atopamos soutos decastiñeiros explotados polo home pero que, dada a súaextensión e beleza, cobran un gran protagonismo na paisa-xe forestal.

  • 9

    Case por calqueralado, abondan as abe-leiras, pero son máis asasociadas ós cursos deauga. Nos afloramen-tos de calcaria atopa-mos aciñeiras. Nas abas máis sombri-zas, no cerne da deve-sa da Rogueira apare-cen carballeiras cunmosaico de carballos efaias, mesturados conteixos, capudres e aci-vros e algúns biduei-ros nas cotas máisaltas.Delimitando a devesa,nas zonas menos pen-dentes e con menororientación norte apa-recen os rebolos, espe-cie que constitúe obosque con maiorpotencial, o bosquexenuíno do Courel.

    A Rogueira

  • Cando o camiño pasa porriba do rego da Rogueira,vemos unha construcción

    tradicional de planta rectan-gular. É un sequeiro.

    Estas construccións son interesan-tes mostras da funcional arqui-

    tectura popular. Están desti-nados a seca-las castañas e

    aínda se utilizan eventualmente.O laborioso proceso de secado

    leva máis de vinte días. Despois de recollidas, esténdense sobre o caínzo no pisoalto do sequeiro, no de abaixo faise lume. O fume ascendepor entre os froitos que, durante a primeira semana, súanna caniceira. Non hai cheminea, fan o seu labor as fendasentre as lousas. Cando secan, reméxense cada dous días cuns rodos. Para pelalas, de a cinco e seis homes golpeaban, coas cas-tañas xa secas metidas nun saco, nun sólido banco de cas-tiñeiro cuberto de pelellos de cabra. De par deles, outrosdepositaban as castañas no banco e mazábanas co pisón,

    parada 22

    10

    Os sequeiros. Construccións populares paraseca-las castañas

    Castiñeiro

  • 1 1

    un pesado cepo con pelellos na parte inferior. Deste xeitoas castañas perden a casca e o souto énchese de música. Acontinuación penéiranse con eficientes movementos debrazos e cadeiras, nun lixeirísimo bandoxo, aparello deforma semielíptica fabricado en madeira de cerdeira. As castañas secas e limpas quedaban así separadas dapuxa. O último proceso é clasifica-las enteiras, para avenda, e as rachadas, que son para consumo da casa e dogando. Para esta operación utilízase unha grande criba.Os sequeiros adoitan atoparse máis agrupados. Preto daaula de natureza, 300 m máis abaixo, en dirección aSeoane, está a agrupación dos sequeiros de Moreda.

    As pezas no sequeiro

  • Estes pasteiros desenvólvense condicionados pola penden-te do terreo, a dispoñibilidade de auga e o tipo de solo.Hainos que non son sometidos nunca ás pisadas do gando,son os prados de sega. Os prados de dente son exclusiva-mente aproveitados para pastoreo

    Pero o máis común, naactualidade, é unha explo-tación pascícola mixta, quese desenvolve nun cicloanual. Dende o verán ata oprincipio da primaverapermítese que o gandopaste e, polo tanto, pisepolos prados. Despois dunperíodo sen levarlle afacenda, no comezo doverán ségase e a partir deaquí comeza de novo ociclo.

    Os prados de dente e de sega son un sistemade aproveitamento gandeiro dos vales altos

    12

    Prados

    parada 33

  • 13

    O despoboamento progresivo da serra comporta o descoi-do destes cultivos, que van perdendo especies de alto valorpara pasto e mesmo se abandonan e desaparecen.

    Os afloramentos de calcaria condicionan a paisaxe e a vida

    parada 44

    Despois das primeiras costas, nas que camiñamos somerxi-dos nun túnel de vizosa foresta, o camiño parece abrirse.Chegamos ó afloramentodun estrato de calcaria;como testemuño, unhapequena cova que lles servede acubillo ás xentes quetransitan o camiño dendetempos inmemoriais.As covas abondan noCourel e, prospecciónsarqueolóxicas realizadasna Cova do Oso e a deLongo de Meo (ambas naRogueira) presentan clarosindicios do seu poboamen-

    Aciñeira

  • 14

    to en épocas prehistóricas. Os restos cerámicos atopadosforon datados entre os últimos momentos da era do BronceFinal e os inicios da Idade do Ferro.

    No contorno podemos ver abondosas aciñeiras que noCourel van ligadas a afloramentos de rocha calcaria e indi-can en Galicia zonas de clima mediterráneo. Son árboresde folla perenne e dentada. A súa codia é moi dura, a dife-rencia da sobreira, da que se extrae a cortiza.As covas de calcaria son moi escasas en Galicia. Estánasociadas a unha estreita franxa de rochas calcarias queafloran en Mondoñedo, na serra da Enciña da Lastra e noCourel. Estas rochas están formadas por calcaria, mineralbrando que fractura con facilidade e soluble na auga quecontén ácido carbónico. O ácido carbónico ten a súa orixena disolución en auga do dióxido de carbono procedenteda respiración das plantas e os microorganismos do solo.Diluída a calcaria polo ácido carbónico, fórmase o bicar-bonato cálcico, que é arrastrado pola auga. Dentro dascovas, nas pingueiras diminúe a concentración de dióxidode carbono e o carbonato cálcico acaba precipitando, soli-dificándose, para formar caprichosas concrecións: estalac-titas, estalagmitas, columnas, coadas, gours...

    Preto da Rogueira atópase a sima kárstica máis fonda detódalas exploradas en Galicia. É a de Aradela con 130 mde fondo.

  • 15

    As covas son un lugar de refuxio para os morcegos

    As covas calcarias son espacios onde viven algúns animais adaptados á escuridade permanente. Un grupo de animais que encontra un importanterefuxio nas covas son os morcegos, aínda quetamén empregan construccións abandonadaspara acubillarse.Os morcegosson peque-nos mamífe-ros voadoresque contanen Galiciacon dezaseisespecies.Aínda que sonpouco coñeci-dos, sábeseque as súasp o b o a c i ó n sd i m i n u í r o nnos últimosanos en Ga-licia. Entre as Morcego nunha cova

  • Os carballos e as faias son o cerne da devesa

    16

    parada 55

    causas desa regresión encóntranse o uso de insec-ticidas nos labores agrícolas, que contaminan osinsectos que eles inxiren, a reducción dos espa-cios nos que se refuxian e as molestias que sofrencando están hibernando e na época de cría oca-sionadas polas visitas ás covas. Os morcegos aliméntanse de gran cantidade deinsectos que capturan mentres voan. O seu perí-odo de actividade soe ser a partir do solpor.Durante as épocas máis frías refúxianse en covas,minas ou construccións abandonadas nas quehibernarán, reducindo a actividade do seu orga-nismo ó mínimo para consumi-lo menos posibledas súas reservas.

    Os morcegos cumpren unha importante funciónecolóxica na natureza, limitando as poboaciónsde moitas especies de insectos.

    Son especies que no Courel aparecen nas manchas fores-tais correspondentes a terreos con forte pendente e orien-tación Norte, fragas que son denominadas localmente

  • como devesas. A devesa da Rogueira éa máis importante delas.O carballo é a árbore princi-pal, aínda que tamén ocarba está presente. Osfroitos do carballo, as lan-dras, están agrupadas de adúas e a tres, e colgan duns longospedúnculos. A faia está pouco representada enGalicia. Na devesa da Rogueira presen-ta unha das súas localizacións máis occiden-tais. As súas follas son simples, con nerviosprominentes, e cunhas marxes sinuosasrematadas nuns pequenos peliños. O froito, oafún, preséntase dentro dunha funda con duras sedas noexterior. A codiaé lisa. As raícesson superficiaise extensas, des-c u b r í n d o s efacilmente polaerosión na sendaque utilizamos.

    Faias na devesa

    Carballo1 7

  • 18

    Este xeito de enraizamento xunto coa espesa sombra queproxecta dificulta a presencia doutras plantas baixo ela.

    Os teixos e os acivros tinguen a fraga de cor verde-escura

    parada 66

    Son especies que comparten a perennidade e a cor das súasfollas. Ambas teñen froitos redondos, vermellos e peque-nos, e resisten ben o frío. Tamén as dúas son dioicas, édicir, hai árbores con pés masculinos e pés femininos, peroson ben diferentes.O teixo é unha conífera, ten follas en forma de agulla e oseu é un froito pequeno, un anel carnoso de cor escarlata.É unha especie moi lonxeva, algúns exemplares superan os1.000 anos de idade. Toda a árbore é tóxica, a excepción dapolpa do froito. Foi máis común, aínda que agora está enregresión. Galicia conta co bosque máis importante destaespecie en Europa: o Teixedal de Casaio, na serra do Eixo.O acivro ou acibeiro é unha árbore pequena, coas follasanchas, planas e de beiras máis ou menos espiñentas. Osfroitos vermellos e redondeados (de 1 cm de diámetro) sonvelenosos para o home.Ofrece un bo acubillo para a fauna nos temporais de frío,ofertando a máis os seus froitos ata ben entrado o inverno.

  • 19

    Dada a súa importan-cia ecolóxica e debidoá presión que recibíapor ser utilizada comoespecie decorativa noNadal, foi protexida enGalicia, onde estáprohibida a súa comer-cialización cortada.Máis adiante, dende osegundo cruzamento ádereita, podemos ache-garnos ata o punto 7,do que deberemosregresar para segui-loitinerario, supoñendoesta alternativa 3 kmadicionais.

    Acivro

    As fontes da Rogueira: dúas cores e dous sabores de orixe mineral

    parada 77

    A fonte do Cervo ou fonte da Fame son en realidade dousmananciais, un de auga branca e outro de auga vermella, que

  • 20

    abrollan á par, pintando a rocha suspensa sobre o camiño.Nas épocas máis chuviosas agóchanse tras do veo dunhafina fervenza, que se precipita dende algo máis de 15 m.A fonte vermella indícano-la presencia de ferro, un mine-ral que tivo grande importancia no desenvolvemento doCourel, especialmente ata mediados do século XIX. O deFormigueiros é un filón de especial relevancia, que se sitúaó outro lado da montaña, e abastecía de ferro as fundiciónse ferrerías espalladas por toda a serra. Os monxes deSamos foron propietarios de, polo menos, seis industrias

    de reducción do ferro nazona, actividade de sumaimportancia na economíada comunidade relixiosa,que contribuíu ó desenvol-vemento desta na bisbarra. A importancia desta indus-tria fixo que a recollida demadeira para elabora-locarbón vexetal chegase aameaza-la subministraciónde leña para uso domésticonos arredores.

    Fontes da Rogueira

  • 21

    A fauna que vive no CourelA alta diversidade de hábitats que existe noCourel convérteno nun espacio natural de ele-vada riqueza biolóxica. O número de especiesde vertebrados é un dos maiores de todo onoroeste peninsular. Acolle no seu seo unhas160 especies. Na serra do Courelencontran refuxio algu-nhas das especies queteñen as súas poboaciónsminguadas en Galicia, como a aguiareal, a aguia cobreira, o gato bravo ou amarta. Tamén están presentes os endemis-

    Lendas da serra sinalan que espadas forxadas a partir doferro courelán, portadas por guerreiros galegos, causaronadmiración entre as tropas de Aníbal.Uns metros máis adiante, baixo o camiño, nace un manan-cial de auga limpa. Trátase, como na fonte branca da pare-de anterior, dun xurdimento de auga calcaria. Son precisa-mente os afloramentos de rocha calcaria os que marcan adinámica da auga nesta pequena bacía. Augas abaixo deMoreda o rego da Brancha desaparece nunha infiltraciónou sumidoiro, o que deu outro topónimo polo que é coñe-cido, río Seco.

    Marta

  • 22

    mos do oeste da península Ibérica, como o pinta-fontes común, a ra patilonga, a lagartixa dospenedos ou a lagartixa da serra.A lagartixa da serra é un réptil que ten o seuhábitat reducido ás zonas de montaña da metadenorte da península Ibérica. En Galicia dáse aexcepción a esa regla, e algunhas das súas pobo-acións encóntranse en zonas baixas -próximas ómar-, na parte norte das provincias da Coruña eLugo. Nas zonas de montaña viven entre aspedras e afloramentos rochosos en zonas demato. Ten o corpo bastante aplanado, o que llepermite explora-las fendas das rochas na procurade insectos (principalmente escaravellos) e ara-

    n e i d o s ,base dasúa ali-m e n t a -ción.

    Lagarta da serra

  • 23

    Destacan os individuos novos destaespecie pola característica e pre-ciosa cor azul, case turquesa, coabase verdosa da súa cola, quecontrasta coa ancha banda dorsalde cor castaña clara.A aguia real encontra na serra doCourel un dos seus últimos refu-xios en Galicia. As parellas repro-ductoras desta especie en Galiciaestímanse en non máis de 5 ou 6,estando en grave risco de desa-parición. Habita en zonas demontañas de moi pouca poboacióne aniña en paredes verticais deconsiderable altura. Aliméntasesobre todo de coello, aínda queinlcúe na súa dieta o cobregón, aperdiz rubia, o lagarto arnal emesmo animais domésticos mor-tos (ovellas e cabras).

    Aguia real

  • 24

    Táboa de Hospitalidade e Aguia de BronceOs asentamentos humanos na historia da Rogueira

    parada 88

    A devesa da Rogueira e o seu contorno estiveron poboa-dos, cando menos, dende a idade do Bronce Final (séculoVII a.C.). Posteriormente desenvolveuse en todo O Courel a culturacastrexa.

    Nun principio, os asentamentos prerromanos estiveronmoi achegados ós ríos (Castro da Devesa do Rei) ondehabía máis dispoñibilidade de recursos: pesca, bos pastospara o gando (especialmente cabras), terras para cultivosagrícolas (bastante limitados pola altitude), froitos (entreos que destaca a landra de aciñeira) e a posibilidade deaproveita-los praceres auríferos fluviais. Os útiles férreosforon inicialmente importados, procedentes do sur. É pro-bable que a reducción deste mineral comezase coa roma-nización, debido a cantidade de ferramentas que precisa-ban para as explotacións auríferas.

    Na época de romanización comeza a desenvolverse dexeito intensivo a minería aurífera, da que aínda é doado

  • 25

    observa-las súas pegadas nas proximidades (mina da Tocae minas de Torubio). As necesidades desta actividade eco-nómica, baseada no emprego de abondosa man de obranativa e cun forte dispositivo de seguridade, implica uncambio nos asentamentos. Búscanse agora espacios estraté-xicos que faciliten a súa defensa e o control e dirección doslabores mineiros por parte dos explotadores romanos. Nosoutros castros de media ladeira distribuiríanse os traballa-dores, máis amplos cós situados a pé de río, próximos ásexplotacións (cabe nomear como exemplo o castro da Torredo Castro, localizado entre Folgoso e Sobredo). Desta época son a Táboa de Hospitalidade e a Aguia deCarbedo, ambas de bronce, que en realidade foron atopadasna necrópole docastro do MonteCido (monte si-tuado detrás daaldea de Moreda).Foi este un castrocon fortes defen-sas entre as quecabe destacar unmuro que se esten-de case un quiló-

    Táboa daHospitalidade

  • 26

    metro, tres foxos e unha torre que presenta na actualidade2,9 m de altura. Probablemente esta é a orixe do topónimode Torre Cabreira, co que tamén se coñece este monte.Da importancia dos asentamentos na idade media quedaconstancia nas ruínas do castelo do Carbedo, probable-mente asentado enriba dun castro, xusto por detrás domonte Cido. Foi descrito polo licenciado Molina no ano1550 como a Fortaleza do Courel. Exercía un importantecontrol sobre as comunicacións entre os vales de Romeore Visuña.

    Os cerquiños e capudres son as árbores quelimitan a Rogueira

    parada 99

    A medida que abandonámo-la devesa poderemos localizarcon maior claridade estas dúas especies, intercaladas entreo monte baixo que, con carqueixas, uces, carpazas... tenunha grande importancia ecolóxica.

    O cerquiño ou rebolo, en moitas ocasións presenta unporte arbustivo, froito da súa explotación e queima inten-siva. Gusta das abas soleadas. Diferénciase do carballo porte-las follas con lóbulos máis escotados e pola presenciadun veludo branco e apertado no envés.

  • 27

    O capudre, tamén é cha-mado escornabois ou can-cereixo. Os froitos son decor vermella e preséntanseagrupados en acios. Sonmoi apreciados polospaxaros. Teñen a propie-dade de corta-las diarreas eson antiescorbúticos. Poden prepararse en mar-melada, aínda que previa-mente hai que quitárlle-loamargor remollándoosunhas horas en vinagre oufervéndoos, lixeiramente,e retirándolle-la auga. Capudre no outono

    Os piñeiros son plantacións actuais que contrastan coa devesa

    parada 1010

    Pouco antes de chegar ó asfalto topamos de súpeto unhavexetación que tentou recobra-la parte alta da montaña. Éunha repoboación forestal de piñeiros silvestres.

  • O piñeiro silvestre pode acadar grandes dimensións. Ten asacículas (follas) agrupadas de dúas en dúas e son bastantecurtas. As piñas tamén son pequenas. É unha árbore quesoporta ben a altura, o frío e a neve.Debaixo destas árbores a diversidade vexetal é menor cano bosque da Rogueira.Na outra banda da pista hai un depósito de auga aberto, decuriosa arquitectura, destinado á loita contra os incendiosforestais, con fonte e pía para o gando.

    28

    Piñas

  • 29

    En Moreda Maior consérvanse construcciónsde pedras calcarias e lousas

    parada 1111

    No noso descenso cara a Moreda atoparemos un agrupa-mento de edificacións populares que se integran perfecta-mente na paisaxe. Están construídas cos materiais dispoñi-bles na zona: nas paredes cachón, fundamentalmente depedra calcaria, e teitadas con lousa; nas portas e xanelasutilízase a madeira de castiñeiro.Estas cabanas son utilizadas para garda-la facenda noverán, que é cando máis pacen nestes pastos, pero taménpara garda-la herba da sega, apeiros e para outros labores.

  • 30

    Os comuneiros da Rogueira, veciños da Moreda son osverdadeiros protagonistas de que a devesa chegase ata nósno estado de conservación que puidemos observar no per-corrido que estamos a finalizar.

    Moreda e os seus veciños son os donos e vixías do bosque

    parada 1212

    Unha faia vixía o camiño

    Aínda nos temposde máis poboamento(censo no Courel en1860: 6.597 habitan-tes) e maior presiónsobre o medio, estebosque permaneceuinalterado. De seu, a Rogueiraten unha pendente eunha orientaciónque o desaconsellanpara a explotacióngandeira e agrícola,ofrecendo directa-

  • 31

    mente á economía domésticatan só pequenos recursoscomo a madeira, caza ealgúns froitos. Pero os seuslímites foron cavados ouqueimados para facilita-lopasto do gando no montebaixo, práctica que orixinaunha forte erosión de solos.Da dureza da vida na serra,azoutada por duros invernose illada secularmente, é pro-ducto o seu vertixinoso des-poboamento (no ano 1996 noCourel quedaban 1.704 per-soas). E Uxío Novoneyra, omáis nomeado dos poetas doCourel, o testifica nos seusversos:

    Moreda do Courel

    "Courel dos tesos cumes que ollan de lonxe!Eiquí síntese ben o pouco que é un home"

  • 32

    Seoane - Cámping - Igrexa de Esperante -Esperante - Carbedo - Ruínas do castelo deCarbedo - Moreda - Ferrería Nova - Seoane. Percorrido : 12 kmDesnivel : 455 mDificultade : media, pero longo

    é algo máis que a devesa da Rogueira,e sen ir moi lonxe de Seoane a paisaxeinvita a camiñala. Recomendamosoutros tres paseos:

    Pero... o Courelo Courel

    1.-1.-

    Seoane - Casas do Mazo - Paderne (corredoira quediscorre pola beira esquerda do río Pequeno, pordebaixo das aldeas de Meiraos, Vilasivil e Miraz). Percorrido : 6 km (só ida)Desnivel : 280 mDificultade : baixa

    2.-2.-

  • 33

    Ferrería Nova - Loborín - Mercurín - Teso de Brío,Vigo ou Brigo (que de todos eses xeitos nomeaneste castro dende o que se divisa unha das mello-res vistas da Rogueira).Percorrido:4,5 kmDesnivel:510 mDificultade:media

    3.-3.-

    Os percorridos 2 e 3poden xuntarse (come-zar polo do regoPequeno e rematarpolo de Mercurín) parafacer un itinerario cir-cular co que comple-tar unha xornada.Percorrido: 13 kmDesnivel: 510 mDificultade: mediapero longo

    Ferrería Nova

  • 34

    Abeleira - Corylus avellanaAciñeira - Quercus ilexAcivro - Ilex aquifoliumAguia cobreira - Circaetus gallicusAguia real - Aquila chrysaetosBidueiro - Betula celtibericaCapudre - Sorbus aucupariaCarba - Quercus petraeaCarballo - Quercus roburCarpaza - Cistus sp.Carqueixa - Chamaespartium tridentatumCarrasca - Calluna sp.Castiñeiro - Castanea sativaCerquiño - Quercus pyrenaicaCobregón - Malpolon monspessulanusCoello - Oryctolagus cuniculusFaia - Fagus sylvaticaGato bravo - Felis sylvestrisLagartixa da serra - Lacerta monticolaLagartixa dos penedos - Podarcis hispanicaLagarto arnal - Lacerta lepidaMarta - Martes martesPerdiz rubia - Alectoris rufaPintafontes común - Triturus boscai

    Especies citadas neste itinerario

  • 35

    Piñeiro silvestre - Pinus sylvestrisRa patilonga - Rana ibericaSobreira - Quercus suberTeixo - Taxus baccataUz - Erica sp.

  • 36 Edita: Xunta de GaliciaConsellería de Medio AmbienteCentro de Información e Tecnoloxía Ambiental

    Idea orixinal, realización e textos:

    cem, s.coop.galega. ©

    Fotografías: XK3 foto ©

    Ilustracións: Rafa Salvadores © e Suso Cubeiro ©

    Deseño gráfico, infografía e maquetación:Mazaira grafismo, s.l.

    Impresión: Edym, s.l.

    Depósito legal: C-221/2001