31
1 PRESENZA DO PADRE FEIJOO EN GALICIA Francisco Díaz-Fierros Viqueira Universidade de Santiago de Compostela INTRODUCCIÓN.- Os estudos relativos a Feijoo e Galicia refírense fundamentalmente a presenza de Galicia ou dos temas galegos na súa obra. Este sería o caso da conferencia, logo impresa, de Montero Díaz, S. sobre “Galicia en el P. Feijoo” (1931) 1 ou o artigo de Martinez Lois, A. “Galicia y el P. Fejoo” (1988) 2 . Os dous, teñen os mesmos obxectivos, aínda que o primeiro ten un carácter máis enfático e xeral introducindo frecuentes comentarios sobre o estilo e o talante do Padre Maestro mentras que o segundo é máis sintemático e concreto. Outra temática, tratada cunha certa amplitude nos estudos de escritores galegos sobre Feijoo é a da súa “galeguidade”, que segundo Blanco Amor,E 3 . reviste unha especial dificultade pois “lo gallego del Padre Maestro es precisamente lo que se escurre por entre las mallas generalizadoras, lo que se salva de la voluntad que propone en el temperamento que dispone”. Inaugurada esta temática por Murguía,M 4 . nos seus traballos sobre galegos ilustres foi continuada, entre outros, pola Pardo Bazán, Martinez-Risco, Marañón, Filgueira Valverde, Vilanova, Nuñez Búa, etc. O prantexamento simétrico destes estudos que sería a análise de cómo en Galicia foi acollida a obra de Feijoo, prácticamente non foi considerado, agás pequenos apuntamentos de Otero Pedrayo na súa monumental obra (El padre Feijoo, su vida, obra e influencias, 1965) 5 e de outros autores en traballos concebidos con outros obxectivos. A razón pode estar na dificultade que entrañan sempre os estudos diacrónicos, que abranxen amplos períodos de tempo (neste caso desde o século XVIII ata o XXI) pero, tamén, na tendencia 1 Montero Díaz,S. Galicia en el Padre Feijoo (conferencia). Madrid, 1931. 2 Martinez Lois, A. 1988. Galicia y el Padre Feijoo. Rev. Inst. Cornide Est. Coruñeses, 24. 3 Blanco Amor, E. El Padre Feijoo. Tema con Variaciones. Ed. Galicia. Vigo, 1966. 4 Murguía, M. 1876. Fr. Benito Jerónimo Feijoo. El Heraldo Gallego, 1876. 5 Otero Pedrayo,R. El Padre Feijoo. Su vida, obra e influencias. Inst. Est. Orensanos. Ourense, 1972.

Universidade de Santiago de Compostelaconsellodacultura.gal/mediateca/extras/20141009_feijoo_diazfierros.pdf · tendencia faise evidente, sobre todo, ... s no quefai un relatorio

Embed Size (px)

Citation preview

1

PRESENZA DO PADRE FEIJOO EN GALICIA

Francisco Díaz-Fierros Viqueira

Universidade de Santiago de Compostela

INTRODUCCIÓN.- Os estudos relativos a Feijoo e Galicia refírense

fundamentalmente a presenza de Galicia ou dos temas galegos na súa obra.

Este sería o caso da conferencia, logo impresa, de Montero Díaz, S. sobre

“Galicia en el P. Feijoo” (1931)1 ou o artigo de Martinez Lois, A. “Galicia y el P.

Fejoo” (1988) 2. Os dous, teñen os mesmos obxectivos, aínda que o primeiro

ten un carácter máis enfático e xeral introducindo frecuentes comentarios sobre

o estilo e o talante do Padre Maestro mentras que o segundo é máis

sintemático e concreto. Outra temática, tratada cunha certa amplitude nos

estudos de escritores galegos sobre Feijoo é a da súa “galeguidade”, que

segundo Blanco Amor,E 3. reviste unha especial dificultade pois “lo gallego del

Padre Maestro es precisamente lo que se escurre por entre las mallas

generalizadoras, lo que se salva de la voluntad que propone en el

temperamento que dispone”. Inaugurada esta temática por Murguía,M 4. nos

seus traballos sobre galegos ilustres foi continuada, entre outros, pola Pardo

Bazán, Martinez-Risco, Marañón, Filgueira Valverde, Vilanova, Nuñez Búa, etc.

O prantexamento simétrico destes estudos que sería a análise de cómo en

Galicia foi acollida a obra de Feijoo, prácticamente non foi considerado, agás

pequenos apuntamentos de Otero Pedrayo na súa monumental obra (El padre

Feijoo, su vida, obra e influencias, 1965) 5 e de outros autores en traballos

concebidos con outros obxectivos. A razón pode estar na dificultade que

entrañan sempre os estudos diacrónicos, que abranxen amplos períodos de

tempo (neste caso desde o século XVIII ata o XXI) pero, tamén, na tendencia

1 Montero Díaz,S. Galicia en el Padre Feijoo (conferencia). Madrid, 1931. 2 Martinez Lois, A. 1988. Galicia y el Padre Feijoo. Rev. Inst. Cornide Est. Coruñeses, 24. 3 Blanco Amor, E. El Padre Feijoo. Tema con Variaciones. Ed. Galicia. Vigo, 1966. 4 Murguía, M. 1876. Fr. Benito Jerónimo Feijoo. El Heraldo Gallego, 1876. 5 Otero Pedrayo,R. El Padre Feijoo. Su vida, obra e influencias. Inst. Est. Orensanos. Ourense, 1972.

2

dos historiadores profesionais, por cuestións de rigor científico, a centrarse

normalmente en períodos de tempo moito máis concretos.

De todas maneiras, non deixan de ter interese estes estudos que analizan nun

amplo espectro temporal a evolución dun determinado proceso que neste caso

sería o da recepción da obra e o pensamiento do padre Feijoo. Con eles

pódese ter unha ollada moito máis rica e ampla de cales poden ser as claves

das respostas dunha sociedade concreta diante de determinados incentivos

intelectuais. Por outra parte, pode ollarse como, cun mesmo obxectivo, as

interpretacións poden ir variando e modulándose na historia dunha

comunidade segundo os criterios e valores que lle dan carácter á unha

determinada época. As dificultades destes estudos son evidentes, pois cada

época ten as súas fontes particulares de coñecemento e os métodos de análise

das mesmas son , en xeral, diferentes. De todas maneiras, considerando as

ventaxas que estes estudos diacrónicos poderían achegar, son cada vez máis

os traballos realizados baixo estas perspectivas, sendo aplicados sobre todo no

caso das historias temáticas: historia da ciencia, da filosofía, etc.

Neste traballo tentarase valorar como foi a recepción da obra e o pensamento

de Feijoo en Galicia desde o século XVIII ata actualidade. De todas maneiras,

tendo en conta as sinaladas dificultades que entrañan este tipo de estudos non

vai ser formulado con un carácter exhaustivo e definitivo senón, mais ben,

como unha primeira achega a esta cuestión.

UN ACHEGA DE BIBLIOGRAFÍA CUANTITATIVA.- Vanse considerar como

material de estudo, en primeiro lugar, aquelas publicacións, como libros e

artigos, realizadas por galegos ou desde Galicia sobre Feijoo e a súa obra.

Tómanse como base de partida as bibliografías recollidas na Biblioteca Virtual

do Miguel de Cervantes 6 ,que remata no 2003 con 331 citas das que 33 son

publicacións realizadas por galegos) e a de Aguilar Piñal 7, que remata no

1982, con 398 citas das que 94 son galegas. Posteriormente, as citas galegas

6 Miguel de Cervantes. Biblioteca virtual: Benito Jerónimo Feijoo > Su obra: Bibliografía (http://www.cervantesvirtual.com) 7 Aguilar Piñal,F. Bibliografía de autores españoles del siglo XVIII. C.S.I.C. Madrid (1981-2001)

3

foron completadas ata o ano 2013, con outros repertorios bibliográficos

investigados (sobre todo a Biblioteca da USC), ata un total de 165 libros e

artigos, que se recollen no APENDICE BIBLIOGRÁFICO deste traballo. Tamén,

e como complemento para o século XVIII, no que son moi escasas as achegas

bibliográficas, vanse considerar algunas citas sobre o Padre Maestro que

aparecen en obras escritas con outros obxectivos.

Clasificando, por períodos de tempo, as 165 obras consideradas, así como as

331 do repertorio xeral do Cervantes e as 398 de Aguilar Piñal, obtense o

seguinte resultado:

Citas bibliográficas, galegas, y de ámbito xeral, sobre o P. Feijoo

Galegas Cervantes Aguilar

Data máxima do repertorio: 2013 2006 1982 ____________________________________________________________________________

1750 – 1799……………………..3………………..4……….…….1.

1800 – 1849……………………..1………………..0……………..1

1850 - 1899…………………….32……..…….…..6……………37

1900 – 1949…………………….48……...……….19……………82

1950 – 1999…………………….70……………...268………….277

2000 – 2014…………………….11……………….34………….. –

____________________________________________________________________________

Este resultado concorda aproximadamente coa afirmación de Freire López8

sobre a recepción de Feijoo no XIX, en España:

Así como fue un best-seller (Feijjoo) en el XVIII, en los treinta primeros años del XIX no se hizo una sola edición de sus obras, y apenas sí exiten breves artículos o meras referencias a ellas. La muerte de Fernando VII en septiembre de 1833 no le deparó mejor fortuna. La primera edición del “Teatro Crítico” en el siglo XIX salió a la luz en 1852, y no se trataba de ninguna edición íntegra, sino de una selección de discursos en varios volúmenes, que fue sacando a partir de esa fecha, y en años sucesivos (1853, 1859) la imprenta de los Hermanos Ayguals de Izco. En 1863 se incluían unas “obras escogidas” en la Biblioteca de Autores Españoles (tomo LVI). Hasta el último cuarto del XIX, coincidiendo con la celebración del centenario de su nacimiento, no hubo trabajos de cierta entidad sobre su vida y su obra.

8 Freire López, A.M. Feijoo en el siglo XIX (Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán y Marcelino Menendez y Pelayo). (http://www.cervantesvirtual.com)

4

De todas formas, e á vista dos datos obtidos para Galicia, pódense realizar

unhas consideracións moito máis matizadas.

En primeiro lugar, hai que ter en conta que para realizar unha valoración

correcta destes resultados habería que referilos ao conxunto de todalas

publicacións de carácter xeral (libros máis artigos) publicados en Galicia ou por

galegos en cada período de tempo considerado. Como ese dato é totalmente

descoñecido, hai que utilizar como referencia o dato moito máis xeral, e mellor

coñecido, da producción bibliográfica española ou, sobre todo, universal. Esta

referencia fálanos, sempre, dun proceso exponencial de crecemento da

producción bibliográfica (que aproximadamente se duplica cada 10-15 anos)

(Price,D,J.S.9 López Piñero,J.M.10 ) que só, nos últimos anos, semella que

tende a unha certa estabilización. Analizando, en relación con esta tendencia

xeral, os datos para Galicia, pódese ver que, como sinala Freire López, que ata

a segunda mitade do XIX non se comeza a falar de novo de Feijoo e que esta

tendencia faise evidente, sobre todo, a partir das conmemoracións relativas ao

segundo centenario do seu nacemento. Elas xustificarían que o período que

ten unha maior importancia cuantitativa foi o comprendido entre 1950 e 1999

en boa parte por coincidir coa conmemoración do douscentos aniversario da

súa morte ao que se lle dedicou un Congreso en Oviedo (Feijoo y su siglo,

1964), o Curso Académico 1964-65 do Ateneo de Santander (Ocho ensayos en

torno a Feijoo, 1965) así como, na Universidad Nacional de La Plata

(Argentina) (Estudios realizados en conmemoración del II Centenario de su

muerte – 1764-1964. 1965). Nestas tres convocatorias académicas a presenza

de escritores galegos foi moi significativa. Finalmente, as 11 publicacións

dedicadas a Feijoo no que vai do século XXI , que serían 34 se este ritmo de

publicacións se extrapolase ata o 2049) indican que a preocupación sobre o

frade de Casdemiro, aínda que en diminución, segue viva en Galicia. De todas

maneiras, ao considerar o ritmo exponencial de crecemento que teñen no

ámbito xeral as publicacións, hai que recoñecer que esta perda de interese,

desde un punto de vista relativo, pode ser máis importante.

9 Price, D.J.S. 1956. The Exponential Curve of Science. Discovery, 17: 240-243. 10 López Piñero,J.M. El análisis estadístico y sociométrico de la literatura científica. Fac. Medicina. Valencia,1972.

5

Cando se comparan os resultados galegos cos de carácter xeral, aprezanse,

de toas maneiras, algunas diferencias significativas, como a maior importancia

que teñen as citas galegas con relación ás xerais na segunda mitade do XIX e,

mesmo na primeira do século XX. Por outra parte, tamén se destaca a

desmedida importancia que teñen, no ámbito xeral, as citas correspondentes

ao período 1950-1999 que supoñen o 90 % do total no repertorio do Cervantes

e o 78% no de Aguilar Piñal mentras que nas publicacións galegas só supoñen

un 45%. (*)

O SÉCULO XVIII. No repertorio que se utilizou como base deste estudo existen

só tres publicacións realizadas por galegos con relación a Feijoo. Este baixo

número habería que relativizalo si se relaciona coas poucas publicacións que

se imprimían neste século, así como cos resultados de ámbito xeral que

amosan esa mesma escaseza de citas.

Dous das citas galegas, son notas necrolóxicas redactadas polo padre Noboa,

de Samos e polo cura de Fruime, Diego Cernadas de Castro11 e, a terceira, é a

coñecida Demostracion critico-apologética del Theatro Crítico Universal (1732) 12 de Martin Sarmiento na que fai unha encendida e polémica defensa da obra

do seu compañeiro de hábito. Non foi esta a única obra na que defende a

Feijoo contra os ataques que estaba a recibir en España se non que outras,

inéditas no seu tempo, como Martinus contra Martinus (1731) e o Papel Satírico

(1731) contra Carlos de Montoya y Unzueta, tamén levaban ese mesmo

obxectivo. Tampouco se poderían esquecer a publicación dos 14 índices das

obras de Feijoo, así como as numerosísismas veces nas que Sarmiento fixo

referencia a súa obra .

A Oración Fúnebre (1765)13 redactada polo Meste Xeral da orde e antigo

abade de Samos, Eladio Noboa, é unha ampla peza de 58 paxinas escrita no

11 Cernadas de Castro,D. Ofrenda general para las exequias del muy ilustre Rvdo. P.M.Feijoo. 1774. En Xornalistas con opinión. Escolma de Textos. 2 (Coords. Aneiros,R. López,X. Freixanes,V. ) Consello da Cultura Galega. Santiago, 2010. 12 Sarmiento, M. Disertacion Crítico-Apologética del Teatro Crítico Universal. Madrid. 1739. 13 Noboa,E. Oración fúnebre en las exequias que en el 22 de enero de 1765 celebró el Real Monasterio de San Julián de Samos a su hijo en Muy Ilustre Señor, y … en Samos. 1765.

6

clásico estilo encomiástico destes traballos, no que fai un relatorio da vida de

Feijoo así como das vicisitudes que acompañaron aos seus traballos

destacando a boa recepción que tiveron en determinadas dignidades

eclesiásticas. Por outra parte, o escrito do cura de Fruime, tamén dentro das

costantes tradicionais destas pezas funerarias ten a orixinalidade de estar

dirixido á su muy Noble, muy Respetable y muy Amada la Nación Gallega. E

nel, destaca que:

El se ha sabido insinuar en el corazón de los mayores hombres y Principes de Europa, y aun fuera de, ella, de tal suerte que ninguno de buen gusto puede pasar sin tenerlo a la vista, quando menos en su viva copia, que son sus escritos, en que está respirando aquel dulce aliento, aquel brillante espíritu, aquel suve agrado, aquel candor ingenuo, aquel talento delicado, aquel perspicaz discernimiento, aquel poderoso atractivo con que enseña, deleyta, mueve,encanta y se hace dueño de los ánimos de todos.

Concluíndo, con unha nova referencia a Galicia: Feijoo, Señora, áun después

de muerto, os estará dando aquel lustre y brillantez, que os daba de vivo; y la

posteridad os dará siempre el parabién de ser madre suya. Aínda que foi

publicada en 1774, co conxunto da obra do Cura de Fruime, debeu de ser

redactada no mesmo ano da morte do P. Feijoo, en 1764.

Nun século tan escaso en publicacións como foi o XVIII (sobre todo cando se

comparan cos seguintes) non pode reducirse só a elas o rastrexo sobre as

pegadas que a obra de Feijoo deixou en Galicia. Tanto ou máis importantes

poden ser as referencias que poden aparecer sobre seus traballos na obra dos

escritores galegos deste século. Maiormente, as correspondentes aos homes

máis sensibles ao pensamiento ilustrado como Cornide, Somoza de Monsoriu,

Sanchez, Labrada, Consul, etc. Sin chegar a facer unha investigación

exhaustiva, a lectura das principais obras destes representantes das luces

galegas non amosan citas sobre Feijoo, algo semellante ao que aconteceu con

Jovellanos, Floridablanca ou Campomanes. Só o caso do asturiano afincado en

Galicia, Consul Jove, que no seu Ensayo sobre la Hidraulica Rustica (1788)14 e

no seu Discurso Preliminar no que fai unha dura crítica da física aristotélica,

acude a unha cita do benedictino para darlle peso aos seus argumentos en

contra das aplicacións á cuestións médicas que realizaban alguns profesores

(*) Para o cálculo das porcentaxes tívose en conta só as citas anteriores a 1999. Como a bibliografía de Aguilar Piñal remata no 1982, neste caso considerouse a producción estimada para 1999 se a tendencia fora constante. 14 Consul Jove, F. Ensayo de Hidraúlica Rústica. Impr. I. Aguayo. Santiago, 1788.

7

da Universidade de Santiago, “teólogos peripatéticos y filosofos del escotismo”

:Ya lo dijo el P. Feijoo, que aunque toda la Filosofía de las Escuelas, y libros de

Aristóteles se pusiesen en un Alambique, no darían una gota de esencia para

la Medicina.

Moito máis importantes foron as citas que sobre Feijoo recolle o médico

Fernando Oxea na súa Disertación Médica15. Desde a “Breve advertencia

apologética” na que xa invoca ao incomparable Feijoo ata as oito veces que o

Padre Maestro é citado como criterio de autoridade, ben polo seu pensamento

ou ben polos casos prácticos que considera. En toda a obra están presentes os

criterios empiristas que defende o benedictino, así como outros novatores

como Martinez, Piquer ou Valles. Do tamén médico, Gómez de Bedoya, que foi

o mestre de Oxea na Universidade de Santiago, tamén se considera que foi un

dos defensores de Feijoo nesta institución, se ben na súa obra fundamental

Historia de las Fuentes Minerales de España (1764)16 é citado escasamente,

sobre todo se o comparamos coa profusión coa que se fai referencia nesta

obra aos outros novatores que destacaron no eido da medicina (Martinez,

Piquer, Rodriguez, etc.). A defensa de Feijjoo na Universidade de Santiago,

segundo Varela,C.17 está representada pola obra do P. Santos Bello gusto de

moda .

Finalmente, existe outro dato que pode ser interesante para avaliar en que

medida a obra e o pensamento de Feijoo foi considerado pola sociedade

galega do XVIII que é o da presenza nas bibliotecas públicas ou privadas das

obras do Padre Mestre. Da Universidade de Santiago, sábese que en 1774

eran mercadas polo bibliotecario Valle-Inclán ao libreiro Sancha e Alberá e que

existían tamén en moitas bibliotecas conventuales (Rey Castelao, O 18). Das

bibliotecas privadas investigadas coñécese a presencia das obras de Feijjoo,

na do arzobispo Muzquiz RC), así como nas de algún pazos como os de Oza,

15 Oxea, F. Disertación Médica de la simplicidad, i sencillez con que se debe ejercer la Medicina. I. Aguayo. Santiago, 1777. 16 Gomez de Bedoya y Paredes, P. Historia Universal de la fuentes minerales de España. I. Aguayo, 1764. 17 Varela, C. Quien no moliniza janseniza. Lecturas prohibidas nas bibliotecas compostelanas. En Ilustración e modernidade. (Coord. Barreiro, X.L.) USC. Santiago, 1997. 18 Rey Castelao, O. Libros y lecturas en Galicia: siglos XVI-XIX. Xunta de Galicia. Santiago, 2003.

8

Viloria (PS) ou de Casaldireito, no Ribeiro (DC) 19. Pódese intuir, polo tanto

que a presenza das obras de Feijoo no século XVIII era relativamente frecuente

nas bibliotecas institucionais galegas, así como nas correspondentes ao alto

clero, e as dos nobles e fidalgos que tiñan un certo nivel cultural.

O SÉCULO XIX. Como sinalan Marañon, G. (1934) 20 Freire López (1996) 21e

Barreiro Fernandez (1996) 22 na primeira mitade do século practicamente non

hai ninguna cita sobre Feijoo e, as poucas que existen corresponden a

extranxeiros como Laborde (1808) ou Blanco White (1822). Semella como si o

alento renovador do bendictino, tan valorado no século anterior caera nun

esquecemento forzado que nen sequera os contados períodos liberais dese

tempo conseguira restablecer. Para algún investigador (Galech, J.M. 2010 23).

a hostilidade dos románticos cara a Ilustración podería ser debida a que para

uns resultaba “clerical e timorata” mentres que para outros era “arriscada e

heterodoxa”. A recuperación da figura do Padre Mestre para España comezaría

en 1852 coa reedición do Teatro Crítico e, sobre todo, cos estudos que se lle

dedicaron coa ocasión da celebración do segundo centenario do seu

pasamento. De todas maneiras, foi unha recuperación, cuantitativamente, moi

lenta que só alcanza un crecemento importante ata a segunda mitade do

século vinte, prácticamente cen anos despois. Posiblemente, esta

recuperación, da obra de Feijjoo correu paralela ao interese que para os

historiadores foi collendo o período ilustrado como un dos momentos nos que

a vida española comeza a manifestar unha nova vitalidade e un desexo de non

perder o tren da cultura europea, maiormente no relativo á polémica sobre a

Ciencia en España.

19 Saavedra,P. A cultura pacega. Algunhas mostras. En Homenaxe a Xosé Luis Barreiro Barreiro. USC. Santiago, 2011. 20 Marañón,G. Las ideas biológicas del Padre Feijoo. Ed. Espasa. Madrid, 1934. 21 Ibid. (8) 22 Barreiro Fernández, X.R. 1996. O estudio crítico das obras do P. Feijoo de Pardo Bazán, Concepción Arenal e Miguel Morayta. La Tribuna, 2003. 23 Galech, J.M. Astrología y medicina para todos los públicos: las polémicas entre Benito Feijoo, Diego Torres y Martín Martinez y la popularización de la ciencia en la España del siglo XVIII. Univ. Aut. Barcelona. 2010

9

En Galicia, o despertar dun sentimento positivo cara a figura do Padre Maestro

foi moito máis importante e adiantado que no resto de España (un 15% das

citas galegas fronte ao 3%, xeral).E, ainda que non se pode realizar unha

comparación estricta dos datos, porque as citas correspóndense con

repertorios diferentes, as diferencias entre eles é tan elocuente que non pode

existir dubidas sobre o carácter diferencial que presenta a recuperación da

obra de Feijoo no ámbito galego en comparación co xeral, español. Seguindo a

Barreiro Fernandez (1996) a razón desta peculiaridade galega pode residir na

importancia que a primeira xeneración de escritores galeguistas (os

provincialistas) lle deron a figura de Feijjoo. Nela, atopaban un referente

identitario que destacaba con luz propia no universo cultural español e que

enlazaba perfectamente coa procura dunha historia de Galicia ben asentada en

figuras indiscutibles e de renome universal.

Foi o traballo de Antolín Faraldo en 1842, en El Recreo Compostelano 24 sobre

Feijoo dentro dunha sección que debería estar dedicada aos filósofos galegos

o que iniciou a rehabilitación da memoria do Padre Maestro en Galicia. É un

traballo bastante amplo, que non foi concluido pola desaparición da revista ,

que se ennoblece cun gravado relativamente bó e que comeza cunha clara

afirmación galeguista: El mejor sabio español del siglo 18 ha sido gallego. Fai

unha boa descripción da vida e a calidade da obra do benedictino, incluíndo

curiosas referencias como a que lle dedica a unha pesudociencia, daquela de

moda, como era a frenoloxía (Dotado de una penetración profunda: de una

memoria prodigiosa – que el frenólogo debe notar con atención, pues está

manifestada en los ojos grandes que ofrece su retrato) ou a súa capacidade de

traballo (una aplicación a las tareas literarias, que solo tenía de interrupción

cuatro horas al día).

Despois desta temperán referencia, está o traballo do abogado coruñés, Pelayo

Catoira, de 1860 25, en Galicia. Revista universal deste Reino. No que se laía

de que en Galicia non se fixera a lembranza de Feijoo, como había pouco

acontecera en Salamanca con Frei Luis de León, erixíndolle un monumento

(Aquel pensamiento era la evocación de otra tumba, olvidada también, durante

24 Faraldo, A. 1842. Filósofos gallegos: Feijoo. El Recreo Compostelano, 3:30-37 e 4:85-88. 25 Catoira, P. 1860. Fr. Benito Gerónimo Feijoo. Galicia. Revista Universal de este Reino. I : 76-77.

10

cien años, pero tan santa para España, relicario de veneración para

Galicia…Aquella tumba es tuya ¡oh Galicia¡ porque allí están los despojos que

te dejó la muerte de Fr. Benito Feijoo). Tamen lembra que “un joven artista”

propuxera había pouco na Revista Económica, de Santiago facerlle una estatua

a Feijoo, iniciativa que retomaba e brindáballa a Universidade de Santiago e á

prensa local, deste xeito “canonizaremos como buenos gallegos la memoria de

tan esclarecido compatriota”. Pero vai ser, sobre todo Manuel Murguía,

apoiado no incuestionable prestixio intelectual do que disfrutaba en Galicia,

quen sitúe a Feijjoo como un dos alicercces do renacer cultural de Galicia..No

Diccionario de Escritores (1862 )26 destaca o papel singular que exerceu

Feijoo, xunto con Sarmiento, como adiantados dunha tradición cultural que

enraizaba e lle daba soporte a pulsión identitaria que defendía o movemento

rexionalista do que Murguía era un dos máis recoñecidos ideólogos.

O punto álxido desta recuperación da figura do benedictino chegou coa

celebración da efeméride en Ourense do segundo centenario do seu

nacemento en 1877. Barreiro Fernandez, X.R. (2014) 27 neste mesmo

Symposium, nun esclarecedor e riguroso traballo, informa dos detalles e

significado deste acontecemento. O claustro do Instituto de Ourense, en 1875

alerta da próximidade do bicentenario e insta as autoridades a celebralo con

toda a solemnidade. O punto central do mesmo foi a celebración dun Certame

público ao que concurriron figuras da talla da Pardo Bazán e Concepción

Arenal . A polémica e repercusións que suscitou o fallo do xurado así como a

difusión posterior dos textos das autoras galegas, contribuiron á popularización

da obra e figura de Feijoo, mesmo en España.

De todas maneiras os ecos desta efeméride nos se apagaron co fallo do

Certame xa que, prácticamente coetánea dela foi a inciativa de erixirlle a Feijoo

en Ourense unha estatua por subscripción popular. Esta iniciativa xa era

26 Murguía,M. Diccionario de Escritores. 1862. 27 Barreiro Fernandez, X.R. A ollada crítica sobre a obra de Feijoo de dúas escritoras galegas: Concepción Arenal e Emilia Pardo Bazán. En B.J. Feijoo. Renovador do pensamento da llustración no 250 aniversario do seu pasamento (1676-1764). Consello Cult. Galega. Santiago, I2014.

11

alentada en 1876 por Curros nun dos seus poemas (Alonso Montero,X. 1966 28):

Del recio polvo que mancharte pudo

vas a exhumar el ídolo olvidado…

al colocarlo en el altar Sagrado.

El Heraldo Gallego, xornal ourensan que dirixía Valentín Lamas Carvajal

promoveu unha intensa campaña na promoción do bieito galego, na que se

destacaría a publicación en 1876 do Album Literario La Aldea de Casdemiro 29

con colaboracións de Hermida,J.M. Vesteiro,T., Paz Novóa,J.M., Somoza de la

Peña,J.M., Muruais,J. Curros Enriquez,M., Saco y Arce,J.A., Vazquez,R.,

Rodriguez Seoane,L. Lamas Carvajal,V. Calé y Torres,E.

Tamén, a comisón pro monumento encargoulle a Curros en 1879 un apropósito

teatral sobre a Figura de Feijjoo para que fora representada pola compañía del

aragonés Luis Blanc, daquela de xira por Galicia. Foi escrita polo poeta de

Celanova en poucas horas e representada con moito éxito . De feito, poucos

meses despois, foi de novo posta en escena por unha compañía local. Nesta

obra, Curros presenta a un Feijjoo, que aparece na terceira escena coas Cartas

Eruditas na man e pronunciando unha diatriba contra os defensores do

obscurantismo:

Partidarios del error

en cuya noche sombría

huerfano el pueblo gemía

sin norte y sin redentor

Era unha figura moi do século XIX, democrática e populista que se presentaba

cunha visión moi aberta do celibato eclesiástico e a quen se lle agradecía, por

exemplo, os beneficios que os seus consellos reportaban aos agricultores

(Gracias a sus libros, gracias / a sus agudos consejos / sobre el cultivo del

campo, / tenemos los graneros / llenos,….) (Alonso Montero, X. 1966)

28 Alonso Montero, X. Feijoo y Curros Enriquez. El P. Feijoo y su siglo. Oviedo, 1966. 29 v/a. La Aldea de Casdemiro. Album literario dedicado a la inmortal memoria del ilustre crítico Padre Feijoo, publicado por El Heraldo Gallego. Orense, 1876.

12

Finalmente, o 8 de setembro do ano 1887, despois de doce de espera,

inaugurouse no centro de Ourense a estatua de Feijjoo deseñada por Zabala e

modelada polo catalán Juan Soler (Otero Tuñez, 1966 30). Houbo festas cinco

día e faloúse de que asistirán 20.000 personas (o doble da que tiña a cidade

naquelas alturas). Certames literario e científico, concurso de orfeóns, feira e

concurso de gando , fogos de artificio, etc. contribuiron a que o acontecemento

non fora esquecido en moito tempo. Manuel Pereiro Rey, home de negocios

ourensán e presidente da Comisión pro Monumento puido , por fin, descansar

tranquilo e comprobar que o diñeiro que achegara (quizais menos do que se

falou) e, sobre todo, os desvelos e contratempos que tivo que aturar, tiña por

fin seu recoñecemento. O día 9 houbo un acto solemne na catedral no que

Marcelo Macias leeu un notable discurso de glosa do Padre Mestre.

Un feito singular deste período, foi o da presenza da obra de Feijoo nas

publicacións que comezaban a editar as comunidades galegas americanas.

Viña motivado por unha necesidade, similar á dos movementos rexionalistas,

de atopar na historia galega persoeiros singulares e de recoñecido prestixio,

mais agrandada agora pola saudade da patria distante. Foron varias as que

recolleron semblanzas do benedictino ou publicaron estractos da súa obra

como “El P. Feijoo” (1887) en Galicia Moderna de La Habana, “La casa

solariega del P. Feijjoo (1887) Galicia Moderna, ou “El P. Feijoo” (1895) en La

Tierra Gallega, tamén de La Habana. Sen dúbida, que os diferentes estudos

que se teñen feito sobre a presenza de Feijoo en América (Palacio Artad, 1966 31, Filgueira, 1971 32, etc.) no deberían de esquecer este xeito singular de

recoñecemento da súa figura alén dos mares.

De todo o dito habería que concluir que a importante diferencia que se

establece cuantitativamente, neste período, entre as publicacións sobre Feijjoo

feitas por galegos e, as restantes, foi debida, en primeiro lugar, á

transcendencia que acadou a súa figura, sobre todo en Ourense, pola

convocatoria do Certame literario e a erección dunha estatua, e,

30 Otero Túñez, R. Iconografía del P. Feijoo (esculturas). Feijoo y su siglo. Oviedo, 1966. 31 Palacio Artad, V. La influencia del P. Feijoo en América. El P. Feijoo y su siglo. Oviedo. 1966 32 Filgueira Valverde, X., el Padre Feijoo y los españoles americanos. Pontevedra. 1971.

13

secundariamente, polas publicacións galegas do alén mar. Feitos que,

evidentemente, non tiveron seu paralelismo no resto de España.

O SÉCULO XX.- Este período é o que acumula o número máis importante de

traballos sobre Feijjoo, sobre todo fora de Galicia. Por iso, desde un punto de

vista sistemático é acosellable dividilo en dúas partes: a das publicacións

anteriores á Guerra Civil, e as que se editaron desde seu remate ata finais de

século.

A característica máis sinalada a nivel español deste período foi que, a pesar

das citas de intelectuais de prestixio como Menendez y Pelayo, M (1904) 33 ,

Azorin (1913) 34 ou Pérez de Ayala, R. (1918) 35, en xeral, a figura de Feijoo

seguiu sumida nun certo silenzo ata a chegada da renovación intelectual dos

anos vinte. A partir dese momento sucédense unha serie de feitos singulares

que volven a poñe a Feijjoo na axenda cultural española: O interese que

demostra a Revista de Occidente con traballos como o de Salinas,P. (1924) 36

e o de Marañón, G. (1933) 37, a preocupación que manifestan pola obra do

Padre Maestro escritores de outras nacionalidades como o catalán Carreras

Artau (1930) 38, a recepción da obra do francés Delpy L´Espagne el t´espirit

europén. L´ouvre de Feijoo (1726-1760) (París, 1930) 39, e, sobre todo as

repetidas achegas no estudo da figura do benedictino de Gregorio Marañon

que culminarían coa publicación de Las ideas biológicas del Padre Feijoo pola

prestixiosa Editorial Espasa (Madrid, 1934). Tampouco habería que desbotar,

como dato significativo, o interese de alguns intelectuais americanos, como foi

o caso de Antonio Rubio, en 1937 40, desde a Universidad Autónoma de

México (La crítica del galicismo en España desde Feijoo a Mesonero (1726-

1832). 33 Menendez y Pelayo, M. Historia de las ideas estéticas en España. Madrid, 1904. 34 Azorín. Los valores literarios. Madrid, 1913 35 Pérez de Ayala,R. Política y toros. Madrid, 1918. 36 Salinas, P. 1924. Feijoo en varios tiempos. Rev. Occ. III, 8 : 259-265 37 Marañón,G. 1933. Revisión de la historia del hombre-pez. Rev. Occ. XLII, 125: 162-183. 38 Carreras Artau, Feijoo y las polémicas lulianas en el siglo XVIII. Barcelona, 1930 (reed. En Santiago, 1934) 39 Delpy, G. L´Espagne et l´esprit européen. L´oeuvre de Feijoo (1725-1760). Paris, 1936. 40 Rubio,A. La crítica del galicismo en España desde Feijoo hasta Mesonero (1726-1832). Univ. Nac. Aut. México. 1937

14

En Galicia, o século comeza con duas publicacións importantes, a de López

Pelaez 41 sobre Los escritos de Sarmiento y el Siglo de Feijoo (1901) e a de

Justo E. Areal 42, sobre Poesías inéditas del P. Feijoo (1901), na que se

recuperan 40 poemas inéditos procedentes do convento de Lérez. Despois

delas hai un significativo silenzo que se pode poñer en paralelo con o

acontecido no resto de España ata os anos vinte en que Marcelo Macias 43 no

Boletin da Comisión de Monumentos de Ourense (1926) volve a tratar sobre o

Feijoo poeta. De todas maneiras, o feito máis importante no relativo as achegas

desde Galicia á figura de Feijoo foi a publicación, en 1931, da Conferencia de

Santiago Montero Díaz sobre Galicia en el Padre Feijoo. Neste documentado

traballo, fai repaso con novas ideas e formulacións, que de feito atinxen a toda

a obra do benedictino, a presenza de Galicia nas súas publicacións. Presenta a

un Feijoo “galleguista, patriota e demócarta” do que conclúe que foi :

Preocupado de los temas universales, pero también de los regionales dolores; maestro de la España pensante, pero también apostol de la Galicia sufriente; admirador de cuanto en el mundo ha sido grande y benéfico, pero también conocedor de cuanto Galicia ha realizado en la historia de Europa; maestro universal del siglo XVIII, y por universal y por maestro, gallego sobre todas las cosas.

Na segunda obra que lle dedica ao Padre Mestre (Las ideas estéticas de P.

Feijoo, 1932) 44 fai unha atinada crítica daqueles que falan da “gran cultura

pero perverso gusto de Feijjoo” así como da súa “escasa sensibilidad para las

artes y la poesía” amosando, con novos e agudos argumentos, os valores

estéticos que poden ser atopados nas súas obras.

Destes mesmos tempos, serían destacables traballos de intelectuais da talla de

Cotarelo Valledor, que publica en Nos , en 1930, (A mocedade do P. Feixoo) e

de Otero Pedrayo, quen inicia os multiples estudos que lle dedicou ao Padre

Mestre co artigo publicado en El Pueblo Gallego , en 1935, sobre A saudade do

P. Mestre.

Finalmente, para este período do século XX que precedeu a Guerra Civil

española, foi tamén moi singular a presenza de Feijjoo nas publicacións da

emigración galega en América. Con unha frecuencia e importancia moi superior

41 López Pelaez, A. Los escritos de Sarmineto y el Siglo de Feijoo. La Coruña, 1901 42 Areal,J. Poesías inéditas del Padre Feijoo. Tuy, 1901. 43 Macias, M. 1926. Feijoo, poeta. Bol. Com. Monum. Orense, 8. 44 Montero Díaz,S. 1932. Las ideas estéticas del Padre Feijoo. Gac. Univ. Sant. Comp.

15

as do período precedente foron aparecendo en, practicamente todas as

revistas do alén mar, recensións ou anacos das obras de Feijjoo ou, sobre

todo, referencias e artigos nos que se valoraba a importancia da súa obra e se

destacaba seu significado como símbolo egrexio da nosa historia como pobo. E

así, atopámonos con traballos en Aires da miña terra (1908), Suevia (1913),

Centro Gallego (1918), Almanaque Gallego (1923), Celtiga (1926), Alma

Gallega (1937) etc.

Despois dos actos e publicacións relativos ao seu centenario, a popularidade

de Feijjoo en Galicia foi medrando progresivamente, un signo da cal foi as

numerosas rúas e prazas que lle foron dedicadas, feito do que o escritor

portugués Fialho de Almeida da expresiva conta, ao seu paso por Ribadeo, no

relato da viaxe que relizou por Galicia en 1905 (Cadernos de viagem, Galiza,

1905. Santiago, 1996 45) : Em Rivadeo, como em todas as terras da Galiza, a

calle Feijoo, … sao coisas obrigadas.

O período comprendido entre o final da Guerra Civil e o remate do século foi o

que acumulou, con diferencia, o maior número de obras relativas ao Padre

Mestre. Deixando a parte o feito de que é tamén o período en que a producción

bibliográfica, en xeral, é tamén a máis abundante pódense considerar que en

España se deron un conxunto de circunstancias favorables. Por unha parte

créase en 1954 na Universidade de Oviedo, instituída polo Concello desa

cidade a Cátedra Feijoo, que posteriormente, en 1972, se transforma no Centro

de Estudios del siglo XVIII, en 1987 no “Instituto Feijoo del siglo XVIII e,

finalmente, no 2005 adquire o rango de Instituto Universitario. El promoveu a

revista Cuadernos de la Cátedra Feijoo e a celebración dunha serie de

congresos e reunións científicas que tiñan como obxectivo, directa ou

indirectamente, a vida e a obra do benedictino. Dun xeito singular, No ano

1964, con motivo de cumplirse o IIº Centenario do seu pasamento celebráronse

un conxunto de conmemoracións que supuxeron unha achega moi importante,

cuantitativa e cualitativamente nestes estudos, como foi o caso do Congreso

“Feijoo y su siglo” celebrado en Oviedo. O curso 1964-65 do Ateneo de

Santander foi dedicado a conmemorar a obra do benedictino e, finalmente, en

45 Fialho de Almeida. Cadernos de Viagem. Galiza, 1905. Ed. Laiovento. Santiago, 1996.

16

Buenos Aires, la Universidad Nacional de La Plata dedicoúlle unha serie de

estudos.

Tamén puido influir na proliferación dos estudos feixoonianos, o feito de que o

seculo XVIII e, máis concretamente a Ilustración española, pasou a ser un tema

importante e de crecente interese para os intelectuais españois (historiadores,

economistas, científicos, etc.). De ser unha época relativamente obscura

históricamente foise pasando grazas aos traballos de Dominguez Ortiz (1955) 46, Herr,R. (1960) 47, Anes,G. (1969) 48, Elorza,A. (1970) 49 ou Sarrailh,J. (1974)

50 a ser un período apaisoante e necesario para o entendemento dos

avatares da modernidade en España. O clima da Transición, que tentaba

atopar novos alicerces para a inserción do pensamento español coas correntes

europeas, así como a ocasión que brindou a conmemoración do IIº aniversario

da morte de Carlos III axudou a popularizar estes estudos e a crear un

ambiente favorable a súa recepción.

En Galicia, non foi menor a preocupación polo XVIII, sobre todo da man dos

historiadores herculinos Martinez Barbeito y Meijide Pardo, que desde os anos

sesenta viñéronse preocupando por problemas de historia local e económica.

Despois foron os economistas os que descubriron, a partir do anos setenta, a

importancia do pensamiento ilustrado como un dos primeiros intentos de

racionalización da nosa economía (Dopico, 1978 51, Beiras, 1972 52 ) e

finalmente , na altura dos oitenta, foron os filósofos, os que se preocuparon

pola historia do pensamento galego (Barreiro,X.L. 53) os que dun xeito máis

singular consideraron a Feijoo como un dos referentes galegos da ilustración..

De todas maneiras, bastante antes de que esta corrente de valoración do

movemento ilustrado chegara a Galicia e de que o conxunto das diferentes

46 Dominguez Ortíz, A. La sociedad española en el siglo XVIII. Madrid, 1955 47 Herr, R. España y la Revolución del siglo XVIII. Aguilar. Madrid, 1960 48 Anes,G.. Economía e Ilustración en la España del siglo XVIII. Ariel. Barcelona, 1969 49 Elorza,A. La ideología liberal en la Ilustración española. Tecnos. Madrid, 1970 50 Sarralih,J. La España ilustrada de la segunda mitad del siglo XVIII. F.C.E. México, 1974. 51 Dopico,F. La Ilustración e a sociedade galega. Ed. Galaxia. Vigo. 1978. 52 Beiras, X.M. Notas previas para una economía política de la “Ilustración Gallega” En La economía gallega en los escritos de Pedro Antonio Sanchez. Ed. Galaxia. Vigo, 1973. 53 Barreiro, X.L. (coord..) Sonos e soños da razón. Univ. Santiago de Compostela. Santiago, 1993.

17

celebracións subscitaran o interese dos investigadores galegos, houbo unha

serie de actos e publicacións que non se deben esquecer.

En primeiro lugar, a inauguración da estatua , realizada por Asorey, no gran

claustro do mosteiro de Samos. Fora unha iniciativa que dera seus primeiros

pasos antes da Guerra Civil pero que non callou ata despois dela de mans

dunha comisión presidida por Gregorio Marañon e que tiña por secretario a

Santiago Montero Díaz. Inagurouse con toda a solemnidade o 24 de agosto de

1947, sendo abade de Samos Mario Gómez Pereira. Una ano despois chegaba

ao mosteiro Ramón Cabanillas para iniciar a que sería unha larga en afectiva

relación con este lugar. Semella que foi moi pouco despois cando comeza o

seu poema Samos (1958) 54, que sería seu derradeiro traballo. Nel, dedícalle

unhos sentidos versos á esta estatua do Padre Mestre:

Mentras no pedestal, inmobre, erguido,

surrí bondadoso e escoita compracido

noso Padre Feixóo, o mestre aceso

pola Verdade, alleo ó prexuicio,

que aquí xogou novicio

e visteu a cogulla de profeso;

o gran gallego de visión certeira

e pruma sabia, crítica e recoita,

que aquí atopou repouso a canseira

do longo enseño e da esforzada loita.

A partir deste acontecemento comeza en Samos unha sigular preocupación

intelectual por Feijoo da que habería que destacar a serie de artigos do frade

Narciso Pérez sobre El Padre Feijoo y las Ciencias Naturales (1947) 55 que fora

premiada pola Academia de Ciencias Fisicas y Naturales e publicada na súa

revista, así como as publicacións propias da abadía, que editaron no contorno

do seu segundo centenario (González,V. El Padre Feijjo y su monasterio de

54 Cabanillas,R. Samos. Ed. Xerais. Vigo. 2010. 55 Pérez,N. 1947. El P. Feijoo y las Ciencias Naturales. Un capítulo de Historia de la Ciencia Española. Rev. Real Ac.Ciencias Exactas Fiscas y Nat. : 119-124, 287-336, 469-513, 599-643.

18

Samos, 1966 ou Leirós,S. El padre Feijoo. Su magisterio. Antología de sus

obras, 1967).

A outra estatua erixida a Feijoo en Galicia inaugurouse en 1961 en Allariz, terra

dos seus antepasados, con unha obra do escultor ourensán Failde na que se

nos amosa un frade novo, pensativo, e como ollando cara o chan.

Manuél Casas, presidente da Real Academia Galega, dedícalle tamén dous

artigos que publica no Boletin da RAG (“El P. Feijoo juzgado en su tiempo”,

1950 e “El P. Feijoo y la justicia”, 1952) e Ramón Otero Pedrayo continúa seu

labor investigadora e divulgativa sobre o Padre Mestre con artigos en El Pueblo

Gallego (“El delirio del Padre Maestro, 1943), en La Noche (El P. Feijoo a

través de Concepción Arenal, 1946) , en Aturuxo (Fray Benito Jerónimo Feijoo,

1952) ou en La Región (¡Adios Padre Maestro¡, 1958).

Finalmente, habería que destacar tamén para este período o capítulo que

Baltar Dominguez lle dedica a Feijoo no seu clásico libro Opusculos médicos

gallegos del siglo XVIII (1961) 56 e a colaboración de Sanchez Cantón con os

acabados de crear na Universidad de Oviedo Cuadernos de la Cátedra Feijoo

(Ideas de los PP. Feijjo y Sarmiento sobre la organización de los estudios, 1961

)57 . E, como non podía ser menos, as publicacións da emigración continúan co

seu labor divulgador sobre Feijoo (Saudade, 1944, Alma Gallega, 1947, Lar,

1960, etc.) e, sobre todo, coa referencia a Alba de Groria (1948), ese

emocionante manifesto galeguista, a última intervención pública de Castelao o

Día de Galicia en Buenos Aires, na que imaxina unha Santa Compaña

composta de “galegos inmortaes”, entre os que aparecería Feijjoo na compaña

de Sarmiento “que remediaron o retraso cultural de España coa súa poderosa

erudición e o seu xenio enciclopédico”

A participación galega nas actividades académicas que se celebraron en 1964

para conmemorar os douscentos anos do pasamento do Padre Feijoo foi

destacada. No simposio celebrado en Oviedo sobre El Padre Feijoo y su siglo

(1966) participaron Alonso Montero cun traballo sobre Curros, Xosé Luis 56 Baltar Dominguez, R. (estudio sobre la época y los autores) Opúsculos médicos gallegos del siglo XVIII. Bibl. Gallegos. Santiago, 1961. 5757 Sanchez Cantón, F.J. Ideas de los PP. Feijoo y Sarmiento sobre la organización de los estudios. Cuad. Cátedra Feijoo. Oviedo. 1961.

19

Varela con outro sobre a “literatura mixta” en Feijoo 58 e Otero Tuñez sobre a

iconografía feixooniana. Máis importante, relativa e cunatitativamente, foron as

achegas galegas ao Curso organizado polo Ateneo de Santander, publicado

como Ocho ensayos en torno a Feijoo, (1965) xa que dos oito conferenciantes,

tres eran galegos: Rof Carballo, X. (Medicina crítica y medicina comprensiva en

la obra de Feijoo), Gamallo Fierros,D. (La poesía de Feijoo) e Otero Pedrayo,

R. (Coordenadas históricas de la vida del P. Feijoo). Nos estudos dedicados

pola Universidad Nacional de La Plata a Feijoo tamén foi notable a

participación galega con importantes traballos como o de Luis Seoane sobre a

estética de Feijoo en relación cos movementos renovadores da arte

contemporánea ou os dodus dedicados á medicina da época por Garcia

Armesto,F. e Sanchez Guisande. É de destacar tamén, na publicación que

recolle estes estudos, o pouco coñecido dibuxo que realizou Díaz Pardo sobre

Feijoo e que se reproduce no comezo da publicación.

En Galicia, esta conmemoración tivo moita menos resonancia que as

convocadas no século XIX que, daquela, foron posiblemente as máis

importantes das realizadas en España. Só merece sinalarse o Certame literario

sobre a figura de Feijoo, convocado polo, acabado de crear, Instituto de

Estudios Orensanos, e que foi gañado por Otero Pedrayo coa sua obra El

Padre Feijoo. Su vida, doctrina e influencias. O segundo premio

correspondeulle a Perez-Rioja, A. co traballo Proyección y actualidad de

Feijoo. A monumental obra de Otero foi publicada oito anos despois, en 1972, e

pode ser considerada, pola súa magnitude, así como pola visión integradora e,

en moitos aspectos, novedosa e suxerente que nos achega sobre o Padre

Maestro, como unha das grandes referencias sobre Feijoo que foron editadas

no século XX.

Estimuladas pola resoancia que acadou Feijoo cos actos do segundo

centenario do seu pasamento , apareceron un conxunto bastante amplo de

publicacións nos máis diversos medios feitas por importantes persoeiros da

cultura galega como Blanco Amor El Padre Feijoo. Tema con variaciones

(1966), Barreiro Barreiro,X.L. Defensa das mulleres (1967) Pensado, X.L.

58 Varela, J.L. La literatura mixta como antecedente del ensayo feijooniano. Feijoo y su siglo. Oviedo, 1966.

20

Feijjoo e Sarmiento. Duas vidas sen paralelismo (1967) Rof Carballo,X.

Montesquiu, el P. Feijjoo y el Madarín (1965), ou Varela Jàcome,B. Las

preocupaciones literarias del P. Feijoo (1968).

No que resta de século non decaeu demasiado o interese por Feijoo pois,

habería que destacar, na década dos setenta, a publicación dos traballos de

Chao Espina (1971-76) sobre a bioloxía do P. Feijjoo 59, o de Varela,J.L. (1970)

sobre o xénero do ensaio 60ou o de Filgueira, X.F. (1971) sobre as relacións

cos españois americanos 61. Nos últimos anos habería que sinalar a aparición

en Galicia de algúns “expertos” na obra de Feijoo, como foi o caso de López

Vázquez, X.R. (1994-95) sobre seu escolasticismo 62 ou a de Martinez Lois,A.

(1988-92) sobre a obra filosófica 63.

O SÉCULO XXI.- Inmaculada Urzainqui na Introducción ao Simposio Feijoo

hoy. Semana Marañón 2000 sinalaba que desde o último congreso

internacional celebrado en Oviedo sobre Feijoo, en 1976 (II Simposio Feijoo y

su siglo) :

los estudios y la investigación sobre su obra han venido sufriendo un cierto retroceso. Al menos en comparación con otras figuras de la Ilustración que vinieron después como Jovellanos, Forner; Campomanes, etc. que se han beneficiado mucho más del interés y la renovación de estudios sobre el siglo XVIII que se ha vivido en los últimos años.

Esta realidade, que se constata tamén no análisis bibliométrico, pode ter a súa

explicación nun certo esgotamento dos temas que subscita o Padre Maestro ou

ben nunha deriva do interese investigador cara outros obxectivos. De todas

maneiras, o “tema Feijjoo”, ainda que atenuado, segue vivo, como demostran o

significativo número de investigacións que se realizaron no que vai deste

59 Chao Espina,H. 1971-72. Feijoo e Sarmiento encol da balea. Bol. R. A.G. XXVI., La generación “ex ovo” dentro de la zoología feijooniana. Bol. R.A.G. XXX., Los vivíparos y la psicología animal en el P. Feijoo. Bol.R.A.G., XXXII. 60 Varela,J.L. 1970. El ensayo de Feijoo y la Ciencia. Madrid, 1970. 61 Ibid. (32) 62 López Vazquez, X.R. O Padre Feixoo, escolástico. 1995. 63 Martinez Lois, A. El padre Feijoo (Naturaleza, hombre y conocimiento). Dip. Prov. A Coruña. 1990. “ O P. Feijoo: Liñas medulares da gnoseoloxía feixoniana. O Pensamiento Galego na Historia. USC. Santiago, 1990. “ 1992. El Padre Feijoo y la gnoseología: del realismo ingenuo al fenomenalismo perspectivista. Pensamiento, 190.

21

século (34, no repertorio bibliográfico do Instituto Cervantes, que sería máis

dun centenar se se extrapolasen ata finais do século XXI).

En Galicia, tamén detéctase unha diminución nas contribucións ao estudo de

Feijoo pero, en ningún momento, unha desaparición do interese pola figura do

Padre Mestre. Certamente, que a contribución dos investigadores galegos aos

dous últimos simposios internacionais de Oviedo practicamente é nula, o que

podería interpretarse como unha certa incapacidade para acadar o nivel de

excelencia que estes eventos esixen. Pero tamén habería que constatar que,

neste século, se realizaron achegas en Galicia dunha calidade excelente.

Neste senso poderíase sinalar p.e. o esclarecedor estudo que Xosé Ramón

Barreiro Fernandez realizou sobre as contribucións de Pardo Bazán,

Concepción Arenal e Morayta ao Certame sobre Feijoo do ano 1876 (O estudo

crítico das obras de Pardo Bazán, Concepción Arenal e Miguel Morayta, 2003),

o libro do hispanista Enrique Rodriguez Cepeda sobre bibliografía e

iconografía na obra de Feijoo, realizado na universidade de California (L.A.)

(De Benito Feijoo a Martín Sarmiento. Bibliografía crítica de la obra de Feijoo.

2008) e a serie de traballos de Luis Rodriguez Ennes sobre as relacións de

Feijoo co Dereito que culminaron co seu libro El Padre Feijoo y el derecho de

su tiempo: una visión premonitoria de problemas de candente actualidad

(2013).

Houbo tamén, importantes traballos de sintese da obra de Feijoo, como os de

Lozano Paz para a Editorial Bahía (Frei Benito Xerónimo Feixoo, 2002) ou o

“Diccionario Enciclopédico do Pensamiento Galego” do Consello da Cultura

Galega (Feixoo, Benito Xerónimo, 2008) ou o de Manteiga Pedrales,X. para as

dúas edicións da “Gran Enciclopedia Galega” (1976, 2003).

E, finalmente , a emigración galega actual, orientada cara España e Europa e

con menores recursos, e polo tanto con menor capacidade editora que a

americana, tampouco esqueceu, pese a todo, a figura do Padre Maestro como

amosa o Centro Galego de Gijón coa publicación de Mera Álvarez,F (Padre

Feijoo: personajes ilustres, 2009).

22

CONCLUSIÓNS.- A presenza do Padre Feijoo está balizada en Galicia por

expresións simbólicas tan sinaladas como as tres estatuas que se ergueron en

Ourense, Samos e Allariz, os bustos e retratos que se conservan en moitas

institucións, así como polas numerosas rúas e prazas que levan a súa

lembranza por todo o país. Así mesmo hai unha producción bibliográfica

abonda que nos indica que a cultura galega tivo sempre moi presente a figura e

a obra do Padre Mestre e que nomes senlleiros dela foron os seus máis

afervoados defensores, como Faraldo, Curros, Murguía, Lamas Carvajal, Pardo

Bazán, Catelao, Cabanillas, Otero Pedrayo, Blanco Amor, Seoane, etc.

Foi un sentimento que callou fondo na conciencia colectiva dos galegos, aínda

que xeograficamente hai duas zonas donde o nome de Feijoo resoa con

especial insistencia e forza: Samos e Ourense. Sobre todo este último, foi, sen

nenguna dúbida, o principal protagonista de manter viva e acesa a memoria do

benedictino.

O feito de ter nacido en Casdemiro, moi perto da ribeira do MIño ourensán , de

se ter formado no mosteiro de Samos e de librar as suas primeiras lides como

educador no de Lerez e Poio, foron datos máis que abondos para que fora

considerado un dos nosos. E que toda a súa traxectoria como un dos grandes

da cultura hispana servira tamén para darlle un peso específico e singular a na

historia cultural de Galicia. Esa historia, sobre a que se asentou en boa medida

o seu renacemento como cultura e como nazón.

Ben e certo, como amosa este repaso da presenza de Feijoo en Galicia, que a

súa valoración pasou por moitas vicisitudes. Que tivo seu máximo esplendor no

último terzo do dezanove e que, os tempos actuais, non semellan ser moi

sensibles as achegas de figuras enciclopédicas e divulgadoras, como foi a do

benedictino. Contan máis os persoeiros rutilantes e de fulgores perecederos.

Como datos máis relevantes e diferenciais que se poden deducir deste traballo

con relación ao recoñecemento da obra e a vida do Padre Feijoo en Galicia

poderían sinalarse a gran importancia dentro do contexto español da

producción bibliográfica galega do último terzo do XIX e das primeiras décadas

do XX así como a relevancia da contribución da emigración americana . Moitos

destes traballos eran pezas menores dictadas en moitos casos polos

23

sentimentos máis que a consecuencia de estudos demorados e rigorosos. Pero

tampouco habería que esquecer que houbo contribucións importantes e

significativas dentro da bibliografía feixooniana.

O Padre Mestre foi un gran divulgador do coñecemento e loitou toda súa vida

para desterrar os erros dunha poboación maioritariamente iletrada. Pero tamén

defendeu como método discriminatorio entre a verdade e a mentira, o peso da

experiencia e da razón. Era, pois unha persoa de criterios sólidos e ben

definidos. E, hoxe, cando estáse a construir un coñecemento asentado sobre

o intanxible e virtual, os criterios de peso e as persoas que os defenden

,seguen a ser máis necesarios ca nunca para poder movernos con seguridade

entre o exceso de información que nos afoga. Senón, mais que construir esa

idílica sociedade do coñecemento que moitos imaxinan, estaráse a crear unha

sociedade da ignorancia. Dunha nova ignorancia.

24

Apéndice bibliográfico sobre libros e artigos escritos sobre el P. Feijoo , en Galicia ou por escritores galegos

1.- ALONSO CORTÉS;n. Datos genealógicos del P.Feijoo. Com. Prov. Mon.Hist.Art. Orense, X, 1932

2.- ALONSO MONTERO. X. Feijoo y Curros Enriquez. El P.Feijoo y su siglo. Oviedo. 1964

3.- AREAL,J.E. Poesías inéditas del P. Feijoo. Tui, 1901

4.- ARENAL,C. Juicio crítico de las obras de Feijoo. La Revista de España.1877

5.- ARES DE PARGA, I. El Padre Feijoo. Suevia.B. Aires, 1913

6.- ARIAS,P. El P. Feijoo y la Iglesia de Samos. Bol.Com.Prov.Mon.H.A. Lugo.1945

7.- “ Donde estudió filosofía el P. Feijoo? Bol. Com. Mon. Lugo, III, 1946.

8.- ARMESTO, V. Dos gallegos: Feijoo y Sarmiento. Moret. La Coruña. 1965

9.- ARMESTO RAMÓN,C. Un galego contemporáneo de de Newton divulgador da ciencia. Bol. Ciencias,1997

10.- BALTAR DOMINGUEZ,R. Opusculos médicos gallegos del siglo XVIII. Santiago, 1961

11.- BARREIRO BARREIRO, X.L. Defensa das mulleres e ilustración. 1996

12 “ Soños e sonos da razón, Univ. Santiago. Santiago. 1993

13.- BARREIRO FERNANDEZ, X.R. O estudio crítico das obras do P. Feijoo de Pardo Bazán, Concepcion Arenal e Miguel Morayta. La Tribuna, 2003.

14.- BLANCO AMOR, E. El Padre Feijoo. Tema con variaciones. Ed. Galicia. Vigo, 1966.

15.- CANELLA SECADES,F. El Padre Feijoo (artículo laudatorio). Her. Gall., II, 41. 1875

25

16.- “ “ Un autógrafo del P. Feijoo. Ilustr. Gall. Ast. 1879

17.- CARVALHO CALERO;R. Feixó e a razón borbónica. Grial, 1964

18 “ Como vía a Aristoteles el P. Feijoo? Arqu.Sem. Est. Gal. V. 1930

19.- CARRERAS ARTAU, T y J. Feijoo y las polémicas lulianas en el siglo XVIII. Santiago, 1934.

20.- CASÁS FERNANDEZ,M. El P. feijoo juzgado en su tiempo. Bol. R. Ac. Gal. 1950

21.- “ “ El P. Feijoo y la justicia. Bol.R.Ac.Gal. 1952.

22.- CASTRO LÓPEZ,M. Patriotismo del Padre Feijoo. Almanaque Gallego. B. Aires, 1923.

23.- CASTRO VALLADARES, J. E. El nacimiento de Feijoo. Her. Gall. II, 41. 1875.

24.- CATOIRA, P. Fr. Benito Gerónimo Feijoo.Galicia, 1860.

25.- CERNADAS DE CASTRO, D. Ofrenda general para las exequias del muy ilustre Rvdo.P.M. Feijoo. 1774.

26.- CID, L. Recuerdo al Padre Maestro Fary Benito Jerónimo Feijoo y Montenegro. Her. Gall, IV, 31. 1876.

27.- CID RUMBAO,A. La verdadera patria del P. Feijoo y otras notas inéditas sobre su apellido y familia. Bol. Museo Arque.Orense, IV. 1948.

28.- CIDADE,H. P. Benito Feijoo e P. Luis Antonio Verney. Bol. Univ.Santiago, I, 1933.

29.- COTARELO VALLEDOR, A. A mocedade do P. Feijoo. Nos, 1930.

30.-CURROS ENRIQUEZ,M. El Padre Feijjo. Loa dramática en un acto y en verso. Orense, 1880.

31.- CHAO ESPINA,H. Despedida del año feijoniano. El Padre Feijoo en el despertar de la ictiología. Rev.Gen. Marina, CLXXVIII. 1965.

32.- “ “ Feijoo e Sarmiento encol da baleia. BRAG, 1971-72

33.- “ “ La generación “ex ovo” dentro de la zoología feijoniana. Bol. R.A.G. , XXX, 1974

34 .- “ “ Los vivíparos y la psicología animal en el P. Feijoo, 358. Bol. R.A.G., XXXII, 1976

35.- DOMINGUEZ FONTENLA, J. El apellido Feijoo. Como debe escribirse. Bol. Com.

Prov.Mon.Hist. Art. Orense, IX. 1932.

36.- EIJÁN,S. Ideas literarias del P. Feijoo. BRAG, 1942-45

37.- FARALDO, A. Feijoo: filósofos gallegos. El Recreo Compostelano, 3, 6. 1842.

38.- FERNANDEZ ALONSO, B. Orensanos ilustres. Dip. Prov. Ourense. 1916.

39.- “ “ Notas biográficas del P. Feijoo. La Región. 1926.

26

40.- FERNANDEZ GARCIA ARMESTO, F. El reformador del arte de curar. Estudios reunidos en

conmemoración del IIº Centenario de su muerte (1764-1964).Universidad Nacional de La

Plata (Buenos Aires, AR). 1965

41.- FERNANDEZ Y GONZALEZ,M. El Padre Feijoo.Her. Gall., IV. 1876 ( La Tierra Gallega, 58, 61

e 62. 1895.)

42.- “ “ El Padre Feijoo. La Época. 1877

43.- “ “ Una expedición a Casdemiro. La casa del P.M. LaÉpoca. 1877.

44.- FERNANDEZ POUSA, R. Feijjo y Sarmiento. Airños aires. 3. 1964.

45.- FERNANDEZ, M. Homenaje al P. Feijoo en la Abadía de Samos. Yermo.III, 2. 1964.

46.- FIGUEIREDO FEAL,M. Contenido pedagógico de la obra del P. Feijoo. Ed. Moret. Coruña,

1948.

47.- FILGUEIRA VALVERDE, X. El P. Feijoo y los españoles americanos. 1971

48.- “ “ America ante dos ilustrados: Feijoo y Sarmiento. 1992

49.- “ El P. Feijoo. Su vida. Museo Pontevedra. 1965.

50.- GALLEGO ESPERANZA,M. El padre Feijoo: un ilustrado ourensano. Ourense Siglo XXI, 2011.

51.- GAMALLO FIERROS,D. La poesía de Feijoo. Ocho ensayos en torno a Feijoo. Santander. 1965

52.- GARCIA FERREIRO,A. Las fiestas del P. Feijoo. Galicia,1887.

53.- “ “ El P. Feijoo. Galicia Moderna(La Habana), 1887.

54.- GIORDANO, J. Feijoo y el género ensayístico. Grial, 30. 1970.

55.- GOMEZ PEREIRA,M. Pro monumento al insigne polígrafo benedictino Padre Feijoo en la abadía de Samos. España. La Coruña, 1935.

56.- GONZALEZ, V. El Padre su monasterio de Samos y Feijoo. Publ. Abadía Samos. Lugo, 1966.

57.- LAMAS CARVAJAL, V. Galicia en el segundo centenario del padre Feijoo. Ourense, 1876.

58.- LEIRÓS FERNANDEZ,S. El P.Feijoo y sus ideas crítico-filosóficas. Santiago, 1935

59.- “ El padre Feijoo. Su magisterio. Antología de sus obras. Publ. Abadía. Samos. Lugo, 1967.

60.- LÓPEZ ACUÑA,A. El Padre Feijoo y la Biblioteca provincial. En Historia de la Biblioteca provincial de Lugo. Fundación, vicisitudes y estado.Lugo, 1938.

61.- LÓPEZ PELAEZ, A. Los escritos de Sarmiento y el Siglo de Feijoo. A Coruña, 1901.

62.- LÓPEZ VAZQUEZ, X.R. Fr. Benito J. Feijoo, profesor de filosofía escolástica. 1994

63.- “ “ O Padre Feixoo, escolástico. 1995

27

64.- LOZANO PAZ,M. Frei Benito Xerónimo Feixoo. Baia. A Coruña, 2002.

65.- “ “ Feixoo, Benito Xerónimo. Diccionario Enciclopédico do Pensamiento Galego.Consello Cult. Galega. Santiago, 2008.

66.- MACÍAS GARCÍA,M. Feijoo, poeta. Bol.Com.Monum. Orewnse. 1926.

67.- “ “ La ortodoxia de Feijoo. Bol.Com.Monum.Orense., 8, 1926

68.- “ “ Discurso pronunciado en el descubrimiento de una lápida en honor del Padre Feijoo. Bol. Com. Prov. Mon. Hist. Art. Orense, 8, 1927- 1929.

69.- “ “ Elogio del sabio benedictino Fray Gerónimo Feijoo.Bibl. Gallega, XII. La Coruña, 1887.

70.- MANTEIGA PEDRARES, Feijoo. In voce Gran Encicl. Gallega.Gijon. (1974).Gran Encicl. Gallega “Silverio Cañada”.Lugo, 2003.

71.- MARTÍN MORENO, A. El Padre Feijoo y las ideologías musicales del XVIII en España. Inst. Est. Orensanos. Orense, 1976.

72.- MARTINEZ,G. Ciclo de conferencias feijonianas en la Real Abadía de Samos. Studia Monastica,6. 1964.

73.- MARIÑO PAZ, R. Presencia do galego na sociedade galega durante os séculos XVI, XVII e XVIII. Grial. 1991.

74.- MARTINEZ LOIS, A. El padre Feijoo(Naturaleza, hombre y conocimiento). Dip. Prov. A Coruña, 1989

75.- “ “ O P. Feijoo: Liñas medulares da gnoseología feixoniana. O pensamiento galego na historia. USC. 1990.

76.- “ “ Galicia y el Padre Feijoo. Rev. Inst. Cornide Est. Cor. 24. 1988

77.- “ “ El Padre Feijjo y la gnoseología: del realismo ingenuo al fenomenalismo perspectivista. Pensamiento, 190. 1992.

78.- MARTINEZ-RISCO Y MACIAS. Las ideas jurídicas del P. Feijoo. IEO. 1973.

79.- MERA ALVAREZ, F. Padre Feijoo: personajes ilustres. Airiños (Centro Gal. Gijon). 2009.

80.- MILLARES CARLO,A. O gran galego. Saudade,4: 3-4. 1943.

81.- MONTERO DIAZ, S. Las ideas estéticas del P. Feijoo. GUSC. 1932

82.- “ “ A propósito de un libro de Marañon. BUSC. 1935

83.- “ “ Galicia en el P. Feijoo (conferencia).Madrid. 1931.

84.- MOSCOSO DE PRADO, Ana Maria. Romance laudatorio dirigido por Da. Ana Maria Moscoso de Prado al P. Feijoo, y carta de este a la autora. Bol. Prov. Mon. Hist. Y Art. Orense., 9, 203. 1932.

28

85.- MURGUÍA,M. Fr. Benito Jerónimo Feijoo. El Heraldo Gallego, 1876.

86.- MURUAIS,J. La muerte de Feijoo. Her. Gall. IV, 48. 1876

87.- NEIRA DE MOSQUERA,A. El P.M. Fr. Benito Gerónimo Feijoo. Album histórico, científico y literario de Galicia. El Ferrol. 1883.

88.- NOBOA, E. Oración fúnebre en las exequias que en el 22 de enero de 1765 celebró el Real Monasterio de San Julian de Samos a su hijo en Muy Ilustre Señor,y …en Samos. 1765.

89.- NUÑEZ BÚA. Feijoo, Sarmiento y el idioma gallego. Fray Benito Jerónimo Feijoo y Montenegro: estudios reunidos en conmemoración del IIº Centenario de su muerte (1764-1964).Universidad Nacional de La Plata (Buenos Aires, AR). 1965

90.- NUÑEZ DOMINGUEZ, A. O mellor amigo do P. Feijoo. Lar (B.Aires), 1960

91.- ODRIOZOLA,A. El magisterio del P. Feijoo en Lérez y Poyo. Diario Pont.17.V. 1964. (el Museo de Pontevedra, XIX, 1965)

92.- “ Exposición bibliográfica del P. Feijoo (1764-1964).El Museo de Pontevdra, XIX, 1965.

93.- OTERO TUÑEZ,R. Iconografía del P. Feijoo (esculturas) .Feijjo y su siglo. Oviedo, 1966.

94.- OTERO PEDRAYO,R. Coordenadas históricas del P. Feijoo. Ocho ensayos en torno a Feijoo.Santander. 1965.

95.- “ “ Estudios sobre Feijoo. Arbor. 1965

96.- “ “ El padre Feijoo, su vida, obra e influencias.Orense. 1972

97.- “ “ El P. Martín Sarmiento. La defensa del Teatro Critico. 1972

98.- “ “ Lord Bacón y el P. Feijoo. Notas y perspectivas de una inalterable amistad (Homenaje a Walter Starkie. Barcelona, 1948)

99.- “ “ Fray Benio Jerónimo Feijoo. Aturuxo, 1952

100.- “ “ Información y sentir del Padre Feijoo sobre el primer escrito célebre de Rousseau. Cad. Est. Gall. (Fasc.15)

101.- “ “ A saudade do P. Mestre. El Pueblo Gallego, 1935

102.- “ “ El delirio del Padre Maestro. El Pueblo Gallego, 1943

103.- “ “ El P. Feijoo a través de Concepción Arenal. La Noche. 1946.

104.- “ “ ¡Adios , Padre Maestro¡ La Región. 1958.

105.- “ “ Sintesis Histórica do Século XVIII en Galicia.Galaxia. Vigo. 1969.

106.- “ “ Notas sobre las simpatías portuguesas del P.M. Feijoo. En Miscelanea de Estudos a Joaquim de Carbalho.Figueira da Foz. 1960.

107.- “ “ Na procura do íntimo Mestre Feixoo. Grial, 4. 1964.

29

108.- “ “ Horizonte cultural, científico del Padre Feijoo. En Historia de la Iglesia (Fliche-Mastru). Valencia. 1977.

109.- PARDIÑAS VILLALOBOS,J. ROMERO DE CAAMAÑO,C. Feijoo y Sarmiento. En Breve compendio de los varones ilustres de Galicia. La Coruña, 1887.

110.- PARDO BAZAN, E. Examen crítico de las obras de Feijoo. Madrid, 1877.

111.- “ “ La casa solariega del P. Feijoo. Galicia Moderna.131. 1887

112.- “ “ Feijoo y su siglo.Discurso presidencial leído en el Certamen Literario que para solemnizar la erección de la estatua de Feijoo ha celebrado la ciudad de Orense el día 10 de septiembre de 1887. (“De mi tierra”). La Coruña 1888.

113.- “ “ Oda a Feijoo. Orense. 1886.

114.- “ “ La mascarilla del P. Feijoo. Bol.Com.Monum. Orense., 1926.

115.- PENSADO TOMÉ, X.L. Feijoo e Sarmiento: Duas vidas sin paralelo. Grial, 60, 1967

116.- PEREZ, L. Realismo y liberalismo del padre Feijoo. Airinos. 17. 1964.

117.- PÉREZ,N. El Padre Feijoo y las Ciencias Naturales. Rev. Ac. C.F. Nat. 1947.

118.- “ La celda del P. Feijoo. Monasticon, 2. 1935.

119.- PIÑEIRO, E. Lembranzas de un ilustrado: Feijoo e Samos. Galicia dende Salamanca,2. 1999.

120.- PLACER BOUZO, C. El Padre Feijoo. Her. Gall., 40,41,44,46,49 (1874), 8, 12 (1875)

121.- “ “ Recuerdo del P. Feijoo. Her. Gall. II, 43. 1875.

122.- RISCO,S. Las ideas jurídicas del Padre Feijoo. Inst. Est. Orens. 1973.

123.- RISCO,V. El P. Maestro Fray Benito Feijoo y Montenegro. En Historia General de las Literaturas Hispánicas. IV. 1ª. Parte. Ed. Barna,S.A., Barcelona. 1956.

124.- RODRIGUEZ-ENNES, L. El Padre Feijoo y el derecho de su tiempo: una visión premonitoria de problemas de candente actualidad. 2013.

125.- “ “ Benito Jerónimo Feijoo (1676-1764): o monxe ilustrado. Galegos de Ourense, 2012.

126.- “ “ Benito Jerónimo Feijoo. Glaucopis, 14 . 2008-2009.

127.- “ “ Arredor da vida e da obra de. Anuario Fac. Dereito Ourense, 2008.

128.- RODRIGUEZ CEPEDA,E. De Benito Feijoo a Martin Sarmiento bibliografía critica de la obra de Feijoo. Dep. Lugo. Lugo. 2008.

129.- ROF CARBALLO,X. Medicina critica y medicina comprensiva en la obra del P. Feijoo. Ocho ensayos en torno a Feijoo. Santander. 1965

130.- “ “ Montesquieu, el P. Feijoo y el mandarin. Cuad. P. Diálogo, 17 .1965.

131.- RUBIÑOS, J. La fama de Feijoo en America. Cultura Gallega (La Habana), 1. 1936.

30

132.- SANCHEZ CANTON, F.J. Ideas de los PP. Feijoo y Sarmiento sobre la organización de los estudios. Oviedo, 1961.

133.- SANCHEZ GUISANDE,G. El P. Feijoo y los anatomistas españoles de su siglo. Fray Benito Jerónimo Feijoo y Montenegro: estudios reunidos en conmemoración del IIº Centenario de su muerte (1764-1964).Universidad Nacional de La Plata (Buenos Aires, AR). 1965

134.- SERRANO CASTILLA,F. Menendez y Pelayo y el P. Feijoo (conferencia en Samos). Sem. Conciliar. Santiago. 1965.

135.- SARMIENTO, Fr. Martin. Disertación Crítico-Apologética del Teatro Crítico Universal.. Madrid, 1739

136.-SEOANE, L. El padre feijjo y las artes visuales. Estudios reunidos en conmemoración del IIº Centenario de su muerte (1764-1964).Universidad Nacional de La Plata (Buenos Aires, AR). 1965

137.- s/s. Un recuerdo al Padre Feijoo. Her. Gall. III, 20, 1876.

138.- s/s. El Padre Feijoo. Centro Gallego,15.04. 1918. 139.- s/s. Feijoo. Alma Gallega.73-74. 1937

140.- s/s. Conferencia del Dr. Otero Pedrayo en la universidad de Montevideo. Las tres polémicas esenciales del Padre Feijoo (síntesis) Alma Gallega. 47. 1947.

141.- s/s. Nota sobre o P. Feijoo. Saudade,V: 18. 1944.

142.- s/s. “Pensamientos”. P. Feijoo. Aires da miña terra.2. 1908.

143.- s/s. Fray Benito Jerónimo Feijoo. Españoles americanos y otros ensayos. Ed. Emecé. Buenos Aires. 1943.

144.- SIMON DIAZ, J. Una carta inédita del P. Feijoo. Cuad. Est. Gallegos, 9. 1948.

145.- SOTO,J. El Padre Maestro fray Benito Jerónimo Feijoo y Montenegro. Celtiga (B. Aires). 1926.

146.- SUAREZ PICALLO,R. “El Padre Feijoo”. La Hora. (Chile). 1943.

147.- “ “ “El Padre Feijoo”. La Hora. (Chile). 1950.

148.- TABOADA,N. Centenario de Feijoo. La Iberia,11.IX.1887.

149.- VALDÉS COSTAS,M. El padre Feijoo y el benedictino tudense Fray Mauro Piñeiro y Falcón. Compostellanum, 4. 1959.

150.- VALBUENA PRAT, A. Feijoo y su época Santiago, 1947.

151.- VALLE RUIZ,R. La verdad inspiradora de Feijoo. (Canto premiado en el Certamen celebrado en Orense al inaugurarse la estatua de Mtro. Feijoo). Ciudad de Dios, 15. 1888.

152.- VARELA,J.L. La literatura mixta como antecedente del ensayo feijoniano. Feijoo y su siglo Oviedo, 1966.

153.- “ El ensayo de Feijoo y la ciencia. Madrid, 1970

31

154.- “ Feijoo y la ciencia. En Homenaje al profesor Alarcos .Valladolid. 1967.

155.- “ Galicia y Feijoo. En La palabra y la llama.Madrid, 1967.

156.- VARELA JÁCOME,B. Las preocupaciones literarias del P. Feijoo. Cuad. Est. Gall, 1968.

157.- “ “ Francisco Soto Marne, impugnador de Feijoo. Bol. Auriense. 1974.

158.- Varios. La Aldea de Casdemiro. Album literario dedicado a la inmortal memoria del ilustre crítico Padre Feijoo. Orense. 1876.

159.- Varios. Certamen literario en conmemoración del segundo centenario del Nacimiento de Fray Benito Gerónimo Feijoo, autor del “Teatro Crítico Universal”, celebrado en Orense el 8 de octubre de 1876. Madrid. 1877.

160.- VAZQUEZ JANEIRO,I. Francisco Soto Marne, impugnador de Feijoo. Bol. Com. Mon.Orense. VII, 1926.

161.- VAZQUEZ NUÑEZ,A. Poesías inéditas del P. Feijoo. Ilustr. Gall. Ast. III, 1881.

162.- VAZQUEZ PARDO,E. La mascarilla del P. Feijoo. Bol. Com. Mon. Orense, VII. 1926.

163.- VESTEIRO TORRES,T. El Padre Feijoo. Galería de Gallegos Ilustres. Lugo, 1879. Reproducido en Galicia (La Habana), 1902.

164.- VICENTI,A. El P. Feijoo. Recuerdos del segundo centenario de su natalicio. Ilustr. Galle. Ast. 1880.

165.- VILANOVA, A. La galleguidad de Feijoo. . Fray Benito Jerónimo Feijoo y Montenegro: Estudios reunidos en conmemoración del IIº Centenario de su muerte (1764-1964).Universidad Nacional de La Plata (Buenos Aires, AR). 1965