2
VISIBILIZANDO O PATRIMONIO CULTURAL GALEGO: QUE FAI DE RINLO UN LUGAR ESPECIAL? A pesar de que os primeiros mapas da liña de costa e cartas náuticas eran só aproximacións naïves da realidade, o pequeno porto natural de Rinlo non pasou desapercibida ós cartógrafos renacentistas. A enseada aparece representada coa grafía de RILO, variante fonética que aínda hoxe non é difícil escoitar, sendo común no galego o escurecemento do n velar. Con esta forma aparece, entre “Rivadeo” e “Santiago Dafoz”, na Descripción del Reyno de Galizia de 1598 de Frei Fernando Oxea; no mapa de Galicia de Tomás López de 1756; ou na carta náutica de Vicente Tofiño de 1789. Tamén aparece como “Pto de Rilo” no primeiro mapa moderno de Don Domingo Fontán de 1845. A singularidade da implantación urbana e a magnífica comuñón entre o medio construído e o medio natural tampouco pasou desapercibida ós artistas, escritores e viaxeiros deste século. Os lenzos e fotografías antigas mostran un núcleo urbano consolidado de forte carácter mariñeiro e agrícola. Os debuxos dos arquitectos Efrén e José Luis García recollen a particular beleza nunhas estampas únicas que permiten apreciar todo o valor pintoresco do lugar a finais dos anos sesenta. D. Ramón Otero Pedrayo recomendaba na Guía de Galicia de 1926 unha visita dende a vila de Ribadeo ó porto de Rilo do que destacaba “aspectos arcaicos e expresivos”. En 1957, o xeógrafo D. Carlos Martínez Barbeito facía esta descrición do litoral mariñao: “El Cantábrico, al salir de Ribadeo ya no deja la orilla del mar. Al encontrarse con el vértice rocoso de Isla Pancha, donde desemboca la ría en el Cantábrico, dobla hacia el Oeste. Luego viene la ensenada de San Jerónimo y la cetárea de langostas del puerto de Rilo. A la izquierda de la carretera tupidos pinares y campos de maíz y centeno, a la derecha los acantilados que sostienen la tierra en alto librándola de los embates del mar”. O poeta e ensaísta D. José María Castroviejo déixanos en 1960 outra conmovedora imaxe da viaxe dende Vilanova a Ribadeo na súa obra Galicia. Guía espiritual de una tierra: “Hasta Ribadeo el valle desciende con suavidad en gradación finísima de tonos. Son 25 Km. entre naranjos y cerezos a millares. Por Barreiros, San Miguel de Reinante y Rinlo -antiguo y entrañable puerto pesquero, donde hay una cetárea, en paisaje de esplendidas playas, se llega a Ribadeo, sobre el Eo y la mar de Lugo. Feliz conjunción de mar y tierra”. Tampouco faltan referencias a Rinlo no realismo fantástico de D. Álvaro Cunqueiro, nin a recomendación das súas lagostas no seu receitario de cociña galega. A prol de RINLO BIC Galería Sargadelos Rúa Nova 16. Santiago do 13 de xullo ó 20 de xullo do 2009

grafía de RILO, variante fonética que aínda hoxe non é ... · la cetárea de langostas del puerto de Rilo. A la izquierda de la carretera tupidos pinares y campos de maíz y centeno,

  • Upload
    buianh

  • View
    231

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: grafía de RILO, variante fonética que aínda hoxe non é ... · la cetárea de langostas del puerto de Rilo. A la izquierda de la carretera tupidos pinares y campos de maíz y centeno,

VISI

BILI

ZAND

O O

PATR

IMON

IO C

ULTU

RAL

GAL

EGO:

QU

E FA

I DE

RINL

O UN

LUG

AR E

SPEC

IAL? A pesar de que os primeiros mapas da liña de costa e cartas náuticas eran só

aproximacións naïves da realidade, o pequeno porto natural de Rinlo non pasou desapercibida ós cartógrafos renacentistas. A enseada aparece representada coa grafía de RILO, variante fonética que aínda hoxe non é difícil escoitar, sendo común no galego o escurecemento do n velar. Con esta forma aparece, entre “Rivadeo” e “Santiago Dafoz”, na Descripción del Reyno de Galizia de 1598 de Frei Fernando Oxea; no mapa de Galicia de Tomás López de 1756; ou na carta náutica de Vicente Tofiño de 1789. Tamén aparece como “Pto de Rilo” no primeiro mapa moderno de Don Domingo Fontán de 1845.

A singularidade da implantación urbana e a magnífica comuñón entre o medio construído e o medio natural tampouco pasou desapercibida ós artistas, escritores e viaxeiros deste século. Os lenzos e fotografías antigas mostran un núcleo urbano consolidado de forte carácter mariñeiro e agrícola. Os debuxos dos arquitectos Efrén e José Luis García recollen a particular beleza nunhas estampas únicas que permiten apreciar todo o valor pintoresco do lugar a finais dos anos sesenta. D. Ramón Otero Pedrayo recomendaba na Guía de Galicia de 1926 unha visita dende a vila de Ribadeo ó porto de Rilo do que destacaba “aspectos arcaicos e expresivos”. En 1957, o xeógrafo D. Carlos Martínez Barbeito facía esta descrición do litoral mariñao: “El Cantábrico, al salir de Ribadeo ya no deja la orilla del mar. Al encontrarse con el vértice rocoso de Isla Pancha, donde desemboca la ría en el Cantábrico, dobla hacia el Oeste. Luego viene la ensenada de San Jerónimo y la cetárea de langostas del puerto de Rilo. A la izquierda de la carretera tupidos pinares y campos de maíz y centeno, a la derecha los acantilados que sostienen la tierra en alto librándola de los embates del mar”. O poeta e ensaísta D. José María Castroviejo déixanos en 1960 outra conmovedora imaxe da viaxe dende Vilanova a Ribadeo na súa obra Galicia. Guía espiritual de una tierra: “Hasta Ribadeo el valle desciende con suavidad en gradación finísima de tonos. Son 25 Km. entre naranjos y cerezos a millares. Por Barreiros, San Miguel de Reinante y Rinlo -antiguo y entrañable puerto pesquero, donde hay una cetárea, en paisaje de esplendidas playas, se llega a Ribadeo, sobre el Eo y la mar de Lugo. Feliz conjunción de mar y tierra”. Tampouco faltan referencias a Rinlo no realismo fantástico de D. Álvaro Cunqueiro, nin a recomendación das súas lagostas no seu receitario de cociña galega.

A prol de

RINLO BICGalería SargadelosRúa Nova 16. Santiago

do 13 de xullo ó 20 de xullo do 2009

Page 2: grafía de RILO, variante fonética que aínda hoxe non é ... · la cetárea de langostas del puerto de Rilo. A la izquierda de la carretera tupidos pinares y campos de maíz y centeno,

A PROL DA DECLARACIÓN DE RINLO BEN DE INTERESE CULTURAL (BIC)

Rinlo é un enclave pintoresco inextricablemente unido a un contorno natural de gran valor ecolóxico e antropolóxico. Un casarío vernáculo salpicado con magníficos exemplos de arquitectura popular, indiana, modernista, racionalista, elementos etnográficos e de arqueoloxía industrial. Nunha sociedade na que as normas e valores se transmiten principalmente por imitación, o futuro deste patrimonio está en perigo. Prexuízos endémicos fan que os galegos non valoremos o “propio” na súa xusta medida. A declaración do conxunto de Rinlo como Lugar de Interese Etnográfico axudaría ós Rinlegos, e á sociedade galega, a tomar conciencia do valor espiritual da paisaxe, e a non abandonala nin destruíla ante a presión da cultura consumista dominante. A arquitectura tradicional e a paisaxe son calidade de vida e benestar.

Cómpre mellorar a imaxe urbana e as condicións de vida das persoas sen destruír a esencia e autenticidade do lugar. Cumpriría evitar o dispendio público en pavimentar a costa e construír absurdos parques temáticos en zonas naturais protexidas como se pretende facer co proxecto da Ruta das Cetarias. A declaración de Rinlo como BIC proporcionaría as ferramentas necesarias para a súa protección e así impedir a perda do seu carácter orixinal, como sucedeu na maioría das vilas galegas dende os últimos anos do Franquismo. Só a través da autoconciencia e a solidariedade, Galicia pode saír do caos urbanístico e feísmo arquitectónico polo que empezamos a ser coñecidos en todo o Estado. É responsabilidade dos académicos investigar e documentar os valores intanxibles da cultura para que as institucións públicas con poder de promover a declaración utilicen este coñecemento con sabedoría e así salvagardar este fito da cultura vernácula galega.

É responsabilidade de todos que a mesura, urbanidade e decoro volvan a guiar o desenvolvemento urbano en Galicia. Por iso pedimos para Rinlo a protección e coidado que necesita. O valor emotivo e artístico deste conxunto histórico xustifican a inclusión de Rinlo no Rexistro de Bens Culturais de Galicia na categoría de Lugar de Interese Etnográfico. Ex

posi

ción

foto

gráfi

ca d

e H

ixin

io F

lore

s Ri

vas

Debu

xos

de E

frén

e J

osé

Luís

Gar

cía

Fern

ánde

zUn

Pro

xect

o de

Car

lota

Eir

os e

B. F

. Sal

gado

AIEGInternational Associationof Galician Studies

www.estudosgalegos.org