Upload
casalonga
View
84
Download
2
Embed Size (px)
DESCRIPTION
.
Citation preview
O RÍO NILO
Non se sabe con exactitude onde nace o Nilo, algúns din que nace no Lago
Vitoria, o maior dos lagos africanos e despois de pasar por montañas, selvas,
desertos e 6670 Km. desemboca no mar Mediterráneo.
Na antiga lingua exipcia, o río chamábanlle Iteru, que significa «Gran río».
O Nilo na súa viaxe ata o mar Mediterráneo pasa por Uganda e Kenia , en estos
países chámanlle o Nilo Branco
Despois en Etiopía xa se lle chama o Nilo Azul. O Nilo Branco e o Nilo Azul únense
na cidade de Khartoum ( Jartum) , a capital de Sudán , logo atravesa o deserto
cara Exipto pasando por grandes cudades como Lúxor e o Cairo ata que chega
finalmente a ciudade de Alejandría onde se mezclará co Mediterráneo grazas a
un inmenso delta.
Para os exipcios o deserto era a "terra vermella" e o val a "terra negra".
No verán e durante 3 meses o Nilo desbordábase e anegaba o val cubríndoo de
limo , facéndoo moi fértil e adecuado para o cultivo do trigo e a cebada.
O limo está formado por sedimentos que transportan as correntes de auga do río,
e deposítase no leito dos ríos e sobre terreos anegados , está formado por lodo
e barro con restos vexetais.
Problemas das inundacións:
Si eran excesivas :
Destruían casas, terreos,e os bens dos habitantes
Formábanse zonas pantanosas que son focos de enfermidades
Perigo de animáis depredadores do Nilo ( Crocodrilos e
hipopótamos)
Problemas coas sequías:
Os campos de cultivo eran máis pequenos
As colleitas eran moi escasas
Había problemas coa comida e a xente pasaba fame
Para controlar as inundacións e as sequías os exipcios
construiron :
Sistemas de diques, canais e embalses
Os Nilómetros, que eran sistemas para controlar o nivel de
subida do río
Chaduf: que era un sistema de riego que permite levar auga a
sitios alonxados do río
Estas construccións favoreceron que:
.Aumentase o terreo cultivable.
Aumento das colleitas.
Estableceron un calendario basado nas crecidas.
Nilómetro, mide altura de las aguas
del río Nilo
Os antigos exipcios crían que a crecida do Nilo era provocada por Hapi, que cada
ano a mediados de xuño levantaba o súa sandalia do río e deixaba pasar a auga
que tiña retida.
Hapy representaba as augas que en cada inundación fertilizaban á terra e
traían a colleita.
Non é un deus, é un netjeri, e dicir, un axudante dos deuses.
Represéntase barrigudo e con peitos colgantes, símbolos de abundancia, portando
unha bandexa sobre a que se ven os productos do río e os froitos da colleita. Pode
tamén levar dous cántaros dos que brota auga representando as dúas “fontes
míticas” do río ( Nilo Branco e Nilo Azul).
Sobre a cabeza leva as plantas representativas do Delta (papiro) e do Val
(loto), e a súa pel pintase de azul ou verde para expresar fertilidade.
Normalmente los netjeri no tenían templos ,pero podemos encontrarlo
representado en los templos de otros dioses.
Agora bótanlle a culpa da crecida ao desxeo das neves das montañas de Etiopia…
Xa sabemos que o Nilo era a fonte de vida dos exipcios polas crecidas que
fertilizaban as súas terras de cultivo, pero en él tamén pescaban, cazaban aves nas
marismas e o utilizaban como vía principal de comunicación transportando en
grandes barcazas alimentos, bloques de pedra para as súas obras e todo tipo de
productos ao longo de todo Exipto.
Aos nenos ensinabaselles a ter medo aos crocodrilos e aos hipopótamos que podían
volcar as barcas (falúas ) .