14
unidade didactica defendemos medio ambiente defendemos s medio ambiente o o s s s

defendemos medio ambiente - Mundo en tus manos · a necesidade de promover igualdade entre todas as persoas para construír un mundo sostible e san, e para elo aprenderemos que a

  • Upload
    others

  • View
    9

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

unidade didactica

defendemos medio ambientedefendemos defendemos defendemos defendemos defendemos defendemos defendemos defendemos

medio ambientemedio ambientemedio ambientemedio ambiente o odefendemos odefendemos defendemos defendemos defendemos odefendemos defendemos defendemos o o odefendemos odefendemos odefendemos odefendemos defendemos defendemos defendemos odefendemos defendemos defendemos odefendemos defendemos defendemos odefendemos defendemos defendemos

A presente unidade didáctica forma parte do proxecto “Días D” , que se enmarca dentro da

proposta pedagóxica de Entreculturas para educar na Cidadanía Global: “ Un mundo nas túas

Mans”. A través desta proposta, queremos contribuír na tarefa de formar persoas capaces de

transformar o seu entorno como parte dunha cidadanía global activa e comprometida cos retos

globais do noso tempo e o cumprimento da Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento

sostible.

Os recursos educativos do proxecto “Días D” facilítanos o acercamento e aprender sobre

temáticas relacionadas cos valores propios da cidadanía global, promovendo o aprendizaxe e o

compromiso activo cos nosos ambientes educativos, comunitarios e cidadáns. En concreto,

esta unidade didáctica propón traballar sobre a defensa do medio ambiente, co obxectivo

de desenvolver coñecementos, valores e competencias sociais e cidadáns para coidar e

protexer o planeta no que convivimos. Ademais, a proposta invita ao grupo a reflexionar sobre

a necesidade de promover igualdade entre todas as persoas para construír un mundo sostible

e san, e para elo aprenderemos que a igualdade está nas nosas mans.

A unidade didáctica está composta por tres propostas didácticas adaptadas a distintas

franxas de idade, deseñadas para traballar tanto no ámbito formal como o non formal con

grupos de nenas, nenos e mozos das seguintes idades:

- Primeira franxa de idade: 5 a 8 anos.

- Segunda franxa de idade: 9 a 12 anos.

- Terceira franxa de idade: 12 a 16 anos.

Cada unha das propostas didácticas inclúe os seguintes apartados:

- Día Internacional para a Redución dos Desastres Naturais (13 outubro)

- Día Mundial contra o Consumismo (28 de novembro )

- Día Mundial da Educación Ambiental ( 26 de xaneiro )

- Día Mundial da Natureza (3 de marzo )

- Día Mundial da Auga (22 de marzo )

- Día Mundial da Terra (22 de abril )

- Día do Comercio Xusto (11 de maio )

- Día Mundial do Reciclaxe (17 de maio )

- Día Mundial da Diversidade Biolóxica (22 de maio )

- Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño )

- Dia Mundial da Loita contra a Desertificación (17 de xuño )

Estas unidades didácticas están aliñadas coa promoción dunha cidadanía global comprometida

coa consecución da Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).

Concretamente, está unidade didáctica vinculase cos seguintes ODS:

ODS 13: Adoptar medidas e accións para reverter o cambio climático e os seus

efectos.

ODS 14: Conservar os océanos, os mares e os recursos mariños para o

desenvolvemento sostible.

ODS 15: Xestionar de forma sostible os bosques, loitar contra a Desertificación, deter e

invertir a degradación das terras e deter a perdida da biodiversidade.

Tomar conciencia do valor que teñen os elementos da natureza e do planeta.

Comprender o papel que temos en coidar o medio ambiente que nos rodea e

no resto do mundo.

Realizar unha acción de coidado do medio ambiente que poidamos compartir

co resto do entorno educativo e comunitario.

Vasos compostabeis

Terra e sementes

Papel reciclado

Lápices.

Miramos co grupo o cartel que decora a portada desta unidade didáctica. ¿Que vemos?

Comezamos a actividade preguntando ao grupo sobre que lles gusta máis do medio

ambiente:

¿ Que tesouros creedes que podemos atopar nel? Especies, animais, árbores,

bosques, prantas, etc.

¿ Que é o que máis vos chama a atención? Por que?

Tras esta choiva de ideas, leemos unha historia sobre algúns dos tesouros que ten o noso

planeta Terra, titulada “A viaxe de Mek”

“Mek era pequena, case invisible e aquela mañá descansaba na rama dunha árbore,

cando unha ráfaga forte de vento a apartou e a levou polo ceo.

Alí nas alturas encontrouse cun grupo de cegoñas e preguntouse: ¿ acaso serei unha

cegoñas? Pero o impulso do vento levou a Mek a outra dirección diferente ao que

levaban as cegoñas.

Chegou a un bosque frondoso cheo de árbores, sobrevoou o canle dun desbordante río

e Mek preguntouse: ¿Serei auga? Pero novamente, o vento levouna a outro lugar.

Mek chegou ao árido deserto, alí non había auga, apenas había prantas, e mirando as

dunas preguntouse: ¿ acaso serei un gran de area?

O vento afastouna de alí, levouna por altas montañas onde facía moito frío, e empezou a

nevar. Admirada, Mek preguntouse: ¿ acaso serei un copo de neve?

Sen embargo non podía parar, e unha nova ráfaga levouna hasta a cidade gris. A Mek

resultáballe fea e pouco amigable aquela cidade. Apunto estivo de meterse nun túnel

escuro, era a boca do metro. ¡ Vaia susto!

Afortunadamente Mek afastouse de alí hasta un gran xardín onde había moitas flores e

bolboretas, e preguntouse: ¿Acaso serei unha bolboreta?

Pero o vento, insistente, levouna polas alturas, ao inmenso ceo azul. Ao pouco tempo

encheuse de grandes nubes escuras e comezou a chover. De pronto Mek viuse atrapada

nunha xira de choiva que dende o ceo foi baixando a gran velocidade. Baixaba, baixaba,

baixaba... ata que impactou na terra e somerxeuse moitos centímetros baixo a superficie

do solo.

Mek, non se podía mover, non podía saír de alí, estaba rodeada de terra e escuridade.

Tiña medo e pensou en todo aquilo no que puido ser: Cegoña, auga, gran de area, copo

de neve ou bolboreta. Pero agora estaba alí atrapada. Comezou a chorar. Nese momento,

a terra, a quen as bagoas a mollaban, díxolle:

- Non te preocupes, Mek. Eu estou aquí para protexerte e tamén para alimentarche- e

abrazouna cos seus brazos de terra.

A escuridade que estaba escoitando díxolle coa súa voz grave:

- Mek, é normal que poida darche un pouco de medo, pero eu tamén te vou coidar.

Confía en min. E tamén a abrazou. Baixo o brazo da terra e da escuridade, Mek, foise

relaxando e pouco a pouco, caendo nun profundo, profundo sono.

Ao cabo do tempo, Mek espertou, esperando que o vento a levara a outro lugar. Pero non

se movía, nin podía voar polos aires. ¿ Por que ?, preguntábase. Pouco a pouco,

empezou a darse conta de que notaba o vento, e xa non estaba a escuras, senón que

sentía o sol e podía ver o campo que a rodeaba.

Nese momento viu que un paxaro revoloteaba sobre ela, como si lle fixera caricias, e

outros animais mirábana admirados. As árbores tamén a miraban e parecían estar

dándolle a benvida. Nese momento Mek, deuse de conta de que se transformara nun

pequeno arbusto que co tempo e co paso das estacións acabaría sendo unha árbore. Foi

así como Mek encontrou o seu fogar formando parte daquel gran bosque”

Tras a lectura do conto, respondemos as seguintes preguntas:

¿Que era Mek?

¿ Con que criaturas y paisaxes se vai encontrando?

Hai un momento do conto no que Mek ten medo, ¿de que?

¿ Quen lle da un abrazo?

E cando esperta, ¿ en que se converteu?

¿ Que cousas creedes que aprendeu Mek durante a viaxe?

A terra abrazouna e coidou de Mek para que crecese, ¿ creedes que nos coidamos do

planeta? ¿ creedes que algunha vez non a tratamos ben?

¿Como podes ti coidar o planeta e todo o que nos rodea?

Despois de recoller algunhas das súas ideas de como podemos coidar do planeta, a persoa

dinamizadora propoñerá ao grupo que, para coidar a Terra, e tamén para coidar a nos que

vivimos nela, vamos realizar unha acción: ¡ vamos a sementar sementes parecidas a Mek!

En vasos compostabeis ou pequenos canteiros, levarase a actividade a un espazo onde o

grupo poida plantar unha semente por persoa, as cales regarán e coidarán para observar como

xerminan e crecen. Para deixar unha mensaxe que anime a outras persoas a sementar,

coidar e protexer o medio ambiente, cada participante pode escribir un compromiso ou

desexo nun papel reciclado pequeno e plantalo xunto a semente para cumprilo. Unha vez as

sementes crezan, pódese suxerir as nenas e nenos que compartan co resto dos grupos ou ca

comunidade o compromiso que teñen con Mek, coa Terra e co noso entorno natural. Solo

desta forma poderemos convivir con coidado e igualdade entre todas as persoas e os

seres vivos.

Recoñecer a importancia de protexer a biodiversidade no planeta que habitamos.

Comprender as consecuencias que teñen a sobre explotación dos recursos

naturais no medio ambiente.

Promover a nosa capacidade como defensoras e defensores do medio ambiente.

Ficha “O que a Terra nos da” (ver anexo 1)

Cartolinas ou paleógrafos.

Lápices, bolígrafos e pinturas de cores.

Miramos co grupo o cartel que decora a portada desta unidade didáctica. ¿ Que vemos?

Comezamos a actividade preguntando ao grupo:

¿Que tesouros creedes que podemos encontrar no medio ambiente? Especies,

animais, árbores, bosques, plantas, etc.

¿ Que é o que máis vos chama a atención? ¿ Por que?

Tras esta choiva de ideas, a persoa que dinamiza ou unha persoa voluntaria, lee para todo o

grupo o seguinte texto:

“ A terra é a nosa maior amiga e mellor escola. Ofrécenos a atmosfera para respirar, a

auga para beber e os alimentos para comer. Danos miles de variedades de prantas, das

que extraemos sustancias que nos curan e nos da lugar para facer o noso fogar. Desde o

inicia, a humanidade desfrutou do que a natureza lle ofrece. É responsabilidade de todos

e todas recoñecer a riqueza dos recursos naturais, coidar da Terra e a súa

biodiversidade, usar os seus froitos e recursos de maneira sostible, equitativa e en

equilibrio”

Tras ler o texto, pedimos ao grupo que se dividan en 4 ou 5 grupos máis pequenos. Para crear

estes grupos, usaremos a dinámica “ O que a terra nos da”(ver anexo 1): repartíranse unha

serie de fichas con nomes de froitas e verduras. As fichas repártense ao azar e as/os

participantes terán que buscarse e reunirse en grupos que correspondan a un mesmo produto,

que estará nomeado de distinta forma según a rexión do planeta.

Unha vez formados os grupos, cada grupo poñerá en común os nomes dos produtos ante o

resto do grupo grande. Preguntaremos: ¿ Por que creedes que se chaman de distinta forma

estas froitas e verduras? Podemos comentar que dependendo da rexión do planeta, diversas

culturas nomean e usan os froitos da Terra de diferentes formas, creando unha relación única

co medio ambiente que as rodea.

A continuación, lese o seguinte texto:

Máis do 40% das persoas que viven no planeta dependen da agricultura, caza, pesca ou

silvicultura. Normalmente pensamos niso como actividade económica, pero tamén:

É unha forma de vida, unha cultura, a relación das persoas coa natureza.

Si se realiza con coidado e sostebilidade, axuda a conservación da biodiversidade, a

coidar o solo e a auga e a protexer os bosques.

A vida das nosas cidades supón en moitas ocasións a desconexión coas formas de vida cerca

da natureza, esquecendo a miúdo de onde veñen e o validosos que son os recursos naturais

que usamos. Ademais, o actual modelo de vida humana basease nunha explotación de

recursos que non toma en conta que estes son limitados e que precisan ser coidados e usados

de forma sostible para poder manter a vida humana e a do resto dos seres vivos. A sobre

explotación sen límite destes recursos tamén deixa marcas nos ciclos e benestar da Terra,

levando a varias consecuencias, como bosques deforestados que dificilmente poden

recuperarse, especies de animais e plantas en perigo de extinción, redución da biodiversidade,

contaminación de mares e augas, e inclusive a degradación da Terra na que viven persoas que

se ven forzadas a migrar a outras rexións”

Para profundizar máis sobre este tema, a continuación proxectamos o vídeo da campaña “A

terra é a nosa mellor escola”1

Ao finalizar o vídeo, preguntamos ao grupo:

¿Con que mensaxe clave vos quedades?

¿Que creedes que nos ensina a Terra?

¿Como pode axudar a educación no coidado do medio ambiente?

Para completar esta reflexión, comentamos ao grupo que é responsabilidade de todos e todas

valorar a riqueza dos recursos naturais, coidar da Terra e a súa biodiversidade nos

nosos entornos locais e globais , e usar os seus froitos e recursos de maneira sostible,

equitativa e en equilibrio. Como vimos, na actualidade, en moitas rexións do mundo,

perdeuse o contacto directo coa natureza, modificáronse os ecosistemas e estamos sobre

explotando os recursos naturais, afectando a saúde humana e a do planeta. A Terra e a vida

nela pídenos por elo que actúemos cada dia, en cada un dos nosos entornos, consumindo de

maneira responsable e sostible, dando prioridade a produtos cércanos as nosas comunidades

para reducir a pegada de carbono polos transportes e levando a práctica todas as accións

posíbeis para reducir o noso impacto no medio ambiente.

Para investigar máis sobre o coidado dos recursos naturais e o noso consumo deles, cada

grupo formado ao principio, reflexionará sobre o que coñece acerca do alimento que lles

tocara:

Onde se produce? ¿ Quen o produce?

Como chega as nosas casa? Desde onde?

¿Que impacto ten a nosa forma de consumir este produto para o medio

ambiente?

Propoñemos entón que cada grupo investigue o calendario agrícola da súa localidade para

ver que produtos autóctonos coñecen e consumen habitualmente nas diferentes estacións do

ano. Desta forma tamén poderemos ver que moitos dos produtos que consumimos veñen de

outras rexións do mundo, e reflexionar sobre as consecuencias e o impacto no medio ambiente

que poden ter esta forma de consumo. Cada grupo pode presentar de maneira creativa a

1 “A terra é a nosa mellor escola” https://www.youtube.com/watch?v=hpMwR6nVACA

investigación sobre os produtos locais que fixeran, a través dun cartel, mural, debuxo ou

canción. Unha vez os grupos remataran as súas propostas e investigacións, compartiranse no

grupo grande.

Para rematar cunha acción concreta de coidado e defensa do medio ambiente, contamos ao

grupo que teñen un desafío de construír un gran calendario agrícola cos diferentes meses do

ano que poida servir para comunicar ao resto da cidadanía a seguinte mensaxe :

“DEFENDEMOS A TERRA E TODOS OS SERES VIVOS QUE CONVIVIMOS NELA”

Como exemplo para inspirar e informarse, recomendamos explorar a proposta do calendario

educativo agrícola que realizan no colexio PUKLLASUNCHIS do Cusco, en Perú2. O grupo

pode realizar o seu propio calendario cos materiais reciclados que decidan, nun mural ou

nunha escultura, que ten que incluír os 12 meses do ano, as súas distintas estacións e os

diversos produtos locais doutras rexións que investigaran na actividade anterior. Para que a

súa investigación e mensaxe chegue a máis persoas, poden compartir os seus calendarios

agrícolas co resto do seu centro educativo e entorno comunitario. Desta forma, estarán

mostrando o valor que ten todo o que consumimos da Terra a nivel local e global, e o urxente

que é coidala para que todas as persoas e ecosistemas poidan convivir na igualdade, equilibrio

e benestar.

2 “Proxecto de calendario agro-académico-festivo do colexio Pukllasunchis do Cusco”

https://tarea.org.pe/wp-content/uploads/2016/04/Tarea90_58_Alain_Dlugosz.pdf

Desenvolver unha posición crítica e participativa con respecto ao noso modelo

de consumo, a relación coa natureza e a utilización sostible dos recursos

naturais.

Aprender sobre o papel das mulleres, mozos e mozas e comunidades ao redor do

mundo na defensa do medio ambiente.

Promover accións de mobilización e incidencia polo coidado do medio ambiente

nos nosos entornos educativos e comunitarios.

Proxector con ordenador e son para vídeo

Folios

Lápices e bolígrafos

Miramos co grupo o cartel que decora a portada desta unidade didáctica. ¿ Que vemos?

Comezamos a actividade preguntado ao grupo sobre que lles gusta máis do medio

ambiente:

¿ Que é o que máis valorades da natureza e da Terra na que convivimos?

¿ Que é o que máis vos chama a atención? ¿Por que?

Tras esta choiva de ideas, a persoa que dinamiza ou unha persoa voluntaria, lee para todo o

grupo o seguinte texto:

“Na actualidade, en moitas rexións do mundo, perdeuse o contacto directo coa natureza,

modificáronse os ecosistemas e en ocasións isto afectou gravemente a saúde humana e

ao equilibrio do planeta. Pero tamén estamos vendo que, ao redor do mundo, moitas

comunidades indíxenas, campesiños, e inclusive mobilizacións de xoves a nivel

internacional como está acontecendo con #FridaysForFuture e Greta Thunberg, está

sendo defensora e defensores do medio ambiente para reverter esta situación urxente de

cambio.

Para aprender sobre algúns exemplos nos que miles de persoas están defendendo a Terra e

do importante que é relacionarnos con ela en respecto, coidado e igualdade, a continuación

veranse os vídeos de varios casos concretos:

EXEMPLO 1 : Testemuña do pobo indíxena brasileiro Guajajar Tenehar.3

EXEMPLO 2: Testemuña de Yesenia Ortiz, Gardiá Ambiental 4e vídeo de “ Gardiás

Ambientales” de El Salvador.5

EXEMPLO 3: Testemuña do movemento xuvenil en Madrid #FridaysForFuture.6

Tras visualizar estes exemplos, plantexamos ao grupo as seguintes preguntas:

¿Que consecuencias ten no medio ambiente o actual modelo de produción, extracción

e consumo sen límites de recursos?

¿Coñecedes modos de produción que respecten a Terra e coiden do medio ambiente?

¿Como podemos colaborar para que poida haber máis modos de produción que

respecten a terra, a biodiversidade e as comunidades que viven nas zonas rurais?

¿Que papel poden ter as/os xoves na defensa do medio ambiente?

Pasamos entón a mencionar que as mulleres tiveron e teñen un papel fundamental no

desenvolvemento rural e a produción de alimentos, representando gran parte da man de obra

agrícola de todo o mundo. Sen embargo, tamén son as mulleres e as nenas, as que máis

afectadas se ven cos cambios do clima e da degradación das terras por causa do noso modelo

de consumo, os cales están forzando a migrar dos seus fogares a millóns de persoas en todo o

mundo.

En todo iso, o papel da muller en defensa do medio ambiente resultou clave durando a

Historia para concienciar sobre a urxencia de protexer a natureza, os recursos limitados

e os modelos de vida sostibles e respectuosos co medio ambiente.

Propoñemos entón ao grupo a explorar a historia dalgunhas mulleres que loitaron, investigando

e sensibilizando acerca da importancia de defender o medio ambiente e relacionarse dunha

maneira equilibrada , sostible e equitativa coa natureza, os recursos que nos ofrece e todos os

seres vivos que convivimos nela.

Estas son as mulleres defensoras do medio ambiente que suxerimos que investiguen por

grupos:

Wnagari Maathai

Vandana Shiva

Berta Cáceres

Jane Goodall

Greta Thunberg

Para contar con unha guía de recollida de información acerca do traballo destas mulleres,

poden usas as seguintes preguntas:

3 “A Terra susténtanos e danos alimento” Survival Internacional.

https://www.youtube.com/watch?v=OvNuDqtPcfQ 4 “Mulleres que defendo o medio ambiente” Fundación Entreculturas.

https://www.youtube.com/watch?v=qTGgIrxGp24&feature=youtu.be&fbclid=IwAR1StdS6jdgMQBzLX0XhNWvWUEn-ymuJiogM37TlINC6TsmCqWwyg3W3YG8 5 “Gardiáns Ambientales El Salvador”. Fundación Entreculturas.

https://www.youtube.com/watch?v=XwOF67pUCJ8 6 “Rosalía falanos de FridaysForFuter” Fundación Entreculturas

https://www.youtube.com/watch?v=80o8i0paxrA

¿Onde e cando naceu?

¿En que ámbito traballou?

¿Cales son as súas accións destacables na defensa do medio ambiente?

Para finalizar, cada grupo irá presentando a defensora do medio ambiente que investigaron.

¿Que é o que máis nos chama a atención das súas accións?

Todas e todos nos ¿ podemos ser tamén defensoras e defensores do medio

ambiente? ¿De que maneira?

Para poder incidir no noso entorno e propoñer accións concretas como cidadás e cidadáns

globais que defenden o medio ambiente, propomos o seguinte ao grupo: Parecido ao día da

Pachamama que celebran no mes de agosto en moitas rexións en América Latina, podemos

decidir sobre o noso propio día da Terra e do Medio Ambiente ( que pode ser un dos propios

Días Internacionais mencionados nesta unidade didáctica) Para celebrar este día, podemos

realizar tres accións concretas:

1. Preparar unha pequena campaña de sensibilización no noso entorno, centro educativo

ou barrio, deseñando unha serie de carteis con debuxos ou mensaxes que inspiren a

concienciar sobre a necesidade e o dereito que temos de convivir nun planeta sostible,

igualitario e san. Pódense usar citas que dixeran algunha das mulleres defensoras do

medio ambiente que investigamos, ou inspirarse nas mobilizacións xuvenís que están

ocorrendo actualmente con #FridaysForFuture

2. Organizar unha acción de mobilización na que xuntemos a familias, xuvenís e

persoas do noso entorno nun espazo amplío. Nesta acción podemos ler algún texto

inspirador dalgunha das mulleres defensoras do medio ambiente que fomos

investigando, e escribir mensaxes de compromiso co coidado da Terra para logo

enterralos ou sementalos con sementes nalgún espazo exterior tras compartir a súa

lectura, como símbolo de defensa do medio ambiente.

3. Realizar unha acción de incidencia, escribindo de maneira participativa un manifesto ou

texto de posicionamento no que detallemos nosos compromisos como cidadanía global

co medio ambiente, e as peticións de cambio que queremos facer chegar ao noso

centro educativo, axuntamento ou comunidade cércana para coidar as zonas verdes, o

consumo de recursos ou os espazos de natureza locais, entre todos.

Dinámica “ O que a terra nos da”7

Fichas para recortar cada grupo de froita ou verdura en 4 cadrados :

7 http://www.lahuertinadetoni.es/distintos-nombres-de-verduras-y-hortalizas-segun-pais/

Alubias (España)

Frijoles (Italia)

Porotos (Argentina)

Caraotas (Venezuela)

Aguacate (España)

Avocato (Italia)

Palta (Argentina)

Abacate (Brasil)

Fresa (España)

Frutilla (Chile)

Fragola (Italia)

Morango (Brasil)

Calabacín (España)

Calabacita (México)

Zapallito (Perú)

Guicoy (Guatemala)

Guisantes (España)

Chincharos (México)

Arvejas (Perú)

Ervila (Brasil)

Plátano (España)

Banana (Argentina)

Cambur (Venezuela)

Guineo (Ecuador)

Coordinación: Clara Maeztu y Veda Krüger.

Autoría: Encarna Durán y Davinia De Ramón.

Colaboración: Alberto Medina, Raquel Llanos, Javiera Oñate e Raquel Alonso.

Dirección de Arte e Deseño Gráfico: Maribel Vázquez.

Edita: Fundación Entreculturas.