24
Crónicas Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 11 - Novembro de 2014 As quince gasolineiras ubicadas na comarca de Or- des ofrecen praccamente os mesmos prezos. As dife- renzas, polo regular, non van máis aló dun par de cénmos de euro por litro de combus- ble. Comparando entre as ofertas extremas, a variación á hora de encher un depó- sito medio era este venres de 2,30 euros, tanto no gasóleo A como na gasolina de 95. Curiosamente, a máis barata é a Shell de Cerceda e a máis cara a Shell de Trazo. As gasolineiras da comarca calcan os prezos do combustible Páx. 12 Rexeitamento frontal á redución de profesorado ORDES Páx. 4 O punto da infancia custará ata 163,52 euros ao mes TORDOIA Páx. 10 Páx. 3 Narcotráfi co en Ordes O Concello abre un centro para animais abandonados ORDES Páx. 9 Controversia polas novas obras na Praza de Abastos ORDES Páx. 11 Primarias do PSOE coruñés entre Mirás e Sacristán PROVINCIA Páx. 8 Entrevista co Encrobas C.F., un equipo renovado DEPORTES Páx. 21 A entrevista máis formal posible co grupo Superoito XENTE DE AQUí Páx. 17 Interceptados 390 quilos de cocaína nunha nave do polígono delrío Arquitectura Ingeniería Diseño PROYECTOS REFORMAS DIRECCIONES DE OBRA COORDINACIONES DE SEGURIDAD Y SALUD Avda. Alfonso Senra, nº 178. Bajo. Ordes - A Coruña Tlf. 620 28 33 02 - www.delrioaid.com - [email protected] TÉCNICA y DISEÑO unidos para ofrecerte el MEJOR RESULTADO CERTIFICACIONES ENERGÉTICAS PERITACIONES Y TASACIONES ESTUDIOS Y PLANES DE SEGURIDAD DISEÑO INTERIOR Rúa do Mercado, 17 bajo. 15680 ORDES (A Coruña) Telf.: 981 682 678 - e-mail: [email protected] p f prevención v vestuario laboral formación e epi´s

Cronicas - Comarca de Ordes - nº11 - Novembro 2014

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Número 11 de CRÓNICAS, o periódico mensual independente da Comarca de Ordes.

Citation preview

Page 1: Cronicas - Comarca de Ordes - nº11 - Novembro 2014

CrónicasMensual independente da Comarca de Ordes - Nº 11 - Novembro de 2014

As quince gasolineiras ubicadas na comarca de Or-des ofrecen practi camente os mesmos prezos. As dife-

renzas, polo regular, non van máis aló dun par de cénti mos de euro por litro de combus-ti ble. Comparando entre as

ofertas extremas, a variación á hora de encher un depó-sito medio era este venres de 2,30 euros, tanto no gasóleo

A como na gasolina de 95. Curiosamente, a máis barata é a Shell de Cerceda e a máis cara a Shell de Trazo.

As gasolineiras da comarca calcan os prezos do combustible

Páx. 12

Rexeitamento frontal á redución de profesorado

ORdeS

Páx. 4

O punto da infancia custará ata 163,52 euros ao mes

tORdOiA

Páx. 10

Páx. 3

Narcotráfi co en OrdesO concello abre un centro para animais abandonados

ORdeS

Páx. 9

controversia polas novas obras na Praza de Abastos

ORdeS

Páx. 11

Primarias do PSOe coruñés entre mirás e Sacristán

PROViNciA

Páx. 8

entrevista co encrobas c.F., un equipo renovado

dePORteS

Páx. 21

A entrevista máis formal posible co grupo Superoito

XeNte de Aquí

Páx. 17

interceptados 390 quilos de cocaína nunha nave do polígono

delríoArquitectura Ingeniería Diseño

PROYECTOSREFORMASDIRECCIONES DE OBRACOORDINACIONES DE SEGURIDAD Y SALUD

Avda. Alfonso Senra, nº 178. Bajo. Ordes - A Coruña Tlf. 620 28 33 02 - www.delrioaid.com - [email protected]

TÉCNICA y DISEÑO unidos para ofrecerte el MEJOR RESULTADO

CERTIFICACIONES ENERGÉTICASPERITACIONES Y TASACIONESESTUDIOS Y PLANES DE SEGURIDADDISEÑO INTERIOR

Rúa do Mercado, 17 bajo. 15680 ORDES (A Coruña)Telf.: 981 682 678 - e-mail: [email protected]

pf

prevención

v vestuariolaboral

formación

e epi´s

Page 2: Cronicas - Comarca de Ordes - nº11 - Novembro 2014

2

ActuAlidAde

crónicas - Novembro 2014

ORDES O Concello contará coa colaboración da USC para activar o novo servizo

O centro comarcal acollerá un viveirode empresas desde principios de 2015

O antigo centro comarcal reco-brará a vida a comezos do vindeiro ano. Segundo o goberno de Ordes, as instalacións, ubicada na zona das Ca-sillas e pechadas desde hai anos, aco-llerán o denominado centro de em-prendemento municipal. Ata agora, o viveiro de empresas estaba previsto na Praza de Abastos, pero o execu-tivo municipal reconsiderou a ubica-ción.

Para a posta en marcha do cen-tro, o Concello contempla a colabo-ración coa Universidade de Santiago de Compostela (USC). Levaban varios contactos previos e recentemente vi-sitaron o edificio para comprobar se sería idóneo para o novo servizo.

O seguinte paso é preparar os pregos de condicións para que os emprendedores poidan acceder a un dos sete espazos que se ofrecerán. Aí determinarán a viabilidade e as liñas de selección e asesoramento para os futuros usuarios.

Francisco Ferreiro, profesor de Economía Aplicada na USC que su-pervisa a iniciativa, declarou, se-gundo o Concello, que o centro co-marcal é “precioso e cheo de oportu-nidades” e poderá converterse “nun referente a nivel galego”. Atendendo á ubicación de Ordes, ás característi-cas do inmoble e ao proxecto de cen-tro, o profesor cre que “podemos fa-lar de arredor dunha ducia de postos de traballo”.

O alcalde, Manuel Regos, agarda que non haxa “pausas de ningún tipo” para rematar os pregos e ava-liar xa en decembro os proxectos que se presenten, segundo un plan que explicou o concelleiro do PSOE, Xe-sús Pedreira, ao que o goberno erixe como autor da proposta.

“INEPTOS” POR RETRASARO BNG reaccionou con satisfac-

ción á “rectificación” do goberno de Regos, deixando a un lado a opción da Praza de Abastos e apostando polo centro comarcal. Lembran que

en abril propuxeran darlle ese uso ao edificio, ao pouco de ser cedido pola Xunta ao Concello. Entón, tanto UXO como o PSOE rexeitaron a mo-ción en pleno, alegando que a inicia-tiva xa estaba “moi avanzada, practi-camente rematada” na praza.

Meses despois, viuse que non era así, polo que os nacionalistas acusan “a Regos e ao seu socio do PSOE de incapaces e ineptos” ao retrasar du-rante meses “coa súa política errá-tica” proxectos que podían estar xa en funcionamento e xerando riqueza e emprego.

As instalacións precisarán varios investimentos para acondionar sete espazos

casa Grande de Xanceda recolle o premio Alimentos de españa

A empresa Casa Grande de Xan-ceda, de Mesía, recolleu recente-mente en Córdoba o Premio Alimen-tos de España 2013 á Produción Eco-lóxica, nun acto presidido pola mi-nistra de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Isabel García Teje-rina.

Esta distinción recoñece a alta ca-lidade dos produtos desta explota-ción, a aposta pola orixinalidade e a innovación na produción ecolóxica. E

valora tamén a “actitude de concien-cia e respecto á biodiversidade me-diante o fomento de actuacións fa-vorables á flora e á fauna salvaxes”, asegura o ministerio.

Destacaron tamén a capacidade de Casa Grande de Xanceda para fa-cer rendible a súa actividade, poten-ciar os recursos locais, a educación ambiental e o fomento do emprego nas zonas rurais, sen esquecer o es-forzo comercializador.

MESÍA Na categoría de produción ecolóxica

Acto de entrega dos premios Alimentos de España no Alcázar de Córdoba

O Concello aspira a desenvolver un obradoiro de emprego durante o vindeiro ano

FRADES

O Concello de Frades aspira a desenolver un obradoiro de em-prego durante o vindeiro ano. O alcalde, Roberto Rey, propúxollo á conselleira de Traballo e Benes-tar, Beatriz Mato, nunha reunión. Rey explicou que o obradoiro ser-viría para “restaurar e poñer en valor distintos puntos do muni-cipio”. A conselleira indicou que o prazo para solicitar obradoiros vaise abrir no primeiro trimestre de 2015 e emprazou ao alcalde a presentar o proxecto en conxunto con outros Concellos.

No encontro, no que tamén participou o xerente do Consor-cio Galego de Servizos Sociais, Ro-berto Rodríguez, tratáronse ta-mén diversas iniciativas de forma-ción enfocadas ao emprego. En cambio, non trascendeu novidade algunha sobre o centro de día que se proxectara na Pontecarreira e que a Consellería ten bloqueado desde hai varios anos.

Reunión de Rey, Mato e Rodríguez

Crónicascrónicas - Mensual independente da Comarca de OrdesEdita: Underwood Media, S.L. Imprime: Galicia Editorial, S.L.Peche de edición: 22-11-2014. Depósito legal: C 900 - 2013Directora: Aurora Pastor Gil. Tel: 617 917 130 Contacto: [email protected]

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

Page 3: Cronicas - Comarca de Ordes - nº11 - Novembro 2014

ActuAlidAde

crónicas - Novembro 2014 3

ORDES A operación Alibavaria detivo nove persoas, unha delas un empresario local

unha operación antidroga intercepta 390 quilos de cocaína en merelle

A Garda Civil interceptou un alixo de 390 quilos de cocaína nunha nave do polígono industrial de Ordes, no marco da operación anti droga Aliba-varia, que desmantelou unha organi-zación criminal e que se desenvolveu entre Asturias, A Coruña, Pontevedra e Alicante.

Foron deti das nove persoas, en-tre elas un socio da empresa á que chegou o cargamento, unha marmo-rería, e “dous históricos narcotrafi -cantes galegos”, segundo a Garda Ci-vil. Aínda que as fontes ofi ciais non desvelaron identi dades, o empresa-rio local é Jesús Manuel Gómez Ro-dríguez, natural de Frades, e tamén trascendeu que outro dos deti dos é o boirense Vicente Alves, vinculado ao clan arousano dos Charlíns e pre-sunto organizador do movemento da droga desde Paraguai ata España.

Suponse que o caso ten ramifi -cacións con mafi as do Levante espa-ñol. Nun primeiro momento, ía ser un grupo alicanti no o que trouxese a droga, pero a súa embarcación ti vo un accidente e quedou inservible. A

parti r de aí, a rede buscou outras vías de traslado, contactando cunha em-presa asturiana de importación de carbón, propiedade dun leonés.

O camión que fi xo o porte ata Or-des procedía precisamente do porto do Musel, en Gijón. O operati vo, que levaba meses de vixilancia, seguiuno

ata a descarga na marmorería. En to-tal, eran 3.200 quilos de carbón vexe-tal, entre os que estaban os 390 de cocaína, distribuída en 955 paquetes cun recubrimento de resina e carbón para aparentar ser mineral.

A droga incautada podería acadar un valor de vinte millóns de euros no

mercado negro. A investi gación tra-tará de determinar tamén onde se ía distribuír a sustancia.

O alixo, un dos maiores intercep-tado en terra nos últi mos anos, deu moito que falar en Ordes, entre a sus-picacia e a incredulidade. Na empresa da que é copropietario o deti do pedi-ron respecto pola presunción de ino-cencia e negan ter relación co asunto. Tamén o dono da empresa asturiana de transportes á que se lle contratou o porte ata Ordes, que non foi deti do, asegura que foi engañado e pensaba que só traía carbón. Inicialmente si fora deti do o condutor do camión.

A cocaína viña de Paraguai, vía Gijón, oculta entre 3.200 quilos de carbón vexetal

A droga viña cuberta de resina e carbón

O camión, intervido no propio polígono

EKATÉ OutletRúa do Mercado, 2

EKATÉ MelideCantón de San Roque, 11

EKATÉAlfonso Senra, 157

EKATÉ Outlet EKATÉ MelideEKATÉ

Page 4: Cronicas - Comarca de Ordes - nº11 - Novembro 2014

4

ActuAlidAde

crónicas - Novembro 2014

O Concello agarda rematar este ano o novo pavimento de formigón da Rúa da Igrexa

ORDES

Unha capa de formigón subs-tituirá o empedrado na Rúa da Igrexa de Ordes antes de que re-mate o ano, incluso antes do Na-dal. As obras xa comezaron e se-gundo o Concello estarán rema-tadas nese prazo. Mentres tanto, a circulación por este pequeno tramo está interrompida.

O goberno municipal explica que o tráfico e sobre todo a ero-sión da chuvia, con certa pen-dente da rúa, causaban unha de-terioración constante do antigo pavimento, polo que optaron polo novo de formigón. As obras están financiadas con cargo ao plan DTC 93 da Deputación da Coruña.

As obras eliminarán o empedrado

OROSO Supuxo investir case 219.000 euros en viais de seis parroquias distintas

Remata a execución das obras do plan provincial, centrado nas estradas locais

As obras incluídas este ano no Plan de Obras e Servizos (POS) de Oroso remataron recentemente. Cun investimento de 218.754 euros, os traballos centráronse na rede viaria municipal das parroquias de Marzoa, Oroso, Senra, Trasmonte, Gándara e Os Ánxeles.

A intervención de maior volume económico foi o acondicionamento da capa de rodadura e das marxes do vial que discorre pola Altiboa, O Castro de Recouso e a Cruz de Fol-goso, na parroquia de Marzoa. Foi un proxecto valorado en 122.000 euros.

Na parroquia de Oroso, o investi-

mento foi de 48.000 euros, destina-dos á mellora da rede viaria dos lu-gares da Estación e do Cruceiro, coa que se melloran os accesos á escola de Vilacide e á estrada que comunica Sigüeiro e Trazo.

Outros 49.000 euros, aproximada-mente, destináronse a pistas e estra-das dos lugares de Zan (Trasmonte), Vilares (Senra), A Igrexa (Os Ánxeles), e Piñeirón (A Gándara).

O alcalde de Oroso, Manuel Mi-rás, e o concelleiro de Vías e Obras, Eduardo Veiras, visitaron os distin-tos camiños para comprobar que as obras se executaran correctamente. Mirás remarcou que de novo este ano o Concello utilizou para obras to-dos os recursos do POS, financiado en boa medida pola Deputación e que permitía aproveitar unha parte do diñeiro para gasto corrente, nos Concellos con dificultades financei-ras. Mirás tamén expuxo que aos re-cursos deste plan hai que sumar “o que xa investimos de urxencia o in-verno pasado cando tivemos aquela sucesión de temporais”.

Punto de inicio do tramo de estrada acondicionado na zona de Recouso (Marzoa)

O pleno de Ordes rexeitou frontal-mente os recortes de profesorado e as carencias no mantemento das in-fraestruturas dos que acusa á Xunta nos centros educativos do municipio. Salvo a abstención do PP, todos os grupos secundaron unha proposta do PSOE que reivindica recuperar o nú-mero de docentes de 2010 e incluír partidas nos Orzamentos autonómi-cos para mellorar as instalacións.

Os datos ofrecidos polos socialis-tas indican que en primaria perdeuse un mestre, sen ter en conta o peche de tres unitarias nos últimos cursos. Pero a maior debacle dáse en secun-daria, ao pasar de 104 a 86 profesio-nais desde 2010 ata agora. Son 18 menos, dos que 13 corresponden ao IES-1 e 5 ao IES Maruxa Mallo. O por-tavoz do PSOE, Xesús Pedreira, criti-cou que estes “escandalosos” recor-tes se dean “sen que en ningún caso diminuíse o número de matrículas”.

Mais o protagonismo do debate acaparárono a portavoz do goberno, Silvia Marín, e Susana Mosquera, concelleira do PP. Esta última ase-

gurou que “non temos ningún docu-mento oficial que indique que non se cumpre a ratio” e que o número de alumnos por aula nos centros educa-tivos de Ordes “está moi por debaixo da media de Galicia, en moitos casos nunha situación case privilexiada”.

Marín combateu tales aprecia-cións asegurando que “daban risa, por non chorar”. A tenente de al-calde precisou que a nova lei educa-tiva, a LOMCE, distorsina as ratios: “claro que se cumpren, pero calquera sabe que se incrementaron os alum-nos porque os repetidores agora non computan para a ratio”, co que as au-las están repletas e a calidade educa-tiva mingua, segundo relatou.

Mosquera expuxo que o número de alumnos si se reduciu en FP, pero que non se prescindiu de ningún pro-fesor, senón que se situaron noutras funcións. Marín atribuíu a falta de alumnado en confección e mecá-nica á degradación á que o goberno, na súa opinión, someteu a FP básica, que agora “nin titula nin permite ob-ter o certificado da ESO”.

A portavoz do Concello, ao igual que Pedreira, criticou que se reduci-sen os profesores especialistas e os de apoio a nenos e nenas con nece-sidades educativas especiais. Ade-mais, denunciou que o PP marxine o ensino público e potencie os centros concertados e privados. Revelou que desde 2009 ata agora o gasto edu-cativo por habitante pasou de 860 a 670 euros. Mosquera replicoulle falta de datos e negou que os profesores non fosen abondo, utilizando como exemplo que nun centro se destinou un mestre para o único alumno que

solicitou a alternativa a relixión.O que si admitiu o PP foi a nece-

sidade de mellorar o mantemento das infraestruturas, se ben defendeu que nos últimos anos a Xunta inves-tiu 254.355 euros. O goberno local destacou que gran parte das obras de reparación as ten que asumir o Concello, sen que sexan da súa com-petencia, á vez que o portavoz do BNG, Ramiro Recouso, sinalaba ca-rencias como que o IES-1 careza de ADSL “por 200 metros de liña”, e o do PSOE sinalaba o ascensor inutilizado no mesmo centro.

Ordes oponse aos recortes en educación

ORDES O PP replica que se cumpren as ratios fronte á denuncia de deterioración do ensino público dos demais grupos

A maior redución de profesorado produciuse no vetusto IES número 1

Page 5: Cronicas - Comarca de Ordes - nº11 - Novembro 2014

PuBlicidAde

crónicas - Novembro 2014 5

- QUE É ESCOLA CONTALENTO?

- Escola ConTalento é un centro que ofrece unha serie de actividades complemen-tarias á acción formativa dos colexios, e ao mesmo tempo atende de maneira in-dividualizada todos aque-les casos que o precisen, xa sexa por unha problemática puntual ou por un trastorno máis permanente.

- QUEN SODES?- Somos un equipo mul-

tidisciplinar formado por unha Logopeda especia-lista en Audición, unha Pe-dagoga con formación en Lingua Inglesa e unha Psi-copedagoga especilizada en Atención Temperá.

- QUE OFRECEDES?- Por unha banda están os

programas de DISCOVE-RING ENGLISH, ACTÍ-VATE e EXPRÉSA-T, de-dicados á aprendizaxe da lingua inglesa de maneira espontánea, a desenvolver a intelixencia emocional e a asentar as bases da lectoes-critura e a expresión oral,

respectivamente. Todos eles están plantexa-

dos como actividades ex-traescolares cunha metodo-loxía pedagóxica totalmente lúdica que resulte signifi ca-tiva para os cativos.

Por outra banda, temos o Gabinete Psicopedagóxico e Logopédico onde atende-mos todo tipo de difi culta-des que poidan presentarse nestes campos.

- NOS CASOS NOS QUE EXISTE UNHA DI-FICULTADE, COMO AFECTA NO ENTORNO FAMILIAR?

- As familias normalmente séntense perdidas porque non saben como actuar nin onde acudir. De feito Escola ConTalento creouse como resposta ás necesidades de familias da nosa rede de es-colas Trastes que nos solici-taban axuda.

Asesoramos ás familias, traballamos en coordinación cos colexios e con outros profesionais se é o caso, para acadar unha mesma liña de traballo.

- CALES SON AS DIFI-CULTADES MÁIS FRE-CUENTES?

- As máis frecuentes son as de linguaxe, tamén qui-zais por ser as máis observa-bles, xunto cos trastornos de aprendizaxe. Estas habitual-mente conlevan difi cultades de atención pero non por iso debemos priorizar este diag-nóstico en todos os casos.

- SUPOÑEMOS QUE NESTAS SITUACIÓNS O TEMPO Á HORA DE AC-TUAR É IMPORTANTE, NON SI?

- Si, tendo en conta que a plasticidade cerebral dimi-núe a medida que avanza a idade, o esforzo da rehabi-litación será maior. Non se

debe caer nos tópicos “xa falará, xa madurará...” por-que non sempre é así e hai casos nos que xogamos en contra do tempo.

Por iso, recomendámos-lles ás familias que ante cal-quera dúbida consulten cun profesional que poida des-cartar ou atallar unha posi-ble anomalía.

- É CONSCIENTE A SOCIEDADE DESTA PROBLEMÁTICA?

- Non. En moitos casos, como acabamos de comen-tar, déixanse os nenos sen tratar pensando que evolu-cionarán eles sos, e noutros casos as familias nin se-quera teñen claro cal é a fi -gura do profesional ao que

deben acudir. Esta falta de información atinxe aínda á sociedade como conxunto, non a casos illados. Debería haber unha maior concien-ciación con respecto a estes temas e máis asesoramento e información dende a Ad-ministración Pública.

- PARA REMATAR... ALGUNHA CONCLU-SIÓN PARA AS FAMI-LIAS?

- Gustaríanos que as fami-lias acudiran a nós sempre que necesitasen axuda sen sentirse, por elo, culpables do problema.

Acudir a unha Psicopeda-goga ou Logopeda débese ver igual de normal que ir a unha Pediatra.

ENTREVISTA coas responsables do servizo psicopedagóxico e logopédico da Escola ConTalento, en Sigüeiro

“As familias normalmente séntense perdidas porque non saben como actuar nin onde acudir”Desde unha pequena dificultade na linguaxe ou na aprendizaxe ata un trastorno máis perma-nente, o mellor para as familias con cativos é consultar con especialistas para que interveñan a tempo e evitar así problemas que no futuro po-derían ser maiores. O equipo de psicopedagoxía e logopedia da Escola ConTalento, en Sigüeiro (Oroso), explícao nestra entrevista.

Unha logopeda especialista en audición, unha pedagoga con formación en lingua inglesa e unha psicopedago-ga especializada en atención temperá conforman o equipo profesional da Escola ConTalento.

A xente pregúntamesempre onde compro os agasallos para o Nadal.

moi sinxelo. eu sempre atopo os mellores regalos, o mellor servizo e as ofertas máis interesantes nos

comercios da nosa comarca.e como escollo aos mellores???

Pois lendo o único xornalfeito dende a comarca

Page 6: Cronicas - Comarca de Ordes - nº11 - Novembro 2014

6

ActuAlidAde

crónicas - Novembro 2014

Proposta para adaptar as dimensións das terrazas dos bares á rúa onde se ubiquen

ORDES

A vindeira sesión plenaria de Ordes deberá abordar a posibili-dade de introducir cambios na or-denanza que regula a instalación de terrazas de bares e restauran-tes na vía pública.

Unha iniciativa presentada polo BNG propón corrixir “eivas na súa redacción que causan con-fusión” e tamén “modificar as di-mensións das terrazas en función da rúa onde vaian ser instaladas”.

Ramiro Recouso, portavoz na-cionalista, explica que a norma non obriga a instalar plataforma en terrazas situadas en zonas de estacionamento de vehículos, de maneira que non todos os nego-cios efectuaron o investimento.

Así, pide tarima obrigato-ria, salvo na esquerda de Alfonso Senra, onde a beirarrúa é grande abondo, e na contorna da feira, onde opta por varandas retirables.

O Bloque quéixase tamén das dificultades que lle puxo o go-berno para acceder ás licenzas de terrazas deste ano.

ORDES O Bloque acúsaos de manter un “pacto a prol da corrupción”

uxO e o PSOe impiden debater a municipalización de varios servizos

Non houbo nin posibilidade de debate. A proposta presentada polo BNG de Ordes para municipalizar va-rios servizos non foi considerada ur-xente por UxO, a formación política do alcalde, e polo PSOE. Argumen-tado que xa se tratara nun pleno an-terior, algo que o Bloque negou, os seus oito votos (sete de UxO e un do PSOE), e a abstención da edila de CI-DEGA, impediron tratar a cuestión. Botaron man do voto de calidade do alcalde para desfacer o empate fronte aos dous edís do BNG e os seis do PP, partidarios cando menos de poder debater o asunto.

Entre os servizos que os naciona-listas pedían que xestionase directa-mente o Concello, sen empresas de por medio, están a limpeza e mante-mento de locais municipais, o man-temento dos campos de fútbol, e a vixilancia e conserxería dos colexios e dos polideportivos.

Os nacionalistas aseguran que a súa proposta pretendía “reducir gas-tos e optimizar os recursos públicos”, ademais de evitar “prácticas de en-

chufismo escudándose nas empresas concesionarias de servizos”. Nestas, poñen como exemplo a contratación do conserxe do colexio Campomaior ou postos na gardería municipal, se-gundo o Bloque vinculadas ás amiza-des familiares da tenente de alcalde.

O BNG amósase especialmente crítico co apoio do PSOE a UxO. Se-gundo aseguran, está “motivado

polo pacto de non agresión entre as dúas formacións, xa que o PSOE ten colocados varios membros da súa formación en diversos postos de tra-ballo municipais en troques do pacto de lexislatura encuberto que teñen Regos e Pedreira”. De aí que os nacio-nalistas consideren que ese suposto acordo constitúe “un pacto a prol da corrupción”.

O goberno e o PSOE alegaron que xa se tratara unha proposta similar noutro pleno

Mantense o financiamento provincial nas Brañas da Valga

A Deputación da Coruña e o Concello de Mesía renovaron por terceiro ano o convenio para man-ter aberto o complexo das Brañas da Valga (Visantoña), que inclúe un museo etnográfico e unha aula da natureza, cunha zona verde arredor dunha pequena lagoa.

O acordo, asinado polo alcalde,

Mariano Iglesias, e o presidente da Deputación, Diego Calvo, ascende a 58.000 euros para todo 2015. O 80 % será diñeiro provincial e o 20 % será municipal. Servirá para pa-gar dous peóns de xardinería, un monitor de tempo libre e material para as visitas, exposicións e obra-doiros.

MESÍA

Mariano Iglesias, alcalde de Mesía, e Diego Calvo, presidente da Deputación

A punto de rematar as obras no vial do Cruceiro e de Vilalbarro

A estrada que une as aldeas de Vilalbarro e do Cruceiro coa N-550 na parroquia de Oroso verá rema-tadas as súas obras nos vindeiros días. Trátase da primeira fase dun proxecto no que se preinstalará o alumeado público e se dotará o vial de zonas peonís. O Concello asegura que o investimento nesta iniciativa é de 102.000 euros.

O alcalde, Manuel Mirás, de vi-sita ás obras con Eduardo Veiras, concelleiro de Obras, explicou que tras o remate dos traballos só fal-taría instalar a nova iluminación. Ese é cando menos o compromiso que concretou a empresa co Con-cello, a pesar de que as obras co-mezaron máis tarde do previsto.

A intervención na zona permi-tirá que o via pase de ter catro a dez metros de ancho, con sendas peonís polas dúas marxes. Todo o proxecto entroncará coas obras da segunda fase, que xa están re-matadas.

A paradoxa de que a segunda fase fose rematada antes que a

primeira explícase en que esta precisou expropiar varios terreos.

Vilalbarro e O Cruceiro xa se beneficiaron previamente dun in-vestimento por valor de 262.000 euros para abastecemento de auga e saneamento, tal como lembra o goberno municipal de Oroso.

OROSO

O alcalde e un operario, nas obras

Page 7: Cronicas - Comarca de Ordes - nº11 - Novembro 2014

ActuAlidAde

crónicas - Novembro 2014 7

A Rúa Rosalía de Castro contará con sentido único de circulación en todo o seu traxecto

ORDES

A Rúa Rosalía de Castro de Or-des terá sentido único de circula-ción en todo seu percorrido. Ade-mais do tramo entre o Sanatorio Concheiro e a intersección coa Rúa Nova, onda xa o ten, conti-nuará con esa única opción de tránsito ata a Rúa dos Lagartos.

Así o acordou por unanimidade o pleno, a raíz dunha proposta do BNG na que se pedía darlle solu-ción “á caótica situación actual”, con dificultades de paso continuas por mor da anchura insuficiente da rúa, creando incluso desperfec-tos por rozamentos nos vehículos estacionados nas marxes.

Por outra parte, o PP pediu un segundo acceso ao aparcadoiro do CEIP Campomaior, situado nun terreo privado cedido ao Conce-llo, para paliar a conxestión de trá-fico á entrada e saída das clases. O goberno explicou que non pode acometer grandes obras ao non ser un terreo público e contempla que o Plan Xeral, cando se aprobe, lle dea unha saída á zona.

ORDES Ao pertencer a estradas supramunicipais, a normativa impide a súa cesión

Piden a titularidade local do Recreo e dos lagartos sen esperanzas de obtela

É practicamente pedir por pe-dir. O pleno de Ordes solicitou que a Xunta lle ceda ao Concello a titulari-dade da estrada de Lanzá na Rúa dos Lagartos e a Deputación a da Rúa do Recreo na estrada de Carballo. A raíz dunha proposta do BNG, o obxectivo sería asumir a xestión do tráfico nas dúas rúas para impedir o paso de ca-mións pesados polo centro da vila, en especial os de residuos.

Con todo, os grupos son conscien-tes de que nin a administración au-tonómica nin a provincial van dar pa-sos para a cesión, xa que “son estra-das que comunican distintos con-cellos, as chamadas de tipo 1, e sen outra solución alternativa de tipo 1 a cesión é inviable”, tal como explicou o portavoz do PP, José Luis Martínez Sanjurjo.

O PSOE reiterou tamén a proposta de que o goberno autonómico asu-mise a estrada de Mercurín e a rolda leste. Os demais grupos non o viron con malos ollos, se ben o PP, que se abstivo, insistiu en que tal “intercam-bio de cromos” non tería encaixe na

normativa sobre competencias en es-tradas.

O alcalde, Manuel Regos, tamén dixo ser consciente da dificultade da cesión: “por lei é imposible”, dixo. “Se eses tramos fosen nosos, cortabámo-los ao outro día, pero por onde irían os camións?”, preguntouse o rexedor ante a falta doutra vía de tipo 1.

Por outra parte, a proposta do BNG tamén empraza a unha reunión entre a Xunta, a Deputación, o Con-cello e Sogama para tratar de buscar un acordo sobre a estrada de Mercu-rín, de titularidade municipal e cor-tada ao tráfico pesado pola súa de-terioración. O encontro podería cele-brarse en breve.

A proposta do BNG aspiraba a retirar o tráfico pesado do centro da vila ordense

O Partido Popular de Ordes comezará neste mes de decembro unha rolda de reunións cos veciños das diferentes parroquias e na pro-pia vila de Ordes de cara á elabora-ción do programa electoral co que concorrerá ás eleccións municipais previstas para maio de 2015.

O actual portavoz municipal e xa confirmado candidato do PP á Alcaldía participará nestas xuntan-zas que, previsiblemente se cele-brarán en cada unha das trece pa-rroquias, incluíndo tamén o núcleo urbano de Ordes.

O PP aproveitará estes encon-tros para “chequear” a situación de cada unha das zonas do municipio e incorporar as súas necesidades

ao programa electoral, ao tempo que informará aos veciños sobre o labor desenvolvido durante este mandado como primeiro grupo da oposición municipal.

José Luis Martínez Sanjurjo acudirá a estas reunións “coa sa-tisfacción de poder presentarme aos veciños, como o viñen facendo durante toda a lexislatura, dando cumprimento ao compromiso de cercanía e proximidade adquirido na campaña de 2011, e recordando que a maior parte das escasas inter-vencións efectuadas polo Concello nas parroquias durante estes case catro anos foron consecuencia das inversións financiadas polo Partido Popular dende a Deputación da Co-ruña”.

“Nós damos a cara permanente-mente, mentres que o aínda alcal-de escapa dos veciños, se agocha

sempre que pode e só aparece en época electoral”, conclúe Martínez Sanjurjo.

“Nós damos a cara permanentemente, mentres que o aínda alcalde escapa dos veciños, se agocha sempre que pode e só aparece en época electoral”, afirma Martínez Sanjurjo

O Partido Popular de Ordes comeza en decembro unha rolda de reunións cos veciños para elaborar o programa das municipais

Page 8: Cronicas - Comarca de Ordes - nº11 - Novembro 2014

8

ActuAlidAde

crónicas - Novembro 2014

A Mancomunidade limita as decisións do seu último pleno á petición de subvencións

COMARCA

O último pleno da Mancomu-nidade de Municipios da Comarca de Ordes careceu de acordos de maior trascendencia que a soli-citude de diversas subvencións a outras administracións. Evidén-ciase así que se trata dunha insti-tución subsidiada, carente en gran medida de ingresos directos pro-pios.

Entre as peticións para o vin-deiro ano, á Xunta ou á Deputa-ción, figuran 6.000 euros para o mantemento de servizos lingüís-ticos, 45.000 euros para o desen-volvemento de servizos sociais, 30.000 euros para a promoción de recursos turísticos, 65.000 euros para mobiliario, equipamento e reformas de locais municipais, 50.000 euros para actividades cul-turais, outros 50.000 euros para actividades deportivas, e 40.000 euros para políticas de igualdade e contra a violencia de xénero no ámbito educativo.

Tamén se acordou solicitar fi-nanciamento no programa de ser-vizos sociais, en concreto 65.000 euros para Ordes, 39.000 euros para Oroso e 17.600 para Frades. Os demais Concellos (Cerceda, Mesía, Tordoia e Trazo) ofrecen estes servizos pola súa conta, sen depender da Mancomunidade, por cuestións de eficacia.

Por outra parte, o pleno no que participaron os sete alcaldes da comarca cumpriu co trámite de prorrogar o Plan de Igualdade de Homes e Mulleres da entidade, que se leva aplicando desde 2011 e que remataba a súa vixencia a fi-nais deste ano.

O plan, ideado para sensibilizar e informar sobre os recursos exis-tentes para combater as desigual-dades de xénero, conta cunha co-misión encargada de supervisar a súa execución, ademais de res-ponsabilizarse do seguemento e a avaliación das distintas activi-dades organizadas. Implica tanto o Centro de Información á Muller como numerosas entidades e ser-vizos públicos da comarca.

PROVINCIA Foron os únicos con avais suficientes para as primarias do día 30

O PSOe coruñés escolle novo líder entre os alcaldes de Oroso e de culleredo

A militancia do PSdeG-PSOE na provincia da Coruña escollerá o vin-deiro domingo 30 de novembro quen vai ser o novo secretario xeral da for-mación, tomando o relevo do exmi-nistro Francisco Caamaño. A decisión está entre dous alcaldes: Manuel Mi-rás, que leva o bastón de mando en Oroso desde 2002 e xa fora rexedor entre 1991 e 1995, e Julio Sacristán, alcalde de Culleredo desde 1983.

Mirás e Sacristán foron os únicos que reuniron avais suficientes para seren proclamados candidatos ás pri-marias provinciais. En concreto, o de Oroso sumou o apoio de 979 militan-tes socialistas e o de Culleredo aca-dou 1.046. Era necesario ter un mí-nimo de 876, equivalentes ao 20 % do censo.

Non puideron superar esa ba-rreira Julio Iglesias, alcalde de Ares, que reuniu 606, nin Celso Posada, membro da executiva local de Ferrol, unicamente con 6. E o excandidato á alcaldía de Teo, Jano Leis, retirouse do proceso, días antes da proclama-ción de candidatos, sen chegar a pre-

sentar avais. Non parece que chegase a reunir o mínimo.

Así pois, a diferenza de partida é escasa entre os dous aspirantes é escasa e pode darse calquera resul-tado. Sacristán, ao que asocian ao sector de Caamaño, semella partir como favorito, aínda que as bazas de Mirás, que vinculan co secretario

xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, tamén son relevantes.

A votación dos militantes o próximo domingo será mediante voto directo na súa agrupación local. A Agrupación Provincial Socialista da Coruña destaca que é a primeira en toda España que renova a súa direc-ción nun proceso de primarias.

Julio Sacristán, alcalde de Culleredo

TRAZO A delegada da Xunta visita co alcalde varias obras viarias recentes

do campo comproba con dafonte a reparación de diversos camiños locais

A delegada provincial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, acu-diu a Trazo a verificar xunto co al-calde, José Dafonte, o resultado das obras de acondicionamento de va-rios camiños executadas ao longo de 2014. Trátase de proxectos incluí-dos nun programa de mellora de vías rurais de titularidade municipal que nos últimos dous anos supuxo inves-tir case 60.000 euros en Trazo e entre este ano e o que vén traerá preto de 104.000 máis.

Entre as obras xa acometidas, des-tacan as dun camiño en Millarada e outro en Santa Eufemia. En total, uns dous quilómetros de longo nos que se efectuaron tratamentos asfálticos e se limparon as cunetas. O alcalde explicoulle á delegada provincial que os novos proxectos que están prepa-rando inclúen o arranxo de viais nas parroquias de Benza, Berreo, Chaián e Xavestre.

O Plan Marco de Mellora de Ca-miños Rurais de Titularidade Munici-pal beneficia nos vindeiros dous anos os sete municipios da comarca cunha

cantidade próxima sos 700.000 euros. A maior parte son fondos eu-ropeos, xa que o 75 % o achega o Fea-der. Entre as deputacións e a Xunta achegan un 13 % e o 12 % restante págao o ministerio.

Do Campo destacou as melloras para a vida diaria dos habitantes do rural que supoñén este tipo de obras e incidiu na relevancia da colabora-ción entre as institucións para aten-der as necesidades da poboación.

O plan de mellora de camiños traerá a Trazo uns 104.000 euros en 2014-2015

Pleno do ente supramunicipal

Manuel Mirás, alcalde de Oroso

Page 9: Cronicas - Comarca de Ordes - nº11 - Novembro 2014

ActuAlidAde

crónicas - Novembro 2014 9

O PP advirte de que o Concello seguirá encarecendo o IBI un 10 % anual ata 2023

ORDES

O PP de Ordes asegura que os recibos da contribución vanse en-carecer unha media do 10 % anual de 2015 a 2023, a pesar de que en moitos dos recibos deste ano “non se refl icta dun xeito signifi -cati vo”.

O principal grupo da oposición cre que o escaso impacto deste ano se debe a “unha manobra de Regos e Marín, co apoio do PSOE, para enganar os veciños” e inten-tar evitar un casti go electoral.

Segundo explica o PP, aínda que se trasladen ao ano seguinte, as subas son consecuencia de apli-car a ponencia de valores “impul-sada polo alcalde no actual man-dato”. As subas do valor catastral irían desde un 53 % ata un 100 % máis. E o ti po pasou do 0,4 de 2006 ata o 0,6 actual.

O PP afi rma tamén que boa parte dos recursos de reposición presentados hai un ano por erros nos recibos están sendo atendidos favorablemente. E pídelle aos con-tribuíntes que examinen o recibo deste ano por se mantén erros.

ORDES As instalacións teñen capacidade para atender dezaoito cans

O concello asegura que o centro de acollida de animais custou 51.300 euros

Ordes conta xa cun centro para a acollida de animais abandonados. Si-tuadas nunha parcela do parque em-presarial de Merelle, as instalacións orzamentáronse en 51.300 euros, se-gundo asegura o goberno municipal.

O centro conta con seis cubículos independentes, cos que se poderán separar os animais sans, os exempla-res perigosos, os enfermos non con-taxiosos, e os que presentan doen-zas infecto-contaxiosas. En cada un dos espazos contarán con camas, co-medoiros e bebedoiros. Ademais dun pati o, dispúxose un espazo para ani-mais que precisen tratamentos espe-ciais, unha sala de curas, unha mesa de exploración, almacén, ofi cina, aseos e vesti arios.

O servizo poderá atender ata de-zaoito animais de entre dez e vinte quilos de peso. Doce deles en pra-zasdos cubículos normais e os outros seis entre o lazareto e o espazo para os enfermos non contaxiosos. O Con-cello precisa que acollerán cans de calquera raza, tamén as consideradas como potencialmente perigosas.

O centro estará a cargo dun pro-

fesional veterinario, que contará co apoio de operarios do Concello para o mantemento das instalacións e o trato cos animais. O veterinario en-cargarase dos coidados e de levar ao día os libros de rexistro nos que que-dará indicada a data de entrada e ins-crición do animal, a súa procedencia

e raza, a data de baixa no centro, e o seu desti no, incluíndo a identi fi ca-ción e o domicilio das persoas adop-tantes.

O goberno local explica que as ins-talacións se rexerán pola lei de pro-teción dos animais domésti cos e sal-vaxes en cauti vidade.

A nova infraestrutura está situada no polígono empresarial de Merelle

Alfonso Senra, 144ORDES 981 688 366

20% 30% 40% 50%

outlet SANTA CRUZ DE MONTAOS

ORDES - ESTRADA N-550

981 682 316627 161 388

couseloordenes

15680 ORDESA Coruña

Muebles de CocinaFuente Estrey, s/n Tel: 981 68 83 29

Móvil: 629 808 796couselo [email protected]

ElectrodomésticosAlfonso Senra, 116

Tel: 981 68 08 09

Page 10: Cronicas - Comarca de Ordes - nº11 - Novembro 2014

10

ActuAlidAde

crónicas - Novembro 2014

Os usuarios do Punto de Atención á Infancia pagarán un máximo de 163,52 euros ao mes

TORDOIA

Os usuarios do Punto de Aten-ción á Infancia de Tordoia pagarán un máximo de 163,52 euros ao mes, segundo a ordenanza muni-cipal que fixa os prezos públicos e que entrou en vigor durante este mes de novembro.

Esa contía é a que lles corres-ponde ás familias con rendas su-periores ao 200 % do IPREM, un indicador análogo ao salario mí-nimo que antigamente se utilizaba como baremo. Quen estea entre o 150 % e o 200 % dese índice, pa-gará 142,06 euros. No tramo do 125 % ao 150 %, o prezo é de 128,77 euros. As rendas situadas entre o 100 % e o 125 % do IPREM teñen unha tarifa de 108,33 euros ao mes. No rango do 75 % ao 100 % establecéronse 67,45 euros por praza, no do 50 % ao 75 % son 33,73 euros, e as rendas inferio-res ao 50 % do IPREM poderán ser usuarias do P.A.I. de balde.

Ademais, o Concello estable-ceu unha serie de descontos aten-dendo ás circunstancias da uni-dade familiar. Neste sentido, terán un 20 % de redución sobre o prezo que lles corresponda as criaturas pertencentes a familias numero-sas, os nenos e nenas de familias monoparentais, e o segundo e su-cesivos irmáns.

Para acreditar a situación eco-nómica, a ordenanza require unha copia cotexada da declaración da renda de todos os membros da unidade familiar, os certificados das pensións que se perciban, e as acreditacións precisas de ingresos en casos de nulidade matrimonial, separación ou divorcio.

Por outra parte, está tamén en vigor o regulamento que se apli-cará no centro, con capacidade para vinte cativos de entre tres meses e tres anos. Entre outros múltiples aspectos, fixa que abre todos os días, salvo fin de semana e festivos, de 7:30 a 15:00 horas, adaptándose ao que precisen os usuarios dentro desa franxa. Non se contempla servizo de comedor, pero si se encarga dos alimentos que os nenos leven da casa.

Obras no P.A.I., en outono de 2013

ORDES O PP cuestiona “excesos” na poda e o goberno cre que as árbores sanarán

un fungo pon en xaque a AlamedaA preocupación volveu á Ala-

meda de Ordes nas últimas semanas, ao ver como unha enfermidade cau-sada por un fungo avanzaba en tres das árbores máis veteranas, co temor de que chegase a contaxiarse aos de-mais exemplares.

O PP atribúe o acontecido a “un tratamento silvícola inadecuado”. Se-gundo o principal grupo da oposi-ción, as árbores padeceron un “ex-ceso de motoserra nas pólas aplicado por indicación do alcalde” co propó-sito de “facer sitio aos escenarios das orquestras” á parte ampliada da Ala-meda. Na súa opinión, o goberno trata de “xustificar a utilidade” das obras de ampliación.

A formación que lidera José Luis Martínez Sanjurjo reclamou un trata-mento fitosanitario “adecuado e in-mediato”, á vista de que as tres ár-bores máis prexudicadas podían evo-lucionar a “unha podremia irrecupe-rable” e a extensión da enfermidade ao conxunto, o que para o PP suporía “poñer en risco de desaparición un patrimonio vexetal valioso”.

No pleno, a portavoz do goberno, Silvia Marín, indicou que ían aplicar-lles un tratamento ás árbores. Lem-

brou que tiveran un problema seme-llante en Leira e que conseguiran ata-llalo, asesorados por especialistas. E varios días despois, o Concello infor-mou de que “evolucionan correcta-mente, tal como se tiña previsto”.

A administración local iniciou du-rante a primeira metade do mes a poda das árbores da Alameda e ase-gurou que se aproveitaron os traba-

llos para examinar as árbores unha a unha. En anos anteriores tamén pre-ocupou a deterioración do que é qui-zais a única zona do centro da vila cun mínimo atractivo estético.

Os traballos de retirada das pólas sobrantes non se limitan unicamente á Alameda, senón que chegan tamén a outras rúas da vila, aos parques e a outros espazos de uso público.

Podas na Alameda ordense (e) e unha das árbores afectadas polo fungo (d)

A Deputación audita os seus contratos coas empresas e entidades da Operación Zeta

A Deputación anunciou unha auditoría interna desde o seu ser-vizo de Intervención sobre os con-tratos e subvencións coas em-presas e entidades implicadas na Operación Zeta, que investiga unha presunta fraude en cursos de formación, co epicentro suposta-mente na Consellería de Traballo e Benestar e na empresa Azetanet.

O estudo da administración provincial remontarase ata 2006 e cando estea rematado será dado a coñecer no pleno da corpora-ción. O presidente da Deputa-ción, Diego Calvo (PP), defendeu a “transparencia total” do orga-nismo ante unha moción presen-tada polo BNG sobre este caso de suposta corrupción, que desenca-deou varias dimisións na Xunta.

Calvo argumenta que todos os grupos teñen presenza nas me-sas de contratación e reciben in-formación puntual “de todo o que se asina”. Ademais, o presidente

da Deputación coruñesa dixo non ter “ningunha dúbida da limpeza e profesionalidade dos funcionarios desta casa”. Calvo acusou aos na-cionalistas de “querer confundir” ao levar á Deputación un asunto que, segundo el, “nada ten que ver con esta institución”.

O dirixente provincial concre-tou que desde 2011 a Deputación só asinou un contrato con Gecreri, unha das empresas investigadas. Foi para o plan de formación da Rede Xiana e foi auditado pola In-tervención General del Estado. O presidente explicou que a adxu-dicación foi nun concurso aberto e público, no que a empresa con-tratada presentou unha baixa do 40 % sobre a licitación. Tamén ex-plicou Calvo que á Federación de Autónomos de Galicia, que figura na Operación Zeta, concedéronlle subvencións en 2012 e 2013. Pero non se lle pagaron por non xustifi-car correctamente os gastos, dixo.

PROVINCIALO Concello reforza a recollida selectiva de residuos cunha nova campaña informativa

TORDOIA

O servizo de recollida selectiva de residuos de Tordoia estase refor-zando estes días cunha campaña in-formativa activada polo Concello en-tre a súa poboación.

A campaña consiste no envío dunha carta a cada domicilio, acom-pañada dun folleto no que se expli-can as pautas para efectuar unha se-paración correcta de cada tipo de re-siduo e o colector de lixo idóneo para cada tipoloxía.

Como a divulgación por si soa non tería sentido, o goberno local, di-rixido por Antonio Pereiro (PP), está ampliando ademais o número de co-lectores en diversos enclaves do con-cello, co propósito de facilitar a sepa-ración e a reciclaxe.

O Concello lémbralles aos veci-ños na súa misiva que a separación do lixo permite obter beneficios para o medio ambiente e tamén para as contas municipais, ao reducir os cus-tos do tratamento do lixo que se lle envía ao complexo de Sogama. Por eso, piden a colaboración e o apoio de toda a sociedade.

Page 11: Cronicas - Comarca de Ordes - nº11 - Novembro 2014

ActuAlidAde

crónicas - Novembro 2014 11

O goberno rexeita a baixada de soldos na gardería da Ulloa, pero di non poder evitala

OROSO

O concelleiro de Persoal e Réxime Interno de Oroso, Luís Rey, dixo que o seu goberno está “to-talmente en desacordo” coa redu-ción de salarios aplicada pola em-presa concesionaria na escola in-fanti l da Ulloa, en Sigüeiro. Non obstante, asumiu que “os nosos servizos xurídicos entenden que non temos causas para actuar” e que por tanto o executi vo non pode evitalo.

Sen embargo, con vistas a futu-ras ocasións, o Concello compro-meteuse a incluír novas cláusulas nos pregos para a contratación ex-terna dos servizos para reforzar a defensa dos dereitos dos traballa-dores. Unha delas será especifi car que “non se poderán aplicar con-venios de empresa por debaixo do sectorial”, explicou Rey.

O anuncio fí xose tras un en-contro con representantes do sin-dicato FETE-UGT para analizar o caso da gardería. Os representan-tes sindicais agradeceron o xesto e a acti tude do goberno municipal para evitar que se repita.

ORDES O goberno defende a “modernización” e o BNG critica a “falta de criterio”

As novas obras privan a Praza de Abastos dun espazo central aberto

Modernización ou unha dilapida-ción de cartos sen criterio? O debate volve envolver a Praza de Abastos de Ordes, que ata fi nais de mes está en obras para construír dous postos no que ata agora era un espazo aberto e diáfano. Os traballos están valorados en 150.000 euros, cun 80 % de sub-vención autonómica, e inclúen ta-mén un almacén.

De “modernización” e de “ade-cuación” fala o goberno, que ade-mais desvelou que no proceso para adxudicar novos postos hai solicitu-des de dúas peixarías, dúas froitarías, unha queixería, unha carnizaría e unha fl oraría. O alcalde, Manuel Re-gos, afi rma que “esta remodelación supón un incenti vo e a nosa aposta polo comercio de proximidade”.

E de “dilapidación” fala o BNG, que defi ne como “galpóns” os dous postos centrais, lembra que xa se de-rrubaran en 2010 e criti ca que “ocul-tan da visión do público os postos da parte superior”. O seu portavoz, Ra-miro Recouso, cre que a zona debería seguir sendo diáfana, como na gran maioría das prazas de abastos.

Para o Bloque, este novo capítulo evidencia “a falta de criterio para aco-meter unha reforma integral”. Explica que en 2013 se gastaron 163.000 euros na praza e 138.000 en 2010. Co proxecto actual, as obras “ao tun tun” suman 448.000 euros en catro anos, cifra “arrepiante” para o BNG.

Recouso pon tamén a vista na planta superior da praza, para asegu-

rar que o goberno actúa “como unha veleta ao modifi car por enésima vez o seu uso”, agora para degustacións, exposicións e outlets.

E sobre a contratación das obras, Recouso quéixase do uso “abusivo” do procedemento negociado sen pu-blicidade, que para el permite “adxu-dicar as obras a dedo, o que facilita a aparición do cazo”, opina.

As sucesivas intervencións na Praza de Abastos suman 448.000 euros en catro anos

Moda y complementos para mujer

Las mejores marcas españolas

Buscamos la diferencia

Prúebate las últimas tendencias

Te sentirás como en casa

Moda a muy buen precio

Prúebate las últimas tendencias

Buscamos la diferenciaBuscamos la diferencia

981 681 553 Sombrero-de-CopaCalle Compostela, 30 ORDES

Yo ya he reservado en

SOMBRERO DE COPA

mis regalos para esta Navidad.

¿Y tú a qué esperas?

Page 12: Cronicas - Comarca de Ordes - nº11 - Novembro 2014

12

ecONOmíA

crónicas - Novembro 2014

MESÍA O director xeral de Enerxía e Minas visita a fábrica que a empresa cerámica Campo Brick ten en Albixoi

A Xunta ve nas axudas a tellados un apoio á industriaA fábrica que a empresa Campo

Brick ten en Albixoi (Mesía) foi o es-cenario escollido pola Xunta para destacar a relevancia das axudas pú-blicas do Plan Renove de cubertas para contribuír a soster a industria cerámica, moi prexudicada polo es-toupido de burbulla inmobiliaria e a crise posterior da construción.

Na súa visita á factoría, o director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Ber-nardo Tahoces, explicou que os in-centivos autonómicos permitiron im-pulsar 75 proxectos de renovación de cubertas de edificios con este tipo de material, mobilizando máis dun mi-llón de euros en investimentos. As axudas foron do 30 % do custo das iniciativas seleccionadas. Na renova-ción de cubertas con tella, acadaron

ata 55 euros por metro cadrado. Tahoces afirmou que o plan aten-

deu por primeira vez a industria ga-lega da tella, incorporándose aos plans que nos últimos anos estaban previstos para os sectores da lousa e do granito. Á vez que permiten man-ter activo o sector, o director xeral in-cidiu en que as axudas autonómicas facilitaron a eficiencia enerxética nas vivendas beneficiadas.

O goberno sitúa como “materiais de alta calidade” a lousa, as tellas e o granito, que se configuran como idó-neos para construír e renovar tella-dos e fachadas. O conxunto destas industrias conta cuns 500 empregos en toda Galicia, tamén segundo os datos achegados pola Consellería de Economía e Industria. O director xeral percorreu a factoría acompañado por responsables da empresa

E A TI, QUE CHE PARECE?YOLIEu sempre

comparo prezos porque hai moi-tísima diferenza entre unhas gaso-lineiras e outras. Creo que algun-has abusan. Non creo que a gaso-lina máis barata sexa necesaria-mente de menor calidade.

MANUELN o r m a l m e nte

reposto na gasoli-neira de Sigüeiro e estou contento, aínda que com-paro prezos. É un sector que tende a abusar, con pouca competencia. Non hai grandes diferenzas e non creo que a máis barata sexa peor.

DANIELUtilizo sempre

a mesma, a cer-cana, a non ser que teña que ir a Santiago, que aproveito se me pilla de pasada e vou á de servizo automático. Non hai competencia entre elas, non baixan prezos e son abusivos.

COMPENSA COMPARAR OS PREZOS?

PREZOS (euros/litro)

Gasóleo A Gasolina 95 CERCEDA- Shell Cerceda

- Cepsa A Silva

- Repsol A Tablilla

FRADES- Repsol Pontecarreira

ORDES- E.S. Ordes (As Casillas)

- Galp Polígono de Merelle

- Cepsa Leira

- Repsol Mesón do Vento

- Repsol A Ameixeira (AP-9)

- Cooperativa de Barbeiros

OROSO- Estación de Servizo Sigüeiro

- Cepsa Os Carballos

TORDOIA- Estación de servizo A Cruz

TRAZO- Estación de servizo Benza

- Shell (Agro do Mestre)

1,259

1,299

1,289

1,299

1,279

1,279

1,289

1,289

1,289

1,278

1,273

1,279

1,285

1,297

1,305

1,319

1,349

1,349

1,329

1,320

1,320

1,319

1,329

1,325

Non dispón

1,324

1,329

1,345

1,359

1,365

Fonte: Minetur. 21-11-2014 (14:00 h)

COMARCA Mínimas opcións de aforro entre as quince gasolineiras da contorna

2,30 euros de diferenza nun depósitoPracticamente calcados. Os pre-

zos dos combustibles nas estacións de servizo da comarca presentan moi escasas diferenzas. Polo regular, non van máis aló dun ou dous céntimos de euro por litro. Incluso cotexando entre a máis e a menos cara é difí-cil atopar aforros significativos. Ade-mais, as variacións, ás veces míni-mas, son case diarias.

No diésel, segundo os datos re-compilados polo goberno, o prezo máis barato ofréceno a gasolineira de Shell en Cerceda (1,259 euros por litro) e a independente de Sigüeiro (1,273). No extremo oposto sitúase curiosamente outra Shell, a de Trazo, preto do Agro do Mestre. Este venres 21, o seu surtidor marcaba 1,305. A gran maioría das quince gasolineiras da comarca estaban nese intre entre os 1,279 e os 1,299 euros/litro.

En definitiva, uns catro céntimos e medio de diferenza entre a máis e a menos cara, que para encher un de-pósito medio de 50 litros permitirían

aforrar 2,30 euros.Coa gasolina sucede o mesmo.

A distancia entre o maior e o me-nor prezo é a mesma: 4,6 céntimos de euro. De novo, a máis cara é a es-

tación de servizo de Shell en Trazo (1,365 euros/litro de gasolina 95) e a máis barata é a Shell de Cerceda e a Cepsa de Leira son as máis bara-tas (1,319). A maioría móvense entre 1,32 e 1,35 céntimos por litro. Eso si, unha semana antes a diferenza era bastante maior. O prezo máis barato era tamén de 1,319 e o máis caro, ta-mén en Trazo, chegaba a 1,399. Nese momento, a variación nun depósito era de 4 euros. Agora, de 2,30 euros.

Se algo molesta aos consumido-res nas últimas semanas é que o aba-ratamento dun 32 % do barril de pe-tróleo desde o verán (de 115 dólares a 78) non se note nese mesmo cali-bre á hora de repostar, con baixadas que rondan o 10 %. Os operadores do sector alegan que nos prezos non só inflúe a cotización do barril, senón ta-mén o cambio do dólar e o euro. Sen embargo, cando sobe o barril nótase de inmediato no surtidor. É o que se coñece como efecto foguete-pluma: sobe rápido e baixa lento.

O barril de petróleo abaratouse un 32 % desde xuño, pero no surtidor só o 10 %

PREZOS (euros/litro)

Page 13: Cronicas - Comarca de Ordes - nº11 - Novembro 2014

ecONOmíA

crónicas - Novembro 2014 13

CRÉDITO Directivos da entidade expuxeron opcións de financiamento en Ordes

Abanca explícalles aos empresarios da comarca as súas liñas de financiamento

Abanca, a entidade bancaria creada sobre as ruínas de Caixa Ga-licia e Caixa Nova, ofreceu en Ordes, nun encontro con empresarios da co-marca, síntomas de que está disposta a reactivar a actividade económica de Galicia. Directivos do banco expli-cáronlles aos responsables de peque-nas e medianas empresas e autóno-mos que acudiron cales son as súa li-ñas de apoio financeiro aos proxectos que os axentes económicos estean interesados en facer realidade.

Boa parte desas medidas de apoio figuran no chamado Plan Activamos, que Abanca asinou coas catro depu-tacións galegas o pasado verán. No caso da Coruña, estaba dotado con 72 millóns de euros para financiar proxectos de empresas e familias en condicións preferentes con respecto ás estándar no mercado.

Segundo a Deputación coruñesa, en toda a provincia xa se beneficia-ron deste plan ata finais de outubro 429 empresas, 78 familias e 11 Con-cellos, xa que as administracións lo-cais tamén podían acollerse a esta programa.

No ámbito empresarial, Abanca pretende financiar a posta en mar-cha de novos negocios, novas con-tratacións en empresas xa existentes, novos investimentos e actuacións de mellora da eficiencia enerxética.

Para as familias, as vantaxes fi-nanceiras contempladas destiná-

banse a formación universitaria, equipamento tecnolóxico, obras de accesibilidade e de eficiencia enerxé-tica en vivendas e adquisición de ve-hículos eficientes.

Pola súa parte, as administracións locais poden solicitar crédito para in-vestimentos e para circulante.

Directivos de Abanca explicando as súas propostas na Casa da Cultura de Ordes

Sancións de 950.000 euros a catro empresas do téxtil por infraccións á Seguridade Social

ORDES

O Ministerio de Emprego e Se-guridade Social impúxolles a catro empresas do sector téxtil de Or-des cinco sancións como conse-cuencia de infraccións en mate-ria de Seguridade Social. No seu conxunto, suman 953.008 euros. As decisións foron aprobadas polo Consello de Ministros dos días 14 e 21 de novembro.

En concreto, o 14 de nov-embro a compañía ‘Deus Crea-ciones, SL’ foi sancionada con 196.725,24 euros e ‘Confecciones Fraga, SL’ con 191.037,30 euros. E o 21 de novembro as multas re-caeron de novo en ‘Deus Crea-ciones, SL’, con 190.792,86 euros, ademais de ‘Costura Invisible, SL’, con 211.047,06 euros, e ‘Shivshi, SL’, cunha sanción de 163.406,50 euros.

En todos os casos, segundo o goberno central, os acordos de imposición de sanción adóptanse como consecuencia de actas de infracción extendidas pola Inspec-ción Provincial de Traballo e Segu-ridade Social da Coruña.

A CORUÑAc/ Asturias, 9

Lunes o Viernes - 11:00 a 13:30

CARBALLOc/ Fomento, 16 Entrs.

Jueves - 11:00 a 13:30

ORDESRúa Compostela, 16 bajoMiércoles - 11:00 a 13:30

Marcos Guerra MengualBernardo Guerra GonzálezABOGADO - GRADUADO SOCIAL

ASESORÍA JURÍDICA

PENSIONES

SEGURIDAD SOCIAL

PREFERENTES

SEPARACIONES

CIVIL / HERENCIAS

G G

Telf. 981 150 128 Fax 981 246 789

Page 14: Cronicas - Comarca de Ordes - nº11 - Novembro 2014

14

XeNte de Aquí

crónicas - Novembro 2014

Os maiores de Cerceda aprenden a utilizar o Whatsapp

Medio cento de persoas parti-ciparon nos obradoiros do Conce-llo de Cerceda para que os maio-res aprendesen a utilizar mellor o seu teléfono móbil. Esta iniciativa, que tivo lugar en Cerceda e en Ro-dís e é o terceiro ano que se cele-bra, serve para que este sector da poboación non permaneza alleo

ás novas tecnoloxías. Aprenderon a enviar mensaxes cos novos ser-vizos gratuítos de mensaxería e a conformar grupos para compartir contidos. O Concello adiantou que o ano que vén repetirá estes cur-sos, con grupos de ata cinco alum-nos e diferenciando entre móbiles convencionais e smartphones.

O Concello asegura que o aprendido reforza a autonomía persoal do alumnado

CERCEDA

A ONG Andaina celebra os seus catro anos con local novo

A ONG Andaina Pro Saúde Mental celebrou os seus primei-ros catro anos de existencia cun evento no seu novo local na Rúa Galicia de Ordes. A entidade pre-sidida por Omaira Tuirán contou coa presenza dos presidentes de FEAFES, José Ramón Girón, e de Adiscordes, Antonio Morán, e das

concelleiras Silvia Marín e Lucía Iglesias en representación do Con-cello, que recibiu o título de socio de honra. A asociación ofrece ser-vizos, información, asesoramento e apoio para as persoas que pade-cen algún tipo de trastorno mental e para as súas familias, ademais de sensibilizar a sociedade.

Na celebración houbo música, danza, proxeccións audiovisuais e gastronomía

ORDES

Ordes pon ao lume unha nova tanda de cociñeiros

As clases municipais de co-ciña retomaron o curso en Ordes con varios grupos interesados en aprender a preparar desde as re-ceitas máis básicas ata os postres máis sofisticados.

Os primeiros en comezar foron os alumnos e alumnas do curso de

iniciación, que conta con preto de vinte persoas inscritas, segundo o goberno local.

O Concello afirma que cada ano hai maior interese por estas clases, que imparte de novo Ma-nuel Iglesias Vieites nas instala-cións da Casa da Cultura.

Os primeiros en comezar as clases foron os alumnos e alumnas de iniciación

ORDESPreparan a posta en marcha dun programa educativo para nenos menores de tres anos e as súas familias

O Concello de Tordoia ten con-vocada para este martes 25 de nov-embro (10:30 horas na Casa da Cul-tura) unha reunión de presentación do seu novo programa ‘Grupos de Crianza’, que quere poñer en marcha en breve.

‘Grupos de Crianza’ é unha inicia-tiva para familias con nenos e nenas de tres anos ou menos. Ofrecerá pe-riodicamente xuntanzas de hora e

media de duración para que os cati-vos teñan un espazo de relación que facilite o seu desenvolvemento me-diante actividades.

Cun espírito semellante ao em-blemático ‘Preescolar na Casa’, que se tivo que cancelar en múltiples concellos de Galicia hai tres anos por mor dos recortes da Xunta, ‘Grupos de Crianza’ tamén facilitará que as fa-milias compartan as súas vivencias.

TORDOIA

O concello e cáritas organizan unha recollida selectiva de alimentos para as familias máis necesitadas

O Concello de Frades, en colabo-ración con Cáritas, organiza unha re-collida de alimentos para as fami-lias necesitadas do municipio. Todos os que desexen colaborar poderán deixar as súas achegas no colexio de Ponte Carreira ou na Casa do Conce-llo antes do 18 de decembro.

Esta é a primeira campaña de re-collida solidaria de alimentos que or-ganiza o Concello de Frades. “Toda axuda é benvida”, explica o alcalde

de Frades, Roberto Rey Martínez, quen agradece a colaboración tanto dos veciños como do CPI Ponte Ca-rreira e de Cáritas.

A campaña busca recoller alimen-tos (leite, aceite, azucre, pasta, arroz, legumes, conservas...) que non es-tean caducados, non teñan superado a data de consumo preferente e es-tean debidamente etiquetados. Ade-mais, tamén se recollerán produtos de Nadal non perecedoiros.

FRADES

Page 15: Cronicas - Comarca de Ordes - nº11 - Novembro 2014

XeNte de Aquí

crónicas - Novembro 2014 15

A xuntanza anual da AECC logra recadar 2.000 euros

A xuntanza solidaria da Aso-ciación Española Contra o Cancro (AECC) de Ordes sumou 320 parti-cipantes, o que se traduciu nunha recadación de 2.000 euros nas en-tradas, ademais dunha cantidade menor no peto instalado especial-mente para a ocasión. O importe destinarase á investigación da en-

fermidade. Ao evento acudiu o al-calde, Manuel Regos, varios con-celleiros de distintas formacións políticas, as presidentas da AECC en Ordes e na provincia, Emilia Vázquez e Elena Viturro, e a axu-dante e o psicólogo da entidade, Concha Castro e Marcos Calvo, ademais das deceas de veciños.

ORDES

O xefe da Policía Local cumpre 25 anos de servizo público

Eduardo Rodríguez Regos, o xefe da Policía Local de Ordes, cumpriu 25 anos de servizo pú-blico. A efeméride reportoulle unha medalla autonómica, que no conxunto de Galicia recibiron cin-cuenta axentes que este ano ta-mén cumpriron un cuarto de sé-culo de traballo. A entrega, na lo-calidade pontevedresa da Estrada,

contou coa presenza do vicepre-sidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o alcalde de Ordes, Manuel Re-gos, entre outros. O rexedor ase-gura que o Concello sente “orgu-llo” por Rodríguez Regos e destaca “non só a súa calidade como per-soa, senón a dedicación e entrega que demostra diariamente nas súas funcións”.

Eduardo Rodríguez Regos recibiu unha medalla acompañado polo alcalde

ORDES

A comida, que tivo lugar no Pazo Bidueiro, sumou 320 participantes

Convocan un curso de monitoraxe de tempo libre

Os Concellos de Frades e Mesía organizan en conxunto un curso de monitoraxe de actividades de tempo libre. Terá unha duración total de 350 horas (200 horas na primeira fase

teórico-práctica e 150 horas prácti-cas nunha entidade de tempo libre). Poden acudir maiores de 18 anos con graduado escolar. Custa 260 euros e hai un límite de 25 prazas.

FRADES - MESÍA

Page 16: Cronicas - Comarca de Ordes - nº11 - Novembro 2014

16

XeNte de Aquí

crónicas - Novembro 2014

A integración a golpe de clic co programa ‘Hola Fabiola’

Sete mulleres inmigrantes asis-tiron a un curso de informática básica específico desenvolto en Oroso polo Concello e a Manco-munidade, no programa denomi-nado ‘Hola Fabiola’.

Tal como quedou patente na entrega de diplomas, esta activi-dade foi un primeiro paso para de-rrubar algunhas das barreiras que este colectivo atopa para a súa in-

tegración social. Tanto o concelleiro de Ensino,

Antonio Leira, como o docente do curso, Miguel Gómez, animaron ás participantes a continuar con cursos formativos, algo que varias xa fixeron. E a directora do CIM da Mancomunidade, Nazaret Ló-pez, destacou que o curso deu pé á amizade e colaboración entre as participantes.

Sete alumnas de diversas nacionalidades formáronse en informática básica

OROSO

‘O galego na onda’ xa gravou o seu programa de radio

Os gañadores do concurso de cuñas de radio ‘O galego na onda’, acometido pola Xunta en colabo-ración do Servizo de Normaliza-ción Lingüística da Mancomuni-dade, xa gravaron o programa de radio que lles correspondeu por triunfar na fase local do certame, que aspira a promocionar o uso da

lingua galega entre a poboación adolescente.

Tanto na gravación como en obradoiros de formación previos, contaron co apoio do actor Rubén Riós e do técnico e produtor An-drés Rozados. O resultado emítese nas radios públicas autonómica e local.

COMARCA

A presentación do libro de Vilar enche o Museo do Traxe

A presentación do libro ‘Os te-levisores estrábicos’, o primeiro publicado polo xornalista de Cer-ceda Ramón Vilar, atraeu máis dun cento de persoas ao Museo do Traxe Juanjo Liñares de Ordes, en-tre elas o alcalde, Manuel Regos.

Na liña do que relata a obra, Vilar incidiu en que “vivimos un

tempo de desesperación pero é obrigado permanecer de pé na vida, porque estar de xeonllos queima moito”.

No acto estivo acompañado polo xornalista Ignacio Carballo e polo artista Miguel Calvo, que des-tacaron o prometedor porvir de Vilar Landeira na literatura galega.

Ramón Vilar, de Cerceda, asinando exemplares de ‘Os televisores estrábicos’

ORDES

Un momento da elaboración do programa de radio na emisora de Ordes

Renovada a homenaxe anual ao ‘Soldado Lois’ no Piñeiro

Como marca a tradición de cada 1 de novembro, o Concello de Ordes renovou no cemiterio do Piñeiro a homenaxe ao coñecido como ‘Soldado Lois’, que en 1939 recibira a Cruz Laureada de San Fernando por evitar a morte dos seus compañeiros de fragata en 1937, a costa da súa propia vida.

Os actos tiveron como novi-dade este ano a presenza do coro-nel comandante do tercio norte da infantería naval de Ferrol, Alejan-dro Ferreira, que puxo ao ‘Soldado Lois’ como exemplo. O alcalde, Manuel Regos, pediu que vindei-ros gobernos respecten este acto nos próximos anos.

ORDES

A ofrenda floral foi acompañada polo himno do tercio norte de infantería naval

Page 17: Cronicas - Comarca de Ordes - nº11 - Novembro 2014

XeNte de Aquí

crónicas - Novembro 2014 17

- Dentro da efervescencia musi-cal que vive Ordes, os Superoito so-des un dos nomes que máis estades dando que falar e bailar. Algo máis dun ano como grupo e tocando xa con bandas da talla de Novedades Carminha. Esto fóisevos das mans ou entraba dentro dos vosos plans?

- Entraba nos nosos plans; para que ser tan humildes? Tocar con No-vedades Carminha non foi algo for-tuíto. Era o noso plan desde un prin-cipio. De feito, era o único plan que tiñamos desde que montamos o grupo e se nos apuras, desde que na-cemos. Son un dos grupos referen-cia do movemento bailongo actual e para nós xa están á altura doutros grandes artistas como Juan Pardo ou Bertín Osborne. Tamén compartimos escenario con Gloria Gaynor, Fango-ria e Georgie Dann, pero falaban con nós sen gheada nin seseo e non lles entendiamos nada do que nos di-cían.

Que vos queremos decir con eso? Non o sabemos. Perdemos o fío da resposta. Pásanos moito cando que-remos quedar de listos. Seguinte pregunta.

- Pois seguinte pregunta... Como confluístes os tres en Superoito?

- Foi unha cousa moi rara porque antes de tocar xuntos levabámonos mal. Insultabámonos e xa non era a primeira vez que andabamos a hos-tias. Unha noite de verán coincidi-mos os tres na parte de arriba de Papaluz meténdolle fichas á cama-reira e a raíz deso démonos conta de que tiñamos cousas en común. Pero aínda hoxe é o día que non nos tra-gamos e non nos falamos máis que para pedir gintonics. É un feito.

- Ah... E a que soa Superoito?- Facemos música surf e en con-

secuencia soamos a fresco, a diná-mico, a un exótico cóctel de fantasía e diversión sen límites. Procuramos manter un sonido atractivo e intere-sante para todos os públicos e ideo-loxías políticas e sexuais. Está mal que nós o digamos, pero se hai que buscar unha etiqueta humilde pode-ríase decir que somos os Beatles da música galega.

- Como nace unha letra do grupo? - Normalmente xuntámonos os

tres a reflexionar sobre o tempo e a vida no piso dunhas amigas nosas, no edificio dos dez pisos.

- Que temas vos moven? - Nas nosas letras non hai cabida

para o humor nin a comedia. Face-mos música moi madura e acorde con eso, o proceso de composición tamén é moi maduro.

- Escribe un só ou é un labor co-operativo? Escribistes todas as can-cións sobrios?

- É un labor en equipo, como Po-demos e Izquierda Unida, e a única substancia que consumimos é a mentapoleo.

- Como vai o novo disco, como vai ser e que esperades del?

- As cancións xa están acaba-das, agora estamos centrados no so-nido dos cortes para entrar cómo-dos a estudio. De momento só po-demos adiantar que os ritmos e as letras van ser principalmente regge-ton. Non esperamos moito, as nosas únicas expectativas son non ter ex-pectativas. Só queremos que a xente se morree coa nosa música de fondo. E se pode ser con nós. Non pedimos máis. Somos xente humilde.

- Se se toca rápido e se baila ben, que é un dos vosos lemas, tamén se pode tocar ben e bailar rápido?

- Tocar ben é importante, pero non definitivo. Máis que tocar ben o importante é saber onde tocar. Hai que seguir unha progresión, partido a partido. Bailar xa vai máis a prefe-rencia personal. Nós somos de cin-tura fina. De bailar pegados es bailar. Como señores.

- O espectáculo está por riba de todo? Valedes para unha sesión vermú ou só vos vai a noite?

- Definitivamente, si. Para dar o coñazo nos concertos xa está Joa-quín Sabina. Nós procuramos ofre-cer un conxunto de variedades com-pleto onde o ilusionismo, a acroba-

cia e as distintas artes escénicas xo-guen un papel tan prolífico e fecundo como promiscuo e impreciso.

No referente á verbena somos bastante clásicos: camisa desabro-chada, copa de ribeiro e faria. O tri-dente C. Ronaldo-Benzema-Bale da farándula galega.

- ‘Todo me dá voltas’ é o voso disco recente. Ten sentido seguir gravando discos co panorama ac-tual, onde o consumo de música va-riou moitísimo nos últimos anos?

- A edición de discos físicos ou edi-ción só dixital é totalmente subxec-tiva. Hai bandas que prefiren o for-mato dixital porque é máis directo, exténdese máis rápido e resulta efi-caz. Nós non vemos ambas ideas in-compatibles. Editamos fisicamente como excusa para meter algunha fo-tografía picante nosa cos nosos nú-meros de teléfono xunto co libriño das letras.

No primeiro disco editamos só cincocentas copias e vendéronse to-das nas primeiras semanas a pesar de estar para descargar pola cara en internet. Agora para o disco novo imos volver editar fisicamente con Antonio (“el hombre disco”) pero desta vez só o imos vender en gaso-lineiras.

- Ordes é un hábitat propicio para a música ou facedes música a pesar de Ordes?

- O único que podemos dicir-

che de Ordes sen acabar pasando a noite no cuartel é que hai moitísimo talento. Aquí sempre houbo unha morea de grupos emerxentes pero o que está pasando agora mesmo é digno de ser estudiado. Non só están saíndo grupos de calidade senón que a variedade de estilos creada é am-plísima. Cremos que algunha xente non é o suficientemente consciente disto e quizais ese sexa o motivo de que nos falte apoio, mais non hai moitos concellos que poidan presu-mir de ter na súa alineación titular grupos coma os que temos nós.

DKTC (hiphop), SOKRAM (hi-phop), Lady Chatarra (rock), Velvet Rain (hard-rock), NOM (metal), Os Pelexos de Montaos (música tradi-cional galega), Ritmo Galego (folk), Croma (electrónica), Camiño Real de Poulo, Sementes do Arte e Embruxo de Leira (escolas de música e baile tradicional), por poñer algúns exem-plos e moitas máis que se nos poidan estar esquecendo, que se están xun-tando ou que aínda non tivemos a sorte de descubrir.

É urxente e necesario que se poña máis atención neste aspecto para poder conservalo. E por que non?, intentar fomentalo aínda máis que, como dicimos, por falta de dedi-cación e talento non é.

“Órdenes, corazón salvaje, los músicos no te vamos durar siem-pre!”

ENTREVISTA O grupo ordense Superoito fala sen complexos da súa música e do panorama cultural do municipio

“Humildemente, somos os Beatles galegos”

Gianne como cantante e guitarrista, Xabi de baixista solista e aos coros, e Glenn na batería conforman Superoito

Page 18: Cronicas - Comarca de Ordes - nº11 - Novembro 2014

18

XeNte de Aquí

crónicas - Novembro 2014

Tradición e castañas no Castelao

Hai algunhas tradicións máis doadas de continuar que outras. Entre as que teñen poucos obs-táculos está a do magosto. E se-nón que llelo pregunten ao alum-nado do CEIP Castelao de Ordes, que para o seu magosto recibiron no centro ao castañeiro Bieito coa súa locomotora ‘asacastañas’ e non vían chegar o momento de re-cibir o seu cornete quentiño e re-pleto dun dos froitos máis preza-dos do outono.

Para a ocasión, prepararon todo tipo de adornos con castañas e follas secas, e contaron con reci-pientes preparados utilizando ma-

teriais reciclados. A dirección do colexio asegura que esta festa pre-tende manter vivo entre o alum-nado, sobre todo o máis novo, un dos costumes gastronómicos máis asentados na zona.

ORDES

Magosto dos nenos e nenas do colexio rural agrupado

Os 47 alumnos e alumnas do Centro Rural Agrupado (CRA) de Oroso celebraron o seu magosto en Vilarromariz.

Por suposto, non faltaron as castañas e os chourizos asados, grazas á colaboración de todas as familias dos escolares, que tamén achegaron a leña para preparar as

dúas viandas propias deste tipo de festa.

Pero ademais aproveitaron a celebración do evento e o encon-tro de todo o CRA para divertirse con varios xogos e bailes popula-res e para elaborar diversas ma-nualidades relacionadas co ma-gosto e coa súa época.

Hermindas Rivas, rodeada polas súas irmás, ante a tarta de cumpreanos

OROSO

As bibliotecas celebran o seu día internacional con espectáculos para os seus lectores máis pequenos

Ordes e Oroso celebraron o Día Internacional das Bibliotecas con es-pectáculos destinados aos máis no-vos, pensando en entretelos para convertelos pouco a pouco en usua-rios habituais dos centros.

En Ordes, o relato con proxec-cións e música “Cantacontos” logrou sumar unhas duascentas persoas, entre os cativos, pais, avós e outros acompañantes. O desenvolvemento do espectáculo motivounos a bailar de maneira improvisada.

En Oroso, foron medio cento de persoas, sobre todo menores de dez anos, os que asistiron á actuación de monicreques e sombras chine-sas ‘A biblioteca dos libros perdidos’. Tivo lugar no salón de actos do cen-tro cultural, a carón da biblioteca. A actuación é unha historia relativa a aqueles libros que por falta de inte-rese dos lectores están en risco de desaparecer para sempre. O espec-táculo é unha creación de ‘Fanfarra Títeres’ e foi organizado en conxunto polo Concello de Oroso e pola Depu-tación da Coruña.

ORDES - OROSO

Numerosos espectadores no ‘Cantacontos’ da biblioteca municipal de Ordes

‘A biblioteca dos libros perdidos’ foi o espectáculo da biblioteca de Oroso

Premio María Moliner para a animación á lectura nas bibliotecas de Cerceda e de Ordes

COMARCA

Os programas de animación á lectura desenvoltos desde as bi-bliotecas públicas de Cerceda e de Ordes recibiron o Premio Ma-ría Moliner, outorgado pola Secre-taría de Estado de Cultura en mu-nicipios con menos de 50.000 ha-bitantes.

No caso de Cerceda, foi dis-tinguido o proxecto Animalec-tura 2014. Esta é a terceira edición consecutiva nas que un programa presentado polo Concello de Cer-ceda recibe este premio.

En Ordes, foi premiado o pro-grama ‘A biblioteca énchese de vida’, que inclúe clubs de lectura, contacontos, actividades lúdicas para toda a familia, exposicións temáticas, obradoiros, conmemo-racións literarias ou presentacións de libros.

O premio consiste nun lote de libros para ampliar os fondos cos que contan as bibliotecas. No resto da provincia, os María Moliner re-coñeceron tamén a Boiro, Cariño, Culleredo, Oleiros e Rianxo.

Page 19: Cronicas - Comarca de Ordes - nº11 - Novembro 2014

XeNte de Aquí

crónicas - Novembro 2014 19

- ¿Qué servicios de peluquería ofrece en su establecimiento?

- Ofrezco corte, tintes, mechas, manicuras, pedicuras, ceras facia-les... Además, próximamente intro-duciré ceras corporales.

- ¿A qué tipo de clientes se di-rige Peluquería L.A.?

- Es una peluquería para todo tipo de clientes, independientemente de su edad o sexo.

- ¿Es más de corte clásico, últi-mas tendencias o lo que el cliente demande?

- Lo que la gente demande. Tene-mos capacidad para atender sus pre-ferencias.

- ¿Aconseja sobre la opción más idónea de corte y peinado

para cada caso?- Sí, siempre doy mi opinión pro-

fesional.- ¿Con qué experiencia cuenta

en esta actividad?- Llevo 3 años en esta profesión

en diversos centros de peluquería.- ¿Con qué se va a ganar la fide-

lidad y confianza de sus clientes?- Ofreciendo sobre todo dedica-

ción, buenos precios y un servicio personalizado.

- ¿Cuenta con alguna promo-ción de apertura?

- Tenemos:• Tinte + Lavar + Peinar + Mas-

carilla Mujer desde 17,90 ۥ Lavar + Peinar + Mascarilla

Mujer desde 6,90 €

• Ceras desde 2 €• Corte Hombre 7,90 € y Niño 6

€, ambos con lavado, mascari-

lla y productos de acabado in-cluídos.

• Manicura Hombre 4,50 €.

PELUQUERÍA L.A., una peluquería para todo tipo de client@s

Premio para Antonio matíasOROSO Recibe o título de Mestre Videógrafo da FEPFI

A Federación Española de Profe-sionais da Fotografía e da Imaxe (FE-PFI) distinguiu a Antonio Matías Mí-guez, profesional de Sigüeiro (Oroso) co título de ‘Mestre Videógrafo’. Trá-tase dun premio co que, segundo a organización, se recoñece “a capa-cidade demostrada por medio das súas obras e a súa contribución á dig-nificación e mellora continua do sec-tor”.

Esta edición dos premios e certifi-cados da FEPFI corresponde a 2013,

aínda que tamén ten en conta toda a traxectoria profesional dos premia-dos e a súa participación activa en beneficio do sector.

Ademais do título de Matías, a fe-deración entrega os de ‘Videógrafo Distinguido’ e ‘Fotógrafo Distinguido’, o de ‘Mestre Fotógrafo’ e o de ‘Mes-tre Fotógrafo Instructor’, a maiores dos certificados de calidade fotográ-fica e de calidade audiovisual. Todos eles supoñen un recoñecemento do colectivo profesional. Matías (segundo pola esquerda) recollendo a distinción de ‘Mestre Videógrafo’

Reserva cita: 622 161 134HORARIOS:

Lunes: 16:30 - 20:30 h.Martes a 9:00 - 13:30 h.Viernes: 16:30 - 20:30 h.Sábados: 9:00 - 14:00 h.

RÚA DE GALICIA Nº 14. BAJO - 15680 ORDES

OFERTAS DE LANZAMIENTO

17,90 €6,9 €

2 €

Tinte+Lavar+Peinar+Mascarilla:Lavar+Peinar+Mascarilla:Ceras:

PARA ELLA:

PARA ÉL:7,9 €

6 €4,5 €

Cortar+Lavar+Productos. Hombre:Cortar+Lavar+Productos. Niño:Manicura hombre:

desde:

Page 20: Cronicas - Comarca de Ordes - nº11 - Novembro 2014

20

XeNte de Aquí

crónicas - Novembro 2014

O programa Igualar leva a loita contra a violencia de xénero aos colexios de toda a comarca

COMARCA

Eliminar os prexuízos sexistas en-tre os máis novos e facer que ma-duren mantendo relacións de igual-dade entre homes e mulleres é o propósito do programa IgualaR3, que o Centro de Información á Mu-ller (CIM) da Mancomunidade de Or-des desenvolveu nas últimas sema-nas en centros educativos de toda a comarca.

As actividades deste proxecto es-tán orientadas a conseguir unha co-municación entre iguais e a que os participantes poidan así aprender a resolver conflictos de xeito pací-fico, escoitando o interlocutor e ex-presando sentimentos. Tamén se lles expoñen as cifras da violencia de xé-nero, as súas causas e consecuen-cias e que medios existen para com-batela.

Nesta segunda edición do pro-grama, unha novidade son as acti-vidades para que o alumnado iden-tifique e perciba o risco que deter-minados usos das novas tecnoloxías fomenten a violencia machista e ac-titudes contrarias á igualdade.

Explícanlles aos pais e nais os riscos na seguridade infantil

Consellos útiles para previr e evitar accidentes e para saber como proceder no caso de que se produzan. Eso foi o que lles ofre-ceu a uns vinte pais e nais da gar-dería da Ulloa, en Sigüeiro (Oroso), unha charla organizada polo Con-cello sobre seguridade infantil.

Unha especialista do Sergas en-

cargouse da exposición dos acci-dentes máis comúns entre os pe-quenos e das medidas de seguri-dade que se deben tomar.

A charla tivo continuidade con outra xornada sobre primeiros auxilios especialmente dirixida á infancia, tamén nas instalacións do mesmo centro.

OROSO

Charla na escola infantil municipal da Ulloa, en Sigüeiro (Oroso)

Charlas municipais forman os mestres na atención a escolares con necesidades especiais

OROSO

Profesorado dos centros educati-vos do municipio de Oroso asistiu a dúas charlas coas que puido comple-mentar a súa formación no relativo á atención de escolares con necesida-des especiais.

As intervencións centráronse na síndrome de Asperger, un trastorno neurolóxico do espectro autista, e foron impartidas por técnicas do ser-vizo de atención temperá e repre-sentantes da asociación Asperga, que aglutina familias afectadas por este mal.

O concelleiro de Ensino, Antonio Leira, asegura que con esta iniciativa o Concello “dálle resposta a unha de-manda da comunidade educativa”.

Primeira charla, sobre o Asperger

Remata un novo curso de atención a dependentes

A finais de outubro concluíu unha nova entrega do curso de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións so-ciais, que cun total de 478 ho-ras lectivas formou quince mulle-res da comarca para que puidesen obter o certificado de profesiona-lidade necesario a partir de 2015.

Os diplomas foron entregados polo alcalde de Ordes, que apro-

veitou para destacar o apoio do seu goberno á formación laboral: “para moitas das persoas que ac-tualmente están no paro é o pri-meiro paso para reciclarse e poder formar parte de novo do mercado laboral”, expuxo Manuel Regos.

O curso forma parte do plan de Acción Formativa para Desem-pregados (AFD), financiado pola Xunta e o Fondo Social Europeo.

ORDES

As quince alumnas recibiron os diplomas de mans do alcalde, Manuel Regos

Adrián Mosquera explica as súas investigacións no IES número 1

O médico Adrián Mosquera Or-geira, de 26 anos e natural do Me-són do Vento, acudiu ao IES nú-mero 1 de Ordes, no que estudou Bacharelato, para ofrecerlle ao ac-tual alumnado unha clase sobre as súas investigacións xenómicas, nas que utiliza a bioinformática como ferramenta.

Mosquera, que prepara o MIR, expuxo que a bioinformática abre

camiños á democratización da ciencia e a que non se precisen grandes equipos para investigar.

O xoven, entrevistado por Cró-nicas na edición de setembro, in-dagou na evolución celular do can-cro e determinou como se con-verte en maligno o meninxioma, un tumor intracraneal. O seu es-tudo foi publicado pola revista Frontiers in Oncology.

Intervención de Mosquera Orgeira ante o alumnado do IES, no que estudou

ORDES

Page 21: Cronicas - Comarca de Ordes - nº11 - Novembro 2014

dePORteS

crónicas - Novembro 2014 21

- Que obxecti vos ten o Encrobas para esta tempada?

- Meterse na fase de ascenso. Le-vamos varios anos con tempadas moi discretas tanto en xogo como en re-sultados. A idea é cambiar esta xeira. Polo momento, aínda que as vitorias se nos resisten, hai ilusión e o equipo mellora cada xornada.

- Cambiou moito a planti lla con respecto á pasada liga? Por que?

- Renovouse case por completo con moitos rapaces que remataron en xuvenís. A idea era esa. Construír algo novo, animar a ilusión da xente polo equipo que, como xa dixemos, non ti vo boas clasifi cacións nas últi -mas tempadas. Tamén quixemos fa-cer un plantel amplo, xa que os inver-nos, as épocas de exames e os tra-ballos difi cultan moitas veces levar dezaseis xogadores a unha convoca-toria.

- Cales son os puntos fortes do equipo? En que destaca e que é o que caracteriza o seu xogo?

- O equipo está como quen di en construción. A meirande parte dos xogadores nunca xogaron todos xun-tos. Construír un bloque leva o seu tempo. Que destacar? Temos uns ex-tremos moi rápidos e moita calidade na media punta. Os dianteiros son do mellorciño da categoría, aínda que o gol estásenos resisti ndo máis do que quixeramos.

- E os aspectos que quedan por mellorar, cales son?

- O dito, os xogadores estanse aco-plando. Pouco a pouco, o xogo vai mellorando. Recibimos moitos go-les e marcamos pouco polo de agora, pero é unha tendencia que fomos in-vertendo nos últi mos parti dos. Refor-zar a presión cando o contrario ten o balón e acertar máis de cara a porte-ría quizais sexan os puntos a mellorar.

- Levades un ritmo de adestra-mentos elevado ou non sempre é posible? Cales son as prioridades á hora de adestrar, aquelo que máis se prepara?

- Adestramos dous días á semana. O normal para unha categoría como a nosa. Traballamos moito co balón. Os exercicios sempre van encamiñados a buscar a velocidade de cara á porte-ría. Que a bola chegue rápido a posi-cións de remate.

- A competi ción está moi igua-lada neste grupo da liga ou hai equi-pos que destaquen moito sobre os demais? Cales son os rivais máis complicados e por que?

- Obviamente o Mesía como recén descendido é o rival máis forte. Nós empatamos con eles na segunda xor-

nada na súa casa pero con moito sa-crifi cio e tamén sorte. O Tambre é un equipo moi duro na casa. Por outra banda, o Bribes ten moi bo xogo de toque. Teñen moití sima mobilidade no medio campo. Eses poden ser qui-zais os máis destacados. O resto de equipos pensamos que están bas-tante igualados.

- Dito doutra maneira, os parti -dos son moi previsibles ou sempre hai factor sorpresa?

- Nesta categoría xa nos vimos co-ñecendo desde hai moito. Hai equi-pos que se reforzan máis que outros. Sorpresas poucas. Este ano a Liga me-llorou moito con respecto ao ano pa-sado.

- Cos do Mesón... ben, non? Que hai de mito e de realidade na rela-ción entre os dous equipos, case ve-ciños?

- Igual houbo máis rivalidade no pasado. A xente coñecíase máis e o pique xurdía de forma natural. Hoxe segue sendo un parti do moi atracti vo e que trae moita xente, pero non creo que haxa a intensidade doutros anos.

- De onde saíu o berro de ‘Fura fura, que Encrobas dura!’? Quen é o autor?

- É un dos lemas que xurdiron du-rante a revolta das Encrobas, cando comezaron coas expropiacións para comezar coa mina de lignito. Podían furar, podían destruír, pero Encrobas, da maneira que fose, perduraría.

- Como club, o equipo ten moitas difi cultades de fi nanciación e loxís-ti ca ou vai sobrevivindo sen dema-siados problemas?

- A verdade é que temos unha si-tuación económica bastante estable.

Temos moito que agradecerlle tanto ao Concello como aos patrocinado-res, e por suposto aos socios e socias, que nos apoiaron desde o minuto un. Sen eles e elas, o Encrobas non sería posible.

- Que relevancia social ten o equipo na zona?

- O Encrobas é, xunto coa Igrexa, un dos símbolos que perviven do que foron as Encrobas. Antano foi a pa-rroquia máis poboada do Concello de Cerceda. Hoxe apenas conta 200 ha-bitantes. Todo isto deriva do aconte-cido coa mina. Houbo unha diáspora a concellos da contorna debido ás ex-propiacións. Os veciños e veciñas das

Encrobas son moi unidos, iso é digno de admirar. Sempre buscan unha ex-cusa para reunirse. Estamos conten-tos de que o Encrobas siga sendo unha delas.

- Que lles gustaría mellorar das instalacións coas que contan?

- A iluminación. Necesitamos unha mellor iluminación no noso campo. Adestrando de noite e moitas veces con choiva, a visibilidade é moi precaria. Polo demais estamos bas-tante sati sfeitos. O campo, aínda que non está nos seus mellores días, é un dos mellores da categoría. Hai moi-tos equipos que queren vir xogar aquí cada pretempada.

“O encrobas c.F. renovouse case por completo para animar a ilusión da xente polo equipo”

ENTREVISTA “O equipo é, xunto coa igrexa, un dos símbolos que perviven do que foron As Encrobas”

Equipo do Encrobas C.F. para a tempada 2014-2014, que compite no grupo 3 da terceira división autonómica

A FICHA DO EQUIPO

- Nome: Encrobas C.F.- Ano de creación: 1987- Número de socios: Aproximadamente 200- Instalacións: Tinaxas Arena- Xunta directi va: - Presidente: Javier Amor Souto - Vicepresidente: Álvaro Sánchez Rodríguez - Tesoureiro: David Mosquera Fraga - Secretario: José Casás García - Vogal: Miguel Ángel Barbeito Candal - Xogadores: Adrián Loureiro, Javier García, José Casás, David Mos-

quera (Moss), Álvaro Sánchez (Piru), Mateo Villamisar, Antón Cea, Chris-ti an Loureiro, Sergio Martí nez, Javier Amor (Pista), Manuel Prego, Jona-than Naya, Rubén García, Eusebio Mareque, Roberto Campos (Beti nho), Christi an Lamas, Diego Jesús, Juan Manuel Rodríguez, Pablo Pedre, Álex Grela, Antonio Aradas, Rubén Fariña.

- Adestrador: Ernesto Xosé Paz Caínzos- Delegado: José Luís Bocija Meijide- Para non perderlle a pista ao club: - Facebook: facebook.com/encrobascf - Twitt er: twitt er.com/encrobascf

Page 22: Cronicas - Comarca de Ordes - nº11 - Novembro 2014

22

dePORteS

crónicas - Novembro 2014

O deporte da comarca implícase nunha campaña contra a violencia de xénero

CAMPAÑA

Este mes comezou unha cam-paña de sensibilización contra a violencia de xénero no mundo do deporte na comarca. É unha ini-ciativa do Centro de Información á Muller (CIM) da Mancomunidade, que pretendeu implicar aos de-portistas e entidades deportivas de toda a bisbarra.

Na reunión de concelleiros e técnicos de deportes dos sete Concellos, destacouse a necesi-dade de que o deporte “asuma un papel activo á hora de trans-mitir o rexeitamento á problemá-tica social” da violencia de xénero. Estiman que chegarán a unhas se-senta entidades, ademais das es-colas deportivas municipais.

A campaña terá como unha das iniciativas máis destacadas a gravación dun vídeo por cada un dos clubs e asociacións deporti-vas. Tamén se distribuirá material publicitario e promocional con-vencional, anuncios radiofónicos nas emisoras locais e espazos pu-blicitarios en internet, sobre todo as webs municipais e da Manco-munidade. Non obvian tampouco as redes sociais, polas que se di-fundirá o material da campaña coa aspiración de “conseguir un fenómeno viral”, afirma a Manco-munidade.

A campaña quere introducir a loita contra a violencia de xénero en escenarios como os campos de xogo, os polideportivos ou os cen-tros escolares. Cren que é un xeito de implicar os homes en activida-des a favor da igualdade e rexei-tar a violencia, informar o persoal directivo das entidades sobre a igualdade de oportunidades en-tre homes e mulleres, concienciar sobre as desigualdades existentes entre ambos os xéneros nos dis-tintos ámbitos da vida, organizar actividades de conmemoración dos distintos días internacionais contra calquera tipo de violencia ou divulgar os recursos existentes contra a violencia de xénero, que son algúns dos obxectivos espefí-cios da iniciativa.

Reunión de edís e técnicos da zona

A Escola Deportiva Xuventude Oroso recibiu a visita de Julio César Simonato Cordeiro ‘Alemao’, quen fora unha das estrelas do Autos Lobe-lle de fútbol sala e que agora xoga no DINA de Moscú.

‘Alemao’, que pasou uns días en Galicia recuperándose dunha lesión, explicoulles diversos aspectos do de-porte aos cativos das distintas ca-tegorías do Xuventude Oroso, que aproveitaron para facerlle preguntas e para sacar fotos con el.

O concelleiro de Deportes de Oroso, Luís Rey, asistiu á visita e agra-deceu que o futbolista, que no seu

haber conta co campionato de Eu-ropa e o subcampionato do Mundo coa selección española de fútbol

sala, dedicase parte do seu tempo a fomentar o deporte entre os máis pe-quenos.

‘Alemao’ visita o Xuventude Oroso

FÚTBOL SALA O xogador, que fora unha estrela do Lobelle, compite agora no DINA de Moscú

Integrantes da Escola Deportiva Xuventude Oroso, con ‘Alemao’

TENIS DE MESA Os equipos das distintas categorías colleitan cada vez mellores resultados

O Oroso TM, a bo ritmo

Os distintos equipos do Oroso TM van logrando un bo ritmo de competición nos campionatos nos que participan, case sempre acom-pañado de bos resultados.

Na división de honra feminina, o Oroso TM-Celme deu un bo paso pola permanencia no seu enfronta-mento contra o conxunto catalán do Tatchepol Ripollet. O conxunto integrado por Olaya Cea, Silvia Ál-varez e Saleta López logrou dous puntos (resultado final de 3-4) que poden chegar a ser decisivos para manter a categoría.

Na primeira nacional mascu-lina, o Oroso TM-Logística Alimen-

taria venceu ao Rivas Promesas (4-2), pero non puido co Progreso de Móstoles (5-1), líder. En segunda masculina, o Oroso TM Fuentes Neave perdeu co AD Vincios (1-5), pero segue pelexando contra as complicacións da categoría. E xa na segunda galega, o Oroso TM Pana-

dería Sigüeiro impúxose por 6-0 ao Construcións Cernadas, rival ao que tamén lle gañaron os membros do Oroso TM Peluquería Tije (5-1).

E por certo, na superdivisión masculina o Oroso TM Deporte Ga-lego ten esta fin de semana unha cita decisiva fronte ao Rivas.

As xogadoras do Oroso TM-Celme (esquerda) lograron vencer en Ripollet

Unha vintena de persoas partici-pan en Ordes no curso de monitor de fútbol base que convocou a Federa-ción Galega de Fútbol coa colabora-ción do Concello. O curso ofrece va-rios módulos xerais de carácter cien-tífico e técnico, ademais de materias específicas do fútbol base. En total son 65 horas de formación nas ins-talacións deportivas de Vista Alegre, os martes e xoves á noite e as mañás dos sábados ata finais de xaneiro.

Na apertura do curso, o alcalde ordense, Manuel Regos, destacou a importancia de obter títulos homolo-gados “para quen teña pensado dedi-

carse en serio a esto, xa que en breve será un requisito imprescindible para facelo”. Regos estivo acompañado

polo director da Escola Nacional de Adestradores, Manuel Mosquera, e polo técnico local Toni Fraga.

Curso de monitor de fútbol base

FORMACIÓN Ten lugar ata finais de xaneiro nas instalacións deportivas de Vista Alegre

Os asistentes ao curso, na primeira xornada de formación en Vista Alegre

Page 23: Cronicas - Comarca de Ordes - nº11 - Novembro 2014

OPiNiÓN

crónicas - Novembro 2014 23

Os paxariños da AlamedaMoitas aves preguntaron es-tes días polo despacho no que se ti vo que ordenar unha desinfección xeral para evitar

que cobrasen forZa certos cheiros do pasado. Algún ser voador incluso che-gou a pensar que era o seu propio niño o que fora rociado con lixivia e que non se dera conta. A verdade é que hai pi-tuitarias ben pouco sensibles. Ou será que tamén están habituadas a uliscar todo ti po de ambientes?

Sección de chíos, murmuracións e faladoríaspilladas polo aire, unhas máis certas que outras

O despacho intervido foi lim-pado a fondo xa máis dunha vez. Pero a codia fedorenta ti ña tantos anos de acumu-

lación que o cheiro e a suciedade per-sisten. Toda a casa está impregnada e mesmo segue habendo seres san-guinarios que deambulan por ela coi-dando de que o aire non acabe de puri-fi carse. Son o que se chaman gardiáns das esencias e non viría mal contem-plar a hipótese de que os comprome-tedores papeis estean nas súas mans, de A-Z en A-Z como documentos reser-vados. Documentos, que non fondos. Ou tamén? A pomba, moi hábil co di-ñeiro, anda investi gando. A ver se hai que mercar máis lixivia...

Eso si, o gaivoto mandante ordeou discreción e sixilo ata que escampe, coa espe-ranza de que a nube Z descar-

gue noutros niños. Pero as aves ao seu mando son tan torpes e indisciplinadas que se esqueceron de facer o borrado virtual. E aí si que se mantén o rastro ben á vista. De todos.

O tema xa se falou abondo, aproveitando que as noites agora son longas. Non se dan conta de que a propia preocu-

pación xa delata? Moi gorda debeu de ser a troula transoceánica, con cartos públicos, para que tantos anos despois aínda pese en conciencias tan lixeiras e

O estorniño escoitou os inquili-nos dun niño ensaiar a canción dos Brincos: “no me fi aba de ti y te quité el pasaporte, ya no

me puedes menti r que he visto tu pasa-porte, dirás que huyo de ti y no querrás comprenderme...”. E pensan aplicala!

Estes días que se falou das viaxes de todo ti po de cucos e parrulos preocupou moito que a alguén se lle dese por

rastrexar nos voos que varias das vellas aves da zona fi xeron noutros tempos. Certo é que voaban con boas excusas e pouco disimulo, que así as sospeitas parecen menores. E ademais voaron plumas de todas as cores, que para cruzar o océano ou ir ata a outra punta do conti nente hai que ir sobre seguro. Xa se sabe, se alguén ten a tentación de piar alto debe haber aves da súa cor que o fagan calar. Convén para todos.

O bispo está xa tan preto da divinidade que nin os seus son quen de convencelo de que o seu reino aínda é deste

mundo. As súas ás lévano tan alto que nin respecta o día nin a hora para as misas. E eso que son televisadas. Os fe-ligreses van acabar espantados e con-

Ordes non pode. A pomba in-dagou e descubriu que de mo-mento o asunto non pasa de enredo e que vai ser moi difí -

cil lograr a cuadratura do círculo. Como broma, tomouse en serio, pero como globo sonda nin colle aire. Por certo, non hai aves coñecidas entre elas. Agora si, entre as sospeitosas, algunha mesmo fi xo grandes esforzos por desmarcarse. Moi convincentes e verídicos, por su-posto.

verti ranse a outras relixións. Hai que aproveitar porque o credo é o de menos, basta con levar a tarxeta do paro.

agora ninguén se atreva a repeti la. Nin con maio ás portas!

Page 24: Cronicas - Comarca de Ordes - nº11 - Novembro 2014

Camión do lixo Lavado de rúas Camión basura Transporte de residuos

Camión lavacontedores

BarredoraXestión de punto limpoMovemento de terras

Camión RSU

Tractor desbroce

GRUPO

Portobrea nº 3. Queixas - 15186 CERCEDAOficina: 981 693 072 / 639 200 204 - [email protected]

Taller: 981 693 026 / 608 982 888 - www.grupocercedasol.es

Crónicas Se quere recibir Crónicas de balde no seu correo electrónico, pídao en [email protected]

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.