20
Contos ao pé da cama Apuntes didácticos

Contos ao pé da cama - viravoltatiteres.com CAMA_MEMORIA DIDACTICA… · O espectáculo Contos o pé da cama está moi influenciado polo universo onírico de Winsor McCay (1869-1934)

  • Upload
    others

  • View
    10

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Contos ao pé da cama Apuntes didácticos

2

Contos ao pé da cama

Índice

● Introdución ………………………………………………………………………… páx. 3

○ Sobre Winsor McCay …………………………………………….. páx. 5

○ Sobre Erick Satie …………………………………………… páx. 6

○ Sobre Contos ao pé da cama ……………………………….. páx. 7

○ Imaxes …………………………………………………………………….. páx. 9

○ Apuntes didácticos ………………………………………………… páx. 11

● Bibliografía ……………………………………………………………………………………. páx. 19

3

INTRODUCIÓN

Contos ao pé da cama é unha proposta dramática dirixida ó 2º ciclo de educación

infantil que pode incluír, polas súas similitudes curriculares, ó 1º ciclo de educación

primaria. Ámbalas dúas son etapas organizadas en áreas de carácter global e

integrador.

A relevancia da actividade dramática na aprendizaxe está fora de toda dúbida. A

maioría de textos sobre ó teatro na educación sosteñen que o xogo dramático contribúe

ó desenvolvemento de nenas e nenos tanto no plano persoal como no socio-relacional.

Por qué títeres (marionetas, monicreques) ?

O títere está arraigado na sociedade ó longo da historia da humanidade, en todas as

culturas. Foi; é un elemento clave na transmisión oral da cultura, na diversión, no xogo,

no intercambio interxeracional…. Na actualidade expertos de diversas disciplinas

coinciden na necesidade de reivindicalo como un elemento esencial na aprendizaxe,

máxime cando as novas xeracións dirixen os seus intereses a outras formas asociadas as

novas tecnoloxías.

O espectáculo Contos o pé da cama está moi influenciado polo universo onírico de Winsor

McCay (1869-1934) e polas composicións musicais de Erick Satie (1866 - 1925).

Sentimos como unha necesidade, achegar e reivindicar a obra de Winsor McCay nesta

etapa tan importante da vida, e concretamente Little Nemo in Slumberland, propoñendo

unha lectura sobre o cómic actualizada e focalizada nos mundos ou medios que

habitamos - o mar, a terra e o espazo - e nos perigos que corren e corremos pola acción,

ás veces, do mal chamado progreso.

4

Nun único escenario - a cama de Nemo - e a través do uso de tres técnicas de

manipulación diferentes - variña, sombras e luva - créanse tres mundos diferentes ós

que chega o inquedo ou inqueda Nemo a través do soño. Tres mundos que contempla xa

conquistados polo lixo, pola chatarra, polo plástico.

Na construción de marionetas e escenografías os nenos e nenas poderán recoñecer

materiais -reciclados- en funcións diferentes ás que teñen na vida real.

Marionetas de papel, tea e madeira creadas a partir dos deseños de Winsor McCay; de

trazos sinxelos cheos de expresividade.

Nos apuntes didácticos desenvoltos nas páxinas seguintes, Viravolta títeres inclúe

algunhas suxestións sobre o espectáculo. Non somos profesionais da pedagoxía, aínda

que a nosa traxectoria permite un pequeno coñecemento baseado na experiencia, tanto

da representación dos espectáculos como noutras actividades que naceron da nosa

querenza polo teatro de marionetas - obradoiros, programacións específicas,

exposicións, o Museo Galego da Marioneta…- .

A intención é favorecer o goce e a compresión da proposta dramática a través dun

instrumento que posibilite ó docente a preparación de nenos e nenas para a función e

convidar a unha reflexión sobre os nosos hábitos, as nosas actitudes e os valores

necesarios para construír e vivir nunha sociedade responsable e feliz.

5

SOBRE: Winsor McCay (1869-1934)

Está considerado pai do cómic porque contribuíu en gran maneira á maduración do

medio. Achegou algunhas das ferramentas fundamentais e as súas invencións aínda se

utilizan hoxe. O traballo de McCay ha de entenderse como unha ponte entre linguaxes.

McCay desenvolverá un recurso anecdótico que o caracterizaría: un individuo calquera,

un ninguén, quedaba durmido, tiña un soño e terminaba espertándose sobresaltado, soños

case pesadelos que tiñan relación coa realidade do individuo. Este sinxelo mecanismo

serviu de base a súa serie máis famosa: Little Nemo in Slumberland. Os soños deste

pequeno e inquedo personaxe inspiraron a xeracións de artistas a través das súas

peripecias semanais, que lle facían viaxar da cama a Slumberland (o país dos soños), un

reino onírico de emocionantes aventuras.

6

SOBRE: Erick Satie (1866 - 1925)

Il.: Jesús Gabán Compositor e pianista francés - coetáneo de McCay-. A excentricidade, a irreverencia e

unha actitude dadaísta son os ingredientes que configuran a súa vida e a súa música.

Os títulos das súas obras son elocuentes sobre o seu carácter excéntrico e

retranqueiro, Trois gymnopedies, Tres pezas en forma de pera, Apreciacións

desagradables, Música de mobiliario, Deportes e diversións - primeira obra multimedia,

de debuxo, de música e de poesía -. Son composicións escritas para o piano.

Foi o precursor da desestruturación da música, un referente para moitos compositores

contemporáneos, como os do movemento repetitivo ou minimalista. As súas composicións,

de factura simple, denotan un lirismo sutil que influenciou a moitos compositores.

7

SOBRE: Contos ao pé da cama Un espectáculo de cabezudo, marionetas e sombras Sinopse É hora de durmir pero Nemo non quere. Non fixo un conto sobre o lixo. Durmido na súa cama viaxa ó país dos soños, son soños perturbadores e axitados nos que o inquedo e lambeteiro pequecho descobre que o seu arredor medra o lixo. O lixo que invade o espazo, os mares e a terra. Personaxes

Nemo1.- Inquedo, lambeteiro e un pouco preguizoso. Gústanlle as sorpresas e

protagonizar fabulosas aventuras. Pai de Nemo.- Cariñoso e responsable. Capitán Naik.- Pirata burleiro, conquistador dos mares. Gusta dos plásticos. Selenitas 1 e 2.- Sempre famentos, cociñan toda clase de chatarra, seres e obxectos

que caen no seu planeta.

1 É moi significativo o antropónimo Nemo do protagonista, cargado de simbolismo. De orixe latino, o seu significado é “ninguén”, entendido como “o individuo”. Segundo a idade do lector/espectador o antropónimo suscita dúas imaxes poderosas. Nas persoas de máis idade, a personaxe creada por Julio Verne, “O capitán Nemo” protagonista de “Vinte mil leguas de viaxe submarina” (1870). Nas persoas máis novas o pequeno peixe Nemo, protagonista de “Buscando a Nemo” (2003)

8

Ademais dos anteriores, en Contos ao pé da cama aparecen obxectos e outras personaxes que provocan doces emocións e pequenas angustias; coma a balea, as pequenas serpes, as boias, a papeleira, as tesouras...

9

IMAXES DO ESPECTÁCULO

Nemo na súa cama

Selenitas facendo sopa

10

Nemo surcando os mares

Capitán Naik no seu galeón plástico e Nemo

11

APUNTES DIDÁCTICOS INTRODUCIÓN Como recolle o Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da

educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009) a

educación infantil e a educación primaria organízanse en áreas que se detallan a

continuación que deben ter un carácter global e integrador.

● O coñecemento de si mesmo e autonomía persoal. Os sentimentos e as

emocións tanto positivas como negativas (a ledicia, o medo, a ira, a

tristura…).

● O coñecemento do contorno; as relacións cos seres vivos, a natureza e o

medio social, un achegamento o coñecemento científico.

● A linguaxe: a comunicación e a representación. A linguaxe é o instrumento

(lingua oral e xestual) para expresar os sentimentos e emocións e para

comprender as representacións da realidade.

Invitamos ás nenas e ós nenos a saír da aula para ir o teatro a gozar dun espectáculo de

marionetas e de sombras, no que podemos mergullarnos para atopar tesouros que nos

contan como somos, como son os demais, como nos comunicamos uns cos outros e coa

natureza.

Un espectáculo que trata de fomentar a curiosidade, a escoita, o xogo, o cuestionarnos,

o respecto. Un convite a soñar, a ser críticos, a descubrir as nosas emocións e a crear.

Obxectivos ambiciosos que con este espectáculo que nos gostaría contribuír a lograr.

12

Deseguido detallamos máis polo miúdo obxectivos e contidos específicos perseguidos

con Contos ao pé da cama. Desde o noso punto de vista nitidamente integrados nas tres

áreas que inician estos apuntes didácticos.

OBXECTIVOS O coñecemento de si mesmo

● Recoñecer os sentidos como fontes de sensacións e emocións empregándoos para

o coñecemento de nos mesmos e do mundo que habitamos.

O coñecemento do contorno

● Observar o seu contorno, identificando o medio natural,

● Establecer relacións causa-efecto, percibindo as consecuencias das súas accións

nos seres vivos,

● Descubrir as características dos animais e vexetais como seres vivos.

Área de linguaxe

● Utilizar tanto a linguaxe oral como a xestual como ferramenta de comunicación

cos demais,

● Amosar interese polas producións dramáticas como instrumento de expresión e de

goce,

● Observar e apreciar os distintos elementos que compoñen a produción dramática -

plástica, textual e musical - na expresión das emocións.

13

CONTIDOS O decreto citado ao comezo da exposición recolle oito competencias claves básicas.

Trataremos de contribuír de modo especial a tres delas. A competencia en comunicación

lingüística; a competencia de coñecemento e interacción co mundo físico e a competencia

cultural e artística. Quizais, influenciados pola actividade escénica se incida con máis

forza nesta última; non esquezamos que esta é unha proposta dramática nacida da banda

deseñada e da música. Entendemos a educación cultural e artística como un factor que

potencia a autonomía, a creación e o coñecemento dun mesmo e que posibilita as persoas

manifestar e experimentar emocións e sensacións.

O coñecemento de si mesmo

● Descubrimento dos sentidos como fonte de sensacións,

● Exploración e identificación das posibilidades motrices.

O coñecemento do contorno

● Identificación das características de animais, plantas e elementos naturais,

● Experimentación de accións sobre o medio natural,

● Identificación e adopción de comportamentos respectuosos co medio ambiente.

A área de linguaxe

● Coñecemento de xestos e movementos como recursos corporais para a expresión,

a comunicación e o intercambio afectivo,

● Utilización de elementos e técnicas básicas para expresarnos a través de plástica,

● Comprensión das situacións representadas no espectáculo, e nos contos.

14

ACTIVIDADES A serie de actividades que se relacionan artéllase sobre as emocións e o respecto pola

natureza. A pretensión é achegar unhas liñas de actuación doadas de integrar nas

rutinas e o estilo de traballo que se utiliza nos centros. Son actividades de carácter

aberto para remexer, alterar, desordenar atendendo ó gusto e ritmo de cada aula e ós

dos seus intereses. O desenvolvemento e a aprendizaxe son procesos dinámicos que

deben de atender á individualidade de cada nena e neno - o seu ritmo, as súas

características persoais etc.-.

E comezamos polo principio… Imos ó teatro... e voltamos para a escola O teatro! un espazo para descubrir. Non está na escola. Imos andando ou en autobús?.

Unha excursión todos xuntos. Que ben! Hai que chegar puntuais!

O teatro ten o “patio de butacas” (o noso sitio) e o “escenario” (o sitio das marionetas).

O meu sitio é? Senteime na miña butaca!. Que cómoda! Vexo ben todo o escenario!

...Que empece xa!

E agora que pasa? Apáganse as luces! Non temos medo! Así vemos mellor o que pasa no

escenario. Tamén cando nos deitamos apagamos a luz porque os soños chegan coa

escuridade!

¡CHIST!; ¡CHISS!; ¡CHSSS! Comeza! Teño que abrir ben os ollos e as orellas!. Teño que

estar en silencio porque hai palabras e música. Se falamos as marionetas non se escoitan

e terían que berrar!.

15

Acabou! Gustoume! Para que ás marionetas desde o seu sitio saiban que o paséi ben,

bateréi as mans! PLAS! PLAS! PLAS! Son moi felices cando oen bater as mans!.

Despídomo delas movendo as mans! ADEUS! ADEUS!. Agora hai que saír do patio de

butacas. Estamos todos? hai que estar atento e non despistarse!

Saímos do teatro. Despazo, sen apuro e cun gran sorriso volto á escola, falo, xesticulo

do que vin!

Tras este preámbulo definimos as actividades en relación ás tres áreas definidas no

decreto.

Coñecemento de si mesmo 1.- Son o dono de emocións e sensacións!

As miñas emocións nacen do meu corpo. Como bate o meu corazón? Un-dous! un-dous! ba-

te! ba-te! Está nunha randeeira (Erik Satie // Deportes y diversiones (CD). Peza El

columpio. Unha pequena e deliciosa composición musical para xogar). Se estou alegre,

latexa así! se estou triste así! se teño medo, apresa!

Sorpresa! O meu corazón fala a través da miña cara, das miñas mans… todo o meu corpo

fala!. Se estou contento a miña cara é... Se me sinto triste é... , e moi triste?, e moi

enfadado?

Dispoñer dun aula con espello e de non ser o caso; nun círculo enfrontados para xogar coas

emocións (a alegría, o medo, a tristura, a ira…) e sensacións físicas (o frío, o calor, a fame, o

sono, a dor...)

16

2.- Onde vivo?, No mar?, No espazo?...

Na terra! que sorte! Quen vive comigo na terra? As plantas! Os animais!. A terra é

grande? Hai sitio para todos?. Temos que querela e coidala.

¿Quen vive no mar? as sardiñas! o calamar! os golfiños!... e nos?

¿E no ceo, no espazo? o xilgaro! os astronautas! os foguetes!, os avións? e o globo que me

escapou na festa.

Coñecemento do contorno 1.- Un paseo? Camiño da escola vexo plantas?, animais! … Gústame velos? Eu que son?

Planta? animal? … Respiro, respiro, respiro! chupo aire polo nariz e pola boca botoo fora

e agora máis difícil... do revés!. Necesito o aire? As plantas da miña casa respiran ? e os

peixes? e os paxaros?

Ai! que iso non é unha planta! nin un animal! É LIXO! (unha bolsa de plástico, unha lata,

un vidro, un papel ). A terra está chea de lixo?

No mar tamén hai lixo? e no espazo?

Quen bota o lixo? onde o bota?

2.- Canto lixo! (no mar atopéi..., e na terra...,)

Todo o lixo é igual? (orgánico, electrónico, papel, vidro…)

Na miña casa hai cubos para o lixo e na rúa hainos moi grandes de cor azul (como o mar,

o ceo…), verde (como a herba, as follas dos xeranios, dos castiñeiros…), amarelo (como

os raios do sol…) nos non temos cubo amarelo pero na rúa si que hai! é para...

Nos cubos de lixo da miña casa boto...

17

A área de linguaxe 1.- Hora de deitarse - hora de levantarse

Xogos dramáticos de pouca duración coas rutinas diarias a través de xestos, a ser

posible acompañados dunha onomatopeia ou unha palabra.

Teño un pouco de sono! ¿que fai a miña boca? e ¿os meus ollos? e o meu corpo?

estírase?, encóllese? VOU PARA A CAMA! pero hai que…

Primeiro: espirse > poñer o pixama>cepillar os dentes? ou

Primeiro: cepillar os dentes > espirse > poñer o pixama?

Un pasiño, dous pasiños, tres pasiños… catro... e METOME NA MIÑA CAMA - o meu país

dos soños -

Quero conto? Siiiiii!

Apago a luzzzzzzzzzzz e soñoooooooo

Despertarse, erguerse!

¿Que fai a miña boca? e ¿os meus ollos? e ¿o meu corpo estírase, encóllese? SAIO DA

MIÑA CAMA! Hai que ganas de mexar? hai que espirse? fora pixama?... hai que

vestirse? TEÑO FAME ¡almorzooo! ...

2.- O lixo da miña casa

O lixo sirve ? si, non, si, non... Si!

Si!!! Para que? Para facer un xoguete de RE-CLI-CA-XE

Recortamos, dobramos e pintamos

(A través de obxectos recollidos do lixo - papel, plástico e teas - faremos un

sinxelo xoguete)

(Con un tubo de papel, unha tea branca e papeis faremos a Nemo)

(A través de obxectos recollidos do lixo - papel, plástico e teas - faremos as

marionetas para un espectáculo)

18

3.- Recompoño o espectáculo!

A partir de diferentes imaxes descargables, podemos secuenciar espacial ou

temporalmente o espectáculo… pero podemos intercambiar as imaxes e sae… outro soño!

Coa miña marioneta de Nemo soño…

19

BIBLIOGRAFÍA:

Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 23 de xuño de 2009) http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/protected/content_type/advertisement/2014/09/09/20140909_curriculo_primaria.pdf McCay, Winsor. Obra completa Little Nemo en el País de los Sueños. (Volumen I y II). Barcelona: Norma editorial 1993 Satie, Erick. Deportes y diversiones. Vitoria: Agruparte 2001 (Libro CD) Queffélec, Anne. Erick Satie [Gravación sonora]. London. Virgin Classics 1988 http://ergocomics.cl/wp/2013/07/20/winsor-mccay-2/ https://www.youtube.com/watch?v=uW71mSedJuU (1911 Winsor McCay - "Little Nemo" (full animation in color) https://elestadomental.com/diario/erik-satie-1866-1925?page=2

https://viravoltatiteres.wordpress.com/

20