2
Vivía na terra unha princesa chamada Psique. Era moi fermosa, pero non conseguía atopar o amor. A deusa Venus, celosa da súa beleza, pediulle a Cupido que fixera que se namorase do home máis malvado e feo do mundo. Cupido aceptou o encargo, pero, cando estaba a piques de dispararlle unha das súas frechas, pasou algo inesperado: nada máis vela, namorouse. Por arte de maxia, Cupido levou a Psique a un afastado castelo. Psique, ao oír a súa doce voz non sentiu temor e tamén se namorou del. Ó fin casáronse. Pero a deusa Venus, furiosa, impúxolles unha condición: Psique non podería mirar nunca a Cupido. Durante un tempo, os dous foron moi felices, ata que un día, convencida polas súas envexosas irmás, Psique incumpriu a condición e mirou a Cupido. Traizoado, Cupido díxolle que o amor non pode vivir sen confianza e foise. Arrepentida, a princesa recorreu o mundo buscando ao seu amado. A deusa Venus púxolle moitos desafíos perigosos e difíciles para impedir que atopara a Cupido. Despois de moito tempo, Venus encargoulle unha tarefa a cambio de levala ata Cupido: debía levar unha caixa ao Inframundo, pero non debía mirar o que había dentro. Psique emprendeu a viaxe, pero venceuna a curiosidade e mirou dentro da misteriosa caixa. Nada máis abrila, caeu nun profundo sono. Así foi como a atopou Cupido quen, cos seus poderes, sacoulle o sono mortal e meteuno de novo na caixa. Ó ver o moito que se querían, Venus perdoou a Psique e converteuna nunha deusa. Felizmente Cupido e Psique puideron estar xuntos para sempre. CEIP A.D.R. Castelao Equipo de Biblioteca e EDLG

Conto Cupide e Psique e comprensión

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Conto de Cupide e Psique e comprensión e escritura. CEIP ADR Castelao Rianxo. Equipo de biblioteca e EDLG

Citation preview

Page 1: Conto Cupide e Psique e comprensión

Vivía na terra unha princesa chamada Psique. Era moi fermosa, pero non

conseguía atopar o amor.

A deusa Venus, celosa da súa beleza, pediulle a Cupido que fixera que se

namorase do home máis malvado e feo do mundo.

Cupido aceptou o encargo, pero, cando

estaba a piques de dispararlle unha das

súas frechas, pasou algo inesperado:

nada máis vela, namorouse.

Por arte de maxia, Cupido levou a

Psique a un afastado castelo. Psique, ao

oír a súa doce voz non sentiu temor e

tamén se namorou del. Ó fin casáronse.

Pero a deusa Venus, furiosa, impúxolles

unha condición: Psique non podería

mirar nunca a Cupido.

Durante un tempo, os dous foron moi felices, ata que un día, convencida

polas súas envexosas irmás, Psique incumpriu a condición e mirou a Cupido.

Traizoado, Cupido díxolle que o amor non pode vivir sen confianza e foise.

Arrepentida, a princesa recorreu o mundo buscando ao seu amado. A

deusa Venus púxolle moitos desafíos perigosos e difíciles para impedir que

atopara a Cupido.

Despois de moito tempo, Venus encargoulle unha tarefa a cambio de

levala ata Cupido: debía levar unha caixa ao Inframundo, pero non debía

mirar o que había dentro.

Psique emprendeu a viaxe, pero venceuna a curiosidade e mirou dentro

da misteriosa caixa. Nada máis abrila, caeu nun profundo sono.

Así foi como a atopou Cupido quen, cos seus poderes, sacoulle o sono

mortal e meteuno de novo na caixa.

Ó ver o moito que se querían, Venus perdoou a Psique e converteuna

nunha deusa.

Felizmente Cupido e Psique puideron estar xuntos para sempre.

CEIP A.D.R. Castelao Equipo de Biblioteca e EDLG

Page 2: Conto Cupide e Psique e comprensión

Que lle encargou Venus a Cupido?

…………………………………………………………………………………………………………….

Por que Cupido non cumpriu o encargo?

…………………………………………………………………………………………………………….

Cal era a condición que Psique debía cumprir para estar con Cupido?

…………………………………………………………………………………………………………….

Que lle dixo Cupido a Psique ao sentirse traizoado?

…………………………………………………………………………………………………………….

Que tarefa lle encomendou Venus a Psique a cambio de levala ata Cupido?

…………………………………………………………………………………………………………….

Busca na lectura tres substantivos propios.

…………………………… ………………………………… ………………………………..

Busca na lectura tres adxectivos.

………………………….... ………………………………… ………………………………….

Psique era unha princesa moi fermosa. Descríbea e debúxaa.

……………………………………………………………………………………………………………

……………………………………………………………………………………………………………

……………………………………………………………………………………………………………

……………………………………………………………………………………………………………

……………………………………………………………………………………………………………

……………………………………………………………………………………………………………

……………………………………………………………………………………………………………

……………………………………………………………………………………………………………

……………………………………………………………………………………………………………

……………………………………………………………………………………………………………

……………………………………………………………………………………………………………

ACTIVIDADES SOBRE A LECTURA

CEIP A.D.R. Castelao Equipo de Biblioteca e EDLG