2
CONTEXTUALIZACIÓN. ARISTÓTELES E OS PRESOCRÁTICOS. O autor deste texto é Aristóteles, filósofo nado en Macedonia no ano 384 a.C. e que morreu no ano 322 a.C. en Grecia. O seu pai era médico, polo que pronto se interesaría pola bioloxía. Entrou na Academia de Platón con 17 anos, polo que foi o seu discípulo, aínda que tras 20 anos tivo que marchar, pois criticou as súas ideas. Recibiu influencia de diferentes autores presocráticos, e foi titor de Alexandre Magno. As correntes atopadas dentro da súa obra son o Realismo, o Empirismo e máis a ética da felicidade, o Eudemonismo. Máis adiante, na última etapa da súa vida, fundou o Liceo, onde ensinaba a outros filósofos. Entre as súas obras máis destacadas atopamos Física, Metafísica, Ética a Nicómaco, Política e Organon. Na súa obra, Aristóteles recibiu influencia de diversos autores presocráticos, filósofos que buscaban explicar o cambio na natureza (Physis) a través dun principio (aquilo que se atopa en tódalas cousas) do movemento (arxé). Para iso, tivo lugar un feito moi importante dentro da historia da filosofía: o paso do Mito ao Logos. Este cambio consistía en que agora se buscaban causas e razóns para o que ocorría en lugar dos actos arbitrarios realizados polos deuses que se cría que facían os feitos ocorridos na natureza. Dentro destos presocráticos que influíron a Aristóteles atopamos a Tales de Mileto. Para el, o arxé era a auga, algo que era utilizado para transformar todas as cousas e algo que toda cousa foi nalgún momento. Influíu a Aristóteles na búsqueda do arxé, é dicir, do principio da fisis ou aquilo que está en todas as cousas, e Aristóteles recoñece a Tales que atopou o que denomina a causa material. Anaximandro, que como arxé tomou o Ápeiron (termo que designa cousas indefinidas), influíu tamén no pensamento de Aristóteles, que agora aceptaría o principio abstracto e inmaterial do cambio do que falaba Anaximandro en lugar da causa material, tal e como pensaba Tales. Relacionou tamén o Ápeiron co primeiro motor para explicar a orixe do movemento, pois para que exista este movemento é necesaria unha orixe deste que non sexa materialmente semellante ao

CONTEXTUALIZACIÓN

Embed Size (px)

DESCRIPTION

ed

Citation preview

Page 1: CONTEXTUALIZACIÓN

CONTEXTUALIZACIÓN. ARISTÓTELES E OS PRESOCRÁTICOS.

O autor deste texto é Aristóteles, filósofo nado en Macedonia no ano 384 a.C. e que morreu no ano 322 a.C. en Grecia. O seu pai era médico, polo que pronto se interesaría pola bioloxía. Entrou na Academia de Platón con 17 anos, polo que foi o seu discípulo, aínda que tras 20 anos tivo que marchar, pois criticou as súas ideas. Recibiu influencia de diferentes autores presocráticos, e foi titor de Alexandre Magno. As correntes atopadas dentro da súa obra son o Realismo, o Empirismo e máis a ética da felicidade, o Eudemonismo. Máis adiante, na última etapa da súa vida, fundou o Liceo, onde ensinaba a outros filósofos. Entre as súas obras máis destacadas atopamos Física, Metafísica, Ética a Nicómaco, Política e Organon.

Na súa obra, Aristóteles recibiu influencia de diversos autores presocráticos, filósofos que buscaban explicar o cambio na natureza (Physis) a través dun principio (aquilo que se atopa en tódalas cousas) do movemento (arxé). Para iso, tivo lugar un feito moi importante dentro da historia da filosofía: o paso do Mito ao Logos. Este cambio consistía en que agora se buscaban causas e razóns para o que ocorría en lugar dos actos arbitrarios realizados polos deuses que se cría que facían os feitos ocorridos na natureza.Dentro destos presocráticos que influíron a Aristóteles atopamos a Tales de Mileto. Para el, o arxé era a auga, algo que era utilizado para transformar todas as cousas e algo que toda cousa foi nalgún momento. Influíu a Aristóteles na búsqueda do arxé, é dicir, do principio da fisis ou aquilo que está en todas as cousas, e Aristóteles recoñece a Tales que atopou o que denomina a causa material.Anaximandro, que como arxé tomou o Ápeiron (termo que designa cousas indefinidas), influíu tamén no pensamento de Aristóteles, que agora aceptaría o principio abstracto e inmaterial do cambio do que falaba Anaximandro en lugar da causa material, tal e como pensaba Tales. Relacionou tamén o Ápeiron co primeiro motor para explicar a orixe do movemento, pois para que exista este movemento é necesaria unha orixe deste que non sexa materialmente semellante ao que se move. É dicir, que se ben en Tales atopábamos a busca da composición da realidade, en Anaximandro estamos a preguntarnos pola orixe das transformacións do Universo.Por último, atópase Empédocles, para o cal o arxé eran os catro elementos (auga, aire, terra, lume). Así, Empédocles era pluralista, ao contrario dos dous anteriores que eran monistas, e basábase en que as cousas estaban formadas por varias causas materiais, non unha soa.Aristóteles fai unha crítica a Parménides baseándose no pluralismo. Parménides defenda a inmutabilidade da realidade, mentres que os pluralistas entre os que se conta a Empédocles aceptan as características do ser, pero divididas nunha multiplicidade de entes que posibilitan o movemento.