19
BIOGRAFÍA UXÍO NOVONEYRA 1

BIOGRAFÍA UXÍO NOVONEYRA 1 - seminariogalan.orgseminariogalan.org/2010/biografia.pdf · par publicacións de Ramón Cabanillas, Ángel del Cas-tillo, Ricardo Carballo Calero, Couceiro

  • Upload
    vantu

  • View
    222

  • Download
    0

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: BIOGRAFÍA UXÍO NOVONEYRA 1 - seminariogalan.orgseminariogalan.org/2010/biografia.pdf · par publicacións de Ramón Cabanillas, Ángel del Cas-tillo, Ricardo Carballo Calero, Couceiro

BIOGRAFÍA UXÍO NOVONEYRA 1

Page 2: BIOGRAFÍA UXÍO NOVONEYRA 1 - seminariogalan.orgseminariogalan.org/2010/biografia.pdf · par publicacións de Ramón Cabanillas, Ángel del Cas-tillo, Ricardo Carballo Calero, Couceiro

BIOGRAFÍA UXÍO NOVONEYRA 2

Seminario de Formación Permanente«Uxío Novoneyra»

Rosa María Andrés LosadaEduardo Xosé Cabrera ParadelaM.ª Luísa Domínguez PérezArmando Xosé Herrero MayorM.ª Luísa Mosquera SeijoMario Ramón Suárez Hermida

Seminario de Formación Permanente«Material didáctico sobre Uxío Novoneyra»

Ana Fernández JonteM.ª Isabel Hortas GonzálezPaz Santiso AndradeAna María Seijo LópezM.ª Jesús Souto PereiraM.ª Belén Suárez Carballo

Seminario de Formación Permanente«Uxío Novoneyra na Rede»

Ana María Cernadas GarcíaMaría del Carmen Félix CedeiraVanessa Guimarey CedeiraManuel Paz AnidoJosé Antonio Picado RodríguezM.ª Carmen Valiñas Rivas

Asesoría pedagóxica CEFORE A CoruñaXosé Antón Amil García

Maquetación e deseño gráficoManolo Paz Anido (www.edugaliza.org)

Colexios participantesCEIP Anxo da Garda, da CoruñaCEIP A Solaina, de NarónCEIP Galán, de Oseiro-ArteixoCEIP Eusebio da Garda, da CoruñaCEIP Torrente Ballester, de Sigrás-CambreCEIP Luís Seoane, de Mera-OleirosCEIP Montel Touzet, da CoruñaCEIP Portofaro, do Temple-CambreCEIP Praia de Quenxe, de CorcubiónCEIP Virxe do Mar, de NarónCEIP W. Fernández Flórez, de CambreCPI do Feal, de Narón

Á Real Academia Galega, a Saleta Goy e a Uxío NovoRei pola súa colaboración e xenerosidade.

Edita Seminario Permanente de Formacióndo Profesorado do CEIP de Galán,Oseiro-Arteixo (A Coruña)http://www.seminariogalan.orgISBN 978-84-692-9831-2

Page 3: BIOGRAFÍA UXÍO NOVONEYRA 1 - seminariogalan.orgseminariogalan.org/2010/biografia.pdf · par publicacións de Ramón Cabanillas, Ángel del Cas-tillo, Ricardo Carballo Calero, Couceiro

BIOGRAFÍA UXÍO NOVONEYRA 3

Naceu Uxío Novoneyra a principios dos anos 30, con-cretamente un 19 de xaneiro de 1930. En moi poucotempo vería pasar por diante dos seus ollos diferen-tes e importantes acontecementos políticos: a ditadu-ra de Primo de Rivera e a posterior do xeneral Beren-guer, a abolición da monarquía, a proclamación da IIRepública, a sublevación militar, a Guerra Civil e oposterior afianzamento da nova ditadura do xeneralFrancisco Franco. E todo en menos de dez anos.O primeiro período posterior á Guerra Civil españolafoi unha época de fame, pobreza e total carencia deliberdades públicas. As décadas dos 40 e 50, foron,sen dúbida, as peores. O sector agrogandeiro orien-touse cara ao consumo interior esquecendo, por morda carencia de recursos, calquera proceso de moder-nización. A industria galega quedou reducida á míni-ma expresión e só algúns sectores protexidos poloréxime franquista conseguiron un modesto desenvol-vemento. O illamento internacional, o inicio da Segun-da Guerra Mundial e a condena pola ONU da ditaduraespañola restrinxen o comercio exterior galego quesó atopa mercados na mesma Galicia e no resto deEspaña.A consolidación da ditadura militar trae consigo taménun período de inxustiza e inseguridade xurídica, queleva ao cárcere, ao exilio, e mesmo á morte á vangar-da intelectual e política galega.Perde Galicia unha xeración en-teira do que sería a súa clase di-rixente na segunda metade doséculo XX.No que respecta ao mundo cul-tural, a represión franquista des-cabezou completamente á inte-lectualidade galega. O galeguis-mo, tanto político como cultural,quedou condenado ao silencio.Artistas da talla de Castelao,Laxeiro, Seoane, Lorenzo Vare-la... tiveron que exiliarse e outrasfiguras iniciaron o que se coñe-ce como o «exilio interior», noque a pesar de estar fisicamen-te no país, non mantiñan publi-camente ningunha actividade decarácter cultural. Neste grupo estarían, entre outros,

Uxío Novoneyra, nunha foto deestudante no Instituto de Lugo

Arquivo Novoneyra

OS ANOS DUROS

Uxío, á esquerda, cuns amigos en Seoane do Courel, 1954Arquivo Novoneyra

Page 4: BIOGRAFÍA UXÍO NOVONEYRA 1 - seminariogalan.orgseminariogalan.org/2010/biografia.pdf · par publicacións de Ramón Cabanillas, Ángel del Cas-tillo, Ricardo Carballo Calero, Couceiro

BIOGRAFÍA UXÍO NOVONEYRA 4

Ramón Otero Pedrayo e Ramón Piñeiro. Esta é unhaépoca calificada por Francisco Fernández del Riegocomo «de morte, éxodo ou silencio».Con este panorama en Galicia non é raroque xurdiran na emigración americana nu-merosos núcleos de signo galeguista erepublicano que mantiveron viva a nosacultura e a esperanza nun futuro demo-crático para o noso país. Estas activida-des centráronse, sobre todo, nos paísessudamericanos e así aparecen novas co-leccións e editoriais: «Hórreo», «Dorna»,«Nova», «Galicia», «Nós», «Resol», «Ci-tania», «Follas Novas»...animadas e di-rixidas por personalidades da talla de LuísSeoane, Cuadrado ou Neira Vilas.Nestas coleccións reedítase a Curros ePondal, dando entrada a autores exilia-dos máis novos, como Ramón de Valen-zuela, Lorenzo Varela, Alonso Ríos e omesmo Neira Vilas así como autores que non podíanpublicar en Galicia como Otero Pedrayo, FranciscoFernández del Riego, ou o poeta Manuel María.Nestas publicacións usábase con normalidade o nosoidioma pero a situación en Galicia é moi diferente:apenas hai publicacións no noso idioma e as que che-gan fano clandestinamente e proveñen, case na súamaior parte, das sociedades galegas americanas.Cómpre salientar catro publicacións galegas patroci-nadas polo exilio americano: «Sempre en Galiza», deAfonso Rodríguez Castelao, edi-tada no ano 1944 e «As cruces depedra na Galiza», do mesmo au-tor e editada no ano 1949. Dezanos máis tarde, en 1959, sae áluz «A Esmorga», de EduardoBlanco Amor e posteriormente«Memorias dun neno labrego» deXosé Neira Vilas, en 1961.Todas estas publicacións, que che-gan a Galicia de xeito clandestinoe en pequenas cantidades, van sersementeira de futuras accións cul-turais na nosa terra e así van ir xur-dindo pequenas iniciativas baixoo patrocinio de institucións ou or-ganismos ligados ao mundo uni-versitario que, timidamente, van irrecuperando o noso idioma noeido do mundo editorial.

Na Gran Vía madrileña, 1963Arquivo Novoneyra

Uxío, segundo pola esquerda, na Coruña, 1962Arquivo Novoneyra

Page 5: BIOGRAFÍA UXÍO NOVONEYRA 1 - seminariogalan.orgseminariogalan.org/2010/biografia.pdf · par publicacións de Ramón Cabanillas, Ángel del Cas-tillo, Ricardo Carballo Calero, Couceiro

BIOGRAFÍA UXÍO NOVONEYRA 5

No ano 1949 aparece en Pontevedra a colección «Be-nito Soto» que edita uns libriños de poesías. A colec-ción levaba a dirección literaria de Celso Emilio Fe-rreiro e nela editáronse poemas de Ricardo CarballoCalero, Álvaro Cunqueiro, Manuel María, Luís Pimen-te e dos irmáns Álvarez Blázquez. Dos catorce volu-mes de poemas editados, cinco foron en idioma cas-telán e os nove restantes en galego.En Lugo, e da man de Manuel María e Ángel Johán,aparece en 1952 a editorial «Xistral» que xa vai editartoda a súa produción en galego.Outras iniciativas editoriais aparecen arredor da dé-cada dos cincuenta. Tal é o caso da Sociedade deBibliófilos Galegos, en 1949, que pretende a reedi-ción de obras antigas e a publicación de orixinais deautores contemporáneos. Nesta sociedade actuabancomo presidente Sánchez Cantón e como secretarioFilgueira Valverde. Nas súas coleccións podemos ato-par publicacións de Ramón Cabanillas, Ángel del Cas-tillo, Ricardo Carballo Calero, Couceiro Freijomil, Ce-lestino Fernández de la Vega e Ramón Piñeiro.Na cidade de Vigo, no ano 1950, aparece a editorialMonterrey, fundada por Viñas Cortegoso e Xosé Ma-ría Álvarez Blázquez. A editorial dedícase á publica-ción de libros raros e curiosos en pequenas tiraxes.Os inicios da década dos cincuenta están presididospola aparición do selo da editorial Galaxia.É o ano no que a morte de Castelao no exi-lio, deixa descabezado o movemento nacio-nalista, tanto en Galicia coma no exterior. Esemesmo ano disólvese o Partido Galeguista.A editorial Galaxia supón a creación dunhaempresa editorial galega afincada en Gali-cia, que se propón a revitalización da nosacultura e a promoción do noso idioma. É acontinuadora da Xeración Nós e, en pala-bras de Ramón Piñeiro, «pretende ser o con-tacto galeguizador coas novas xeracións».Na súa Asemblea Constituínte, celebrada enSantiago o 15 de xullo de 1950, noméase aOtero Pedrayo como presidente do Conse-llo de Administración e, uns meses despois,redáctase, con texto en galego e castelán, aescritura correspondente na cidade de Vigo.En Galaxia publican dende ese momento osautores máis relevantes da nosa cultura:Fernández del Riego, Vicente Risco, OteroPedrayo.O día a día da editorial non foi tarefa doada. Os ca-dernos de cultura «Grial» son suspendidos por orde

Madrid, 1964Arquivo Novoneyra

En Lugo, con Elva, a súa muller, 1974 Arquivo Novoneyra

Page 6: BIOGRAFÍA UXÍO NOVONEYRA 1 - seminariogalan.orgseminariogalan.org/2010/biografia.pdf · par publicacións de Ramón Cabanillas, Ángel del Cas-tillo, Ricardo Carballo Calero, Couceiro

BIOGRAFÍA UXÍO NOVONEYRA 6

da Dirección Xeral de Prensa e, a pesar dos atrancospolíticos e económicos que se suceden, Galaxia lograir incrementando as súas coleccións e, oitoanos despois da súa creación, lanza a «Re-vista de Economía de Galicia», nun intentode analizar os problemas e as necesida-des máis acuciantes do noso país e coa in-tención de crear unha nova conciencia po-lítica galeguista.Durante os anos sesenta existe unha mo-derada apertura do réxime franquista, tan-to no aspecto político coma no campo so-cio-económico. Despois do «Plan de Esta-bilización», a partir de 1959, o relativo pro-greso económico vai levar a Galicia a en-trar na chamada sociedade de consumo.Todos estes cambios propician unha novaestrutura demográfica no noso país. Apa-recen as migracións masivas ás cidades eun forte despoboamento no rural. Conse-cuentemente o mundo rural vai perdendoimportancia ao tempo que se van consolidando nascidades unha nova clase media e uns núcleos obrei-ros moi definidos, principalmente Vigo e Ferrol, quecada vez se van facer máis reivindicativos, culminan-do coa folga xeral de 1972.Os estudantes da universidade compostelá, a únicagalega existente nesas décadas, tampouco son alleosa estes cambios e protagonizan protestas ao tempoque levan a cabo numerosas iniciativas culturais declaro matiz democrático, galeguista e nacionalista.A oposición política á ditadura comeza aestar cada vez máis organizada. No ano1963 créase o Consello da Mocidade e enanos sucesivos, a Unión do Povo Galego(UPG) e o Partido Socialista Galego (PSG).En todas as organizacións políticas e cul-turais creadas durante os sesenta e setentaexiste un claro sentimento de respecto polanosa lingua e cultura. Aparecen por todo onoso país asociacións culturais que pro-moven multitude de actividades: teatro,música, conferencias, mostras, convocato-rias literarias... contribuíndo ao prestixiodo noso idioma e da nosa cultura.É nos anos sesenta cando se legaliza oPatronato Rosalía de Castro, creado vinteanos antes; constitúese a Fundación Pen-zol, en Vigo, co obxectivo de contribuír á identidadede Galicia; aparece o Instituto José Cornide, a Funda-

No CourelArquivo Novoneyra

«Ánxel Fole é con Novoneyra, que aparece á súa dereitadiante do micrófono, o máis notable escritor da serra»,1983 Arquivo Novoneyra

Page 7: BIOGRAFÍA UXÍO NOVONEYRA 1 - seminariogalan.orgseminariogalan.org/2010/biografia.pdf · par publicacións de Ramón Cabanillas, Ángel del Cas-tillo, Ricardo Carballo Calero, Couceiro

BIOGRAFÍA UXÍO NOVONEYRA 7

ción Barrié de la Maza...A Real Academia Galega institucionaliza, en 1963, oDía das Letras Galegas para conmemorar a obra dal-gún autor ou autora que escribise no noso idioma. Esteprimeiro ano adícase a Rosalía de Castro.O aperturismo do réxime franquista permite a apari-ción de novas iniciativas editoriais: Edicións do Cas-tro, Edicións Castrelos coa súa famosa colección OMoucho. Nesta colección editouse«O Catecismo do labrego», da au-toría de Marcos da Portela, seudó-nimo de Valentín Lamas Carvajal,que está considerado o primeiro«supervendas» da literatura gale-ga: cinco edicións en tres anos equince edicións en anos posterio-res. Estes son os anos da apari-ción de Voces Ceibes, un grupo decantantes que empregan a nosalingua como vehículo de expresión,e que gravan os seus discos co pa-trocinio das editoriais galegas Ga-laxia e Xistral.Pero todas estas iniciativas encon-tran o atranco do baixo nivel inte-lectual da Galicia dos anos 60-70e dun alto índice de analfabetismo.Esta situación convive coa marxinación oficial do nosoidioma, polo que a maioría das iniciativas son dirixi-das aos sectores máis sensibilizados da burguesía ur-bana e ao mundo universitario. O resto da poboacióngalega continúa allea a todo este movemento de re-novación e compromiso cultural.

A morte do xeneral Franco, en 1975, supón a desapa-rición da ditadura e a implantación dunha monarquíaparlamentaria de corte europeo. Os cambios son rápi-dos e decisivos: decrétase unha amnistía xeral, lega-lízanse os partidos políticos, danse os primeiros pa-sos para a elaboración dunha nova constitución, celé-branse as primeiras eleccións demócráticas dende acaída da II República, elabóranse e apróbanse os Es-tatutos de Autonomía...Todo este tipo de cambios e de liberdades tamén fa-voreceron á nosa cultura e ao noso idioma. Por vezprimeira promociónase o idioma galego na sociedade

A DEMOCRACIA

No Courel, con Manuel María e Saleta GoyArquivo Saleta Goy

Page 8: BIOGRAFÍA UXÍO NOVONEYRA 1 - seminariogalan.orgseminariogalan.org/2010/biografia.pdf · par publicacións de Ramón Cabanillas, Ángel del Cas-tillo, Ricardo Carballo Calero, Couceiro

BIOGRAFÍA UXÍO NOVONEYRA 8

e no ensino e así queda recollido na constituciónde 1978, onde se recoñece a súa cooficialidade eno Decreto de Bilingüísmo dese mesmo ano. Pos-teriormente esta normativa sería recollida no Esta-tuto de Autonomía de 1980 e supón a introducióndo idioma galego, xa de forma oficial, no mundo daeducación.Dende as primeiras e tímidas propostas realizadaspolas Irmandades da Fala nos anos 20 reivindican-do algún pequeno espazo para a nosa lingua nosplans educativos da época, pasábase a ter recoñe-cidas horas lectivas diarias para ensinar galego.Este avance, aínda que considerado mínimo pormoitos sectores do galeguismo, ía impulsar a nor-malización da nosa cultura e a nosa produción lite-raria, nomeadamente no que respecta á literaturainfantil e xuvenil, que a partir destas datas se vaiatopar cun novo público e un interesante mercadoeditorial.A aprobación do Estatuto de Autonomía, en 1980,coloca á Xunta de Galicia como defensora dos in-tereses do país e da súa identidade. O Estatuto re-coñece o noso idioma como a lingua propia de Ga-licia e considérao na nosa comunidade, ao mesmonivel que o castelán. No Estatuto especifícase que ospoderes públicos «potenciarán o emprego do galegoen todos os planos da vida pública, cultural e informa-tiva».A Lei de NormalizaciónLingüística de 1983 regu-la o uso do galego en to-dos o niveis educativos erecoñece a autoridade daReal Academia Galega noque atinxe á normativa, ac-tualización e uso correctoda nosa lingua.Un ano antes a Real Aca-demia e o Instituto da Lin-gua Galega, dependenteda Universidade de San-tiago, elaboraran as No-mas ortográficas e morfo-lóxicas do idioma galegonun intento de unificar asdiferentes normativasexistentes.No ano 1984 créase aCompañía de Radiotelevi-sión de Galicia que será o primeiro medio audiovisual

Co poeta Avilés de Taramancos en Mondo-ñedo, 1989Arquivo Novoneyra

Nunha conferencia no IES de Monte Alto, A Coruña, 1990 Arquivo Novoneyra

Page 9: BIOGRAFÍA UXÍO NOVONEYRA 1 - seminariogalan.orgseminariogalan.org/2010/biografia.pdf · par publicacións de Ramón Cabanillas, Ángel del Cas-tillo, Ricardo Carballo Calero, Couceiro

BIOGRAFÍA UXÍO NOVONEYRA 9

en emitir a súa programación integramente en galego,facendo chegar a súa imaxe e a súa voz a toda Gali-cia, converténdose nunha institución decisiva na nosanormalización cultural e identitaria.A constitución do primeiro Parlamen-to de Galicia, en 1981,xa puxera finá chamada «preautonomía» e inicia-ra o proceso de funcionamento dasinstitucións previstas no Estatuto.Os primeiros anos da Autonomíaestiveron marcados polo triunfo daAlianza Popular que, en minoría, for-mou o primeiro goberno galego pre-sidido por Xerardo Fernández Albor.O «barreirazo», en 1986, coloca nopoder, un ano despois, a un gober-no tripartito encabezado polo socia-lista Fernando González Laxe. Sontempos de gran inestabilidade polí-tica. O nacionalismo incorpórase aonovo proceso autonómico e reorga-nízase fundando na Coruña, en1982, o Bloque Nacionalista Galego.Os anos noventa veñen marcados pola chegada aGalicia de Manuel Fraga que consegue nas elecciónsdese ano a maioría absoluta para Alianza Popular. OPartido Socialista, con sucesivas alternancias de lide-rado sofre un descenso electoral mentres que o BNG,que unifica baixo as súas siglas a maioría dos parti-dos nacionalistas, implántase, a partir de 1993, comounha forza en ascenso e chega, nas autonómicas de1997, a acadar dezaseteparlamentarios.Os anos oitenta e noven-ta supoñen para Galicia atransformación nunha so-ciedade urbana e tercia-rizada; a sociedade rurale campesiña desaparecee só un quince por centoda poboación activa estáocupada no sector prima-rio, un sesenta por centoviven en núcleos urbanose tres de cada catro gale-gos habitan nas provin-cias de A Coruña e Pon-tevedra.

De conferencia en Bilbao, 1991Arquivo Novoneyra

En Bilbao, no Día das Letras Galegas, 1991Arquivo Novoneyra

Page 10: BIOGRAFÍA UXÍO NOVONEYRA 1 - seminariogalan.orgseminariogalan.org/2010/biografia.pdf · par publicacións de Ramón Cabanillas, Ángel del Cas-tillo, Ricardo Carballo Calero, Couceiro

BIOGRAFÍA UXÍO NOVONEYRA 10

Uxío naceu un 19 de xaneiro de 1930 na aldea de Para-da de Moreda, na serra luguesa do Courel.Os seus primeiros anos pásaos no seu lugar de nace-mento, en contacto cos tradicionais modos de vida daGalicia máis rural e sufrindo as consecuencias daguerra civil e dos cambios que a nova situación po-lítica van introducir na vida social do país.Aos quince anos Uxío trasládase, nos períodos es-colares, a Lugo para seguir os estudos de bachare-lato, estudios que rematará tres anos despois. Nestaépoca coincide por vez primeira con Manuel Maríae ambos frecuentarán as tertulias e as actividadesculturais promovidas e protagonizadas por Luís Pi-mentel, Ánxel Fole, Ramón Piñeiro...No ano 1949, á idade de dezanove anos, trasláda-se a Madrid para comezar na universidade Com-plutense, como ouvinte, a carreira de Filosofía eLetras.Durante esta época comeza a escribir e publicar. Arevista «Bengala», dependente da universidade ma-drileña, publícalle dous poemas en castelán queforman parte do libro «Desde las cosas». En Ma-drid comeza a súa inclusión na vida política e cultu-ral, dando o seu primeiro recital poético en depen-dencias universitarias e participando noutro recitalno Teatro Lara.En 1952 volve a Galicia para facer o servizo militarobrigatorio e é destinado sucesivamente a Santia-go, A Coruña e Lugo, onde coincide de novo conManuel María.Durante o tempo que está en Santiago parece que tomaconciencia galeguista grazas ao contacto condiferentes intelectuais galegos, principalmen-te o pintor Carlos Maside, o ensaísta RamónPiñeiro e o catedrático Ramón Otero Pedra-yo. Todos os indicios apuntan que é por esescontactos polo que Uxío decide convertersenun autor monolingüe en idioma galego.Unha grave enfermidade, unha pleuresía,obrígao a gardar repouso polo que se trasla-da de novo á súa casa natal de Parada deMoreda. Alí pasará nove anos e iniciará o seuciclo de poemas coureláns.A súa primeira publicación, «Os eidos», es-críbea durante os anos 1952 e 1954 e dedí-calla a Ramón Piñeiro e Carlos Maside.

UXÍO NOVONEYRA

Uxío Novoneyra, 1994Arquivo Novoneyra

Recital, 1997Arquivo Novoneyra

Page 11: BIOGRAFÍA UXÍO NOVONEYRA 1 - seminariogalan.orgseminariogalan.org/2010/biografia.pdf · par publicacións de Ramón Cabanillas, Ángel del Cas-tillo, Ricardo Carballo Calero, Couceiro

BIOGRAFÍA UXÍO NOVONEYRA 11

Piñeiro prológalle estes primeiros poemas salientan-do no seu limiar a unión destes versos coa terra, áque lle concede a orixe da nosa tradición cultural.En 1957 organízase, no CírculoMercantil de Santiago de Com-postela, un ciclo de conferenciascoa finalidade de dar a coñecera existencia da poesía galega,dende as cantigas medievais ataos novos poetas das Festas Mi-nervais compostelás.Este ciclo de conferencias esta-ba organizado polo galeguistaManuel Beiras e nel interviríanLópez Nogueira, Méndez Ferrín,Ramón Lorenzo, Alonso Monte-ro, Franco Grande... O ciclo se-ría presentado por Ramón OteroPedrayo e clausurado por Xoha-na Torres.A morte de Eladia Pedrayo, naide Ramón Otero, impide que estepoida acudir á presentación polo que manda tres ho-landesas manuscritas cuns textos en galego e caste-lán para que sexan lidas na súa ausencia e no seunome.Rodolfo López Veiga non se atreveu a ler otexto en galego, por mor do ambiente represi-vo da época e da absoluta falta de uso do nosoidioma en actos públicos. Pero foi nese mes-mo acto no que Uxío Novoneyra tomou a pala-bra para recitar os poemas do noso Cancio-neiro medieval. Abriu a súa intervención cun«Miñas donas e meus señores», que en pala-bras de Franco Grande supuxeron unha au-téntica bomba entre o público. Para moitos eraa primeira vez que podían escoitar a alguénfalando en público no noso idioma. Era un vin-te e dous de febreiro de 1957 e nesta data operiodista Raimundo García, Borobó, calificaa Uxío como «un home saído doutro tempo echegado doutra galaxia», ao tempo que o con-sidera como o primeiro rapsoda de Galicia.En 1962 volta de novo a Madrid, onde traballaen diferentes programas de radio e televisión,con temática de poesía, tanto galega como es-pañola ou universal e acode nesa época ástertulias do Café Gijón e participa nas activida-des do denominado grupo Brais Pinto.

No Courel, agosto de 1996Arquivo Novoneyra

Con Borobó fillo, 1996Arquivo Novoneyra

Page 12: BIOGRAFÍA UXÍO NOVONEYRA 1 - seminariogalan.orgseminariogalan.org/2010/biografia.pdf · par publicacións de Ramón Cabanillas, Ángel del Cas-tillo, Ricardo Carballo Calero, Couceiro

BIOGRAFÍA UXÍO NOVONEYRA 12

A creación do Grupo Brais Pinto prodúcese en Madrida finais dos anos cincuenta. É un grupo formado porgalegos de tendencia esquerdista e de moi diferentesituación profesional. Organizaban tertulias, activida-des culturais e mesmo chegaron a editar unha colec-ción de poesía. Este traballo cultural desembocou, noano 1963, na creación por parte dalgúns membros deBrais Pinto, dun partido nacionalista galego, a Unióndo Pobo Galego (UPG).Outros membros preferiron actualizar os contidos dovello Partido Galeguista e celebraron reunións clan-destinas en diferentes vilas galegas co aquel de crearunha nova forza política, xorde así o Consello da Mo-cedade que, froito das súas desavenencias internas,desapareceu no ano 1964.

Durante os anos que está en Madrid, de 1962 ao 1965,escribe unha serie poética que leva por título «Elegíasde Madrid». Estas poesías serán publicadas nunha ver-sión bilingüe galego-castelán, pola editorial Adonaisda capital de España xunto coas series de poemas«Primera verdad y tiempo con nombres» e «Elegíasdel Caurel».En 1966 volta de novo ao Courel pola enfermidadedos seus pais e xa se quedará definitivamente en Ga-licia. Uns anos despois falece seu pai, en 1971, e dousanos despois súa nai.

O GRUPO BRAIS PINTO

Lendo Arquivo Novoneyra

Page 13: BIOGRAFÍA UXÍO NOVONEYRA 1 - seminariogalan.orgseminariogalan.org/2010/biografia.pdf · par publicacións de Ramón Cabanillas, Ángel del Cas-tillo, Ricardo Carballo Calero, Couceiro

BIOGRAFÍA UXÍO NOVONEYRA 13

Da súa unión con Elva Rei, á que coñece en Lugodespois da súa volta de Madrid e coa que casaráen 1973, terá tres fillos: Branca-Petra, Uxío e Artu-ro. Nesta época da súa vida alternará a súa resi-dencia entre Lugo e O Courel, así ata o ano 1983no que se establecerá definitivamante en Santiagode Compostela.A súa estadía no Courel permítelle recompilar no-vos poemas do ciclo courelán posteriores á publi-cación do seu primeiro libro «Os eidos». Estes no-vos poemas agruparaos baixo o título «Os eidos2» e serán publicados no ano 1974.O libro está adicado aos seus pais e á poetisa noie-sa afincada no Courel, María Mariño e con ilustra-cións do pintor Laxeiro. Aínda que algúns dos poe-mas, os máis recentes, teñen un acentuado signopolítico, o libro ten un subtítulo que define perfec-tamente a inspiracións dos versos que o compo-ñen: «Libro de Olladas».«Os eidos 2» está dividido en seis partes ben dife-renciadas: «Serra aberta», «Follas de cantigas»,«Diario de enfermo», «Don do silencio», «Letaníade Galicia e outros poemas» e «O Laxeiro, pintordunha Galicia».

DA cama á solaina.DA solaina á cama.Teso de Pinzasempre didiante!

As noites i os días.Os días e as noites.E ún xa non sabecando foi onte...

GALICIA da dor chora á forzaGALICIA da tristura triste á forzaGALICIA do silencio calada á forzaGALICIA da fame emigrante á forzaGALICIA vendada cega á forzaGALICIA tapeada xorda á forzaGALICIA atrelada queda á forza

Nesta época, de claro compromiso político e cidadán,traduce ao galego poemas do político chinés Mao Ze-dong, poemas que aparecen publicados no xornal «ElProgreso» de LugoNo número un dos «Cadernos da Gadaña», o seu se-guinte libro, aparecen publicados os seus «Poemas

No tellado da casa familiarArquivo Novoneyra

Na casa de Cuña NovásArquivo Novoneyra

Page 14: BIOGRAFÍA UXÍO NOVONEYRA 1 - seminariogalan.orgseminariogalan.org/2010/biografia.pdf · par publicacións de Ramón Cabanillas, Ángel del Cas-tillo, Ricardo Carballo Calero, Couceiro

BIOGRAFÍA UXÍO NOVONEYRA 14

Caligráficos», editados por Brais Pin-to, en Madrid, no ano 1979. A publi-cación, co limiar de Reimundo Pati-ño, «Signos no vento, signos no tem-po» e deseño de Xosé Manuel Perei-ro, inclúe un álbum fotográfico de Uxíoe Elva no Courel, así como unha apor-tación gráfica do propio Patiño.Os poemas están divididos en dousgrandes núcleos, «Vietnam canto» e«Poemas Caligráficos». No primeiro,escrito no ano 1968, Uxío expresa oseu desexo da liberación do Vietnam,equiparando esa ansía de liberdadeá que el ten pola liberación de Gali-cia.

CUMES CUMES CUMES CUMESCOM´ESTES ECOENUNHA VEZ POR CADA MORTE

VIETNAMMMMMMMMMMMMMVIETNAMMMMMVIETNMMMMMMMMMMMMMVIETNAMMMMMMMMMMMMM

metan na casa a verba na cociña na mesa na cama xa estáe calar calarcalaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaarhastr´o berro que te acusa USAUSAUSAUSAUSAUSA

A comezos dos oitenta Uxío recompila e depura todao súa obra referida ao Courel. Así, en 1981, Xeraisedita «Os eidos. Libro do Courel». Esta obra será ree-ditada durante varios anos e ampliadana edición de 1985, co mesmo título emesma editorial.Nestas novas obras figurarán varias an-toloxías de comentarios críticos, retratosdo poeta realizados por Maside, Gran-dío, Laxeiro...ilustracións de Lourés, Ma-side, Portocarrero; a partitura de ManuelBalboa musicando o poema «Pasan pa-san as nebras» así como un glosario eun caligrama do autor.A súa residencia definitiva en Santiagocoincide coa presidencia da Asociaciónde Escritores en Lingua Galega, cargopara o que é elixido no ano 1982 e queexercerá ata a súa morte, no ano 1999.

Arranxando o tellado na súa casa do CourelArquivo Novoneyra

Lendo un pregónArquivo Novoneyra

Page 15: BIOGRAFÍA UXÍO NOVONEYRA 1 - seminariogalan.orgseminariogalan.org/2010/biografia.pdf · par publicacións de Ramón Cabanillas, Ángel del Cas-tillo, Ricardo Carballo Calero, Couceiro

BIOGRAFÍA UXÍO NOVONEYRA 15

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG)foi fundada no ano 1980 e a ela pertenceron escrito-res como Ánxel Fole, Rafael Dieste, Álvaro Cunquei-ro, Manuel María...O principal obxectivo da AELG é o de promocionar aescritores e escritoras que usan o noso idioma nassúas obras ao tempo que pretende dignificar o seutraballo. Esta asociación participa nos encontrosanuais que baixo a denominación de GALEUSCA, re-úne escritores en euskera, catalán e galego.

En 1986 compila os seus poemas eróticos e amoro-sos no volume «Muller pra lonxe», editado pola Depu-tación de Lugo e que é o número un dunha nova co-lección que Uxío bautiza como «Gran Lugo de nebra».Estes poemas están ilustrados polo pintor Carlos Par-do Teijeiro e prologados por Claudio Rodríguez Fer.Dous anos máis tarde, en 1988, en Barcelona, e da

A ASOCIACIÓN DE ESCRITORES

Uxío Novoneyra, 1996Arquivo Novoneyra

Page 16: BIOGRAFÍA UXÍO NOVONEYRA 1 - seminariogalan.orgseminariogalan.org/2010/biografia.pdf · par publicacións de Ramón Cabanillas, Ángel del Cas-tillo, Ricardo Carballo Calero, Couceiro

BIOGRAFÍA UXÍO NOVONEYRA 16

man de Sotelo Branco, sae á luz unha novaantoloxía, «Do Courel a Compostela», que re-colle as súas poesías de carácter político. O li-bro pertence á colección «Vento que zoa» e estáilustrado con caligrafías de Uxío así como re-tratos deste realizados por Laxeiro, Lorente eMaside, fotografías de García Cabezón e tex-tos críticos de Rábade Paredes, Luís Seoane,Herminio Barreiro, Ferrín, Xulio Valcárce e Ro-dríguez Fer.Neste mesmo ano edítase unha nova recompi-lación dos seus versos do ciclo courelán. Estaobra bilingüe, galego-euskera, leva por título«Basterrak/Os eidos I e II» e foi editada en Pam-plona pola editorial Pamiela, con prólogo dopoeta donostiarra Koldo Izaguirre.A principios dos noventa aparece unha novaversión de «Os eidos», baixo a supervisión deRodríguez Fer e Carmen Blanco. A obra é edi-tada por Xerais e como novidade aparece unnovo poema «O monte Cido», que fora escritono ano 1985.

CIDO de castro e cousocova e covallotaro e ciñal!

Pontón de Valouro!Pontón de Noval!

Fonte de Lameirano medio do Real!

Deloutro lado do río secorestos do camiño vellocon tránsito d´outra edá.

Os primeiros anos da década dos noventa Uxío introdú-cese no mundo da narrativa infantil coa publicación dedous contos: «O cubil do xabarín» e «Gorgorín e Cabe-zón». Estes dous volumes están ilustrados por QuintanaMartelo e Vázquez e foron editados pola editorial Edelvi-ves, de Zaragoza.Estes dous contos están ambientados no Courel e prota-gonizados por rapaces, princesas e animais. A linguaxeque utiliza neles contén moitos xiros e palabras propiasdo seu universo courelán.En 1994 reaparece como poeta cunha serie de poemasinéditos agrupados baixo o título «Poemas da doada cer-teza i este brillo premido entre as pálpebras», editado

Uxío NovoneyraArquivo Novoneyra

Page 17: BIOGRAFÍA UXÍO NOVONEYRA 1 - seminariogalan.orgseminariogalan.org/2010/biografia.pdf · par publicacións de Ramón Cabanillas, Ángel del Cas-tillo, Ricardo Carballo Calero, Couceiro

BIOGRAFÍA UXÍO NOVONEYRA 17

por Espiral Maior. Este poemario está ilustrado por gra-vados de Carlos Crego e caligrafías do propio poeta, asícomo un cadro de Reimundo Patiño e fotografías doCourel de Federico García Cabezón.

ASTURCÓN de ferrotuvéche-la máis xentil auriga e crinaouro que nin no máis limpo outono viran os soutos.

Seguíche-la rota de carros e cabaloscando eran pais e abós os últimos labregosaboas e mais as últimas fiadeirasque xa esqueceran o ano do último liño.

Neses anos tamén aparece un novo poemario editadopolo Concello de Santiago, «Camelio xaponés», en edi-ción bilingüe galego-xaponés. Nesta edición Uxío tradu-ce ao galego sete poemas xaponeses de Ayako Sugitanie esta traduce ao xaponés tres poemas do poeta galego.O concello de Betanzos edita, en 1997, novos poemascaligráficos de Uxío recollidos nunha publicación «Poe-mas dos Caneiros», cun limiar de Xulio Cuns e gravadosde Xesús Núñez.

Mandeo inorde ao son da noite! As ondas do río devalaban lenes levando as barcas soltas pró infindo do mar i a noite. Sobor das barcas: as mulleres! o viño! as viandas!

Un novo libro, «Ilda, o lobo, o corzo e o xabarin», com-pleta a súa triloxía de literatura infantil. A obra está ilus-trada por Manuel Uhía e editada, como as anteriores,pola editorial Edelvives.O mesmo ano da súa morte edítase«Onde só queda alguén para aguan-tar os nomes» en colaboración conEmilio Araúxo e fotografías de Fede-rico García Cabezón e «Dos soñosteimosos», un libro de conversas conEmilio Araúxo.Un trinta de outubro de mil novecen-tos noventa e nove morre Uxío No-voneyra na cidade de Compostela eé enterrado na de Lugo.Baixo o patrocinio da Xunta de Gali-cia aparece nese mesmo ano a súaobra póstuma «Arrodeos e desvíosdo Camiño de Santiago e outras ro-tas», con fotografías de García Ca-bezón e poemas gráficos do propiopoeta. Neste volume recóllense poe-

Congreso de Poesía en Vilagarcía Arquivo Saleta Goy

Page 18: BIOGRAFÍA UXÍO NOVONEYRA 1 - seminariogalan.orgseminariogalan.org/2010/biografia.pdf · par publicacións de Ramón Cabanillas, Ángel del Cas-tillo, Ricardo Carballo Calero, Couceiro

BIOGRAFÍA UXÍO NOVONEYRA 18

mas, aos que se refería como Libro de Ro-tas/Ámeto Mítico, elaborados por Uxío entre1992 e 1996 e publicados en diferentes me-dios de comunicación, coma estes que apa-receron en 1997 no Correo Galego baixo otítulo de «Lendas de a cavalo» e con dúasilustracións de Oliveira.

LENDA DE ALFONSO II

ERAN seis os cavaleirosseis os cavaleiros seisos pares entre primeirosos que cambean os reis.

De Mogoxe a Sobredopor Mercurín a Secedae pola rota segredapara as Asturias de Oviedo.

Eran seis os cavaleirosseis os cavaleiros seisos pares entre primeirosos que cambean os reis.

Posto en morada escondidaen terra tan arredada¿cómo a súa estada?¿cándo a súa partida?

Sen escolta n-escudeirospolo Courel sól-os seis.

Con Uxío Novoneyra desapare-ceu un poeta comprometido coasúa terra e coa súa xente, autordunha poesía que foi evolucio-nando cos tempos e voz da con-ciencia nacional galega nos anosescuros da nosa historia.

Con Manuel María, en Santiago, 1998Arquivo Saleta Goy

Na homenaxe nacional que lle tributou a ASPG en Compostela en1999 Arquivo Saleta Goy

Page 19: BIOGRAFÍA UXÍO NOVONEYRA 1 - seminariogalan.orgseminariogalan.org/2010/biografia.pdf · par publicacións de Ramón Cabanillas, Ángel del Cas-tillo, Ricardo Carballo Calero, Couceiro

BIOGRAFÍA UXÍO NOVONEYRA 19

BIOBIBLIOGRAFÍA

Nace un 19 de xaneiro en Parada de Moreda, aldea do Courel (Lugo).

Trasládase á cidade de Lugo para estudar o bacharelato. Coñece ao poeta

Manuel María.

Matricúlase na Universidade Complutense de Madrid para seguir os estudios

de Filosofía e Letras. Publica os seus primeiros poemas, en castelán, na re-

vista «Bengala».

Volta a Galicia a facer o servizo militar. Toma conciencia galeguista despois

de coñecer a Maside, Piñeiro, Otero Pedrayo... Convalece no Courel dunha

pleuresía e comeza a escribir en galego.

A editorial Galaxia publica o seu primeiro libro de poemas «Os eidos», escrito

durante a súa convalecencia no Courel.

Trasládase de novo a Madrid e traballa na radio e na televisión en programas

relacionados coa poesía. Relaciónase con membros do grupo Brais Pinto.

Imprímese en versión bilingüe «Elexías do Courel e outros poemas». Volta de

novo ao Courel por mor da enfermidade dos seus pais.

Coñece a Elva Rei coa que casa e ten tres fillos: Branca-Petra, Uxío e Arturo.

Publica baixo o título «Os eidos 2» os poemas escritos entre 1954 e 1957. A

obra está ilustrada por Laxeiro.

Publica «Poemas caligráficos» e traduce textos de Mao Zedong.

Establécese definitivamente en Compostela e exerce a presidencia da Aso-

ciación de Escritores en Lingua Galega ata a súa morte en 1999.

Publícase en edición bilingüe galego-euskera unha recompilación de todos os

seus poemas coureláns, baixo o título «Bazterrak / Os eidos I e II».

Publícase o seu primeiro libro de literatura infantil «O cubil do xabarín».

Edítase o seu segundo libro infantil «Gorgorín e Cabezón».

Aparece «Poemas da doada certeza i Este brillo premido entre as pálpebras»,

con gravados de Carlos Crego e fotografías de Francisco García Cabezón.

O concello de Betanzos edita «Poemas dos Caneiros», con limiar de Xulio

Cuns e gravados de Xesús Núñez.

Publica o seu terceiro libro de contos «Ilda, o lobo, o corzo e o xabarín»

Morre un 30 de outubro na cidade de Santiago. É enterrado en Lugo. Publíca-

se o seu libro póstumo «Arrodeos e desvíos do Camiño de Santiago e outras

rotas», con poemas caligráficos e fotografías de Federico García Cabezón.

1930

1945

1949

1952

1955

1962

1966

1968

1974

1979

1983

1988

1991

1992

1994

1997

1998

1999