16
O Aguillón AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE A BAÑA BOLETÍN DE INFORMACIÓN MUNICIPAL • MAIO 2007 • 2ª ETAPA - Nº 37 CARTA DO PRESIDENTE DO GOBERNO INCLÚE PROGRAMA PSOE ELECCIÓNS 2007 A Baña necesita o cambio VOTA ENRIQUE VÁZQUEZ A Baña necesita o cambio VOTA ENRIQUE VÁZQUEZ

AGUILLON Nº 37

Embed Size (px)

DESCRIPTION

BOLETIN DE INFORMACION MUNICIPAL - AGRUPACION SOCIALISTA DE A BAÑA (A CORUÑA)

Citation preview

Page 1: AGUILLON Nº 37

O Aguillón

AGRUPACIÓNSOCIALISTA DE A BAÑA

BOLETÍN DE INFORMACIÓN MUNICIPAL • MAIO 2007 • 2ª ETAPA - Nº 37

➡ CARTA DO PRESIDENTE

DO GOBERNO

➡ INCLÚE PROGRAMA PSOE

ELECCIÓNS 2007

A Baña necesita o cambioVOTA ENRIQUE VÁZQUEZA Baña necesita o cambioVOTA ENRIQUE VÁZQUEZ

Page 2: AGUILLON Nº 37

O Aguillón

2

O PSdeG-PSOE de A BAÑA concorre a estaseleccións municipais cun programa que pretenderelanzar a economía do noso concello e apostarpolo asentamento da poboación, sen descoidar apolítica social.

Queremos gobernar doutro xeito, cun concelloaberto ós veciños.

O diálogo, a democracia real e a participaciónserán a nosa forma de facelo. Queremos que o nosprograma sexa un contrato, un compromiso firmecos veciños. Para cumprilo contamos co apoiodecidido do noso partido, tanto a nivel autonómi-co como estatal. José Luis Rodríguez Zapatero eEmilio Pérez Touriño contribuirán cos fondospúblicos a sacar á Baña da súa actual situación deesquecemento, abandono e subdesenvolvemento.

A nosa candidatura está composta por traballa-dores e traballadoras, persoas cualificadas e prepa-radas que non necesitan dos cartos do concellopara vivir, e que se presentan a estas eleccións conmoita ilusión e para servir A Baña, non para ser-virse dela.

Os socialistas pretendemos a transformacióntotal do modo de xestionar o noso concello. Oscartos públicos, que son de todos, serán xestiona-dos non para o beneficio duns poucos, senón detodos os veciños. Os socialistas comprometémo-nos públicamente a manter sempre un trato iguali-tario entre todos os veciños.

A Baña é o concello máis pobre da provinciada Coruña e o quinto co nivel de ingresos máisbaixo de toda Galicia. NECESITAMOS UNCAMBIO. Todos os indicadores demostran que onosos concello leva 12 anos camiñando cara atrás.

Nós estamos demostrando que somos diferen-tes, que temos unha nova forma de gobernar enbenficio de todos os veciños. Demostraremos queaínda estamos a tempo de loitar polo CAMBIO.

Para lograr isto necesitamos a túa confianza eo teu apoio, por iso pedímosche que non faltes avotar o día 27 de maio, porque o teu voto é moiimportante para A Baña.

ENRIQUE VÁZQUEZ NAVEIRACandidato á alcaldía de A Baña

E D I T O R I A L

Page 3: AGUILLON Nº 37

O Aguillón

3

XOSÉ RAMÓN IGLESIAS VIGOSecretario Xeral de Xuventudes Socialistas de A Baña e nª 8 na candidatura socialista

Xosé Ramón naceu hai 26 anos na parroquia de Lañas. Desde moi novo participa en moitas inicia-tivas sociais do noso concello. Forma parte da Xunta directiva da asociación xuvenil “Os Viñigo-dos”, xoga de porteiro na SD A Baña e adestra aos xogadores xuvenís do A.D. Nicrariense. Cur-sou estudos de administrativo no IES de Santa Comba e hai tres meses foi escollido por unanimi-dade como Secretario xeral de Xuventudes Socalistas de A Baña.

¿Porque unha persoa nova como ti sinte inquedanzaspolíticas?

Penso que toda persoa debería ter inquedanzas de mello-rar o seu entorno de vida, teña a idade que teña. Debemostentar de mellorar as cousas e facer a nosa vida e a dosdemáis moito máis levadeira. Eu sempre tiven gañas de tra-ballar para mellorar as cousas e desde que se me plantexoua posibiliadde de incluírme na lista do PSdeG-PSOE paraestas vindeiras municipais non o dubidei e accedín.

¿Como ve a situación da mocidade en A Baña?Bueno, desde hai doce anos o retroceso en liñas xerais

do noso concello foi impresionante, por iso somos o conce-llo máis pobre da Coruña. Retrocedimos en todos os aspec-tos, social, cultural, deportivo,... Centrándonos no tema damocidade, decir que temos unha canteira moi boa, de xentemoza moi preparada e comprometida, pero sen ningunhaaxuda nin apoio desde o concello, non é que haxa poucascousas e que non hai nada. Hai máis dunha década os mozosde A Baña tiñamos un Torneo de Futbol Sala por parroquias,

celebrábamos anualmente a Festa da Mocidade con festatodo o día concurso de carrilanas, actuacións,... tiñamos unconcurso literario, o grupo de teatro “Berenguela”, os “Cam-pamentos Val de Barcala” que despois duns 40 anos, o grupoactual no goberno se cargou dun plumazo e será unha dasprimeiras medidas que tomemos ao chegar ao goberno daBaña, recuper os campamentos. Por isto creo que a mocida-de está totalmente abandonada en A Baña.

¿Como ve o futuro de A Baña?Creo que temos un futuro moi prometedor unha vez que

logremos cambiar este goberno de atraso e despilfarro quelevamos padecendo desde hai tres lexislaturas. A Baña é unconcello rico en agricultura e gandeiría, é un concello dexente moi traballadora.

Penso que cun goberno socialista forte a Baña comenza-rá a rexurdir do estancamento no que se encontra. Coamellora das comunicacións que está a realizar a Xunta deGalicia, situaremos a nosa Baña no mapa e poderemoscomenzar a traballar desde cero.

AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE A BAÑA

AF Í L IATECASA DO POBOPlaza do Concello - San [email protected]. 981 886 833HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO: 09.00-14.00 H. LUNS A VENRES

“Unha das primeiras medidas que tomaremos como gobernoserá recuperar os Campamentos Val de Barcala”

Page 4: AGUILLON Nº 37

O Aguillón

4

José Oreiro naceu en Negreira, onde reside ata os 28anos. Os seus pais foron os propietarios dun restaurante demoito prestixio nesta localidade: o Gran Vía. O seu primei-ro emprego foi en Caixa Galicia, permanecendo nesta enti-dade durante dezasete anos e exercendo durante dez comoDirector Comercial. Marchou desta entidade para incorpo-rarse a actividade empresarial e colaborar cos seus pais nosnegocios de hostelería.

Na actualidade exerce como empresario en Santiago deCompostela desenvolvendo e participando en diversasempresas entre as que podemos destacar: Grupo Internacio-nal de Viaxes Viloria, con seis sucursais e con presenza nacapital do Estado; Compostur, maiorista de viaxes; Rent aCar en Canarias; Hoteles Encantados, empresa dedicada aomundo do hospedaxe con Central de Reservas propia; Con-sulting empresarial con sede en Tánxer-Marruecos; Gesti-nor, Estación de Servicio de A Baña e participa en diversassociedades como accionista en distintos sectores empresa-riais. É presidente da Asociación de Comerciantes deSantiago “ACOTÉS” e presidente da Asociación de Axen-cias de Viaxes de Galicia “AGAVI”.

¿Cal é a súa relación empresarial coa Baña?A miña relación coa Baña, como moita xente sabe, é que

son o propietario da Estación de Servicio maiorista/minoristasituada na entrada de San Vicente dende fai máis de dez anos.

Desde o punto de vista empresarial ¿como valora asituación do Concello de A Baña?

MOI PREOCUPANTE. A súa actividade e prácticamen-te nula e ademáis A Baña está absorbida polos concellosde Santa Comba e Negreira. Hoxe por hoxe é imposible

pensar nun crecemento, posto que debe de ser un dos pou-quísimos concellos de Galicia que non ten terreo industrial,e ás probas remítome, coa tan levada e traída empresa URO-VESA que podería ser o comezo dunha nova etapa para anosa comarca coa creación de máis de cincuenta postos detraballo directos e cerca de cen indirectos, pero por desgra-za de novo non se estivo a altura das circunstancias.

¿É certo que vostede tomou parte activa na posibleinstalción de UROVESA no noso concello?

Sí, é verdade. Solicitarón a miña colaboración diversaspersoas, pero de maneira moi especial Enrique Vázquez, ecreame que traballei coa maior ilusión e esforzo dedicándo-lle moitos días para que fose posible a instalación de URO-VESA na Baña e conseguir o obxectivo que tiñamos marca-do, pero por desgraza, os resultados non foron os esperadose desexados. Pola miña parte tamén quero deixar moi claroque a min como empresario a instalación da referida empre-sa favorecíame.

¿Pode dicirnos que xestións realizou e con quen?

Non teño ningún inconvinte. Coa Xunta de Galicia e copropietario dos terreos, e en ámbolos dous casos as xestiónsforon fructíferas. Quero deixar moi claro que o propietarioda nave, co cal me reunín en varioas ocasións, vendía evende a finca con un prezo de mercado moi bo e ademáisdaba dous anos para pagala. Tamén teño que dicir que faleien varias ocasións con un dos principias accionistas deUROVESA, o Sr Sierra, e o seu dexeso e gañas por insta-larse en A Baña eran firmes.

Entón na sua opinión cales foron as causas polas queUROVESA non se instala definitivamente en A Baña?

Sinceramente creo que ten que haber moi poucas perso-as en todo o Concello de A Baña que non saiban a razónprincipal, pero de todas maneiras volvo a repetilo: OSTERREOS DA EIROA NOS QUE ESTA SITUADA ANAVE SON RÚSTICOS E É PRECISO QUE SEXANINDUSTRIAIS. O lamentable e penoso é que coa naveconstruída, creo que fai máis de quince anos, nestes terreoso concello non solucionase o asunto que entendo debia deser un tema prioritario da actual corporación municipal, xaque no caso contrario, voltamos o que lle dicía o principio.En calquera momento A Baña pasará a ser un anexo ouparroquia comercial e industrial de Negreira e Santa Comba.Espero, desexo e confío que despois de todo o sucedido ospolíticos tomen boa nota para cumprir cos seus deberes eobrigas, que para iso están e tamén para iso pagamos osnosos impostos.

TODA A VERDADE SOBRE O CASO UROVESAENTREVISTA CON D. JOSÉ OREIRO

PROPIETARIO DA ESTACION DE SERVICIO GESTINOR DE SAN VICENTE

“Os terreos da nave onde está Buroga son rústicos e non se pode construír ningunha fábrica”

José Oreiro e o Rector da Universidade de Santiago

Page 5: AGUILLON Nº 37

O Aguillón

5

M.ª PILAR LEMA SILVAPresidenta da ONG “A Baña Solidaria” e n.º 7 da candidatura socialista

Naceu hai 42 anos da parroquia de San Mamede de Monte e na actualidade traballa de xardinei-ra. Está casada e ten dous fillos. Desde hai dous anos ostenta a presidencia da ONG “A Baña Soli-daria”. Representa a candidatura do Partido Socialista nas vindeiras eleccións municipais noposto numero sete.

¿Como valora o traballo da ONG “A Baña Solida-ria” desde que vostede e a presidenta?

Debo dicir que estou contenta e moi satisfeita do tra-ballo realizado o longo destes dous anos. Fixemos activi-dades para maiores, mulleres, nenos ... pero do que máiscontenta estou e do traballo cos inmigrantes, xa que nondebemos esquecer que estamos a recibir poboación dou-tros paises e debemos de tratalos de maneira correcta eintegradora.

“O CONCELLO DE A BAÑANECESITA UN CAMBIO PROFUNDO”

Desde hai oito meses a ONG que preside traballano Plan Sociocomunitario xunto con otroas tres aso-ciacións ¿Como valora este traballo?

O Plan Sociocomunitario naceu no mes de outubro do2006, cando catro asociación de A Baña decidimos unir asnosas forzas e fundar este Plan. Contamos cunha subven-ción da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia quenos permite sufragar os soldos de once traballadores, con-tratamos a tres auxiliares de axuda a domicilio, tres ani-madoras socioculturais, duas administrativas, un fisiote-rapeuta, unha avogada e unha traballadora social. Co tra-ballo destas profesionais cubrimos tres grandes ámbitosde actuación: Benestar Social, co traballo de axuda a per-soas maiores e a persoas con minusvalías, tramitación desubvencións, asesoría en temas sociais e servicio de fisio-

terapia para persoas con reducción de mobilidade.Taméne moi impotante para nos promover actividades de lecer etempo libre onde se realizan actividades de todo tipocomo poden ser cursos de manualidades, de informatica,de baile, excursións, cursos de español e galego para osinmigrantes, proxección de películas nas parroquias, etcTamén tratamos de antender todas aquelas dubidas xuri-dicas que teñen os nosos veciños e para elo contamos coaavogada do Plan Sociocomunitario.

A verdade e que estou moi orgullosa de formar partedeste proxecto.

¿Por que accedeu a formar parte da candidaturasocialista para as vindeiras municipais?

Nun primeiro momento dubidei na posibilidade queme plantexaron os compañeiros do PSOE, pero despoisde recapacitalo e co apoio dos meus familiares decidínforma parte da candidatura. Penso que A Baña necesita un“cambio profundo” xa que levamos doce anos afundín-donos e afundíndonos. A Baña precisa de xente nova econ gañas de facer cousas, xente con enerxías renovadasque sinta o concello como seu. Traballarei para conseguircousas para a miña parroquia xa que Monte esta total-mente abandonada.

Creo sinceramente que o PSOE da Baña cumpretodas estas caranterísticas, por iso penso que o vindeiro27 de maio haberá un novo goberno no noso concello,cun novo alcalde que denfende os intereses de todos osbañeses.

ENTRA EN INTERNET:

www.omellorparaabaña.com

Descarga o video de campaña da candidatura socialista

Page 6: AGUILLON Nº 37

O pasado 3 de maio na sede da Agrupación Socia-lista de A Baña tivo lugar a presentación da Candidatu-ra que presenta o PSOE nestas eleccións municipais.Con máis de douscentos asistentes e moita animaciónpresentouse o video de campaña e aos candidatos aconcelleiros e alcalde. O acto foi presentado por AnaParamos Cebey, número 3 da candidatura e participa-ron nel o Conselleiro de Traballo, Ricardo Varela queafirmou “Enrique, non me cabe dúbida que serás o pró-

ximo alcalde de A Baña e a Xunta de Galicia estarápara botarche unha man e sacar a Baña do estancamen-to dos últimos anos” e Enrique Vázquez Naveira, can-didato á alcaldía de A Baña que dixo “ a partir do 27 demaio, A Baña empezará a progresar ata situala onde semerece co apoio de Touriño, Moreda e Zapatero ” Órematala presentación tódolos asistentes foron convi-dados polo candidato á alcaldía á degustación dunspinchos acompañados duns viños galegos.

O Aguillón

6

Máis dun millar de persoas déronse cita entre osdías 13 e 14 de abril na explanada do Castro en SanVicente para celebrar á 1º Festaza.

O día 13 actuaron as orquestras Los Españoles eCapitol e os grupos de rock Rockin´13 e Marmota Phil.Fixo unha noite marabillosa, onde a xente participoude maneira moi animosa da verbena ata altas horas damadrugada. O día 14 celebrouse un xantar popular coaasistencia de 320 comensais. A sobremesa foi ameniza-

da polo grupo de gaitas Xaramago de Oleiros e o dúoCrisol de Compostela. Tamén se fixeron obradoiros demaquillaxe e fabricación de chapas para os máispequenos e precedeuse ao sorteo dun carneiro entre osasistentes.

A Festaza foi organizada polo Plan Sociocomunita-rio coa colaboración das Xuventudes Socialistas de ABaña, que non dubidan en repetila e mellorala para ovindeiro ano debido o seu grande éxito.

Gran éxito de público na I Festaza celebrada en A Baña

Presentación ó públicoda candidatura socialistade A Baña

Page 7: AGUILLON Nº 37

O Aguillón

7

URBANISMO

- Modificar o Plan Xeral actual coa participaciónde todos os veciños, facilitando a construcción denovas vivendas.

- Reforzar a área de urbanismo, con persoal paraatender diariamente ós veciños e agilizar os trámitesurbanísticos.

- Garantir a igualdade de trato entre tódos osveciños.

- Mellora do alumeado público.

- Saneamento en todas as parroquias.

- Estudiaremola forma de solucionalo problemadas traidas de augas nos lugares con mais dificulta-des.

- Cambiar a calificación do solo na zona daEiroa, de rústico a industrial, para poder construír oPoligono Insustrial, Cormercial e de Servizos eimplantar empresas no noso Concello

- Rematada a estrada Negreira-San Vicente-Fail-de, promoveremos a construción dunha estrada inter-na que comunique o noso municipio dun extremo aoutro, para potenciar as comunicacións das parro-quias mais alonxadas coa capital do Concello.

- Dotaremos de liñas de autobuses a nova estra-da Santa Comba-San Vicente-Negreira-Santiago,cun mínimo de un autobus cada duas horas.

PARTICIPACIÓN VECIÑAL

- Apostar pola proteccíon civil desde o concello.

- Estimulo do voluntariado e da participacióncidadá na protección civil.

- Crear o “Consello de participación veciñal”,onde todas as parroquias, por consenso veciñal, con-

sensuarán as obras se farán na súa parroquia. Reu-nirase unha vez ao ano como mínimo.

UN CONCELLO EMPRENDEDOR,XERADOR DE EMPREGO

- Esixencia de estradas que permitan o crecemen-to económico.

- Arranxo de estradas locais, pistas e cunetas.

- Creación do Polígono Industrial da Eiroa en SanVicente.

- Creación dun viveiro de empresas.

- Formación Profesional Ocupacional axeitada ásposibilidades reais de emprego.

- Servizo de información e asesoramento técnicopara tódos os trámites de creación de empresas edas subvencións existentes.

UN CONCELLO QUE POÑA EN VALOR OBENESTAR SOCIAL E A EDUCACIÓN

- Impulsar a axeitada cobertura no fogar ás per-soas dependentes e ás familias que se ocupen delas.

- Solicitude dun heliporto para as urxencias mé -dicas.

- Programas preventivos e de promoción dasaúde.

- Ampliación do Plan Sociocomunitario con novostraballadores e novos sevizos para o cidadán.

- Impulsar o Colexio Público e traballar de manei-ra decidida coa APA do colexio.

-Solucionarémos o problema do transporte parao instituto.

P R O G R A M A

As principais liñas do noso programa son:

Page 8: AGUILLON Nº 37

O Aguillón

8

UN CONCELLO PARA AS FAMILIAS, PARAOS NOSOS MAIORES E PARA OS NENOS

- Ampliación das subvencións para adquisiciónde material escolar e becas de estudo.

- Adaptar todos os parques infantís á normativavixente, con peches axeitados e renovación de equi-pamentos.

- Oferta permanente de actividades culturais,deportivas, de ocio e de espectáculos.

- Incremento do Servizo de Axuda no Fogar paraa poboación dependente

- Revitalizar o Servizo de teleasistencia domicilia-ria e crear o de gardería municipal e fisioterapia.

- Apertura dunha residencia pública para a Ter-ceira Idade.

OS MOZOS, PROTAGONISTAS DOCAMBIO

- Fomentar a creación de emprego para osmozos, especialmente no sector das novas tecnoloxí-as, no sector turístico e medioambiental así como nosservizos da vida cotiá.

- Faremos chegar a banda ampla de internet atodas as parroquias, ó igual que a Television DixitalTerrestre, para que todos os veciños da Baña poidandesfrutar dunha televisión e unha cobertura de inter-net de calidade.

- Plans de autoemprego específicos para a zonarural, con especial atención ás mulleres mozas

- Fomento da participación dos mozos paraapoiar e impulsar as actividades dirixidas a eles.Financiaremos actividades organizadas por asocia-cións en base a convenios de colaboración.

A CULTURA E O DEPORTE

- Recuperación do grupo de teatro “Berenguela”e os tradicionais campamentos “Val de Barcala”.

- Potenciación das actividades musicais, conespecial atención á Banda de Música Municipal.

- Promoción de actividades deportivas e apoio ódeporte de base.

- Creación dun campo novo de herba artificial

- Arranxo da Piscina Municipal e creación dunhacuberta e climatizada.

- Creación dunha Aula de Idiomas Municipal.

- Actividades extraescolares e de apoio ó estudo.

- Formación permanente en informática e inglés

- Apertura da Casa da Cultura e Biblioteca ossábados e festivos.

- Organización de actividades de ocio en todasas parroquias.

- Potenciación do coñecemento do noso concellodentro e fóra da Baña

-Restauración de lugares de interese cultural emedioambiental, para convertilos en puntos de atrac-ción turística.

AGRICULTURA E GANDEIRÍA

- Implantación dun sistema voluntario e gratuítoinformático para a análise e control da calidade doleite.

- Asistencia veterinaria.

- Cursos de formación para traballadores agra-rios.

- Facilitar os trámites municipais para a legaliza-ción dos establos existentes e apoiar todas as xes-tións a realizar ante a Xunta de Galicia.

- Creación de depósitos de auga en tódalas asparroquias para recollida de auga e lavado de cis-ternas.

- Creación dunha oficina de información paratodos os traballadores do campo.

-Dotaremos de mais contenedores de basura asparroquias, aumentaremolos dias de recollida delixo e poñeremos mais contenedores de vidro, papele plástico.

-Crearemos un programa de voluntariado queconxuntamente ca brigada municipal manterá limpoo Concello, en especial os nosos rios.

Page 9: AGUILLON Nº 37

O Aguillón

9

RÉXIME INTERIOR E FACENDA

- Crearase un réxime interno de funcionamentodo concello, para que todos os traballadores coñe-zan os seus deberes, as súas obrigas, as súas fun-cións,....

- Fomento do emprego publico: sistemas de selec-ción transparentes do persoal municipal.

- Rexeitamento da privatización de servizos públi-cos. As obras e servizos municipais realizaranse porpersoal municipal, co conseguinte aforro de cartospara o concello. As obras de limpeza, asfaltados ehormigonados seran feitas pola BRIGADA MUNICI-PAL con maquinaria mercada polo Concello. Esto per-mitirá un gran aforro, creacion de emprego e maiornúmero de obras.

- Politica de austeridade e contención de gastossupérfluos (comidas e viaxes de políticos, soldosencubertos a concelleiros e alcalde,... ) que evitará ocontinuo incremento de impostos municipais.

- Regulamento do uso de vehículos e maquinariado concello.

- Acabaremos coa política de facer obras a par-ticulares e amigos do alcalde con cartos públicos acambio de nada. Os cartos públicos son de todos edeben fiscalizarse con seriedade.

- Estableceremos convenios de colaboración, conaportacion económica do Concello, coas diferentesasociacións (vecinais, caza e pesca, xuvenís, depor-tivas,comisions de festas,de muller,... ) para poten-ciar a realización de actividades.

UN COMPROMISO ÉTICO:UN ALCALDE DE TODOS E PARA TODOS

- O alcalde tratará a todos os veciños por igual,non en función das súas ideas políticas.

- O alcalde tratará e dialogará con tódos os veci-ños, non discriminando ós que pensen de xeito dife-rente.

- O alcalde será o primeiro en dar exemplo ecumprindo a Lei.

Compoñentes da candidatura PSdeG-PSOE de A Baña

Page 10: AGUILLON Nº 37

O Aguillón

10

Candidatura PSdeG-PSOE de A Baña

2.- VICTORINO GARCÍA PAZOS

44 anos. A Riba. Encargado deobra. Membro da directiva do equi-po de fútbol de A Baña, Tesoureiroda APA do Colexio Público e daBanda Infantil de Música, casado econ 2 fillos.

5.- JOSÉ DOMÍNGUEZ REY

46 anos. Suevos. Encargado deobra. Presidente da AA.VV. de Suevos “Amañecer”, nacido enCabanas, casado e con 2 fillos.

3.- ANA PARAMOS CEBEY

27 anos. Fiopáns. Técnico Superioren Turismo. Membro da AA.VV. deFiopáns “Ponte Calexa”, Presidentada Asociación de Mulleres “Axiña”e fundadora do Plan Sociocomuni-tario

4.- MAXIMINO GIL CHAN

47 anos. Troitosende. Empregadode Caixa Galicia, casado e con 2fillos Presidente da AA.VV. deTroitosende “Ribeira do Tambre”.

7.- MARÍA PILAR LEMA SILVA

42 anos. Monte. Xardineira. Presi-denta da ONG “A Baña Solidaria”,membra da Comisión de Festas deCeilán e fundadora do Plan Sociocomunitario. Casada e condous fillos.

6.- JOSÉ RAMÓN GÓMEZ CANCELA

39 anos. Ordoeste. Administrativode Tenreira Galega. Vocal daAA.VV. de Ordoeste “CamiñoReal”.

1.- ENRIQUE VÁZQUEZ NAVEIRA

43 anos. San Vicente. Licenciado en Historia Contemporanea. Director dos Centros Socioculturales do Concellode Santiago e Afiliado o PSOE desde hai 25 anos. Casado e con tres fillos.

Coordinador Xeral do Plan Sociocomunitario de A Baña.

Page 11: AGUILLON Nº 37

O Aguillón

11

1.- RUBÉN RAMOS DOMÍNGUEZ

28 anos. San Vicente. Diplomadoen Traballo Social. Presidente daAsociación Xuvenil “Xuventude deSan Vicente” e fundador do PlanSociocomunitario.

4.- MANUEL RODRÍGUEZ ALVITE

43 anos. A Ermida. Gandeiro.

8.- XOSÉ RAMÓN IGLESIAS VIGO

26 anos. Lañas. Auxiliar Adminis-tartivo. Membro da AsociaciónXuvenil “Viñigodos” de Lañas eSecretario Xeral de XuventudesSocialistas de A Baña.

10.- LAURENTINO ARNEJO INSUA

37 anos. Cabanas. Carpinteiro.Secretario do Coto de A Baña “XanCan” casado e con 2 fillos.

9.- SALVADOR BALOIRA AROSA

45 anos. Seoane. Docente do For-mación Profesional Ocupacional.Instalador e Mantedor de fontane-ria, calefacción e gas. Foi membroda AA.VV. de Barcala e membro daComisión de Festas. Casado e conun fillo.

11.- SONIA MARÍA PARIS RODRÍQUEZ

30 anos. Corneira. Licenciada enCiencias Políticas. Vicepresidentada AA.VV. de Corneira “NosaTerra”

2.- MARÍA ROCÍO PAIS MAYO

40 anos. San Cibrán. Empregada deCorreos. Presidenta da AA.VV. deSan Cibran. Casada e con dousfillos.

5.- JOSÉ MANUEL PAREDES SUÁREZ

49 anos. Suevos. Técnico Electricis-ta. Casado e con dous fillos.

3.- ANA BELÉN MAYO MAYO

32 anos. O Barro. Empregada delimpeza. Membro da AA.VV. SantaMariña do Barro.

6.- ANA PENSADO LOUZAO

31 anos. Seoane. Licenciada enmatemáticas. Profesora no ColexioPúblico de A Baña.

S U P L E N T E S

Page 12: AGUILLON Nº 37

O Aguillón

12

JOSÉ DOMÍNGUEZ REYRepresentante n.º 5 da candidatura do PSOE de A Baña para as eleccións municipais

José Domínguez Rey naceu na parroquia de Cabanas hai 46 anos e actualmente reside na parro-quia de Suevos sendo, está casado e ten dous fillos. Desde hai algún tempo é o Presidente da Aso-ciación de Veciños “Amañecer” de Suevos.

¿En que situación se atopa a súa parroquia?

Esta claro que todas as parroquias do nosoconcello están moi abandonadas, se ben e certoque algunhas máis que outras. En Suevos temostodos os camiños e as pistas sen ningún tipo decuidado, non temos alcantarillados... temos moitascarencias. O noso concello non mira nada polaparroquia de Suevos, moitos veciños temos a sen-sación de que hai que ter algún tipo de trato defavor por parte do Sr. Alcalde para poder levar acabo melloras nas nosas parroquias. Recentemen-te a Asociación de Veciños a cal eu represento,solicitamos unha subvención á Deputación de ACoruña para facer un “caseto” ao lado do localsocial para gardar enseres, ferramenta, faceralgunha churrascada,...como hai en moitas parro-quias e foi concedida. Comenzamos a facer a obrae cando a tiñamos case rematada foi paralizada pororden do concello. estas actuacións non se podenconsentir, xa que a obra era un ben para todos osveciños de Suevos.

¿Como podemos mellorar a situación donoso concello?

Penso que o día 27 temos que dicirlle a estesgobernantes que basta xa, que merecemos unhaBaña moito mellor, que non podemos seguirvivindo no estancamento. A Baña terá futuro con

un novo goberno, cun goberno dos socialistas quenon mire a quen vota a xente e que trate a todo omundo por igual.

¿Porque decidiu encadrarse nas listas socia-listas para as vindeiras miunicipales?

Como dicía antes, creo que na Baña ten quehaber un cambio total na forma de gobernar, pensoque desde a honradez e o traballo podemos sacarA Baña adiante. Levo tres anos afiliado ao PartidoSociaslista e atopei un grupo de xente moi traba-lladora que quere a Baña por enriba dos seus inte-reses persoais, por isto decidín aportar o meu gra-niño de area nas listas do Psoe para estas elec-cións.

¿Que lle diría á xente para que votase aoPsoe nestas eleccións?

Diríalle que botaran a ollada atrás, doce anosatrás e reflexionaran en cómo mudou á Bañadesde entón, fomos a menos, a menos e a menos.Mentres os Concellos de Negreira e Santa Combavan crecendo nós imos sempre para atrás. Dirialleque dando o seu apoio á nosa candidatura abriría-mos unha porta ao futuro, a unha xente nova, connovos proxectos e con moita ilusión.

“As parroquias do noso concelloestán moi abandonadas”

Page 13: AGUILLON Nº 37

O Aguillón

13

Enrique Vázquez e veciñas de San Mamede reúnenseco Delegado Provincial de Obras Públicas na Coruña

Os compañeiros da Agrupación Socialista de A Baña viaxan a Vigo e Madrid para asistir ó mitindo presidente do goberno en conmemoración do 3.º ano da victoria das eleccións xerais

O pasado mes de marzo, tivo lugar na Delegación Pro-vincial da Xunta de Galicia na cidade da Coruña, unha reu-nión entre Enrique Vázquez, unha delegación de veciñas deMonte e Jacinto Parga, delegado da consellería, para solici-tarlle a éste un paso desde o lugar de Duomes ata a rotondaprincipal, recentemente construída, xa que os veciños quéi-xanse que teñen que pasar pola estrada co perigo que estosupón para os viandantes.

Despois de barallar varias alternativas, a Consellería deObras Públicas, por medio do delegado provincial, decidiu

facer unhas beirarrúas de metro e medio de ancho para que os veciños de Doumes poidan pasar sen ningún tipo deperigo.

Tamén se teñen soliicitado, por parte do grupo socialis-ta a instacia dos veciños, a colocación de bandas rugosas naestrada que comunica Lañas con Ceilán, xa que nese tramode estrada os vehículos circulan a gran velocidade nun tramoonde a velocidade está limitada a cincuenta por hora. A soli-citude fíxose a Deputación de A Coruña está en trámite paraa súa próxima execución.

Palacio de Vistalegre (Madrid). Abril 2007 A Baña con Zapatero en Vigo. Maio 2007

Vista da estrada onde irán situadas as beirarrúas

Recta de Ceilán, onde se colocarán as bandasrugosas

Enrique Vázquez co Delegado Provincial e as veciñas de Monte

Page 14: AGUILLON Nº 37

O Aguillón

14

Actividades para todos organizadas poloplan sociocomunitario de A Baña

Viaxe a pista de xeo en Santiago de Compostela

Primeiro premio nas comparsas do Antroido

Obradoiro de educación medioambiental

Curso de ximnasia

Taller de maquillaxe

Viaxe ó parque infantil Camelot Área Central

Page 15: AGUILLON Nº 37

O Aguillón

15

Xornadas interculturais no Colexio Público de A Baña

Cea cos participantes das xornadas interculturais

Exitosa viaxe a Portugal. Maio 2007

Xornadas interculturais no Colexio Público de A Baña

Saída medioambiental

PLAN SOCIOCOMUNITARIO DE A BAÑA

PRAZA DO CONCELLO - SAN VICENTETelf. 619 904 885 • [email protected]

Horario de atención ó público: de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas, de luns a venres

Page 16: AGUILLON Nº 37

O Aguillón

16