9

A Divina Comedia de Dante Alighieri

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: A Divina Comedia de Dante Alighieri
Page 2: A Divina Comedia de Dante Alighieri

28

1. No medio do camiño, ós 35 anos. No salmo 89 (90) lese «dies annorum nostro-rum in ipsis septuaginta anni». A selva escura figura un período de extravío moral de Dante, e en xeral o mundo do pecado. Sobre a data exacta do inicio da viaxe dantesca non hai acordo; ex-poñeremos a cuestión simplificando moitísimo. Uns inclínanse polo venres santo do 1300, que cadrou o 8 de abril. Isto ten a favor, ademais do simbolismo litúrxico, que a lúa chea fora apenas dúas noites antes (ver Inf XX 127); en contra, que esta data é case un mes despois do equinoccio real de primavera, que pola desviación acumulada no calendario ofi-cial fora o 13 de marzo. Outros prefiren o 25 de marzo do mesmo ano. O 25 de marzo era o equinoccio de primavera cando se implantou o calendario xuliano –mais o Concilio de Nicea fixouno litur-xicamente pra sempre no 21– e ademais críase que fora o día da creación de Adán e da concepción e da morte de Cristo, e era ano novo no estilo ab Incarnatione, usado en Florencia. Pero en contra do 25 de marzo do 1300 fala o feito de que a lúa estaba a medio camiño entre nova e cuarto crecente. O 25 de marzo do ano seguinte si foi lúa chea, e cumpriríanse mellor ca nunca outras referencias astro-nómicas, pero o 1301 non se pode postu-lar porque entraría en contradición polo menos con Inf XXI 113, con Purg II 98, con Purg VIII 134 e con Par IX 40.

17. O Sol é chamado planeta na astrono-mía da época, segundo a cal xira ó redor da Terra, centro do universo. Nun sentido transcendente simboliza, ou como pon o Cántico de San Francisco, porta significa-tione de Deus, e a súa luz, que ilumina o monte, é naturalmente a graza divina.

26. O paso da selva, do pecado. Parece que o verso seguinte se refira á morte me-tafórica da condenación da alma, non á corporal.

32. Os comentadores soen entender esta lonza como un símbolo da luxuria. O león simbolizará a soberbia e a loba a cobiza, o afán extremo polos bens deste mundo. Continúa ó final do canto.

37. Era –segundo creremos– a primeira hora do día do venres santo 8 de abril, co Sol en Aries. Críase que no intre da Crea-ción, cando Deus fixo mover por primeira vez os astros, o Sol estaba nese signo.

CANTO PRIMO

Nel mezzo del cammin di nostra vita mi ritrovai per una selva oscura, ché la diritta via era smarrita.Ahi quanto a dir qual era è cosa dura esta selva selvaggia e aspra e forte che nel pensier rinova la paura!Tant’ è amara che poco è più morte; ma per trattar del ben ch’i’ vi trovai, dirò de l’altre cose ch’i’ v’ho scorte.Io non so ben ridir com’ i’ v’intrai, tant’ era pien di sonno a quel punto che la verace via abbandonai.Ma poi ch’i’ fui al piè d’un colle giunto, là dove terminava quella valle che m’avea di paura il cor compunto,guardai in alto e vidi le sue spalle vestite già de’ raggi del pianeta che mena dritto altrui per ogne calle.Allor fu la paura un poco queta, che nel lago del cor m’era durata la notte ch’i’ passai con tanta pieta.E come quei che con lena affannata, uscito fuor del pelago a la riva, si volge a l’acqua perigliosa e guata,così l’animo mio, ch’ancor fuggiva, si volse a retro a rimirar lo passo che non lasciò già mai persona viva.Poi ch’èi posato un poco il corpo lasso, ripresi via per la piaggia diserta, sì che ’l piè fermo sempre era ’l più basso.Ed ecco, quasi al cominciar de l’erta, una lonza leggiera e presta molto, che di pel macolato era coverta;e non mi si partia dinanzi al volto, anzi ’mpediva tanto il mio cammino, ch’i’ fui per ritornar più volte vòlto.Temp’ era dal principio del mattino, e ’l sol montava ’n sù con quelle stelle ch’eran con lui quando l’amor divino

INFERNO - CANTO PRIMEIRO

Page 3: A Divina Comedia de Dante Alighieri

29

1

4

7

10

13

16

19

22

25

28

31

34

37

CANTO PRIMEIRO

No medio do camiño desta vida acheime dentro dunha selva escura, que a recta vía fora confundida.Ai, canto de explicar é cousa dura esta selva selvaxe, áspera e forte que renova lembrándose a pavura!Tan amargue é que pouco máis é morte; mais pra tratar do ben que alí encontrei, direi qué máis me fixo ver a sorte.Eu non sei dar razón de como entrei, tanto me tiña o sono adormentado cando a vía veraz abandonei.Mais desque ó pé dun monte fun chegado no que findaba o val onde eu sentía pola pavura o corazón mancado,ollei pra arriba e vin que se vestía xa o seu lombo cos raios do planeta que en toda senda rectamente guía.Ficou nesto a pavura xa máis quieta que a tormentosa noite que eu sufrira botou no illó do corazón completa.E como aquel que con afán respira, xa escapado do pélago prá riba, se volve á iauga perigosa e mira,a miña ialma, aínda fuxitiva, volveuse atrás pra ver de novo o paso que non deixou xamais persoa viva.Desque folguei un pouco o corpo laso, collín cara á desértica ladeira, máis firme o pé que tiña no máis raso.E nesto, case ó comezar a xeira, cunha lonza axilísima batín, toda cuberta de pelaxe veira;e non daba saído de ante min: coutaba o paso meu tan de contino que pra tornar ben veces me volvín.Era o primeiro tempo matutino, e o sol subía arriba coas estrelas que onda el estaban cando o amor divino

A SELVA ESCURA - O GOZOSO MONTE - AS TRES FERAS: A LONZA DE PELAXE VEIRA

Page 4: A Divina Comedia de Dante Alighieri

30

42. Sigo sen estar de acordo coa común interpretación moderna de gaetta como ‘pencarraxada’, redundante co verso 33, e máis agora que sei que o Boccaccio glo-saba ‘leggiadretta’ e o Buti ‘leggiadra’.

60. Cara á selva escura onde o sol non se fai sentir, que é unha célebre sinestesia.

62. Virxilio, que é presentado no poema coa solemnidade desta bela construción do pasivo. En torno del creárase no me-dievo unha lenda de arcana sabedoría e mesmo de virtudes máxicas e proféticas, incluso de precursor e pregoeiro do Cris-tianismo. Por isto, e pola súa condición de cantor do reino dos mortos no precio-so libro sexto da Eneida, era ben axeitado pra cumprir aquí o oficio de guía.

63. Desde os primeiros comentaristas vese algo de problema na palabra fioco, que en lei dereita é fraco, rouco, débil ou sufocado, referíndose a un son ou á voz; e Dante mal pode saber como ten a voz Virxilio cando aínda non falou. Entendo que Dante usa, con ben pouco despra-zamento semántico, fioco co valor pleno de mudo, como parece confirmar absolu-tamente Inf XIV 3, onde di «e rende’ le a colui, ch’era già fioco», que estaba xa calado, que deixara de falar.

68. Dicir que os pais de Virxilio eran lom-bardos é só unha maneira de falar, pois os lombardos aínda tardaron seis séculos en conquistar a futura Lombardía, que daquela era moito simplemente a Galia Cisalpina. Estes anacronismos termi-nolóxicos non son específicos de Dante, senón uso habitual na época.

70. Virxilio naceu durante a vida de Xulio César, pero daquela, no 70 a. C., este non exercía aínda o poder. E tardou de máis en nacer pra que César –morto no 44 a. C. cando o poeta só tiña 26 anos– o puidese coñecer e prezar, pois aínda non escribira ningunha obra importante.

74. Eneas.

100. Aquí coma noutras partes, animal debe valer tamén por ser humano, en canto provisto de ánima ou alma. Al-gúns cren que esoutros animais serían outros vicios que irían coa loba da cobi-za, pero non parece que cadre ben.

102. Non parece que a profecía do veltro acene a un personaxe histórico determi-nado, aínda que se teñen proposto varias identificacións. É moi probable que Dan-te invoque simplemente o salvador pro-videncial que o pensamento relixioso ou mítico tende a soñar en tempos críticos. Poida que se refira a un emperador que

mosse di prima quelle cose belle; sì ch’a bene sperar m’era cagione di quella fiera a la gaetta pellel’ora del tempo e la dolce stagione; ma non sì che paura non mi desse la vista che m’apparve d’un leone.Questi parea che contra me venisse con la test’ alta e con rabbiosa fame, sì che parea che l’aere ne tremesse.Ed una lupa, che di tutte brame sembiava carca ne la sua magrezza, e molte genti fé già viver grame,questa mi porse tanto di gravezza con la paura ch’uscia di sua vista, ch’io perdei la speranza de l’altezza.E qual è quei che volontieri acquista, e giugne ’l tempo che perder lo face, che ’n tutti suoi pensier piange e s’attrista;tal mi fece la bestia sanza pace, che, venendomi ’ncontro, a poco a poco mi ripigneva là dove ’l sol tace.Mentre ch’i’ rovinava in basso loco, dinanzi a li occhi mi si fu offerto chi per lungo silenzio parea fioco.Quando vidi costui nel gran diserto, «Miserere di me», gridai a lui, «qual che tu sii, od ombra od omo certo!».Rispuosemi: «Non omo, omo già fui, e li parenti miei furon lombardi, mantoani per patrïa ambedui.Nacqui sub Iulio, ancor che fosse tardi, e vissi a Roma sotto ’l buono Augusto nel tempo de li dèi falsi e bugiardi.Poeta fui, e cantai di quel giusto figliuol d’Anchise che venne di Troia, poi che ’l superbo Ilïón fu combusto.Ma tu perché ritorni a tanta noia? perché non sali il dilettoso monte ch’è principio e cagion di tutta gioia?».«Or se’ tu quel Virgilio e quella fonte che spandi di parlar sì largo fiume?», rispuos’ io lui con vergognosa fronte.

INFERNO - CANTO PRIMEIRO

Page 5: A Divina Comedia de Dante Alighieri

31

40

43

46

49

52

55

58

61

64

67

70

73

76

79

moveu primeiro aquelas cousas belas; e pra ben esperar era razón da fera de pel gaia o estar naquelashoras do día e prácida estación; pero non pra que medo non me dese a imaxe que vin logo dun león.Contra min parecía que viñese coa testa ergueita e fame tan doente que parecía que o aire estremecese.E unha loba que o fraque continente só de cobiza parecía encher e lle amargou a vida a moita xente,esta tanto me fixo esmorecer co medo que a súa vista me infundía que perdín a esperanza de ascender.E coma aquel que só gañar ansía e cando o tempo de perder o abala só cavilando chora e se agonía,fíxome a min a ansiosa besta mala que víndoseme en contra me apuxaba pouco a pouco pró sitio onde o sol cala.Mentres pra abaixo me precipitaba, foi un ante os meus ollos descuberto que co silencio mudo semellaba.Vendo que estaba aquel no gran deserto, «Miserere de min», berrei entón, «sexas quen sexas, sombra ou home certo».El respondeu: «Fun home, pro xa non, e eran ambos lombardos os meus pais, que foron mantuanos de nación.Nacín sub Iulio, pro tardei de máis; vivín en Roma baixo o grande Augusto, a canda os falsos deuses desleais.Poeta fun, cantei ó lor do xusto fillo de Anquises que de Troia veu cando o soberbo Ilión quedou combusto.Mais por que volves a onde hai pena a treu? Por que non sobes o gozoso monte no que a alegría ten o berce seu?»«Es logo aquel Virxilio, aquela fonte que expandes de falar tan ancho frume?», repúxenlle eu con vergoñosa fronte.

AS TRES FERAS: O LEÓN E A LOBA - APARICIÓN E PRESENTACIÓN DE VIRXILIO

Page 6: A Divina Comedia de Dante Alighieri

32

restableza a distinción entre o poder espi-ritual e o temporal, ou a un pontífice que volva as institucións eclesiásticas á pure-za evanxélica. Penso agora que veltro non se debe traducir por lebreiro ou lebrel, termo demasiado marcado pola súa raíz, como fixen outra vez con error seme-llante ó de todas as traducións hispáni-cas que coñezo menos unha. A palabra, que é veltre en lingua de oc e viautre na de oíl, designa un can rápido, si, pero máis propio prá caza maior ca prá lebre, e se-gundo o Boccaccio «una spezie di cani maravigliosamente nimica de’ lupi». Á falta dun termo específico evidente, pa-rece máis axeitado anosar simplemente por can como fixo o bo Andreu Febrer, o primeiro tradutor da Commedia ó catalán e a calquera lingua viva do mundo.

104. Ademais do sentido recto, sapiencia tamén podería designar o Fillo, amor o Espírito Santo, e virtude –neste caso máis ben no sentido de poder– o Pai.

105. Feltro é pano de baixa calidade, e podería indicar un nacemento pobre, ou ser unha referencia á pobreza evanxélica. Outros entenden unha indicación xeo-gráfica, entre Feltre no Véneto e Monte-feltro na Romaña; outros explican «entre ceo e terra», que é tanto coma non dicir nada; e outros pensan nas eleccións dos maxistrados que ó parecer se facían en urnas forradas de feltro. O problema non ten solución, e quizabes nin sequera sexa un problema: a rima -eltro é difícilísima en italiano –e dito sexa de camiño, im-posible en galego. Se primeiro se escribe veltro e despois peltro –que xa está vio-lentamente por riqueza monetaria cando é unha aliaxe a base de estaño, logo non valiosísima– non queda outra ca acabar con feltro, por moito Dante que se sexa.

106. Humilde estará por decaída, mísera. Estes tres versos dependen estreitamen-te da Eneida. Euríalo e Niso eran com-pañeiros de Eneas, mortos en combate contra os volscos. Camila era filla do rei dese pobo, morta en batalla contra os troianos, e Turno un príncipe dos rútu-los morto por Eneas. Todos morreron, pois, pola posesión de Italia.

111. A envexa primeira é Lucifer, que en-vexou a superioridade de Deus e ceibou a loba da cobiza polo mundo.

114. Levareite polo Inferno e polo Pur-gatorio; pra ires a cabo das xentes bea-tas do Paraíso deixareite con Beatriz, porque Deus non me permite subir ó seu reino especial, xa que eu fun pagán aínda que virtuoso. Rei é poder máis próximo có de emperador, e Deus é rei do ceo e emperador do universo.

«O de li altri poeti onore e lume, vagliami ’l lungo studio e ’l grande amore che m’ha fatto cercar lo tuo volume.Tu se’ lo mio maestro e ’l mio autore, tu se’ solo colui da cu’ io tolsi lo bello stilo che m’ha fatto onore.Vedi la bestia per cu’ io mi volsi; aiutami da lei, famoso saggio, ch’ella mi fa tremar le vene e i polsi».«A te convien tenere altro vïaggio», rispuose, poi che lagrimar mi vide, «se vuo’ campar d’esto loco selvaggio;ché questa bestia, per la qual tu gride, non lascia altrui passar per la sua via, ma tanto lo ’mpedisce che l’uccide;e ha natura sì malvagia e ria, che mai non empie la bramosa voglia, e dopo ’l pasto ha più fame che pria.Molti son li animali a cui s’ammoglia, e più saranno ancora, infin che ’l veltro verrà, che la farà morir con doglia.Questi non ciberà terra né peltro, ma sapïenza, amore e virtute, e sua nazion sarà tra feltro e feltro.Di quella umile Italia fia salute per cui morì la vergine Cammilla, Eurialo e Turno e Niso di ferute.Questi la caccerà per ogne villa, fin che l’avrà rimessa ne lo ’nferno, là onde ’nvidia prima dipartilla.Ond’ io per lo tuo me’ penso e discerno che tu mi segui, e io sarò tua guida, e trarrotti di qui per loco etterno;ove udirai le disperate strida, vedrai li antichi spiriti dolenti, ch’a la seconda morte ciascun grida;e vederai color che son contenti nel foco, perché speran di venire quando che sia a le beate genti.A le quai poi se tu vorrai salire, anima fia a ciò più di me degna: con lei ti lascerò nel mio partire;

INFERNO - CANTO PRIMEIRO

Page 7: A Divina Comedia de Dante Alighieri

33

82

85

88

91

94

97

100

103

106

109

112

115

118

121

«Ouh dos outros poetas honra e lume, vállame o longo estudo, o grande amor que me fixo esculcar o teu volume.Es o meu mestre e es o meu autor; es ti tan só de quen eu collo e preo o belo estilo que me fixo honor.Mira prá besta pola que eu me aceo; famoso sabio, dáme ti coraxe, que esta os meus pulsos fai tremer arreo».«Convirache seguir outra viaxe», repúxome el ó verme lagrimar, «se has de librar deste lugar selvaxe;porque esta besta que te fai berrar non deixa ós máis cruzar a senda súa, senón que llelo estorba ata os matar;e é de natura tan malvada e crúa que nunca sacia a gana devecida: canto máis come, máis de fame brúa.Son moitos animais os que marida, e han de ser máis aínda ata que alá vos chegue o can que a matará dorida.Este ouro e terras non gorentará, senón sapiencia, amor e mais virtude, e entre feltro e mais feltro nacerá.Daquela humilde Italia ha ser saúde por quen Camila a virxe foi morrer con Turno, Eurialo e Niso en loita rude.Este por toda vila a vai correr deica mandala novamente ó inferno de onde a envexa primeira a foi traer.Pénsoche, pois, que pró teu bon goberno debes seguirme, e eu heite ir guiando pra quitarte de aquí por sitio eterno,onde ouvirás sen esperanza oulando os antigos espíritos doentes que por segunda morte están laiando,e verás aqueloutros que contentes están no fogo, porque esperan ir un día ou outro onda as benditas xentes.Ás que se logo queres ti subir, alma máis digna pra eso che haberá: con ela te hei deixar cando eu partir,

PROFECÍA DO CAN QUE SALVARÁ ITALIA - ANUNCIO DA VIAXE POLO ALÉN

Page 8: A Divina Comedia de Dante Alighieri

34

132. O mal é o pecado, e o peor é a conde-nación que del se deriva.

134. Puidera ser a porta do verdadeiro Purgatorio, gardada por un anxo que é vicario de San Pedro, ou ben a do Pa-raíso, da que o mesmo San Pedro ten as chaves.

Vén de Inf I 32. Calquera que sexa o ani-mal real que designe, a palabra lonza non se debería traducir por pantera –como habitualmente se fai, e como eu mesmo fixen hai vinte e cinco anos– pois aquí non estamos tratando de ciencias natu-rais senón de relixión e mito, e a pantera –sexa ela o que sexa– é símbolo de Cristo nos bestiarios medievais. «Pantiere dit, qui ben entent / tant comme ‘chose qui tot prent’, / e senefie, sanz error, Jhesu Crist nostre Sauveor». Ou a maior abun-damento: «Panthere qui est de colors / et qui ha sanblances plusors / nos senefie Jhesu Crist / qui la loi novele escrist. / Il est douçours et sapience, / bone est sa voiz, et pacience / a en soi et est repida-bles, / resplendisanz, fers et estaubles». Pero aínda é máis claro neste soneto: «Vocase una animalia panthera, / ke ale-nando tale odore rende, / ne lo paese non remane fera / ke non ce corra, quando se protende, / sença lo drago, ké no’l sofe-rrera / lo prezioso odore ke li affende: / ella se pasce per tale maniera. / Homo a salute d’anima se ’ntende: / Cristo è la fera co lo dolçe odore, / quelle ke corro-no l’anime sante, / de le quali per vivo amor se pasce; / lo drago è lo nemico traditore, / ke de lui odorar non è pos-sante, / e pena dolorosa le ne nasce». E hai outra razón aínda: o propio Dante fai da «olorosa pantera» imaxe do persegui-do vulgar ilustre: «nec pantheram quam sequimur adinvenimus». Todas as contas botadas, prefiro manter a palabra lonza, que mesmo ten a vantaxe de non existir en galego, en vez de intentar desentreti-ñar a auténtica natureza biolóxica dunha besta que aquí é estritamente simbólica.

2. De novo animais inclúe os seres hu-manos.

6. A mente que non erra é a memoria, que refire con exactitude o que apren-deu. A memoria, facultade da alma, en si non erra nunca; cando non lembramos ou lembramos mal é porque non actúa ou porque algo a turba.

13. Eneas, que de Lavinia tivo Silvio, terceiro rei de Alba Longa á morte de seu irmán Ascanio. Segundo a Eneida, Eneas foi ó reino dos mortos onde se en-controu con seu pai Anquises e coñeceu o seu alto destino como fundador da es-

ché quello imperador che là sù regna, perch’ i’ fu’ ribellante a la sua legge, non vuol che ’n sua città per me si vegna.In tutte parti impera e quivi regge; quivi è la sua città e l’alto seggio: oh felice colui cu’ ivi elegge!».E io a lui: «Poeta, io ti richeggio per quello Dio che tu non conoscesti, a ciò ch’io fugga questo male e peggio,che tu mi meni là dov’ or dicesti, sì ch’io veggia la porta di san Pietro e color cui tu fai cotanto mesti».Allor si mosse, e io li tenni dietro.

CANTO SECONDO

Lo giorno se n’andava, e l’aere bruno toglieva li animai che sono in terra da le fatiche loro; e io sol unom’apparecchiava a sostener la guerra sì del cammino e sì de la pietate, che ritrarrà la mente che non erra.O muse, o alto ingegno, or m’aiutate; o mente che scrivesti ciò ch’io vidi, qui si parrà la tua nobilitate.Io cominciai: «Poeta che mi guidi, guarda la mia virtù s’ell’ è possente, prima ch’a l’alto passo tu mi fidi.Tu dici che di Silvïo il parente, corruttibile ancora, ad immortale secolo andò, e fu sensibilmente.Però, se l’avversario d’ogne male cortese i fu, pensando l’alto effetto ch’uscir dovea di lui, e ’l chi e ’l qualenon pare indegno ad omo d’intelletto; ch’e’ fu de l’alma Roma e di suo impero ne l’empireo ciel per padre eletto:la quale e ’l quale, a voler dir lo vero, fu stabilita per lo loco santo u’ siede il successor del maggior Piero.

INFERNO - CANTO PRIMEIRO E SEGUNDO

Page 9: A Divina Comedia de Dante Alighieri

35

124

127

130

133

136

1

4

7

10

13

16

19

22

posto que o emperador que reina alá, como eu suxeito á súa lei non era, paso á súa cidade non me dá.Goberna alí, se en toda parte impera; cidade e trono quixo alí dispor: ouh, que é feliz se o leva alí calquera!»E eu a el: «Poeta, prego por amor do Deus do cal ti novas non tiveches, pra que eu fuxa este mal e o seu peor,que ti me leves a onde me dixeches e eu poida a porta de San Pedro ver, e aqueles que tan tristes me fixeches».E fun tras del en canto o vin mover.

CANTO SEGUNDO

Xa remataba o día, e xa quitaba a escuridade os animais da terra dos seus afáns; e eu só me aparellaba,senlleiro e un, pra soportar a guerra tanto da vía como da piedade que ha de contar a mente que non erra.Ouh alto enxeño, ouh musas, axudade; ouh mente que escribiches o que vías, aquí verase a túa calidade.Eu comecei: «Poeta que me guías, mira a miña virtude se é podente, xa que a tan alto paso me confías.Ti dis que o pai de Silvio inda presente na corruptible carne ata o inmortal século andou, e foi sensiblemente.Pero se o que é contrario a todo mal cortés lle foi, pensando no alto efecto que debía vir del, e o que e o cal,non o acha indigno un home de intelecto, pois da alma Roma e mais do imperio seu foi el por pai no empíreo ceo electo:a cal e o cal, por certo o direi eu, se estableceron polo sitio santo que ocupa o que ó gran Pedro sucedeu.

COMEZO DA VIAXE - DESÁNIMO DE DANTE PERANTE A GRAN VIAXE