Cincenta non quería comer perdices

Preview:

Citation preview

IES AGRA DE LEBORÍS

A Laracha

Plan de Convivencia 2009-2011Adaptación do conto deNuria López Salameroe Miriam Cameros Sierra

Cincenta tiña tantas ganas de ir á festa que ó final conseguiuno, pero ó día seguinte non se lembraba de nada.

(Chegar chegara ás 12 , pero ás 12 da mañá seguinte)

E presentáronse na casa aqueles señores co zapato de cristal de punta e cunha cuarta de tacón.

Ao principio non lle cabía o pé; pero apertou e apertou e … meteu a pata!.

Porque tivo que casar co príncipe.

Ó príncipe encantábanlle as perdices, pero Cincenta é vexetariana e non come nin carne nin peixe, nin leva chupas de coiro.

Aínda así, tiña que cociñar as perdices porque eran o xantar preferido do príncipe.Cociñáballas á prancha, ao forno, recheas, fritas, …

ESTAS ESTÁN CRÚAS!ESTAS ESTÁN SALGADAS!ESTAS ESTÁN QUEIMADAS!Berraba o príncipe. Porque nunca estaban ó seu gusto.

E por riba tiña que ir subida naqueles zapatos de cristal de punta

e co tacón dunha cuarta.

Ó principio tratou de poñerse ben dereita, pero caía cara atrás,

así que foi dobrando e dobrando

e case sen se dar conta, fóronlle esvarando as ideas e as ilusións.

Cincenta cada vez sentíase máis enferma, deprimida, perdida.

Un día decidiu contar o que sentía:

VAIA ROLLO DE PRÍNCIPE, DE ZAPATOS E DE PERDICES!

Non te queixes; o meu príncipe é moderno e eu vou subida nunhas plataformas de medio metro- díxolle a veciña moderna.

Non te queixes, ó meu encántanlle as vacas e preciso 8 microondas para quentarlle a cea- díxolle a amiga autóctona.

Onde vas estar mellor que cun príncipe?- díxolle a raíña nai.

•Pero ti non eras vexetariana e gustábache andar descalza?- •díxolle a colega republicana con can.Así que cincenta confundiuse máis aínda cos comentarios da xente, deixou de contalo e quedou soa. Só tiña ó seu príncipe “amado”, o lombo torto, os pés chafados e o corazón desfeito.

Pero un día tivo a sorte de verse a si mesma.

E deulle por rir do inocente que fora

pensando que a ía salvar un príncipe.

Despois de anos vivindo con un,

deuse conta que os príncipes non te salvan…

tampouco os camioneiros, nin os rapeiros, nin os pasteleiros,…

Deixou de se sentir culpábel e deuse conta que a única capaz de

salvarte es TI MESMA!!!

Así que Cincenta dixo

BASTA!

E nese momento votou a chorar.Había tanto tempo que non choraba!Primeiro chorou polo príncipe, por tantas perdices mortas e polos zapatos.

Logo seguiu chorando ó lembrar que a súa madrasta a maltratara, que o seu pai a trataba peor e que as súas irmás case morren por querer meterse nunha talla 38 de Berska.

E CHOROU TODO TODO …

Chorou tamén por dúas vidas anteriores por se acaso.

E sentiuse mellor ca nunca

VALEIRA!!!

Co medo que lle daba a ela quedar valeira!

Agora só tiña que encherse de cousas bonitas.

En primeiro lugar deixou ó príncipe.(A pesares de que custa moito deixalos; é tan difícil que ás veces repites 2 ou 3 príncipes máis).Logo deixou os zapatos e as perdices.E unha vez soa descubriu que quería disfrutar do seu corpo que tan castigado estivera.

Descubriu a danza libre, que non é tan libre pero faite sentir libre.E dá o mesmo que calces un 42, que peses 100 quilos, que midas 1,92 ou que teñas 80 anos.

E así foi como atopou no camiño a outras como…A Ratiña presumida, que empezou a engordar e agora liga máis.

A Bela Durminte e Brancaneves, que ían fartas de durmir e decidiron espertar.

A Carapuchiña Vermella que se deu conta do violento que era o cazador e pasou del.

Cincenta montou un restaurante e vaille moi ben, a Ratiña Presumida xa vai pola talla 44 e vive soa e feliz.

A Bela Durminte e Brancaneves fixéronse moi, pero que moi amigas

e comparten piso.

Carapuchiña imparte talleres

para advertir sobre cazadores violentos

que se ofrecen a salvarte.

Agora están encantadas de terse coñecido,

pero tamén moi enfadadas polo papel que lles tocou representar

nos contos durante séculos:

nenas pasivas esperando que lles pidan a man e lles rouben a vida.

Acabouse, agora empezan un conto novo:

Eranse unhas mulleres que non estaban soas

e unhas perdices que voaban felices…

IES AGRA DE LEBORÍS Plan de Convivencia 2009-2011