23
IES AGRA DE LEBORÍS A Laracha Plan de Convivencia 2009-2011 Adaptación do conto de Nuria López Salamero e Miriam Cameros Sierra

Cincenta non quería comer perdices

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Cincenta non quería comer perdices

IES AGRA DE LEBORÍS

A Laracha

Plan de Convivencia 2009-2011Adaptación do conto deNuria López Salameroe Miriam Cameros Sierra

Page 2: Cincenta non quería comer perdices

Cincenta tiña tantas ganas de ir á festa que ó final conseguiuno, pero ó día seguinte non se lembraba de nada.

Page 3: Cincenta non quería comer perdices

(Chegar chegara ás 12 , pero ás 12 da mañá seguinte)

Page 4: Cincenta non quería comer perdices

E presentáronse na casa aqueles señores co zapato de cristal de punta e cunha cuarta de tacón.

Page 5: Cincenta non quería comer perdices

Ao principio non lle cabía o pé; pero apertou e apertou e … meteu a pata!.

Page 6: Cincenta non quería comer perdices

Porque tivo que casar co príncipe.

Page 7: Cincenta non quería comer perdices

Ó príncipe encantábanlle as perdices, pero Cincenta é vexetariana e non come nin carne nin peixe, nin leva chupas de coiro.

Aínda así, tiña que cociñar as perdices porque eran o xantar preferido do príncipe.Cociñáballas á prancha, ao forno, recheas, fritas, …

Page 8: Cincenta non quería comer perdices

ESTAS ESTÁN CRÚAS!ESTAS ESTÁN SALGADAS!ESTAS ESTÁN QUEIMADAS!Berraba o príncipe. Porque nunca estaban ó seu gusto.

Page 9: Cincenta non quería comer perdices

E por riba tiña que ir subida naqueles zapatos de cristal de punta

e co tacón dunha cuarta.

Ó principio tratou de poñerse ben dereita, pero caía cara atrás,

así que foi dobrando e dobrando

e case sen se dar conta, fóronlle esvarando as ideas e as ilusións.

Cincenta cada vez sentíase máis enferma, deprimida, perdida.

Un día decidiu contar o que sentía:

VAIA ROLLO DE PRÍNCIPE, DE ZAPATOS E DE PERDICES!

Page 10: Cincenta non quería comer perdices

Non te queixes; o meu príncipe é moderno e eu vou subida nunhas plataformas de medio metro- díxolle a veciña moderna.

Page 11: Cincenta non quería comer perdices

Non te queixes, ó meu encántanlle as vacas e preciso 8 microondas para quentarlle a cea- díxolle a amiga autóctona.

Page 12: Cincenta non quería comer perdices

Onde vas estar mellor que cun príncipe?- díxolle a raíña nai.

Page 13: Cincenta non quería comer perdices

•Pero ti non eras vexetariana e gustábache andar descalza?- •díxolle a colega republicana con can.Así que cincenta confundiuse máis aínda cos comentarios da xente, deixou de contalo e quedou soa. Só tiña ó seu príncipe “amado”, o lombo torto, os pés chafados e o corazón desfeito.

Page 14: Cincenta non quería comer perdices

Pero un día tivo a sorte de verse a si mesma.

E deulle por rir do inocente que fora

pensando que a ía salvar un príncipe.

Despois de anos vivindo con un,

deuse conta que os príncipes non te salvan…

tampouco os camioneiros, nin os rapeiros, nin os pasteleiros,…

Deixou de se sentir culpábel e deuse conta que a única capaz de

salvarte es TI MESMA!!!

Page 15: Cincenta non quería comer perdices

Así que Cincenta dixo

BASTA!

Page 16: Cincenta non quería comer perdices

E nese momento votou a chorar.Había tanto tempo que non choraba!Primeiro chorou polo príncipe, por tantas perdices mortas e polos zapatos.

Logo seguiu chorando ó lembrar que a súa madrasta a maltratara, que o seu pai a trataba peor e que as súas irmás case morren por querer meterse nunha talla 38 de Berska.

E CHOROU TODO TODO …

Chorou tamén por dúas vidas anteriores por se acaso.

E sentiuse mellor ca nunca

VALEIRA!!!

Page 17: Cincenta non quería comer perdices

Co medo que lle daba a ela quedar valeira!

Agora só tiña que encherse de cousas bonitas.

Page 18: Cincenta non quería comer perdices

En primeiro lugar deixou ó príncipe.(A pesares de que custa moito deixalos; é tan difícil que ás veces repites 2 ou 3 príncipes máis).Logo deixou os zapatos e as perdices.E unha vez soa descubriu que quería disfrutar do seu corpo que tan castigado estivera.

Page 19: Cincenta non quería comer perdices

Descubriu a danza libre, que non é tan libre pero faite sentir libre.E dá o mesmo que calces un 42, que peses 100 quilos, que midas 1,92 ou que teñas 80 anos.

Page 20: Cincenta non quería comer perdices

E así foi como atopou no camiño a outras como…A Ratiña presumida, que empezou a engordar e agora liga máis.

A Bela Durminte e Brancaneves, que ían fartas de durmir e decidiron espertar.

A Carapuchiña Vermella que se deu conta do violento que era o cazador e pasou del.

Cincenta montou un restaurante e vaille moi ben, a Ratiña Presumida xa vai pola talla 44 e vive soa e feliz.

Page 21: Cincenta non quería comer perdices

A Bela Durminte e Brancaneves fixéronse moi, pero que moi amigas

e comparten piso.

Carapuchiña imparte talleres

para advertir sobre cazadores violentos

que se ofrecen a salvarte.

Agora están encantadas de terse coñecido,

pero tamén moi enfadadas polo papel que lles tocou representar

nos contos durante séculos:

nenas pasivas esperando que lles pidan a man e lles rouben a vida.

Page 22: Cincenta non quería comer perdices

Acabouse, agora empezan un conto novo:

Eranse unhas mulleres que non estaban soas

e unhas perdices que voaban felices…

Page 23: Cincenta non quería comer perdices

IES AGRA DE LEBORÍS Plan de Convivencia 2009-2011