XUNTA DE GALICIA...Aliméntome de algas, plantas mariñas e diminutos animais. A boca téñoa na...

Preview:

Citation preview

XUNTA DE GALICIA

Colección: A Vida no mar salgado

Idea e texto: Fina Mosquera RoelIlustracións: Ana Sánchez MorenoFotografía: Miguel Sánchez Ortiz

Edita: XUNTA DE GALICIAConsellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

D. X. de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro.

ISBN: 84-453-3358-5

Depósito legal: C-1722-2002

Imprime: Gráficas Sementeira

OurizoNome científico: Paracentrotus lividus

Castelán: Erizo de marÉuscaro: Itsas triKu ArruntaCatalán:garotaInglés: Sea UrchinFrancés: Oursin

Eu son un ourizo.O meu corpo é globoso, aplanado nabase.Teño unha casca dura rodeada depugas robustas e móbiles que servenpara defenderme e para desprazarmelentamente.Polos orificios da miña casca saen unspés ambulacrais que me axudan a andarpolo fondo ou agatuñar polas rochas.

Estes ourizos viven nun acuario.

Normalmente vivimos formando gruposnas zonas costeiras rochosas.Cada un de nós escava a rocha e instála-se nun oco preto dos demais ourizos.O que non é quen de facer buratostápase con cunchas, con pedras ou conalgas que colle utilizando os pés ambu-lacrais. Así, disfrazados, somos difíci-les de atopar.

Ourizos no seu hábitat.

Aliméntome de algas, plantas mariñas ediminutos animais.A boca téñoa na parte inferior e estáformada por cinco pezas a modo de den-tes. Chámanlle Lanterna de Aristóteles.Collo o alimento cunhas prolongaciónsrematadas en pinzas. Ademais, cos den-tes raspo as rochas e vou comendo asalgas que hai nelas.O ano está na parte superior.

Mandíbula dun ourizo.No centro poden verse os cinco dentes.

Temos sexos separados.Uns ourizos somos machos e outrossomos femias.Nos machos as gónadas son de cor ama-rela crara ou parda, e nas femias, decor amarela ou laranxa.Machos e femias expulsamos á auga osnosos productos sexuais, que son comodiminutos ovos. A fecundación prodú-cese cando se xunta o ovo dun macho coovo dunha femia. De aí sairá unha dimi-nuta larva que dará lugar a un ourizo.

Ós ourizos captúrannos á man e mediantemergullo profesional.

A nosa parte comestible son as góna-das, e a época de comida é un tempoantes da posta dos ovos. Polo tanto, haique ter moito coidado á hora de coller-nos, xa que se se fai sen control, pode-mos chegar a desaparecer porque nonnos deixan reproducirnos. O tamañomínimo legal é de 5,5 centímetros dediámetro.

Nas praias atópanse de cotío esqueletos de ourizo.Poden empregarse como adorno.

Algún animal semellante:

A estrelamar.

Glosario

Gónadas: Glándulas reproduc-toras.

Hábitat: Medio ambientehabitual dunha especie.

Mergullo: Actividade que serealiza baixo a superficie domar cun traxe especial.

PolboRodaballoOurizoXureloMexillónPeixe SapoCentolaCamarónPercebe

BraisCarmeAntónAna

Centola

Camarón

Na rede estamos en: pescagalicia.comCONSELLERÍA DE PESCA EASUNTOS MARÍTIMOS

Recommended