13
Presentación: B.Areskurrinaga HC Euskara: D. Amundarain Música:Bach, Oratorio de Navidad. 27 de decembro de 2015 Sagrada Familia – C (Lucas 2, 41-52) José Antonio Pagola Que familia?

2 nadal sda. familia c 2015 bene pagola

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: 2 nadal sda. familia  c 2015  bene pagola

Presentación: B.Areskurrinaga HCEuskara: D. AmundarainMúsica:Bach, Oratorio de Navidad.

27 de decembro de 2015Sagrada Familia – C

(Lucas 2, 41-52)

José Antonio Pagola

Que familia?

Page 2: 2 nadal sda. familia  c 2015  bene pagola

Hoxe é o Día da familia cristiá.

unha festa establecida

recentemente para que os

cristiáns celebremos e

afondemos no que pode ser un

proxecto familiar entendido e vivido

desde o espírito de Xesús.

Page 3: 2 nadal sda. familia  c 2015  bene pagola

Non abonda defender de maneira abstracta o valor da familia. Tampouco é suficiente imaxinar a vida familiar segundo o

modelo da familia de Nazaré, idealizada desde a nosa concepción da familia tradicional. Seguir a Xesús pode esixir a

veces cuestionar e transformar esquemas e costumes moi arraigados en nós.

Page 4: 2 nadal sda. familia  c 2015  bene pagola

A familia non é para Xesús algoA familia non é para Xesús algo absoluto e intocable.absoluto e intocable.

Máis aínda: o decisivo non é a familia de sangue, senón esa Máis aínda: o decisivo non é a familia de sangue, senón esa gran familia que temos que ir construíndo os humanos gran familia que temos que ir construíndo os humanos

escoitando o desexo do único Pai de todos.escoitando o desexo do único Pai de todos. Incluso os seus pais han de telo que aprender, non sen Incluso os seus pais han de telo que aprender, non sen

problemas e conflitos.problemas e conflitos.

Page 5: 2 nadal sda. familia  c 2015  bene pagola

Segundo o relato de Lucas, os pais de Xesús Segundo o relato de Lucas, os pais de Xesús búscano angustiados, ao descubrir que os búscano angustiados, ao descubrir que os

abandonou sen preocuparse deles. Como pode abandonou sen preocuparse deles. Como pode actuar así?actuar así?

Page 6: 2 nadal sda. familia  c 2015  bene pagola

Súa nai rífalle en canto o encontra: Súa nai rífalle en canto o encontra: «Fillo, por que nos trataches así? «Fillo, por que nos trataches así?

Mira que teu pai e mais eu buscabámoste Mira que teu pai e mais eu buscabámoste angustiados»angustiados». .

Page 7: 2 nadal sda. familia  c 2015  bene pagola

Xesús sorpréndeos cunha resposta

inesperada: «Por que me buscabades?

Non sabiades que eu debía estar na

casa de meu Pai?».

Page 8: 2 nadal sda. familia  c 2015  bene pagola

Seus pais «Seus pais «non o comprenderonnon o comprenderon». ». Só afondando nas súas palabras e no seu comportamento Só afondando nas súas palabras e no seu comportamento de cara á súa familia, descubrirán progresivamente que, de cara á súa familia, descubrirán progresivamente que,

para Xesús, o primeiro é a familia humana: unha sociedad para Xesús, o primeiro é a familia humana: unha sociedad máis fraterna, xusta e solidaria, tal como a quere Deus.máis fraterna, xusta e solidaria, tal como a quere Deus.

Page 9: 2 nadal sda. familia  c 2015  bene pagola

Non podemos celebrar Non podemos celebrar responsablemente a festa de responsablemente a festa de

hoxe sen escoitar o reto da nosa hoxe sen escoitar o reto da nosa fe. fe.

Como son as nosas familias?Como son as nosas familias? Viven comprometidas cunha Viven comprometidas cunha

sociedade mellor e máis sociedade mellor e máis humana, ou encerradas humana, ou encerradas

exclusivamente nos seus exclusivamente nos seus propios interesespropios intereses?

Page 10: 2 nadal sda. familia  c 2015  bene pagola

Educan para a solidariedade, a busca da paz, a sensibilidade cara aos necesitados, a

compaixón, ou ensinan a vivir para o benestar insaciable, o máximo lucro e o esquecemento

dos demais?

Page 11: 2 nadal sda. familia  c 2015  bene pagola

Que está sucedendo nos nosos fogares? Que está sucedendo nos nosos fogares? Cóidase a fe, lémbrase a Xesucristo, apréndese a Cóidase a fe, lémbrase a Xesucristo, apréndese a

rezar, ou só se transmite indiferenza, incredulidade e rezar, ou só se transmite indiferenza, incredulidade e baleiro de Deus.baleiro de Deus.

Page 12: 2 nadal sda. familia  c 2015  bene pagola

Edúcase para vivir desde unha conciencia moral Edúcase para vivir desde unha conciencia moral responsable, sa, coherente coa fe cristiá, ou responsable, sa, coherente coa fe cristiá, ou favorécese un estilo de vida superficial, sen favorécese un estilo de vida superficial, sen

metas nin ideais, sen criterios nin sentido último?metas nin ideais, sen criterios nin sentido último?

Page 13: 2 nadal sda. familia  c 2015  bene pagola

QUE FAMILIA? 

Hoxe é o Día da familia cristiá. Unha festa establecida recentemente para que os cristiáns celebremos e afondemos no que pode ser un proxecto familiar entendido e vivido desde o espírito de Xesús.

Non abonda defender de maneira abstracta o valor da familia. Tampouco é suficiente imaxinar a vida familiar segundo o modelo da familia de Nazaré, idealizada desde nosa concepción da familia tradicional. Seguir a Xesús pode esixir a veces cuestionar e transformar esquemas e costumes moi arraigados en nós.

A familia non é para Xesús algo absoluto e intocable. Máis aínda: o decisivo non é a familia de sangue, senón esa gran familia que temos que ir construíndo os humanos escoitando o desexo do único Pai de todos. Incluso os sus pais han telo que aprender, non sen problemas e conflitos.

Segundo o relato de Lucas, os pais de Xesús búscano aflixidos, ao descubrir que os abandonou sen preocuparse deles. Como pode actuar así? Súa nai rífalle en canto o encontra: «Fillo, por que nos trataches así? Mira que teu pai e mais eu buscabámoste angustiados». Xesús sorpréndeos cunha resposta inesperada: «Por que me buscabades? Non sabiades que eu debía estar na casa de meu Pai?».

Seus pais «non o comprenderon». Só afondando nas súas palabras e no seu comportamento de cara á súa familia, descubrirán progresivamente que, para Xesús, o primeiro é a familia humana: unha sociedade máis fraterna, xusta e solidaria, tal como a quere Deus.

Non podemos celebrar responsablemente a festa de hoxe sen escoitar o reto da nosa fe. Como son as nosas familias? Viven comprometidas cunha sociedade mellor e máis humana, ou encerradas exclusivamente nos sus propios intereses? Educan para a solidariedad, a busca da paz, a sensibilidade cara aos necesitados, a compaixón, ou ensenan a vivir para o benestar insaciable, o máximo lucro e o esquecemento dos demais?

Que está sucedendo nos nosos fogares? Cóidase a fe, lémbrase a Xesucristo, apréndese a rezar, ou só se transmite indiferenza, incredulidade e baleiro de Deus? Edúcase para vivir desde unha conciencia moral responsable, sa, coherente coa fe cristiá, ou favorécese un estilo de vida superficial, sen metas nin ideais, sen criterios nin sentido último? 

José Antonio Pagola