7
#OutraHistoriaDoCinema: Cineastas 1. Pioneiras

#OutraHistoriaDoCinema: CineastAs, 1

Embed Size (px)

Citation preview

#OutraHistoriaDoCinema:Cineastas

1. Pioneiras

Alice Guy-BlachéParís, 1 de xullo de 1873 - New Jersey, 24 de marzo de 1968

A primeira muller directora da historia do cinema empezou a traballar coma secretaria de Leon Gaumont en 1894. Uniuse logo á Gaumont Film Company, fundada en 1895 e aínda en activo. Entre 1896 e 1906 foi xefa de produción da compañía.

Casou en 1907 con Herbert Blaché. Con el trasladouse aos EEUU onde fundaron o seu propio estudio, The Solax Company, o maior antes do nacemento de Hollywood.

Ao longo da súa carreira (1896-1922) dirixiu uns mil filmes, dos que se conservan máis de 300. Entre eles, AVENUE DE L'OPERA (1900), a superprodución LA VIE DU CHRIST (1905) e FALLING LEAVES (1912).

Lois WeberPensilvania, 13 de xuño de 1879 – Hollywood, 13 de novembro de 1939

Actriz, guionista, directora e produtora, fixo ao longo da súa carreira entre 200 e 400 filmes, dos que só se conservan apenas vinte. Entre eles, o sorprendente SUSPENSE (1913); HYPOCRITES (1915), un exitazo en parte provocado pola atrevida aparición dunha muller espida case ao comezo do filme; WHERE ARE MY CHILDREN? (1916), polémico pola súa defensa do control de natalidade, ou THE BLOT (1920).

Nos anos 20 traballou coma consultora de guión, directora de desenvolvemento, etc. Chegou a dirixir un “talkie”, WHITE HEAT.

Morreu arruinada en 1939, coa súa irmá Ethel e a guionista Frances Marion coma principais apoios.

Lotte ReinigerBerlín, 2 de xuño de 1899 – Dettenhausen, 19 de xuño de 1981

A súa carreira no campo da animación de siluetas esténdese dende 1919 até 1980.

Casou en 1921 con Carl Koch, que colaborou con ela nos filmes. Fuxiron do nazismo en 1933, mais ningún país lles concedeu visado e pasaron case dez anos danzando dun lugar a outro.

Na súa obra destacan, entre outros, títulos coma CINCENTA (1922), AS AVENTURAS DO PRÍNCIPE ACHMED (1926), PAPAGENO (1935), THE MAGIC HORSE (1953)...

Frances MarionSan Francisco, 18 de novembro de 1888 – Los Angeles, 12 de maio de 1973

Guionista, ocasionalmente directora, foi a primeira persoa en gañar dous Oscars de Holywood: polo drama carcelario THE BIG HOUSE (1930) e o mítico melodrama de King Vidor THE CHAMP (1931).

Nos anos 20 escribiu moitos dos éxitos de Mary Pickford: REBECA DA GRANXA DO SOL, POLYANNA... Tamén STELLA DALLAS (1925), con Ronald Colman, e dous filmes protagonizados por Lillian Gish: THE SCARLETT LETTER (1926), THE WIND (1928). Traballou con John Ford en LIGHTING e THANK YOU (1925).

Na etapa sonora foi autora dos guións dos filmes ANNA CHRISTIE (1931) e CAMILLE (1936), con Greta Garbo, ou DINNER AT EIGHT, comedia coral pre-Code dirixida por George Cukor.

June MathisLeadville, Colorado, 30 de xuño de 1889 – New York, 26 de xullo de 1927

Guionista. Escribiu a adaptación de Vicente Blasco Ibáñez OS CATROS XINETES DA APOCALIPSE (1921), protagonizada por un daquela descoñecido Rodolfo Valentino, de quen ela foi “descubridora”. Un gran éxito que se repetiu con BLOOD AND SAND (1922). No cumio da súa carreira era a persoa mellor pagada de Hollywood nun posto executivo.

Tomou parte na montaxe final de GREED de Stroheim, que deixou en 2,5 horas un filme que o director deixara en seis. Adaptou ao cinema a novela BEN-HUR, que dirixiu Fred Niblo. Os elevadísimos custos de produción fixeron do filme un fracaso para a MGM.

Morreu dun ataque ao corazón mentres vía unha obra de teatro. As súas derradeiras palabras foron “Mother, I am dying”.

Lillian GishSpringfield, Ohio, 14 de outubro de 1893 – New York, 17 de febreiro de 1993

Actriz de longuísima carreira, debutou no cinema en 1912 coa súa irmá Dorothy na curta AN UNSEEN ENEMY, dirixida por David Wark Griffith. Con el traballou en numerosos clásicos do período silente: THE BIRTH OF A NATION, INTOLERANCIA, BROKEN BLOSSOMS, ORPHANS OF THE STORM... Nos 20 traballou con Henry King (ROMOLA), King Vidor (LA BOHEME) e Victor Sjöstrom (THE SCARLETT LETTER, THE WIND). Dirixiu un filme en 1920, REMODELING HER HUSBAND, hoxe perdido.

Foi candidata ao Oscar como actriz de reparto por DUEL IN THE SUN (King Vidor, 1946). Fixo memorábeis interpretacións en THE NIGHT OF THE HUNTER (Charles Laughton, 1955), UNFORGIVEN (John Huston, 1960) e, xa anciá, en A WEDDING (Robert Altman, 1978), SWEET LIBERTY (Alan Alda, 1986) e coma protagonista, aos 94 anos, en THE WHALES OF AUGUST (Lindsay Anderson, 1987), na compaña de Bette Davis.