Upload
ccooxustiza
View
98
Download
1
Embed Size (px)
DESCRIPTION
Novas da xustiza, o boletín dixital do Sector de Xustiza de CCOO
Citation preview
novas da xustiza
Número 1021 Edita: CCOO de Xustiza 24 de marzo de 2013
Mobilizacións
O 22 de marzo a Xustiza
tamén marchou pola
Dignidade
Máis dun millón de persoas inundaron este
sábado Madrid de Dignidade. Entre eles, os
funcionarios de xustiza, que conformaron
unha marea amarela, reivindicando unha
Xustiza para todos
Páxina 4
Rexistro Civil
Continúa a defensa do Rexistro Civil
O pasado venres as Organizacións Sindicais con representación en
Xustiza, CCOO, USO, UGT, CSIF e CIG mobilizámonos en todos os
Rexistros Civís de Galicia, na defensa dun servizo público gratuíto e
de calidade e para defender os máis de 200 postos de traballo
afectados por un Rexistro que Gallardón quere regalar.
Páxina 6
Mesa sectorial
CCOO demanda da DXX a convocatoria
inmediata de mesa sectorial
O costume de aplicar o rodillo ditatorial, con nulo respecto á
negociación colectiva, que representa á transmisión aos
traballadores a través das organizacións sindicais das medidas
consensuadas a aplicar no noso eido, estase a converter en
tradición para Juan José Martín, Director Xeral de Xustiza.
Taboleiro de avisos
Mobilización Rexistro Civil
27/03/2014
Este xoves concentración en
todas as cidades de Galicia,
en defensa do Rexistro Civil,
público e gratuíto, servido
por funcionarios de xustiza
SANIDADE PÚBLICA
26/03/2014
Manifestacións en 13 cidades
e vilas de Galicia en defensa
da Sanidade Pública
Busca a túa e participa
premendo aquí .
ASEMBLEA
Xoves 27/03/14
Asemblea informativa nos
Xulgados de Santiago de
Compostela
2 Novas da Xustiza
Arquivos e expurgo
Desleixo da Dirección
Xeral de Xustiza
Os arquivos dos xulgados son auténticos
vertedoiros de papel. O expurgo, nova
función que a Administración pretende
atribuírnos de forma unilateral
Páxina 7
Concurso de traslado
Mobilidade exterior
A exigua oferta de prazas para o Concurso
de 2014 representa un drama persoal para
todos os funcionarios destinados fóra da nosa
Comunidade
Páxina 9
Editorial
O Sector de Xustiza de
CCOO, sindicato
maioritario, segue adiante
O Novas de Xustiza, despois un parón
obrigado pola reestruturación do Sector,
volve a publicarse con frecuencia semanal
Páxina 10
3 Novas da Xustiza
Humor
22-M
Por Manel Fontdevila.
Publicado na nosa páxina web
Outras novas
CCOO convocará huelga si el gobierno insiste en privatizar el Registro Civil
Concurso de traslado 2014. Prazas vacantes Galicia
Un Juzgado de Girona obliga a devolver la paga íntegra de diciembre 2012 a un funcionario de justicia
4 Novas da Xustiza
Mobilizacións
O 22 de marzo a Xustiza
tamén marchou pola Dignidade O pasado sábado centenares de miles de
cidadáns reivindicaron en Madrid un
sistema máis xusto e solidario, onde
primen as persoas sobre os intereses
político-financeiros, cun lema común: pan,
traballo e teito.
O lamentable tratamento dos medios de
comunicación, cunha campaña orquestrada
para desviar o foco cara aos altercados provocados por unha minoría e a
resposta descoordinada e desproporcionada dos antidisturbios, non
poden embazar o que foi unha xornada de loita pacífica, fraterna e
masiva.
Os delegados e delegadas de xustiza das CCOO participamos
activamente na Marcha pola Dignidade, en defensa dunha Xustiza para
todos, terceiro piar do Estado de Benestar, a onde ineludiblemente
debemos recorrer cando fallan as pensións, a Sanidade e a Educación
públicas, a única, xunto coa mobilización cidadá, capaz de evitar que a
falsa democracia convertida en ditadura financeira esmague
definitivamente os dereitos políticos, sociais e laborais que tanto
custaron conseguir en décadas de loita obreira e social.
Leis á carta, como a lei mordaza, a anti-lei de xustiza universal, a lei de
taxas,... son ataques organizados e indiscriminados contra as clases
populares e só o pobo organizado, que é a maioría social, pode derrubar
un réxime que permite que o 1% da poboación acapare o 75% da
riqueza.
MANTEÑAMOS AS MOBILIZACIÓNS!!!
5 Novas da Xustiza
Rexistro Civil
Continúa a defensa dun Rexistro
Civil público e gratuíto servido
por funcionarios de xustiza
As Organizacións Sindicais con representación en Xustiza
acordan a unidade de acción no terreo institucional e nas
mobilizacións
CCOO e o resto de organizacións sindicais consideran que a
unidade de acción é requisito imprescindible para lograr a
continuidade do Rexistro Civil como un servizo público e gratuíto
servido por funcionarios de xustiza.
Animamos a todos os traballadores e traballadoras a secundar as
mobilizacións en defensa do servizo público e dos nosos postos de
traballo. De acordo coas mobilizacións que todos os
compañeiros e compañeiras están a emprender en todo o
territorio nacional, cunha participación activa e
responsable, convocámosvos todos os xoves nas principais
cidades de Galicia a concentrarvos nas portas dos Xulgados
en defensa do Rexistro Civil. Só con solidariedade e firmeza
poderemos conseguir frear os plans privatizadores de Alberto Ruíz
Gallardón. En Galicia suporía a destrución de máis de 200 postos
de traballo, un ERE disfrazado do 7% do cadro de persoal, e que,
xunto co proxecto de reforma da LOPX, provocaría mobilidades
forzosas sen cortapisas, xa que logo, coa nova lei, o noso centro
de destino será a provincia. Ademais, como dano colateral, os
Xulgados de Paz, a xustiza de proximidade máis elemental e
necesaria, estarían abocados a súa desaparición.
Enlace á proposta da
declaración institucional
presentada aos grupos
parlamentarios o pasado día
17 de marzo no Parlamento
Galego: preme aquí
Folla conxunta de CCOO,
USO, UGT, CSIF e CIG
contra a privatización do
Rexistro Civil: preme aquí
6 Novas da Xustiza
Mesa sectorial
CCOO demanda da Dirección
Xeral de Xustiza a convocatoria inmediata de mesa sectorial
O Sector de Xustiza de CCOO remitiu escrito á Dirección Xeral de Xustiza para a
convocatoria urxente dunha mesa sectorial. A costume de aplicar o rodillo ditatorial, con
nulo respecto á negociación colectiva, que representa á transmisión aos traballadores a
través das organizacións sindicais das medidas consensuadas
a aplicar no noso eido, estase a converter en tradición para
Juan José Martín, Director Xeral de Xustiza.
A aplicación de recortes pola vía dos feitos consumados,
como a limitación da bolsa de horas, a inclusión de novas
prazas na listaxe de amortizables que anula de facto o concurso de traslado e requiren
dunha explicación e revisión inmediatas, a negativa a negociar as substitucións baixo o
principio básico de “igual traballo, igual remuneración”, o expurgo unilateral e atribuído
tamén por decreto aos funcionarios que leva a cabo a administración, ou a insinuación de
que este ano implantarase a Nova Oficina Xudicial, sen participación sindical e coa
probabilidade de novos intentos de amortización, amosan unha actitude de desidia e
desconsideración polos traballadores da xustiza, aos que se lles atribúe unha presunción de
culpabilidade que non merecen, sendo grazas a eles que a Xustiza non colapsa por falta de
medios. En consecuencia, dende o Sector de Xustiza solicitamos:
1.- A convocatoria inmediata de mesa sectorial para tratar os temas expostos
2.- O cese das decisións unilaterais, propias de actitudes antidemocráticas
3.- Unha actitude negociadora real, cun calendario preestablecido de mesas, que
se cumpra por ambas partes, sen máis dilacións ou escusas.
7 Novas da Xustiza
Arquivos e expurgos
Desleixo da Dirección Xeral de Xustiza
O pasado 28 de febreiro tivo lugar na Dirección Xeral unha mesa técnica de
arquivos e expurgo, a petición das organizacións sindicais, ante a sobrecarga de traballo
que estaba a supoñer o expurgo en determinados órganos, labor atribuída sen ningún tipo
de negociación e por imposición aos funcionarios de xustiza. Así mesmo, a mesa estaba
convocada co fin de procurar unha solución aos saturados arquivos de xestión dos centros
de traballo e os arquivos definitivos, máis que arquivos racionalizados, verdadeiros
vertedoiros de papel.
En dita mesa, a Subdirectora Xeral, Dolores Sáez, comprometeuse a buscar
solucións entre todos, fíxose propósito de enmenda por non teren buscado cos
representantes dos traballadores as fórmulas idóneas para non atribuír máis funcións
aos traballadores que, en plena xeira de amortizacións (basta con ver as prazas
bloqueadas no concurso de traslado), cunha vaga de recortes continua, e cos
órganos colapsados por falta de medios persoais, ven como sen ningún tipo de
remuneración, teñen o mandato imperativo de levar adiante o expurgo e ser eles
os que fagan as labores de arquiveiros.
A Dirección Xeral apelou ao seu propio “voluntarismo” para solucionar o que, polo menos,
considera un problema grave, e comprometeuse a convocar na semana seguinte unha mesa
técnica. Tres semanas despois nin hai convocatoria, nin negociación, nin ningún tipo de
solución, todos os compromisos foron incumpridos. Polo tanto, as Organizacións
Sindicais con representación na mesa sectorial de Xustiza, CCOO, USO, UGT, CSIF
e CIG, de forma unitaria, reivindican:
1.- A convocatoria inmediata dunha mesa técnica de arquivos e expurgo,
paralizándose en tanto non teña lugar a atribución de funcións de expurgo aos
funcionarios de xustiza.
8 Novas da Xustiza
2.- O nomeamento de dúas prazas por provincia de funcionarios de reforzo
itinerantes, persoal que estaría especializado e cualificado para facer o expurgo
con máis eficacia e rapidez. Subsidiariamente, que se oferten prolongacións de
xornada voluntarias aos funcionarios de xustiza para levar a cabo estas tarefas.
3.- A creación de verdadeiros arquivos territoriais, e non pequenas salas nas
Audiencias ou TSXG, que son de todo punto insuficientes como arquivos definitivos
e perpetuarían os problemas de espazo.
4.- A participación sindical na Xunta de Expurgo, co fin de coñecer o ritmo dos
traballos e servir de canle de unión entre dito órgano e os traballadores
5.- A dotación suficiente das plantillas de persoal laboral, que está a desempeñar
un gran traballo, inasumible cos raquíticos cadros de persoal de que dispoñen, e
que a Dirección Xeral pretende solventar derivando funcións destes corpos aos
funcionarios de xustiza
NOTA: A presión sindical obriga a DXX a convocar mesa técnica sobre arquivos e expurgo
para a primeira semana de abril
9 Novas da Xustiza
Concurso de traslado
Mobilidade exterior Todos recordamos as palabras da Ministra de Trabal lo, Fátima Báñez, esa
que apela a Virxe do Rocío para solucionar o desemprego, cando, nun
alarde de cinismo, cual i ficou a emigración forzosa da nosa mocidade
como “mobilidade exterior”. Os que ingresamos na Administraci ón de
Xustiza vémonos na obriga de sufri r unha longa traves ía no deserto,
antes de regresar coas nosas familias. A exigua oferta de prazas para o
vindeiro concurso de traslado anula as esperanzas de tantos e tantas
funcionarios de xustiza que agardan fora do noso país unha oportunidade
de volver. No correo do Sector de Xustiza recibimos esta mensaxe, que
refl icte a perfección o drama persoal que se agocha tras os plans de
amortizacións, a paral ización na creación de novos xulgados e a non
consol idación de reforzos estruturais:
Boas tardes,
Chámome ... .. . e son tramitadora procesual
dest inada en .. .. . Quedei perplexa tras ver a
relación de prazas ofertadas no concurso de
traslados. Non vivo en Gal icia e por tanto non sei
de ningunha praza vacante, pero resúltame
inconcebible que non haxa máis, pois neste ano
t ivo que haber algunha xubi lación, abandono,
falecemento, etc. Ademais, tendo en con ta que
non convocan prazas para tramitación desde
tempos inmemorais, debería ser maior a oferta
incluso que noutras comunidades. Rógovos que
fagades todo o que estea nas vosas mans para
conseguir que convoquen esas prazas pantasmas
(cubertas por interinos que nunca saen), pois os
galegos que estamos fóra estamos comezando a
arrepentirnos de marchar, porque isto parece
unha viaxe sen retorno.
Un saúdo e moitas grazas
Dende o Sector de Xustiza de CCOO apelamos á Dirección Xeral de
Xustiza á creación de prazas do servizo de apoio coas que xa foron
amortizadas, á consol idación dos reforzos estruturais e a anulaci ón do
plan de amortización de maio de 2012, non só por respecto a todos os
compañeiros e compañeiras como a que nos remite o anterior correo,
senón porque a redución de cadros de persoal é unha estratexia
planificada pola administración, con consecuencias gravísimas no tocante
á destrución de emprego públ ico e, como non, nas posibi l idades de facer
da Xustiza un servizo áxi l , eficaz e digno.
10 Novas da Xustiza
Editorial
SECTOR DE XUSTIZA DE CCOO
Os cambios producidos no Sector de Xustiza fixeron que o Novas estivera un tempo sen
publicarse. A necesaria reestruturación do sector estase a producir, logo da dimisión dun
grupo de delegados de CCOO. Os que seguimos adiante, cremos que CCOO, por historia e
combatividade, pode seguir sendo a organización de masas que mellor pode representar os
intereses da clase traballadora, con independencia dos que circunstancialmente estean ao
fronte da organización, cos que podemos ter diferenzas, que deben resolverse no ámbito
interno da nosa organización.
CCOO seguirá traballando para mobilizar aos traballadores fronte aos recortes, para
representalos diante da Administración nas mesas de negociación, para entablar os recursos
legais pertinentes fronte ao rodillo do goberno das tesoiras vía decreto lexislativo. No noso
ámbito somos seis organizacións sindicais máis, segundo parece, unha sétima que está en
formación. Semella que llo estamos a poñer demasiado fácil aos que día a día esnaquizan os
nosos dereitos, a estratexia do divide e vencerás dálles resultado: a atomización das
mobilizacións, os intereses non sempre coincidentes entre os diferentes sindicatos, a maioría
corporativos, e os conflitos internos son terreo abonado para a desmobilización e deixan a
porta aberta para novos recortes ante os visos de debilidade da parte social.
Dende CCOO sempre impulsaremos a unidade sindical para os grandes temas estruturais,
porque cremos que é a única maneira de frear o vendaval dos recortes e, ademais, porque
temos a convicción de que é unha demanda moi maioritaria de vós, os traballadores e
traballadoras. Así mesmo facemos un chamamento para a unificación das loitas,
nomeadamente as da área pública; a dispersión das mobilizacións, cada día nunha
administración, Sanidade, Facenda, Educación, Seguridade Social, Autonómica, etc. non están
a supoñer apenas desgaste para un goberno que non está disposto a rectificar e que xa
anuncia unha segunda vaga de recortes.
Dende aquí, os delegados e delegadas de Xustiza de CCOO saúdamos unha nova etapa, e
continuaremos traballando para a recuperación dos nosos dereitos e para unha Xustiza pública
e de calidade.
Galicia, 25 de marzo de 2014
11 Novas da Xustiza
12 Novas da Xustiza
Novas da Xustiza
Edita
CCOO de Xustiza
Subscricións-Colaboracións
Se queres publicar un artigo ou un
comentario no boletín, se queres
realizar unha consulta ou unha
suxestión ou se queres recibir o
boletín remítenos un correo
electrónico a
Síguenos en
www.ccooxustiza.com
google +