1

Click here to load reader

Folga dos firmantes

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Folga dos firmantes

COMUNICADO DE CGT ANTE AS FOLGAS DOS ASINANTES DO III CONVENIO: Ante as repentinas convocatorias de folga anunciada por distintos sindicatos asinantes para algúns días do mes de maio, CGT manifesta o seu total e profundo respecto por todas as folgas e a súa vontade de non boicotear nin-gunha folga convocada por un sindicato, cousa que non podemos dicir doutros sindicatos cando convoca CGT. Unha vez dito isto, temos que sinalar que non sabemos a que se debe esta presa por convocar folga agora: a mesa de negociación non se reuniu desde o 26 de febreiro, polo que non hai ningunha novidade sobre o futuro convenio que nos saibamos. Se a información está sendo entregada noutros lugares fora da mesa de negociación oficial es-tas organizacións terían que mostrarlla a CGT. Pero iso sería aceitar que se está negociando fora da mesa oficial con a clara intención de ocultar a negociación a toda a plantilla que ten dereito a saber qué se está a negociar nesas xuntanzas paralelas. A empresa ten que presentarnos aínda as súas propostas en temas moi relevantes, como o sis-tema retributivo. No caso de que o motivo da folga sexa o atraso da empresa en presentar propostas ou nas propostas “regresivas”, gostaríanos sinalar que ese motivo xa existía en decembro de 2014, en vésperas do Nadal, cando estes mesmos sindicatos asinantes convocaran folga que logo foi desconvocada argumentando “avances na negociación”. Que sentido ten convocar agora o que entón se desconvocou se a situación non cambiou, visto o presentado no 26 de febreiro, sustancialmente? Non imos cair nos rumores que indican que estas mobilizacións parten do berrinche que colleu un deses sindicatos dos asinantes que foi excluído do preaviso electoral do 2015....

É posible que haxa sindica-tos que pretendan asinar calquera acordo, canto an-tes, coa actual dirección, a cambio de non sabemos qué (para os asinantes, non para o persoal). En CGT non temos ningunha présa por asinar un convenio cu-nha dirección que depende do PP aínda peor do que temos, . Aguantamos todo 2014 e parte de 2015 sen novo convenio.

Preferimos esperar a un hipotético novo goberno a final de ano se non hai ningunha boa proposta da actual dirección de Correos e o actual do PP demostra nula capacidade ou interese de negociación. Somos conscientes de que a falta de novo convenio permite á dirección exercer algunhas presións inxustificadas so-bre o persoal ante a pasividade dos asinantes; pero tamén hai saída para isto: por iso denunciamos a falta de ca-lendario laboral ante a Inspección de Traballo, por iso levamos a falta de concurso de traslados ante os xul-gados e por iso estamos a traballar onde entendemos que fai falta: denunciando os recortes e os recargos a diario, as ilegalidades no cumprimento do SPU, as inxustizas na saúde laboral, e os problemas que sufrimos nas carterías, que son moitos e darían non para unha folga, senón para moitas indefinidas.

MAJADAHONDA E MONTEQUINTO: máis de 40 días en FOLGA INDEFINIDA LOITANDO POLOS SEUS POSTOS DE TRABALLO!

Axudade aquí na súa caixa de resistencia: CAJA DE RESISTENCIA CARTEROS/AS EN HUELGA DE MAJADAHONDA: DEUTSCHE BANK: 0019.5219.91.4210001374 (A nombre de María Ángeles Antón)