Upload
santiago-gonzalez-avion
View
80
Download
1
Embed Size (px)
Citation preview
10/04/2015
Acoller ás persoas estranxeiras,
promover a cidadaniaA proposta de intevención intercultural da Asociación Diversidades
Quen somos?
✤ Somos unha organización
formada por un equipo de
profesionais e voluntarios con
máis de vinte anos de
experiencia no ámbito da
intervención social en contextos
de diversidade cultural.
Que facemos?Inclusión social
Educación
Formación de persoas adultas
Inclusión social
✤ Bun Venit (Ben Vido!) é a denominación xenérica dos
proxectos de inclusión social da Asociación
Diversidades, pensados especialmente para a
poboación romanesa residente en Galicia,
especialmente para a de cultura xitana.
Educación
✤ Pretendemos intervir co conxunto da comunidade
educativa:
✤ Alumnado
✤ Familias (nais, pais, titores legais, outros membros da
unidade familiar relevantes na educación dos menores).
✤ Profesorado
✤ Recursos comunitarios.
Formación de persoas adultas
✤ Español para mulleres estranxeiras
✤ Competencias - clave
✤ Formación para o emprego
O perfil das
persoas coas
que traballamosDiversidade de procedencias.
Exclusión social.
Fraxilidade das redes sociais.
Múltiples formas de convivencia familiar.
Situacións moi difíciles en orixe.
Barreiras culturais
A nosa proposta
de valoresConsideramos que o camiño para a cohesión social pasa pola
aprendizaxe e a práctica dos deberes de cada quen e por un
acceso pleno ao conxunto de dereitos da cidadanía. Cremos
que a liberdade e a responsabilidade van xuntas, e que
continuamente debemos aprendelas e ensinalas.
Sabemos que non todo o mundo ten os mesmos dereitos e
deberes desde o punto de vista legal, pero apostamos por
construír entre todos unha cidadanía universal, partindo das
normas de convivencia democrática da nosa sociedade.
Entendemos que a dignidade da persoa é o centro do noso
traballo, o criterio da nosa actuación e o resultado de calquera
intervención social e educativa digna de tal nome.