38
Actividades Departamento de Lingua Galega do IES de Meaño Recursos para 4º da ESO: http://centros.edu.xunta.es/iesdemeano

Vangardas

Embed Size (px)

DESCRIPTION

As vangardas internacionais e galegas na arte e na literatura. Inclúe textos e actividades. Material elaborado polo Departamento de Lingua Galega do IES de Meaño.

Citation preview

Page 1: Vangardas

Actividades

Departamento de Lingua Galega do IES de MeañoRecursos para 4º da ESO:

http://centros.edu.xunta.es/iesdemeano

Page 2: Vangardas

VANGARDA: 1. Parte do exército máis avanzada, a que está fronte ao inimigo . 2. Conxunto de persoas, ideas,… máis avanzadas en calquera sentido.

Page 3: Vangardas

Táboa cronolóxica

Page 4: Vangardas
Page 5: Vangardas

As señoritas de Avignon, Pablo Picasso

Page 6: Vangardas

Primeira comuñón,Pablo Picasso

Page 7: Vangardas

As tres grazas,Rubens

Page 8: Vangardas

Sea of flames, Magritte

Page 9: Vangardas

Komposition VIII. Kandinski (1923)

Page 10: Vangardas

The treason of pictures. Magritte

Page 11: Vangardas

Fonte (1917) de Duchamp.

Claro exemplo do carácter

provocador da arte moderna.

Page 12: Vangardas

Trazos comúns a todos os movementos vangardistas

Desexo de modernidade.

Visión da arte como experiencia autónoma.

Oposición ao romanticismo e sentimentalismo.

Supresión de barreiras entre os distintos xéneros.

Page 13: Vangardas

Crean novas técnicas

Libre asociación de imaxes.

Colaxes e caligramas.

Supresión dos signos de puntuación.

Nova función das imaxes e das metáforas.

Page 14: Vangardas

Caligrama. Sabor.

Page 15: Vangardas

Caligrama en espiral

Page 16: Vangardas

O sapo. Caligrama

Page 17: Vangardas

Caligrama “A mar de raro”.

Page 18: Vangardas

“O puñal”

Page 19: Vangardas

Termos clave

ISMO: corrente vangardista. Por exemplo: futurismo, surrealismo, cubismo…. O nome vén dado pola terminación das distintas correntes. En Galicia temos o manifesto Máis alá”, feito por Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro.

MANIFESTO: texto de carácter provocador que cada ismo elaboraba para dar a coñecer os principios fundamentais nos que se basea o movemento.

Page 20: Vangardas

Manifesto ultraístaNós os ultraístas -nesta época de mercachifles que exhiben corazóns disecados e plasman o rostro en entroidos de carantoñas- queremos desanquilosar a arte. Lícito e envexable como calquera outro pracer é o que motivan as palabras eficazmente trabadas, mais cómpre convir no absurdo de honrar os que o venden, traficando con fracas insulseces e trampas antiquísimas. A nosa arte require [...] descubrirlle facetas insospeitadas ao mundo. Sintetizamos a poesía no seu elemento primordial: a metáfora, á que lle concedemos unha máxima independencia, alén dos xoguiños daqueles que comparan entre si cousas de forma semellante, equiparando un circo á lúa. Cada verso dos nosos poemas posúe unha vida individual e representa unha visión inédita. O Ultraísmo propende deste xeito á formación dunha mitoloxía emocional e variable. Os seus versos que exclúen o exceso de palabras baleiras de contido e as vitorias baratas conseguidas mediante o malgasto de palabras exóticas, teñen a contextura decisiva dos marconigramas. Retrouso ...Lanzamos PRISMA para democratizar esas normas. Adornamos de poemas as rúas, iluminamos con lámpadas verbais o noso camiño, cinguimos os vosos muros con rubideiras de versos: Que eles izados coma berros, vivan a momentánea eternidade de todas as cousas, e sexa comparable a súa beleza dadivosa, e transitoria, á dun xardín vislumbrado á música desparramada por unha aberta xanela e que colma toda a paisaxe.

Page 21: Vangardas

As vangardas en Galicia

Non se desenvolveron plenamente dadas as limitacións sociais nas que se desenvolvía a nosa cultura.

As mostras máis significativas son o manifesto Máis alá! e a proliferación de revistas literarias: Alfar, Ronsel, Papel de color, Cristal, Resol e Yunque.

Aparecen os seguintes movementos vangardistas: imaxinismo, neotrobadorismo e vangardismo.

Page 22: Vangardas

IMAXINISMO

Tamén chamado hilozoísmo (e animismo) porque aparece a personificación da paisaxe.

Principal representante: Luís Amado Carballo (Proel, O galo e a novela Os pobres de Deus).

Aparece a paisaxe humanizada e as imaxes sensoriais.

A métrica é tradicional.

Page 23: Vangardas

NEOTROBADORISMO

Recupera as estruturas formais das cantigas medievais (paralelismo, refrán).

Tamén recupera os tremas medievais pero desde unha sensibilidade contemporánea.

É consecuencia do impacto que causou o coñecementos das cantigas medievais galego-portuguesas.

Os principais representantes deste ismo foron: Fermín Bouza Brey (Nao senlleira) e Álvaro Cunqueiro (Cantiga nova que se chama riveira).

Page 24: Vangardas

VANGARDISMO

Representado por poetas que asumiron as propostas dalgún movemento vangardista.

Álvaro Cunqueiro: Mar ao norde fai unha poesía cubista polo carácter

abstracto. Poemas do si e non fai poemas surrealistas (expresión

do subconsciente e emprego da imaxe onírica). Luís Acuña: Fírgoas. Manuel Antonio: autor creacionista (o poema é unha

realidade autónoma)

Page 25: Vangardas

MANUEL ANTONIO

Máis alá! Manifesto feito xunto con Álvaro Cebreiro. É principal texto

teórico da vangarda galega. Nel amosan: Paixón revolucionaria Loanza do individualismo Crítica do ruralismo e dos conceptos estéticos caducos.

De catro a catro Subtitulado: “Follas sen data dun diario de abordo” Composto durante unha das súas navegacións Contén 19 poemas vistos desde a perspectiva do mar. É o diario poético dunha viaxe física polo mar pero tamén

dunha viaxe interior, marcada pola soidade e a ausencia. Linguaxe experimental e renovadora, influída polo

creacionismo.

Page 26: Vangardas

RAFAEL DIESTE A súa obra está afastada do realismo costumista da época,

resultando anovadora.

Dos arquivos do trasno: Son contos modernos nos que mestura realidade e fantasía Os personaxes exemplifican moi ben o modo de ser da

poboación galega.

A fiestra valdeira Peza teatral orixinal e innovadora cunha riqueza formal e

temática descoñecida ata entón. Comedia simbólica centrada na identidade cultural.

Page 27: Vangardas

A vixencia das vangardas hoxe en día

O colectivo poético Ronseltz desenvolveu a súa actividade a comezos da década dos 90 en Galicia. Idolatrados, reivindicados coma os rebeldes da nosa poesía. Caracterizáronse pola ironía e a desacralización dos clásicos. Foi un xeito de baixar a poesía dos altares. Publicaron tres revistas con manifestos, realizaron uns 57 recitais e publicaron un volume colectivo: Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados (1994).

Neotrobadorismo

Os espárragos son diuréticos UxíoE ti es o amor da miña vida ímosche facer a parcelariaE ti es o amor da miña vida e vaste cagar en Dios.

Ondas do mar de Vigo Todo na miña terra é paisaxese vistes meu amigo: menos traxe, paxe e garaxe.que marchei.

Page 28: Vangardas

Caligrama de Ronseltz representando o tráfico de droga na ría.

Page 29: Vangardas

Responde a estas preguntas

1. Cal foi a razón de que en Galicia non houbese vangardas que proclamasen a ruptura coa cultura anterior?

3. Que movementos actuais serían hoxe os equivalentes das vangardas nos anos 20?

5. Por que se considera a Manuel Antonio como o escritor máis anovador da xeración do 22?

Page 30: Vangardas

Os berros dos mazaricosrachan as sedas do mar,no carro das mouras nubesvén do sur o temporal.

Nas barras e nos peiraosrompen as foulas cristadasde lóstregos azuladosdas estrelas afogadas.

Púxose o ceo de loitopolos que van afogar.As centellas como trallasbaten no lombo do mar.

Page 31: Vangardas

AldeaManuel Luís Acuña (Fírgoas)

No agro encorou o tempoe só camiñan as nubes.

Aldea sono.Aldea esquezo.No agro dormen as luces.

Noite no corpo e na alma.Na alma e no corpo sures.

Fame.Frío.Fume.

No agro non comen bebenchocolate nin azucre.

Page 32: Vangardas

“Excelsior”Foulas

Manuel Antonio

Page 33: Vangardas

A dama que íaÁlvaro Cunqueiro (Poemas do si e non)

A dama que ía no branco cabalolevaba un pano de seda bordado.Na verde floras letras van de amor!

O cabaleiro do cabalo negrolevaba una fita colléndolle o pelo.Na verde floras letras van de amor!

No medio do río cambiaron as vistas,el para o peno e ela pra fita.Na verde floras letras van de amor!

As vistas lle viron no río cambiare o pano e a fita por se namorar.Na verde floras letras van de amor!

Page 34: Vangardas

EnterroLuís Amado Carballo (Proel)

Page 35: Vangardas

Actividades sobre o poema “Enterro” de Amado Carballo

1. Cales son os elementos que elixe o poeta para describir o enterro?

2. Indica as palabras que se asocian aos campos semánticos da morte e da chuvia.

3. O poema está cheo de referencias sensoriais que nos remiten ao que podemos percibir a través dos diferentes sentidos. Asocia a cada sentido as referencias que teñan que ver con el.

4. Neste poema aparecen moitas das constantes formais que caracterizan a obra poética do autor: poema breve, división en estrofas, versos de arte menor, rima asonante… Identifica e describe estas constantes no poema.

5. Outra característica de Amado Carballo é o emprego da personificación ou prosopopea. Identifica as que aparezan neste poema, indicando cal é o elemento humanizado e a característica que se lle atribúe.

Page 36: Vangardas

O cartafol do vento

Manuel Antonio

(De catro a catro)

O vento perdeu as follasdo seu cartafol

-esas que os chuvascos mecanógrafos

teclean no manual dos mastros?

As gavotas non teñen quitasol pero fan raudos equilibrios

polo aramio transparentede tódalas ortodrómicas do ceo

O pailebote sen velas -Serán esas que o vento

levou no seu cartafol? tamén fai equilibrios no ronsel

Coa boca aberta -caille a baba- está mirándonos o babión do Sol.

Page 37: Vangardas

1. Une cada unha destas palabras do poema co seu significado:

CARTAFOL Escuma deixada polo barco ao avanzarMASTRO Torpe, parvoPAILEBOTE Liña que sinala a distancia máis curta entre dous puntosRONSEL Poste vertical que sustenta as velas dun barcoORTODRÓMICA Embarcación a vela, de dous mastrosBABIÓN Caderno para facer notas ou apuntamentos

2. Neste poema preséntasenos unha escena formada por unha xustaposición de imaxes que se apoian en elementos reais. Sinalade cales son eses referentes reais.

3. Sinala os termos que pertencen ao campo semántico do mar.

Actividades sobre o poema “O cartafol do vento” de Manuel Antonio

Page 38: Vangardas

. O Vento –ou a súa ausencia- é o protagonista do poema, de feito aparece en maiúscula para indicar o seu carácter simbólico. Explica o papel protagonista do Vento.

. Sinala os trazos formais deste poema, facendo fincapé nos vangardistas.

. Os chuvascos mecanógrafos

Teclean no manual dos mastros

Estes versos forman unha imaxe que nos amosa as pingas da chuvia que, ao golpear contra o barco, fan un ruído semellante ao das teclas dunha máquina de escribir. Busca as outras imaxes do poema e explica o seu sentido.