36
TEMA 9: A TECTÓNICA DE PLACAS

Unidade 9 tectónica de placas

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Unidade 9 tectónica de placas

TEMA 9:

A TECTÓNICA DE PLACAS

Page 2: Unidade 9 tectónica de placas

A TECTÓNICA DE PLACAS é a teoría que explica os procesos xeolóxicos que

teñen lugar no interior da Terra e as súas consecuencias na superficie terrestre.

Foi enunciada en 1968, e baséase en dúas teorías anteriores:

- a DERIVA CONTINENTAL, proposta por Alfred Wegener, e

- a EXPANSIÓN DOS FONDOS OCEÁNICOS.

Antes da Deriva:

Durante os séculos XVI e XVII os cartógrafos observaban con curiosidade a

semellanza entre as costas de América e África, que parecían encaixar

como pezas dun puzle.

Ata o século XX os naturalistas pensaban que as

cadeas montañosas eran as “engurras” que se

formaran ao arrefriarse e contraerse a Terra.

Page 3: Unidade 9 tectónica de placas

DERIVA CONTINENTAL

- enunciada en 1912 polo meteorólogo alemán Alfred

Wegener na conferencia da Asociación Xeolóxica de

Frankfurt, e en 1915 na súa obra A orixe dos continentes e

océanos.

Wegener morrería en 1930 druante unha

expedición a Groenlandia, sen que a súa teoría

fose totalmente aceptada.

- Wegener propuxo a existencia dun único

continente no que todos os actuais estaban unidos,

hai 300 ma: a Panxea, rodeada dun único océano: o

Panthalassa.

- Hai uns 200 ma, a masa continental empezou a

romperse, e os fragmentos viaxaron á deriva ata

acadar a posición actual.

DERIVA CONTINENTAL

Page 4: Unidade 9 tectónica de placas

- Para Wegener, os continentes desplazábanse sobre o fondo oceánico. As cadeas

montañosas serían o resultado da resistencia que cada continente á deriva encontraba

na súa zona frontal (ex: os Andes).

- O problema foi que Wegener non foi quen de explicar

que forzas eran as responsables deste movemento das

masas continentais. Propuxo a forza centrífiuga debida

á rotación da Terra, e a atracción gravitatoria do Sol e a

Lúa, pero non parecían ser suficientes.

DERIVA CONTINENTAL

Page 5: Unidade 9 tectónica de placas

DERIVA CONTINENTAL

-Argumentos a favor da Deriva Continental:

1) Probas XEOGRÁFICAS:

coincidencia nas costas de continentes

moi afastados.

2) Probas XEOLÓXICAS: similitude nas

formacións rochosas e continuidade nas

cadeas montañosas de continentes hoxe

moi afastados.

Page 6: Unidade 9 tectónica de placas

DERIVA CONTINENTAL

3) Probas PALEONTOLÓXICAS: fósiles idénticos en continentes moi afastados.

Page 7: Unidade 9 tectónica de placas

DERIVA CONTINENTAL

Page 8: Unidade 9 tectónica de placas

4) Probas PALEOCLIMÁTICAS: os restos do gran casquete polar que cubriu os

continentes hai 300 ma atópanse en lugares moi afastados.

DERIVA CONTINENTAL

Page 9: Unidade 9 tectónica de placas

OS FONDOS OCEÁNICOS

OS FONDOS OCEÁNICOS

- ata a segunda metade do século pasado non se empezou a explorar os fondos

oceánicos do Atlántico Norte utilizando barcos co instrumental necesario para

determinar a profundidade (ecosondas, batímetros), e equipos para extraer sedimentos

e rochas.

Page 10: Unidade 9 tectónica de placas

As conclusións destes estes estudos foron:

- existe unha gran cadea montañosa no centro da conca: a dorsal oceánica, cun suco

central ou rift. Nesta dorsal atopáronse rochas volcánicas (basaltos) moi recentes, de

menos de 1 ma, que non estaban cubertas de sedimentos.

OS FONDOS OCEÁNICOS

Mais tarde viuse que os epicentros dos

terremotos producidos na zona situábanse ao

longo da dorsal. O mesmo sucedía cos do

Pacífico e do Índico, polo que deduciuse que

debía haber un rift en cada océano.

- a capa de sedimentos dos fondos era moito máis delgada do

que se supuxera: casi inexistente na dorsal, e aumentaba o seu

espesor cara ao continente.

- os fondos oceánicos son relativamente novos (non máis de 180

ma) e a súa idade aumentaba desde a dorsal cara ao continente.

Page 11: Unidade 9 tectónica de placas

A EXPANSIÓN DOS FONDOS OCEÁNICOS

A TEORÍA DA EXPANSIÓN DOS FONDOS OCEÁNICOS

- estudiando os guyots dos fondos do Pacífico, o xeólogo Harry Hess observou que

se encontraban alineados desde a dorsal. Supuxo que se trataba de illas volcánicas

formadas na dorsal, que se afastaban dela a medida que se creaba novo fondo

oceánico.

Harry Hess e Robert Dietz enunciaron unha

nova hipótese: a EXPANSIÓN DO FONDO

OCEÁNICO, según a cal a litosfera oceánica

formábase contínuamente na dorsal, e desde

ahí se expandía o fondo mariño. O problema,

de novo, foi a falta de probas suficientes.

Page 12: Unidade 9 tectónica de placas

A EXPANSIÓN DOS FONDOS OCEÁNICOS

Fred Vine e Drummond Matthews conseguiron a proba decisiva da expansión dos

fondos oceánicos ao estudar o magnetismo das rochas: atoparon unhas bandas

magnéticas paralelas e simétricas a ambos lados do eixe da dorsal.

Estas bandas amosan momentos de polaridade normal e invertida do campo magnético

terrestre, e permiten determinar o momento no que se formou o fondo, e incluso a

velocidade de apertura do fondo mariño.

Page 13: Unidade 9 tectónica de placas

A EXPANSIÓN DOS FONDOS OCEÁNICOS

Page 14: Unidade 9 tectónica de placas

A TECTÓNICA DE PLACAS

TEORÍA DA TECTÓNICA DE PLACAS

- explica moitos procesos xeolóxicos do planeta:

- a formación da codia continental e oceánica

- a disposición actual dos continentes e o seu movemento

- o lugar de formación de moitos tipos de rochas e filóns de minerais

- o relevo terrestre

- a existencia de grandes foxas oceáncias arredor dalgúns arquipélagos

- a distribución xeográfica de volcáns e terremotos

Page 15: Unidade 9 tectónica de placas

A TECTÓNICA DE PLACAS

Page 16: Unidade 9 tectónica de placas

A TECTÓNICA DE PLACAS

- a superficie da Terra está dividida en placas ríxidas chamadas placas litosféricas

ou tectónicas.

- o espesor medio das placas é duns 100 km, e desprázanse sobre o manto

terrestre a unha velocidade media de varios cm/ano.

- distínguense placas oceánicas, continentais e mixtas.

- os límites de placa son zonas de grande

actividade sísmica e volcánica

- inicialmente definíronse 7 grandes placas:

Euroasiática, Norteamericana, Suramericana,

Africana, Indoaustraliana, Antártica e

Pacífica.

- Máis tarde engadíronse moitas máis:

Nazca, Caribe, Filipina, Arábiga...

Page 17: Unidade 9 tectónica de placas

A TECTÓNICA DE PLACAS

QUE CAUSA O MOVEMENTO DAS PLACAS?.

Básicamente, dous factores:

- as células convectivas do manto, debidas ao calor do interior terrestre

- a forza da gravidade, xa que o ascenso do magma na zona de dorsal fai que a

placa recén formada quede a maior altura, e empurre desde a dorsal cara á zona de

subducción, onde a placa se afunde no manto.

Page 18: Unidade 9 tectónica de placas

A TECTÓNICA DE PLACAS

TIPOS DE LÍMITES ENTRE PLACAS

Page 19: Unidade 9 tectónica de placas

A TECTÓNICA DE PLACAS

Límites diverxentes ou

constructivos,

representados polas

dorsais oceánicas.

Page 20: Unidade 9 tectónica de placas

Límites converxentes ou

destructivos, representados

polas zonas de subdución.

Dan lugar a arcos illas, foxas

abisais e cordilleiras.

A TECTÓNICA DE PLACAS

Page 21: Unidade 9 tectónica de placas

A TECTÓNICA DE PLACAS

Límites neutros, onde as placas

desplázanse lateralmente, como

nas fallas transformantes.

Page 22: Unidade 9 tectónica de placas

A DINÁMICA DO MANTO

A transferencia do calor interno da Terra desde o núcleo externo e o manto é a

responsable de tódolos fenómenos xeolóxicos e xeodinámicos da superficie: movemento

das placas, vulcanismo, terremotos, oroxénese…

- o magma quente ascende en forma de

penachos ou plumas desde o manto

inferior á superficie. Cando as plumas

ascenden directamente do manto

profundo forman puntos quentes

(Hawai).

A TECTÓNICA DE PLACAS

Page 23: Unidade 9 tectónica de placas

A TECTÓNICA DE PLACAS

Page 24: Unidade 9 tectónica de placas

- a litosfera fría e densa descende nas

zonas de subdución e vaise acumulando na

base do manto. Unha parte deste material

frío desaloxa ao quente, que ascende cara

á superficie formando unha nova pluma.

A TECTÓNICA DE PLACAS

Page 25: Unidade 9 tectónica de placas

LÍMITES DIVERXENTES

LÍMITES DIVERXENTES: AS DORSAIS OCEÁNICAS

- Grandes cadenas montañosas na zona central dos océanos: 65000 km de lonxitude

total, anchura de ata 4000 km, e altura de 2000-4000 m.

- Son zonas onde se crea litosfera.

- Algunhas sobresaen enriba do nivel do mar, formando illas volcánicas: Ascensión,

Santa Helena, Islandia.

- O fondo mariño está en continua formación (os

océanos non son máis antigos de 200 ma).

- As dorsais están atravesadas por fracturas que orixinan

fallas de transformación.

- No centro da dorsal hai un amplo suco, o rift-valley, con múltiples

fracturas, por onde ascende o magma desde o manto, cunha

actividade volcánica constante.

Page 26: Unidade 9 tectónica de placas

Islandia

LÍMITES DIVERXENTES

Page 27: Unidade 9 tectónica de placas

LÍMITES DIVERXENTES

A FORMACIÓN DUN OCÉANO

- Cando baixo un continente aparece un punto quente, o

magma quente ascende e eleva a litosfera, formando un domo.

- A litosfera romperase nese punto (punto triplo) en tres fendas

(rifts) que se irán ampliando a medida que ascenda o magma.

- Ao irse conectando as fendas dunha serie de domos situados

ao longo dunha liña irregular formarase a dorsal.

Page 28: Unidade 9 tectónica de placas

- Cando un continente se rompe ao aparecer un sistema de fracturas paralelas,

comeza a formación dun océano: a lava ascende e sae polas fracturas, creando

nova litosfera oceánica, e desprazando aos lados a xa existente.

- Nas primeiras fases fórmase unha gran fenda, como o Val do Rift africano, e si

continúa orixínase un mar estreito, como o mar Vermello, que separa África da

península Arábiga.

- Si continúa o proceso fórmase un océano, como o Atlántico (180 ma).

LÍMITES DIVERXENTES

Page 29: Unidade 9 tectónica de placas
Page 30: Unidade 9 tectónica de placas

LÍMITES CONVERXENTES

AS ZONAS DE SUBDUCIÓN

- Son zonas onde se destrúe litosfera. Unha placa oceánica, máis densa, introdúcese

(subduce) por debaixo doutra placa oceánica ou continental.

- As friccións e tensións fan que a placa que subduce se fracture e deforme, e orixinan

numerosos terremotos.

- A fusión da placa descendente forma magmas que ascenden e, se consolidan no

interior da codia forman rochas plutónicas (dioritas, gabros). Se o fan no exterior,

forman volcáns que expulsan lavas andesíticas.

- Os fragmentos da placa que

non funden, ao ser máis

densos, descenden, e no

manto profundo poderán fundir

e ascender de novo.

Page 31: Unidade 9 tectónica de placas

- Cando a subdución prodúcese entre unha placa oceánica e unha continental créase

unha marxe activa e fórmanse cadeas montañosas. Si é entre dúas placas oceánicas,

orixínanse arcos illa.

LÍMITES CONVERXENTES

Page 32: Unidade 9 tectónica de placas

LÍMITES CONVERXENTES

Page 33: Unidade 9 tectónica de placas

LÍMITES CONVERXENTES

- Nas zonas de subdución dunha placa oceánica orixínanse FOXAS alongadas e de moita

profundidade: Chile, Filipinas, Marianas, Kuriles, Aleutianas…

- As foxas poden ter ata 100 km de ancho e máis de 1500 km de longo. A maior do

mundo é a das Marianas, no océnano Pacífico: alí encóntrase a máxima profundidade

terrestre: 11000 m.

Page 34: Unidade 9 tectónica de placas

LÍMITES CONVERXENTES

ARCOS ILLAS

Antillas, Xapón, Filipinas, Marianas, Kuriles,

Aleutianas...

Page 35: Unidade 9 tectónica de placas

LÍMITES NEUTROS OU PASIVOS

AS FALLAS DE TRANSFORMACIÓN

- Son zonas onde nin se crea nin se destrúe litosfera: as placas desprázanse

lateralmente ao longo de centenares ou miles de km.

- Encóntranse nas fracturas que cortan as dorsais oceánicas.

- Na falla de Santo André (California) estas fallas transformantes conectan a dorsal e

a zona de subdución. Ten un elevado risco sísmico.

- O desgarre da litosfera vai acumulando esforzo, e cando este se libera, orixínase

un terremoto.

Page 36: Unidade 9 tectónica de placas

LÍMITES NEUTROS OU PASIVOS

FALLA DE SANTO ANDRÉ