10

Travesura de nadal dun pooka irlandés

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Conto irlandés

Citation preview

Page 1: Travesura de nadal dun pooka irlandés
Page 2: Travesura de nadal dun pooka irlandés

Na mansión de Rath, no condado de Offaly vivían os serventes da familia HAWGAROY, que coidaban da casa mentres eles pasaban longas tempadas en DUBLÍN.

Polas noites, cando debían irse a deitar, estremecíanse de medo cada vez que oían algún ruído no enorme caserón, xa que éste tiña fama de estar encantado. Todas as noites resoaban, no medio das tebras, o golpeteo da porta do forno, o tintineo dos ferros do fogar ou o ruído de cacerolas, tarros e pratos, coma se alguén estivese preparando un suculento banquete.

Page 3: Travesura de nadal dun pooka irlandés

Unha noite , en vísperas do Nadal, en que permaneceran máis tempo que de costume xunto ao lume, contándose uns a outros contos de pantasmas, encantamentos e outros conxuros, o máis novo dos serventes quedou durmido nun rincon á beira da cheminea. Unha vez que todos os seus compañeiros foron a durmir púidose escoitar o ruído duns cascos sobre as pedras do chan.

Page 4: Travesura de nadal dun pooka irlandés

Espiando desde o seu recuncho o raparigo divisou a un asno, sentado no chan e bostezando xunto ao lume.

- Bo, dá o mesmo empezar polo principio que polo final, dicía o animal; o importante é empezar.

O pobre raparigo comezou a tremer de medo pensando que aquel animal o ía comer. Pero non foi así.

Page 5: Travesura de nadal dun pooka irlandés

Éste avivou o lume, puxo auga a ferver e meteu dentro da pota todos os utensilios que había na cociña. Máis tarde enxuagounos, secounos e volveu colocar cada cousa no seu lugar. Terminou dando ao piso da cociña o mellor lavado que recibira desde que se construíse a mansión.

Page 6: Travesura de nadal dun pooka irlandés

Ao terminar a súa tarefa o asno, que en realidade era un POOKA que adoptara esa forma, mirou ao raparigo cun enorme sorriso e marchou.

Podedes imaxinar a sorpresa do resto dos serventes cando , á mañá seguinte lle contou o que vira durante a noite. Ao principio ningún quixo crerlle pero como viron a vaixela e o piso limpo e as potas brillantes non lles quedou máis remedio que facelo.

Así que decidiron entre todos que se o POOKA se adicaba a limpar todo mentres durmían non se ían a matar a fregar e fregar todo o día. Deste xeito eles descansaban e folganeaban durante o día e o pooka traballaba pola noite. Pronto, afixéronse á boa vida pero isto cambiou cando o raparigo quedou a falar outra noite co asno-pooka.

Page 7: Travesura de nadal dun pooka irlandés

O por que o pooka limpaba foi descuberto. Díxolle que era un alma en pena que non podía abandonar este mundo ata que traballase todo o que non fixo durante a súa vida.

Como ao raparigo lle dou moita pena preguntoulle ao pooka se había algún xeito de axudalo.

- Pois si, díxolle. Se me facedes un bo abrigo acolchado e forrado en pel, axudaríame a soportar o frio deste inverno e sería un agasallo de Nadal magnífico.

Page 8: Travesura de nadal dun pooka irlandés

Dúas noites máis tarde, o mozo esperou novamente ao pooka e entregoulle un precioso abrigo de grosa la, forrado en pel de ovella, co cal aseguroulle que non tería frío.

Page 9: Travesura de nadal dun pooka irlandés

- Perfecto! Dixo compracido o asno- Séntame moi ben. Agora teño que dicirvos adeus. A miña penitencia tiña que durar ata que alguén me recompensase pola miña aplicación ao traballo. Así que xa non vos volverei a molestar pola noite.

Page 10: Travesura de nadal dun pooka irlandés

E entón acabouse a felicidade dos serventes, naquel Nadal, que tiveron que volver ao traballo e moitas veces arrepentíronse de terse apurado a axudar a aquel pooka que lles tomou o pelo!