7
1º E.S.O. 1ª avaliación Traballamos a descrición.

Traballamos a descrición, 1º ESO, 1ª avaliación

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Traballamos a descrición, 1º ESO, 1ª avaliación

1º E.S.O.

1ª avaliación

Traballamos a descrición.

Page 2: Traballamos a descrición, 1º ESO, 1ª avaliación

Ana Cerdeira Teijeiro, 1º A

O dragón da cova máxica

O meu dragón é forte e elegante, vístese con numerosas escamas moradas e negras como o ceo en plena noite. Os seus ollos son verdes como a herba en primavera, e os seus cornos son a súa protección.As súas plumas son o río que baixa dende a cabeza ata a súa fermosa cola, e as súas uñas son de aceiro e pedra.

Page 3: Traballamos a descrición, 1º ESO, 1ª avaliación

Nome:Diego

Apelidos:Otero Fernández

Curso:1 ESO B

O DRAGÓN

Este dragón é verde coa cabeza estreita; ten dous ollos grandes, moitos cornos afiados e dentes pequenos pero moi aguzados. No resto do corpo ten moito músculo e algunhas espiñas.

É moi forte, listo e valente .É tan forte coma 1.000 persoas xuntas e é tan listo coma o máis listo do mundo.

Este texto é literario.

Page 4: Traballamos a descrición, 1º ESO, 1ª avaliación

Zac West, Nº 23, 1º B

O DRAGÓN DE MARABILLAS

O dragón das marabillas é un dragón moi feroz e forte que protexe aos seus seis países . Ten unha cabeza con 17 cornos que van desde a fronte ata a fin do pescozo. Ten dous ollos amarelos grandes coma pelotas. A súa orella é simplemente un burato pero oe mellor que calquera outro dragón . O seu pescozo é dun metro e medio; o seu peito é de cor verde escura . A súa á ten unha tea de araña para capturar predadores voadores . A cola ten 12 cornos e un corno xigante na punta coma un escorpión que che inxecta veleno ao atacarte con el . Aínda que parece un dragón malvado , só protexe ao seu país .

Page 5: Traballamos a descrición, 1º ESO, 1ª avaliación

Jorge Fraga Bouza

Nº10, 1ºC

Branquiño, un dragón moi branco.

Branquiño é un dragón grande e branco coma a neve. A súa cabeza está recuberta de pelo e ten un pico pequeniño. Ten unhas ás moi grandes e, cando está no ceo, é un foguete! Tamén ten un corpo coma o dun guepardo , unhas garras moi perigosas e un rabo longo coma unha serpe.

Texto fantástico.

David Fernández, 1º A

Page 6: Traballamos a descrición, 1º ESO, 1ª avaliación

DESCRICIÓN DUN DRAGÓN

Este dragón encántame porque parece robusto e tamén porque ten un toque amarelento.

As súas ás son tan grandes que poderían chegar a superar a Torre Eiffel.

A súa cola é tan longa coma toda Galiza de arriba a abaixo.

Creo que pode chegar a sosterse nun ángulo de noventa graos grazas ás súas garras.

Pero sobre todo é amable, hábil e moi intelixente.

Page 7: Traballamos a descrición, 1º ESO, 1ª avaliación

NOME:FLAVIA

APELIDOS:GÓMEZ FERNÁNDEZ

CURSO: 1º DE ESO B

O DRAGÓN

Os dragóns son animais fantásticos.Os seus ollos son amarelos cunha raia no medio, para oir teñen unhos buratiños pequeniños nas orellas. Un corno bastante alargado e síguelle como se fora unha especie de cresta alaranxada. As súas ás son proporcionadas ao seu corpo, ao final da á teñen unhas agullas moi grandes. O seu rabo é verde e musculoso con espiñas ao longo delas e ao final unha cuchilla.

O seu corpo é moi grande é verde ao igual que o seu rabo. As súas patas son moi grandes e con unhos músculos como se fora ao ximnasio, as uñas son moi afiadas.

Para min os dragóns son moi feos!!!