2

Click here to load reader

Titanic

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Titanic

TITANIC

O Titanic afundiu en 1912, a principios do século XX pero vainos servir para analizar a sociedade clasista e outros elementos da idade contemporánea que xa estaban presentes no século XIX.

Responde a estas preguntas despois de ver atentamente as imaxes e de buscar a información tamén nos apuntes.

A revolución dos medios de transporte:

1. Que características novas tiña o titanic con respecto aos barcos anteriores á revolución dos transportes? (casco, propulsión, fonte de enerxía, capacidade, velocidade,etc.).

2. Unha das consecuencias da revolución dos tranportes foi que favoreceu as migracións. Cal é o destino dos emigrantes que viaxan no Titanic? A que clase social pertencen a meirande parte?. Que tipo de traballos cres que atoparán ao chegar?

3. Os coches comezaron a producirse en serie en 1908, ao aplicar Ford o sistema de cadeas de montaxe para fabricalos. Ese sistema de fabricación de automóbiles respresenta á perfección á Revolución Industrial:

- Que clase social se beneficia da industrialización?

- Por que?.

- A que clase social pertencen os donos de automóbiles de principios do século XX, segundo o que vimos no video?.

4. Cal é a diferenza no trato dos pasaxeiros e pasaxeiras de primeira clase e de terceira?:

a. Como se libra o prometido da protagonista do traballo de facturar as equipaxes?.

b. Que lles fan aos pasaxeiros de terceira ao subir ao barco?.

c. Reciben o mesmo trato os pasaxeiros e pasaxeiras de terceira que os de primeira?.

5. Que personaxe representa a mobilidade social propia da sociedade de clases? (a mobilidade social explícase na páxina 8 dos apuntes).

6. Explica como son as zonas do barco nas que se move a primeira clase.

7. Busca nos apuntes e cita que tipo de profesións ou empregos teñen os pasaxeiros de primeira clase.

8. Explica como son as zonas do barco nas que se move a terceira clase.

Page 2: Titanic

9. Busca nos apuntes e cita que tipo de profesións ou empregos soen desenvolver os pasaxeiros e pasaxeiras de terceira clase.