Upload
isabel-bsoto
View
622
Download
8
Embed Size (px)
Citation preview
Que é TimeRime?
Time Rime é unha aplicación web en liña que permite crear, ver e comparar
liñas de tempo interactivas e multimedia. Nas liñas de tempo poden incluírse
textos, música, vídeos de YouTube, mapas de Google Maps, fotografías e
debuxos, entre outros recursos.
Pódese utilizar para:
Buscar información sobre calquera tema en orde cronolóxica.
Crear liñas de tempo dunha empresa, artista ou proxecto.
Inserir liñas de tempo dixitais noutros sitios web.
Imprimir as liñas de tempo ou proxectalas no Encerado Dixital
Interactivo (EDI) grazas á súa compatibilidade.
Características:
Aplicación gratuíta.
Idioma: castelán.
Require rexistro: nome de usuario, correo electrónico e contraseña.
URL para acceder á aplicación: http://timerime.com/es/
As liñas do tempo interactivas son un recurso sinxelo para:
Relatar unha historia de forma cronolóxica.
Ordenar os feitos narrados nunha obra literaria.
Situar graficamente feitos históricos, acontecementos deportivos,
descubrimentos científicos,...
Levar rexistros dunha actividade, proxecto, saída ou viaxe de
estudos, entre outros.
Analizar biografías.
Para comenzar a usar TimeRime hai que rexistrarse e completar os datos
que se solicitan. O sistema envía un correo electónico cun hipervínculo para
activar a conta.
Na pestana Liñas do tempo, seleccionar O meu TimeRime. Seleccionar
Cree unha liña do tempo.
Nivel educativo: Secundaria.
Áreas : Historia,Literatura,Arte,...
1. Na ventá Liña de tempo nova completar Nome da liña de tempo.
2. Seleccionar unha categoría (listado en inglés). Descrición.
3. Definir se a liña do tempo é pública ou privada. Gardar
Para incluír un evento na liña de tempo, completar os datos requiridos na
etiqueta 2. Evento.
O campo mes debe completarse en números.Ex.: para o mes de maio,
escribir 5.
Mostrar co zoom: seleccionar a importancia do evento. O 1 corresponde
aos principais eventos. Suxírese elixir para todos os eventos o 1 ata que a
liña de tempo se complete.
4 Descrición breve na liña de tempo: unha breve descrición aparecerá á
beira da imaxe ao pasar o mouse sobre o evento.
5 Se se márcase opción Coloque o texto e a imaxe tamén debaixo da liña de
tempo incluirase un breve apuntamento e unha imaxe na descrición.
6 Unha vez que se completaron todos os campos, seleccionar Gardar.
7 Se se quere incluír un novo evento, seleccionar Gardar e novo.
Texto, video e imaxes debaixo da liña de tempo: co editor pódese dar
formato ao texto e engadir outros medios como imaxes ou videos de
YouTube.