4

Click here to load reader

Proxecto técnico: forno solar

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Proxecto técnico: forno solar

Proxecto técnico: Construción dun forno solarTecnoloxía Industrial I

Índice 1. MEMORIA DESCRITIVA...............................................................................................................2

2. DESEÑO..........................................................................................................................................2

2.1 Debuxo en tres dimensións........................................................................................................2

2.2 Consideracións técnicas.............................................................................................................2

3. PLANIFICACIÓN...........................................................................................................................3

3.1 Materiais....................................................................................................................................3

3.2 Presuposto..................................................................................................................................3

3.3 Operacións a realizar.................................................................................................................3

3.2 Cronograma...............................................................................................................................4

Page 2: Proxecto técnico: forno solar

Proxecto técnico: Construción dun forno solarTecnoloxía Industrial I

1. MEMORIA DESCRITIVA Os fornos solares son artefactos que permiten cociñar alimentos usando o sol coma fonte de enerxía. Divídense en dúas familias: de concentración e caixas solares. Nos imos construír un forno solar do tipo caixa solar. Este tipo de fornos constan basicamente dunha caixa térmicamente aillada, deseñada para capturar a enerxía solar e manter quente o seu interior. Acontaminación atmosférica das nosas cidades, a falta de recursos económicos e a necesidade de reducir o consumo de enerxía procedente de combustibles fósiles, foron as causas principais que nos levaron a confeccionar un forno solar empregando tecnoloxía de baixo custo. Coma principal desvantaxe deste tipo de fornos está o alto tempo que se emprega para cociñar, mais consideramos que son máis importantes as vantaxes anterormente citadas. En canto ao mercado ao que se podería destinar o noso produto destacamos a persoas da nosa contorna (veciñanaza, profesorado, pais e nais...), que xa mostraron o seu interese nunha sondaxe previa.

2. DESEÑO

2.1 Debuxo en tres dimensións

2.2 Consideracións técnicas O forno solar debe orientarse ao sur para captar máis luz, tendo o lado máis longo no sentido este-oeste, de xeito que poida captar radiación solar durante un maior período de tempo. A inclinación da tapa abatible debe ser tal que reflexe a maior cantidade de luz solar no interior da caixa, saberemos que a luz reflexada é maior canto maior sexa a iluminación no interior da caixa. Para aumentar o efecto invernadero introduciremos a pota onde cociñemos nun recipiente transparente.

Page 3: Proxecto técnico: forno solar

Proxecto técnico: Construción dun forno solarTecnoloxía Industrial I

3. PLANIFICACIÓN

3.1 Materiais• Dúas caixas de cartón de diferente tamaño que colocada unha dentro da outra quede unha

diferencia de 4cm coma mínimo.• Unha lámina de vidro do tamaño da caixa exterior.• Prancha de cartón.• Papel de aluminio.• Pintura negra mate.• Papel de periódico (aillante térmico)• Cinta adhesiva

3.2 Presuposto

3.3 Operacións a realizara) Colocamos a caixa grande cara abaixo e por enriba poñemos a caixa pequena e marcamos a silueta que fai sobre ela. Cortamos a caixa grande polas liñas marcadas de xeito que podamos introducir a caixa pequena, quedando unha cámara de aire entre as paredes das dúas caixas de polo menos 4cm.

b) Forramos todas as caras interiores e exteriores da caixa pequena con papel de alumnio, así coma as caras interiores da caixa grande (incluindo as tapas e os fondos).c) Introducimos a caixa pequena no buraco que fixemos na grande.

Materiais Cantidade Precio unidade (euros) Precio total (euros)Caixas de cartón 2 1,12 2,24Lámina de vidro (1m2) 1 4 4Papel de aluminio (30m) 1 1,77 1,77Pintura negra mate (10l) 1 6,2 6,2Papel de periódico 0 0Cinta adhesiva 1 1,2 1,2

15,41 TOTAL (euros)

Page 4: Proxecto técnico: forno solar

Proxecto técnico: Construción dun forno solarTecnoloxía Industrial I

d) Cortar o sobrante das tapas da caixa pequena.e) Introducir unha lámina de cor negro mate no fondo do interior da caixa pequena.f) Colocar a caixa cara arriba e encher o espacio entre as paredes das dúas caixas co material aillante térmico (bolas feitas con papel de periódico). Pechar as tapas con cintaadhesiva.

g) Fabricamos a tapa para elo utilizamos a prancha de cartón. Marcamos sobre ella os bordos exteriores e interiores e dobramos segundo se indica no debuxo. Forramos a tapa, que debe ser abatible, con papel de alumnio. Colocamos a lámina de vidro na parte interna da tapa e pegamos.

3.2 Cronograma

21/mar 22/mar 23/mar 11/abr 13/abr 16/abr 25/abr 02/may 09/may 16/may 23/mayProxecto técnicoConstrución

Operacións e, f, gImprevistosAvaliación (*1)*1 Se o permite a climatoloxía *2 Operacións definidas no apartado 3.3

Operacións a, b, c, d (*2)