23

PROXECTO INFANTIL/ COÑECEMOS A NOSA CONTORNA:FLORA E FAUNA

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: PROXECTO INFANTIL/ COÑECEMOS A NOSA CONTORNA:FLORA E FAUNA
Page 2: PROXECTO INFANTIL/ COÑECEMOS A NOSA CONTORNA:FLORA E FAUNA

INDICE

XUSTIFICACIÓN

OBXECTIVOS

CONTIDOS

METODOLOXÍA

GRUPOS DE TRABALLO

RECURSOS

TEMPORALIZACIÓN

ACTIVIDADES E DESENROLO DO PROXECTO

CRITERIOS DE EVALUACIÓN

DIFUSIÓN DOS TRABALLOS

FUNCIÓN E PARTICIPACIÓN DA BIBLIOTECA ESCOLAR EN TODO O

PROCESO

Page 3: PROXECTO INFANTIL/ COÑECEMOS A NOSA CONTORNA:FLORA E FAUNA

XUSTIFICACIÓN

Plantexamos esta unidade didáctica para o segundo ciclo de E I. para motivar ao

alumnado no descubrimento de valores naturais e culturais do medio onde viven.

Por medio da observación do que sucede arredor e da manipulación e

experimentación dos materiais que poñemos ao seu alcance, o neno irá

desenvolvendo o seu sentido da curiosidade e da observación, o que lle axudará a

comprender mellor os fenómenos naturais.

Coa experimentación libre ou con actividades de aprendizaxe concretas propostas

polo mestre, o neno aprenderá a deducir, formular hipótese, prever os resultados,

xeneralizar ou, simplemente a entender canto acontece arredor.

As accións que se poden programar en torno a un tema tan atractivo e suxestivo

como é o das plantas, poden ser propostas sen problemas para ser levadas a

cabo, polos nenos de Educación Infantil. Estes alumnos mostrarán unha

curiosidade enorme e unha implicación total no desenvolvemento das actividades,

guiados polo mestre. Con elas, será máis doado a construción dos coñecementos

e a planificación de accións posteriores de aplicación destes.

O tema das plantas vaise traballar de xeito moi diverso a través de diferentes

actividades. Unha das máis completas é a actuación directa sobre o invernadoiro

do colexio, onde os nenos poden manipular elementos varios: terra, auga, plantas

e ferramentas. Desexamos que descubran como frutifica a semente e medran as

plantas.

Coa presentación deste tema é doado estimular e desenvolver no neno hábitos de

respecto e coidado ás plantas. Eles mesmos convértense en portadores dunha

serie de valores ecolóxicos que van transmitir a todos os que os rodean, coa súa

palabra, coa súa conduta e coa súa acción.

OBXECTIVOS

Despertar a interese dos nenos/as hacia o entorno máis próximo, así como aprender a valoralo e conservalo.

Page 4: PROXECTO INFANTIL/ COÑECEMOS A NOSA CONTORNA:FLORA E FAUNA

Observar e explorar de xeito activo o seu medio, xerando interpretacións sobre algunhas situacións ou feitos.

Educar a sensibilidade ambiental, contribuindo así ao coidado e mellora da contorna.

Coñecer as utilidades das plantas do entorno do alumnado. Valorando a importancia que teñen para as persoas.

Aprender a cultivar plantas.

Apreciar a utilidade que teñen as plantas para o home e para outros seres vivos.

Recoñecer nunha planta as súas características e xeneralizar a outras plantas.

Distinguir as partes dunha planta e as súas funcións.

Distinguir hortalizas, árbores e flores do entorno próximo.

Clasificar frutas e asocialas a cada estación do ano.

Desenvolver relacións de amor, empatía e amizade.

Identificar o cuantificador “metade” en situacións e obxectos do medio.

Valorar a importancia dos alimentos de orixe vexetal nunha alimentación sa.

Aprender a recoller e secar plantas aromáticas.

Iniciarse nas habilidades numéricas matemáticas, actuando sobre os elementos y coleccións, identificando os seus atributos e cualidades e establecendo relacións.

Realizar actividades de representación e de expresión mediante a utilización de diferentes técnicas.

Iniciarsse nas habilidades lóxicas e numéricas básicas comparando cantidades e deducindo “hai máis”, “hai menos”.

Page 5: PROXECTO INFANTIL/ COÑECEMOS A NOSA CONTORNA:FLORA E FAUNA

CONTIDOS

Plantas, as súas partes, necesidades e desenvolvemento.

Tipos de plantas: aromáticas, hortalizas, árbores…

Froitos da zona ao longo do ano. Froitos de outono, de inverno….

Necesidades das plantas: auga, luz, tipo de terra…

A percepción da realidade e representación en debuxos…

A propia creatividade.

Accións e situacións que favorecen a saúde e o benestar.

Resolución de secuencias temporais.

Poemas, adiviñas, trabalInguas: recitar e resolver adiviñas.

As cores no medio natural: observación e representación.

METODOLOXÍA

Establecemento de hipótesis sobre o desenvolvemento das plantas traballadas

e observadas no invernadoiro.

Cooperación nas labores de plantación e intentar verbalizar todo aquelo que

se leva a cabo na aula e no invernadoiro.

Coñecer as necesidades das plantas e a súa influencia no desenvolvemento

das mesmas.

Interpretar as mensaxes que nos envían as plantas para proporcionarlles

aquelo que necesiten (auga, luz…).

Pintamos plantas e o seu desenvolvemento dende a semente ata o froito.

Desarrollar a propia creatividade. Representamos con debuxos experiencias.

Coñecemento, segundo o nivel.

GRUPOS DE TRABALLO

Page 6: PROXECTO INFANTIL/ COÑECEMOS A NOSA CONTORNA:FLORA E FAUNA

Traballo individual.

Traballo en pequenos grupos ou parellas.

Traballo colectivo.

Traballo en gran grupo.

TIC

Buscar información en Internet e saber escoller a máis importante.

Realizar actividades na pizarra dixital: relacionar, unir, escribir nomes, etc…

RECURSOS

Contos, sementes, plantas, ferramentas, invernadoiro, internet, material funxible,

guias de campo, libros de consulta,

TEMPORALIZACIÓN

Todo o curso.

ACTIVIDADES

As plantas son a base para a vida no noso planeta, son seres vivos moi especiais pois

sen moverse teñen que alimentarse, crecer, florecer, producir froitos…

Descubrimos o que os nenos saben das plantas. Saben moitas cousas para a súa

idade pero o máis importante e a interese por coñecer outras moitas.

As actividades realizadas foron moitas e diversas:

Realizar plantacións no invernadoiro e na aula con axuda de materiais de

refugallo.

Identificar os tipos de plantacións.

Recortar ou picar follas e outras partes das plantas para a súa representación.

Page 7: PROXECTO INFANTIL/ COÑECEMOS A NOSA CONTORNA:FLORA E FAUNA

Identificar usando os sentidos froitas das distintas estacións do ano: outono,

primavera.

Observar e nomear imaxes.

Repasar grafos e colorear debuxos das plantas traballadas.

Ler signos numéricos e explicar o seu significado. Completar as operacións

que se indiquen.

Comentar adiviñas e inventar outras para que os compañeiros intenten adiviñar

a solución.

Dramatizar os traballos realizados no invernadoiro e na aula.

Identificar as necesidades das plantas e os efectos que aparecen cando algún

coidado se abandona, por exemplo a falta de auga ou de luz solar.

EXEMPLOS DE ALGUNHAS ACTIVIDADES:

Page 8: PROXECTO INFANTIL/ COÑECEMOS A NOSA CONTORNA:FLORA E FAUNA

AMORODOS

FRESAS

Page 9: PROXECTO INFANTIL/ COÑECEMOS A NOSA CONTORNA:FLORA E FAUNA

L E I T U G A

Colorea e escribe o seu nome:

RECORDA: Cantas leitugas plantamos no invernadoiro? _____

NOME…………………………………………………DATA…………………………

Ordena estas imaxes poñéndolles un número: 1, 2 ou 3. Despois píntaas

Page 10: PROXECTO INFANTIL/ COÑECEMOS A NOSA CONTORNA:FLORA E FAUNA
Page 11: PROXECTO INFANTIL/ COÑECEMOS A NOSA CONTORNA:FLORA E FAUNA
Page 12: PROXECTO INFANTIL/ COÑECEMOS A NOSA CONTORNA:FLORA E FAUNA
Page 13: PROXECTO INFANTIL/ COÑECEMOS A NOSA CONTORNA:FLORA E FAUNA
Page 14: PROXECTO INFANTIL/ COÑECEMOS A NOSA CONTORNA:FLORA E FAUNA
Page 15: PROXECTO INFANTIL/ COÑECEMOS A NOSA CONTORNA:FLORA E FAUNA
Page 16: PROXECTO INFANTIL/ COÑECEMOS A NOSA CONTORNA:FLORA E FAUNA
Page 17: PROXECTO INFANTIL/ COÑECEMOS A NOSA CONTORNA:FLORA E FAUNA
Page 18: PROXECTO INFANTIL/ COÑECEMOS A NOSA CONTORNA:FLORA E FAUNA
Page 19: PROXECTO INFANTIL/ COÑECEMOS A NOSA CONTORNA:FLORA E FAUNA
Page 20: PROXECTO INFANTIL/ COÑECEMOS A NOSA CONTORNA:FLORA E FAUNA
Page 21: PROXECTO INFANTIL/ COÑECEMOS A NOSA CONTORNA:FLORA E FAUNA

PEGAMOS FOLLAS DE DIFERENTES

PLANTAS, E POÑEMOS O SEO NOME.

Page 22: PROXECTO INFANTIL/ COÑECEMOS A NOSA CONTORNA:FLORA E FAUNA

CRITERIOS DE AVALIACIÓN

Emprega os sentidos. Discriminación auditiva e visual.

Expresa en galego ou castelán, de maneira axeitada, os coñecementos

adquiridos ou experiencias.

Mostra atención e interese nas actividades traballadas.

Establece as relacións correctas para traballar en grupo.

Coñece as necesidades das plantas.

Coñece os froitos das distintas estacións do ano.

Produce de xeito creativo representacións gráficas do traballado.

Representa mediante debuxos e palabras as partes e necesidades das plantas.

Usa de maneira axeitada os recursos informáticos.

Ampliación do vocabulario traballado.

Nomea e degusta alimentos de orixe vexetal.

Resolve secuencias temporais.

Memoriza fragmentos de poemas.

Resolve adiviñas.

Segmenta palabras en sílabas.

Recoñece a forma esférica.

Utiliza e valora a biblioteca de aula e a do colexio.

Coñece o ciclo vital das plantas.

Controla as súas emocións.

DIFUSIÓN DOS TRABALLOS ENTRE A COMUNIDADE ESCOLAR

Os traballos foron difundidos no blog da biblioteca e no colexio a toda a

comunidade escolar : exposicións, power point, traballos.

FUNCIÓN E PARTICIPACIÓN DA BIBLIOTECA ESCOLAR EN TODO O

PROCESO.

Os menbros do equipo da Biblioteca colaboraron activamente neste proxecto xa

que o tema parte do PDI DA NOSA BIBLIONOVA. Aportouse bibliografía,

actividades complementarias ó proxecto e a publicación do mesmo no bloguer .

Page 23: PROXECTO INFANTIL/ COÑECEMOS A NOSA CONTORNA:FLORA E FAUNA

O proxecto leva máis follas debido as fotos incluidas no mesmo.

EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DO COLEXIO PLURILINGÜE DE

APONTENOVA