1
Existen varios tipos de lectura : Prelectura. Consiste en botar unha ollada ao texto. Serve para saber de qué trata. Lectura Comprensiva. Realizase despois da prelectura. Lemos tranquilamente e enterándonos ben. Se temos dúbidas buscamos no dicionario ou preguntamos. Lectura Informativa. Serve para buscar unha información concreta Lectura Recreativa. É a lectura de textos que nos divirten ou entreteñen. A VELOCIDADE E A CONCENTRACIÓN LECTORA Si queres chegar a ser un bo lector, debes evitar algúns obstáculos: Evita a vocalización. Consiste en mover os labios ou ler en voz alta. Se non vocalizas lerás máis rápido xa que a vista vai máis rápido que os labios. Non movas a cabeza. Ten en conta que os ollos móvense máis rápido que a cabeza. A cabeza cansa antes que os ollos. Evita ler seguindo o renglón con dedo. O dedo é máis lento que os ollos. O dedo pode tapar o texto. Coidado coas regresións. As regresións consisten en volver atrás na lectura para ler lo que xa tiñas lido; para evitalas, non volvas a vista atrás e utiliza a técnica da tarxeta. Evita a repetición mental”. Consiste en pronunciar mentalmente cada palabra que lemos. Para evitala, le o máis rápido posible, estate atento e comprende o que les. A continuación, veremos uns cantos TRUCOS para ler máis apresa: TÉCNICA DA TARXETA. Consiste en acostumarte a mirar a parte de arriba das letras. REDUCE O NÚMERO DE FIXACIONS. Cada parada que fan os ollos chámase fixación. Os ollos non ven durante o salto, so ven nas paradas, nas fixacións. Se reducimos o número de fixacións leremos máis apresa. AMPLÍA O TeU CAMPO VISUAL. O campo visual é a distancia recorrida entre unha parada e a seguinte . Canto máis amplo sexa o teu campo visual, con maior rapidez lerás. RECORDA QUE CANTO MÁIS EXERCITES A LECTURA, MELLOR LERÁS.

Orientacions para alumnos_velocidad-concentracin

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Orientacions para alumnos_velocidad-concentracin

Existen varios tipos de lectura :

Prelectura. Consiste en botar unha ollada ao texto. Serve para saber de qué trata.

Lectura Comprensiva. Realizase despois da prelectura. Lemos tranquilamente e enterándonos ben. Se temos dúbidas buscamos no dicionario ou preguntamos.

Lectura Informativa. Serve para buscar unha información concreta

Lectura Recreativa. É a lectura de textos que nos divirten ou entreteñen.

A VELOCIDADE E A CONCENTRACIÓN LECTORA

Si queres chegar a ser un bo lector, debes evitar algúns obstáculos: • Evita a vocalización. Consiste en mover os labios ou ler en voz alta. Se non vocalizas lerás máis rápido xa que a vista vai máis rápido que os labios. • Non movas a cabeza. Ten en conta que os ollos móvense máis rápido que a cabeza. A cabeza cansa antes que os ollos. • Evita ler seguindo o renglón con dedo. O dedo é máis lento que os ollos. O dedo pode tapar o texto. • Coidado coas regresións. As regresións consisten en volver atrás na lectura para ler lo que xa tiñas lido; para evitalas, non volvas a vista atrás e utiliza a técnica da tarxeta. • Evita a “repetición mental”. Consiste en pronunciar mentalmente cada palabra que lemos. Para evitala, le o máis rápido posible, estate atento e comprende o que les.

A continuación, veremos uns cantos TRUCOS para ler máis apresa: • TÉCNICA DA TARXETA. Consiste en acostumarte a mirar a parte de arriba das letras. • REDUCE O NÚMERO DE FIXACIONS. Cada parada que fan os ollos chámase fixación. Os ollos non ven durante o salto, so ven nas paradas, nas fixacións. Se reducimos o número de fixacións leremos máis apresa. • AMPLÍA O TeU CAMPO VISUAL. O campo visual é a distancia recorrida entre unha parada e a seguinte . Canto máis amplo sexa o teu campo visual, con maior rapidez lerás.

RECORDA QUE CANTO MÁIS EXERCITES A LECTURA, MELLOR LERÁS.