17
COÑECEMOS O FUNCIONAMENTO DA NOSA BIBLIOTECA BIBLIOTECA CEIP OS TILOS

Organización da nosa biblioteca

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Educación Documental

Citation preview

Page 1: Organización da nosa biblioteca

COÑECEMOS O FUNCIONAMENTO DA NOSA BIBLIOTECA

BIBLIOTECA CEIP OS TILOS

Page 2: Organización da nosa biblioteca

QUE É UNHA BIBLIOTECA?

A palabra biblioteca ven da unión de dúas palabras gregas:

•Biblion que significa libro ou documento•Teke que significa caixa.

Polo tanto literalmente biblioteca significa “caixa de libros”. Etimoloxicamente significa “garda e almacenamento de libros”.

Na actualidade a biblioteca non é so un lugar onde almacenar e conservar libros senón que almacena todo tipo de materiais documentais: libros, películas, CDs de música,…Todos estes materiais están debidamente catalogados e clasificados para que nos sexa doado atopalos.

Page 3: Organización da nosa biblioteca

COMO ESTÁ ORGANIZADA UNHA BIBLIOTECA?

A biblioteca é como unha pequena aldea no que atopamos dez casas.

No noso caso cada casa recibe o nome de “materia” e nela vive unha familia de libros.

Page 4: Organización da nosa biblioteca

A primeira casa leva o número cero e ten cor marrón.

A familia de libros que vive aquí leva o nome de XENERALIDADES. É a casa onde viven os dicionarios, as enciclopedias, revistas, periódicos,…

Son libros de consulta e case nunca saen da biblioteca. Así que se algún día queres consultar algo ou facer un traballo podes vir aquí.

Page 5: Organización da nosa biblioteca

Fíxate que todos os libros levan o seu número nunha etiqueta colocada no lombo. Esta etiqueta en castelán recibe o nome de “tejuelo”.

O “tejuelo” e como a matrícula dos coches pero nos libros. Proporciónanos tres informacións:

1. O número da casa a que pertence

2. As tres primeiras letras do apelidos do autor, van sempre en maiúsculas.

3. As tres primeiras letras do título, sempre van en minúsculas.

O “tejuelo” axúdanos a non perdernos pola biblioteca.

82-NDAHcha

Page 6: Organización da nosa biblioteca

A casa número 1 é de cor azul claro.

A familia de libros que vive aquí leva o nome de FILOSOFÍA E PSICOLOXÍA.

Os libros desta casa teñen fama de pensar moito e buscarlle os tres pes ao gato, iso sí, sempre están dispostos a escoitarnos.

Axúdannos a entender mellor a nosa vida e a dos demais.

Page 7: Organización da nosa biblioteca

A casa número 2 ten cor vermella e ten fama de que alí respírase paz e tranquilidade.

A familia que vive aquí é a dos libros de RELIXIÓN E MITOLOXÍA.

Aquí atoparemos libros de todas as relixións: católica, islámica, budista,… Cada un respecta a relixión dos outros e intenta aprender das demais.Cada unha delas ten un número distinto para diferencialas pero todas empezan polo dous.

Page 8: Organización da nosa biblioteca

A casa número tres é de cor laranxa.

A familia que vive aquí é a materia que chamamos CIENCIAS SOCIAIS.

É unha familia moi grande e podemos atopar libros de moitas clases: Socioloxía, Política, Economía, Dereito, Educación, Folclore, etc.

Page 9: Organización da nosa biblioteca

A casa número catro está valeira, de momentonon vive ninguén aquí.

Parece unha casa fantasma e a súa cor é negra.Son cousas da Clasificación Decimal Universal,mais coñecida como a CDU.

A CDU é un sistema de clasificación polo que cadalibro, dependendo do que trate, vai a unha familia ou a outra. É decimal porque emprega números e divídese en dez grupos que a súavez se divide en outros dez e así sucesivamente.

Dise que é universal porque abarca todos os ámbitos do coñecemento e ademais emprégase en todos as bibliotecas do mundo.

Ao mellor dentro duns anos vai vivir aí unha nova familia de libros.

Page 10: Organización da nosa biblioteca

A casa número cinco é verde.Aquí atopamos a familia das CIENCIAS PURAS.Nela viven os libros de Matemáticas, Astronomía, Física, Química, Xeoloxía, Bioloxía, Botánica, Zooloxía,…

Page 11: Organización da nosa biblioteca

Na casa número seis atopamos a familia das CIENCIAS APLICADAS. É de cor azul escuro. Aquí atópanse os libros de Medicina, o Corpo Humano, Enxeñería, Agricultura, Gandería, Transportes, Oficios,…

Page 12: Organización da nosa biblioteca

A casa número sete é onde se agrupan todos os libros relacionados co ARTE, XOGOS E DEPORTES.Atoparás libros de Arquitectura, Escultura, Pintura, Música, Manualidades,…A cor que define esta casa é o rosa

Page 13: Organización da nosa biblioteca

Na casa número oito agrúpanse todos os libros de LINGUA E LITERATURA. A súa cor e o amarelo.Neste grupo atoparás libros de poesía, teatro, narrativa, idiomas,…

Os libros deste grupo ademais levar unha pegatina amarela na parte superior do lombo levan un gomet doutra cor que nos indica si o libro é para o alumnado de infantil, 1º ciclo, 2º ciclo ou 3º ciclo

Page 14: Organización da nosa biblioteca

A última casa ten o número nove e é de cor branca.A familia de libros que vive nesta casa leva o nome de XEOGRAFÍA E HISTORIA.Se queres saber cousas sobre o pasado, sobre distintos países, xente famosa,… este é o teu sitio.

Page 15: Organización da nosa biblioteca

QUE SE FAI CUN LIBRO RECÉN CHEGADO Á BIBLIOTECA?

Antes de colocar o libro no seu andel e grupo correspondente temos que rexistralo no ordenador xa que estamos conectados en rede con outras bibliotecas para así poder compartir os nosos fondos.O rexistro consiste en anotar todos os datos do libro: título, autor, editorial, o ano de publicación, de que trata o libro,…Ademais disto temos que pórlle o selo da biblioteca, un número de rexistro na portada e o “tejuelo” que nos axudará a atopar o libro cando o precisemos.Por último colocámolo no andel correspondente a súa materia

Page 16: Organización da nosa biblioteca

COMO ESTÁN COLOCADOS OS LIBROS NA BIBLIOTECA?

Os libros están colocados nos andeis de abaixo arriba e de esquerda a dereita.

Clasifícanse tendo en conta a materia e por orden alfabético das tres primeiras letras do apelido do autor.

A clasificación das obras dun mesmo autor faise por orden alfabético dos títulos.

Page 17: Organización da nosa biblioteca

SE QUERO LEVAR UN LIBRO DA BIBLIOTECA, QUE TEÑO QUE FACER?

TILANDRABiblioteca C.E.I.P Os Tilos

Se queres levar un libro para ler na casa tes que facerte socio da biblioteca,é dicir, tes que solicitar o carné da biblioteca.

Unha vez que elixiches o libro que queres levar tes que ir xunto as encargadas da biblioteca para que fagan o empréstito.

Cando o devolvas tamén tes que pasar pola zona de xestión para que as encargadas fagan a devolución.