14
Proxecto de investigación 4º ED. PRIMARIA CEIP VITE I - SANTIAGO DE COMPOSTELA O HORTO COMO ECOSISTEMA COORDINADO POLAS PROFESORAS:LUISA G. GARRIDO E CARMELA RODRÍGUEZ MAIO - XUÑO 2014

O HORTO COMO ECOSISTEMA

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Traballo realizado polo alumnado de 4º, a partir da visita a un horto.

Citation preview

Page 1: O HORTO COMO ECOSISTEMA

Proxecto de investigación4º ED. PRIMARIACEIP VITE I - SANTIAGO DE COMPOSTELA

O HORTOCOMO ECOSISTEMACOORDINADO POLAS PROFESORAS:LUISA G. GARRIDO

E CARMELA RODRÍGUEZMAIO - XUÑO 2014

Page 2: O HORTO COMO ECOSISTEMA

Seres VIVOS(BIÓTICOS): plantas, animais, microorganismos, seres humanos.

Seres INERTES (ABIÓTICOS): rochas, auga, sol, temperatura...

Terrestre: os seres vivos viven no solo (bosques, desertos, selvas...).

Acuático: os seres vivos viven na auga (ríos, lagos, mares..).

SERGIO SEIJAS E TANIA CORTÉS

QUE É UN ECOSISTEMA?Un ecosistema é o conxunto formado polos seres vivos dun lugar (paxaros, insectos, plantas, etc.), o medio físico no que habitan (auga, aire,rochas, etc.) e as relacións que existen entre eles.

OS ECOSISTEMAS

ELEMENTOS DUN ECOSISTEMA

TIPOS DE ECOSISTEMAS

Page 3: O HORTO COMO ECOSISTEMA

SERGIO SEIJAS E TANIA CORTÉS

OS ECOSISTEMAS

Todos os organismos vivos ou mortos sirven de alimento para outros. A cadea alimentaria está formada por:

produtores : fabrican a súa propia alimentación (plantas, arbustos...)

consumidores : aliméntanse de plantas e doutros organismos:

•herbivoros•carnívoros•omnívoros

descompoñedores : son os que descompoñen a carne e os vexetais (bacterias e fungos)

RELACIÓNS NOS ECOSISTEMAS: CADEA ALIMENTARIA

PRODUTORES

CONSUMIDORES

DESCOMPOÑEDORES

Page 4: O HORTO COMO ECOSISTEMA

Noa Feás e Teo Vega

DEFINICIÓN

O horto como ecosistema

UN HORTO é UN ESPAZO ONDE SE CULTIVAN VEXETAIS PARA COMELOS COMO O TOMATE, A LEITUGA ,O REPOLO..

UN HORTO É UN ECOSISTEMA PORQUE TEN SERES VIVOS, SERES INERTES E RELACIÓNS ENTRE ELES.

ALGÚNS TIPOS DE HORTOS:

HORTO FRUTÍCOLA: ONDE SE CULTIVAN FROITAS COMO A MAZÁ, LARANXA...

HORTO HORTÍCOLA: ONDE SE CULTIVAN HORTALIZAS EN XERAL: PORROS, LEITUGA...

HORTO FRUTÍCOLA

ORNAMENTAL

HAI

MOITOS TIPOS DE HORTOS

NO MUNDO

HORTÍCOLA

DE INVERNADOIRO

Page 5: O HORTO COMO ECOSISTEMA

As xoaniñas (que son escaravellos), son grandes depredadores de pulgóns e incluso só poñen os seus ovos se teñen asegurada a presenza de pulgón.

María Lago e Hugo Martínez

ANIMAIS: hai algÚns animais que son bos e outros que son prexudiciais ao

horto .

OS SERES BIÓTICOS NUN HORTO COMO ECOSISTEMA

* Unha eiruga ten influencias

prexudiciais nun horto porque

come algúns dos seus produtos ,

como a leituga ( as súas follas);

ainda que a eiruga só intente

alimentarse .*Unha miñoca é boa

para o horto porque

fertiliza a planta pola

alta cantidade de

nutrientes que deixa

no solo. Iso fai que a

planta siga viva e

medre máis rápido.

* As bolboretas,

especificamente as súas

eirugas, comen hortalizas. E

comen moitas, moitas

hortalizas. Entre as súas

comidas favoritas están a

albahaca, a menta, a leituga

e o pemento.

AVESPAS

O seu enorme valor no control de

plagas radica na alimentación das

súas crías, cunha dieta de larvas de

insectos.

XOANIÑAS

MIÑOCAS

EIRUGAS

BOLBORETAS

Page 6: O HORTO COMO ECOSISTEMA

É mellor un xardín ou parcela con moitos tipos de plantas que cun só. Non

favorece ter só un tipo de planta onde non teña outras que a axuden .

Evita o uso de fertilizantes

e pesticidas sintéticos. En lugar de recorrer a este tipo de produtos químicos, aproveita o uso de compost , así como preparacións con plantas e elementos naturais que escorrentan os organismos nocivos para os cultivos.

Unha planta deixa residuos orgánicos no solo . Cando plantas outra doutra especie no oco da anterior, aproveita os nutrientes do mesmo.

María Lago e Hugo Martínez

OS SERES BIÓTICOS NUN HORTO COMO ECOSISTEMA

VEXETAIS: Non todas as plantas dos hortos son boas . Hai algunhas que

invaden as colleitas acaparando os nutrientes do solo .

ASOCIACIÓNS ENTRE VEXETAIS

Hai plantas que se levan moi ben entre elas e outras que, se están xuntas, cáense mal. Hai que aprender cales se benefícian entre si para medrar mellor.

Por exemplo, as leitugas e as cebolas. As cebolas teñen crecemento vertical e as leitugas horizontal e ademais a leituga estará protexida de posibles depredadores coas cebolas arredor.

LEITUGAS E CEBOLAS

Page 7: O HORTO COMO ECOSISTEMA

María Lago e Hugo MartínezOS SERES BIÓTICOS NUN HORTO COMO ECOSISTEMA .

OS MICROORGANISMOS :

Os fungos aproveitan os residuos naturais para convertelos en auga ,aire, terra e outros produtos naturais que axudan a realizar a fotosíntese das plantas .

Se poñemos fungos ao lado dalgunhas plantas e algunha se descompón, os fungos van aproveitar todos os seus residuos para sacar algo bo deles .

Se non hai fungos ao lado dalgunhas plantas e as mesmas morren e deixan residuos, eses restos pódense utilizar

para facer insecticidas que non leven produtos químicos. Fungo velenoso

OS FUNGOS

Os microorganismos son aqueles seres vivos máis diminutos que unicamente poden ser apreciados a través dun microscopio. Neste extenso grupo podemos incluir os virus, as bacterias, fungos, levaduras e mofos que pululan polo planeta Terra.

Os microorganismos non se poden ver a simple vista pero si cun microscopio. No horto non os podemos ver pero os seus efectos si; por exemplo, na putrefacción dos alimentos e na elaboración do compost.

Fungo comestible

A xente morre por confundir estes dous fungos que se poden plantar no horto .

RESIDUOS ORGÁNICOS

ABONO (nutrientes para volver a usar)

Page 8: O HORTO COMO ECOSISTEMA

SERGIO LISTE E ANDRÉS MARTÍNEZ

SERES ABIÓTICOS(os seres que non teñen vida, tamén chamados inertes)

A AUGAA auga é o elemento clave da vida das plantas, xa que a ausencia dela produciría a súa morte. A auga permítelle tomar os nutrientes do solo e ten o seu propio ciclo na planta:

Os miles de filamentos que se extenden desde a punta de cada raíz son os que absorben a auga do solo.

Envían a auga pola planta arriba.

H a i p l a n t a s q u e v i v e n directamente na auga.

O SOLOO solo no ecosistema compre a función de substrato para a planta. Da composición e estrutura do solo, as plantas obteñen o seu

alimento. As distintas plantas captan nutrientes en diferentes proporcións. Se o solo é pobre nun dos seus compoñentes, a planta sofre e

amosa signos de alteracións no seu desenvolvemento.

Un exceso de calor fai que as plantas se sequen e, se fai demasiado frío, queima as follas.

A TEMPERATURA

Page 9: O HORTO COMO ECOSISTEMA

SERGIO LISTE E ANDRÉS MARTÍNEZ

SERES ABIÓTICOS(continuación)

É o elemento necesario para a vida da planta: obteñen del o osíxeno e o aire intervén na polinización das plantas.

O AIRE

A LUZ SOLARAS ESTACIÓNSEn función da estación do ano na que nos atopemos , o horto terá distinto tipo de plantas, máis ou menos flores e estará máis ou menos verde.

O sol é a fonte indispensable para a vida da planta. As plantas necesitan a luz solar para realizar a fotosíntese e elaborar o seu propio alimento.

Page 10: O HORTO COMO ECOSISTEMA

A cadea trófica dun horto:Empeza cos produtores, as plantas, que son alimento para animais como os vermes, bolboretas...A eses animais cómenos outroscomo ras, paxaros...E a eses, cómenos as serpes.

Relacións:Os seres vivos relaciónanse entre sí e co medio físico.Nun horto, sobre todo, hai relacións alimentarias.Distintos tipos de insectos e paxaros van alí comer os cultivos; os paxaros tamén comen os insectos.

Pedro Valero e Fernando Heredia

Reflexa quen se come a quen nun ecosistema.A cadea trófica ou cadea alimentaria é o proceso de enerxía e nutrientes que

se dá entre as diferentes especies do ecosistema, no cal todos os organismos, vivos ou mortos, son fonte de alimento para outros.

A CADEA TRÓFICA NUN HORTO

Biomasa:É unha fonte de enerxía natural usada de combustible que non dana o medio ambiente.Forestal: residuos de cousas de madeira.Agrícola: residuos de cultivos.

produtor

fungos e bacteriasdescompoñedor

CADEA ALIMENTARIA

Page 11: O HORTO COMO ECOSISTEMA

CURIOSIDADES:Coa ortiga pódese facer un tipo de abono natural: métense as ortigas nun cubo, machácanse cun pao ata que se

queden de cor

verde oscuro, engades auga e xa tes o abono.

POR QUE UN HORTO ECOLÓXICO?A xente que fai os seus propios hortos ecolóxicos pensan que é mais san e así coidan o medio ambiente.

RELACIÓNS NO HORTO ECOLÓXICO Os seres vivos axudan ao horto ecolóxico da seguinte maneira: hai algunhas plantas que atraen os insectos beneficiosos e repelen os insectos dañinos. Exemplos:A menta,a caléndula, etc.

Marcos Fernández e Paula Ferrín

É unha parcela de terreo onde se sementan diferentes verduras e froitas, das que podes obter alimentos frescos e saudables, sen utilizar produtos químicos e aumentando a fertilidade da terra.

O HORTO ECOLÓXICO

A capuchina nun rincón do horto mata os insectos dañinos.

A caléndula ten unha cor moi chamativa para atraer os insectos beneficiosos.

A menta repele os insectos dañinos, pero sobre todo aos pulgóns.

Page 12: O HORTO COMO ECOSISTEMA

Un xeito de manter a fertilidade da terra é incorporándolle abono.

E nada mellor que un abono orgánico, desprovisto totalmente de químicos.Para preparar abono orgánico só necesitamos un pedaciño de terra, paciencia e constancia.

Os restos de alimentos que nos serven para preparar este abono son as cascas de ovos e de froitas, verduras, a herba e

o café usado, follas, esterco e algúns restos de poda.

O regado por aspersiónÚsase para os hortos .Inconveniente: ao mollar follas e froitos favorece a aparición de fungos.

O regado solarPara pequenos cultivos, como pode ser unha horta caseira, pódense utilizar elementos de uso diario, como botellas de plástico PET (as da auga), requirindo ademais moi pouco

mantemento sendo soamente necesario reabastecer de auga o depósito cando sexa necesario e arrincar as plantas que puidesen medrar no interior do sistema.

QUE NECESITAMOS?

unha botella de tamaño máis grande qUe a outra, por exemplo(unha de 5 litros e outra de 1 litro e medio) colocadas como se indica na imaxe.

Roberto Carro e Sandra Cortés

HORTO ECOLÓXICOCOMO FACEMOS O ABONO ORGÁNICO?

O REGADO

O regado por goteoResulta ideal para hortalizas e cada vez úsase máis que o regado por sucos: que é o que máis se utiliza nos

botella pequena

Page 13: O HORTO COMO ECOSISTEMA

AS HORTALIZAS NO HORTO URBANO DA USC. CLASIFICACIÓN

NADHIFA - LUCÍA - ANDRÉS FELIPE

BULBO FOLLA INFLORESCENCIA

FROITO RAÍZ SEMENTES TALO

CEBOLA ESPINACAS PEMENTOS PATACA (tubérculo)

CHÍCHAROS PORROS

ESCAROLA AMORODOS CENORIA TIRABEQUE APIO

LEITUGA TOMATES CEBOLIÑO

REPOLO CABACIÑA

VERZA

TALO: é unha das partes da planta que suxeita as follas.

TUBÉRCULOS: son talos subterráneos engrosados que acumulan reservas de nutrientes.

RAÍZ: serve para suxeitar a planta e absorbe auga e minerais que hai na terra.

BULBO: é un tipo de raíz. Os allos e as cebolas son plantas de bulbo.

As cebolas son bulbos.

As patacas son tubérculos.

INFLORESCENCIA: É a parte da planta onde se localizan as flores.

A coliflor é unha inflorescencia

FROITO: é a parte dos vexetais, procedente da flor, encargada de protexer as sementes e dispersalas.

A SEMENTE forma parte do froito e dá orixe a unha nova planta.

semente

froito

DEFINICIÓNS/VOCABULARIO

follasfroito

talo

flor

Page 14: O HORTO COMO ECOSISTEMA

2- Estar en contacto co sol (sempre con protección!) apórtanos unha dose extra de vitamina D, que é esencial para fortalecer os

nosos ósos. Así mesmo, estimula a produción da serotonina -coñecida como a hormona da felicidade-, que mellora o

noso estado de ánimo e axúdanos a sentirnos un pouco máis felices.

1- Os alimentos procedentes dun horto eco teñen mellor calidade...e están máis ricos! Teñen un sabor natural e auténtico. Ademais ao non ter produtos artificiais, coma pesticidas ou outros, presentan niveis máis altos de vitaminas e minerais. Son máis saudables e nutritivos.

Mario Grela e Óscar CasaisHORTO ECOLÓXICO:CONSELLOS E CURIOSIDADES

4- Aínda que pareza mentira, a terra contén minerais e bacterias que

fortalecen as nosas defensas... e non se nos ocorre mellor forma de ensuciarnos as mans que mimando as nosas plantas!

3-Está demostrado que coidar un horto reduce a ansiedade e o estrés. Ver medrar as plantas e recoller os seus froitos é unha das sensacións máis gratificantes do mundo! E ademais relaxa moito...

6- Facemos exercicio sen decatarnos: Cortar, plantar, regar, recoller... supón un exercicio moderado que vén fenomenal.

5- Aforramos diñeiro na cesta da compra. Vale que non conta como vantaxe para o noso organismo (ou si?)... pero todo axuda

para gastar un pouquiño menos.

Esta berenxena ten mellor calidade porque é dun horto ecolóxico.