6
Andrea Correa Pazos e Paula Fandiño Diz 3º ESO A CPI Aurelio M. Rey García Cuntis, decembro 2008

O Asturiano

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Traballo das alumnas Andrea Correa e Paula Fandiño para a materia de Lingua Galega de 3º da ESO. CPI don Aurelio de Cuntis (Galiza)

Citation preview

Page 1: O Asturiano

Andrea Correa Pazos e Paula Fandiño Diz

3º ESO A CPI Aurelio M. Rey García

Cuntis, decembro 2008

Page 2: O Asturiano

A lingua asturiana é unha lingua romance pertencente ao subgrupo asturleonés e derivada directamente do latín. É unha lingua próxima ao galego debido a certas características comúns como a conservación do F- inicial latino.

Outro dos nomes empregados tradicionalmente para designar esta lingua é o de bable, mais en realidade trátase dun heteroglotónimo despectivo procedente da locución "bla, bla". A súa normativa é elaborada pola Academia de la Llingua Asturiana.

O Asturiano

Page 3: O Asturiano

Na actualidade, falan o asturiano uns 100.000 falantes nativos, ós cales hai que engadir 450.000 máis que usan o asturiano como segunda lingua, podendo falalo e entendelo. Os nenos con idades comprendidas entre os 6 e 12 anos estudan asturiano no colexio de forma voluntaria, mentres que entre os 12 e 18 anos, só é posible estudalo de forma optativa nalgúns institutos. Está en proceso de aprobación a titulación de Filoloxía Asturiana no Consello de Universidades co novo plano de filoloxías.Esta lingua fálase en Asturies, no noreste de Portugal (concretamente nos municipios de Miranda do Douro e Vimioso) e no noroeste de Castela e León.

Falantes

Page 4: O Asturiano

Estatus actual

O estado legal actual da lingua asturiana é o seguinte: goza de protección, pero sen chegar a estar recoñecida como oficial polo Goberno de Asturias. No ano 2005 o goberno asturiano aprobou o Plano de Normalización Social do Asturiano 2005-2007 para potenciar o uso e a promoción do asturiano e do galego-asturiano.

Así mesmo, existen varias asociacións, como a Xunta Pola Defensa da Llingua Asturiana e o Conceyu Abiertu pola Oficialidá entre outras, e partidos políticos, como Esquerda Unida (chamado Izquierda Xunida en Asturies), o Partíu Asturianista, Unidá e Andecha Astur entre outros, que apoian a oficialidade desta lingua e realizan campañas en favor da súa oficialidade.

Manifestación pola oficialidade no día das

Lletras Asturianas do ano2007

Page 5: O Asturiano

Mostra textual

Extracto de L'últimu homeUn españíu fizo tremar el fayéu. El ñarbatu esnaló lloñe. L'esguil espaeció nel ñeru. Hebo otru españíu, y darréu otru. L'home, entós, mientres cayía coles manes abiertes, los güeyos nel infinitu y el so cuerpu remanando per tolos llaos abonda sangre, glayó una pallabra, una pallabra namás, que resonó y güei sigue resonando na biesca y en toa Asturies: «¡Llibertá!».

Traducción ao galego de O último homeUn estourido fixo tremer o lugar. O merlo voou lonxe. O esquío desapareceu no niño. Houbo outro estourido, e logo outro. O home, entón, mentres caía cas mans abertas, os ollos no infinito e o seu corpo vertendo por tódalas partes moito sangue, berrou unha palabra, só unha palabra, que resoou e hoxe segue resoando no bosque e en toda Asturies: «Liberdade!».

Mostra da fala

Nós - L'Asturianu nos institutos

Page 6: O Asturiano

Música e Literatura en Lingua Asturiana

Algúns autores que escriben en asturiano son: Berta Piñán, Esther Prieto, Xuan Bello, Antón García, Miguel Rojo, Carlos Rubiera, Milio Rodríguez Cueto, Pablo Antón Marín Estrada o Martín López-Vega.Na música destaca o folk e outros estilos. Un grupo mítico da escena astur é Los Berrones, banda aracterizado polas súas letras cargadas de ironía. Foron os autores do disco en asturianu máis vendido na historia.

Berta Piñán

Xuan Bello

Máis información sobre a literatura, a música e a actualidade da lingua asturiana.