Upload
abrazapedras
View
215
Download
6
Embed Size (px)
DESCRIPTION
Presentación gráfica sobre a historia, a arte e o conflito provocado pola Xunta de Galicia ao construír un hotel no castelo de Monterrei (Ourense)
Citation preview
M O N T E R R E I , historia, arte e defensa do patrimonio
O castelo de Monterrei é
unha fortificación de orixe
m e d i ev a l , s i t u a d a n o
concello de Monterrei, nun
outeiro sobre o val do río
Támega, f ronte i ra con
Por tuga l . É unha das
f o r t a l e z a s m e l l o r
conservadas de Galicia e
das máis importantes e
fermosas do Estado. Foi
dec la rada Monumento
Nacional o 3 de xuño de
1931, e na actualidade é un
Ben de Interese Cultural.
O castelo asentouse sobre
os restos do castro de
Baronceli e estivo en mans
das familias nobiliarias máis
poderosas: Ulloa, Zúñiga,
Viedma, Fonseca, Acevedo e
Casa de Alba.
A p r i m e i r a n o t i c i a
documental do castelo data
do 950, cando a comarca
formaba parte do señorío do
mosteiro de Celanova.
No ano 1366 serviu de
refuxio a Pedro I o Cruel, na
súa guerra contra Henrique
de Trastámara. A revolta
irmandiña de 1467 non
afectou ao castelo e, cos
R e i s C a t ó l i c o s , f o i l l e
c o n c e d i d o o t í t u l o d e
Primeiro Conde de Monterrei
a Sancho Sánchez de Ulloa
no 1474.
Neste lugar entrevistáronse
en 1506 Felipe el Hermoso e
o Cardeal Cisneros.
Irmandiños: a revolta. Xogo de rol celebrado no castelo de Monterrei entre 2006 e 2008
Entre os muros foron construíndose
monasterios. O primeiro foi o dos
franciscanos en 1302 na zona norte, que
desapareceu coa desamortización no s.
XIX, usándose as súas pedras en distintas
obras en Verín. En 1494 establecéronse os
mercedarios, nun antigo convento de
monxas. No 1597 baixaron para Verín,
onde aínda hoxe teñen un colexio.
O último mosteiro foi o dos xesuítas no
1555, que destacou pola súa importancia
educat iva e cu l tura l (a segunda
universidade galega). Coa expulsión dos
xesuítas no 1767 o Colexio foi expoliado e
dispersáronse as súa pedras e patrimonio.
No seu solar sitúase o actual Parador.
Ata a invención da imprenta, arredor do
1440, os libros só contaban con
poucas copias manuscritas.
En Galiza, a primeira imprenta
instalouse en Monterrei, e o primeiro
libro aquí impreso, por Gonzalo
Rodríguez de la Pasera, foi o Misal de
Monterrei ou Auriense no 1494. Hoxe
está depositado no Museo da Catedral
de Ourense.
O Misal, de 279 follas con dúas
columnas de letras góticas, consta de
todos os textos necesarios para a
celebración da misa ( lecturas,
cánt icos, orac ións, etc . ) e un
calendario co santoral.
Arredor do castelo e dos mosteiros foi
medrando o caserío, constituíndose unha
importante poboación, con tendas e tabernas.
O castelo xogou un importante papel na
Guerra de Separación con Portugal que
comezou en 1640. Foi entón cando se
construíu a Atalaia (para defender a única
fonte do recinto) e levantáronse novas e máis
resistentes murallas.
A fortaleza participou tamén na Guerra de
Sucesión (1700-1714) e na Guerra da
Independencia (1808-1814), chegando a ser
ocupada temporalmente polos franceses.
Nas décadas seguintes, Monterrei entrou
nunha profunda decadencia, perdendo boa
parte do seu patrimonio.
OUTROS MONTERREI
O III Conde de Monterrei, Alonso de
Acevedo, mandou construír o Palacio de
Monterrey en Salamanca no 1539, un dos
edificios máis destacados do estilo
plateresco.
O V Conde de Monterrei, Gaspar de
Acevedo, foi nomeado por Felipe II vicerrei
de Nueva España. Alí mandou unha
expedición colonizar a actual California,
dándolle nome a actual baía de Monterrey.
Máis tarde, no 1596, tamén se lle deu o
nome de Monterrey a unha nova cidade,
que hoxe é unha das máis importantes de
México.
O acceso á mellor e maior acrópole de Galicia faise polo sur, onde se sitúa un
cruceiro do s. XVII. Subindo atopámonos co Hospital de Peregrinos (1391), no que
destaca a portada gótica co tetramorfo.
A ARTE
Xa dentro do propio castelo destaca a Torre da Homenaxe (ou Torre de Don Sancho),
do s. XV. De planta cadrada, con 22 m de altura, feita en cantería de granito
perfectamente labrada, que conserva moitas marcas de canteiro. Pódese subir ao
terrazo, desde onde hai unha fermosa vista do val de Monterrei.
O Pazo dos Condes, restaurado, conserva en bo estado galerías e patios, con
fermosas arcadas. Foi construído entre os s. XV e XVII, de estilo renacentista. O
elemento máis antigo do conxunto é a Torre das Damas, de finais do s. XIII.
A Igrexa de Santa María edificouse a finais do s. XIII, en estilo románico con elementos
góticos. No tímpano da porta ten unha figura do Pantocrátor, con Cristo ensinando as
chagas da Paixón e o Tetramorfo (os símbolos dos evanxelistas). Na parede norte está
gravada a lonxitude dunha 'vara' (83,6 cm.) recordo de cando se celebraban feiras.
No interior da igrexa destaca a ábsida, os retábulos e a Capela dos Condes, ao sur.
Na capela varias esculturas representan a Anunciación, coa virxe embarazada, o
arcanxo San Gabriel e os anxos coas trompetas nas esquinas. Destacan tamén o
retábulo de pedra co tema da paixón de Cristo e un Cristo crucificado tamén de
pedra, ambos de finais do XIII, románicos
A defensa do castelo A Casa de Alba cedeulle o castelo ao Estado español que, no 2010, llo traspasou á Xunta de Galicia. É un BIC (Ben de Interese Cultural) e no documento de cesión especificábase que só se podía adicar a ese uso: público e cultural. Despois de adiar moitos anos a necesaria rehabilitación da fortaleza, a finais do 2013 ponse en marcha cun investimento de case 2 millóns de euros. En decembro do 2013, e sen ninguén agardalo, a Xunta publica un novo proxecto para acondicionar a fortaleza como hotel de luxo, trasladando o Parador (situado a uns 300 m) ao castelo.
Contra a decisión da Xunta de facer un hotel de uso privado nun patrimonio público e con diñeiro público, créase a Plataforma Cidadá en Defensa do Castelo de Monterrei que ten levado a cabo distintas actuacións para reclamar un USO PÚBLICO E CULTURAL DO CASTELO, símbolo da comarca e herdanza común que debe ser gozado por todos os cidadáns sen máis restricións que as necesarias para a conservación do monumento.
FONTES h8p://patrimoniomusicalgalego.blogspot.com.es/2011/04/missale-‐auriense-‐o-‐misal-‐de-‐monterrei.html
h8ps://www.yumpu.com/es/document/view/14544560/apuntes-‐a-‐la-‐historia-‐del-‐valle-‐de-‐monterrey-‐emilio-‐marIn-‐serna
h8p://www.farodevigo.es/portada-‐ourense/2011/11/21/catedral-‐refuerza-‐seguridad-‐evitar-‐robo-‐misal-‐auriense/599303.html h8p://gl.wikipedia.org/wiki/Castelo_de_Monterrei
h8p://gl.wikipedia.org/wiki/Galer%C3%ADa_de_imaxes_de_Monterrei,_Monterrei
h8p://www.ojodigital.com/foro/urbanas-‐arquitectura-‐interiores-‐y-‐escultura/188569-‐casIllo-‐de-‐monterrei-‐verin.html
h8p://aramon.espacioblog.com/categoria/castelos-‐galicia
www.manuelgago.org/blog/ h8ps://www.facebook.com/beImiciego.beImiciego/photos
h8ps://www.facebook.com/groups/589044114520822/
-‐ Guía de Monterrey; Jesús Yaboada Chivite. Artes Gráficas Faro de Vigo.
-‐ Monterrei, 1494-‐1994. 5 séculos de cultura; Xerardo Dasairas, Edicións do Castro. -‐ Verín y comarca; Adolfo Rolán. Editorial Everest.
-‐ Cas<llos de Ourense; Carlos Olbes Durán. Editorial Lancia
-‐ Varones ilustres de la comarca verinense, Jesús Taboada, Imp. Bolaños y Aguilar, 1946
-‐ Monterrey y el Camino de SanIago: por Ierras de Galicia; Benigno G. Sologaistúa. Imp. Bolaños y Aguilar, 1944