Upload
encarna-lago
View
677
Download
1
Embed Size (px)
DESCRIPTION
MEMORIA PRÁCTICAS RUTH NUÑEZ ARES ALUMNA MASTER SERVIZOS CULTURAIS TITORA ENCARNA LAGO
Citation preview
Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo
Ruth Nuñez Ares
1
Introdución As prácticas do Máster en Servizos Culturais foron realizadas na
Rede Museística Provincial de Lugo e en concreto no Museo Provincial do Mar,
o Pazo de Tor e o Museo Etnográfico San Paio de Narla.
As prácticas foron coordinadas pola xerente da Rede Museística Dona Encarna
Lago, responsable das tutorías previas de carácter teórico, a presentación dos
tres museos e a supervisión do programa de actividades proposto á entidade.
As prácticas ofertadas polo Museo baseáronse no funcionamento da xestión
cultural, neste caso, na coordinación dunha Rede de pequenos Museos.
O programa de prácticas comezou cunhas sesións teóricas nas que a
coordinadora expúxonos os dous pilares básicos sobre os que se sustenta o bo
funcionamento dun museo: unha boa xestión cultural e a importante
Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo
Ruth Nuñez Ares
2
accesibilidade para todo tipo de públicos. Neste caso trátase dunha Rede que
coordina a tres museos de pequeno tamaño e poucos recursos que superan
calquera tipo de limitación para abrirse á sociedade achegando un amplo
abanico de actividades culturais tanto para os habitantes da localidade na que
se atopan como para persoas de calquera outro lugar.
Por iso as prácticas realizadas foron moi interesantes xa que no seu percorrido
aprendemos de forma teórica como é a xestión cultural, comprobámolo cos
nosos propios ollos ao asistir a unha actividade en cada Museo e vivímolo na
nosa propia pel ao deseñar un programa de actividades que finalmente
puxemos en práctica.
Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo
Ruth Nuñez Ares
3
MUSEO PROVINCIAL DE LUGO
O Museo Provincial de Lugo constituíuse oficialmente como unha Rede no ano
2006. Agrupa aos catro museos que nese momento dependían da Deputación
Provincial de Lugo: Museo Provincial de Lugo, Museo Fortaleza San Paio de
Narla, Museo do Mar, Museo Pazo de Tor.
Todos estes Museos xa eran xestionados dende o Museo Provincial dende a súa
creación ou dende a súa incorporación ao ente provincial. A creación deste tipo
de Rede responde á necesidade de mellorar a coordinación dos catro museos e
potenciar o aproveitamento dos recursos técnicos e humanos do Museo
Provincial que conta cunha longa e rica traxectoria. A actual dotación de persoal
e a estrutura en departamentos deste museo cada día é máis ampla e dinámica,
permite xestionar unitariamente o conxunto da rede para que cada un dos
museos integrados cumpra adecuadamente as súas funcións e poida presentar
de cara ás respectivas comarcas e conxunto da provincia, unha completa e
variada oferta cultural. A concepción dunha rede afecta a todas as funcións do
museo: investigación, financiación, restauración, organización de exposicións,
documentación, conservación, oferta educativa e presenza en medios.
Todo isto ten importantes vantaxes e aquí non existe o inconveniente de ter que
disputarse un mesmo público xa que se atopan xeograficamente separados,
aínda que todos estean na provincia de Lugo, todos contan con coleccións
diferentes.
Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo
Ruth Nuñez Ares
4
CALENDARIO DE PRÁCTICAS
28
XANEIRO
5
FEBREIRO
19
FEBREIRO
10 e 11
AGOSTO
19 e 20
AGOSTO
24
AGOSTO
1ª Reunión
con
Encarna
Lago
Visita
Museo do
Mar
Visita
Pazo de
Tor
Obradorio
no Museo
do Mar de
San
Ciprián
Obradoiro
Pazo de
Tor
Obradoiro
Museo-
Fortaleza
San Paio
de Narla
Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo
Ruth Nuñez Ares
5
BLOQUE TEÓRICO
As prácticas comezaron cunhas sesións teóricas propostas pola coordinadora
Encarna Lago que coa súa longa traxectoria de experiencias traballando na Rede
expuxo como é o seu traballo nun Museo deste tipo. As sesións teóricas
centráronse en dous bloques: A xestión cultural e a accesibilidade, segundo a
xestora os dous ingredientes fundamentais para o traballo na Rede.
1. A xestión cultural na Rede Museística Provincial de
Lugo
O primeiro paso para a nova xestión do Museo Provincial foi a necesidade de
cambiar a imaxe negativa que moitos sectores socias teñen dos museos como
depósitos de obxectos antigos. O novo concepto de museoloxía entende os
museos como centros de actividade vivificadora da cultura, asentados na
sociedade. Había que darlle “vida” ó Museo de Lugo e para iso foi necesaria
unha programación que abrise novas portas e achegara a todo tipo de público.
Pode haber coleccións, poden estar perfectamente conservadas, estudadas e
custodiadas; pero se non hai unha función social, se a sociedade non traspasa a
fachada do edificio, o Museo falla no esencial.
Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo
Ruth Nuñez Ares
6
Segundo a xerente “para programar era preciso escoitar as demandas sociais,
non só os ditames dos especialistas nin as esixencias das elites culturais.
Escoitamos a asociacións, a colectivos de artistas, a centros escolares... e
puxemos en marcha unha programación co lema: Un Museo para todos, entre
todos.
Un esforzo que se traduciu en centos de actividades e convocatorias e na
presenza dun público cada vez máis numeroso, plural e motivado pola
diversidade da oferta.”
Algunhas das liñas de acción nas que traballaron para a boa xestión no Museo
foron: unha programación anual de actividades didácticas e obradoiros,
colaboración con outras institucións culturais en proxectos común, exposicións
temporais de produción propia cunha oferta temática variada e atractiva,
organización de coloquios, congresos, xornadas e ciclos de conferencias,
presentación de libros, ciclos de cinema, concertos, revista oral, colaboración
cos artistas lucenses, exposicións en concellos e centros culturais de toda a
provincia, ampla difusión da programación de actividades e das nosas
publicacións, creación dunha Rede Museística, entre outras.
“Esa liña de traballo,só trazada parcialmente, permitiu programar en sete anos
máis de 2.000 actividades. Non pretendemos presentarnos como modelo de
xestión a imitar; cada institución ten un camiño propio e debe atopalo; pero
insistimos na importancia de xestionar racionalmente os recursos, e de definir
Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo
Ruth Nuñez Ares
7
obxectivos que permitan formular programacións e obter resultados positivos.
É necesario crear novas infraestruturas culturais, pero tamén fortalecer as que
temos e dotalas de contidos reais. Non serven de nada os grandes contedores
culturais se non dispoñen de recursos e equipos con ideas e, sobre todo, se non
hai unha programación constante e atractiva que responda ás expectativas da
sociedade que é, en definitiva, quen a vai avalar coa súa presenza.” Comenta
Encarna Lago.
Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo
Ruth Nuñez Ares
8
2. Accesibilidade
Dentro das tarefas que o persoal e os distintos departamentos do Museo
Provincial de Lugo se propuxeron abordar nos últimos anos ocupaba un lugar
prioritario o facer deste centro un museo para todos. O obxectivo máis
importante dun museo do século XXI é ser accesible.
Non se trataba tanto de acuñar un slogan como de dar pasos concretos para
converter pouco a pouco ese obxectivo nunha realidade. “Sabiamos que eran
moitas as barreiras e que tiñamos por diante. Era necesario e urxente, daquela,
mellorar a accesibilidade global do museo porque eramos conscientes de que
moitas persoas (e non me estou a referir só ós colectivos de discapacitados)
atopaban distintos tipos de barreiras e dificultades á hora de achegarse ó Museo
como visitantes ou usuarios dos seus diferentes servizos.” Expón a xerente.
Tratouse de buscar solucións técnicas para facer un museo accesible e sobre
todo entender o lado humano, os problemas reais e mesmo persoais da
accesibilidade.
Formuláronse estratexias a curto, medio e longo prazo: A curto prazo xurdiu
unha autoguía para lograr que as persoas con discapacidade puideran percorrer
Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo
Ruth Nuñez Ares
9
o Museo autonomamente, sen depender de ninguén. A medio prazo fixeron
nunha primeira fase as rectificacións pertinentes e posibles, tendo en conta os
condicionamentos propios dun edificio histórico: incorporación e rectificación
de ramplas , adaptación e mellora dunha das portas de acceso, colocación dun
timbre na entrada principal, redacción dun proxecto arquitectónico de
eliminación de barreiras a realizar nun futuro inmediato e que inclúe: acceso
axeitado pola porta principal, adaptación dos servizos hixiénicos, corrección da
iluminación de determinadas salas e pezas, supresión de barreiras
programáticas.
O ano 2003, o Ano Europeo da Discapacidade, foi decisivo
para sensibilizar ás distintas administracións, incluída a Deputación da que
depende o Museo. Elaborouse un programa de actividades no que colaboraron
coa rede de Museos numerosas asociación de Lugo e que deu lugar a un intenso
ano de actividades que tiveron lugar no Museo baixo o lema “Museos e
accesibilidade”. Estas xornadas, nas que se tocaron en profundidade moitos
temas, contribuíron a xuízo dos participantes, a crear un marco de reflexión e
crítica sobre os problemas que ten cada tipo de discapacidade para a súa
integración. Cada mes estivo dedicado a un lema, unha discapacidade e unha
asociación. Houbo unha actividade constante de exposicións, conferencias,
cursos e mesas redondas.
Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo
Ruth Nuñez Ares
10
Segundo comenta a xerente “O 15 de febreiro, cando remataban as xornadas o
Museo xa tiña un timbre adaptado para uso dos discapacitados, en marzo xa
tiñamos unha guía en braille e no mes de xuño xa dispoñiamos de guías -
intérpretes da linguaxe de signos en colaboración coas asociacións
lucenses.Cando rematou o amplo programa de actividades tomamos unha
decisión: no noso Museo non íamos programar máis actividades para... todas as
actividades do Museo serían accesibles por principio e por sistema, poñendo ao
dispor das persoas que o precisasen as axudas técnicas e humanas que lles
permitisen realizalas. Estamos a traballar niso, tamén na renovación da nosa
páxina web para que sexa accesible a todos os colectivos. Avanzamos, paso a
paso, porque somos conscientes de que temos obxectivos a longo prazo polos
que non imos deixar de loitar, porque queremos conseguir que a integración
sexa unha realidade e unha esixencia social. Reivindicamos que non só as
administracións senón a sociedade en xeral, se preocupe, coñeza e reflexione
para deseñar un mundo máis doado e agradable para todos. A nivel persoal,
coñecín de preto ao colectivo, impúxenme unha reflexión profunda e teño, ao
día de hoxe, unha implicación que vai moito máis aló do estritamente
profesional.” No ano 2007 o día da discapacidade, o Museo provincial convocou
outra xornada de traballo “Capacidades diferentes. Museos sen límites”
xornada na que foi anunciada a intención de crear un novo departamento no
organigrama do museo: O Departamento de Accesibilidade e Capacidades
Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo
Ruth Nuñez Ares
11
diferentes. A creación do novo Departamento xa foi aprobada polo pleno da
Deputación de Lugo no ano 2008. O Museo de Lugo é o primeiro Museo galego
e dos primeiros de todo Estado que conta cun Departamento deste tipo, un
Departamento que ten como obxectivo preferente prestar unha maior atención á
diversidade xa que unha institución museística debe funcionar como un
mecanismo propiciador de xustiza e cohesión social.
Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo
Ruth Nuñez Ares
12
3. Visita aos tres Museos da Rede
A sesión teórica sobre a xestión na Rede Museística Provincial foi completada
cunha visita a cada un dos museos que compoñen a rede. A xerente Encarna
Lago invitounos con motivo dalgunha actividade que se ía levar a cabo en cada
un deles.
A primeira visita ao Museo do Mar coincidiu cunha xornada de apoio á
curtametraxe “O Labirinto Ario” nominada aos premios Mestre Mateo e que foi
rodada nas estancias do Pazo de Tor. Ese día os nenos do Museo gravaban o
seu programa de radio e nos fixeron unha entrevista como alumnas en prácticas
do Máster. Tamén entrevistaron ao director da curtametraxe Alfredo Pardo e ao
Delegado de Cultura Antonio Veiga. Ese día asistimos á proxección da
curtametraxe producida por Chantada Films acompañada dun pequeno
concerto.
A visita ao Pazo de Tor concidiu coa Viaxe ao Parnaso de Tor que fixemos en
compañía de amigos, familias e nenos asiduos no Museo. Tratouse dunha
xornada moi completa na que paseamos na procura das musas, merendamos un
delicioso chocolate con biscoitos e asistimos á proxección dun video homenaxe
a Uxío Novoneira “Un berro pola lingua”. A xornada rematou cun programa de
Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo
Ruth Nuñez Ares
13
radio da man dos mais pequenos no que entrevistaron a veciños do Pazo e á
xerente do Museo Encarna Lago.
Nestas visitas aprendimos que a pesares dos escasos recursos financieiros estes
Museos están cheos de posibilidades e sobre todo sobreviven grazas ás ilusións
da xente que acude a eles habitualmente non só coma un Museo senon
superando os seus límites e convertendo a este nun punto de encontro social.
Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo
Ruth Nuñez Ares
14
BLOQUE PRÁCTICO
A miña achega á Rede Museistica Provincial tivo lugar no bloque práctico.
Nesta parte e co aprendido acerca da xestión cultural o obxectivo foi ser capaz
de elaborar a miña propia programación de actividades para os museos da rede
que finalmente ía levar a cabo na realidade.
1. Elaboración dun programa didáctico
A continuación adxunto o programa deseñado titulado:
“Tratando e Retratando: Taller de AvóRetratos”
Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo
Ruth Nuñez Ares
15
Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo
Ruth Nuñez Ares
16
Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo
Ruth Nuñez Ares
17
1. Presentación
O proxecto concíbese como unha experiencia que utiliza a
arte nun espazo concreto, a Rede de museos de Lugo, e foi deseñado coa
finalidade de facilitar e promover a comunicación, as relacións, a aprendizaxe, o
movemento, a expresión, a organización e para satisfacer as necesidades físicas,
emocionais, mentais, sociais e cognitivas dos participantes, neste caso nenos e
avós.
Con esta experiencia dedicada a nenos e avós preténdese establecer un nexo de
unión entre eles a través do museo e ao mesmo tempo promover o coñecemento
e acceso dun público moi diverso ás artes nas súas diversas manifestacións.
A actividade plantexa unha aproximación ao retrato ao alcance do neno e o avó.
Ao longo da actividade abordarase a natureza do retrato, a súa capacidade
Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo
Ruth Nuñez Ares
18
expresiva,e o seu contido figurativo e abstracto. Tamén analizaremos o papel do
retrato na historia así como a súa presenza na nosa vida cotiá, os seus posibles
significados e o seu carácter simbólico.
Mediante unha experiencia levada a cabo en común polos nenos e os seus avós
preténdese reflexionar sobre as raíces que lles unen e os puntos que manteñen
en común a pesar da diferenza de idade. É fundamental comprender ao outro,
sempre dende o respecto, aínda que en ocasións resulte difícil polas diferentes
circunstancias nas que creceron os avós e nas que crecen os nenos na
actualidade.
A elección deste grupo de destinatarios non é aleatoria xa que responde á
necesidade de que todos os nenos deberían poder gozar dos seus avós e todos
os avós deberían ter netos, porque nestas dúas épocas da vida a seguridade e o
afecto que nenos e avós danse son imprescindibles: os nenos revitalizan e
rexuvenecen aos seus avós facéndoos máis activos e felices porque volven a
sentirse necesarios, cando non imprescindibles e os nenos aprenden o respecto
aos máis maiores. Os avós son para os nenos os xigantes pacientes,
comprensibles, tolerantes e protectores que lles colman de tempo e tenrura. Con
frecuencia, os avós compensan a falta de tempo, as esixencias e a disciplina dos
pais, que moitas veces son incapaces de dispor de tempo, tranquilidade ou
coñecementos para estar, compartir, falar ou xogar cos seus fillos. A relación
netos-avós é sempre frutífera para ambos, porque se basea nun potente lazo
Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo
Ruth Nuñez Ares
19
afectivo que aumenta conforme o fai o tempo de convivencia. De modo que é
interesante dedicar actividades no museo a este colectivo de idades tan
diferentes. Os nenos conviven cos seus avós dunha nova forma e ao mesmo
tempo danos a coñecer entre os seus compañeiros. A actividade que pretende
ser un medio de unión, ao mesmo tempo considera a importancia de coñecer ao
outro, indagar ata o fondo na súa historia, aprender cales son as raíces dos seus
avós, os seus gustos, as súas historias, as súas teimas…aprender a
RETRATÁLOS.
Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo
Ruth Nuñez Ares
20
BLOQUE 1: OS NENOS NO MUSEO
2. Recorrido a través do retrato
A primeira parte do programa consiste nunha pequena introdución
ao tema do RETRATO: qué é?, de qué se compón?, como foi a súa evolución no
mundo da arte?...e tódalas conversas e dúbidas que o retrato poida espertar nos
nenos.
Obxetivos:
- Entender o concepto de retrato.
- Comprender a evolución do concepto na historia da arte.
- Aprender a describir as características dun retrato.
- Debatir sobre os posibles puntos de vista dos participantes.
- Defender as propias ideas.
- Reflexionar sobre o retrato no noso entorno.
Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo
Ruth Nuñez Ares
21
Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo
Ruth Nuñez Ares
22
Un retrato é unha pintura, fotografía, escultura ou representación artística
dunha persoa. Utilízase para describir tanto as calidades físicas coma da forma
de ser e actuar das persoas.
Nos retratos predomina a cara e a súa expresión para mostrar a semellanza, a
personalidade ou o estado de ánimo da persoa. …
O retrato non é unha mera reprodución mecánica dos trazos físicos dunha
persoa senón que entran en xogo a sensibilidade do artista, que interpreta os
trazos segundo o seu gusto e as características da arte do seu tempo.
Normalmente, cando describimos a unha persoa, non só nos referimos ao seu
físico, senón que intentamos reflectir a súa forma de ser e de actuar, e tamén o
que nós pensamos desa persoa. Describir a unha persoa reflectindo os seus
sentimentos, os seus costumes e todo o que forma a súa personalidade é un
retrato.
Para facer un bo retrato e que este sexa completo hai que ter en conta:
- Observar e seleccionar os trazos máis destacados da persoa,
tanto físicos coma do carácter.
- Non acumular demasiados trazos, só os máis característicos.
- Presentar ao personaxe nun ambiente, para que cobre vida e sexa máis crible.
- Elixir ben como debuxalo e utilizar recursos expresivos para dar viveza e forza
á pintura.
Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo
Ruth Nuñez Ares
23
Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo
Ruth Nuñez Ares
24
Senecio, Paul Klee
Os cadros de Paul Klee destacan pola súa imaxinación que recorda á infancia
elaborando dentro dos seus cadros os seus propios mundos e paisaxes.
Pinta mundos que conteñen a personaxes cheos de maxia como Senecio, o
protagonista deste cadro. Trátase dunha personaxe misteriosa na que as formas
e as cores, a luz e a harmonía xeran na nosa mirada unha idea sobre a
personaxe retratada. Cada un pode verse reflectido no retrato.
O cadro pintado coa técnica do óleo mostra unha especie de máscara. A cabeza
redonda do suxeito é unha circunferencia dividida no seu interior. Trátase dun
xogo composto de liñas e figuras xeométricas. Podemos ver por exemplo as
cellas: unha en forma de triángulo e a outra un arco de círculo perfecto.
A metade de camiño entre humano adulto e neno, ten un título, Senecio, que
alude ao nome dunha flor velenosa e ao soado filósofo Séneca. O conxunto
transfórmase nunha máscara ambigua e dramática, similar á do Arlequín. Pode
recordar á temática do teatro, a representación artística do ser humano e as súas
ilusións.
Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo
Ruth Nuñez Ares
25
Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo
Ruth Nuñez Ares
26
A habitación de Van Gogh en Arles
Esta obra pictórica pertence a Vincent Van Gogh.
Trátase dunha das moitas versións que fixo deste cadro, que representa a súa
habitación na Casa Amarela en Arles.
Ao longo da súa carreira Van Gogh realizou moitos autorretratos pero este
introdúcenos na súa dimensión máis íntima e privada.
Caracterízase polo uso das cores que para él tiñan significados e das formas
simplificadas.
Os tons claros e tenues teñen un efecto de tranquilidade no observador.
O espazo da habitación ábrese ante nós, parece acollernos.
Todos os obxectos, as cadeiras, a mesa, os cadros das paredes diríxense cara ao
interior. Vincent representou un ambiente feliz, onde poder sentirse agusto:
ordeado e armonioso.
Os obxectos persoais como os cadros, o pano, a manta vermella, o xerro, dan á
habitación o aspecto dun lugar que representa o carácter de alguén que vive aí.
Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo
Ruth Nuñez Ares
27
Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo
Ruth Nuñez Ares
28
Retrato de Dora Maar, Pablo Picasso
Picasso realizou numerosos retratos de familiares e amigos, entre eles atópase o
da imaxe que representa a Dora Maar, unha fotógrafa que foi a moza do artista.
O retrato reflexa unha figura feminina de mans afiadas, morena, elegante e
sofisticada. Trátase dunha obra chea de cor, liñas e formas moi sinxelas. Como é
característico de Picasso e o movemento que máis lle caracterizou, o cubismo,
usa o dobre perfil do rostro representando unha visión simultánea do perfil e a
fronte da figura. A tensión da obra maniféstase no diferente uso da cor e as
formas do ollo esquerdo e o dereito. Esta obra pictórica reflexa a visión que
Picasso nese momento tiña da súa compañeira Doura Maar.
Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo
Ruth Nuñez Ares
29
Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo
Ruth Nuñez Ares
30
Retrato de Dora Maar, Pablo Picasso
A obra pictórica de Joan Miró recolle motivos extraídos do reino da memoria e
o subconsciente con gran fantasía e imaxinación, e que se achan entre as máis
orixinais do século XX. Mostra unha ampla gama de cores, liñas e formas
fragmentadas.
A miúdo contén imaxes distorsionadas de persoas, como a da imaxe, con
formas orgánicas retortas ou estrañas construcións xeométricas que conforman
os seus rostros. As composicións destas obras organízanse sobre neutros fondos
planos e están pintadas cunha gama de cores brillantes, especialmente azul,
vermello, amarelo, verde e negro. Nelas disponse sobre o lenzo, como de modo
arbitrario, siluetas de amebas amorfas alternando con liñas bastante acentuadas,
puntos, rizos ou plumas. Posteriormente, Miro produciu obras máis etéreas nas
que as formas e figuras orgánicas redúcense a puntos, liñas e explosións de
colorido abstractos.
Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo
Ruth Nuñez Ares
31
Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo
Ruth Nuñez Ares
32
La criada sentada, Modigliani
As pinturas de Modigliani son suaves e delicadas, caracterízanse pola súa
simplificación, as súas liñas sinuosas, as formas planas e as proporcións
alargadas. A maior parte da súa obra intégrana retratos e estudos da figura
humana, sendo característicos destes os rostros ovalados que tan popular lle
fixeron.
Neste cadro retrata á figura de forma frontal cun fondo escuro e frío, dun gris
violáceo que resalta a importancia das liñas da figura. As cores escuras e a
actitude do rostro cobren o ambiente dunha sensación de nostalxia. A síntese
dos volumes non diminúe o impacto emotivo causado pola expresión da
muller, cuxos ollos, aínda estando enteiramente recubertos cunha cor escura
que fai indefinible a dirección da súa mirada, parecen perdidos na
profundidade do infinito.
Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo
Ruth Nuñez Ares
33
Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo
Ruth Nuñez Ares
34
Retrato de Paul Éluard, Dalí
Dalí é o maior representante dun movemento artístico denominado surrealismo
que podemos definir como deixarse levar polos sentimentos e pintar deixando
ao carón o pensamento racional. Os surrealistas intentan plasmar por medio de
formas abstractas o mundo interior do ser humano e o mundo dos soños.
Neste retrato aparece Paul Éluard, un poeta amigo de Dalí que pintou nunha
das súas visitas en Cadaqués, o pobo onde residía o pintor. Esta pintado coma
se fose un busto escultórico e suspendido no aire sobre unha paisaxe baleira,
triste e abatida. Nese espazo aparecen personaxes diminutos que realizan
diferentes movementos na distancia.
Ao redor de Paul Élouard ,que parece mirar fixamente cos seus grandes ollos
azuis, apíñanse unha serie de cousas que se converterán nas chamadas
pantasmas dalinianas: mans, insectos, fauces de león, monstros que representan
os pesadelos do escritor.
Trátase dun retrato psicolóxico no que Dalí conta a súa propia historia sobre a
personaxe desa forma complexa que caracteriza a súa obra.
Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo
Ruth Nuñez Ares
35
3. Os retratos no museo
Despois de recibir unhas nocións básicas sobre o retrato comeza a caza de
retratos no museo. Recorreremos cada sala na busca de obxectos, esculturas,
pinturas…ou calquera cousa ca que identifiquemos trazos físicos ou
psicolóxicos dalgunha persoa.
- San Paio de Narla
- Museo do Mar
- Pazo de Tor
Obxectivos:
- Pasear na procura de retratos.
- Poñer en práctica o aprendido na introdución teórica.
- Aprender a comunicarnos cos demais.
- Diferenciar qué obras son retratos.
- Explicar o por qué das nosas ideas.
- Descubrir os segredos que esconden os obxectos e as obras de arte do
museo.
Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo
Ruth Nuñez Ares
36
Complemento para a primeira parte:
- Taller de autoretratos: Despois do aprendido cada participante fará o seu
propio autorretrato de forma completamente libre.
Obxetivos:
- Imaxinar unha imaxe de sí mesmos.
- Exteriorizar trazos da súa personalidade.
- Compartir cousas íntimas cos seus compañeiros.
- Aprender a indagar nos seus gustos, aficións, estados de ánimo,
carácter, formas de actuar, recordos…
- Practicar diferentes técnicas artísticas: debuxo, collage, fotografía,
escultura...
- Aprender a aproveitar os recursos do medio no que nos
atopamos.
Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo
Ruth Nuñez Ares
37
BLOQUE 2: OS NENOS E OS AVÓS
4. Presentación da actividade
práctica: TRATANDO E RETRATANDO
Este bloque comeza ca presentación da actividade práctica que os nenos deben
continuar na súa casa. Partindo do aprendido na presentación sobre o retrato e
en compañía dos seus avós deberán recopilar información para rematala
actividade ao día seguinte no taller do museo.
Cada neno deberá converterse en detective por un día e interesarse polo
pasado, os gustos, aficcións e forma de ser dos seus avós e recoller toda a
información necesaria para poder facer un bo retrato deles. Os nenos poden
fotografiar obxetos, anotar historias, facer debuxos, e traer ao museo todo o que
Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo
Ruth Nuñez Ares
38
consideren necesario para levar a cabo a actividade no taller no que
confeccionarán unha caixa-álbum que represente o seu avó.
Trátase da parte máis importante do programa e o nexo de unión entre o neno e
o avó a través do museo. Como obxectivo imprescindible o neno aprenderá a
comunicarse tanto cos seus avós coma cos seus compañeiros no museo ao
presentar aos seus seres queridos e representalos como parte moi importante
deles, da súa vida e da súa educación.
Obxetivos:
- Comunicar a idea do seu proxecto.
- Tratar con respeto os seus avós.
- Escoitar as cousas interesantes que non sabemos deles.
- Compartir os nosos desexos, pensamentos e sensacións.
- Aprender a tratar, coñecer, retratar e dar a coñecer aos avós.
- Buscar información, fotografías, debuxos e obxetos
representativos..
- Idagar nos recordos e no carácter dos avós para saber máis cousas
sobre eles.
Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo
Ruth Nuñez Ares
39
BLOQUE 3: OS NENOS NO TALLER
TALLER DE AVÓRETRATOS
Unha vez recollida a información cada neno será capaz de compoñer un retrato
que represente o seu avó.
Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo
Ruth Nuñez Ares
40
Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo
Ruth Nuñez Ares
41
2. Posta en práctica do programa educativo: “Tratando e
Retratando” nos Campamentos de Verán da Rede
Museística Provincial de Lugo.
As actividades deseñadas no programa didáctico “Tratando e Retratando”
foron incluídas nos campamentos de verán da Rede Museística que se levaron a
cabo no Museo do Mar, O Pazo de Tor e San Paio de Narla ao longo do mes de
agosto.
Intentei axustarme o máximo posible á programación deseñada pero na xestión
cultural ademais de ter un programa ben definido é necesario contar co factor
sorpresa e saber amoldar o programa a calquera situación que poida xurdir de
imprevisto. Neste caso contaba cun problema fundamental que me obrigou a
cambiar o sentido do programa: ao tratarse de campamentos de verán o
número de participantes era elevado e moitos procedentes de fóra de Galicia
por motivo das vacacións de verán, polo que reunir a avós e netos no Museo
era un pouco complicado. Finalmente levei a cabo a actividade só cos nenos e o
traballo de explorar as vivencias dos seus avós fixérono nas súas casas.
Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo
Ruth Nuñez Ares
42
1. OBRADOIRO “TRATANDO E RETRATANDO” NO
MUSEO DO MAR DE SAN CIBRAO
O MUSEO DO MAR
O Museo do Mar de San Cibrao Este debe o seu nacemento no ano 1969 a D. Francisco
M. Rivera Casás, gran coleccionista de obxectos mariños, que exerceu a súa profesión de
mestre desde 1934 ata 1982 en San Cibrao combinándoa con ensinanzas marítimo-
pesqueiras. Dende 1994 a Asociación de Veciños “Cruz da Venta” de San Cibrao
ocupouse da xestión do Museo ata que, no ano 2004, a Deputación Provincial de Lugo
se fixo cargo da súa dirección a través do Museo Provincial de Lugo. O Museo conta
con catro salas.
Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo
Ruth Nuñez Ares
43
1- Achegamento ao RETRATO na Historia da Arte
A primeira parte do programa, a presentación teórica, foi realizada nunha das
salas do Museo en concreto na que acolle a exposición de maquetas de barcos.
Os nenos comprenderon á perfección o tema do retrato na historia da arte e
foron moi participativos o expresar as súas sensacións acerca das obras de arte
presentadas.
2- Autorretrato na praia
Como complemento á presentación teórica cada participante realizou un
autorretrato sobre un pequeno lenzo. Como facía moi bo día decidimos levar a
cabo o obradoiro na Praia de San Cibrao polo que foi todo un éxito.
Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo
Ruth Nuñez Ares
44
3- Albumretrato – álbum dos seus avós
Na seguinte sesión dos obradoiros “Tratando e Retratando” cada participante
achegou ao museo un montón de recordos e historietas dos seus avós que
comentamos entre todos. A continuación cada un fixo un álbum retrato do seu
avó no xardín do Museo.
Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo
Ruth Nuñez Ares
45
2. OBRADOIRO “TRATANDO E RETRATANDO” NO
PAZO DE TOR
O PAZO DE TOR
O Pazo de Tor esta situado nunha elevación que lle serve de miradoiro sobre o val de
Lemos na parroquia de San Xoán de Tor, pertencente ó concello de Monforte de Lemos.
As orixes do pazo están ligadas á liñaxe dos Garza no século XIV e a súa posesión
mantívose en mans dos seus descendentes directos ata a súa derradeira propietaria Dona
María de la Paz Taboada de Andrés y Zúñiga que fixo doazón da propiedade á
Excelentísima Deputación Provincial de Lugo.
Cando a Deputación Provincial de Lugo recibe a doazón do pazo acomete unha serie de
obras de acondicionamento e mellora do edificio, respectando escrupulosamente a súa
estrutura e distribución. A un tempo desde o Museo Provincial procédese a
musealización do pazo que se abre ós visitantes o día 13 de xullo do ano 2006.
A visita ó Pazo de Tor non só permite coñecer de primeira man unha das máis
importantes mostras da arquitectura pacega galega, permite tamén coñecer
integramente todas as salas e dependencias do mesmo, co seu mobiliario orixinal e coas
coleccións artísticas que a familia foi atesourando ó longo dos séculos, un testemuño
privilexiado do modo de vida da nobreza na Galicia da Idade Moderna.
Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo
Ruth Nuñez Ares
46
1- Achegamento ao retrato na historia da arte
Seguindo a mesma dinámica que no Museo do Mar, os obradoiros no Pazo de
Tor comezaron cunha sesión teórica sobre o retrato dentro dunha das estancias
do Museo. Os participantes responderon dun xeito moi activo ás explicacións e
aportaron a súa propia visión acerca da arte do retrato.
2- Pintando aos seus avós
A continuación e como complemento ás explicacións teóricas os nenos fixeron
un retrato, neste caso dos seus propios avós. Foi unha actividade moi
reconfortante e divertida que fixemos no propio xardín do Pazo.
Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo
Ruth Nuñez Ares
47
3- Albumretrato dos seus avós
Na seguinte sesión os nenos chegaron ao Pazo cargados de historietas e
recordos que contar aos seus compañeiros e todo foi representado no seu
propio álbum-retrato.
Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo
Ruth Nuñez Ares
48
3. OBRADOIRO “TRATANDO E RETRATANDO” EN
SAN PAIO DE NARLA
MUSEO- FORTALEZA SAN PAIO DE NARLA
Os primeiros documentos que fan referencia á primitiva Torre de Xiá son do século XIV,
aínda que con motivo das Revoltas Irmandiñas a Fortaleza vese moi afectada e no XVI
ten que ser reconstruída. O actual edificio está composto por elementos que abarcan do
século XVI ó XIX, aínda que reaproveitando materiais medievais.
A Fortaleza foi adquirida pola Deputación Provincial no ano 1939 e no 1983 abre as
súas portas coma Museo Etnográfico e da Historia, sendo obxecto dunha última reforma
no ano 2003.
O Museo está composto por tres corpos (Torre da Homenaxe, corpo central e torreón) e
unha capela exterior.
Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo
Ruth Nuñez Ares
49
1- Achegamento ao retrato na historia da arte
No último dos Museos sucedeu o mesmo que nos anteriores comezando os
obradoiros cunha presentación teórica sobre o retrato nunha das salas de
exposición do Museo.
2- Pintando aos avós
Debido á falta de tempo neste Museo reducín a programación a unha sesión
polo que os participantes fixeron o retrato dos seus avós sobre un lenzo. Grazas
ao bo tempo tamén fixemos a actividade nos xardíns do exterior do Museo.
Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo
Ruth Nuñez Ares
50
Conclusión
A miña experiencia durante as prácticas na Rede
Museística Provincial de Lugo foi moi interesante e reconfortante. A dinámica
seguida pola coordinadora pareceume moi acertada xa que aínda que as sesión
foron moi curtas, foron moi intensas e abarcaron os distintos ámbitos da
maneira de xestionar un Museo que coma este constitúe unha Rede. Aprendín
que é fundamental ter unha planificación das actividades moi precisa, aínda
que o máis imprescindible é saber moldearse a tódalas circunstancias que
poden xurdir a medida que se vai levando o programa á práctica.
O que máis chamou a miña atención nesta experiencia foi o sentimento que
existe por cada un dos museos da Rede no lugar no que se sitúan. Creo que
estes pequenos museos sobreviven grazas ao cariño que lles ten a xente.
Acuden ao museo como punto de encontro, apúntanse a todo tipo de
Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo
Ruth Nuñez Ares
51
actividades e non existe ese certo rechazo que hai moitas veces por este tipo de
institucións sobre todo nas cidades. Senten o Museo como algo que lles
pertence, como algo de seu, co que teñen a obriga de participar e conservar. E o
máis importante é que os máis pequenos tamén o senten así e calquera visita ao
Museo é o máis grande. Por iso encantáronme as actividades cos nenos.
Participaban pequenos de tódalas idades, dende os tres anos ata os dezaseis e o
que me resultou estraño foi que a pesares das diferenzas todos facían piña e se
axudaban uns aos outros. Aprendín moito dos nenos e creo que disfrutaron
moito coa actividade. Conseguín que fixeran unha reflexión sobre os recordos
dos nosos maiores que serán o que os manteña vivos por moito tempo.
Aprenderon a importancia de escoitar aos avós, de tratalos e de saber retratalos.
Eu aprendín a importancia que teñen estes museos e a necesidade de mantelos
abertos e de facer moitas actividades neles xa que contan cun público particular.
Foi moi reconfortante descubrir que aínda existen nenos que se conforman coas
pequenas cousas, que disfrutan da pintura e que son capaces de compartir un
lapis entre dez se é necesario.
En realidade as prácticas no Museo non foron tal e como eu imaxinara. Non
seguiron a típica dinámica de traballar nunha entidade por un pequeno período
de tempo, xa que máis que aprender sobre o traballo aprendín sobre as persoas
e sobre as miñas propias capacidades. Ademais de aprender sobre a teoría
aprendín sobre sentimentos que intúo era o obxectivo da coordinadora. Por iso
Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo
Ruth Nuñez Ares
52
resulta moi difícil recoller todo o aprendido nunha memoria de prácticas que
máis ben considero como un diario de acontecementos, dos que podo dicir que
quedei moi satisfeita.
Memoria: Prácticas na Rede Museística Provincial de Lugo
Ruth Nuñez Ares
53
BIBLIOGRAFÍA
http://www.museolugo.org/
http://encarnalagogonzalez.blogspot.com/
http://museodomar.blogspot.com/
http://pazodetor.blogspot.com/
http://museosanpaio.blogspot.com/
http://es.wikipedia.org/wiki/Retrato
http://www.retratosalapiz.galeon.com/productos1417726.html
http://www.omni-bus.com/n1/sara.html