130
ESPAZOS NATURAIS Serra do Xistral

LIC Serra do Xistral

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: LIC Serra do Xistral

ESPAZOS NATURAISSerra do Xistral

Page 2: LIC Serra do Xistral

Inclúe as Serras da Carba, do Xistral, parte dos montes do Buio e A Toxiza e as cabeceiras dos ríos Eume, Landro, Masma, Ouro e varios afluentes do Miño. Neste espazo podemos atopar diversos ecosistemas: turbeiras de montaña e de val, cursos altos de ríos, mato de monte baixo, bosques autóctonos e bosques de repoboación. Ten un grande interese xeolóxico e ecolóxico por acoller un dos mellores conxuntos de turbeiras de Europa e especies únicas ou moi escasas e de gran valor.Moitos dos cumes destas serras están coroados por aeroxeradores.

O Xistral desde o Cadramón

Page 3: LIC Serra do Xistral

SITUACIÓN: Norte e noroeste da provincia de Lugo, e unha pequena parte da de A Coruña; nas comarcas da Mariña Central, A Mariña Occidental, A Terra Chá e Eume. Localidades de referencia: Ourol, Ferreira, A Seara, Mondoñedo, Abadín, Muras e As Pontes de García Rodríguez.SUPERFICIE: 22.964 haCONCELLOS: As Pontes de García Rodríguez, Abadín, Alfoz, Cervo, Mondoñedo, Muras, O Valadouro, Ourol, Vilalba, Xermade, Xove.VALORES NATURAIS: turbeiras, fragas, acibeirais, ríos, flora e fauna específicas...

Page 4: LIC Serra do Xistral
Page 5: LIC Serra do Xistral

Hai unha proposta de Ampliación (2011), pendente de aprobación que inclúe partte dos Montes dos Cabaleiros, o monte Guriscado, as Penas do Ramo, as Penas da Auga e outros pequenos espazos na contorna do territorio protexido actual.

A Curuxeira (Guriscado)

Page 6: LIC Serra do Xistral
Page 7: LIC Serra do Xistral

PROTECCIÓN•Lugar de importancia comunitaria (LIC) 29 de decembro de 2004•Zona especial de conservación (ZEC) 31 de marzo de 2014•Reserva da Biosfera “Terras do Miño” (concellos de Abadín, Alfoz, Mondoñedo, Muras, O Valadouro, Ourol, Vilalba, e Xermade.

Page 8: LIC Serra do Xistral

CLIMAAtlántico moi húmido, con invernos fríos.  É a zona de Galiza con menos días de sol. Rexístrase un alto nivel de humidade ambiental debido as frecuentes chuvias (ata 2.500 l/m2) e ás abondantes néboas que producen precipitacións horizontais e percorren as chairas elevadas das serras enchoupando o terreo.

Val de Viveiró e a serra do Xistral desde o Guriscado. A presenza de nubes que achegan a humidade necesaria para a formación das turbeiras, é unha constante na serra do Xistral.

Page 9: LIC Serra do Xistral

Treboada no Xistral

Page 10: LIC Serra do Xistral

Néboa nos cumes Foto Luchi Leiro

Page 11: LIC Serra do Xistral

O alto nivel de humidade permite a pervivencia de especies arbustivas enriba das pedras

Page 12: LIC Serra do Xistral

Depósitos periglaciares na Veiga de Murás. Acumulacións de bloques de lousas, xistos e cuarcitas que amosan sinais de seren fragmentados, levantados e trasladados polo xeo.

XEOLOXÍAAs rochas son moi variadas: xistos, gneis, granitos cuarcitas... Alternan cumes de formas suaves con cumes coroados por penedos graníticos ou de cuarcita. Consérvanse depósitos periglaciares

Page 13: LIC Serra do Xistral

Corte de terreo

Page 14: LIC Serra do Xistral

Penedos graníticos na Toxiza

Page 15: LIC Serra do Xistral

Masas rochosas do Cadramón e cara leste da serra do Xistral

Page 16: LIC Serra do Xistral

Pena Abaladoira no Xistral

Page 17: LIC Serra do Xistral

Penedos no Campo da Cruz, O Xistral

Page 18: LIC Serra do Xistral

Cuarcitas na serra da Carba. As cuarcitas son rochas metamórficas compostas fundamentalmente de seixo. A súa dureza fai que persista onde outras máis brandas foron erosionadas, polo que aparece habitualmente coroando os montes ou formando cristas de resistencia.

Page 19: LIC Serra do Xistral

Seixo

Page 20: LIC Serra do Xistral

SERRASO eixo do espazo fórmao a serra do Xistral. Ao norte sitúanse os montes do Buio e os Montes dos Cabaleiros, ao surleste a Toxiza e ao suroeste o Guriscado e a Carba. En conxunto forman un macizo que separa a terra Chá da costa Cantábrica.

Page 21: LIC Serra do Xistral

Vista desde a serra da LobaNo primeiro planoa s serra da Carba e detrás os cumes nevados do Xistral

Page 22: LIC Serra do Xistral

O Xistral desde Abadín. No primeiro plano Monseiván.

Page 23: LIC Serra do Xistral

SERRA DO XISTRALÉ unha serra con orientación NNE-SSO que limita a Terra Chá polo norte, nos concellos de Muras, Vilalba e Abadín. Está formada por materiais xistosos, pelitas e rochas carbonatadas, que lle dan un perfil suave, con afloramentos de granito nas partes altas.Os picos máis altos son o Cadramón (1.056 m), o Chao de Lamoso (1.039 m), o Xistral (1.032 m), e o Seixo Branco (1.015 m).Nela nacen os ríos Landro, Ouro, Masma e Eume.

O Xistral desde o Cadramón

Page 24: LIC Serra do Xistral

As Barreiras do Lago e O Cadramón (á esquerda)

Page 25: LIC Serra do Xistral

O Cadramón

Page 26: LIC Serra do Xistral

O Cadramón na néboa

Page 27: LIC Serra do Xistral

Vista desde o Cadramón

Page 28: LIC Serra do Xistral

Pena da Cadela desde O Cadramón

Page 29: LIC Serra do Xistral

Granitos no Cadramón

Page 30: LIC Serra do Xistral

A Fraga do Pedrido

Page 31: LIC Serra do Xistral

Veiga de Murás

Page 32: LIC Serra do Xistral

Val do Landro ao pé do Xistral, en Silán

Page 33: LIC Serra do Xistral

Cume do Xistral

Page 34: LIC Serra do Xistral

Cume do Xistral antes de ter aeroxeradores

Page 35: LIC Serra do Xistral

Vista desde o cume do Xistral cara a Ourol

Page 36: LIC Serra do Xistral

O Apagadoiro

Page 37: LIC Serra do Xistral

Barreras do Lago

Page 38: LIC Serra do Xistral

Lombo Pequeno

Page 39: LIC Serra do Xistral

Pena da Cadela

Page 40: LIC Serra do Xistral

Pena Grande

Page 41: LIC Serra do Xistral

Seixo Branco

Page 42: LIC Serra do Xistral

Coto Balsego e cabeceiras do Eume

Page 43: LIC Serra do Xistral

O Xistral desde Viveró

Page 44: LIC Serra do Xistral

Vista de Viveró desde o Xistral

Page 45: LIC Serra do Xistral

O Xistral en Abadín

Page 46: LIC Serra do Xistral

Monseiván, nas últimas estribacións do Xistral cara ao sur, no concello de Vilalba. Na zona necen cabeceiras do Támoga (Miño).

Page 47: LIC Serra do Xistral

Pau da Vella, o cume máis alto da serra

MONTES DE BUIOSon a prolongación cara ao nordeste da Serra do Xistral, nos concellos de Viveiro e Xove. Está separados da serra do Xistral polos vales dos ríos Balsadas (Landro) e Ferreira (Ouro). Son montes redondeados de granitos de dúas micas con algúns xistos o que da lugar a unha paisaxe onde alternan os bolos e penedos, resultado da erosión dos granitos, coas rochas fendidas con aspecto de ruína, típicas da erosión dos xistos. O cume máis alto e o Pau da Vella, con 720 m, na zona sur. Nos montes do Buio nacen varios afluentes do Landro (Rego Loureiro, Rego das Cerdeiras, Rego da Fontecova) e outros regatos que desembocan directamente no Cantábrico (Rigueiro, Cobo e Xunco).

Page 48: LIC Serra do Xistral

Pau da Vella cuberto de turbeiras

O ecosistema máis interesante destas serras son as turbeiras de cobertor, que acadan nalgúns puntos os 3 m de espesor e que están sendo explotadas industrialmente como substrato para xardinería. Nas partes altas hai pasteiros, monte baixo e repoboacións de piñeiro bravo. Quedan algúns pequenos bosques de carballos e bidueiros. Nos montes hai gando en libertade (cabalos e vacas). No Curro de Candaoso celébra A Rapa das Bestas cada ano.

Page 49: LIC Serra do Xistral

Montes do Buio e detrás Montes dos Cabaleiros

Page 50: LIC Serra do Xistral

Montes do Buio desde o Xistral. Destaca o domo granítico do castelo

Page 51: LIC Serra do Xistral

Penedo no Buio

Page 52: LIC Serra do Xistral

SERRA DA CARBA Está situada ao Sur do Xistral, sobre a marxe esquerda do río Eume. Está formada esencialmente por cuarcitas do Cámbrico cunha zona de metaconglomerados de cantos de cuarcita e de turmalina. Ten un afloramento importante de gneis e outro de metabasitas. O cume máis representativo é Pena Goia ou Peñote (871 m) cun perfil escarpado de forma piramidal labrado en cuarcitas que contrastan coas formas máis redondeadas do resto da serra. O punto máis alto é a Carba con 908 m

Page 53: LIC Serra do Xistral

O Peñote (871 m).

Page 54: LIC Serra do Xistral

Vista desde a serra da Carba cara a Muras e As Pontes

Page 55: LIC Serra do Xistral

SERRA DA TOXIZAÉ un macizo formado por unha gran masa de granodioritas. Acada 838 m de altura máxima. A erosión do granito formou espectaculares bolos e penedos. A maioría do terreo está repoboado con piñeiros e consérvanse pequenas masas de carballos e algunhas áreas de turbeiras.

Page 56: LIC Serra do Xistral

Vista da serra da Toxiza. Á esquerda o pico da Toxiza, no centro o miradoiro da Toxiza e á dereita as cristas rochosas do Pombeiro.

Page 57: LIC Serra do Xistral

Vista da Toxiza

Page 58: LIC Serra do Xistral

Turbeiras na Toxiza

Page 59: LIC Serra do Xistral

Penedos na Toxiza

Page 60: LIC Serra do Xistral

Monte Guriscado desde A Gañidoira

MONTE GURISCADOSituado ao norte da Carba, no linde entre os concellos de Ourol e Muras, limitado polos vales dos ríos Xestosa e Xanceda (Landro). O cume máis alto é o Guriscado, con 932 m. Desde o cume vai perdendo altura cara ao norte formando unha aliñación que se coñece co nome de Montes do Rei, na que destaca o alto da Curuxeira (886 m). Están propostos na ampliación do espazo protexido.

Page 61: LIC Serra do Xistral

A Coruxeira

Page 62: LIC Serra do Xistral

Abas na Curuxeira na que destaca a cor rosa dos breixos de turbeira

Page 63: LIC Serra do Xistral

Fontes do Ouro

REDE FLUVIALAs serras deste espazo acumulan unha grande cantidade de auga procedente das chuvias e das néboas que enchoupan o terreo e da lugar as fontes de numerosos ríos e regatos que escoan cara ao Cantábrico (ríos Landro, Covo, Xunco Ouro e Masma) e ao Atlántico (río Eume e Anllo e Támoga, afluentes do Miño).

Page 64: LIC Serra do Xistral

RÍO LANDRONace entre o cumio do Xistral e Coto Balsego e desemboca na ría de Viveiro despois de 31 km. A súa cunca exténdese por terras de Muras, Ourol e Viveiro. Varios dos seus afluentes nacen no espazo protexido: Besteburiz, As Balsadas, Grandal...

Val do Landro ao pé do Xistral

Page 65: LIC Serra do Xistral

RÍO XUNCONace no Pico de Madriñán, entre a serra dos Cabaleiros e os montes de Buio en Rúa (Cervo) e desemboca na enseada da Ruela, no Cantábrico.

Page 66: LIC Serra do Xistral

RÍO COVOBaixa desde o monte Pau da Vella (Serra do Buio) e desauga na ría de Lieiro, ao pé de San Cibrao.

Fontes do Covo nos montes do Buio

Page 67: LIC Serra do Xistral

RÍO OURO Nace no Cadramón (Serra do Xistral). e desemboca en Fazouro despois 30 km de percorrido. Algúns dos seus afluentes nacen neste espazo: Furna, Porto, Fraga das Lerias, Val dos Infernos Ferreira…

O Ouro en Esteleiro (O Cadramón)

Page 68: LIC Serra do Xistral

RÍO FURNANace entre O Cadramón e O Xistral e xúntase co Ouro en Esteleiro. É a fonte máis lonxana do río Ouro.

Page 69: LIC Serra do Xistral

A FERVENZA, FERVENZA DO ESCOURIDALNo río Guilfonso, tramo alto do Ouro. No linde entre O Cadramón (O Valadouro) e O Pereiro (Alfoz). Unha sucesión de saltos e tobogáns en rochas graníticas que en conxunto acadan uns 70 m de altura.

Page 70: LIC Serra do Xistral

REGO DE CORVELLE Un afluente do Ouro que baixa do Pena da Cadela (Xistral). Nas proximidades das Rozadas (O Cadramón) cae nun forte desnivel con varias fervenzas, a máis grande duns 50 m de altura.

Page 71: LIC Serra do Xistral

RÍO MASMA Nace entre os Picos de Seixo Branco e Cadramón (Serra do Xistral). No seu tramo superior chámase Pedrido e logo Tronceda. Desemboca na ría de Foz despois dun percorrido de 46,2 km. Recibe pola esquerda o Fraga Vella ou Figueiras.

O Pedrido, nas proximidades do Cadramón

Page 72: LIC Serra do Xistral

Val encaixado do Pedrido debaixo da Toxiza

Page 73: LIC Serra do Xistral

Fervenzas no rego de rego de Ferrería ou Augavalva, un afluente do Figueiras (Masma) que ven da Serra da Toxiza e nun dos regos que caen nel desde os penedos da Toxiza.

Page 74: LIC Serra do Xistral

RÍO EUMEFórmase da unión dos dos regos do Lamoso e das Toxeiras, ao pé da Lomba Longa do Seixo Branco, na Serra do Xistral. Despois de 80 km de percorrido desemboca en Pontedeume. Os principais afluentes neste espazo sonos Regos das Peles, de Currás, do Casal e da Lagoa.

Page 75: LIC Serra do Xistral

Rego das Toxeiras

Page 76: LIC Serra do Xistral

O Eume na ponte Samil (Muras)

Page 77: LIC Serra do Xistral

RÍO TÁMOGABaixa do monte Monseibán, na Serra do Xistral. Ten varias cabeceiras: o Ribeira e o Laxoso que forman o río Batán, e ao xuntarse co Arnela forman o Santabaia e a partir de Cospeito recibe o nome de Támoga. Xúntasse co Miño nas proximidades de Cela.

Fervenza no río Arnela (Támoga)

Page 78: LIC Serra do Xistral

RÍO ANLLONace na serra do Xistral, preto de Labrada e xúntase co Miño en Castro de Rei.Cando entra no concello de Cospeito divídese en dous brazos, un que, co nome de río Guisande, vai á lagoa de Cospeito e segue ata desembocar no Támoga, e outro que vai ao Miño.

O Labrada ao pouco do seu nacemento, en terras de Abadín. O río Anllo ao seu paso polo concello de Abadín recibe os nomes de Labrada (preto do nacemento), río de Gontán, río de Abadín e despois Anllo.

Page 79: LIC Serra do Xistral

TIPOS DE HÁBITATS DO ANEXO I DA DIRECTIVA 92/43/CEE-Augas estancadas, oligotróficas ou mesotróficas con vexetación de Littorelletea uniflorae e/ou Isoeto-Nanojuncetea-Lagos e estanques distróficos naturais-Ríos dos pisos basal a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis e de Callitricho-Batrachion-Queirogais húmidos atlánticos de zonas temperadas de Erica ciliaris e Erica tetralix-Queirogais secos europeos-Zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea-Formacións herbosas con Nardus, con numerosas especies, sobre substratos silíceos de zonas montañosas (e de zonas submontañosas da Europa continental)-Prados con molinias sobre substratos calcáreos, turbosos ou arxilo-limosos(Molinion caeruleae)-Megaforbios eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano a alpino-Prados pobres de sega de baixa altitude (Alopecurus pratensis, Sanguisorba officinalis)...

Page 80: LIC Serra do Xistral

-Turbeiras altas activas-Turbeiras altas degradadas que aínda poden rexenerarse de xeito natural-Turbeiras de cobertor -”Mires” de transición-Depresións sobre substratos turbosos do Rhynchosporion-Encostas rochosas silíceas con vexetación casmofítica-Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi-Veronicion dillenii-Covas non explotadas polo turismo-Bosques de encostas, desprendementos ou barrancos do Tilio-Acerion-Turbeiras boscosas-Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae)-Carballeiras galaico-portugueses con Quercus robur e Quercus pyrenaica-Acevedos

Page 81: LIC Serra do Xistral

Os ecosistemas máis destacados deste espazo son as turbeiras, medios permanentemente saturados de auga. As condicións de enchoupamento permanente provocan unha diminución do nivel de osíxeno e a inactivación dos microorganismos descompoñedores do solo, polo que as achegas de materia vexetal non se mineralizan e acumúlanse no substrato dando lugar á turba.

AS TURBEIRAS

Nalgúns puntos do Xistral a turba acada os 3 m de espersor, o que considerando a súa velocidade de formación, dalle unha antigüidade de máis de 7.000 anos.

Page 82: LIC Serra do Xistral

No Xistral podemos atopar varios tipos de turbeiras ou tremoais:TURBEIRAS DE COBERTOR: recobren os cumios dos montes máis altos e instálanse sobre depósitos de tipo periglaciar. O Xistral contén o maior sistema de turbeiras de cobertor da Península Ibérica TURBEIRAS DE LADEIRA: aparecen en pendentes nas que a auga escorre xusto por debaixo da superficie nas que a falta de solo so permite o asentamento de brións. Xeralmente levan un rego asociado.TURBEIRAS DE OBTURACIÓN DE VAL: fórmanse en vales onde na época glaciar se depositaron morrenas que dificultaron a saída da auga. TURBEIRAS DE ALVÉOLO: aparecen en áreas de rochas graníticas na que as rochas disgregadas deposítanse nas canles de drenaxe e provocan a retención de auga creando o ambiente propicio para o desenvolvemento dos vexetais formadores de turba. TURBEIRAS DE FONDO DE VAL: desenvólvense en vales onde a auga non evacua suficientemente. Son zonas achairadas recheas de sedimentos. Estas turbeira adoitan ser de grandes dimensións. Pódese ver no nacemento do Ouro.

Page 83: LIC Serra do Xistral

Turba na beira do Eume

Page 84: LIC Serra do Xistral

O Xistral acolle o maior sistema de turbeiras de cobertor da Península Ibérica e das mellores de Europa, debido ás condicións de humidade xunto con temperaturas frescas durante case todo o ano.

Page 85: LIC Serra do Xistral

Vista desde o cume do Xistral sobre o val onde nace o Eume, con turbeiras de cobertor e de val

Page 86: LIC Serra do Xistral

Turbeira na Toxiza

Page 87: LIC Serra do Xistral

A Fraga do Pedrido con turbeiras de ladeira e cobertor

Page 88: LIC Serra do Xistral

Tremoal da Pena Vella, en Abadín

Page 89: LIC Serra do Xistral

FLORAA vexetación máis abundante é o mato, algunhas manchas de bosque caducifolio con predominio de carballos, árbores de ribeira (salgueiros, freixos, amieiras, ulmeiros...) e moitas zonas repoboadas con piñeiro bravo e eucalipto ou dedicadas a pasteiros.

Page 90: LIC Serra do Xistral

Carballeiras en Ourol

Page 91: LIC Serra do Xistral

Na zonas húmidas de transición ás turbeira instálase un mato de toxo manso (Ulex gallii), queiruga veluda (Erica ciliaris), queiruga de cruz (Calluna vulgaris) queiruga maior (Daboecia cantabrica) queiruga de tres follas (Erica cinerea) Cirsium filipendulum (endemismo ibérico), Molinia caerulea, Agrostis curtisii, Danthonia decumbens...

Page 92: LIC Serra do Xistral

Nas turbeiras atópanse esfagnos (Sphagnum spp. e Sphagnum pylaessi, este último a maior poboación da Península), xunca de algodón (Eriophorum angustifolium), rorelas ou orballiñas (Drosera...), pinguícola, violeta (Viola palustris), hipérico das brañas (Hypericum elodes), herba das brañas (Nardus stricta), Eriophorum angustifolium (unha especie singular da serra lucense), Narcisus triandrus, varios tipos de xuncos e os endemismos Arnica montana subsp. atlantica, Carex durieui, Ranunculus bulbosus subsp. gallaecicus...

Page 93: LIC Serra do Xistral

Vexetación típica de turbeira

Page 94: LIC Serra do Xistral

Breixo de turbeira (Erica tetralix). Só se atopa en medios con alto nivel de humidade.

Page 95: LIC Serra do Xistral

Brións (Esfagnos).No Xistral atópase a maior poboación de Sphagnum pylaesi da Península e unha das poucas que existen no mundo. Segundo os expertos, nas turbeiras do Xistral e do Cadramón atópanse o maior número de especies de brións (esfagnos) de toda a Península ibérica e 26 especies de plantas consideradas en perigo de extinción.

Page 96: LIC Serra do Xistral

Rorela ou orballiña (Drosera rotundifolia). Unha planta carnívora típica de espazos asolagados pobres en nutrintes.

Page 97: LIC Serra do Xistral

Xuncas de algodón (Eriophorum angustifolium), unha especie típica de solos asolagados coas envolturas florais (perianto) formadas por finas febras brancas, de ata 5 cm de lonxitude, que lle dan un aspecto característico.

Page 98: LIC Serra do Xistral

Thelypteris palustris. Un fento pouco común que aparece en lugares moi húmidos co rizoma asolagado.

Page 99: LIC Serra do Xistral

ESPECIES DE INTERESEArnica montana Cladonia subgenus Cladina Narcissus asturiensis Narcissus bulbocodium Narcissus pseudonarcissus subsp. nobilis Narcissus triandrus Ruscus aculeatus Sphagnum pylaesii Sphagnum spp. Spiranthes aestivalis Vandenboschia speciosa Woodwardia radicans

Fento de botón (Woodwardia radicans)

Page 100: LIC Serra do Xistral

ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEENarcissus asturiensisNarcissus pseudonarcissus ssp. nobilisSphagnum pylaisiiTrichomanes speciosumWoodwardia radicans

Narciso (Narcissus asturiensis)

Page 101: LIC Serra do Xistral

CATÁLOGO GALEGO DE ESPECIES AMEAZADASBarbilophozia binsteadii Dryopteris aemula Dryopteris guanchica Frullania oakesiana Hymenophyllum tunbrigense Lycopodiella inundata Metzgeria temperata Narcissus asturiensis Narcissus pseudonarcissus subsp. nobilis Schistostega pennata Sphagnum magellanicum Sphagnum molle Sphagnum pylaesii Splachnum ampullaceum Spiranthes aestivalis Tayloria tenuis Ulota coarctata Vandenboschia speciosa Woodwardia radicans

Fento (Dryopteris aemula)

Orquídea(Spiranthes aestivalis)

Page 102: LIC Serra do Xistral

FAUNADestacan as especies asociadas ás zonas húmidas e espazos abertos: insectos, anfibios, aves...O espazo acolle algunhas especies raras como a trilladeira nival (Chyonomis nivalis) ou a lagarta das brañas (Zootoca vivipara), que ten no Xistral unha das poucas localidades de presenza en Galiza e que conforman o límite occidental da súa distribución mundial.

Libeliñas (Orthetrum…) copulandoCoenonympha glycerion, bolboreta de espazos húmidos e abertos.

Page 103: LIC Serra do Xistral

Acolle ademáis endemismos como as bolboretas Erebia triaria pargapondalense e Erebia epiphhron xistralensis. Nas zonas abertas críase gando en liberdade.

Bolboreta Erebia epiphhron xistralensis

Page 104: LIC Serra do Xistral

MAMÍFEROSCanis lupus Eptesicus serotinus Felis silvestris Galemys pyrenaicus Genetta genetta Lutra lutra Miniopterus schreibersii Mustela erminea Mustela putorius Myotis daubentoniiMyotis myotis Myotis nattereri Pipistrellus pipistrellus Plecotus auritus Plecotus austriacus Rhinolophus euryale Rhinolophus ferrumequinum Rhinolophus hipposideros

ESPECIES DE INTERESE

Toupa de auga ou furapresas (Galemys pyrenaica), un pequeno mamífero que vive nos cursos altos dos ríos de montaña.

Page 105: LIC Serra do Xistral

AVESAccipiter gentilis Accipiter nisus Aegithalos caudatus Alauda arvensis Alcedo atthis Alectoris rufa Anas platyrhynchos Anthus spinoletta Anthus trivialis Apus apus Asio flammeus Asio otus Athene noctua Buteo buteo Caprimulgus europaeus Certhia brachydactyla Cinclus cinclus Circaetus gallicus Circus cyaneus Circus pygargus Cisticola juncidis ... Picapeixe (Alcedo atthis)

Page 106: LIC Serra do Xistral

...Columba livia Columba palumbus Corvus corone Coturnix coturnix Cuculus canorus Delichon urbica Dendrocopos majorEmberiza cia Emberiza cirlus Emberiza citrinella Erithacus rubecula Falco subbuteo Falco tinnunculus Fulica atra Galerida cristata Gallinago gallinago Gallinula chloropus Garrulus glandarius Hippolais polyglotta Hirundo rustica Lanius collurio Lanius meridionalis Lullula arborea Milvus migrans Monticola solitarius ...

Escribenta común (Emberiza cirlus)

Page 107: LIC Serra do Xistral

Motacilla alba Motacilla cinerea Motacilla flava Oriolus oriolus Otus scops Parus ater Parus caeruleus Parus cristatus Parus major Pernis apivorus Phoenicurus ochrurosPhylloscopus bonelli Phylloscopus ibericus Pica pica Picus viridis Prunella modularis Ptyonoprogne rupestris Pyrrhocorax pyrrhocorax Pyrrhula pyrrhula Rallus aquaticus

Rascón (Rallus aquaticus)

Page 108: LIC Serra do Xistral

Regulus ignicapilla Saxicola torquata Serinus citrinella Sitta europaea Streptopelia decaocto Streptopelia turtur Strix aluco Sylvia atricapilla Sylvia borin Sylvia communis Sylvia undata Tachybaptus ruficollis Troglodytes troglodytes Turdus merula Turdus philomelos Turdus viscivorus Tyto alba Upupa epops

Bubela (Upupa epops)

Page 109: LIC Serra do Xistral

RÉPTILESAnguis fragilis Chalcides striatus Coronella austriaca Iberolacerta monticola Lacerta lepidaLacerta schreiberi Lacerta vivipara Natrix natrix

Lagarta das brañas (Lacerta vivipara)

Page 110: LIC Serra do Xistral

ANFIBIOSAlytes obstetricans Bufo calamita Chioglossa lusitanica Discoglossus galganoi Hyla arboreaLissotriton boscai Rana ibericaRana perezi Rana temporaria Triturus marmoratus

O Xistral é unha fronteira natural entre dúas subespecies de píntegas ou sacabeiras, a Salamandra salamandra gallaica e a S.s.bernardezi, que se atopan nas súas formas típicas e híbridas.Ra patilonga

(Rana iberica)

Page 111: LIC Serra do Xistral

PEIXESChondrostoma duriense  INVERTEBRADOSCoenagrion mercuriale Elona quimperiana Euphydryas aurinia Geomalacus maculosus Hirudo medicinalis Lucanus cervus Margaritifera margaritifera

Bolboreta (Euphydryas aurinia)

Page 112: LIC Serra do Xistral

ESPECIES DOS ANEXOS I e II DAS DIRECTIVAS da CEEMAMÍFEROSGalemys pyrenaicusLutra lutraMiniopterus schreibersiiMyotis myotisRhinolophus euryaleRhinolophus ferrumequinumRhinolophus hipposiderosAVESAsio flammeus Caprimulgus europaeus Circaetus gallicus Circus cyaneus Circus pygargus Lanius collurio Lullula arborea Milvus migrans Pyrrhocorax pyrrhocorax Sylvia undata ...

Choia (Pyrrhocorax pyrrhocorax)

Page 113: LIC Serra do Xistral

Caracol (Elona quimperiana)

... ESPECIES DOS ANEXOS I e II DAS DIRECTIVAS da CEERÉPTILESLacerta monticolaLacerta schreiberiANFIBIOSChioglossa lusitanicaDiscoglossus galganoiPEIXESChondrostoma polylepisINVERTEBRADOSCoenagrion mercurialeElona quimperianaEuphydryas auriniaGeomalacus maculosusLucanus cervusMargaritifera margaritifera

Page 114: LIC Serra do Xistral

CATÁLOGO GALEGO DE ESPECIES AMEAZADASMAMÍFEROSGalemys pyrenaicus Miniopterus schreibersii Myotis myotis Rhinolophus euryale Rhinolophus ferrumequinum Rhinolophus hipposideros AVESCircus cyaneus Circus pygargus Gallinago gallinago RÉPTILESLacerta vivipara ANFIBIOSChioglossa lusitanica Hyla arborea Rana iberica Rana temporaria subsp. parvipalmata INVERTEBRADOSElona quimperiana Geomalacus maculosus Margaritifera margaritifera Unio pictorum

Saramaganta (Chioglosa lusitanica).

Page 115: LIC Serra do Xistral

ACTIVIDADESAgricultura, gandaría, parques eólicos.Mineiría: explotacións de turba, cuarcitas, feldespatos...

Vista do Xistral desde A Fragavella, na Toxiza.

Page 116: LIC Serra do Xistral

Antenas no cume do Xistral

Page 117: LIC Serra do Xistral

Agrogandaría, actividade forestal e parques eólicos

Page 118: LIC Serra do Xistral

PROBLEMAS•Exceso de parques eólicos e apertura de pistas•Repoboacións con especies alóctonas•Incendios

Page 119: LIC Serra do Xistral

Fraga da Carballeira no rego do mesmo nome, un afluente do Eume

PUNTOS DE INTERESEAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ: Río Eume, Fraga da Carballeira.

Page 120: LIC Serra do Xistral

ABADÍN: Ríos Arnela (fervenza e área de lecer), Labrada, Eume e do Pedrido. Tremoais da Pena Vella e do nacemento do Eume (As Toxeiras). Lombo Pequeno...

O Lombo Pequeno e a Fraga do Pedrido

Page 121: LIC Serra do Xistral

Penedos no Campo da Cruz

ALFOZ: Río Ouro, fervenzas do Escouridal e do rego de Corvelle. Pedra Abaladoira. Penido Grande, Campo da Cruz.

Page 122: LIC Serra do Xistral

CERVO: Pau da Vella (Montes do Buio)

Page 123: LIC Serra do Xistral

MONDOÑEDO: A Toxiza, A Fragavella. Fervenzas de Figueiras.

Vista desde a Toxiza cara ao Pombeiro

Page 124: LIC Serra do Xistral

MURAS: Río Eume. Montes: O Peñote (serra da Carba), O Xistral, Pena do Seixo, Penagrande, barreiras do Lago... (serra do Xistral, monte Guriscado. Igrexas da Balsa, O Burgo e Viveiró.

O Apagadoiro

Page 125: LIC Serra do Xistral

O VALADOURO: San Tomé de Recaré: círculo lítico e dolmes. O cadramón, Pena da Cadela, Penido Vello, Penido Novo, Cruz de Pau da Vella... Fraga das Lerias.

Vista desde O Cadramón das fontes do río Ouro e a Pena da Cadela

Page 126: LIC Serra do Xistral

OUROL: Fragas de Besteburiz e As Balsadas.

O Xistral en Ourol

Page 127: LIC Serra do Xistral

Monseiván

VILALBA: Monseiván, serra da Carba.

Page 128: LIC Serra do Xistral

XERMADE: Serra da Carba (O Peñote). Folgoso (Lousada): rego do Casal: batán, muíños, carballos...

Carballo e batán en Folgoso (Lousada)

Page 129: LIC Serra do Xistral

XOVE: Pau da Vella, nacemento do río Covo.

Page 130: LIC Serra do Xistral

Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon Daporta, Luchi LeiroDebuxos: Mon Daporta

marzo 2017