154
ESPAZOS NATURAIS Costa Ártabra

LIC Costa Ártabra

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: LIC Costa Ártabra

ESPAZOS NATURAISCosta Ártabra

Page 2: LIC Costa Ártabra

O espazo protexido abrangue desde a Punta Avarenta, en Ares, ata Mugardos, incluíndo o espazo marítimo próximo, e a costa desde o cabo Prioriño ata a punta do Seixo en cariño (agás a área urbana de Cedeira), áreas interiores da Serra da Capelada e o curso alto do río Seixo de Landoi. Na zona atópanse ecosistemas mariños, cantís, praias e sistemas dunares, illas e illotes, montes e brañas. Ten un grande interese xeolóxico, paisaxístico botánico e faunístico.

Page 3: LIC Costa Ártabra

SITUACIÓN: Ao norte da provincia da Coruña, nas comarcas de Ferrol e Ortegal. Localidades de referencia: Ferrol, Valdoviño, Cedeira e Cariño.

SUPERFICIE: 7.546 ha

CONCELLOS: Cariño, Ortigueira, Cedeira, Valdoviño, Narón, Ferrol, Mugardos, Ares.

VALORES NATURAIS: paisaxe, formacións xeolóxicas, rochas, flora e fauna.

Page 4: LIC Costa Ártabra
Page 5: LIC Costa Ártabra

Hai un proxecto de ampliación sen aprobar que inclúe espazo mariño, algúns tramos máis da costa e do río Seixo e áreas da serra da Capelada.

Page 6: LIC Costa Ártabra

ZEPA (ZONA DE ESPECIAL PROTECCIÓN PARA AS AVES) “COSTA FERROL-VALDOVIÑO”DATA: 19-6-2003Superficie: 4.266 ha.Concellos: Ferrol, Narón e Valdoviño.Destaca pola presenza de colonias interesantes de aves mariñas.

Page 7: LIC Costa Ártabra

PROTECCIÓN-Lugar de importancia comunitaria (LIC), 29 de decembro de 2004-Zona especial de conservación (ZEC), 31 de marzo de 2014-Zona de Especial Protección para as Aves: ZEPA ES0000258 “Costa de Ferrolterra-Valdoviño”, (4.266 ha).-Humidal Protexido “Lagoa e areal de Valdoviño” (485 ha).-Humidal Ramsar “Lagoa e areal de Valdoviño” (485 ha).-A área correspóndese parcialmente coa IBA 005 “Costa de Ferrolterra-Valdoviño” e a IBA 006 “Punta Candieira-Ría de Ortigueira-Estaca de Bares”, incluídas no inventario de SEO/BirdLife (1998).- A Capelada é un punto de interese xeolóxico internacional.

Page 8: LIC Costa Ártabra

CLIMAOceánico húmido, con verán frescos e invernos suaves.

Page 9: LIC Costa Ártabra

RELEVO/XEOLOXÍAO territorio presenta unha grande diversidade litolóxica e morfolóxica e está dividido por varias fallas. Distínguense dúas zonas ben diferentes: a primeira, ata Cedeira, cunha costa sinuosa, con praias, cantís e lagoas costeiras. Cara ao interior hai un releve escalonado de pouca altura. As rochas son xistos e granitos. A segunda parte, desde Cedeira ata o cabo Ortegal é de elevados cantís e dominan as rochas metamórficas básicas e ultrabásicas.

A serra da Capelada (ao fondo) desde a costa de Valdoviño

Page 10: LIC Costa Ártabra

A norte atópase a serra da Capelada, cos puntos máis altos do espazo no Vixía Herbeira, con 617 m. Ao longo da costa aparecen pequenos cumes illados como o Lagoa (309 m) ou o Monte da Vela (243 m).

Monte da Vela desde o monte Lagoa. A proximidade dos cumes ao mar da lugar a cantís cortados a pico, moi comúns na Costa Ártabra.

Page 11: LIC Costa Ártabra

SERRA DA CAPELADAEsténdese ao longo da costa desde o Cabo Ortegal ata as proximidades de Cedeira, con orientación NE-SO. O macizo está formado por gneis e rochas escuras e densas (anfibolitas, granulitas, peridotitas, ecloxitas e serpentinitas) que corresponden a un anaco do manto terrestre arrancado pola violencia da Oroxénese Hercínica e depositado sobre materiais máis recentes. O cume máis alto é o Vixía Herbeira (613 m).A finais do Periodo Terciario a Península do Cabo Ortegal sufríu unha elevación acompañada dun forte basculamento cara ao leste a favor dunha serie de fracturas de orientación O-E. A vertente oriental da Serra da Capelada descende con suavidade cara á Ría de Ortigueira, mentres que a occidental é moi abrupta e forma altos cantís.

Vista leste da serra da Capelada desde Espasante

Page 12: LIC Costa Ártabra

Cumes da Capelada

Page 13: LIC Costa Ártabra

Vixía Herbeira

Page 14: LIC Costa Ártabra

Brañas e rego no alto da serra, onde nacen varios ríos

Page 15: LIC Costa Ártabra

A Capelada é un punto de interese xeolóxico internacional, polo grande interese dalgunhas das súas rochas, as máis antigas da Península Ibérica, con máis de 1.100 millóns de anos. Aparecen formacións metamórficas, restos da antiga placa oceánica que se ergueu durante a Oroxenia Hercínica.

Page 16: LIC Costa Ártabra

As anfibolitas están constituídas por anfíboles, plaxioclasa con minerais accesorios como ilmenita, granates, e epidota.

As ecloxitas orixináronse na codia interior e no manto interior a elevadas temperaturas. Están formadas por piroxenos verdes e granates vermellos.

Page 17: LIC Costa Ártabra

A COSTAA costa protexida forma parte do Arco Ártabro e esténdese desde a punta do Seixo en Cariño ata a Punta Avarenta, na ría de Ares. É unha costa ampla e variada na que se atopan os cantís máis altos da Península Ibérica, as rías de Cedeira, Ferrol e Ares, numerosos areais e varias lagoas costeiras.

Punta do Seixo no comezo do espazo protexido

Page 18: LIC Costa Ártabra

Praia de Doniños

Cantís de Punta Frouxeira

Page 19: LIC Costa Ártabra

Granitos na punta Coitelada

Rocha metamórfica da Capelada

Page 20: LIC Costa Ártabra

Lousas na punta Frouxeira

Page 21: LIC Costa Ártabra

“Bosque Petrificado” nos cantís da Capelada

Page 22: LIC Costa Ártabra

Cabo Ortegal

RÍA DE ORTIGUEIRAÉ a maior das Rías Altas, con 12 km de lonxitude, de forma moi sinuosa e recortada, con numeros entrantes e zonas pouco fondas e lamacentas nos esteiros dos ríos. O extremo leste (desde a punta do Seixo ata o cabo Ortegal) está incluído neste espazo.

Page 23: LIC Costa Ártabra

CABO ORTEGAL E PUNTA DOS AGUILLÓNS. Delimita a parte oeste da ría de Ortigueira. Forma escarpes verticais de máis de 100 m de altura e prolóngase nun conxunto de illas e illotes: A Longa, O Rodicio, Ínsua Maior, Os Tres Irmáns, Cabalo Xoán e Os Esqueiros.

Page 24: LIC Costa Ártabra

COSTA E CANTÍS DA CAPELADAEsténdese desde o Cabo Ortegal ata a punta Ardilosa, na entrada da ría de Cedeira. É unha costa formada por elevados cantís nos que dominan as rochas metamórficas escuras e densas (anfibolitas, granulitas, ecloxitas e serpentinitas).

Cabo Ortegal e faro desde o mar

Page 25: LIC Costa Ártabra

Un dos illotes do Cabo Ortegal

Page 26: LIC Costa Ártabra

Os Aguillóns de Cabo Ortegal

Page 27: LIC Costa Ártabra

Os Aguillóns de Cabo Ortegal

Page 28: LIC Costa Ártabra

Os Tres Irmáns

Page 29: LIC Costa Ártabra

Un illote na costa de Ortegal

Page 30: LIC Costa Ártabra

O Cabo Ortegal desde o Mar

Page 31: LIC Costa Ártabra

Vista dos cantís do Limo desde o Cabo Ortegal

Page 32: LIC Costa Ártabra

Cantís do Limo

Page 33: LIC Costa Ártabra

Cantís de Vixía Herbeira e illote O Cadro

Page 34: LIC Costa Ártabra

Cantís de Vixía Herbeira (con 613 m de altura), os máis altos de Galiza, e uns dos máis altos de Europa.

Page 35: LIC Costa Ártabra

Cantís de Santo André de Teixido e Penas Gabeiras. Ao fondo Vixía Herbeira, o cume máis alto da Capelada

Page 36: LIC Costa Ártabra

Praia de Cortes e Puntas de San Domingo e Balteira

Page 37: LIC Costa Ártabra

CANTÍS DO FRONTÓN NA PUNTA CANDIEIRATeñen un grande interese xeolóxico polas formacións de gneis moi repregados, serpentinitas e granulitas.

Page 38: LIC Costa Ártabra

Punta Candieira. Con cantís de 200 m de altura. O faro sitúase a 90 m por enriba do mar.

Page 39: LIC Costa Ártabra

Os Galos de Punta Candieira

Page 40: LIC Costa Ártabra

RÍA DE CEDEIRAÁbrese entre as puntas Ardilosa e Chirlateira. Ten 5 km de fondo e 4 de largor. Está Formada polos ríos Condomiñas, Porto do Cabo e Forcadas. A parte máis fonda da ría está ocupada polo esteiro, moi colmatado, do río Porto do Cabo. O exterior da ría ábrese sobre anfibolitas e o interior é de xistos.Está protexida agás a vila de Cedeira e a praia da Madalena.

Punta Sarridal, co castelo e o peirao de Cedeira

Page 41: LIC Costa Ártabra

Vista da ría de Cedeira desde Vilarrube

Page 42: LIC Costa Ártabra

Faro de Punta Robaleira (Cedeira)

Page 43: LIC Costa Ártabra

Ría de Cedeira e praia de Vilarrube

Page 44: LIC Costa Ártabra

PRAIA LOIRA OU DE VILARRUBE (Valdoviño), de 1.420 m de lonxitude e 75 m de largor medio, formada polas frechas de area que se acumulan nas desembocaduras dos ríos Porto do Cabo e As Forcadas. Ten un amplo sistema dunar fixado pola vexetación.

Page 45: LIC Costa Ártabra

Praia de Vilarrube (Valdoviño)

Page 46: LIC Costa Ártabra

Praia de Vilarrube (Valdoviño)

Page 47: LIC Costa Ártabra

Ría de Cedeira: Puntas Sarridal (á esquerda) e Robaleira (no centro)

Page 48: LIC Costa Ártabra

Punta Chirlateira

Page 49: LIC Costa Ártabra

Parte exterior da ría de Cedeira, coa punta Chirlateira en primeiro plano e as puntas Ardilosa e Candieira ao fondo.

Page 50: LIC Costa Ártabra

Punta Chirlateira

Page 51: LIC Costa Ártabra

Vistas desde a Punta Chirlateira sobre as Puntas Oural, Torella e Corveira

Page 52: LIC Costa Ártabra

Punta Oural

Page 53: LIC Costa Ártabra

Praia de Baleo

Page 54: LIC Costa Ártabra

Punta Torrella

Page 55: LIC Costa Ártabra

PRAIA DO RODO e punta Gabeiras, desde a punta Corveira. A praia do Rodo en Pantín (Valdoviño) mide 950 m e conserva, detrás do sistema de dunas, unha lagoa case totalmente colmatada. Na marisma de Pantín atópanse as camariñas máis norteñas de Galiza e a herba becerra (Antirrhinum majus subsp. linkianum), única cita galega.

Page 56: LIC Costa Ártabra

PRAIA E LAGOA DE VALDOVIÑO (A FROUXEIRA)A praia ten máis de 3 km de lonxitude e 45 de largor medio. Destrás ten unha lagoa litoral formada polo rego do Vilar comunicada co mar por unha canle. É unha praia exposta ao vento e con forte ondada. Conserva un bo sistema dunar.

Page 57: LIC Costa Ártabra

Praia da Frouxeira, sistema dunar, entre a lagoa e o mar.

Page 58: LIC Costa Ártabra

Praia de Valdoviño e punta Faluchos

Page 59: LIC Costa Ártabra

PRAIA E LAGOA DE VALDOVIÑO (A FROUXEIRA)

Page 60: LIC Costa Ártabra

Lagoa de Valdoviño

Page 61: LIC Costa Ártabra

Lagoa de Valdoviño

Page 62: LIC Costa Ártabra

Praia de Valdoviño desde a Punta Frouxeira

Page 63: LIC Costa Ártabra

Dunas na praia de Valdoviño

Page 64: LIC Costa Ártabra

PUNTA FROUXEIRAFormada por cantís de lousas con caídas verticais. Conserva restos de construcións militares. O faro foi construído en 1992, cunha altura de 94 metros sobre o nivel do mar e un alcance de 21 millar.

Page 65: LIC Costa Ártabra

Punta Frouxeira

Page 66: LIC Costa Ártabra

Vista desde Punta Frouxeira cara ao sur

Page 67: LIC Costa Ártabra

Cantís de Punta Frouxeira

Page 68: LIC Costa Ártabra

Punta Frouxeira

Page 69: LIC Costa Ártabra

Monte da Vela desde Montefaro

Page 70: LIC Costa Ártabra

Punta Campelo

Page 71: LIC Costa Ártabra

Praia de Campelo (Valdoviño)

Page 72: LIC Costa Ártabra

Praia de Ponzos, de 1400 m de lonxitude. Ao fondo vese o Monte da Vela

Page 73: LIC Costa Ártabra

ILLA DE SANTA COMBA á que se pode acceder coa marea baixa. Conta a tradición que houbo un naufraxio e que os mariñeiros salváronse de morrer afogados grazas a que a Virxe lles ofreceu unha barca de pedra, que segundo os paisanos, consérvase nas costas da illa. Hai unha capela do século XI en honor a Santa Comba.

Page 74: LIC Costa Ártabra

Praia de Santa Comba, de case 1 km de lonxitude

Page 75: LIC Costa Ártabra

CABO PRIORForma unha península entre as praias de Santa Comba e San Xurxo. Está formado por rochas graníticas que pola erosión forman grandes bolos.

Page 76: LIC Costa Ártabra

Faro do Cabo Prior, situado a 107 m sobre o Nivel do mar, cun alcande ce 22 millas mariñas.

Page 77: LIC Costa Ártabra

Cabo Prior

Page 78: LIC Costa Ártabra

Praia de San Xurxo Vista desde o cabo Prior. Ao fondo a Punta Herbosa.

PRAIA DE SAN XURXOMide 1.800 m de lonxitude e 100 m de largor. De area fina e dourada, con forte vento e ondada. Separada polo rego de Xuncal da praia de EsmelleNas proximidades, en Covas, houbo minas romanas para a extracción de cuarzo aurífero que foron explotadas tamén entre 1912 e 1914 por unha empresa francesa.

Page 79: LIC Costa Ártabra

Punta do Castro

Page 80: LIC Costa Ártabra

Illas Gabeiras

Page 81: LIC Costa Ártabra

PRAIA DE DONIÑOSAreal de 1.900 m de lonxitude e 50 m de largor medio situada entre a Punta da Parede e a Punta Penencia; de mar aberto, con vento e forte ondada. Ten un bo sistema dunar.

Page 82: LIC Costa Ártabra

Praia de Doniños, Illas Gabeiras e punta do Castro

Page 83: LIC Costa Ártabra

Praia de Doniños

Page 84: LIC Costa Ártabra

Lagoa e praia de Doniños, Illas Gabeiras e punta do Castro

LAGOA DE DONIÑOS, de forma ovalada, cun largor máximo de 500 m, separada do mar por unha praia de 2 km de lonxitude e un cordón de dunas fixadas pola vexetación. As augas están lixeiramente salinizadas por filtracións do mar.Está considerada unha zona húmida con importancia nacional polas formacións vexetais acuáticas

Page 85: LIC Costa Ártabra

Lagoa e praia de Doniños

Page 86: LIC Costa Ártabra

Punta Penencia e praia de Doniños

Page 87: LIC Costa Ártabra

Vista desde Cabo Prioriño cara ao norte. Ao fondo o Cabo Prior

Page 88: LIC Costa Ártabra

Cabo Prioriño Grande

CABO PRIORIÑOPecha a ría de Ferrol polo norte e divídese en dúas puntas: Prioriño Grande e Prioriño Pequeno. Ten un faro e restos de baterías militares.

Page 89: LIC Costa Ártabra

Faro do Cabo Prioriño. Comezou a funcionar no ano 1854. A luz está a 36 m sobre o nivel do mar e ten un alcance de 23 millas náuticas.

Page 90: LIC Costa Ártabra

A Ría de Ferrol entre o Cabo Prioriño, ao norte (co porto exterior) e a punta Coitelada ao sur (no primeiro plano).

RÍA DE FERROLEstá limitada polo cabo Prioriño no norte e a punta da Coitelada no sur. Acada 17 km de lonxitude e 2 km de largor medio. É unha ría con dúas partes ben definidas: unha canle de entrada estreita coas beiras escarpadas e un interior amplo con varias enseadas. As rochas dominantes son granitos na zona da boca e xistos no interior. O río principal que a alimenta é o Grande de Xubia. Tamén desemboca nela o río Belelle.

É unha ría dunha grande riqueza biolóxica que está densamente poboada e con unha importante actividade industrial. Neste espazo está protexida a zona exterior.

Page 91: LIC Costa Ártabra

Canle de entrada da ría de Ferrol, de 3 km de lonxitude e 500 m de largor, flanqueada por rochas graníticas. O acceso á parte interior da ría estaba protexido polos castelos de San Felipe en Ferrol e A Palma en Mugardos.

Page 92: LIC Costa Ártabra

Ría de Ferrol

Page 93: LIC Costa Ártabra

Baliza do Castelo da Palma, na boca da ría de Ferrol

Page 94: LIC Costa Ártabra

PRAIA DE CHANTEIRO (Ares)Situada entre entre Punta Segaño e Punta Coitelada (entre as rías de Ferrol e Ares).De 150 m de lonxitude e 15 de largor medio; de area fina e poca ondada.

Page 95: LIC Costa Ártabra

Punta Coitelada

RÍAS DE ARES-BETANZOSComparten unha grande parte da súa extensión nunha boca común entre a punta Coitelada e a costa de Dexo. Neste espazo está incluído un tramo entre a punta Coitelada e a Punta Avarenta (Ares) formada por cantís graníticos.

Page 96: LIC Costa Ártabra

Desembocadura do rego do Vilar na praia de Valdoviño

REDE FLUVIALOs principais ríos do espazo nacen na serra da Capelada e discorren cara a ría de Ortigueira (Seixo de Landoi, Lourido e Murela) ou de Cedeira (afluentes do río das Mestas e Condomiñas). Na ría de Cedeira desemboca tamén o río das Forcadas. Ao longo da costa exterior desembocan numerosos regos de menor tamaño: O Riomaior en Pantín; Os regos de Vilar e Magno en Valdoviño; o rego de San Vicente na praia de Meirás; Os regos Marixosa e a Ponte na praia de Ponzos; Os regos Soagraña, Roxadoiro e Xuncal, na praia de San Xurxo; o rego da Lagoa en Doniños, e o rego do Pomouro na praia de Chanteiro.

Page 97: LIC Costa Ártabra

Desembocadura do rego do Castro na praia de Valdoviño.Moitos regos que desembocan na costa de mar aberto non chegan ao mar ao ser detidos por sistemas dunares e constribúen a formar lagoas litorais.

Page 98: LIC Costa Ártabra

Esteiro do río das Mestas, na ría de Cerdido

RÍO DAS MESTASNace en Penela (Montoxo-Cedeira), percorre os límites entre Cedeira e Cerdido e desemboca na enseada de Esteiro (Ría de Cedeira). Recibe pola dereita ao Da Braxe e pola esquerda ao Porto do Cabo. O esteiro está protexido dentro deste espazo.

Page 99: LIC Costa Ártabra

Rego da Braxe (afluente do río das Mestas) nos cumes da Capelada

Page 100: LIC Costa Ártabra

RÍO SEIXO DE LANDOINace na Serra de Capelada (Cedeira), drena, xunto co Lourido e Casón, o concello de Cariño e desemboca na enseada do Esteiro, da Ría de Ortigueira. O seu afluente principal é o Zarza.É un río de grande valor ecolóxico por acoller nas súas beiras varias especies de fentos en perigo de extinción.O curso alto está protexido no LIC “Costa Ártabra”, e o esteiro no LIC “Ortigueira-Mera”.

FERVENZA NO RÍO SEIXO. Accedese pola estrada que sube de Feás a Santo André de Teixido. Atópase na proximidade dunha canteira de Dunita.

Page 101: LIC Costa Ártabra

TIPOS DE HÁBITATS DO ANEXO I DA DIRECTIVA 92/43/CEENeste espazo rexistrouse o maior número de hábitats do Anexo I de la DC 92/43/CEE de toda a Rede Natura 2000 de Galiza, con 47 tipos, dos que 13 son prioritarios (un 27%). -Bancos de area cubertos permanentemente por auga mariña, pouco profunda-Esteiros-Chairas lamacentas ou areentas que non están cubertos de auga na baixamar-Lagoas costeiras-Grandes calas e baías pouco profundas-Arrecifes-Vexetación anual sobre argazos-Vexetación perenne de coídos-Cantís con vexetación das costas atlánticas e bálticas

HABITATS

Page 102: LIC Costa Ártabra

-Vexetación anual pioneira con Salicornia e outras especies de zonas lamacentas ou areentas-Pasteiros salinos atlánticos (Glauco-Puccinellietalia maritimae)-Matogueiras halófilas mediterráneas e termoatlánticas (Sarcocornetea fructicosae)-Dunas con céspedes do Malcolmietalia-Dunas con vexetación esclerófila do Cisto-Lavenduletalia-Dunas móbiles embrionarias-Dunas móbiles de litoral con Ammophila arenaria (dunas brancas)-Dunas costeiras fixas con vexetación herbácea (dunas grises)-Dunas fixas descalcificadas atlánticas (Calluno-Ulicetea)-Depresións intradunales húmidas-Augas estancadas, oligotróficas ou mesotróficas con vexetación de Littorelletea uniflorae e/ou Isoeto-Nanojuncetea-Lagos eutróficos naturais con vexetación Magnopotamion ou Hydrocharition-Ríos dos pisos basal a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis e de Callitricho-Batrachion

Page 103: LIC Costa Ártabra

-Queirogais húmidos atlánticos de zonas temperadas de Erica ciliaris e Erica tetralix-Queirogais secos europeos-Queirogais secos atlánticos costeiros de Erica vagans-Matogueiras arborescentes de Laurus nobilis-Zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea-Prados con molinias sobre substratos calcáreos, turbosos ou arxilo-limosos(Molinion caeruleae)-Prados húmidos mediterráneos de herbas altas do Molinion-Holoschoenion-Megaforbios eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano a alpino-Prados pobres de sega de baixa altitude (Alopecurus pratensis, Sanguisorba officinalis)-Turbeiras altas activas-Turbeiras altas degradadas que aínda poden rexenerarse de xeito natural-Turbeiras de cobertor -'Mires' de transición-Depresións sobre substratos turbosos do Rhynchosporion

Page 104: LIC Costa Ártabra

-Turbeiras calcarias do Cladium mariscus e con especies do Caricion davallianae-Mananciais petrificantes con formación de tuf (Cratoneurion)-Turbeiras baixas alcalinas-Desprendementos mediterráneos occidentais e termófilos-Encostas rochosas silíceas con vexetación casmofítica-Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi-Veronicion dillenii-Covas non explotadas polo turismo-Furnas mariñas-Bosques de encostas, desprendementos ou barrancos do Tilio-Acerion-Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae)-Carballeiras galaico-portugueses con Quercus robur e Quercus pyrenaica

Page 105: LIC Costa Ártabra

Lagoa de Valdoviño

FLORAA diversidade de hábitats presentes neste espazo permite unha grande variedade de especies adaptadas a cada ambiente: costa (rochosa ou areosa, exposta ou protexida), lagoas, cursos fluviais e monte.Destaca a presenza de especies pouco comúns de plantas nos cantís da Capelada, na lagoa de Doniños e no río Seixo.

Page 106: LIC Costa Ártabra

Leucanthemum x corunnense, un endemismo da provincia da Coruña.

Na serra e nos cantís da Capelada os fortes ventos e o alto contido de magnesio do substrato dificulta o desenvolvemento das árbores. Podemos atopar varias especies de uces pouco comúns en Galiza: uz das turbeiras (Erica tetralis), queirugas (Erica vagans e Erica erigena), a orquídea Dactylorhiza maculata, o endemismos local Centaurea borjae (en perigo de extinción), Rumex scutatus subsp gallaecicus, Leucanthemum x corunnese, o fento Dryopteris guanchica (tamén unha especie ameazada)...

Page 107: LIC Costa Ártabra

Herba de namorar (Armeria pubigera). É a planta máis coñecida da zona, que segundo conta a lenda, recollíana os mozos para namorar ás mozas.

Page 108: LIC Costa Ártabra

Plantas na duna da praia de Doniños: cardo mariño, leiteiras, feos...

Nas dunas podemos atopar Limonium binervosum, feo, amores pequenos, melga de mar, Ononis diffusa subsp. intermedia, correola de praia, paxariños amarelos, espigadilla do mar, carrascas de San Xoán, Antirrhinum majus subsp. linkianum, as orquídeas abelleira (Ophrys apifera) e neotia (Spiranthes aestivalis)...

Page 109: LIC Costa Ártabra

Cebola das gaivotas (Pancratium maritimum)

Page 110: LIC Costa Ártabra

Abelleira común (Ophris apifera), unha orquídea que se atopa nas dunas fixadas. Imita a forma e as cores dunha abella femia para atraer aos machos que a polinizan.

Leiteira (Euphorbia paralias)

Page 111: LIC Costa Ártabra

Carrascas de San Xoán (Otanthus maritimus) Rabo de lebre (Lagurus ovatus), unha gramínea típica das dunas fixadas.

Page 112: LIC Costa Ártabra

Alhelí (Malcomia littorea)

Silene littorea

Page 113: LIC Costa Ártabra

Nas lagoas hai unha grande varidade de especies acuáticas e de ribeira: xuncos, oucas, raíñas, espadanas, carrizos, salgueiros, amieiras...

Lagoa da Frouxeira

Page 114: LIC Costa Ártabra

Na LAGOA DE DONIÑOS podemos atopar especies de grande interese: Chara fragifera, Ceratophyllum demersum, ouca (Ranunculus aquatilis), espigas de auga (Potamogeton natans, P. perfoliatus e P. polygonifolius), ambroíño de río (Nymphaea alba)...

Page 115: LIC Costa Ártabra

Chara fragifera, una alga de auga dóce con aspecto de planta.

Page 116: LIC Costa Ártabra

Ambroíño (Ninphea alba)

Page 117: LIC Costa Ártabra

Cladium mariscus. Un xunco pouco común de grande tamaño (ata 2,5 m).

Page 118: LIC Costa Ártabra

ESPECIES DE INTERESEArnica montana Centaurea borjae Cladonia subgenus cladina Culcita macrocarpa Festuca brigantina subsp. actiophyta Hymenophyllum wilsonii Lithothamnion corallioides Nanozostera noltii Narcissus asturiensis Narcissus bulbocodium Narcissus triandrus Omphalodes littoralis subsp. gallaecica Phymatholithon calcareum Rumex rupestris Ruscus aculeatus Sphagnum pylaesii Sphagnum spp. Spiranthes aestivalis Vandenboschia speciosa Woodwardia radicans

Centaurea borjae, un endemismo da Capelada en perigo de extinción.

Page 119: LIC Costa Ártabra

Narciso (Narcissus asturiensis)

ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEECentaurea borjaeCulcita macrocarpaFestuca brigantinaNarcissus asturiensisOmphalodes littoralisRumex rupestrisSphagnum pylaisiiTrichomanes speciosumWoodwardia radicans

Esfagnos

Page 120: LIC Costa Ártabra

Culcita macrocarpa, un fento raro, de grande tamaño, que ten no río do Seixo unha das moi escasas localizacións en Galiza.

Woodwardia radicans, un fento relicto do Terciario que só se atopa á beira de algúns ríos do norte de Galiza. Outro dos fentos que vive nas beiras do río do Seixo é o Hymenophyllum wilsonii, que ten aquí a única poboación da Península Ibérica.

Page 121: LIC Costa Ártabra

CATÁLOGO GALEGO DE ESPECIES AMEAZADASAntirrhinum majus subsp. linkianum Centaurea borjae Crepis novoana Culcita macrocarpa Dryopteris aemula Dryopteris guanchica Erodium maritimum Fauchea repens Festuca brigantina subsp. actiophyta Griffithsia opuntioides Hymenophyllum tunbrigense Hymenophyllum wilsonii Linaria polygalifolia subsp. aguillonensis Lithothamnion corallioides Narcissus asturiensis Omphalodes littoralis subsp. gallaecica Phymatholithon calcareum Rumex rupestris Scirpus triqueter Sphagnum pylaesii Spiranthes aestivalis Vandenboschia speciosa Woodwardia radicans

Herba do can (Antirrhinum majus). Unha planta en perigo de extinción que se atopa nunhas poucas localidades deste espazo.

Page 122: LIC Costa Ártabra

Linaria polygalifolia subsp. aguillonensis

Page 123: LIC Costa Ártabra

FAUNAOs areais, lagoas e cantís acollen unha importante representación de especies acuáticas, mariñas e de auga doce. Na serra hai especies típicas de espazos abertos e de bosques e hai rebaños de vacas e cabalos en libertade.

Femia de lavanco con crías na lagoa de Valdoviño

Page 124: LIC Costa Ártabra

Golfiños

ESPECIES DE INTERESE MAMÍFEROS Delphinus delphis Galemys pyrenaicus Genetta genetta Globicephala melas Halichoerus grypus Lutra lutra Mustela erminea Mustela putorius Myotis myotis Pipistrellus pipistrellus Rhinolophus ferrumequinum Rhinolophus hipposideros Stenella coeruleoalba Ziphius cavirostris

Page 125: LIC Costa Ártabra

AVESAccipiter gentilis Accipiter nisus Acrocephalus arundinaceus Acrocephalus scirpaceus Actitis hypoleucos Aegithalos caudatus Alauda arvensis Alca torda Alcedo atthis Alectoris rufa Anas acuta Anas crecca Anas penelope Anas platyrhynchos Anas querquedula Anas strepera Anser albifrons Anser anser Anthus spinoletta Anthus trivialis Apus apus Ardea cinerea Ardea purpurea Arenaria interpresAthene noctua Aythya ferina Aythya fuligula Aythya marila ...

Pilros curlibicos (Calidris alpina). Reprodúcese na tundra ártica, pero pódense ver todo o ano en Galiza, aínda que é máis abundante nos pasos estacionais e no inverno.

Píllara riscada (Arenaria interpes). Invernante común nas praias galegas.

Page 126: LIC Costa Ártabra

Botaurus stellaris Branta bernicla Bucephala clangula Burhinus oedicnemus Buteo buteo Calidris alba Calidris alpina Calidris canutus Calonectris diomedea Caprimulgus europaeus Certhia brachydactyla Cettia cetti Charadrius alexandrinus Charadrius hiaticula Chlidonias niger Cinclus cinclus Circaetus gallicus Circus aeruginosus Circus cyaneus Circus pygargus Cisticola juncidis Columba livia Columba palumbus Corvus corone Corvus monedula Coturnix coturnix Cuculus canorus Cygnus olor Delichon urbica Dendrocopos major ...

Picaxuncos (Cisticola juncidis)

Page 127: LIC Costa Ártabra

Egretta alba Egretta garzetta Emberiza cia Emberiza cirlus Emberiza citrinella Emberiza schoeniclus subsp. lusitanica Erithacus rubeculaFalco peregrinus Falco subbuteoFalco tinnunculus Fulica atra Galerida cristata Gallinago gallinago Gallinula chloropus Garrulus glandarius Gavia arctica Gavia immer Gavia stellataHaematopus ostralegus Himantopus himantopus Hippolais polyglottaHirundo rustica Hydrobates pelagicus Ixobrychus minutus Lanius collurio Larus argentatus Larus cachinnans Larus canus Larus fuscus Larus marinus ...

Paíño (Hydrobates pelagicus) ten nas illas Gabeiras o mellor punto de cría de Galiza.

Gaivota patiamarela (Larus cachinnans)

Page 128: LIC Costa Ártabra

Cullereiros (Platalea leucorodia)

Larus melanocephalus Larus ridibundus Limosa lapponica Lullula arborea Melanitta nigra Mergus albellus Milvus migrans Monticola solitarius Motacilla alba Motacilla cinerea Motacilla flava Muscicapa striata Netta rufina Numenius arquata Numenius phaeopus Parus ater Parus caeruleus Parus cristatusPica pica Picus viridis Platalea leucorodia Plegadis falcinellus Pluvialis apricaria Pluvialis squatarola Podiceps nigricollis Porzana porzana Prunella modularis Ptyonoprogne rupestris

Page 129: LIC Costa Ártabra

Puffinus griseusPuffinus mauretanicus Puffinus puffinus Pyrrhocorax pyrrhocorax Pyrrhula pyrrhula Rallus aquaticus Recurvirostra avosetta Regulus ignicapilla Rissa tridactyla Saxicola torquata Stercorarius skua Sterna albifrons Sterna hirundo Sterna sandvicensis Streptopelia decaocto Streptopelia turtur Strix aluco Sula bassana Sylvia atricapillaSylvia borin Sylvia communis Sylvia melanocephala Sylvia undata Tachybaptus ruficollis Tachymarptis melba Tadorna tadorna Tetrax tetrax Tringa nebularia Tringa totanus Troglodytes troglodytes ...

Choias (Phyrrocorax phyrrocorax)

Carrán cristado (Thalasseus sandvicensis)

Page 130: LIC Costa Ártabra

Arao (Uria aalge)A mediados do século XX criaban no cabo Ortegal máis de 6.000 parellas de araos ibéricos. Actualmente non queda ningún.

...Turdus merula Turdus philomelos Turdus viscivorus Tyto alba Uria aalgeVanellus vanellus

Page 131: LIC Costa Ártabra

A lagoa de Valdoviño (ZEPA) é unha importante zona de paso e descanso invernal para as aves. Na lagoa pódese ver: gallinola negra, parrulo común, parrulo cristado común, corvo mariño real, garza, lavanco real, pato cincento, cerceta real, picapeixes, píllara real, pilro groso, mazaricos, biluricos, píllara cincenta, becacina, galiña de río, gaivotas, gaivotón, mobella... Aparecen tamén especies invernantes raras como ganso sangano, ánsar bravo, pato rubio, éider, pato branco...Como migradoras estivais destacan: a rapina cincenta, a andoriña de mar, e moi ocasionalmente a águia peixeira...

Page 132: LIC Costa Ártabra

Pato rubio (Netta rufina). Ten na lagoa de Valdoviño un dos seus lugares de invernada en Galiza.

Eider (Somateria mollisima). Visitante invernal ocasional.

Page 133: LIC Costa Ártabra

Nas marxes da lagoa de Doniños aniña a galiñola negra, o mergullón pequeno, a galiña de río e o lavanco real. Durante a época invernal aumenta considerablemente a cantidade e variedade de aves (mariñas, anátidas e limícolas).

Galiñola negra(Fulica atra)

Page 134: LIC Costa Ártabra

Tartaruga mariña común (Caretta caretta)

RÉPTILES Anguis fragilis Caretta caretta Chalcides striatus Chelonia mydas Coronella austriaca Dermochelys coriacea Iberolacerta monticola Lacerta lepida Lacerta schreiberi Natrix natrix

Page 135: LIC Costa Ártabra

Rela ou estroza (Hyla molleri), exemplar xuvenil.

ANFIBIOS Alytes obstetricans Bufo calamita Chioglossa lusitanica Discoglossus galganoi Hyla molleriLissotriton boscai Pelophyllax perezi Rana iberica Rana temporaria Triturus helveticus Triturus marmoratus

Page 136: LIC Costa Ártabra

Sargos Ao longo da costa abondan as especies típicas dos rochedos e dos areais: sargos, maragotas, robalizas...

PEIXES Alosa alosa Alosa fallax

Page 137: LIC Costa Ártabra

INVERTEBRADOS Charonia lampas subsp. lampas Coenagrion mercuriale Elona quimperiana Euphydryas aurinia Geomalacus maculosus Hirudo medicinals Lucanus cervus Nucella lapillus Patella ulyssiponensis

Lapas (Patella ulyssiponensis) Bolboreta (Euphydryas aurinia)

Page 138: LIC Costa Ártabra

Mexillóns e percebesDúas especies que viven nas rochas das costas expostas

Page 139: LIC Costa Ártabra

Saramaganta (Chioglossa lusitanica)Un endemismo do noroeste da Península Ibérica.

ESPECIES DOS ANEXOS DA DIRECTIVA 92/43/CEEMAMÍFEROS Galemys pyrenaicusHalichoerus grypusLutra lutraMyotis myotisRhinolophus ferrumequinumRhinolophus hipposiderosRÉPTILESCaretta carettaChelonia mydasLacerta monticolaLacerta schreiberiANFIBIOSChioglossa lusitanicaDiscoglossus galganoiPEIXESAlosa alosaAlosa fallaxINVERTEBRADOSCoenagrion mercurialeElona quimperianaEuphydryas auriniaGeomalacus maculosusLucanus cervus

Page 140: LIC Costa Ártabra

Picapeixes (Alcedo atthis)

...ESPECIES DOS ANEXOS DA DIRECTIVA 92/43/CEE

AVESAlcedo atthis Botaurus stellaris Burhinus oedicnemus Calonectris diomedea Caprimulgus europaeus Charadrius alexandrinus Chlidonias niger Circaetus gallicus Circus aeruginosus Circus cyaneus Circus pygargus Falco peregrinus Gavia arctica Gavia immer Gavia stellata Hydrobates pelagicus Ixobrychus minutus Lanius collurio Larus melanocephalus Lullula arborea Mergus albellus Milvus migrans Pernis apivorus Platalea leucorodia Plegadis falcinellus Pluvialis apricaria Porzana porzana Puffinus mauretanicus Puffinus puffinus Pyrrhocorax pyrrhocorax Sterna albifrons Sterna hirundo Sterna sandvicensis Sylvia undata Tetrax tetrax

Page 141: LIC Costa Ártabra

CATÁLOGO GALEGO DE ESPECIES AMEAZADASMAMÍFEROS Galemys pyrenaicus Myotis myotis Rhinolophus ferrumequinum Rhinolophus hipposideros AVES Botaurus stellaris Burhinus oedicnemus Charadrius alexandrinus Circus cyaneus Circus pygargus Emberiza schoeniclus subsp. lusitanica Himantopus himantopus Hydrobates pelagicus Ixobrychus minutus Puffinus mauretanicus Phalacrocorax aristotelis Rissa tridactyla Tetrax tetrax RÉPTILES Caretta caretta Dermochelys coriacea Iberolacerta monticolaANFIBIOS Chioglossa lusitanica Hyla molleriRana iberica Rana temporaria subsp. parvipalmata PEIXES Alosa alosa INVERTEBRADOS Bolma rugosa Echinus esculentus Elona quimperiana Eunicella verrucosa Geomalacus maculosus

Corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis)

Page 142: LIC Costa Ártabra

Percebeiro nos cantís de Punta Frouxeira

ACTIVIDADESAgrogandaría, pesca, marisqueo, lecer, enerxía eléctrica...

Page 143: LIC Costa Ártabra

Praia de Doniños

Page 144: LIC Costa Ártabra

HISTORIA-PATRIMONIO CULTURALÉ unha área poboada desde tempos moi antigos, como dan testemuña os numerosos asentamentos prehistóricos e os achádegos arqueolóxicos de distintas épocas. Na actualidade ten unha intensa actividade pesqueira, marisqueira e turística.

Igrexa de Santo André de Teixido, con orixe no século XII, á que acoden ofrecidos milleiros de peregrinos de toda Galiza o 8 de setembro.Di a tradición que a Santo André de Teixido “vai de morto o que non foi de vivo”.Segundo unha lenda as ánimas dos mortos, transformadas en pequenos animais, cumpren coa obriga de peregrinar ao santuario, por iso non se deben matar.

Page 145: LIC Costa Ártabra

 Herba do coitelo (Carpobrotus...), planta invasora de orixe sudafricana

PROBLEMAS• Canteiras• Repoboación con especies foráneas• Especies invasoras • Parques eólicos

Page 146: LIC Costa Ártabra

Cabo Ortegal

PUNTOS DE INTERESECARIÑO: -Cabo Ortegal e Os Aguillóns, faro do Cabo Ortegal -Cantís do Limo e Vixía Herbeira-Miradoiro “A Miranda”-Río Seixo e fervenza

Page 147: LIC Costa Ártabra

ORTIGUEIRA-A Capelada: Coto da Cruz do Frade e Pena do Viño

Page 148: LIC Costa Ártabra

CEDEIRA-A Capelada: Penas Pardas, Cabeza do Río (río da Braxe)-Cantís: Vixía Herbeira, Santo André de Teixido, Punta Candieira, Punta Ardillosa, Punta Sarridal, Punta Robaleira-Vixía Herbeira: miradoiro e garita-Santuario de Santo André de Teixido-Faros da Punta Candieira e Robaleira

Cantís da Capelada e Santo André de Teixido

Page 149: LIC Costa Ártabra

Capela da Nosa Señora do Porto

VALDOVIÑO-Praias: Vilarrube, Baleo, Pantín, Valdoviño, Meirás e Campelo-Puntas: Chirlateira, Torrela, Corveira, Dos Prados, Frouxeira, do Castelo, Campelo-Monte da Vela-Lagoa da Frouxeira-Ermida da Nosa Señora do Porto-Faro de Punta Frouxeira

Page 150: LIC Costa Ártabra

NARÓN-Puntas Lopesa, Castelo e Ferruxeda-Praia do Casal

Page 151: LIC Costa Ártabra

Illas Gabeiras

FERROL-Praias de Ponzos, Santa Comba, Cela, Vilar, Esmelle, San Xurxo e Doniños-Puntas: Santa Comba, Cabo Prior, San Xurxo, Herbosa, Lavadoiro, O Castro, Penencia e Cabos Prioriño Grande e Pequeno-Lagoa de Doniños-Illas Herbosa e Gabeiras-Cova do Varadoiro-Capela de Santa Comba

Page 152: LIC Costa Ártabra

MUGARDOS-Punta Redonda-Castelo da Palma

Castelo da Palma, na Punta Redonda

Page 153: LIC Costa Ártabra

Punta Coitelada

ARES-Puntas: San Martiño, Segaño, Coitelada e Avarenta-Praia de Chanteiro

Page 154: LIC Costa Ártabra

Montaxe: Adela LeiroFotos: Adela Leiro, Mon Daporta, Lucía Leiro

Abril 2017