Upload
rociofernandezfer
View
402
Download
0
Embed Size (px)
Citation preview
XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO
(1914-1990)
Xosé María Díaz Castro naceu o 19 de Febreiro de 1914, no
Vilariño de Cregos (Os Vilares de Parga) en Guitiriz (Lugo)
En Cidre convivía cos seus pais, cunha tía e catro irmáns.
Os montes da Serra de Montouto eran visitados polo
poeta, onde escribía os seus versos.
“No lombo pardo do monte
chea de ialma a graiña
dos toxos, brinca e estala
¡Cala vida! ¡Cala vida!”
Follas ó aire
Na súa casa natal colocaron unha placa cunha
inscrición que di:
“NESTA CADA NACEU O POETA JOSÉ Mª DÍAZ
CASTRO (VILARIÑO, VILARES) 1914 - 1990.
O UNIVERSO SERÍA MÁIS PEQUENO SEN TI”
De neno tamén axudaba nos labores do campo, sobre
todo, a lindar as vacas, e sempre foi un gran
afeccionado ao estudo da natureza: plantas, animais,
árbores,… Na súa casa xa había algúns libros, pero o
que máis destacaba nel era que preguntaba aos máis
maiores o que lle sorprendía.
O poeta ven á vida nunha familia labrega e, como en
Parga había unha grande cantidade de canteiras e
canteiros que traballaban a pedra, Xosé Mª pasaba
moito tempo nos obradoiros dos artistas, esta
tradición viña de moi lonxe na súa familia,…
“Hai unha irmandá íntima entre as cousas
que eu borracho de amor canto como hai
unha amiga relación entre as lousas”
Follas ó aire.
No Seminario de Mondoñedo, onde ingresou cando tiña 15
anos (1929), estudou sete anos. Alí, escribiu os seus primeiros
cadernos de poesía: “Follas verdes” e “Follas ó aire” que non
quixo editar. Pero si escribe en varios xornais, onde publica
poemas dedicados a aquela natureza na que a el lle gustaba
mergullarse cando ía coas vacas: ás formigas, aos
pensamentos… Aquí alcumárono “o poeta”
Nimbos (1961), foi o único libro editado de Díaz Castro, no
mediodía do seu traxecto biolóxico, é froito do seu afán por
ascender na construción poética.
“Non é un poeta descrito como outros poetas lugueses,
senón un poeta que xurde de unha terra que nel se volve
mito…” “Cada poema encerra e contén unha sorprendente
densidade poética onde cada palabra é insustituible…”
Penélope é o poema máis editado e traducido de Díaz
Castro no que denuncia a pasividade que hai no país,
o que axudou a remover moitas conciencias.
Tanto Novoneyra como Manuel María foron moi bos
amigos de Xosé María Díaz Castro, Estimaban dun
xeito senlleiro a Rosalía de Castro.
A Real Academia Galega, dedícalle o Día das Letras
Galegas no ano 2014 a Xosé María Díaz Castro pola
obra realizada ao longo de súa vida.