4
As lágrimas de Shiva César Mallorquí César Mallorquí naceu en Barcelona e 1953, aínda que ao ano seguinte a súa familia se trasladou a Madrid. Dada a profesión do seu pai, José Mallorquí, o creador de El Coyote, o seu gusto pola literatura agromou xa na infancia. Estudou periodismo na Universidade Complutense de Madrid e

Lagrimas de shiva

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Lagrimas de shiva

As lágrimas de Shiva

César Mallorquí

César Mallorquí naceu en Barcelona e 1953, aínda que ao ano seguinte a súa familia se trasladou a Madrid.

Dada a profesión do seu pai, José Mallorquí, o creador de El Coyote, o seu gusto pola literatura agromou xa na infancia. Estudou periodismo na Universidade Complutense de Madrid e traballou en La Codorniz e na cadea SER. De 1981 a 1991 dedicouse á publicidade como creativo de varias axencias, pero cambiou esta profesión pola súa verdadeira vocación, a

Page 2: Lagrimas de shiva

literatura. Desde entón,non deixou de publicar as súas obras, coas que obtivo diversos galardóns.

Entre outras,destacan:

-O coleccionista de selos (Premio UPC 1995)

-A cruz de El Dorado (Premio EDEBÉ 1999)

-As lágrimas de Shiva (Premio EDEBÉ 2002), etc.

Este libro, As lágrimas de Shiva, é presentado desde o punto de vista de Xabier, un rapaz de 15 anos, que tamén é o personaxe principal.

A causa da enfermidade do seu pai e os plans de mudarse poderían considerarse a 1a parte do libro, no cal Xabier se presenta e explica a mencionada enfermidade (tuberculose) do seu pai. Por mor desta doenza, Xabier é obrigado a trasladarse a Santander, xunto cos seus tíos, Adela e Lois, e xunto as súas catro curmás:Violeta, Rosa, Margarida e Azucena, e que segundo menciona o irmán de Xabier, Alberte: “-Esas rapazas están alí para comelas”.

A 2a parte da historia comeza coa chegada de Xabier á casa dos seus tíos, chamados Os Obregón, e que tiveron unha familia repleta de persoas importantes e ricas, pero sufriron unha traizón provocada por un personaxe descoñecido, que Xabier empeza a ver como unha ilusión. Esa persoa está morta, pero, ao parecer, Xabier e Violeta son os únicos que poden ver o que eles chaman a súa pantasma, e que, disque, a persoa defunta foi unha ladroa, da cal Os Obregón se avergonzan.

E entón, tras pescudar máis sobre a súa vida, eles empezan unha aventura para aclarar a historia da desaparición da ladroa, da traizón, quen era esa persoa e sobre todo, o que roubou ela.

Page 3: Lagrimas de shiva

Os personaxes son persoas, non reais, pero son persoas, á excepción da pantasma que Xabier investiga. Xabier é o personaxe principal, pero creo que Violeta podería selo tamén.

Como Xabier está relatando a aventura, a historia está contada e relatada en 1a persoa, usando moitas descricións en moitos momentos como para describir a Violeta ou as súas curmás ou os outros personaxes que dan pistas para resolver este enigma.

A acción da historia ten o seu punto de partida na casa de Adela, pero aínda así, Xabier e Violeta desprázanse a moitos lugares, como a praia, o cemiterio, unha tenda de efectos navais e recordos, etc.

E o tempo da acción sitúase en 1969 (ano de moita sona, o home pisou a Lúa por primeira vez) e prolóngase ao longo de varias semanas.

Os temas principais abordados no libro son o misterio, que aparece moi destacado na investigación, e tamén o amor, que Violeta e Xabier comparten. A lectura e a literatura están presentes tamén nesta novela porque os protagonistas son ávidos lectores e constantemente se prestan libros, aconséllanse e fan referencia ás lecturas que realizan. Obras que se mencionan son, por exemplo, O vixía no centeo, Crónicas marcianas, A metamorfose, etc.

Este libro é moi interesante, está ben estruturado e detallado, con moito movemento dos personaxes e moi ben explicado. Aquí o misterio, o humor e o amor únense para formar unha combinación excelente.

Recoméndoo a toda a mocidade de 13 anos ou máis. A min pareceume fantástico.

Redactado por:

Adrian Ovidiu Cocean