12

Francisco de Goya_Touro

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Francisco de Goya_Touro
Page 2: Francisco de Goya_Touro

Francisco de Goya naceu no ano 1746, en Zaragoza, fillo

dun dorador de orixe vasca, e dunha labrega fidalga.

Estudou o oficio de pintor nun taller onde estivo catro

anos copiando estampas. Máis tarde no ano 1763

transládase a Madrid e sete anos máis despois viaxa por

Italia. No 1773 cásase coa irmá do seu mestre. En 1789

nomeano pintor de cámara de Carlos IV e tempo despois

queda sordo por causa dunha enfermidade. En 1828

morre en Burdeos a causa dun ataque de apoplejía.

INTRODUCIÓN

Page 3: Francisco de Goya_Touro

A SUA OBRAFrancisco de Goya non só foi considerado o máis

notable pintor da súa época e o artista que mellor soubo

explorar todas as posibilidades abertas pola evolución

estilística do século, senón que, sobre todo, é quizais o

creador que con maior precisión deu testemuño, a través

dos seus pinceles, dos sentimentos que van desde o

espírito optimista do reformismo ilustrado ata o desengano

xerado polo fracaso das esperanzas postas no progreso

pacífico da humanidade.

Page 4: Francisco de Goya_Touro

Os seus primeiros traballos importantes son os que levou

a cabo a partir de 1775 para a Real Fábrica de Tapices de

Santa Bárbara en Madrid. Nestes cartóns, Goya revelou os

seus dotes para desenvolver unha pintura costumista e

popular chea de graza e frescura, moi dentro dunha

estética próxima ao rococó na que se vehicula a vida

apracible e esperanzada dun momento marcado polos

benéficos efectos da boa conxuntura económica e pola

ilusión que espertan os avances do movemento reformista.

Nas súas obras destaca o reflexo dun mundo onde

predomina o xogo e a vida alegre e desenvolta.

Page 5: Francisco de Goya_Touro

A CONTINUACIÓN VEMOS ALGUNHAS DAS SÚAS OBRAS

Page 6: Francisco de Goya_Touro

O Cacharreiro

Pintado en 1779, é xa unha obra mestra pintada cunha riqueza e refinamiento que superan, a simple intención decorativa a que se destinaba.

Page 7: Francisco de Goya_Touro

O Quitasol

O quitasol (1777) é un cadro de Francisco de Goya conservado no Museo do Prado e que forma parte da serie de cartóns para a Real Fábrica de Tapices de Santa Bárbara; en concreto, para a serie destinada á decoración do comedor do infante Carlos, entón Príncipe de Asturias.

Page 8: Francisco de Goya_Touro

A randeeira

A randeeira é o título dun cartón para tapiz deseñado por Francisco de Goya para o dormitorio dos Príncipes de Asturias no Palacio do Pardo. Custódiase no Museo do Prado.

Page 9: Francisco de Goya_Touro

Goya mantivo as súas cores claras dentro do gusto rococó, converténdose no retratista preferido de aristócratas, políticos e intelectuais. Deste xeito, a súa fama, que se acrecentará coa realización das alegres escenas de romaría que decoran a madrileña ermida de San Antonio da Florida, procuroulle o seu nomeamento como primeiro pintor de cámara e a posibilidade de levar a cabo unha obra mestra do retrato áulico como A familia de Carlos IV.

A Familia de Carlos IV

A pintura presenta sombras grises e transparentes (postas de relevo grazas á restauración que se efectuou do lenzo) que matizan os ricos vestidos, as sedas, as xoias e os brocados centelleantes da familia real (as damas levan as bandas da Orde de María Luisa e os varóns a de Carlos III). Así mesmo, coa restauración o lenzo recuperou a profundidade e transparencia orixinal.

Page 10: Francisco de Goya_Touro

Pintouse cara o ano 1797-1798, e en realidade nada se sabe achega delas ata que aparecen en 1808 na colección de Godoy, cualificadas de "xitanas". Desde 1808 estiveron na Real Academia de Belas Artes de San Fernando, cos bens incautados a Godoy, e en 1901 pasaron ao Museo do Prado.

De calquera modo, A maja espida é un delicadísimo e acabado estudo de tons nacarados, perfecto como pintura neoclásica, torneado e puído o espido como unha porcelana. Quizá sexa, precisamente pola súa perfección e polo seu peso de Academia. Ambas obras estiveron xuntas na Academia desde 1808, cos bens incautados a Godoy, e en 1901 pasaron ao Museo do Prado.

Page 11: Francisco de Goya_Touro

O lenzo Os fusilamientos do 3 de maio na montaña do Príncipe Pío de Madrid é un dos máis altos logros da pintura española e, probablemente, un dos fitos tamén da pintura universal. Sen dúbida, ademais das súas excelencias artísticas, pode ser considerado un dos cadros de temática histórica máis dramáticos de toda a historia da arte.

Page 12: Francisco de Goya_Touro

Morte de Goya e destino dos seus restos. O seu estado de saúde era moi delicado, non só polo proceso tumoral que lle diagnosticaran, senón por mor dunha recente caída polas escaleiras Tras un empeoramento a comezos do mes, Goya morre ás dúas da madrugada do 16 de abril de 1828, acompañado por Antonio de Brugada e José Pío de Molina.

Ao día seguinte entérrase no cemiterio bordelés da Chartreuse, no mausoleo propiedade da familia Muguiro de Iribarren, xunto ao seu amigo e consogro Martín Miguel de Goicoechea, falecido tres anos atrás. En 1888 faise unha primeira exhumación que por desidia española non conclúe en traslado. En 1899 por fin se exhuman de novo e chegan finalmente a Madrid os restos dos dous, Goya e Goicoechea. Depositados provisionalmente na cripta da Colegiata de San Isidro, pasan en 1900 a unha tumba colectiva de «homes ilustres» na Sacramental de San Isidro e finalmente, en 1919, á ermida de San Antonio da Florida, ao pé da cúpula que o aragonés pintase un século atrás, onde permanecen.