78
FRANCISCO DE GOYA Y LUCIENTES 1746-1828 Autorretrato 1771-75 óleo sobre lenzo 58 x 44 cm O estudo do barroco italiano constitúe a súa primeira aprendizaxe co seu mestre en Zaragoza, José Luxán, discípulo de Lucas Jordán, e a súa viaxe a Italia Casa coa irmá de Francisco Bayeu, importante pintor na corte madrileña, o que lle permitirá instalarse na Corte, onde traballará nos cartóns para tapices baixo a dirección de Mengs En 1785 convértese en pintor do rei Carlos III, e en 1799 pintor de cámara de Carlos IV. Goya vaise converter rapidamente no retratista de moda, pousando toda a aristocracia para el

Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Tradución ao galego dunha presentación do prof. Tomás Pérez onde fai unha achega as principais características e obras da evolución pictórica de Goya

Citation preview

Page 1: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

FRANCISCO DE GOYA Y LUCIENTES

1746-1828

Autorretrato1771-75

óleo sobre lenzo 58 x 44 cm

O estudo do barroco italiano constitúe a súa primeira aprendizaxe co seu mestre en Zaragoza, José Luxán, discípulo de Lucas Jordán, e a súa viaxe a ItaliaCasa coa irmá de Francisco Bayeu, importante pintor na corte madrileña, o que lle permitirá instalarse na Corte, onde traballará nos cartóns para tapices baixo a dirección de MengsEn 1785 convértese en pintor do rei Carlos III, e en 1799 pintor de cámara de Carlos IV. Goya vaise converter rapidamente no retratista de moda, pousando toda a aristocracia para el

Page 2: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

GOYA: CONTEXTO HISTÓRICO, BIOGRAFÍA E EVOLUCIÓN ESTILÍSTICA

1746 18281785 1799 1808 1814

Antigo Réxime:Despotismo Ilustrado

Revolución Francesa

Imperio Napoleónico Restauración

Guerra daIndependencia

Restauración doabsolutismo con

Fernando VII

TrienioLiberal

(1820-23)

EXILIOa Burdeos

(1824)

Barroco / Rococó Neoclasicismo Romanticismo

Pintor doRei

Carlos III

Pintor decámara deCarlos IV

Page 3: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

O CONTEXTO HISTÓRICO E CULTURAL

A vida de Goya abrangue dende o reinado de Carlos III até o de Fernando VII. Sitúase entre dúas épocas históricas: o Antigo Réxime e o Réxime Liberal, dende o Despotismo Ilustrado do rei-alcalde Carlos III, ao absolutismo do rei Fernando VII o Desexado

A Ilustración, o impacto da Revolución Francesa (1789-1799), as guerras con Francia e a invasión napoleónica, a Guerra de Independencia (1808-1814) e a restauración no trono do rei Fernando VII, ademais do Trienio Liberal, a súa adhesión ás teses liberais e o exilio final en Burdeos co que coroa a súa traxectoria vital, marcan a súa intensa vida

A vida de Goya é o reflexo da historia convulsa de España dende o Antigo Réxime ata o tránsito cara ao Estado liberal. Goya será testemuña destes cambios que marcarán profundamente a súa vida persoal e artística

Goya como persoa destaca polo seu talante liberal e patriota, o seu amor ao pobo e certo desprezo crítico cara á aristocracia e a Coroa. A crítica social supón para el unha reflexión e punto de partida para construír unha sociedade mellor, máis xusta e racional

Page 4: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

A EVOLUCIÓN ESTILÍSTICA DE GOYA:

Da paleta colorista (visión optimista da vida) dos seus cartóns para tapices, ás manchas que disolven as formas, o predominio dos ocres e o do negro (visión pesimista da vida)

A RUPTURA COA TRADICIÓN

Page 5: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

“A estampa representa un dos máis alucinantes dos seus sonos: a figura dun xigante sentado no bordo do mundo. Podemos calcular as súas proporcións colosais pola miúda paisaxe do primeiro termo, e ver como reduce casas e castelo a simples moutas. Podemos facer xirar a nosa imaxinación en torno a esta aparición horrible, que está conseguida con tanta claridade nos seus perfís coma se tivese sido estudada do natural. O monstro está sentado como unha carga apisoante sobre unha paisaxe á luz da lúa. Pensaba Goya na sorte do seu país, oprimido polas guerras e a insensatez humana? Ou creou simplemente unha imaxe, coma se fose un poema? Pois foi este o efecto máis destacado da ruptura da tradición: o de que os artistas se sentiron en liberdade de plasmar as súas visións sobre o papel como só os poetas fixeran ata entón.”GOMBRICH

A RUPTURA COA TRADICIÓN

Page 6: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

EVOLUCIÓN ESTILÍSTICA

A súa aprendizaxe é lenta, permanece constantemente insatisfeito, á busca de novas fórmulas expresivasÉ un pintor cheo de contrastes: amable e horrible ao mesmo tempo; realista e febrilmente imaxinativo Podemos distinguir dúas etapas na súa vida artística: Na primeira:

- O triunfo persoal e profesional determinan unha visión optimista da vida; predominan as cores puras, vermellas e grises; a factura acabada, o debuxo preciso e continuo, e os temas amables Na segunda:

- A enfermidade e a xordeira (1790) provocan un cambio profundo na súa vida persoal, o sufrimento e unha visión patética da vida instálanse na súa obra. Crecente presenza da cor negra, a factura a base de manchas, o debuxo roto, os temas dramáticos ou dunha fantasía sombría

Page 7: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX
Page 8: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX
Page 9: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX
Page 10: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

TEMAS COSTUMISTAS (1775-1792)

Nestas obras Goya amósanos a súa perfecta asimilación do estilo tardobarroco de Tiépolo e o academicismo de inspiración clasicista de Mengs. Sobresaen os cartóns para a Real Fábrica de tapices, reflexo da vida madrileña: feiras, romaxes, xogos, etc. Destaca nas súas composicións a graza e o encanto rococó e a influencia de Velázquez no tratamento da luz e da paisaxe. Son obras da súa primeira etapa onde nos ofrece unha visión optimista da vida. Predominan as cores puras, sen mestura, como vermellos e grises. O debuxo de trazos precisos e continuos, polos condicionantes da fábrica de tapices, e os temas amables que satisfán o gusto aristocrático polo popular.

O Parasol1776-78

óleo sobre lenzo 104 x 152 cmMuseo do Prado, Madrid

A pradeira de San Isidro

Page 11: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX
Page 12: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

A Vendima ou O Outono

Page 13: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

Danza de majos onda oManzanares

1777óleo sobre lenzo

272 x 295 cmMuseo do Prado,

Madrid

Page 14: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

A cucaña1786-87

óleo sobre lenzo 169 x 88 cm

colección privada

Page 15: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

O vendedor de louza1779

óleo sobre lenzo 259 x 220 cm

Museo do Prado, Madrid

Page 16: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

A tormenta de neve

1786-87Óleo sobre lenzo

275 x 293 cmMuseo del Prado,

Madrid

Page 17: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

O albanel ferido1786-87

óleo sobre lenzo 268 x 110 cm

Museo do Prado, Madrid

Page 18: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

RETRATOS

Constitúen unha actividade constante ao longo de toda a súa vida. Destacan pola súa penetración psicolóxica, traspasa a aparencia para explorar a alma e mostrar simpatía ou antipatía pola personaxe representada (subxectivismo) e o que representa socialmente

•En 1785 converteuse en pintor do rei Carlos III, e en 1799, pintor de cámara de Carlos IV

•Os seus retratos cortesáns son exquisitos e están tratados con gran beleza e fina captación do modelo

Autorretrato de 1790

Page 19: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

Autorretrato de 1771

Autorretrato de 1815

Page 20: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX
Page 21: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

A marquesa de Pontejos A duquesa de Alba

Page 22: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

A condesa de Chinchón

Page 23: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

A Tirana Dona Isabel de Porcel

Page 24: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

Carlos III con traxe de caza

Page 25: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

Gaspar Melchor de Jovellanos

Page 26: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

Francisco BayeuO conde Fernán Núñez

Page 27: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

Fernando VII con manto real

Page 28: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

Fernando VII

“Os seus retratos, que lle aseguraron un posto na corte española, parecen ao pronto retratos oficiais ao xeito de Van Dyck ou de Reynolds. A habilidade con que recrea o brillo das sedas e ouros recórdanos a Tiziano e a Velázquez. Pero tamén mira aos que pousan de xeito diferente. Non é que estes mestres afagasen aos poderosos, pero Goya parece non ter coñecido compaixón ningunha. Fai que as súas faccións poñan ao descuberto toda a súa vaidade e fealdade, a súa presunción e a súa cobiza. Ningún pintor cortesán antes ou despois del, deixou un rexistro semellante dos seus protectores.”Gombrich, a propósito deste retrato de Fernando VII

Page 29: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX
Page 30: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

A familia do duque de Osuna

Page 31: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

Carlos IV a cabalo

Page 32: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

(La Maja Desnuda)1799-1800

óleo sobre lenzo, 97 x 190 cmMuseo do Prado, Madrid

Page 33: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

(La Maja Vestida)1800-03

óleo sobre lenzo, 97 x 190 cmMuseo do Prado, Madrid

Page 34: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

RELIXIOSOS

Goya non é un pintor relixioso. Os temas concíbeos coma escenas populares e cortesás

Pinturas ao fresco do interior daCúpula da Igrexa de Santo Antonio

Da Florida (Madrid)

Page 35: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX
Page 36: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

A última comuñón deSan Xosé de

Calasanz1819

óleo sobre lenzo 250 x 180 cm

Escuelas Pías de San Antón, Madrid

Page 37: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

Cristo crucificado1780

óleo sobre lenzo (255 x 153 cm)

Museo do Prado, Madrid

Page 38: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

Procesión de flaxelantes, 1812-1814

Page 39: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

PATRIÓTICOS-PINTURA HISTÓRICA

Son a vertente máis importante da súa obra. Son auténticas epopeas de movemento e dor, de logros expresivos e misteriosos efectos de luces e sombras, adquirindo, polo seu contido, unha profunda dimensión moral e simbólicaSon obras que reflicten o seu xuízo persoal ante os acontecementos que a guerra provoca;

Page 40: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

Denuncia a crueldade, o horror e a barbarie da guerra, lonxe do tratamento heroico e grandilocuente da pintura de historia doutras épocas; é como a reportaxe dun reporteiro fotográfico que utiliza o seu obxectivo para denunciar as atrocidades da guerra

A técnica caracterízase pola liberdade de trazo e intensidade cromática. A intensidade expresiva destas obras convérteno nun precursor do Romanticismo

Page 41: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX
Page 42: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX
Page 43: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

AS PINTURAS NEGRAS

Estas pinturas murais foron realizadas entre 1819 e 1823 para si mesmo na súa Quinta do xordo. Describen un mundo desolado e terrible, alucinante

Dende a enfermidade e a vellez Goya rodéase de seres monstruosos, deixando en liberdade os fantasmas do seu mundo interior e a súa fantasía plasma representacións patéticas, penetrando nun mundo visionario e alucinante. Son obras de difícil significado que permiten múltiples interpretacións. Predomina a cor negra, a non cor, matizada só por ocres terrosos

Page 44: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

Saturno devorando a seus fillos

Page 45: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

Representan a crónica negra de España e a escuridade do subconsciente colectivo e persoal

Con estas pinturas inventa unha nova linguaxe plástica que rompe coa tradición. É romántico ao amosar paixón, desorde febril, culto ao tremebundo e fúnebre. Precede ao expresionismo polo seu tratamento do debuxo e as masas, distorsionando as formas para unha comunicación máis intensa. Abre as portas ao surrealismo pola súa plasmación do mundo onírico

Leyendo

Page 46: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

Duelo a mocazos

Page 47: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

O Aquelarre

Page 48: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

A romaxe de San Isidro

Page 49: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX
Page 50: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

O can

Page 51: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

Dúas mulleres comendo sopa

Page 52: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

A leiteira de Burdeos1825—27

óleo sobre lenzo 74 x 68 cm

Museo do Prado, Madrid

O EXILIO EN BURDEOS

Page 53: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

GRAVADOS E AUGAFORTES

A partir de 1792 (xordo xa) envórcase no gravado, que lle ofrece a ocasión de contactar co público ao poder multiplicar indefinidamente as copias dunha estampa ou lámina

A súa plástica trasládanos a un mundo inverosímil, oculto no máis recóndito da mente humana. Son creacións totalmente libres, onde rompe formalmente cos ideais neoclásicos de beleza. Como ilustrado furga nas chagas máis purulentas da sociedade da súa época, á que critica ferozmenteSon catro as series de gravados e augafortes por el realizadas ao longo da súa vida: os caprichos, os desastres da guerra, a tauromaquia e os disparates

Os Caprichos (1797-1799)

Os desastres da guerra (1810-1815)

Page 54: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

GOYA, GRAVADOR. A OPINIÓN DE GOMBRICH

“Non só coma pintor de retratos se mantivo Goya independente dos convencionalismos do pasado. Como Rembrandt, produciu un gran número de augafortes, a maioría deles por medio dunha técnica nova denominada augatinta, a cal permite non só gravar as liñas, senón tamén formar manchas. O máis sorprendente das estampas de Goya é que non constitúen ilustracións de ningún tema coñecido, sexa bíblico,histórico ou de xénero. Moitas delas son visións fantásticas de bruxas e aparicións espantosas. Algunhas son consideradas coma acusacións contra os poderes da estupidez e a reacción, da opresión e a crueldade humana que observou Goya na Península; outras parecen só dar forma aos pesadelos do artista.”

Page 55: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

OS CAPRICHOSO soño da Razón produce

monstrosAugaforte e augatinta.

218 x 152 mm

A fantasía, abandonada da razón, produce monstros imposibles; unida con ela é nai das artes e orixe das marabillas Portada para esta obra: cando os homes non oen o berrido da razón, todo se volven visións “O autor, soñando. O seu intento só é desterrar vulgaridades prexudiciais e perpetuar con esta obra de caprichos o testemuño sólido da verdade”, escribiu Goya dous anos antes (1797). Pensou pór a estampa á fronte da edición

Page 56: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

Até o seu avó

Augatinta, 154 x 218 mm

A este pobre animal volvérono tolo os xenealoxistas e reis de armans, non el só

 Os burros preciados de nobres descenden

doutros tales até o último avó 

Primeiro debuxou Goya un libro normal e titulou a estampa “O Asno Literato”. Logo, ilustrouna con pollinos e trazou, na mesa, un escudo asnal: mofa da obsesión por

atopar avós ilustrísimos. Vaia mérito: todos serían burros

Page 57: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

VolaveruntAugaforte, augainta e punta seca.

219 x 152 mm O grupo de buxas que serve de

peana á petrimetra, máis que necesidade é adorno. Hai cabezas tan cheas de gas inflamable que non necesitan para voar nin globo nin bruxas

Tres toureiros levantan de cascos á duquesa de Alba, que perde finalmente a chaveta pola súa veleidade

  A bela, con cabeza de muller

bolboreta, foise, coma nun vó, do mesmo xeito cás bruxas. Primeiramente escribiu: “Fana voar”. A Mala Fortuna priva ao Home do Amor, arrebátallo. Perdeu Goya á Duquesa?

Page 58: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

Ti que non podes Augaforte e augatinta bruñida

218 x 252 mm

Quen non dirá que estes cabaleiros son cabalerías?

 Os pobres e clases útiles da sociedade que levan a costas os burros, cárganos con todo o peso das contribucións do

Estado 

“Como soben os borricoss” foi o seu primeiro título: moitos encumbrados

son asnos, aínda que manden e gobernen. Por se non abondase, encarámanse sobre a suor dos

humildes. “Ti que non podes, lévame nas costas”. Que tesos van. E con

espuelas

Page 59: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

Os desastres da guerra (1810-1815)

Isto é peor

Page 60: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX
Page 61: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

Que coraxe!

Page 62: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

Tampouco

Page 63: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

Entretemento español, da serie sobre “Tauromaquia”

Page 64: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

O Mourisco Gazul é o primeiro que laceou touros en regra 1815-16

Page 65: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

A lixeireza e o atrevemento de Juanito Apiñani no couso de Madrid

Page 66: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

O coloso1810-18

Na actualidade xa non é considerada unha obra da súa autoría

OS DIASPARATES

Page 67: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

Disparate feminino, da serie “Disparates”

Page 68: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

SOBRE OS CAPRICHOS DE GOYA

Para a cultura occidental os Caprichos de Goya exemplifican un mundo en crise, entendida esta idea no sentido do cambio. Conceptualmente revelan as fisuras dunha estrutura sociopolítica baseada nunha anquilosada estratificación e dun sistema de valores fundamentado no inmobilismo dos costumes e a tiránica opresión relixiosa das concienciasEsteticamente anticipan a sensibilidade moderna e o desprazamento cara a unha arte dominada pola subxectividade e a liberdade creativa Biograficamente, los Caprichos aparecen nunha das décadas máis decisivas na traxectoria vital e na produción artística de Goya. É por isto que as sucesivas xeracións de escritores, artistas e intelectuais dos últimos dous séculos non puideron substraerse á condición de símbolo dos Caprichos: símbolo da fin do Antigo Réxime, do cambio de gusto entre as estéticas clasicista e romántica, e da crise producida na biografía e na arte dun creador universal

Page 69: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

 A neglixencia, a tolerancia e o mimo

fan aos nenos antoxadizos, obstinados, soberbios, golosos,

petitosos, e insufribles, chegan a grandes e son cativos aínda. Tal como

o da rollona. 

Os fillos dos grandes críanse sempre niñotes, chupándose o dedo,

atiborrándose de comida, arrastrados polos lacaios, cheos de dixes

supersticiosos, aínda cando xa son barbados

 Mofa da artificiosa prolongación da infancia que sofren os fillos de casa

rica, caprichosos e inútiles a base de vivir como bebés. “O da Rollona, dez

anos e aínda mamaba”: frase feita contra a nai que impide a vida adulta

do filloO da rolllona Augaforte e augatinta bruñida

209 x 157 mm.

Page 70: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

O si pronuncian e a man alongan ao primeiro que chega

Augaforte e augatinta bruñida215 x 150 mm.

Facilidade con que moitas mulleres se prestan a celebrar matrimonio agardando

vivir nel con máis liberdade 

Os matrimonios fanse regularmente a cegas: as noivas adestradas polos seus

pais enmascáranse e atavíanse lindamente para enganar ao primeiro que

chega. Esta é unha princesa con máscara, que logo vai ser cun cadela cos seus vasalos, como o indica o reverso da

súa cara imitando un peiteado: o pobo necio aplaude estes enlaces; e detrás vén orando un embusteiro en traxe sacerdotal

pola felicidade da Nación (Vodas das Camaristas).

 Crítica acerba dos casamentos por

interese ou razón política, en que Goya censura o que non sexa verdadeiro amor da parella e denuncia a dobrez da noiva, fermosa enmascarada, pero contenta co

seu sino. O tempo dirá como é

Page 71: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

Que vén o CocoAugaforte e augatinta bruñida

219 X 154 mm

Abuso funesto da primeira educación. Hai que facer que un

cativo teña máis medo ao coco cá seu pai e obrigalo a termer o que

non existe 

As nais parvas fan medrosos a seus fillos figurano o Coco; e outras peores válense destee artificio para estar cos seus

amantes a soas cando non poden apartar de si a seus fillos

 Insensatez das nais que

aterrorizan a seus fillos con horrores imaxinarios, ás veces para lograr desentenderse das

criaturas ou afastalas cando non lles convén que sexan

testemuñas dunha falcatruada

Page 72: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

Tal para cal

Augaforte, augatinta e punta seca

Moitas veces discutiuse sobre se os homes son peores cás mulleres ou o contrario. Os vicios duns e doutras

veñen da mala educación: onde quixer que os homes sexan perversos, as

mulleres serano tamén. Tan boa cabez ten a señora que se representa nesta estampa coma o “pisaverde” que lle

está a dar conversación; e en canto ás dúas vellas, tan infame é unha coma a

outra A Raíña e Godoy cando era garda e os burlaban as lavandeiras. Representa

uunha cita que lles proporcionaron dúas alcahuetas, que se está a rir mentres

fan que rezan o rosario.Dura estampa contra o atildamento,

feminino e masculino: o pisaverde pasa as súas horas en acicalamentos, como a coqueta, pendente non de ser, senón

de aparentar e apegada ás modas e non ao bo temple

Page 73: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

Ninguén se coñece

Augaforte e augatinta219 x 153 mm.

O mundo é unha máscara: o rostro, o traxe e a voz, todo é finxido: todos queren

aparentar o que non son, todos engánanse e ninguén se coñece

 Un Xeneral afeminado ou disfrazado de

Muller nunha festa, estallo pedindo a unha boa moza; el déixase coñecer polos

bordados da manga; os maridos están detrás, e en vez de sombreiros, aparecen con tremendos cornos coma un unicornio. A quen se tapa ben sáelle dereiito; a quen

non torto 

A máscara de Carnaval non tapa, aínda que todos finxan que non saben quen son

e, así, obren ao seu antollo e podan complacerse. Pero o engano non existe

no carnaval da vida: nin os “cornos” poden, finalmente, disimularse

Page 74: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

Non houbo remedio

Augaforte e augatinta bruñida 219 x 152 mm

A esta santa señora persíguena de morte. Despois de escribila a vida

sacan en triunfo. Todo o merece e se o fan por afrontala é tempo perdido.

Ninguén pode avergoñar a quen non ten vergonza

 O baixo pobo é quen se divirte coas encorozadas, que só se castigan se

son pobres e feas, entón non hai remedio

 Pobre muller, entre espectadores rudos ou pasivos e alguacís con cara de can que lle darán vergallazos. A Inquisición pon coroza ou cucurucho de infamia a unha infeliz espida e a Xustiza exhíbea diante do Pobo. Unha ignorancia sobre

outra

Page 75: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

Si sabrá mas el discípulo?Aguafuerte, aguatinta y buril.

218 x 153 mm 

No se sabe si sabrás más o menos, lo cierto es que el maestro es el

personaje más grave que se ha podido encontrar.

 Un maestro burro no puede enseñar

más que rebuznar. 

¿Acabará sabiendo más el alumno que su profesor? No. Todos acabarán

como lo que son: jumentos. Por mucho empeño que se ponga -viene a decir Goya-, de donde no hay, no se

puede sacar.

Page 76: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

Mucho hay que chupar 

Aguafuerte y aguatinta bruñida. 208 x 152 mm

 Las que llegan a (los) 80 chupan

chiquillos; las que no pasan de los 18 chupan a los grandes. Parece que el

hombre nace y vive para ser chupado. 

Los rufianes y alcahuetas desgracian centadas de chiquillos, dando drogas

para abortar cuando el secreto lo exige. 

La superstición y la brujería hacían creer que las viejas podían vigorizarse con la sustancia vital de los niños. Chupar esa sustancia y “chupar” el dinero de quien

encarga el negro negocio. Mucho chupar.

Page 77: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

Soplones 

Aguafuerte y aguatinta bruñida. 208 x 153 mm

 Los brujos soplones son los más

fastidiosos de toda la brujería y los menos inteligentes en aquel arte. Si

supieran algo no se meterían a soplones.

 La confesión auricular no sirve más

que para llenar los oídos de los frailes de suciedades, obscenidades y

porquerías. 

Quien denuncia desde el anonimato es un demonio que satisface al

depravado y crea un ambiente fétido (obsérvense abajo las fuentes de la

delación). Sólo maldad y alevosía hay en el alma hedionda del soplón.

Page 78: Francisco de Goya: un novo xeito de entender a pintura no s. XIX

Hasta la muerte 

Aguafuerte y aguatinta bruñida 220 x 154 mm

 Hace muy bien en ponerse guapa. Son sus días, cumple setenta y cinco años y

vendrán las amigas a verla. 

Las mujeres locas lo serán hasta la muerte. Esta es cierta duquesa (la de

Osuna) que se llena la cabeza de moños y carambas, y por mal que le caigan no faltan quitones de los que

vienen a atrapar criadas, que aseguran a Su Excelencia que está divina.

 Goya era amigo de los Osuna y es

difícil que su acerba crítica se refiera a la Duquesa. Reprocha a las mujeres de edad que se acicalen como jovencitas y crean a los pícaros parásitos (guitones)

que las requiebran por interés.