Upload
chelo-alvarez-veira
View
741
Download
7
Embed Size (px)
Citation preview
Xa sabemos que hai moitos tipos de alimentos segundo os nutrientes que teñan. Hai alimentos construtores, enerxéticos e reguladores.
Unha DIETA SAUDABLE é aquela que ten alimentos dos tres tipos na medida en que os necesitamos. Hoxe coñecemos unha froita nova e imos cociñala.
Marmelo É unha froita que se recolle ao final do verán ou no outono, e da que hai moita en Galicia. Se queres coñecer as súas propiedades mira
aquí: http://frutas.consumer.es/documentos/fresca
s/membrillo/intro.php
E pode que ata che interese coñecer a árbore que a produce. Mira neste enlace: http://articulos.infojardin.com/Frutales/fichas/membrillo-membrillos.htm
as flores
os froitos
Ola, este curso imos aprender a alimentarnos de forma saudable, e de paso, a cociñar. Queredes aprender con nós? Pois mirade…..
.
E aquí está a nosa receita:
Ingredientes: • Marmelo • Azucre • Auga O marmelo é unha froita que ten moitas vitaminas e minerais, polo tanto é un alimento regulador, que fará que os nosos órganos funcionen ben. O azucre é un alimento que ten hidratos de carbono, polo tanto é un alimento enerxético, así que o precisamos para poder movernos, xogar, correr….. Tamén precisamos:
• Unha cociña • Unha pota • Un coitelo • Paus para remexer • Un cullerón • Unha batedora
Pois a traballar.
• O primeiro é lavar moi ben os marmelos. Teñen unha pelusiña por fóra que lle hai que limpar ben limpiña.
Creo que xa o teño todo.
• Cortámolos con moito coidadiño en anacos pequenos. Mira como son por dentro. Teñen pebidas coma as mazás, e olen moi ben, pero se os probamos crus non sabe moito e rasca a lingua.
• Saíronnos uns catro quilos de marmelo. Hai que pesalo porque lle engadiremos a metade do seu paso en azucre. Así que lle toca neste caso dous quilos de azucre.
• Botámoslle un litro de auga e poñémolo a cocer.
• Para que non se queime terás coidado de facelo a lume lento, e remexer de cando en cando.
• Cando vexas que cambia de cor e xa está brando pásalle a batedora. • Mira como queda na foto.
• É o momento de engadirlle o azucre. Un bota o azucre e outro remexerá con coidado de mesturar todo ben.
• Deixarás que coza algo máis e saberás que xa está feito cando cambie de cor e se poña máis escuro.
Coidadiño!!!!! Saltan burbullas….. ….. e como queiman!!!!!!
• Cando arrefríe xa se pode comer.
Se ademais o comes con queixo terás unha sobremesa riquísima e completa,
porque o queixo é un lácteo e polo tanto un alimento construtor. Bo proveito!!!
Pero aínda podes facer algunha receita máis co marmelo. Mira nestes enlaces:
http://cachiodoce.blogspot.com.es/2010/11/galletas-recheas-de-marmelo.html
Galletas recheas de marmelo
E tamén http://www.centrovegetariano.org/receitas/Cat-133-Receitas%2Bcom%2BMarmelo.html
http://lacasitaverde.blogspot.com.es/2008/11/tarta-tatin-de-membrillo-tarte-tatin-de.html
Bo proveito!!!!