32
Xosé María Díaz Castro. Letras Galegas, 2014

Díaz castro. letras galegas 2014

  • Upload
    marlou

  • View
    3.053

  • Download
    1

Embed Size (px)

Citation preview

Page 1: Díaz castro. letras galegas 2014

Xosé María Díaz Castro. Letras Galegas, 2014

Page 2: Díaz castro. letras galegas 2014

Os Vilares, Guitiriz. 1914-1979

Page 3: Díaz castro. letras galegas 2014

Dende neno tiven contacto directo cunha natureza chea de vida, de seres vivos, de cores vivas. Mergullado nun mundo de paz e silencio ininterrumpido e animado pola música das augas, dos ventos, das aves, dos cantares viriles dos labregos. (…) Esta foi a raíz da miña inspiración e da miña vocación poética.

Page 4: Díaz castro. letras galegas 2014

Foi aos oito ou dez anos… Na escola primaria. Daquela empecei a fiar os meus primeiros versos. Eran poemas malos, en castelán, xermolos dos que virían despois. A verdade é que eran cousas que non podían ser gardadas.

Page 5: Díaz castro. letras galegas 2014

Ata os trece anos, podo dicir que non empecei a escribir de verdade. Acórdome dunha vez que fun á praia de Sada. Levei un papel de estraza e alí, mirando ao mar, escribín un soneto. Tería catorce anos.

Page 6: Díaz castro. letras galegas 2014

Na miña familia había unha tradición, xa anterga, de curas… E unha grande relixiosidade. Eu non sabia se había ou non había vocación, pero deixeime arrastrar polos cariños familiares. Foi máis tarde, ben máis tarde, cando me din conta de que aquel non era o meu camiño. (…) Pero alí (no Seminario de Mondoñedo) foi onde me perfeccionei eu, aprendín a escribir, aprendín a escribir en verso.

Page 7: Díaz castro. letras galegas 2014

A miña cultura orixinal é galega, pero despois tiven unha cultura sobreposta, a castelá. Empecei a escribir en castelán porque daquela era o que estaba de moda. O exemplo de Aquilino Iglesia Alvariño foi o que máis me influiu na elección da lingua galega para escribir poesía, o que me determinou a escribir e publicar en galego.

Page 8: Díaz castro. letras galegas 2014

A primeira poesía publicada por Díaz Castro nunha revista católica foi ¡Toma mi corazón!. A partir de aí publicou poemas en galego e castelán espallados por diversos medios impresos. Pero houbo dous poemarios, que redactara durante a súa estancia no Seminario de Mondoñedo, que nunca viron a luz, Follas verdes e Follas ao aire.

Page 9: Díaz castro. letras galegas 2014

Despois virían os anos no exército e, aínda que se prestou voluntario para ir á primeira liña de combate, non participou na guerra do 36, pois os franquistas déronlle un posto de enfermeiro no Hospital de Pontevedra.Aí escribiu o soneto ¡A la bandera española! e un longo poema en galego titulado No combate.

Page 10: Díaz castro. letras galegas 2014

Ao seu regreso xa non permaneceu no seminario máis ca uns meses. En 1940 incorporouse ao equipo de profesores do León XIII, colexio privado de Vilagarcía de Arousa. Combinou as súas clases coa aprendizaxe de idiomas, que acabarían por convertilo, co tempo, nun dos mellores tradutores españois.

Page 11: Díaz castro. letras galegas 2014

En 1946 déixase convencer para presentarse ao certame poético de Betanzos, cun poema en español, Cántico de la ciudad, e outro en galego, Nacida dun soño. Gañou nas dúas categorías. A partir de entón comeza as colaboracións poéticas na prensa.

Page 12: Díaz castro. letras galegas 2014

En 1948, Díaz Castro chega a Madrid para tomar posesión como tradutor no Ministerio da Gobernación, ás ordes dun coronel do Servizo de Intelixencia. O seu bo facer neste posto levarao a formar parte do Instituto de Cultura Hispánica e entregarase completamente ao seu labor traducindo todo tipo de textos para o español. Non regresará, máis que esporadicamente, a Galiza até 1983, xa xubilado.

Page 13: Díaz castro. letras galegas 2014

No medio da súa xeira madrileña, casará e publicará a súa única obra, Nimbos. Foi Fernández del Riego quen lle pediu un poemario para a colección poética que viña de abrirse con Os eidos, de Novoneyra. En 1961, Díaz Castro cumprirá co pedido.

Page 14: Díaz castro. letras galegas 2014

Tras o seu regreso a Guitiriz, en 1983, volverá a espallar as súas publicacións por varias revistas e entrará en contacto con toda a intelectualidade da Galiza dos oitenta.

Page 15: Díaz castro. letras galegas 2014
Page 16: Díaz castro. letras galegas 2014

A obra poética galega editada por Díaz Castro e non reunida en Nimbos ficou espallada en revistas e xornais.Unha grande parte da súa escrita xerouna noutras linguas, nomeadamente en castelán.

Page 17: Díaz castro. letras galegas 2014

Único poemario de Díaz Castro, que foi publicado en 1961. O poeta, adscrito por Méndez Ferrín á Xeración do 36, por ver interrompido o seu labor coa guerra civil, diferénciase de todos os poetas da súa xeración no seu distanciamento de calquera das posicións dos intelectuais de esquerdas da época, do nacionalismo ou mesmo do galeguismo.

Page 18: Díaz castro. letras galegas 2014

Díaz Castro non se encadra en ningunha das correntes dos coetáneos cos que máis se relacionou, nin no neotrobadorismo de Cunqueiro, nin no intimismo de Pimentel, nin no clasicismo de Carvalho Calero, nin sequera no paisaxismo de Novoneyra e, desde logo, está moi lonxe da poesía social de Celso Emilio ou de Manuel María. A súa tendencia ruralista, na liña de Crecente Vega, desde o paisaxismo herdado do séc. XIX por Noriega Varela, é só compartida co seu mentor, A. Iglesia Alvariño.

Page 19: Díaz castro. letras galegas 2014

Nimbos está conformado por 32 composicións, estruturadas en 7 partes: Pórtico, Noite, Lus, Espranza, Milagre, Soño e Ferida.Trata diversos temas (o amor, o recordo, a ausencia, a esperanza) pero destaca especialmente a figura da muller, que aparece de múltiples formas ao longo do poemario (nai, amante, esposa, viúva… forza instintiva, símbolo da Terra).

Page 20: Díaz castro. letras galegas 2014

Na liña dos místicos españois e do simbolismo bíblico, a obra xira en torno a catro eixos temáticos:• A reflexión sobre a propia creación poética• A contraposición Luz (Deus, pasado, infancia, memoria) / Sombra (Mundo, Ser Humano)• A relación entre o Tempo (dos ciclos da natureza) e a Historia (bíblica, clásica, celta e a historia contemporánea de Galiza)• Galicia como nai (cadro costumista, descanso do poeta e patria asoballada)

Page 21: Díaz castro. letras galegas 2014

Os tópicos literarios clásicos sulcan o poemario, desde a captatio benevolentiae até o ubi sunt? pasando polo locus amoenus ou o tempus fugit.Tamén aparecen dous lugares comús máis contemporáneos: o concepto da vida como navegación e a concepción do mundo ao revés.Todos eles póñense ao servizo da concepción tráxica da vida que alenta na obra e da temática relixiosa, omnipresente en Díaz Castro e tan pouco habitual na nosa Literatura.

Page 22: Díaz castro. letras galegas 2014

O símil e a metáfora son os recursos preferidos por Díaz Castro e a eles súmase a abundante simboloxía que percorre a obra.

• O anxo, mensaxeiro de Deus, que cumpre a súa vontade na Terra.• A árbore, ser de dous mundos (sombra e luz), símbolo da vida humana.

O símil e a metáfora son os recursos preferidos por Díaz Castro e a eles súmase a abundan simboloxía que percorre a obra.

• O anxo, mensaxeiro de Deus, que cumpre a súa vontade na Terra.• A árbore, ser de dous mundos (sombra e luz), símbolo da vida humana.

Page 23: Díaz castro. letras galegas 2014

PÓRTICO.Entrada ao espazo poético.Captatio benevolentia

Coma ventos fuxidos

Estes non son poemas, nin cimentosde poemas siquera. Son fragmentosde min mesmo perdidos,coma ventos fuxidos,por antigos camiños esquencidos:¡Díaz Castro perdido no traxeitodun recordo moi longo, recolleitopor un anxo e salvadonalgún intre de amor desesperado!

Page 24: Díaz castro. letras galegas 2014

NOITE.Desilusión do poeta polo mundoSic transit gloria mundi

Borrallo

¡Ave, césar, ei!Ti fas e desfás:non hai copa nin reinovedados para ti,

¡por quen choran tóda-las estrelas xasobre a cinza horribledo que ardeu sen lus!

Page 25: Díaz castro. letras galegas 2014

ESPRANZA.A confianza na chegada de mellores tempos.

Terra sucada

¡Terra sucada, poemade cen versos, na outonía!Orballa na cal, no escuro camiño de tantas vidas…

Ferve o grau, pulo enterradoda espranza, nena dormida.¡Terra do ceo arrincada!Chora a terra desterrada,terra arada, nai perdida!

Page 26: Díaz castro. letras galegas 2014

MILAGRE.A nova vida que trae a primavera mostra as cousas boas do Mundo.

Cova alumada

¡Cruel, cruel, cruelrealidade! ¡Ai laiosobre o escombro dun soñoque non se erguerá máis!

Para aló do mundo, un solsen noite nin historiabusca a ruina esquencidae énchea toda de gloria.

Page 27: Díaz castro. letras galegas 2014

SOÑO.Na liña da tradición mística hispánica.

Coma un río

Coma un río quixera eu ser: cantarcon estrelas no lombo cara ó mardeixando unha chorima en cada pedra,eunha bágoa de Deus en cada herba.

(…)

Page 28: Díaz castro. letras galegas 2014

FERIDA.O poeta reafírmase no seu labor como creador de palabras.

Coma unha insua

¡Pro veu a noite derrubando todo!E eu, sedento dunha áncora ou baía,Dinme a buscar teus cen perdidos nomesPara te chamar, ¡0uh nai, ouh insua miña!

Page 29: Díaz castro. letras galegas 2014

Un paso adiante i outro atrás, Galiza,i a tea dos teus sonos non se move.A espranza nos teus ollos se esperguiza.Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanosche estrolla o sono mol como unha uva;pro tí envólveste en sabas de mil anosi en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún díaa xente que levaron: Deus é o mesmo.Suco vai, suco vén, Xesús-María!,e toda cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sonoo tempo vai de Parga a Pastoriza.Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.Un paso adiante i outro atrás, Galiza!

Page 30: Díaz castro. letras galegas 2014

Debuxo de Carmela Castro (1º Bacharelato, IES Félix Muriel, Rianxo)

Page 31: Díaz castro. letras galegas 2014

FONTES BIBLIOGRÁFICAS