15
99 Paul Hadol. Europa en 1870. En: www.inkup.uni-passau.de/galerie_landkarte.htm Colecci ón docum ental. Capítulo VI 1º de Bacharelato. Europa a finais do século XIX. (1870-1914) As características xerais do Estado liberal. Innovacións e conservadurismo. A. Carácterísticas políticas de Europa a finais do século XIX. “A estructura política de Europa quedara establecida polo Congreso de Viena, polas guerras das décadas centrais do século e polo Congreso de Berlín. Os estados que a constituíron poden ser calsificados de varias maneiras. Unha moi corriente b aséase na distinc ión entre as grandes potencias e o resto. Outra diferencia gobernos constitucionais e autocracias. Pero queda moito que dicir encol dunha clasificación cronolóxica entre estados europeos que existían xa en 1815 e estados que empezaron a existir máis tarde. Tal división en “vellos” e “novos” estados é unha postura moi útil para empezar, a causa de que non é meramente cronolóxica; tamén atrae a atención cara a gran diferencia existen te entre a Europa de Bismarck e a de Metternich. Os novos estados foron todos organizados baixo o principio da nacionalidade. Chegou a ser xeralmente aceptado, en 1880, que o estado era a expresión política da nación. En Europa, naturalmente, había aínda moitas nacións que non tiñan ningún estado para expresar, e menos aínda para garantir, a súa existencia política; os polacos constituían un exemplo notorio. Había tamén dúas grandes monarquías, Austria-Hungría e o Imperio Otomano, as que, sexan cales fosen as c oncesións q ue se viran obrigadas a facer na práctica á nacionalidade, non podían aceptar a identidade de est ado e nación. Rusi a, no outro lado, aceptaba o principio, aínda que denegando a súa aplicación ós seus propios pobos sometidos. Sin embargo, a pesar de tales especificacións, Europa estaba especialmente organizada, en 1880, como unha agrupación de estados nacionais... Tales estados representaban unha maioría dos vinte queconstituían entón a Europa política. Repartíanse entre eles arredor dun catorceavo da superficie de terra do globo (se exc luímos a Rusia as iática. Non todos gozaban de plena soberanía, nin posuían unha estructura moi unida e coherente. Pero todos eles contaban como pezas no taboeiro diplomático e gozaban dalgún tipo de autogoberno; é conveniente mirálos neste aspecto como entidades comparables.” (ROBE RTS, J.M.: Europa desde 1880 hasta 1945. Ed. Aguilar. Col. Cultura e Historia. Madrid, 1980. Paxs. 19-21) B. O escenario europeo en 1870 con interpretación satírica

ColeccióN 6

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Colección de documentos referida á situación política en Europa a finais do século XIX. Apreciando a evolución do Estado liberal nos distintos países e a pervivencia do Antigo Réxime en Europa Oriental.

Citation preview

Page 1: ColeccióN 6

99

Paul Hadol. Europa en 1870. En: www.inkup.uni-passau.de/galerie_landkarte.htm

Colección documental. Capítulo VI 1º de Bacharelato.

Europa a finais do século XIX. (1870-1914)

As características xerais do Estado liberal. Innovacións e conservadurismo.

A. Carácterísticas políticas de Europa a finais do século XIX.

“A estructura política de Europa quedara establecida polo Congreso de Viena, polas guerras das

décadas centrais do século e polo Congreso de Berlín. Os estados que a constituíron poden ser calsificados

de varias maneiras. Unha moi corriente baséase na distinc ión entre as grandes potencias e o resto. Outra

diferencia gobernos constitucionais e autocracias. Pero queda moito que dicir encol dunha clasificación

cronolóxica entre estados europeos que existían xa en 1815 e estados que empezaron a existir máis tarde. Tal

división en “vellos” e “novos” estados é unha postura moi útil para empezar, a causa de que non é meramente

cronolóxica; tamén atrae a atención cara a gran diferencia existente entre a Europa de Bismarck e a de

Metternich. Os novos estados foron todos organizados baixo o principio da nacionalidade. Chegou a ser

xeralmente aceptado, en 1880, que o estado era a expresión política da nación. En Europa, naturalmente, había

aínda moitas nacións que non tiñan ningún estado para expresar, e menos aínda para garantir, a súa existencia

política; os polacos constituían un exemplo notorio. Había tamén dúas grandes monarquías, Austria-Hungría

e o Imperio Otomano, as que, sexan cales fosen as concesións que se viran obrigadas a facer na práctica á

nacionalidade, non podían aceptar a identidade de estado e nación. Rusia, no outro lado, aceptaba o principio,

aínda que denegando a súa aplicación ós seus propios pobos sometidos. Sin embargo, a pesar de tales

especificacións, Europa estaba especialmente organizada, en 1880, como unha agrupación de estados

nacionais...

Tales estados representaban unha maioría dos vinte queconstituían entón a Europa política.

Repartíanse entre eles arredor dun catorceavo da superficie de terra do globo (se excluímos a Rusia as iática.

Non todos gozaban de plena soberanía, nin posuían unha estructura moi unida e coherente. Pero todos eles

contaban como pezas no taboeiro diplomático e gozaban dalgún tipo de autogoberno; é conveniente mirálos

neste aspecto como entidades comparables.”

(ROBE RTS, J.M.: Europa desde 1880 hasta 1945. Ed. Aguilar. Col. Cultura e Historia. Madrid, 1980. Paxs. 19-21)

B. O escenario europeo en 1870 con interpretación satírica

Page 2: ColeccióN 6

100

C. A monarquía constitucional representativa.

“(desde 1870) Os postulados da democracia do círculo cultural euroamericano foron, en esencia, os

dous seguintes: manifestación da soberanía nacional mediante eleccións realizadas por sufraxio universal, igual,

directo e secreto; representación desta soberanía nun Parlamento, que determinará a impulsión gubernamental

do país. Ó mesmo tempo, aplicación xeral dos principios liberais e igualitarios, sin distinción de nacemento ou

de fortuna. Esta orde política implicaba unha transformación profunda nos réximes tradicionais de goberno;

non só a monarquía quedaba relegada a un plano decorativo, xa que o seu único papel era o de “moderar” a loita

política entre o Parlamento e o ministerio, senón que este mesmo pasaba a mans inexpertas, non vinvuladas á

xerencia dos asuntos públicos por unha tradición de xeneracións ou unha vida consagrada ó servicio do Estado.

Só a política exterior das nacións quedou reservada a grupos reducidos de especialistas. A inestabilidade

gubernamental foi a característica máis evidente do réxime democrático. As veleidades da opinión pública,

a loita parlamentaria e as apetencias inmoderadas de poder produciron esta consecuencia en todos os países

onde a evolución democrática non era, como na Gran Bretaña e os Estados Unidos, producto dunha longa

evolución histórica da nación.”

(VICEN S VIVE S, J.: Historia General Moderna.. Ed. Muntaner y Simon, SA. Barcelona, 1976. T. II. Paxs. 452-453)

D. Os partidos políticos.

“...Aínda que a denominación “partido” é moi anterior, durante toda a primeira metade do s. XIX non

existen en Europa (Duverger) partidos políticos stricto sensu: organizacións configuradas como tales, cunha

xerarquía interna e unha articulación xeográfica, constituídas por adhesión formal, para a realización dun

programa de goberno preciso.

É durante esa primeira metade cando tal institución se configura nos Estados Unidos, de onde pasa

ó Reino Unido (artellando as tendencias tradicionais, whig e tory ante todo e ó continente.

Aínda que en ningún caso responda este feito a unha prescripción de tipo legal, na práctica entre 1870

e 1914 tende a xeneralizarse o bipartidismo británico no se refire ó exercicio do poder, atribuído en principio

ó grupo que demostra maior peso en cada circunstancia, expresado nas eleccións.

Así, do mesmo xeito que liberais e conservadores alternan no poder no Reino Unido, fano en España

grupos de igual denominación; conservadores e agrarios primeiro, despois agrarios e socialdemócratas en

Dinamarca; liberais e católicos nos Países Baixos e en Bélxica, liberais unitarios e federais en Austria,

conservadores e liberais demócratas en Italia...”

(ANDR ÉS-GALL EGO, J.: Historia del mundo contem poráneo. Ed. Librería General. Zaragoza, 1978. Pax. 315)

E. Crecemento do papel do Estado.

“Vexamos, en primeiro lugar, a estructura dos gobernos. O número de ministerios multiplicouse por

tres, catro ou dez...

O crecemento do número de funcionarios é aínda máis notable. En Estados Unidos, os axentes do

goberno, un centenar a principios do século XIX, sobrepasan amplamente o millón. En Francia, os funcionarios

que non eran máis que varias decenas de millares na época en que Balzac escribía os seus “Employés”,

aprixímanse ós dous millóns. En todos os países se rexistra un aumentomoi parecido.

En canto ó volume do orzamento púb lico, o seu aumento deixa moi atrás ós coeficientes

multiplicadores de persoal. A proporción que ocupa na renda nacional non ten comparación coa dun século atrás.

Por outra banda a concepción que preside o establecementoe a utilización do orzamento cambiou por completo:

antigamente só se trataba de asegurar o funcionamento dos servicios públicos. De agora en adiante de correxir

as desigualdades sociais, regular intercambios, estimular actividades. Transfórmase en instrumento dunha

política social e económica.

(REM OND , R. : Intr oducc ión a la h istoria de nue stro t iemp o. 2 el sig lo XIX . 1815-19 14). Ed. Vicens-Vives, col. Vicens bolsillo,

nº 13. Barcelona. 1983. Paxs. 95-96)

F. A intervención do Estado na economía.

“A proposta do Xefe do Goberno, Presidente do Directorio Militar, e dacordo con este,

Veño en decretar o seguinte:

Artículo 1º. Estabrécese na Presidencia do Goberno un Consello de Economía Nac ional que reunirá

Page 3: ColeccióN 6

101

todas as funcións referentes a formación dos Aranceis de aduanas, defensa da producción e xestión e

negociación dos covenios comerciais, que se atopan actualmente repartidas nos distintos Departamentos

ministeriais...

Artículo 2º. . ..Estará encargado de estudiar os problemas da producción e do consumo nacionais, aos

efectos de fixar as tarifas de aduanas e as nosas relacións con outros países, adaptándose ás realidades da

economía española, e velando ó mesmo tempo polas mellores condicións da producción...”

(Real Decreto polo que se crea o Consello de Economía Naciona. Gaceta. Madrid, 14 de marzo de 1924)

G. A aplicación de medidas proteccionistas.

“O despertar do credo proteccionista depende sobre todo de causas económicas; un dos aspectos

principais do protecionismo europeo é a súa fundamentación agrícola. A agricultura, según Méline non dixa de

repetir, preséntase como un elemento esencial da defensa nacional, en relación co espírito

nacionalista e a perspectiva dun conflicto armado; ela proporciona “a maior parte, e a máis resistente, dos

exercitos”. Nun estado de agricultura florecente, todo florece, declaraba xa un orador do Segundo Imperio.

Pero a producción da agricultura de Europa Central e Occidental resultaba costosa. No último tercio

do século XIX aumenta a importación de productos agrícolas procedente do leste de Europa, e sobre todo de

ultramar, onde novos países se entregan ás exportacións; os artículos aflúen en enormes cantidades cara o

vello continente, grazas ó progreso do cultivo en países que ata entón deixainmensos territorios baldíos.

As distancias da antiguidade eran murallas máis poderosas que os dereitos de aduanas; o flete

disminuíu e todos os mercados están ó alcance de Europa...O perfeccionamento e a aceleración dos transportes

permiten que se desencadee unha séria competencia. Así, mentras os medios de transporte, cada vez máis

rápidos e menos costosos, aproximan Europa ós países xóvenes, os beneficiós do réxime de libertade

económica vólvense en contra...

...Os cereais do Novo Mundo inundan o mercado europeo. A crise industrial de 1873 a 1875, ó acentuar

en Estados Unidos a volta ó cultivo, incrementa a invasión dos seus productos agrícolas nunha Europa cúia

agricultura necesita unha protección eficaz. Os prezos agrícolas derrúbanse. En 1885, en fRanc ia, o prezo do

trigo descende a 16,5 francos o quintal desde máis de 22 francos que costaba en 1881. A lei de 28 de marzo

de 1885 cambia o dereito de 0,60 francos por quintal, de 1861, por outro de 3 francos, despois dun debate no

que Frederich Passy, apostol do liberalismo económico, declara: “O provir económico de Francia dependerá do

resultado deste debate”. A lei do 29 de marzo de 1887 eleva o dereito a 5 francos...”

(ARM EST O, J.: C rónica . Textos y docume ntos de historia contemporánea. Ed. Vicens-Vives. Barcelona, 1987. Paxs.122-123)

A Inglaterra Victoriana. Democracia e bipartidismo.

H) A ampliación do sufraxio.

“Na súa última sesión, o Parlamento procedeu á lectura dun proxecto de lei titulado: Proxecto de lei para

extender o derito de voto nas eleccións dos membros do Parlamento en Inglaterra e no País de Gales. É a nosa

opinión:

1. O número de electores polos condados e as cidades de Inglaterra e País de Gales debe ser aumentado.

2. A mellor maneira de efectuar este aumento é mediante a reducción da riqueza esixida para poder

exerceer o dereito de voto e a determinación doutras condicións para poder exercer o voto diferentes

a anteriormente dita.

3. Mentras que é desexable outorgar unha representación máis directa á crase obreira, é contrario á

Constitución do reino outorgar a unha crase ou a un grupo determinado un poder predominante sobre o

resto da sociedade (...).

6. É conveniente revisar a actual distribución de escanos (...).

9. É preciso que o poder comence actuacións para a prevención (...) Da corrupción en materia electoral”.

(Artículo aparecido no periódico Morning Herald. Febreiro de 1867)

I. Os números do electorado británico no século XIX.

Page 4: ColeccióN 6

102

Electorado británico no s. XIX en función das Reformas Electorais

Anos: Electores: Poboación en millóns: Reformas electorais:

1831 478.000 24.000.0001832: Primeira Reform Act.

1832 813.000 -

1865 1.430.000 30.000.0001867: Segunda Reform Act.

1868 2.500.000 -

1883 3.000.000 35.000.0001884-85: Terceira Reform Act.

1885 6.000.000 36.000.000

1900 6.330.000 - 1918: Representation of the people

Act. Sufraxio universal masculino e

voto para as mulleres de máis de 30

anos.

1914 12.300.000 41.000.000

1921 38.000.000 44.000.000

1927 43.000.000 47.000.000 1928: Equal franchise Act. Sufraxio

universal feminino a partir dos 21 anos.1931 49.400.000 51.000.000

J. A situación das forzas políticas.

“A Inglaterra, que, se ben é o país clásico da liberdade constitucional, é ó mesmo tempo aquel onde as

institucións e achan máis aseguradas e donde os intereses aristocráticos se conservan máis fortemente

constituídos, estaba en situación que non debía deixar ningunha esperanza á política reaccionaria dos gabinetes

do continente, pois os adiantos feitos pola opinión do país e a modificación que experimentaron os seus

partidos políticos duns anos a esta parte, privaron de apoio e de influencia ós que puideran crer que o pobo

ingles volvería deixarse arrastrar a coalicións contrarias á liberdade dos pobos do continente e prodigar os

seus tesouros para soster a causa dos monarcas absolutos.

Estas alteracións na política e nos sentimentos do pobo inglés son evidentes e palpables. Á época da

primeira Revolución Francesa, dous partidos se dividían exclusivamente o poder e a influencia en Gran Bretaña.

Os tories e os whigs, aínda que de principios opostos, eran dous partidos aristocráticos e que se reuniron

facilmente para combater a democracia francesa. Hoxendía aqueles partidos modificáronse. O partido whig,

seguindo as súas naturais tendencias, liberouse ata o extremo de formar a parte moderada do partido radical,

partido que de imperceptible que era medrou en importancia e en número, e compoón hoxe máis da terceira

parte da Cámara electiva. O partido Tory , fraccionado, dividido, aleccionado pola experiencia e aspirando ante

todo a non facerse imposible para o goberno, abandonou as súas preocupacións, e máis ben compite cos whigs

para captar o favor do pobo que resiste e trata de chocar coas esixencias deste. O partido tory é actualmente

un partido liberal, progresivo e disposto a realizar por sí mesmo as reformas e os adiantos en vez de

combatelos e retardalos.”

(ARM EST O, J. Crónica. Textos y documentos de historia contemporánea. Ed. Vicens-Vives. Barcelona, 1987. Pax.73)

K. A victoria do librecambismo.

“As reformas de 1846 acaban cos dereitos sobre a importación de cereais e diminúen ou suprimen ós

que gravan aos productos manufacturados de importación.

Numerosos dereitos son abolidos; redúcense á metade para os tecidos de luxo e anúlanse para os

productos téxtiles de calidade inferior. En canto ós productos agrícolas de importación, o trigo, o queixo, o

lúpulo, etc., pagan a metade, e a maioría dos artículos alimenticios quedan exentos. Entre os cereais, o millo

queda libre de dereitos, e o trigo, a avena, a cebada e o centeo experimentan fortes reduccións ata

desaparecer en 1849. Só se percibirá un dereito de estatística...

(ARM EST O, J.: Crónic a. Text os y doc ume ntos d e hist oria co ntem porá nea. Ed. Vicens-Vives. Barcelona. 1987. Pax. 74)

Page 5: ColeccióN 6

103

Manifestación no Ulster en 1912.

FONTE:www .artehistoria.com/frames.htm?http://www.artehistoria.com/historia/contextos/2713.htm

L. O problema irlandés.

“A nosa reivindicación da autonomía fundaméntase, conciudadanos, no fracaso, en Irlanda, do goberno

británico nos últimos cen anos. Mirade o índice de poboación. Mentras que en cada un dos países civilizados

de Europa, a poboación aumenttou, en Irlanda disminuíu á metade nos últimos sesenta anos. Mirade os deritos

humanos. Dende a instauración da unión , cada ano decretouse un estado de excepción. Hoxendía está vixente

unha lei que permite ó lugarteniente a suspensión da xunta de maxistrados, a liberdade individual, a liberdade

de expresión, e o dereito de reunión en todo o país (...). Mirade o índice de prosperidade de Irlanda. É a

historia das fames recurrentes. Mirade o índice de desenvolvemento industrial. Unha historia de industrias

deliberadamente destruídas polas leis do Parlamento británico. Un pasado como este chama abertamente á

vinganza ...”

(Discurso do lider autonomista irlandés John Redmon en Dublín, 1907)

M. O nacionalismo irlandés en imaxes.

Page 6: ColeccióN 6

104

Ret rato da Ra iña Vict oria. Fonte: htm.rincondelvago.com

N. A raiña Victoria protagonista da etapa

A Alemaña de Bismarck. Un sistema federal sometido a Prusia.

O. O concepto de “panxermanismo”

“A nosa convicción é que o Imperio Alemán actual, comprimido entre as potencias do Este e as do Oeste,

está obrigado, para subsistir a extenderse (...). A ventaxa da nosa s ituación increméntase polo feito de que,

como Rusia e os Estados Unidos, as rexións onde nós podemos expansionarnos son contígua ó noso territorio

e teñen sólidos vículos coa madre patria (...).

Non é certo que haxa s itio para todos neste mundo, pero si que o hai para algúns grandes Estados, ós

que, evidentemente, os pequenos deberán someterse. O imperialismo alemán significará, pois, a elevac ión do

Imperio Alemán ó rango de potencia mundial (...).”

(HASS E, E.: Imperialismo y politica colonial, 1906)

P. O autoritarismo político.

“En canto se adoptan criterios, Os antagonismos agudízanse. Tan só o rei e todo o que deriva da súa

personalidade e da súa concepción politica permanecen neutrais. Creo que esta postura (suxeción dos diversos

partidos e supremacía da Coroa) é a que ten que prevalecer no goberno de Prusia. Pode ser preciso adherirse,

segundo as circunstancias, a un ou a outro partido, de conformidade coas ideas da Súa Maxestade ou do

Goberno”.

(Discurso pronunciado por Bismarck ante o Landtag de Prusia. Xaneiro de 1873)

Q. O rexeitamento dos partidos políticos

“Os partidos sónme completamente indiferentes (...). O meu obxectivo é o afianzamento da seguridade

nacional; xa terá tempo a nación de organizarse no interior, cando a súa unidade e a súa seguridade sexan

completamente garantidas ante as ameazas exteriores. Para acadar este obxectivo pola vía parlamentaria, o

Page 7: ColeccióN 6

105

partido liberal-nacional é (...) O máis idóneo (...). Pouco importa que no interior nos organicemos dunha maneira

máis ou menos liberal ou conservadora (...). Iso non poderá examinarse de xeito serio ata que non esteamos

a regardo das inxurias do tempo (...).”

(BISMA RCK, O.: Pensa mien tos y r ecue rdos, 1899)

R. O funcionamento do sistema politico

S. A politica exterior de Bismarck.

“A ventaxa que supón para a politica alemá a súa liberdadede acción cara as cuestións relacionadas

directamente co Oriente, ten unha perxudicial contrapartida na situación central do Imperio, sumamente

exposta, e cúios frentes defensivos se extenden e ramifican por todos os lados. (...). O noso interés obríganos

a manter a paz, mentras os nosos veciños do continente, sin excepción algunha, alentan desexos segredos ou

confesados que só unha guerra pode satisfacer. (...)Determiñemos, pois, a nosa actuación politica segundo isto;

noutras palabras, esforcémonos todo o que poidamos para impedir ou, polo menos, para limitar a guerra. (...)

Debemos intentar atenuar o descontento provocado polo feito de que nos convertemos nunha gran potencia,

facendo sentir ó mundo o peso destas forzas, lealmente e cun espírito pacífico ben entendido. Debemos

convencelo deste xeito de que unha hexemonía alemá en Europa é máis útil, máis desinteresada e menos

perxudicial para a liberdade allea que unha hexemonía francesa, rusa ou inglesa.”

(O testamento político de Bismarck no Imperio alemán 1871-1918. Vicens Vives)

Page 8: ColeccióN 6

106

Gillerme II. 1859-1941 Otto Von Bismarck no Reichstag en 1888

T. Os líderes alemáns

A III República francesa (1870-1914) Unha república solitaria na Europa da época.

U. A base constitucional da III República.

A. Artículo 1. O poder lexislativo será exercido por dúas Asambleas: A Cámara de Diputados e o Senado.

A Cámara de Diputados será elexida por sufraxio universal, nas condicións determinadas pola lei electoral. A

composición, forma de nomeamento e atribucións do Senado regularanse por medio dunha lei especial.

Artículo 2. O Presidente da República será elixido, por maioría absoluta de sufraxios, polo Senado e pola

Cámara de Diputados reunidos en Asamblea Nacional. O seu nomeamento durará sete anos e poderá ser

reelixido.

Artículo 3. O Presidente da República terá a iniciativa das leis, en concurrencia cos membros de abalas

dúas Cámaras, e vixiará e asegurará a execución das mesmas. Terá o dereito de gracia, pero as amnistías só

serán concedidas por lei. Mandará sobre a forza armada. Nomeará todos os empregos, civiles e militares... Cada

un dos actos do Presidente deberá ser refrendado por un ministro...

Artículo 5. O Presidente da República, previa conformidade do Senado, poderá disolver a Cámara de

Diputados antes da expirac ión legal do seu mandato. Neste caso, os colexios electorais serán convocados para

novas eleccións no prazo de tres meses.

Artículo 6. Os ministros son solidariamente responsables ante as Cámaras da política xeral do goberno,

e individualmente dos seus actos persoais . O Presidente da República só é responsable encaso de alta

traición...

Artículo 8. As Cámaras terán dereito a declarar, ben espontaneamente, ben mediante petición do

Presidente da República, que hai lugar para a revisión das leis constitucionais. A tal obxecto, as Cámaras

deliberarán separadamente, resolvendo cada unha delas por maioría absoluta de votos. Unha vez que cada unha

das dúas Cámaras teña adoptado tal resolución reuniránse ambalas dúas en Asamblea Nacional para proceder

Page 9: ColeccióN 6

107

“E, sobretodo, non falemos do affaire Dreiffus”

á revisión. As deliberacións que comporten revisión, total ou parcial, das leis constitucionais, requerirán para

a súa aprobación o voto da maioría absoluta dos membros que integra a Asamblea Nacional.

Esta revis ión non poderá ter lugar senón a proposta do Presidente da República en tanto que esteñan en

vigor os poderes conferidos pola lei do 20 de novembro de 1873 ó señor mariscal de Mac Mahon.”

(LEI CONSTITUCIONAL FRANCESA sobre “A organización dos poderes públicos”, 25 de febreiro de 1875)

V. A reforma educativa da república moderada.

“Esforzarse para progresar: esta é a lei da escola porque ésta é a lei da vida; os homes están sometidos

a ela tanto como os nenos. (...)

Neno, soña con isto: non se traballa para un mesmo neste mundo, trabállase tamén para os demáis. Os

nenos, sin pensalo, traballan polo seu país. Os bos alumnos serán os bos cidadáns. Se utilizades correctamente

os vosos anos de xuventude, se aproveitades con seriedade todos os medios de instrucción que a república

ofrece a todos os seus pequenos poderedes devolverlle un día á patria o que ela fai hoxe por vos. Francia

precisa traballadores e xente de ben; vos serédelo se vos preparades para iste dende agora mesmo”.

(Cade rno de debe res m ensua is, segundo unha circular ministerial de 1887)

W. O “affaire Dreyfus”.

“...Acuso ó xeneral Mercier de ser cómplice, polo menos por debilidade de espirito, dunha das maís

grandes iniquidades do século.

Acuso ó xeneral Billot, de que tuvo entre as súas mans probas certas da inocencia de Dreyfus e telas

agochado, tendose convertido en culpable deste crime de lesa humanidade e xustiza, por razóns políticas e

para salvar ó Estado Maior comprometido...

Acuso ó xeneral Boideffre e ó xeneral Bouse de ser cómplices do mesmo crime, un sen dúbida por pasión

clerical, o outro quizais por este espirito de corpo que converte so despachos do Ministerio de Guerra nunha

arca santa, inatacable.

... Acuso ós despachos do Ministerio da Guerra, de ter comenzado na prensa, sobre todo en “L ’ eclair”

e “L’ echo de París”, unha campaña abominable para confundir a opinión pública e cubrir a súa falla.

Acuso en fin ó primeiro Consello de guerra, de ter violado o dereito condenando a un acusado a partir

dun documento que permaneceu en segredo, e acuso ó segundo Consello de guerra de ter silenciado esta

ilegalidade, por disciplina, cometendo, á súa vez, o crime xurídico de non absolver a sabendas a un culpable.

Ó realizar estas acusación, non ignoro que o artículo 30 e 31 da lei de Prensa de 29 de xullo de 1881, que

castiga delitos de difamación, me poden ser aplicados. Asumo o risco voluntariamente.”

(ZOLA , E.: J’ acuse.)

X. O “affaire Dreyfus” na sátira periodística.

Page 10: ColeccióN 6

108

“...Falaron.”

Y. A vocación imperialista da república.

A primeira forma de colonización é aquela que ofrece un lugar onde vivir, e traballo ó excedente de

poboación dos países pobres ou dos que teñen un continxente humano excepcional.

Pero hai outra forma de colonización que afecta ós pobos que contan con excedente de capitais ou de

productos. Esta é a forma moderna. As colonias constitúen para os países ricos unha inversión das máis

ventaxosas.

Afirmo que a politica colonial de Francia, que a politica de expansión colonial, a que nos impulsou a ir,

baixo o Imperio, a Saigón, á Cochinchina, a que nos conduce en Tunicia, a que nos levou a Madagascar, afirmo

que esta politica de expansión colonial está fundada nunha realidade sobre a que é preciso chamar por un

instante a vosa atención, a saber: que unha mariña como a nosa non pode navegar sobre a supeerficie dos mares

sin refuxios sólidos, defensas, centros de avituallamento.

As nacións, no noso tempo, non son grandes pola actividade que desenvolven nin polo brillo pacífico das

súas institucións.

É preciso que o noso país se poña a facer o mesmo que os demáis e, xa que a politica de expansión colonial

é o móvil xeral que importa no momento actual ás potenc ias europeas, hai que tomar partido no seu favor.

(FERR Y,J.: Discursos, en: Documents d’histoire vivante, dossier VI, ficha 31, Les Editions Sociales, París)

Z. O “affaire Dreyfus” nas imaxes.

Z.1. O boulangismo.

Page 11: ColeccióN 6

109

As nacionalidades en Austria-Hungría

“O fenómeno que temos chamado boulangismo pareceme un feito de xeración espontánea: xurde como

un raio, en pleno París, un día de festa militar; é unha inspiración do pobo congregado; os sabios de hoxe dirían:

unha autosuxestión da multitude: Este pobo é o de París, o máis inflamable... , o máis bobalicón de todos os

pobos. Non é moi difernte das masas crédulas que impuxeron, en pleno século XIX, as supercherías de

Lourdes...Non fai miragres pero crea heroes.

A intriga política veu despois. Os partidos explotaron un certo estado de ánimo da multitude; adicaronse

a desviar no seu proveito unha popularidade inesperada, agruparon baixo unha mesma fórmula as xenreiras e

as súas esperanzas... A revisión, a República nacional, o plebiscito, é o papel dos hábiles. ... O papel do pobo é

o cabalo negro, o penacho do mando, a lenda militar, o soldado soñado, esperado dende fai vinte anos, o mahdí.

Nos expoñemos a non entender nada... se esquecemos un só instante a “deminutio capitis” europea, que os

acontecementos de 1870 nos inflixiron.

Francia é unha nación prudente, pero non é un pobo resignado. Parece que da súa alma fixo dúas partes:

unha é o seu goberno ó que encargar ser prudente, e esta prudencia tradúcese nunha conducta sempre idéntica

e, pódese engadir, a única posible. .. É un partido cheo de discreción e de firmeza, de labor silenciosa e de longa

paciencia.

Pero, ó lado desta política positiva e necesaria que o sufraxio universal ratificou vinte veces, subsisten

nas profundidades da alma francesa poderosos instintos, penas e lembranzas, imperiosas esperanzas. A carón

do patriotismo racional e que sabe esperar, hai que contar co patriotismoimpaciente, o da xuventude e o das

masas, co patriotism irresponsable.”

(FERRY, J.: Artículo para a revista americana NORTH AMERICAN REVIEW. 1890

Os imperios multiétnicos do leste: Austria-Hungría. Tradición e conservadurismo.

Z. 2. As nacionalidades en Austria-Hungría.

Page 12: ColeccióN 6

110

Francisco José arrincando Bostnia ó Imperio Otomano. En: www.arteh istoria.com

Z . 3 .

As diferencias raciais e culturais.

As nacionalidades no Imperio Austrohúngaro. 1910

Nacionalidade: Poboación: % sob re o tota l: Relixión: Língua:

Alemáns 12.300.000 23,9 Protestante Alemán

Húngaros 10.400.000 20,2 Católicos, protesta. Húngaro

Checos 6.500.000 12,6 Católicos, protesta. Checo

Polacos 5.100.000 10 Católicos,ortodox. Polaco

Rutenos 4.100.000 7,9 Católicos Polaco

Rumanos 3.300.000 6,4 Ortodoxos, católic. Rumano, húngaro

Croatas 2.700.000 5,3 Católicos, Ortodox. Servo-croata

Eslovacos 1.900.000 3,8 Católicos, Protest. Eslovaco

Serbios 1.900.000 3,8Ortdox, musulm,

catolicosServo-croata

Eslovenos 1.300.000 2,6 Católicos Esloveno

Italianos 1.000.000 2 Católicos Italiano

Bosnios 600.000 1,2 Musulmáns, ortodo. Servo-croata

Z . 4 . A expansión polos

Balcáns.

Page 13: ColeccióN 6

111

Nicola s II, z ar de R usia Rasputín, figura de gran influencia na corte.

A Rusia dos Romanoff. Outro mosaico étnico.

Z. 5. Os problemas da agricultura rusa.

As tres quintas partes polo menos do territorio son incultivables, e o solo susceptible de cultivo non é

superios ós douscentos millóns de hectáreas. Si se calcula a poboación total en sesenta millóns de habitantes,

como a poboación rural significa aproximadamente os 5/6, esta última debe ser de cincuenta millóns de

habitantes, ou 25 persoas por 100 hectáreas de bó solo (...). A metade aproximadamente dos douscentos

millóns de hectáreas cultivables pertencen ás rexións máis orientais, onde a poboación non se eleva máis que

a dez habitantes por cen hectáreas de bó solo, a outra metade conta por consiguiente con corenta habitantes

rurais sobre a mesma superficie, como moitos dos nosos departamentos, e outras zonas teñen cincuenta ou

incluso cen habitantes. De aquí estabrécese unha distinción fundamental na economía rural entre as partes

menos poboadas do imperio e as máis poboadas.

Nas primeiras os 3/4 do solo cultivable permanecen sin traballar (...) Porque faltan brazos; nas segundas,

pola contra, os brazos sobran, e o solo, esgotado polo cultivo trienal, non rende máis que con escaseza. Por unha

banda abondan os animais domésticos, sobre todo cabalos e porcos , debido a inmensidade dos pastizais; pola

outra case non hai por falla de medios de alimentación; e así resulta que son precisamente as partes mellor

cultivadas as que posúen menos ganado (...).

A causa principal desta mala distribución do traballo é evidentemente a institución da servidume. Os

campesiños, atados á gleba, non puideron aumentar de número. Os pobos non poden libremente trasladarse dun

lugar a outro. Non hai en Rusia grndes fogares de prosperidade pública, nin centros comerciais (...). Se os

servos non estivesen atados á gleba (...) A poboación rural, abandonada a ela mesma, esparexeríase por

territorio moito máis dilatado. Gran número de traballadores terían recurrido a explotación forestal e teríanse

levantado estabrecementos industriais no medio das selvas impenetrables que cobren o norte de Rusia. As

cidades teríanse poboado e as fábricas prosperarían co traballo libre. (...)

A consecuencia a deducir destes feitos é que é preciso suprimir coa maiosr rapidez posible os dous males

do campo ruso: a servidume da gleba e a organización comunal. Resulta sen embargo que segundo as bases

propostas polo goberno para o proxecto de emancipación trataríase de conservar unha e a outra disfrazándoas;

ó mesmo tempo que a liberdade, os campesiños recibirían, segundo o proxecto, unha casa cos seus

complementos e un lote de terra, coa condición de pagar ó señor un rescate perpetuo, e a comuna sería

solidaria do pago deste rescate.

(LAVER GNE, Leo ncio de: De la abolic ión de los siervo s en R usia . “Revue de Deux Mondes”, 1859)

Z . 6. A m o

n a r q u í a z ar

i s ta dos R o

m anov.

Page 14: ColeccióN 6

112

Z. 7. A diversidade étnica de Rusia e os seus recursos naturales

Emblema imperial dos Romanov

Page 15: ColeccióN 6

113

Documentos fílmicos relacionados coa unidade temática.

1. Ludwig. Citada en unidades temáticas anteriores.

2. Sissí. Austria. 1955. Dir. E. Marischka. Xénero: melodrama romántico. Duración: 102 m.

3. Sissí, emperatríz. Austria. 1956. Dir. E. Marischka. Xénero: Melodrama romántico. Duración: 90 m.

4. A última carga. Reino Unido. 1968. Tony Richardson. Xénero: bélica. Duración: 141 m.

5. Ana Karenina. 1935. Dir. Clarence Brown. Sin datos nos demáis apartados.

6. Cadeas rotas. Reino Unido. 1946. Dir. David Lean. Xénero: drama. Duración: 118 m.

7. De Mayerling a Saraxevo. 1940. Dir. Max Ophüls. Sin datos nos demáis apartados.

8. Dersu Uzala. Unión Soviética. 1975. Dir. Akira Kurosawa. Xénero: Drama. Duración: 141 m.

9. Dreyfus. Francia, 1974. Dir. Jean Cherasse. Sin datos nos demáis apartados.

10. Katia. 1959. Dir. Robert Siodmak. Sin datos nos demáis apartados.

11. Lord Jim. EE. UU. 1965. Dir. Richard Brooks. Xénero: aventuras. Duración: 154 m.

12. Ludwig. Iatalia. 1972. Dir. Luchino Visconti. Xénero: drama biográfico. Duración: 264 m.

13. Maurice. Reino Unido. 1987. Dir. James Ivory. Xénero: drama romántico. Duración: 140 m.

14. Napoleón III. Francia. 1966. Dir. J. Vigne. Sin datos nos demáis apartados.

15. Nicolás e Alexandra. EE. UU. 1971. Dir. Franklin Schaffner. Xénero: drama. Duración: 183 m.

16. Oliver Twist. Reino Unido. 1948. Dir. David Lean. Xénero: drama. Duración: 105 m.

17. Oliver Twist. Reino Unido. 2005. Dir. Roman Polanski. Xénero: drama. Duración: 130 m.

18. O mozo Törless. Alemaña. 1966. Dir. Volker Schlöndorff. Xénero: drama. Duración: 87 m.

19. Oriente e Occidente. Reino Unido. 1983. Dir. James Ivory. Xénero: drama. Duración: 130 m

20. O xove Winston. Reino Unido. 1972. Dir. Richard Attemborough. Xénero: Drama biográfico. Duración: 145

21. Pasaxe á India. Reino Unido. 1984. Dir. David Lean. Xénero: drama. Duración: 163 m.

22. Regreso a Howards end. Reino Unido. 1992. Dir. James Ivory. Xénero: drama. Duración: 140 m.

23. Michael Collins. EE. UU. 1996. Dir. Neil Jordan. Xénero: drama biográfico. Duración: 132 m.