18
222 Colección doc umental Capítulo XIII 1º de bacharelato Unha paz ficticia. (1945-1973) A formación dos bloques e a bipolarización. O intervencionismo das potencias. A. A intervención norteamericana. “Un dos obxectivos fundamentais da politica exterior dos Estados Unidos é a crea ción de condicións nas que nós e outras nacións poidamos forxar unha maneira de vivir libre de coacción. Esta foi unha das causas fundamentais da guerra contra Alemaña e xapón. A nosa victoria logrouse sobre países que lles pretendían impoñer a súa vontade e o seu modo de vivir a outras nacións (...) Non alcanzaremos os nosos obxectivos a menos que esteamos dispostos a axudarlles ós pobos libres a preservar as súas institucións libres e a súa integridade nacional fronte ós movementos agresivos que tratan de imporlles réximes totalitarios. Isto non é senón un franco recoñecemento de que estes réximes, impostos ós pobos libres pola agresión directa ou indirecta, socavan os fundamentos da paz internacional e, polo tanto, a seguridade dos Estados Unidos. Os pobos de varios países tiveron que aceptar recentemente, contra a súa vontade, réximes totalitarios. O goberno dos Estados Unidos formulou frecuentes protestas contra os actos de coacción e de intimidación que, en violación do acordo de Yalta, se cometeron en Polonia, Romenia e Bulgaria. (...) Na presente etapa da historia mundial case todas as nacións deben elixir entre modos alternativos de vida. Con moita frecuencia a decisión no é libre. Un dos devanditos modos de vida baséase na vontade da maioría e distínguese pola existencia de institucións libres, un goberno representati vo, eleccións lim pas, garantías á liberdade individual, libe rdade de palabra e relixión e o dereito a vivir sen opresión politica. O outro baséase na vontade dunha minoría imposta mediante a forza á maioría. Repousa no terror e na opresión, nunha prensa e radio controladas, en eleccións fraudulentas e na supresión de liberdades individuais.” (Harry S . TRUMA N: The Truman Doctrine . Discurso ante o Congreso o 12 de marzo de 1947) B. O “Telón de Aceiro”. “De Sttetin, no Báltico, a Trieste, no Adriático, caeu unha cortina de aceiro a través do continente. Detrás desta liña atópanse todas as capitais dos antigos estados de Europa central e oriental. Varsovia, Berlín, Praga, Viena, Budapest, Belgrado, Bucarest e Sofía, todas estas cidades famosas, e as súas poboacións en torno a elas, permanecen no que eu debo chamar a área de influencia soviética, e todas están suxeitas, dunha mane ira ou doutra non só á influenci a soviética, se nón a unhas elevadas e, en m oitos casos crecentes medi das de control dende Moscú. So Grecia, coas sús glorias inmortais, é libre de decidir o seu futuro nunhas eleccións baixo a supervisión británica, americana e francesa. Os partidos comunistas, que eran moi pequenos nestes países de Europa oriental, foron elevados á preeminencia e ó poder moi por encima do número dos seus votantes, e están pretendendo en todas partes obter o control absoluto”. (Discurso de W. Chu rchill en Misuri (Est ados Unidos) o 5 d e marz o de 1946) C. A intervención soviética. A “doutrina Jdánov”. “As potencias que actuan no teatro mundial agrupéronse en dous campos distintos: o campo imperialista e antidem ocrático por unha banda, o antiim perialista e democrático pola outra. Os Estados Unidos son a forza dirixente no campo imperialista; aliados con eles están Francia e Inglaterra... O campo imperialista está tamén apoiado por Estados con colonias como Bélxica e Holanda, por países con réximes antidemocráticos e reaccionarios como Turquía e Grecia, por países que dependen política e económicamente dos Estados Unidos, como os do Próximo Oriente, América do Sur e China. A fin principal do campo imperialista consiste no fortalecemento do imperialismo, a preparación dunha nova guerra imperialista, a loita contra o socialismo e a democracia, así como o apoio de todos os réximes e movementos reaccionarios, antidemocráticos e profascistas. O outro campo está integrado polas forzas antiimperialistas e democráticas. A súa forza reside na

ColeccióN 13

Embed Size (px)

DESCRIPTION

Colección de documentos sobre a Guerra Fría. (1945-1973)

Citation preview

Page 1: ColeccióN 13

222

Colección documental Capítulo XIII 1º de bacharelato

Unha paz ficticia. (1945-1973)

A formación dos bloques e a bipolarización. O intervencionismo das potencias.

A. A intervención norteamericana.

“Un dos obxectivos fundamentais da politica exterior dos Estados Unidos é a crea ción de condicións

nas que nós e outras nacións poidamos forxar unha maneira de vivir libre de coacción. Esta foi unha das causas

fundamentais da guerra contra Alemaña e xapón. A nosa victoria logrouse sobre países que lles pretendían

impoñer a súa vontade e o seu modo de vivir a outras nacións (...) Non alcanzaremos os nosos obxectivos a

menos que esteamos dispostos a axudarlles ós pobos libres a preservar as súas institucións libres e a súa

integridade nacional fronte ós movementos agresivos que tratan de imporlles réximes totalitarios. Isto non

é senón un franco recoñecemento de que estes réximes, impostos ós pobos libres pola agresión directa ou

indirecta, socavan os fundamentos da paz internacional e, polo tanto, a seguridade dos Estados Unidos.

Os pobos de varios países tiveron que aceptar recentemente, contra a súa vontade, réximes

totalitarios. O goberno dos Estados Unidos formulou frecuentes protestas contra os actos de coacción e de

intimidación que, en violación do acordo de Yalta, se cometeron en Polonia, Romenia e Bulgaria. (...) Na presente

etapa da historia mundial case todas as nacións deben elixir entre modos alternativos de vida. Con moita

frecuencia a decisión no é libre.

Un dos devanditos modos de vida baséase na vontade da maioría e distínguese pola existencia de

institucións libres, un goberno representativo, eleccións limpas, garantías á liberdade individual, liberdade de

palabra e relixión e o dereito a vivir sen opresión politica. O outro baséase na vontade dunha minoría imposta

mediante a forza á maioría. Repousa no terror e na opresión, nunha prensa e radio controladas, en eleccións

fraudulentas e na supresión de liberdades individuais.”

(Harry S . TRUMA N: The Truman Doctrine . Discurso ante o Congreso o 12 de marzo de 1947)

B. O “Telón de Aceiro”.

“De Sttetin, no Báltico, a Trieste, no Adriático, caeu unha cortina de aceiro a través do continente.

Detrás desta liña atópanse todas as capitais dos antigos estados de Europa central e oriental. Varsovia, Berlín,

Praga, Viena, Budapest, Belgrado, Bucarest e Sofía, todas estas cidades famosas, e as súas poboacións en

torno a elas, permanecen no que eu debo chamar a área de influencia soviética, e todas están suxeitas, dunha

maneira ou doutra non só á influencia soviética, senón a unhas elevadas e, en moitos casos crecentes medidas

de control dende Moscú. So Grecia, coas sús glorias inmortais, é libre de decidir o seu futuro nunhas eleccións

baixo a supervisión británica, americana e francesa. Os partidos comunistas, que eran moi pequenos nestes

países de Europa oriental, foron elevados á preeminencia e ó poder moi por encima do número dos seus

votantes, e están pretendendo en todas partes obter o control absoluto”.

(Discurso de W. Chu rchill en Misuri (Est ados Unidos) o 5 d e marz o de 1946)

C. A intervención soviética. A “doutrina Jdánov”.

“As potencias que actuan no teatro mundial agrupéronse en dous campos distintos: o campo

imperialista e antidemocrático por unha banda, o antiimperialista e democrático pola outra.

Os Estados Unidos son a forza dirixente no campo imperialista; aliados con eles están Francia e

Inglaterra... O campo imperialista está tamén apoiado por Estados con colonias como Bélxica e Holanda, por

países con réximes antidemocráticos e reaccionarios como Turquía e Grecia, por países que dependen política

e económicamente dos Estados Unidos, como os do Próximo Oriente, América do Sur e China. A fin principal

do campo imperialista consiste no fortalecemento do imperialismo, a preparac ión dunha nova guerra

imperialista, a loita contra o socialismo e a democracia, así como o apoio de todos os réximes e movementos

reaccionarios, antidemocráticos e profascistas.

O outro campo está integrado polas forzas antiimperialistas e democráticas. A súa forza reside na

Page 2: ColeccióN 13

223

URSS e as novas democracias.

O campo antiimperialista apóiase no movemento obreiro e nos movementos democráticos de todos os

países, nos partidos comunistas irmáns, nos loitadores dos movementos de liberación dos países coloniais e

dependentes, así como na axuda das forzas democráticas e progresistas de todos os países. O obxectivo deste

campo constitúeo a loita contra o perigo dunha nova guerra imperialista e contra a expansión imperialista, o

afianzamento da democracia e o exterminio de todos os restos do fascismo.”

(JDÁNOV: Discurso na ses ión inaugural da Kominform, setembro de 1947. En : CARR ERAS , J. J.: La confrontación . Histo ria

16, nº 69, xaneiro de 1982. Pax. 64 )

D. A intervención soviética. A divis ión de Europa.

“O novo poder democrático en Iugoslavia, en Bulgaria, en Romenia, en Polonia, en Checoslovaquia, en

Hungría e máis en Albania, apoiándose nas masas populares, conseguiu realizar... unhas transformacións

democráticas progresistas. Creouse un novo tipo de Estado: a República Popular, onde o poder pertence ó pobo,

onde a gran industria, o transporte e os bancos pertencen ó Estado, e onde a forza dirixente está constituída

polo bloque das clases traballadoras.

... Na súa loita ideolóxica contra a URSS, os imperialistas americanos destacan, en primeiro lugar, a

imaxe que presenta á Unión Soviética como unha forza presuntamente antidemocrática, totalitaria... Esta

plataforma da loita ideolóxica une todos os inimigos da clase obreira sen excepción, dende os magnates

capitalistas ata os líderes socialistas de dereita...

Posto que a maior parte dos dirixentes dos partidos socialistas se comportan como axentes dos

círculos imperialistas dos Estados Unidos de América, é ós Partidos Comunistas ós que lles corresponde o papel

histórico particular de poñerse á cabeza da resistencia ó plan americano de escravizar Europa e de

desenmascarar resoltamente todos os auxilios internos do imperialismo americano... Esta é a causa pola que

os Partidos Comunistas deben cerrar as súas filas, unir os seus esforzos e aliar ó redor deles todas as forzas

democráticas e patróticas do pobo.”

(JDANOV, A. A.: Sobre a situación internacional. 1947. En: LÓPEZ FACAL, R. e DÍAZ OTERO, A. Obra citada. Pax. 188)

E. O “Plan Marshall”.

“A destrucción das estructuras comerciais de Europa foi completa durante a guerra (...). A verdade

é que as necesidades de Europa en productos alimenticios e outros productos esenciais no curso dos vindeiros

tres ou catro anos excederán á súa capacidade de pagamento, tendo necesidade dunha axuda suplementaria

importante, se se lle queren evitar graves problemas económicos, sociais e politicos.

(...) É lóxico que os Estados Unidos fagan todo o que sexa posible para favorecer a volta do mundo a

unha saúde económica normal, sen a que non pode haber nin estabilidade politica nin paz asegurada. A nosa

politica non está dirixida contra ningún país nin doutrina, senón contra a fame, a pobreza, a desesperación e

o caos. O seu fin deberá ser o restablecemento dunha economía mundial, de maneira que permita a volta ás

condicións politicas e sociais nas que poidan existir institucións libres (...) Todo goberno que consista en

colaborar con nós na tarefa de reconstrucción atopará, estou seguro, unha cooperación completa por parte do

goberno americano. Todo goberno que realice manobras para deter a reconstrucción doutros países non pode

agardar axuda da nosa parte”.

(GEOR GE MAR SHAL L: Discurso na Universidade de Harvard, o 5 de xuño de 1947)

A Guerra Fría. A carreira de armamentos.

F. As alianzas militares. A OTAN.

“As partes deste Tratado: reafirmando a súa fe nos propósitos e principios da Carta da ONU e o seu

desexo de vivir en paz con todos os pobos e con todos os gobernos. Determinados a salvaguardar a liberdade

dos pobos, a súa herdanza común e a súa civilización baseados nos principios da democracia, liberdades

individuais e imperio do dereito, e desexosos de favorecer o benestar e a estabilidade na Rexión do Atlántico

Norte. Resoltos a unir os seus esforzos na defensa colectiva e na conservación da paz e da seguridade,

conveñen:

Page 3: ColeccióN 13

224

Art. 1.- As partes comprométense a resolver por medios pacíficos todas as diferencias internacionais

nas que se poidan ver envoltas (...).

Art. 3.- As partes (...) manterán e aumentarán a súa capacidade individual e colectiva de resistencia

ó ataque armado.

Art. 4.- Consultránse as partes, a xuízo de calquera delas, cando a integridade territorial, a

independencia polit ica ou a seguridade dunha das partes fose ameazada.

Art. 5.- As partes conveñen en que un ataque armado contra unha ou varias delas acaecido en Europa

ou en América do Norte, será cons iderado como un ataque contra todas as partes, e, en consecuencia, acordan

que se tal ataque se produce, cada unha delas, en exercicio do dereito de lexítima defensa, individual e

colectiva, (...) asistirá á parte ou partes atacadas, para adoptar de seguido a acción que xulgue necesaria,

mesmo o emprego da forza armada para establecer e manter a seguridade na rexión do Atlántico Norte”.

(PACTO DO ATLÁNTICO NORTE. En Washington, 4 de abril de 1949)

G. As alianzas militares. O Pacto de Varsovia.

“As partes contratantes:

Afirmando a súa aspiración de crear un sistema de seguridade colectiva en Europa, baseado na

participación de todos os estados europeos, con independencia do seu réxime social e politico, que lles

permitiría unir os seus esforzos no interese de asegurar a paz en Europa. Tendo en conta, tamén, a situación

creada en Europa pola ratificación dos acordos de París, que prevén a formación dun novo grupo militar baixo

a forma da “Unión da Europa Occidental”, coa participación dunha Alemaña Occidental remilitarizada e coa súa

integración no bloque nort-atlántico, e que todo iso incrementa o perigo dunha nova guerra e crea unha ameaza

á seguridade nacional dos Estados amantes da paz.

Guiándose polos propósitos e principios da Carta das Nacións Unidas (. ..) . Acordaron concluír o

presente Tratado de Amizade, Cooperación e Asistencia Mutua (...)

Art. 1.- As partes contratantes comprométense, conforme a Carta das Nacións Unidas, a absterse nas

súas rrelacións internacionais de recorrer á ameaza ou ó uso da forza e a arranxar as súas controversias

internacionais por medios pacíficos de tal maneira que non se poñan en perigo a paz e a seguridade

internacionais.

Art. 2.- As partes contratantes tratarán, de acordo cos outros Estados que desexen colaborar neste

labor, de que se adopten medidas efectivas para a reducción xeral de armamentos, e para a prohibición de

armas atómicas, de hidróxeno e outras de destrucción masiva.

Art. 3.- As partes contratantes consultaranse sobre todas as cuestións internacionais referentes a

intereses comúns, inspirándose en intereses que contemplen a paz e a seguridade.

Art. 4.- En caso de agresión armada en Europa contra un ou varios asinantes, cada Estado asinante

concederá axuda, individualmente ou de acordo cos outros Estados.

Art. 5.- As partes contratantes puxéronse de acordo para crear un Mando Unificado das Forzas

Armadas.

Art. 8.- As partes declaran que actuarán con espírito de amizade e colaboración.”

(Fragmento da acta fundacional do Pacto de Varsovia, maio de 1955)

H. O bloqueo de Berlín.

“O xeneral Clay veu á Casa Branca o 23 de xuño de 1948 para asistir á reunión do Consello Nacional de

Seguridade que tiña lugar ese día, e pedínlle que nos fixese un informe sobre a situación en Alemaña. Velaquí

un resumo do que nos dixo: O abandono de Berlín tería un efecto desastroso sobre os nosos plan para Alemña

occidental e atrasaría igualmente a recuperación europea. En conxunto, os alemáns vían con máis temor cós

aliados a posibilidade de ver abandonar a súa antiga capital. Debiamos estar preparados e seguros para facer

o imposible co fin de atopar unha solución pacífica ó problema, pero era preciso permanecer en Berlín.

Indicou que os transportes da ponte aérea acadaron unha media de 2.400 a 2.500 toneladas por día,

o que era máis que suficiente para asegurar o avituallamento, pero non permitía facer suficientes distribucións

Page 4: ColeccióN 13

225

de carbón. O mínimo necesario para asegurar a vida en Berlín sen provocarlles sufrimentos extremadamente

duros ós seus habitantes estaba estimado en 4.500 toneladas por día. Durante o verán 3.500 podían ser

suficientes, pero era indispensable unha tonelaxe suplementaria os meses de inverno.”

(H. S. T rum an. Memorias, 1956)

I. A linguaxe da guerra fría.

“O comunismo internacional demostrou en moitas ocasións que os seus dirixentes non retroceden ante

a agresión contra os territorios e as poboacións doutros países. Están maís inclinados aínda a utilizar a

propaganda e a subversión, a penetración e a explotación económicas ou os tres procedementos á vez. O mundo

libre debe ser consciente destes perigos. O noso sistema de defensa mil itar debe responder a acatro

obxectivos militares:

1º En primeiro lugar, para previr a guerra, debe estar dotado dun potencial nuc lear de represalia de

tal magnitude que convenza ós soviéticos de que todo ataque dirixido contra nós ou contra os nosos aliados terá

como resultado, independentemente dos danos que nos causase, a destruccción do seu propio país.

2º En cooperación cos nosos aliados, o noso sistema defensivo debe presentar un carácter de

flexibilidade tal que poidan adpatarse rapidamente a calquera forma de agresión contra o mundo libre.

3º O noso sistema defensivo interior debe conservar unha grande eficacia.

4º Deben proverse reservas suficientes para previr calquera eventualidade imprevista.”

(EISE NHOW ER: Discurso. 1957. En: LÓPEZ FACAL, R. e DÍAZ OTERO, A.: Obra citada. Pax. 191)

J. A división de Alemaña e o muro de Berlín.

“A liberdade ten moitas dificultades e a democracia non é perfecta, pero nunca tivemos que erguer

unha muralla para impedir que os nosos pobos fuxan de nós. Quero dicir, no nome dos meus compatriotas que

viven a moitas millas de distancia ó outro lado do Atlántico e que están moi afastados de vos, que están moi

orgullosos de ter compartidos con vostedes, mesmo desde a distancia, a historia dos últimos dazaoito anos...

Aínda que o muro é a demostración máis viva e evidente dos fracasos do sistema comunista, non nos satisfai

o máis mínimo, porque é unha ofensa, non só contra a Historia senón tamén contra a Humanidade...

A liberdade é indivisible e, cando un home é escravizado, os demáis homes non se poden considerar

libres. E cando todos sexan libres, daquela poderemos desexar o día en que esta cidade quede unida ás demais,

ó país, ó continente europeo con toda a gloria que merece. Cando, finalmente, chegue ese día, como

idubidablemente chegará, o pobo de Berlín occidental poderá sentirse orgulloso de terpermanecido, día tras

día, na primeira liña da batalla durante case dúas décadas.

Todos os homes libres, onde queira que vivan, son cidadáns de Berlín e, xa que logo, como home libre,

estou profundamente orgulloso de facer esta declaración: Eu son un berlinés.”

(KENNEDY. Discurso ante o muro de Berlín. 1963. En: LÓPEZ FACAL, R. e DÍAZ OTERO, A.: Obra citada. Pax 193)

K. A integración de Alemaña.

A República Federal de Alemaña, por unha banda, e os Estados Unidos de América, o Reino Unido de Gran

Bretaña e Irlanda do Norte e a República Francesa, pola outra,

Considerando:

Que unha Comunidade Europea de pobos, pacífica e floreciente, unida firmemente aos demais pobos libres do

mundo pola súa adhesión aos principios da Carta das Nacións Unidas, só pode ser realizada por medio do

fomento e da defensa conxunta da súa liberdade e herdanza común.

Que é fin dos estados signatarios integrar á República Federal de Alemaña baixo o principio da igualdade de

dereitos, na Comunidade Europea, que á súa vez será integrada na Comunidade Atlántica, actualmente en

evolución.

Que a reconstrución dunha Alemaña completamente libre e unida, por vía pacífica, e o logro dunha regulación

establecida nun Tratado de Paz, libremente convido aínda que na actualidade opóñanse a iso medidas situadas

máis aló do alcance do seu poder, continúa sendo fin común e fundamental dos Estado signatarios.

Page 5: ColeccióN 13

226

Que o mantemento do estatuto de ocupación coas facultades de intervención nos asuntos propios da República

Federal, previstas no mesmo, é incompatible co fin da integración da República Federal na Comunidade Europea.

Que por todo isto, os Estados Unidos de América, o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte e a

República Francesa (a continuación designadas ««as tres potencias»»), decidiron manter en vigor soamente

os dereitos esenciais cuxa conservación faise necesaria, en interese común dos Estados signatarios, tendo en

conta o especial da situación internacional alemana.

Que a República Federal creou institucións políticas baseadas nos principios de liberdade e responsabilidade

e que se acha decidida a manter a súa Constitución libre, democrática e federal, plasmada na súa Lei

Fundamental, e que recoñece os Dereitos do Home

Que a República Federal e as tres potencias recoñecen tanto as novas relacións creadas por este Convenio e

os seus Adicionais, canto tamén os Convenios para a formación dunha Comunidade Europea integrada,

especialmente os Convenios sobre a fundación da Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro e o Convenio

sobre a creación da Comunidade Europea de Defensa como pasos fundamentais para a realización do seu anhelo

común dunha Alemaña novamente unida e inte chanzo na Comunidade Europea.

Celebraron para a determinación das bases das súas novas relacións o seguinte Convenio :

Art. 1. 1. A República Federal posúe plenos poderes nos asuntos interiores e exteriores, con reserva das

disposicións deste Convenio.

2. Coa entrada en vigor deste Convenio e os Convenios enumerados no art. 8 (designados como Convenios

adicionais), as tres Potencias derogarán o Estatuto de Ocupación e disolverán a Alta Comisión Aliada, así como

os servizos nos Comisarios dos Países.

3. As tres Potencias manterán no futuro as súas relacións coa República Federal por medio de Embaixadores,

que actuarán conxuntamente en todos aqueles asuntos que as tres Potencias cons ideren que lles afectan en

común, segundo este Convenio e Convenio adicionais. (...)

Art. 2. As tres potencias, en relación coa situación internacional, resérvanse os dereitos exercidos ata entón

en relación con: a) Berlín; b) Alemaña, considerada como un todo indivisib le, e o seu reunificación con arranxo

a un Tratado de paz; c) O establecemento de forzas militares en Alemaña e a protección desas forzas.

Art. 7.

1. A República Federal e as tres potencias consideran como un obxectivo esencial da súa política conxunta un

réxime libremente acordado conforme a un Tratado de paz entre Alemaña e os seus antigos inimigos, que

establezan os fundamentos para unha paz duradeira. Entenden ademais que a fixación definitiva das fronteiras

de Alemaña debe demorarse ata ese acordo.

2. Ata a conclusión dun Tratado de paz, a República Federal e as tres potencias colaborarán para conseguir por

medios pacífico o seu obxectivo común: unha Alemaña reunificada, que posúa unha Constitución libre e

democrática, como a República Federal e intégrese na Comunidade Europea.

3. No caso da reunificación de Alemaña, as tres potencias traspasarán os poderes que corresponden á

República Federal, a tenor deste Convenio e dos acordos do Anexo, á Alemaña reunificada e, pola súa banda,

convirán na transmisión dos seus dereitos para a formación dunha Comunidade europea, no caso de que a

Alemaña reunificada aceptase os deberes da República Federal para coas tres potenc ias ou unha delas sobre

a base dos indicados Tratados. Ata tanto todos os estados asinantes outorguen o seu común asentimiento, a

República Federal non conc luirá ningún acordo nin se adherirá a un pacto que menoscabe os dereitos das

potencias aliadas, reflectidas nos citados Tratados, ou diminúa os deberes da República Federal, consignados

nos mesmos.

K. Adenauer - D. Acheson - A. Eden - R. Schuman

L. A opinión de Truman sobre Berlín.

“Era evidente que os rusos estaban decididos a nos facer saír de Berlín. Acaban de ter algúns reveses

en Italia, Francia e Finlandia; o seu satélite máis poderoso, Iugoslavia, comezaba a sentir demasiado a miúdo

o gusto da independencia e o programa de axuda a Europa comezaba a da-los seus froitos. O bloqueo era o

contraataque do comunismo internacional e o Kremlin escollera moi ben o boxectivo.

Berlín, a vella capital, que era e é aínda un símbolo para os alemáns, constituía, se cadra, o punto máis

sensible de Europa. Se non conseguiamos manter nela as nosas posicións, o comunismo veríase enormemente

fortalecido ante a opinión pública alemana. Agora ben, a nosa posición na capital era precaria e, se queriamos

chama-la atención, era necesario que amosasémo-la nosa forza. Debiamos ter en conta a posibilidade de que

Rusia escollese Berlín co gallo de comezar un conflicto...”

(TRUMA N, H.S.: Memorias. 1956. En: ARÓSTEGUI SÁNCHEZ, J. Obra citada. Pax. 217)

Page 6: ColeccióN 13

227

Fonte: Aróstegui Sánchez. Obra citada. Pax. 217

M. O bloqueo de Berlín en 1947.

N. A Guerra de Corea.

“As forzas gobernamentais que estaban armadas en Corea para impedir os ataques na fronteira e

preservar a seguridade interior foron atacadas por unidades procedentes do Norte (...). O ataque contra Corea

demostra que o comunismo sobrepasou o estado da subvers ión para conquistar nacións independentes e fará

uso no sucesivo da invas ión armada e da guerra. Desafiou as ordes do Consello de Seguridade emitidas para

preservar a paz e a seguridade internacional. Nestas circunstancias, a ocupación de Formosa por forzas

comunistas constituiría unha ameaza directa para a seguridade na rexión do Pacífico e para as tropas dos

Estados Unidos que cumpren alí as súas misións lexítimas e necesarias.

En consecuencia, ordeneille á VI Flota que impida calquer ataque contra Formosa -Taiwán- e mándolle

ó goberno chino instalado nesa illa que cese todas as operacións aéreas e navais contra o continente (...).

Ordenei, igualmente, que as tropas norteamericanas nas Filipinas sexan reforzadas e as medidas de axuda

militar ó goberno deste país, aceleradas. Do mesmo xeito, ordenei acelerar o envío dunha axuda militar ás

forzas de Francia e dos estados asociados en Indochina, así como a dunha misión militar para asegurar

estreitas relacións técnicas con estas forzas.”

(HARRY S. TRUMAN: Declaración oficial á prensa, o 27 de xuño de 1950)

Page 7: ColeccióN 13

228

O. A guerra de Indochina.

A coexistencia pacífica. Tensa calma.

P. Os comenzos da distensión.

“A vida mesma esixe que os países que teñen sistemas sociais diferentes deben aprender a vivir xuntos

no noso planeta, a coexistir pacificamente (...).

O recoñecemento da existencia de dous sitemas diferentes, o recoñecemento a cada pobo do dereito

de solucionar el mesmo tódolos problemas politicos e sociais do seu país, o respecto da soberanía e a aplicación

do principio de non-inxerencia nos asuntos internos, o arranxo de tódolos problemas internacionais por medio

de negociacións, esto é o que implica a coexistencia pacífica sobre unha base razoable (...).

Os capitalistas non aproban o sistema socialista; a nosa ideoloxía, as nosas concepcións sonlles

estrañas. De igual maneira, nós, cidadáns de Estados socialistas, non aprobamos o réxime capitalista e a

ideoloxía burguesa. Pero necesitamos vivir en paz e solucionar só, por medios pacíficos, os problemas

internacionais que se presenten. Destes derívase a necesidade de facer concesións mutuas.”

(N. KRUS CHEV : Informe á 3ª Sesión do Soviet Supremo, o 31 de outubro de 1959, sobre a situación internacional)

Page 8: ColeccióN 13

229

Q. Problemas intrabloques.A caza de bruxas de McCarthy nos EE.UU. O caso Rosenberg

R. Problemas intrabloques. A primavera de Praga.

“As forzas antisocialistas e revisionistas apoderáronse da prensa, da radio e da televisión e

convertéronas nunha tribuna desde onde atacan ó Partido Comunista e desorienta á clase obreira e mais ó pobo

traballador. Non podemos aceptar que forzas eestranxeiras conduzan a Checoslovaquia fora dos camiños do

socialismo.

(...) Os partidos comunistas teñen que responder da súa actuación non só perante a súa propia clase

obreira, senón tamén ante a clase obreira e o movemento comunista internacionais . Temos que nos unir para

defende-las conquistas do socialismo, a nosa seguridade e a nosa posición internacional.”

(Chamamento dos dirixentes da URSS, a RDA, Hungría, Polonia e Bulgaria, reunidos en Varsovia en Xullo do ano 1968)

S. Crises durante a coexistencia. O problema dos mísiles de Cuba

“Foi durante a miña visita a Bulgaria cando tiven a idea de instalar foguetes nucleares en Cuba, e de

facelo clandestinamente (...). O meu razoamento era o seguinte: se instalabamo-los mísiles en segredo e os

Estados Unidos ignoraban a súa existencia ata o momento en que xa estivesen preparados, pensaríano dúas

veces antes de intentar aniquilar militarmente as nosas instalacións (...). Agora ben, o esencial para min era que

a presencia de foguetes soviéticos en Cuba disuadiría ós EUA de ataca-la illa co fin de derrocar a Fidel Castro

e o seu réxime. Ademais, ó mesmo tempo que protexiamos Cuba, os nosos mísiles restablecerían o que ós

occidentais lles gusta chamar “equilibrio de forzas”.

EUA rodeara o noso país de bases militares e tíñanos permanentemente baixo a ameaza das súas armas

nucleares. Debía coñece-lo que se sente cando os mísiles inimigos te apuntan; non fixemos outra cousa que

devolverlles, a un nivel menor, o seu agasallo. Xa era hora de que os EUA sentisen a ameaza no seu territorio

e mais no seu pobo para que se coñecese o que iso significa exactamente.”

(KRU SCH EV, N . : Memorias)

Page 9: ColeccióN 13

230

D. Eisenhower. Presidente dos EE.UU. 1953-1960. N. Kruschev. Presidente do consello de ministros da

URSS. 1958-1964.

T. Osprotagonistas da coexistencia pacífica.

A distensión. Maior fluidez na comunicación entre as dúaspotencias.

U. O movemento dos non aliñados.

“Hoxe hai un novo espírito en Asia. Asia xa non será pasiva (...). Púxoselle fin á Asia submisa, agora está

viva e é dinámica (...). Estamos firmemente decididos a non sermos dominados de ningún xeito por ningún país

nin por ningún continente (...). Nós somos grandes países do mundo e queremos vivir libres sen recibirmos ordes

de ninguén. Somos conscientes da importancia que ten manter relacións de amizade coas grandes potencias

(...), pero no futuro tan só cooperaremos en relación de igual a igual. Tódalas nacións teñen dereito a escolleren

libremente os seus propios sistemas politicos e económicos e o seu propio medio de vida de conformidade cos

principios das Nacións Unidas (...). É porque nós sufrimos durante moito tempo o colonialismo e a hexemonía

polo que alzámo-la nosa voz contra eles. E é polo que temos que velar para que non nos ameace ningunha outra

forma de dominación (...).”

(Discurso de clausura da Conferencia de Bandung o 24 de abril de 1955)

V. Kennedy e a “Nova Fronteira”.

“A aqueles novos Estados ós que dámo-la nosa benvida ás filas dos países libres, prometémoslles que

unha forma de dominio colonial non desaparecerá por se unicamente substituída por outra tiranía aínda máis

férrea (...).

Ós pobres que viven en cabanas e aldeas na metade do globo terrestre e que loitan por rompe-las

cadeas da miseria colectiva, prometémoslle-los nosos mellores esforzos para axudalos a superarse a si mesmos,

o tempo que faga falta, non porque os comunistas tamén o poidan facer, nin porque busquémo-los seus votos,

senón porque é xusto.

As nosas repúblicas irmás do sur das nosas fronteiras, prometémoslles especialmente converte-las

nosas boas palabras en boas obras, nunha al ianza para o progreso e para axudar a rompe-las cadeas da pobreza.

(...) Tampouco pode ser satisfactorio para dous grandes e poderosos grupos de nacións o seu rumbo

actual: amba-las dúas partes atópanse afogadas polo custo das armas modernas, ambas xustamente alarmadas

pola contínua extensión do átomo mortífero e, sen embargo, ámbalas dúas empeñadas nunha carreira para

alterar este incerto equilibrio do terror (...).

Page 10: ColeccióN 13

231

Que ámbalas dúas partes analicen os problemas que nos unen no canto de insistir nos problemas que

nos afastan. Que ámbalas dúas partes, por primeira vez, formulen propostas serias e precisas para a inspección

e control de armamentos, e que poñan o poder de destruír a outras nacións baixo o control absoluto de todas.”

(Discurso de toma de posesión do presidente J.F. Kennedy o 21 de xaneiro do ano 1961)

W. Willy Brandt e a “Östpolitik”.

“Durante moito tempo, a relación da República Federal de Alemaña cos países do Este de Europa estivo

condicionada pola confrontación entre o Bloque Oriental e o Occidental (...).

En 1970, asinóuse en Moscú un tratado entre a RFA e a Unión Soviética en virtude do cal ámbo-los dous

países se comprometían a renunc iar ó uso da forza e á solución pacífica das controversias. As fronteiras

existentes nese momento e Europa foron aceptadas como inmodificables. Nunha “Carta sobre a unidade alemá”,

entregada polo goberno federal con motivo da sinatura deste tratado, dicíase expresamente: “este tratado non

contradice o obxectivo politico da RFA no censo de procurar unha situac ión de paz en Europa, sobre a base de

que o pobo alemán poida acadar a súa unidade a través da súa libre autodeterminación”.

No mesmo ano asinóuse en Varsovia un acordo entre a RFA e a República Popular de Polonia no que se

estabrecía que a liña fronteiriza marcada polos ríos Oder e Neisse constituían a fronteira occidental de Polonia.

Con este acordo fixaronse as bases para a normalización total e o desenvolvemento amplo das relacións entre

os dous países. En 1973, asinóuse o correspondente tratado con Checoslovaquia e estabrecéronse relacións

diplomáticas con Bulgaria e Hungría.

(...) A RFA e a República Democrática de Alemaña (RDA) son membros de diferentes sistemas de

alianzas. As fronteiras entre ámba-las dúas constitúen, ó mesmo tempo a liña divisoria entre os dous grandes

bloques militares e entre dous sistemas sociais opostos (...).

Desde 1970, o comercio amplíouse notablemente, intesificóuse a cooperación industrial e reforzáronse

os contactos no ámbeto científico, cultural e deportivo (...)

Coa súa östpolitik, a RFA preparou tamén o terreo para a Conferencia de Seguridade e Cooperación

en Europa (CSCE).”

(DIET ER, CH .: La realidad alemana. Ed. Departamento de Prensa e información da embaixada alemana, 1979)

X. Os conflictos da época da distensión.A Guerra do Vietnam.

“Vietnam atópase a millares de millas dos Estados Unidos. O pobo vietnamita nunca atacou ós Estados

Unidos. Pero contrariamente ós compromisos aceptados polo seu representante na Conferencia de Xenebra en

1954, o goberno dos Estados Unidos non deixou de intervir en Vietnam, desecadeou e intensificou a guerra de

agresión en Vietnam do Sur con miras a prolongar a división de Vietnam e a transformar a Vietnam do Sur nunha

neocolonia e nunha base militar americana. Dende hai mais de dous anos, con aviación e mariña militares,

bombardeou a República de Vietnam, un país independente e soberano.

O goberno dos Estados Unidos cometeu crimes de guerra, crimes contra a paz e contra a humanidade.

En Vietnam do Sur, medio millón de soldados americanos e satélites recorreron ás armas máis inhumanas e ós

métodos de guerra mais baratos, como o napalm, os productos químicos e os gases tóxicos, para matar ós nosos

compatriotas, destruír as colleitas e arrasar as aldeas. En Vietnam do Norte miles de avións norteamericanos

tiraron centenares de miles de toneladas de bombas, e destruíron pobos, aldeas, fábricas, rutas, pontes,

diques, e ata igrexas, pagodas, hospitais, escolas.

A guerra de agresión americana contra o pobo vietnamita constitúe un desafio ós países do campo

socialista, unha ameaza para o movemento de independencia dos pobos e un grave perigo para a paz en Asia e

no mundo. O pobo vietnamita ama profundamente a independenc ia, aliberdade e a paz. Pero fronte a agresión

americana, levantouse, unido como un só home que non teme nin os sacrificios nin as privación. Está

determinado a soster a resistencia ata que conquiste a independencia e a liberdade reais e unha paz verdadeira.

A nosa xusta causa goza da aprobación e do apoio poderoso dos pobos de todo o mundo e de amplas capas do

pobo americano.”

(Carta de HO CHI MINH ó presidente norteamericano Johoson en 1967)

Page 11: ColeccióN 13

232

Y. Os conflictos da época da distensión. Os conflictos de Oriente Próximo.

“O mandato sobre Palestina rematará tan pronto como sexa posible; en todo caso o 1 de agosto de 1948

o mais tarde (...).

Os Estados independentes árabe e xudeu así como o réxime particular previsto para a cidade de

xerusalén (...) comenzarán a existir en Palestina dous meses despois de que a evacuación das forzas armadas

da potencia mandataria (Gran Bretaña), rematase e en todo caso o 1 de outubro de 1948 ó mais tardar.

A Unión económica palestina terá por fins:

a) A creación dunha unión aduaneira.

b) O establecemento dun sistema monetario común prevendo unha taxa de cambio única.

c) A administración, polo interese común e sobre unha base non discriminatoria dos ferrocarrís, das

estradas comúns ós dous Estados, dos servicios de Correos, telegráficos e telefónicos e dos portos e

aeroportos que participen nos intercambios e no comercio internac ional.

d) O desenvolvemento económico común, particularmente no que concerne á irigación, a revalorización

das terras e a conservación dos solos.

e) A posibilidade, para os dous Estados e para a cidade de Xerusalén, de utilizar sobre unha base non

discriminatoria as augas e as fontes de enerxía.”

(Proxecto da ONU para para a partición de Palestina. 29 de novembro de 1947)

Z. A seguridade e cooperación en Europa.

“Declaración sobre os principios que rexen as relacións entre os Estados participantes:

(Os estados participantes)... Declaran a súa determinación de respectar e poñer en práctica, cada un

deles nas súas relacións cos demáis estados participantes, independentemente dos seus sistemas políticos,

económicos ou sociais, así como do seu tamaño, situación xeográfica ou nivel de desenvolvemento, os seguintes

principios, todos eles de significación primordial, que rexen as súas relacións mutuas:

I.- Igualdade soberana, respecto dos dereitos inherentes á soberanía.

II.- Abstención de recorrer á ameaza ou ó uso da forza.

III.- Inviolabilidade das fronteiras.

IV.- Integridade territorial dos Estados.

V.- Arranxo das controversias por medios pacíficos.

VI.- Non intervención nos asuntos internos.

VII.- Respecto polos dereitos humanos e as liberdades fundamentais , incluída a liberdade de

pensamento, conciencia, relixión ou crenza.

VIII.- Igualdade de dereitos e libre determinación dos pobos.

IX.- Cooperación entre os Estados.

X. Cumprimento de boa fe das obrigas contraidas segundo o dereito internacional.”

(Acta final da Conferencia sobre seguridade e Cooperación en Europa. Helsinki. 1-VIII-1975). En: LÓPEZ FACAL, R. e DÍAZ

OTERO, A.: Obra citada, pax. 193)

Z.1. A intervención americana en América Latina. O golpe de Estado de Pinochet.

“Non se trata de quitarlle á CIA ningunha responsabilidade sobre Chile, senón de s itua-las actividades

da Axencia na súa perspectiva xusta.

É indiscutib le que, no marco da operación “Segunda Vía”, baixo ordes directas e formais do presidente

Nixon, a CIA intentou provocar un golpe de Estado militar en Chile en 1970... A nosa acción xerou tensións

dentro da sociedade chilena. É completamente indiscutible que a política oficial dos EUA era hostil a Allende

e que intentou poñe-lo capital privado contra Chile, bloquea-los créditos internacionais dos que era beneficiario

e que os militares norteamericanos sostivesen amigables relacións cos seus homólogos de Chile. Pero todo iso

non abonda para facer da CIA o bloque emisario de tódolos pecados do actual réxime militar chileno.”

(COL BY,W . (Director d a CIA en tre 1973 e 1976): Treint a años de la C IA. 1980. En: ARÓSTEGUI SÁNCHEZ , j.: Obra citada.

Page 12: ColeccióN 13

233

Pax. 225)

Z. 2. A disidencia de Francia con respecto ó liderado mundial dos Estados Unidos.

“... Quérovos dicir que Francia é consciente de que a alianza establecida entre quince pobos libres de

Occidente contribúe a mante-la súa seguridade, e sobre todo do papel que neste aspecto desempeñan os

Estados Unidos. Con todo, Francia considera que os cambios que tiveron lugar, ou que están en camiño de

facelo, despois de 1949, en Europa, Asia e en tódalas partes, así como a evolución da súa propia situación e das

súas propias forzas, non xustifican, no que se refire a Francia, as disposicións de orde militar tomadas despois

da sinatura da alianza, tanto as que teñen forma de convencións multilaterais, como os acordos particulares

entre o goberno francés e o goberno norteamericano.

Por iso, Francia propponse recuperar sobre o seu territorio o total exercicio da súa soberanía,

actualmente abafada pola presencia permanente de elementos militares aliados ou pola utilización que se fai

do seu ceo. Por todo iso decidiu cesa-la súa participación nos mandos conxuntos integrados, así como non poñer

máis forzas a disposición da OTAN...”

(Carta de Charles De Gaulle ó Presidente norteamericano Lindon B. Johnson. 1966. En: ARÓSTEGUI SÁN CHEZ, J. e outros:

Obra c itada. Pax. 225)

Z. 3. Os problemas internos da URSS. A revolta de Hungría.

(...) Logo da liberación, a Unión Soviética e o seu partido Bolxevique, tendo a Stalin á fronte deles (salvas de

aplausos), sen tomar en consideración as dificultades causadas pola guerra no seu propio país, prometeron ao

noso pobo e ao noso partido unha fraternal axuda internacionalista multilateral para a consolidación do poder

popu lar, para o restablecemento e o desenvolvemento da nosa economía sobre bases socialistas , para o

desenvolvemento dos diferentes sectores da nosa vida. Prometeron ao noso pobo e ao noso Partido un forte

apoio na loita contra o imperialismo e o revisionismo yugoslavo, apoios que foron proveitosos (...) A traizón de

Kruschev e das súas formulacións revisionistas, que se esforzaron en destruír o noso Partido e a nosa Patria

socialista así como a amizade soviético-albanesa, non diminuíu nin diminuirá os sentimentos de agradecemento,

de afecto e de eterna amizade do noso pobo e do noso partido cara ao Partido e a Patria de Lenin e de Stalin

(Aplausos) (...). Mentres que os revisionistas seguidores de Kruschev, á beira dos imperialistas, lanzábanse ao

ataque contra o noso Partido e o noso pobo, nestes días, nestes difíciles anos de loita, A gran China e o glorioso

Partido Comunista de China, tendo ante eles ao camarada Mao Zedong, atopáronse á beira do noso pobo e do

noso Partido (Salva de aplausos. Ovación). Axudáronnos generosamente, concedéronnos créditos e outras

formas de axuda para permitirnos continuar as obras do tercer quinquenio, a edificación socialista do país (...)

A destitución de Kruschev é unha gran vitoria, pero isto non significa o fin do revisionismo. Os actuais

dirixentes do Partido e do goberno soviéticos, logo da caída de Kruschev, declararon máis dunha vez que

seguiron fielmente a liña do XX, XXI e XXII Congreso do P.C.U.S. (...)

En primeiro lugar, o arranxo da cuestión de Stalin, da rehabilitación de Stalin, en tanto que gran marxista

leninista, independentemente dalgún erro insignificante que poida cometer, é unha gran cuestión de principio,

de alcance internacional (Salva de aplausos. Ovación) (...) Os marxistas e os homes honestos non cren as

sandeces revisionistas que pretenden que Stalin era un feroz ditador (...) Sábese que Stalin nunca se

comportou como un ditador, nin sequera cara aos adversarios do leninismo.”

Enver Hoxha

29 de novembro de 1964

(Fonte: www.historiasiglo20.org. 6-III-2006)

Z. 4. Os problemas internos da URSS. A Primavera de Praga.

“O recoñecemento dos diversos intereses dos grupos sociais e dos individuos e a súa unificación, esixen a

elaboración e a aplicación dun novo sistema político, dun novo modelo de democracia socialista.

Hoxe, cando se borran as diferenzas de clase, o criterio principal de avaliación dos individuos na sociedade é

este: ¿en que medida contribúe unha determinada persoa ao desenvolvemento social? O partido criticou a miúdo

as concepcións igualitarias, pero na práctica a nivelación estendeuse nunha medida sen precedentes, e chegou

a ser un dos principais freos do desenvolvemento económico intensivo e da elevación do nivel de vida.

Page 13: ColeccióN 13

234

Se nos esforzamos hoxe en eliminar as tendencias igualitaristas, e en valorar os principios do rendemento, non

cremos crear así unha novas capas privilexiadas. Queremos que, en todos os sectores da nosa vida social, a

remuneración das persoas dependa da importancia social e da eficiencia do seu traballo, do alarde da iniciativa

persoal, do grado de responsabilidade e dos riscos . Isto está de acordo co interese do desenvolvemento de

toda a nosa sociedade (...).

O Partido Comunista non xoga o seu papel dirixente dominando á sociedade, senón servindo con maior

abnegación ao seu desenvolvemento socialista. Non pode impoñer a súa autoridade, senón servindo con maior

abnegación ao seu desenvolvemento socialista. Non pode impoñer a súa liña mediante ordes (...) A súa misión

é, ante todo, espertar a iniciativa socialista, mostrar o camiño e as pos ibilidades reais das perspectivas

comunistas (...) o partido insistiu en máis dunha ocasión sobre a necesidade do desenvolvemento da democracia

socialista. As medidas adoptadas polo partido tendían a incrementar o papel dos órganos representativos

elixidos polo Estado, subliñando con iso a importancia das organizacións de masas voluntarias e de todos os

xeitos de actividade do pobo (...)

A arma máis eficaz contra a introdución dos métodos do centralismo democrático no partido, é o de

incrementar a participación dos membros do partido na elaboración da liña política, o de reforzar o papel

realmente democrático dos órganos elixidos(...) O socialismo non pode significar soamente a liberación dos

traballadores da dominación das relacións de clase e da explotación, senón tamén, un pleno desenvolvemento

da personalidade. Debe ofrecer máis que calquera democracia burguesa.”

Programa de ««Renovación do socialismo»»

Comité Central do Partido Comunista de Checos lovaquia

5 de abril de 1968

(Fonte: www.historiasiglo20.org. 6-III-2006

Z.5. Informe secreto de Kruschev sobre o culto á personalidade.

“¡Camaradas! No informe do Comité Central do Partido ante o Vixésimo Congreso, nalgúns discursos de

delegados ao Congreso, asíí como anteriormente, durante as ses ións plenarias do CC/PCUSD, moito se dixo

sobre o culto do individuo e os súas dañosas consecuencias.

Logo da morte de Stalin, o Comité Central do Partido comezou a empregar a política de explicar, concisamente

e concretamente, que é ilícito e estraño ao espírito de marxismo e do leninismo elevar a unha persoa,

transformala nun superhome dotado de características sobrenaturais, comparables ás dun deus (...)

Entre nós cultivouse durante moitos anos esa crenza en torno a un home, e especialmente en torno a Stalin.

O obxecto do presente informe non é unha valoración exhaustiva da vida e a act ividade de Stalin. (. ..) Agora

atopámosnos fronte a unha cuestión de inmensa importancia para o Partido no presente e no futuro (...) trátase

de como o culto da persoa de Stalin foi crecendo gradualmente; ese culto que en determinado momento

converteuse na fonte de toda unha serie de perversións unanimemente graves e serias dos principios do

Partido, da democracia do Partido, da legalidade revolucionaria (...)

Cando analizamos as prácticas de Stalin en canto á condución do Partido e a nación, cando nos detemos a

considerar calquera acto de Stalin, debemos convencernos de que os temores de Lenin estaban xustificados.

As características negativas de Stalin, que en época de Lenin eran só incipientes, transformáronse durante

os últimos anos nun grave abuso de poder que causou indicible dano ao noso Partido (...)

Stalin non actuou mediante a persuasión, a explicación e a cooperación paciente coas persoas, senón impoñendo

os seus conceptos e esixindo obediencia absoluta á súa opinión. Quen se opoñía a iso , ou procuraba probar o

seu punto de vista e a exactitude da súa posición, quedaba sentenciado á exclusión do mando colectivo e á

correspondente aniquilación moral e física.(...)

¡Camaradas! Debemos abolir o culto do individuo decisivamente, dunha vez por todas; debemos sacar as

conclusións acertadas sobre o labor ideolóxico-teórica e práctica. Para iso é necesario:

Primeiro, seguir a norma bolxevique, condenar e desarraigar o culto ao individuo como alleo ao marximo-

leninismo e oposto aos principios do mando do Partido e as súas normas de vida, e loitar inexorablemente contra

todo intento de volver implantar esta práctica nunha forma ou outra (...)

En segundo término, debemos continuar sistemáticamente e con persistencia a obra do Comité Central durante

os últimos anos (...) dos principios leninistas do mando do Partido, e caracterizada, sobre todo, polo principio

dominante o mando colectivo, polo respecto das normas de vida do Partido descritas nos estatutos do noso

Page 14: ColeccióN 13

235

Partido e, en suma, pola ampla práctica da crítica e a autocrítica.

En terceiro término, restaurar completamente os principios leninistas de democracia soviético-socialista,

expresadas na Constitución da Unión Soviética, para combater a arbitrariedade de individuos que abusen do

poder. (...)

¡Camaradas! O Vixésimo Congreso do Partido Comunista da Unión Soviética manifestou con nova enerxía a

inconmovible unidade do noso Partido, a súa cohesión en torno ao Comité Central, a súa firme vontade de

cumprir a gran tarefa de construír o comunismo.

Kruschev

"Informe Secreto" sobre o culto á personalidade

(Fonte: www.historiasiglo20.org. 6-III-2006)

Z. 6. Problemas en Oriente próximo. A Guerra dos Seis días.

“O 5 de xuño de 1967, Israel desencadeou operacións militares contra a República Árabe Unida,

cometendo, deste xeito, unha agresión. As Forzas Armadas da R .A.U. están combatendo contra tropas israelíes

que invadiron o territorio deste Estado con carros de combate, artillería e aviación toman parte nas

hostilidades por ambalas dúas partes.

A R.A. de Siria aliñouse ó lado da R.A.U. e aporta o concurso das súas forzas armadas para responder

á agresión.

Xordania declarou que se atopa en estado de guerra con Israel e que contribuírá co seu apoio militar

á R.A.U., poñendo á súa disposición as súas Forzas Armadas e todos os seus recursos...

O goberno de Israel, tendo desencadeado a agresión contra os Estados árabes viciños, atropelou o

estatuto da ONU e as normas máis elementais do Dereito internacional...

O goberno de Israel sabe que é posible evitar a guerra. É precisamente a isto ó que apelaban a Unión

Soviética e outros estados amantes da paz. E sin embargo, escolleu o camiño da guerra. Non cabe dúbida que

a aventura emprendida por Israel volveráse ante todo contra é mesmo...

A URSS fiel á súa política de aistencia ós pobos víctimas de agresión, axuda ós estados que se

liberarón do xugo colonial; declara o seu firme apoio ós gobernos e aos pobos da R.A.U., Siria, Irak,

Alxeria,Xordania e outros estados árabes, e manifesta a súa convicción no éxito da súa xusta loita pola

independencia e os dereitos soberanos.

Condenando a agresión cometida por Israel, o goberno da URSS esixe do goberno de Israel, como primeira

medida urxente para liquidar o conflicto militar, que poña fin inmediatamente e sin condicións ás operacións

militares contra a R.A.U. e outros países árabes e que retire as súas tropas máis alá da liña de armisticio.

O goberno soviético manifesta a esperanza de que os gobernos doutros estados e entre eles as

grandes potencias, farán pola súa parte todo o que esté na súa man para deter o conflicto militar no Próximo

Oriente e restaurar a paz.

A Organización de Nacións Unidas debe desempeñar o seu primeiro deber condenar as accións de

Israel e tomar rapidamente as medidas necesarias para o restablecemento da paz no Proximo Oriente.

O goberno soviético resérvase o dereito de tomar as medidas indispensables que puideran ser dictadas

pola situación.”

(Comunica do soviético de 19 67. En: www.historiasiglo20.org. 6-III-2006)

Z. 7. Problemas en Oriente Próximo. A Guerra do Yom Kippur.

“O Consello de Seguridade.

1. Insta a todas as partes na presente loita a que cesen o fogo e poñan fin a toda actividade militar

inmediatamente, a máis tardar doce horas despois do momento da aprobación desta resolución, nas posicións

que agora ocupan.

2. Insta ás partes interesadas a que empecen inmediatamente despois da cesación do fogo a aplicación

da resolución 242 (1967) de 22 de novembro de 1967 do Consello de Seguridade en todas as súas partes.

Page 15: ColeccióN 13

236

3. Decide que, inmediatamente e en forma simultánea coa cesación do fogo, se inicien negociacións

entre as partes interesadas, cos auspicios apropiados encamiñados ó establecemento dunha paz xusta e

duradeira no Oriente Próximo.

22 de outubro de 1973.

(Fonte: www.historiasiglo20.org. 6-III-2006)

Z. 8. Escenario da Guerra do Yom Kippur

Page 16: ColeccióN 13

237

Z. 9. O armamento durante a Guerra Fría. Gastos militares das dúas potencias.

Z. 10. O armamento durante a Guerra Fría. Potencial nuc lear.

Page 17: ColeccióN 13

238

Documentos fílmicos relacionados coa unidade temática.

1. Alemaña ano cero. Italia. 1948. Dir. Roberto Rosellini. Xénero: drama bélico. Duración: 74 m.

2. A balada de Berlín. Alemaña. 1948. Dir. R. A. Stemmle. Sin datos nos demais apartados.

3. O terceiro home. Reino Unido. 1949. Dir. Carol Reed. Xénero: drama. Duración: 93 m.

4. ¿Teléfono vermello? Voamos cara moscú. Reino Unido. 1963. Dir. Stanley Kubrick. Xénero: comedia

antibélica. Duración: 93 m.

5. Un, dous, tres. EE. UU. 1961. Dir. Billy Wilder. Xénero: comedia. Duración: 108 m.

6. ¡Alerta: mísiles! EE. UU. 1977. Dir. Robert Aldrich. Xénero: suspense. Duración: 146 m.

7. O cazador. EE. UU. 1978. Dir. Michael Cimino. Xénero: drama bélico. Duración: 183 m.

8. Europa. Dinamarca. 1991. Dir. Lars von Trier. Xénero: drama. Duración: 114 m.

9. Apocalypse Now. EE. UU. 1979. Dir. Francis Ford Coppola. Xénero: drama bélico. Duración: 153 m.

10. Éxodo. EE. UU. 1960. Dir. Otto Preminger. Xénero: drama. Duración: 213 m.

11. O outeiro dos demos de aceiro. EE. UU. 1957. Dir. Anthony Mann. Xénero: drama. Duración: sin datos.

12. A confesión. Francia-Italia. 1970. Dir. C. Costa-Gavras. Sin datos nos demáis apartados.

13. A chaqueta metálica. Reino Unido. 1987. Dir. Stanley Kubrick. Xénero: bélico. Duración: 120 m.

14. A insoportable levidade do ser. EE. UU. 1987. Dir. Philip Kaufman. Xénero: drama erótico. Duración: 164

m.

15. Arroz amargo. Italia. 1949. Dir. Giuseppe de Santis. Xénero: drama. Duración: 108 m.

16. A terra trema. Italia. 1948. Dir. Luchino Visconti. Xénero: drama, Duración: 152 m.

17. Berlín- Occidente. EE. UU. 1948. Dir. Billy Wilder. Xénero: comedia. Duración: 116 m.

18. Cando pasan as cegoñas. 1957. Dir. M. K. Kalatozoc. Sin datos nos demáis apartados.

19. Corea, hora cero. EE. UU. 1952. Dir. Tay Garnett. Xénero: bélico. Duración: 106 m.

20. ¿Lembras a Dolly Bell? Yugoslavia. 1981. Dir. Emir Kusturica. Xénero: drama. Duración: 107 m.

21. Nove días dun ano. 1961. Dir. M. Romm. Sin datos nos demais apartados.

22. O honor perdido de Katherine Bloom. 1975. Dir. V. Scholondorff. Sin datos nos demais apartados.

23. O matrimonio de María Braun. Alemaña. 1978. Dir. Rainer Wender Fassbinder. Xénero: drama. Duración:

119 m.

24. Os mellores anos da nosa vida. EE. UU. 1946. Dir. William Wyler. Xénero: drama. Duración: 170 m.

25. Papá está en viaxe de negocios. Yugoslavia. 1945. Dir. Emir Kusturica. Xénero: drama. Duración: 136 m.

26. Why we Fight. EE. UU. 2005. Dir. Eugene Jarecki. Xénero: documental. Duración: 98 m.

Page 18: ColeccióN 13

239