Upload
ratibron
View
542
Download
5
Embed Size (px)
DESCRIPTION
conto de bruxos
Citation preview
“A BRUXA DAS ESTRELAS”
Na época en que en Santa Comba había moitísimos bosques, as bruxiñas eran louras e o sol brillaba as 24 horas do día.
Non había noite e os bruxiñ@s non podían saír a pasear nas súas escobas á luz das estrelas, pois non había estrelas.
A bruxiña Laura, a pesar de todo, vivía feliz pintando paisaxes lúgubres, sórdidos lugares e castelos tenebrosos.
Pero un día chegou un morcego amigo e contoulle que unha nube de fume negro e espeso viña cara ao bosque e que estaba matando a todos os habitantes.
Laura, asustada, mandou avisar a un bruxiño amigo seu e contoulle o perigo tan terrible que se achegaba.
O bruxiño, que se chamaba Ismael, díxolle que estivese tranquila, que el sairía inmediatamente para o lugar por onde había de pasar a gran nube, e a destruiría.
Montou na súa escoba e con gran valor enfrontouse á nube negra.
Disparoulle co seu arco de mil escobiñass máxicas, que fixeron cachizas a nube.
Cos pedaciños negros pintoulle o pelo á bruxiña Laura e, dende ese día, chámana a bruxiña do pelo negro, pois ela sae cando o sol se vai e cobre o ceo co seu pelo negro, cheo de estreliñas.
Dende entón Ismael é o garda do ceo de Santa Comba e se pos atención, nas noites de lúa chea, ao mellor podes velo voando na súa escoba.