Upload
lfgasalla
View
843
Download
6
Embed Size (px)
Citation preview
200 anos da Guerra da Independencia
en Galicia
1808-2008
Presentación confeccionada a partir de información compilada polos alumnos de 4º da ESO
Manuel Godoy (Goya)
O 27 de outubro de 1807 Manuel Godoy, primeiro ministro do rei Carlos IV, asinou o Tratado de
Fontainebleau polo que España e Francia decidían a ocupación e partición de Portugal, no caso de que
Lisboa non aceptase o ultimato de abandonar a súa alianza con Gran Bretaña.
O tratado permitía a entrada en España de 40.000 soldados, pero ao abeiro deste tratado 100.000
franceses pasaron a fronteira procedendo a ocupar boa parte dos lugares estratéxicos do país.
Proclamación de Fernando VII
na Praza Maior de Madrid
Motín de Aranjuez
Instigado polo herdeiro da Coroa,
o príncipe Fernando, o 17 e o 19
de marzo de 1808 produciuse o
motín de Aranjuez, que provocou a
caída e prisión de Godoy.
O rei Carlos IV abdicou a prol do
seu fillo Fernando, que foi
proclamado rei de España, coas
tropas francesas a piques de
entrar en Madrid.
Carlos IV (Bayeu)
Os franceses ocuparon Madrid o día 23, con grande entusiasmo do pobo que os cría aliados.
Malia as promesas que lle fixera o embaixador Beauharnais, Fernando non obtivo o
recoñecemento do xeneral francés, Murat, polo que seu pai revocou a súa abdicación.
Fernando VII (Goya)
Napoleón (Louis David)
O 10 de abril Fernando marchou a Baiona coa
intención de obter o apoio de Napoleón fronte ao
seu pai,
pero este obrigouno a devolverlle a coroa o 1 de
maio.
Despois, Carlos IV será forzado a ceder todos os
seus dereitos ao emperador de Francia.
O 4 de xuño Napoleón proclamou rei de España
ao seu irmán Xosé.
Xosé
Bonaparte
O 6 de xullo o novo rei promulgou o Estatuto de
Baiona, redactado por un grupo de colaboracionistas,
no que presuntamente concedía algunhas liberdades
aos españois.
Malia esta exhibición de boas intencións e de
pretender instaurar medidas reformistas como a
abolición da Inquisición e da tortura ou dos dereitos
señoriais, e a igualdade ante a lei para todos os
cidadáns, o novo monarca carecerá de autoridade real
fronte aos mariscais do exército do seu irmán.
O seu reinado será pouco máis que a fachada
propagandística dunha ocupación, que suporá o
saqueo do país e o asasinato brutal de gran número
dos seus súbditos.
O propio estatuto de Baiona establecía unha
supeditación perpetua de España a Francia.
Murat (François Gérard) Combates fronte o Pazo Real e no Paseo de El Prado de Madrid
(T.L. Enguidanos)
Mentres, o 2 de maio, ante a noticia de que o
último membro da familia real española ía ser
conducido a Francia, comezara unha protesta
que as tropas de Murat reprimiron cunha
descarga de fusilería contra a multitude.
O dous de maio ou a carga dos mamelucos na Porta do Sol (Francisco de Goya)
As protestas desembocaron nunha cruel batalla entre as tropas do exército francés e os
madrileños, mentres que a maior parte das autoridades españolas permanecían inactivas.
Os combates máis violentos terán lugar na “Calle de Alcalá”, na “Carrera de San
Jerónimo” e na “Puerta do Sol”.Entre os soldados que
combatían no exército de
Napoleón, encontrábanse
os mamelucos, xinetes
exipcios, pero había tamén
numerosos italianos,
alemáns ou polacos.
Malasaña loita con un coraceiro francés sobre o corpo da súa filla Manuela
(E. Álvarez Dumont)
No enfrontamento
participaron persoas de
todos os grupos sociais.
Algunhas mulleres chegaron
a guindar macetas ou aceite
fervendo polas ventás.
Entre as heroínas do día
destacou Manuela Malasaña,
quen morreu na loita.
O Conde de Toreno,
presente en Madrid ese día,
calcula que as baixas de
ambos os dous bandos
sumaron aproximadamente
1.200 mortos.
Un dos lugares onde a
loita resultou máis dura
foi o parque de
artillería de Monteleón,
onde os capitáns Luis
Daoiz e Pedro Velarde e
o tenente Ruiz,
axudados por
numerosos paisanos,
loitaron ata a morte
contra os invasores.
Defensa do parque de Monteleón (Sorolla)
A represión da
sublevación foi
brutal.
O 3 de maio 43
persoas foron
fusiladas por orde de
Murat no lugar da
Moncloa, ás aforas de
Madrid. Entre eles o
frade Francisco
Gallego, que aparece
no cadro pintado por
Goya.
Só un dos
condenados logrou
fuxir.
Os fusilamentos da Moncloa (Goya)
Pazo da Capitanía Xeral de A Coruña
Acaudillada polo fabricante de selas de montar, Sinforiano López, a sublevación antifrancesa do 30 de
maio na Coruña, dará paso a formación dunha Xunta de Defensa, que enviará embaixadores a Londres na
procura de axuda económica e militar. Como consecuencia, formarase o Exército de Galicia, que partirá a
combater en León e en Castela.
Rendición do xeneral Dupont ao xeneral Castaños tras a batalla de Bailén (José Casado del Alisal)
A derrota do xeneral Dupont polo español Castaños na batalla de Bailén (19 de agosto de 1808)
provocou que os franceses abandonaran os cercos de Zaragoza e Xerona e, asemade, fuxida de Madrid
de Xosé Bonaparte.
Foi a primeira derrota do exército francés nunha batalla a campo aberto e acabou coa lenda de ser
invencible. En novembro, Napoleón, co mellor das súas tropas, invadiu por segunda vez España.
Carga dun rexemento de dragóns británicos
Sir John Moore (Thomas
Lawrence)
Atendendo a petición dos comisionados españois, o goberno británico enviara á Península un exército
de 30.000 homes mandado por Sir John Moore, pero debido á súa inferioridade numérica, o 31 de
decembro, decidiu retirarse á Coruña e Vigo para reembarcar cara a Inglaterra.
Retirada da Brigada Lixeira do Brigadier Craufurd co 95 rexemento de rifles e os 43 e 52 de infantería lixeira
(J.P. Beadle)
A retirada baixo a chuvia e a neve a través das montañas de León e de Lugo, resultou moi penosa, tanto
para o exército británico como para os seus aliados españois. Perseguidos polas tropas francesas dos
mariscais Soult e Ney, os ingleses cometeron actos de indisciplina e saqueo, chegando o día 5 de xaneiro a
Lugo.
Tras un amago de combate, retiráronse durante a noite cara a Betanzos.
Sir John Moore (Thomas Lawrence)
Xeneral Baird
Xeneral Paget
Ao chegar Á Coruña,
Moore tivo que agardar
pola maior parte da
flota, que viña de Vigo,
e atopara un temporal
no Cabo Fisterra.
Dispuxo parte do seu
exército sobre o terreo
para protexer o
embarque, mentres os
coruñeses lle
proporcionaban
aloxamento, comida,
fusiles novos e pólvora
seca.
Mariscal Soult (Louis Henri de Rudder)
Xeneral Lefebvre-Desnouettes
Xeneral Franceschi
Despois de saquear
brutalmente Betanzos, as
tropas francesas de
Soult, chegaron ás
aforas da Coruña na
tarde do 15 de xaneiro.
Na tarde do día 16 de xaneiro, temendo o
embarque inglés, Soult ordenou o ataque.
Dragóns franceses e infantería francesa e inglesa en combate
O 42 de Highlanders loitando en Elviña Fusileiros dos rexementos 60 e 95
Moore cae ferido de morte na batalla da Coruña
A aldea de Elviña foi tomada varias veces por ambos os dous bandos, que protagonizaron unha loita
encarnizada con sensibles perdas, caendo no combate o propio sir John Moore e o xeneral francés
Goulois.
Ademais resultaron gravemente feridos o segundo xefe inglés, Baird, e o xeneral francés Lefebvre.
Moore foi trasladado á cidade, e aloxado no nº 16 do Cantón Grande, onde faleceu.
Para non prexudicar o ánimo das tropas, será enterrado durante a noite.
Despois dunha dura xornada de combate, con cerca de 900 baixas por cada bando, o
resultado da batalla ficou indeciso.
O exército francés na batalla de Elviña (H. Lecomte)
Seguindo as instrucións de Moore, o xeneral Hope, ordenou o embarque, tras entregar a cidade ao xeneral
español Alcedo.
Cando os franceses se decataron da retirada, bombardearon a flota británica, malia o cal, a meirande parte
dos barcos lograron regresar a Inglaterra baixo o mando do vicealmirante Berkeley, no que constituíu a máis
grande operación anfibia que se realizara ata entón.
George Cranfield Berkeley
(1753-1818)Explosión dos depósitos de pólvora da Coruña.
(gravado sobre un deseño de sir Robert Ker Porter)
Arsenal de Ferrol
Despois do embarque dos británicos, o xeneral Alcedo entregou A Coruña sen loitar.
Entón, as tropas francesas dirixíronse a Ferrol para apoderarense do arsenal e da parte
da flota española, alí ancorada.
Pese ao desexo do pobo de Ferrol de combater, as autoridades decidiron renderse
despois dunha resistencia de catro días.
José de Mazarredo
Navío español de tres pontes entrando en Ferrol (Aledo)
En Ferrol achábanse once navíos, catro fragatas e outros buques menores, que estiveron
a piques de ser trasladados a Francia. O almirante Mazarredo, que se pasara ao partido
dos franceses, logrou con todo que a maior parte dos barcos non saíran do porto.
Tras a ocupación das principais cidades de Galicia, Soult partiu á conquista de
Portugal, no entanto Ney encargábase da represión dos insurxentes.
Entre as localidades destruídas ou saqueadas estiveron Monforte, Muros, Corcubión,
Betanzos e Verín.
Pedro Caro Sureda, Marqués de la Romana
Mentres o Marqués de la Romana
mantiña os restos do exército de
Galicia nas montañas de Ourense,
evitando unha batalla en campo
aberto que acabaría con el, alentaba
a loita das guerrillas contra os
franceses.
Para isto, enviou algúns oficiais de
enlace a diferentes zonas de Galicia.
Infantes de marina e tripulantes da Royal Navy (Haythornewaite e Younghusband)
Despois da retirada de Moore, a mariña británica fixo o posible por apoiar os
insurxentes galegos.
O seu papel resultou especialmente importante na liberación das Rías Baixas
e na fracasada insurrección de Corcubión.
Chafarotes (Cutlass)
Fusiles (muskets)
Ademais de diñeiro, o goberno británico
proporcionou uniformes e armas, sobre
todo, fusiles e chafarotes.
Vista de Vigo no século XIX
Fragata británica
Coa axuda de dúas fragatas inglesas
o cura de Valadares logrou cercar a
guarnición francesa de Vigo.
Máis tarde varios oficiais do exército
asumiron o mando lográndose a
rendición da praza.
Vigo era a primeira cidade de Europa
continental que se lle reconquistaba
ás tropas de Napoleón.
Guerrilleiro galego de 1809 (Isidoro Brocos) Guerrilleiro facendo a descuberta (Díaz)
As guerrillas galegas foron gañando eficacia conforme pasaba o tempo,
especialmente na captura de correos e acoso a columnas de tropas. Acaudilladas
xeralmente por curas e fidalgos, lograron que as diversas guarnicións francesas
ficaran illadas entre elas e que calquera desprazamento esixira gran cantidade de
efectivos para ter éxito.
Recollendo as súas
tropas da Coruña e
Ferrol, o mariscal Ney
tratou de reconquistar
Vigo.
En Pontesampaio, o
exército español,
integrado sobre todo
por milicias galegas,
mandado polo Conde de
Noroña, derrotou os
franceses que tiveron
que dar volta, ao non
seren quen de cruzar o
río Verdugo.
Mariscal Ney (Eugène Bataille) Monumento aos heroes da Batalla de Pontesampaio (Pontevedra)
Despois da batalla de Pontesampaio, os franceses optaron por retirarse, deixando
atrás un gran número de baixas, despois de só seis meses de ocupación.
Galicia foi a primeira rexión europea en liberarse dos exércitos napoleónicos.
Como responsable das atrocidades
cometidas contra a poboación civil, a
xenreira contra Ney perdurará
durante longo tempo.
Dende aquela quedou en Galicia o
costume de poñerlles aos cans o nome
deste mariscal.
Caricatura na que se critica a actitude servil de
Ney respecto de Napoleón
1.- Coronel de Estado Maior. 2.- Cabo de Alarmas Galegas. 3.- Artilleiro das Alarmas Galegas.
A loita contra os franceses no
sur de Galicia deu como
resultado a organización de
varias unidades militares de
notable eficacia, como a
División do Miño ou o
Rexemento de Lobeira.
Lord Wellington (Thomas Lawrence)
A insurrección galega impediu que Ney
apoiara a Soult no seu intento de conquistar
Portugal e permitiu ao xeneralísimo inglés
Wellesley (futuro Lord Wellington)
reconquistar a cidade do Porto e expulsalo
dese país.
Wellesley incorporou parte das tropas
galegas ao seu exército, chegando a dicir
delas ao resto dos seus soldados:
“Guerreiros do mundo civilizado, aprendede
a selo dos individuos do IV Exército español
que teño a ledicia de mandar [...]
Españois dedicádevos a imitar os
infatigables galegos”.
Na guerra participarán
persoas de toda idade e
condición.
Unha parte do clero loitará
a carón de soldados e
paisanos nas situacións
máis desesperadas.
Mesmo as monxas abrirán
as súas clausuras para
acoller os feridos na loita en
cidades como Madrid ou
Xirona.
En Galicia, os franciscanos
mostraranse
particularmente activos no
sitio de Vigo.
Defensa do convento de Santa Engracia de Zaragoza (Lejeune)
Fame en Madrid (José Aparicio)
A guerra tivo efectos desastrosos sobre a poboación civil. Ademais dos saqueos e
asasinatos, a fame afectou de xeito especialmente cruel ás cidades cercadas.
Los desastres de la Guerra (Goya)
As mulleres participaron na loita contra a invasión, chegando en ocasións a combater.
As violacións e abusos fixeron delas as vítimas máis vulnerables.
Durante o ataque dos
guerrilleiros a
Pontevedra do 28 de
febreiro de 1809 un
grupo de mulleres do
arrabalde da Moureira
fixeron retroceder a
croiazos
a garda francesa que
custodiaba a porta da
muralla, e asaltaron o
seu cuartel no convento
de San Domingos, onde
colleron un bo número
de mochilas e fusiles.
O xuramento das Cortes de Cádiz (José Casado del Alisal)
As Cortes reunidas en Cádiz
redactaron e promulgaron o
19 de marzo de 1812 a
primeira Constitución da
Historia de España, na que
se recollían os fundamentos
esenciais do réxime político
liberal: soberanía nacional,
división dos poderes do
Estado (executivo,
lexislativo, xudicial), e
dereitos e deberes dos
cidadáns (liberdade de
opinión, reunión,
participación política, etc.)
A Guerra da Independencia trouxo consigo o inicio da loita dos españois polos seus
dereitos como cidadáns, que se prolongaría de modo sanguento durante boa parte
do século XIX.
Fernández de Moratín
(Goya)
Meléndez Valdés
Francisco Cabarrús (Goya)
A retirada dos exércitos napoleónicos de España supuxo a saída para o exilio dos
españois que colaboraran cos Bonaparte, coñecidos co nome de afrancesados.
Calcúlase que o seu número foi duns 14.000. Entre eles contábanse funcionarios,
políticos, e escritores como Moratín ou Meléndez Valdés.