REUNIÓN DA COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA,
FACENDA E ORZAMENTOS
Día: 06.06.2014 Hora: 10:30
A Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos, da que vostede forma parte, reunirase o próximo día 6 de xuño de 2014, ás 10.30 horas, no pazo do Parlamento. A orde do día é a seguinte : Punto 1. Preguntas orais en Comisión 1.1 20901 (09/POC-002958) Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda Díaz Pérez, Yolanda e Sánchez García, Antón Sobre as previsións do Goberno galego respecto da presentación no
Parlamento de Galicia dun informe xustificativo das causas do baixo nivel de execución orzamentaria dos recursos do Fondo de Compensación Interterritorial desde o ano 2009, así como as medidas que vai implementar para garantir a total execución dos dispoñibles para o exercicio 2014
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 261, do 26.03.2014 1.2 21342 (09/POC-003033) Grupo Parlamentario Popular de Galicia Puy Fraga, Pedro e 7 máis Sobre os servizos que está a ofrecer na actualidade a Oficina Virtual
Tributaria Publicación da iniciativa, BOPG n.º 266, do 03.04.2014 1.3 21616 (09/POC-003079) Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Pombo Rodríguez, Cosme Eladio e Jorquera Caselas, Francisco Xesús Sobre as reclamacións da Axencia Tributaria a persoas que se acolleron á
dación en pagamento da súa vivenda por non poderen afrontar a súa hipoteca
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 269, do 09.04.2014 1.4 22130 (09/POC-003136) Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia González Santín, Juan Carlos e 2 máis Sobre as reclamacións da Axencia Tributaria a persoas que se acolleron á
dación en pagamento da súa vivenda por non poderen afrontar a súa hipoteca
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 277, do 23.04.2014
1.5 22303 (09/POC-003202) Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia González Santín, Juan Carlos e 2 máis Sobre as razóns do baixo grao de execución orzamentaria acadado no
exercicio económico de 2013 e as medidas para evitar a súa repetición no exercicio 2014
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 282, do 02.05.2014 1.6 22997 (09/POC-003273) Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda Díaz Pérez, Yolanda e 2 máis Sobre as medidas económicas e laborais que vai implementar o Goberno
galego en relación cos datos da Enquisa de poboación activa do primeiro trimestre de 2014 referidos a Galicia e as actuacións que vai levar a cabo para aumentar a taxa de protección por desemprego, de xeito que se garantan unhas condicións materiais de vida digna ás persoas que non perciben ningunha prestación
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 291, do 15.05.2014 1.7 23203 (09/POC-003298) Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego Jorquera Caselas, Francisco Xesús Sobre as previsións da Xunta de Galicia respecto da demanda ao Goberno
central da xestión directa polo Goberno galego de todos os fondos europeos que lle corresponden a Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 294, do 22.05.2014 Punto 2. Dación de conta 2.1 Información do IGAPE
22869 (09/IIGA-000013) Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias Información concesión préstamos Igape no 4º trimestre do 2013 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 290, do 14.05.2014 2.2 Modificacións orzamentarias
21366 (09/MOP-000021) Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias Modificacións orzamentarias decembro 2013 Publicación do informe, BOPG n.º 266, do 03.04.2014
2.3 Disposición do fondo de continxencia
21729 (09/IDFC-000002) Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias Informe sobre a disposición do fondo de continxencia das sección 5001 e
23 correspondente ao último trimestre de 2013 Publicación do informe, BOPG n.º 269, do 09.04.2014 O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión. Santiago de Compostela, 28 de maio de 2014
José Antonio Sánchez Bugallo Presidente da Comisión
RELACIÓN DE MEMBROS DE COMISIÓN 3.ª, ECONOMÍA, FACENDA E
ORZAMENTOSPOR ORDE ALFABÉTICA
Mesa
Vogais
PresidenteJosé Antonio Sánchez Bugallo S
VicepresidentaMaría Isabel García Pacín P
SecretarioMiguel Angel Tellado Filgueira P
Pedro Manuel Arias Veira PXosé Manuel Beiras Torrado AGEJuan Carlos González Santín SCarmen Iglesias Sueiro MFrancisco Xesús Jorquera Caselas BNGJosé Luis Méndez Romeu SMaría del Carmen Pardo López PMaría Herminia Pouso Maneiro PPedro Puy Fraga PMarta María Rodríguez-Vispo Rodríguez PGonzalo Trenor López P
Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos
Día: 06.06.2014 Hora: 10:30
Orde do día
1. Preguntas orais en Comisión
Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos
Día: 06.06.2014 Hora: 10:30
Orde do día
1.1 20901(09/POC-002958)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Díaz Pérez, Yolanda e Sánchez García, Antón
Sobre as previsións do Goberno galego respecto da
presentación no Parlamento de Galicia dun informe
xustificativo das causas do baixo nivel de execución
orzamentaria dos recursos do Fondo de Compensación
Interterritorial desde o ano 2009, así como as medidas que
vai implementar para garantir a total execución dos
dispoñibles para o exercicio 2014
Publicación da iniciativa, 261, 26.03.2014
Á MESA DO PARLAMENTO GALEGO
Yolanda Díaz Pérez e Antón Sánchez García, integrantes do Grupo Parlamentar da
Alternativa Galega da Esquerda, ao abeiro do recollido no artigo 156 do Regulamento
da Cámara, presentan a seguinte Pregunta para a súa resposta oral na comisión
terceira, relativa ao baixo grao de execución dos recursos do Fondo de Compensación
Interterritorial.
A reiteración dos pésimos dados da execución dos recursos públicos do Fondo de
Compensación Interterritorial (FCI) deixa en evidencia a falla de compromiso coas
necesidades do noso país por parte dos gobernos do PP. O uso neglixente destes
fondos públicos, concebidos para superar os diferenciais de atraso económico, merece
unha reprobación aos gobernos do PP, esixe unha explicación veraz e a depuración das
responsabilidades oportunas e especialmente unha fonda rectificación para aproveitar
as posibilidades completas que ofrecen estes fondos.
Os dados facilitados polo propio ministerio, referidos á execución por comunidades
autónomas volven a situar ao noso país no último posto, ao recoñecer un grao de
execución no fondo de compensación dun 39,2% para o exercicio 2013. Incluso no
fondo complementario, que dispón dunha contía menor, o grao de execución é dos
máis baixos, somentes por riba de Melilla, Extremadura e Cantabria, comunidades
todas elas que manexan un volumen de recursos moito máis reducido.
Os gobernos de Feijóo, do PP, amosan o seu nulo compromiso coa solidariedade por
canto e de maneira recorrente, exercicio orzamentario tras exercicio orzamentario,
dende a súa chegada ao poder político galego acumula un exponencial crecemento da
non execución deses fondos; dende os 6,7 millóns de euros sen executar no 2009 ate
os 30,2 millóns de euros no 2013. A Xunta deixou sen utilizar case 110 millóns de euros
neste lustro. Cantas actuacións quedaron non natas a causa desa neglixencia que hai
que correxir?
Polo sinalado, o Grupo Parlamentar da Alternativa Galega da Esquerda formula a
seguinte pregunta para a súa resposta oral na comisión:
- Vai presentar o goberno galego, nun prazo máximo de tres meses, un informe
xustificativo ao Parlamento Galego das causas do baixo grao de execución
orzamentaria dos fondos do FCI dende o ano 2009?
- Que medidas vai implementar a Xunta de Galicia para garantir un nivel de execución
orzamentaria para este exercicio do 2014 do 100% dos fondos FCI disponibles?
Compostela, 14 de marzo do 2014.
Asdo. Yolanda Díaz Pérez
Asdo. Antón Sánchez García
Asinado dixitalmente por:
Yolanda Díaz Pérez na data 14/03/2014 10:56:49
Antón Sánchez García na data 14/03/2014 10:56:52
Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos
Día: 06.06.2014 Hora: 10:30
Orde do día
1.2 21342(09/POC-003033)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Puy Fraga, Pedro e 7 máis
Sobre os servizos que está a ofrecer na actualidade a Oficina
Virtual Tributaria
Publicación da iniciativa, 266, 03.04.2014
GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR
DE GALICIA
Rúa do Hórreo, 63
15702 Santiago de Compostela
T. 981 551 510
F. 981 551 422
www.ppdegalicia.com
A Mesa do Parlamento
Pedro Puy Fraga, Pedro M. Arias Veira, Isabel García Pacín, Mª Carmen Pardo López, Herminia Pouso Maneiro, Miguel Tellado Filgueira, Gonzalo Trenor López e Marta Rodríguez-Vispo Rodríguez, deputados e deputadas do Grupo Parlamentario Popular de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 e concordantes do Regulamento da Cámara, presentan ante esa Mesa, a seguinte pregunta para a súa resposta oral en Comisión.
O 1 de xaneiro de 2013 iniciou as súas actividades a Axencia Tributaria de Galicia subrogándose nas funcións que ata entón realizaba a extinta Dirección Xeral de Tributos da Consellería de Facenda.
Un dos obxectivos da Axencia Tributaria de Galicia consiste na modificación e adaptación de múltiples procesos e procedementos que apoiándose no uso das novas tecnoloxías e na cooperación interadministrativa, baixo os principios de calidade e de transparencia, impliquen unha redución dos tempos de tramitación e custes, todo elo na procura de facilitar o exercicio dos dereitos da cidadanía.
O uso da e-Administración supón un grande impacto no aforro de custes e na produtividade e transparencia das actividades da Administración Pública.
A Axencia Tributaria de Galicia dispón da Oficina Virtual Tributaria, como ferramenta para pór en práctica a administración electrónica.
Por todo o anterior, os deputados asinantes, formulan a seguinte pregunta oral en comisión:
Qué servizos ofrece na actualidade a Oficina Virtual Tributaria?
Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2014
GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR
DE GALICIA
Rúa do Hórreo, 63
15702 Santiago de Compostela
T. 981 551 510
F. 981 551 422
www.ppdegalicia.com
Asinado dixitalmente por: Pedro Puy Fraga na data 24/03/2014 17:56:09 Pedro Manuel Arias Veira na data 24/03/2014 17:56:25
María Isabel García Pacín na data 24/03/2014 17:56:36 María Carmen Pardo López na data 24/03/2014 17:56:43
Maria Herminia Pouso Maneiro na data 24/03/2014 17:56:55 Miguel Ángel Tellado Filgueira na data 24/03/2014 17:57:05
Gonzalo Trenor Lopez na data 24/03/2014 17:57:14 Marta Rodríguez-Vispo Rodríguez na data 24/03/2014 17:57:25
Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos
Día: 06.06.2014 Hora: 10:30
Orde do día
1.3 21616(09/POC-003079)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pombo Rodríguez, Cosme Eladio e Jorquera Caselas, Francisco
Xesús
Sobre as reclamacións da Axencia Tributaria a persoas que se
acolleron á dación en pagamento da súa vivenda por non
poderen afrontar a súa hipoteca
Publicación da iniciativa, 269, 09.04.2014
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
Cosme Pombo Rodríguez e Francisco Xesús Jorquera Caselas, deputados do
Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no
Regulamento da Cámara, formulan a seguinte Pregunta para a súa resposta oral en
Comisión, relativa ás reclamacións da Axencia Tributaria a persoas que se acolleron á dación en
pago.
O Grupo Parlamentar do BNG xa denunciou en varias ocasións que:
-A crise económica e as súas dramáticas consecuencias provocan que moitos
cidadáns do noso país non podan ver garantido na práctica o dereito a unha vivenda
digna.
-Moitas familias están a perder a súa vivenda porque non dispoñen dos recursos
suficientes para facerlle fronte ao pago da mesma.
Lamentabelmente, nos últimos anos cóntanse por miles @s galeg@s afectadas
polos desafiuzamentos que non puideron defender xustamente o dereito fundamental a
unha vivenda.
Para o Grupo Parlamentar do BNG resulta alarmante que a Axencia Tributaria
reclame cantidades desorbitantes a persoas que se viron obrigadas a acudir á dación en
pago da súa vivenda diante da imposibilidade económica de poder seguir pagando a
hipoteca da mesma.
Xa transcenderon varios casos de familias, de Vigo e Santiago, ás que Facenda
reclamou o abono dos correspondentes impostos ao considerar que a dación en pago
supuxo unha “ganancia patrimonial” para estas familias.
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
A Axencia Tributaria calcula o importe a demandar, contabilizando a diferenza
entre o prezo da compra da vivenda e o importe da dación en pago, incluído o pago da
débeda, os xuros e gastos de cancelación da hipoteca impagada. Da mesma maneira,
deben afrontar o pago do imposto de plusvalía municipal.
Dende a entrada en vigor da Lei de medidas para reforzar a protección aos
debedores hipotecarios, aprobada para afrontar o grave problema das persoas e familias
que non podían facer frente ao pago das hipotecas contraídas por causa dos graves
problemas económicos, aumentaron as solicitudes de dación en pago.
Entre as esixencias que establece o Goberno para ficar exento do pago de
impostos, está o requisito de que ningún membro da unidade familiar obteña ingresos ou
que a cota hipotecaria sexa superior ao 60% dos ingresos netos obtidos pola familia. Así
mesmo, esíxese que non teñan outros bens ou dereitos patrimoniais, que non se
presentaran avais e que a hipoteca fose concedida para a única vivenda en propiedade do
debedor.
Aos requisitos referidos debemos sumarlle a negativa da maioría das entidades
bancarias a asinar o código de boas prácticas que tamén evitaría o pagar impostos como
os sinalados.
Na área de Vigo, as plataformas de afectados tramitaron durante o pasado ano
máis dunha ducia de solicitudes de dación en pago. Unha cifra que se verá incrementada
dado o panorama económico existente, cunha elevada cifra de desemprego e aumento de
emigración debido á falla de expectativas laborais da poboación.
O grave problema dos desafiuzamentos provocou unha grande mobilización
social que levou ao Goberno a aprobar unha lei de medidas para reforzar a protección
hipotecaria. É innegábel que foi debido á presión social, a pesares da negativa do
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Goberno a aceptar a ILP que pedía unha modificación da lexislación en materia
hipotecaria para contemplar a dación en pago.
Estamos diante dun drama social que xerou unha grande simpatía entre a
cidadanía. Non poder pagar unha hipoteca por falla de recursos económicos, verse
obrigado a entregar a vivenda ao banco, ficar sen casa e, por riba, continuar coa débeda
pendente coa entidade bancaria é o colmo das inxustizas.
O Goberno anunciou que a lexislación aprobada supoñía a grande solución para o
problema, cando na realidade ficou na metade do camiño por non atreverse a lexislar
máis claramente pola presión das entidades financeiras. O código de boas prácticas é un
fracaso rotundo como xa denunciara naquel intre o BNG.
Na opinión do Grupo Parlamentar do BNG aproveitar, agora, un resquicio como a
tributación para seguir afogando economicamente ás persoas que non tiveron máis
remedio que acollerse á dación en pago, resulta verdadeiramente preocupante polo nivel
de insensibilidade social que o Goberno do estado demostra.
Entende o BNG que o afán recadador non debera de chegar a estes límites.
Por todas as razóns expostas, formulamos as seguintes preguntas para a súa
resposta oral en Comisión:
1.- Comparte o Goberno galego que se lles reclame o abono de elevadas sumas, ás
familias que se viron obrigadas a acollerse á dación en pago, por considerar que a dación
en pago xera unha “Ganancia patrimonial?
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
2.- Considera o Goberno galego que o Goberno do Estado actúa con
obxectividade e responsabilidade social ao considerar unha “ganancia patrimonial” o
feito de entregar unha vivenda ao banco por non poder pagar a hipoteca?
3.- Considera o Goberno galego que unha familia ou persoa que entregou a súa
casa ao banco, por non poder pagala, pode refacer a súa vida si facenda lle reclama unha
tributación que pode chegar aos 10.000 €?
4.- Estaría o Goberno galego disposto a solicitar do Ministerio de facenda unha
rectificación en relación c@s galeg@ que se acolleron á dación en pago e que agora se
ven sometidos á reclamación de importantes cantidades de diñeiro, despois de perder a
vivenda ?
5.- Non considera o Goberno galego que tería sido moito mellor ter en conta a
ILP que contaba cun grande respaldo social e que solucionaría os problemas de moitos/as
cidadáns galegos que agora se atopan nunha situación lamentábel?
Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2014
Asdo.: Cosme Pombo Rodríguez
Deputado do G.P. do BNG
Francisco Xesús Jorquera Caselas
Portavoz do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Cosme Eladio Pombo Rodríguez na data 31/03/2014 19:26:34
Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 31/03/2014 19:26:40
Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos
Día: 06.06.2014 Hora: 10:30
Orde do día
1.4 22130(09/POC-003136)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
González Santín, Juan Carlos e 2 máis
Sobre as reclamacións da Axencia Tributaria a persoas que se
acolleron á dación en pagamento da súa vivenda por non
poderen afrontar a súa hipoteca
Publicación da iniciativa, 277, 23.04.2014
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
Juan Carlos González Santín, José Antonio Sánchez Bugallo e José Luis Méndez
Romeu deputados pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de
Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara,
presentan ante esa mesa a seguinte pregunta para a súa resposta oral na Comisión
3ª.
A Axencia Tributaria está reclamando ás familias galegas beneficiadas da dación
en pago que abonen os correspondentes impostos ao considerar que esta
operación xerou una ganancia patrimonial. Estas cantidades roldan, nalgúns
casos, os 10.000 euros. Deste xeito, só na área de Vigo se poderían ver
prexudicadas este ano decenas de familias e, en Santiago, segundo informan
dende a Plataforma Antidesahucios, o fisco reclamou xa o abono de tributos a un
dos afectados, aínda que a previsión é que se repita en máis casos, posto que
dende a entrada en vigor da Lei de medidas para reforzar a protección aos
debedores hipotecarios multiplicáronse as dacións de pago en Galicia.
Antes desta normativa, estas operacións eran minoritarias. Sen embargo, coa súa
posta en marcha, abriuse a posibilidade a que moitas familias, incapaces de
afrontar o pago da hipoteca e ameazadas de embargo, puidesen saldar a súa
débeda co banco, cedendo a súa vivenda.
O problema chega na declaración da renda do ano seguinte, xa que a Axencia
Tributaria esixe ás familias afectadas que tributen polos beneficios obtidos no
Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas. É dicir, tómase como referencia a
diferenza entre o prezo da compra da vivenda e o importe da dación en pago,
incluído o pago da débeda, os xuros e os custos de cancelación da hipoteca
impagada. Así mesmo, tamén teñen que abonar a taxa de plusvalía municipal.
O Goberno incluíu, a través dun decreto aprobado en marzo do ano pasado,
excepcións a esta tributación, liberando a aquelas persoas que se atopan no albor
da exclusión. Non obstante, na práctica, esta exención está limitada a un número
moi reducido de casos.
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Entre as condicións para non se ter que ver obrigados a efectuar o pago de
tributos está que ningún dos membros da unidade familiar obteña ingresos ou que
a cota hipotecaria resulte superior ao 60 % das retribucións netas obtidas pola
familia. Tamén se lles esixe que carezan doutros bens ou dereitos patrimoniais,
que non se presentasen avais e que a hipoteca se concedese para a única vivenda
en propiedade do debedor.
Tendo en conta o anteriormente exposto, os deputados que asinan formulan as
seguintes preguntas para a súa resposta oral en comisión.
1ª) Está de acordo a Xunta de Galicia coa decisión do Goberno central de
reclamar ás familias galegas ata 10.000 euros pola dación en pago da súa
vivenda?
2ª) Ten pensado o Goberno galego emprender algunha medida para facilitar aos
afectados o pago do importe reclamado pola Axencia Tributaria?
3ª) Considera lóxico a Xunta de Galicia que Facenda inclúa como ganancia
patrimonial a entrega da vivenda á entidade financeira por non poder pagar a
hipoteca?
Pazo do Parlamento 10 de abril de 2014
Asinado dixitalmente por:
Juán Carlos González Santín na data 10/04/2014 17:07:29
José Antonio Sánchez Bugallo na data 10/04/2014 17:07:40 José Luís Méndez Romeu na data 10/04/2014 17:07:50
Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos
Día: 06.06.2014 Hora: 10:30
Orde do día
1.5 22303(09/POC-003202)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
González Santín, Juan Carlos e 2 máis
Sobre as razóns do baixo grao de execución orzamentaria
acadado no exercicio económico de 2013 e as medidas para
evitar a súa repetición no exercicio 2014
Publicación da iniciativa, 282, 02.05.2014
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
Á Mesa do Parlamento
Juan Carlos González Santín, José Antonio Sánchez Bugallo e José Luis
Méndez Romeu, deputados pertencentes ao Grupo Parlamentario dos
Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento
da Cámara, presentan ante esa mesa a seguinte pregunta para a súa resposta
oral na Comisión 3ª.
O grado de execución nos orzamentos de 2013 xestionados pola Xunta de
Galicia, soamente cabe cualificalo como tremendamente ineficaz e
sumamente insatisfactorio.
Cando se está a atravesar unha das situacións economicamente máis
críticas, cun número de persoas en paro inaceptable e unhas necesidades
sociais cada vez máis acuciantes, resulta daniño e contrario á boa
gobernanza, que polo executivo autonómico se deixen sen executar 727
millóns de euros.
Desta contía ademais a maior parte – case que 550 millóns de euros -
corresponde aos gastos de investimento (directo e indirecto) que estaban
previstos realizar en 2013, e que se xustificaban para contribuír á loita
contra a crise económica. Así nestes gastos de capital, case que 1/3 parte do
total se deixa sen executar. Mentres que curiosamente, se procede a
amortizar anticipadamente, débeda pública non prevista nin obrigada, por
importe de case que 200 millóns de euros.
A cuestión é máis lamentable cando se observan moitos dos programas no
que a Xunta de Galicia deixou de executar as dotacións previstas:
o Promoción de emprego: non se executaron 98 millóns de euros, cun grado
de execución do 65 % soamente.
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
o Vivenda: non se executaron 41 millóns de euros, cun grado de execución
do 43 % soamente.
o Pesca: non se executaron 146 millóns de euros, cun grado de execución do
31 % soamente.
o Desenvolvemento empresarial: Non se executaron 86 millóns de euros, cun
grado de execución do 31 % soamente.
o Actuacións ambientais: non se executaron 37 millóns de euros, cun grado
de execución do 75 % soamente.
o Dinamización económica do medio rural: non se executaron 103 millóns de
euros, cun grado de execución do 78 % soamente.
o Etc...
En suma, observase un grado de execución maior nos programas que teñen
unha alta porcentaxe dos gastos ordinarios de funcionamento da propia
administración (persoal, bens correntes, servizos, etc...), pero todos aqueles
programas que deberían ser executados para contribuír a acadar unha
mellora na situación económica e nas condicións de vida da cidadanía
galega, non logran ser executados.
Co maior paro na historia de Galicia, e cando as dotación aprobadas nos
orzamentos xa son reducíndose de xeito alarmante ano tras ano, resulta
dramático que, aínda así, se deixen sen executar máis de 700 millóns de
euros en 2013.
Por todo o que os deputados que asinan formulan as seguintes preguntas
para a súa resposta oral en comisión.
Partido dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario
Rúa do Hórreo, s/n Parlamento de Galicia. Tfno: 981 551 530 – Fax: 981 551 418 · 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA [email protected]
1ª) Que razóns xustifican o baixo grado de execución alcanzado nos
orzamentos do exercicio do 2013?
2ª) Considera que a execución en programas fundamentais foi correcto?
3ª) Que medidas poñerá en marcha para impedir que tal situación de
ineficacia e insolvencia na xestión se reproduza no actual exercicio
económico?
Pazo do Parlamento, 14 de abril de 2014
Asinado dixitalmente por: Juán Carlos González Santín na data 15/04/2014 15:42:08
José Antonio Sánchez Bugallo na data 15/04/2014 15:42:18 José Luís Méndez Romeu na data 15/04/2014 15:42:31
Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos
Día: 06.06.2014 Hora: 10:30
Orde do día
1.6 22997(09/POC-003273)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Díaz Pérez, Yolanda e 2 máis
Sobre as medidas económicas e laborais que vai implementar o
Goberno galego en relación cos datos da Enquisa de poboación
activa do primeiro trimestre de 2014 referidos a Galicia e as
actuacións que vai levar a cabo para aumentar a taxa de
protección por desemprego, de xeito que se garantan unhas
condicións materiais de vida digna ás persoas que non
perciben ningunha prestación
Publicación da iniciativa, 291, 15.05.2014
Á MESA DO PARLAMENTO GALEGO
Yolanda Díaz Pérez, Antón Sánchez García e Juan Manuel Fajardo Recouso, membros
do Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda, ao abeiro do artigo 156 do
Regulamento da Cámara, presentan a seguinte pregunta para a súa resposta oral na
comisión terceira, relativa aos pésimos dados da EPA do primeiro trimestre.
Malia a onerosa publicidade que desprega o PP os dados da enquisa de poboación
activa do primeiro trimestre do ano evidencian o teimudo fracaso das políticas
austericidas, que tanto permiten grosos beneficios para banqueiros, especuladores e
grandes empresarios como o afogo material das persoas traballadoras, condenadas ao
paro, o subemprego e a salarios cada día menores e/ou de pobreza nun contexto de
recortes e privatizacións dos servizos públicos.
Os malos dados estatais fanse pésimos no que atinxe a Galicia a pesares dos
sobranceiros esforzos do goberno da Xunta para deslexitimar a enquisa e manter a súa
orwelliana versión do mundo. Non é Núñez Feijóo quen o fai menos mal da serie de
brigadas de destrución social que ten operando polo Estado o PP.
Os dados da EPA amosan como cae a poboación activa nun 1,06% respeito do 1º
trimestre do 2013; como cae o número de persoas ocupadas en case 20.000 persoas
respeito de hai tres meses; como crecen as persoas no paro en máis de 16.000 para
chegar ao borde das 300.000 persoas nesa situación, para marcar unha taxa de paro
nos varóns 23,66% e do 22,7% nas mulleres; para dispor dunha das taxas de actividade
máis baixas do Estado; en resumo, a creba dunha política errada e criminal.
Situación laboral insoportable que se combina cunha moi baixa taxa de protección por
desemprego e cuns retrasos alarmantes na concesión das axudas de emerxencia. No
noso país o debuxo é estarrecedor: só un de cada tres persoas no paro percibe unha
prestación, un 1.6% menos que no mesmo trimestre do 2013, para conformar un
enorme exército industrial de reserva de 191.878 persoas que non perciben prestación
algunha. Dados que se agravan para colectivos específicos como o dos xóvenes ou para
as mulleres.
En atención ao exposto, o grupo parlamentar da Alternativa Galega da Esquerda
achega a seguinte pregunta para a súa resposta oral na comisión terceira:
- Que medidas vai implementar a Xunta para rectificar de plano as súas
antipolíticas económicas e laborais que son a base material para os pésimos
dados da EPA do primeiro trimestre do 2014?
- Que actuacións vai adoptar a Xunta para aumentar de xeito urxente a taxa de
protección por desemprego, de maneira que se garantan condicións materiais
de vida digna ás 191.878 persoas sen protección por desemprego?
Compostela, 6 de maio do 2014.
Asdo. Yolanda Díaz Pérez
Asdo. Antón Sánchez García
Asdo. Juan Manuel Fajardo Recouso
Asinado dixitalmente por:
Yolanda Díaz Pérez na data 06/05/2014 13:52:50
Antón Sánchez García na data 06/05/2014 13:53:04
Juán Manuel Fajardo Recouso na data 06/05/2014 13:53:09
Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos
Día: 06.06.2014 Hora: 10:30
Orde do día
1.7 23203(09/POC-003298)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Jorquera Caselas, Francisco Xesús
Sobre as previsións da Xunta de Galicia respecto da demanda
ao Goberno central da xestión directa polo Goberno galego de
todos os fondos europeos que lle corresponden a Galicia
Publicación da iniciativa, 294, 22.05.2014
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Á Mesa do Parlamento
Francisco Xesús Jorquera Caselas, deputado do Grupo Parlamentar
do Bloque Nacionalista Galego (BNG), ao abeiro do disposto no Regulamento
da Cámara, formula a seguinte Pregunta para a súa resposta oral na Comisión
3ª do Parlamento de Galiza, relativa á xestión integral por parte do Goberno
galego dos fondos europeos que corresponden a Galiza.
Galiza, malia ser “rexión de converxencia” por ter un menor
desenvolvemento económico que a media comunitaria, sofre as consecuencias de
que os seus fondos comunitarios sexan xestionados en boa parte desde o Goberno
central, algo particularmente patente no Fondo Social Europeo e tamén moi
significativo no FEDER.
Cabe ter en conta que o Estado financia, a través dos Orzamentos Xerais
do Estado, actuacións para Galiza con fondos europeos, o que supón que na
práctica, Galiza está a perder eses fondos, posto que esas actuacións deberían ser
financiadas con fondos propios da Administración Xeral do Estado. É dicir, se o
Estado financia as actuacións do PEITT con fondos europeos, estes non están a
cumprir coa súa función de impulsar a converxencia e cohesión territorial, posto
que esta actuación xa estaba contemplada e noutros territorios financiarase en
exclusiva con fondos propios da Administración Xeral.
No período de programación 2007-2013, Galiza recibiu do FEDER ao
redor de 2.804 millóns. Desta cifra, un total de 612,75 foron xestionados
directamente polo Estado, do seguinte xeito: 405,59 correspondentes ao fondo
tecnolóxico, 199,86 millóns pertencentes á economía do coñecemento e 7,29
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
millóns correspondentes a asistencia técnica. Isto suma un total de 612,75
millóns, o que supón unha porcentaxe do 21,7% sobre o total. Mentres o 78,15%
restante, isto é 2.191 millóns, foron xestionados entre Xunta e Estado.
No Fondo Social Europeo (FSE) a contía de fondos comunitarios foi de
936 millóns para Galiza. Deses, a loita contra a discriminación (30,86 millóns),
adaptabilidade e emprego (542,6 millóns) e asistencia técnica (4,1 millóns)
xestionáronse integramente polo Estado. O Estado xestionou en total 577,57
millóns, o 61,7%,, mentres Galiza apenas xestiona o 38,3% do FSE.
Respecto do 2014-2020 aínda están en fase de información e avaliacións
previas, co que non hai de momento estimacións de en que medida corresponderá
a xestión dos fondos a Galiza e ao Estado, porén, existen informacións que
apuntan a que se manterá unha distribución similar de fondos entre ambas
administracións.
Por último, o propio modelo de reparto e unha xestión ineficiente por
parte das administracións, provocan unha escasa porcentaxe de execución. En
marzo deste ano, o Director General de Fondos Comunitarios do Goberno
español, D. José María Piñero Campos, recoñecía que Galiza se encontraba no
grupo de comunidades autónomas con menor porcentaxe de execución dos
fondos europeos, situándose por debaixo do 60%. Días despois, o Comisario
Europeo Johannes Hann recoñeceu que ate o momento está executado en Galiza
o 63%, unha porcentaxe tamén inferior á media estatal e europea. A este ritmo
executor, é posíbel que a cantidade que finalmente quede sen executar se
aproxime aos 2.000 millóns de euros.
OFICINA PARLAMENTAR
Parlamento de Galiza
Rúa do Hórreo, s/n. Tel. 0034 981 551 545
Fax. 0034 981 551 420. Fax prensa: 0034 981 551 421
15702 Santiago de Compostela
Galiza
Por todo o devandito, formúlase a seguinte pregunta para a súa resposta
oral na Comisión 3ª:
Vai demandar a Xunta de Galiza ao Goberno do Estado, que Galiza
xestione directamente todos os fondos europeos que lle corresponden?
Santiago de Compostela, 9 de maio de 2014
Asdo.: Francisco Xesús Jorquera Caselas
Portavoz do G.P. do BNG
Asinado dixitalmente por:
Francisco Xesús Jorquera Caselas na data 09/05/2014 14:09:10
Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos
Día: 06.06.2014 Hora: 10:30
Orde do día
2. Dación de conta
Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos
Día: 06.06.2014 Hora: 10:30
Orde do día
2.1 22869(09/IIGA-000013)
Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias
Información concesión préstamos Igape no 4º trimestre do 2013
Publicación da iniciativa, 290, 14.05.2014
Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos
Día: 06.06.2014 Hora: 10:30
Orde do día
2.2 21366(09/MOP-000021)
Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias
Modificacións orzamentarias decembro 2013
Publicación do informe, 266, 03.04.2014
Reunión da Comisión 3.ª, Economía, Facenda e Orzamentos
Día: 06.06.2014 Hora: 10:30
Orde do día
2.3 21729(09/IDFC-000002)
Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias
Informe sobre a disposición do fondo de continxencia das
sección 5001 e 23 correspondente ao último trimestre de 2013
Publicación do informe, 269, 09.04.2014