EVACUACIÓN
• Enténdese por evacuación o conxunto de procedementos para desaloxar de forma organizada e planificada as diferentes dependencias do centro educativo cando é declarada unha emerxencia dentro do mesmo ( incendio, explosión, ameaza de bomba, fuga de gas, …)
• Cada zona terá asignada unha orde de desaloxo sendo prioritarias as plantas baixas con respecto ás plantas altas, esto é, planta soto, planta baixa, planta primeira e planta segunda.
• En cada unha das plantas o desaloxo realizarase por grupos saíndo en primeiro lugar a aula máis próxima á escaleira e continuará en secuencia ordeada (alternancia de lado dereito e lado esquerdo) e sen mesturarse os grupos. As aulas que inicien a evacuación estarán debidamente sinaladas.
• Os ocupantes da planta superior mobilizaranse ordeadamente cara ás escaleiras máis próximas, pero sen descender á planta inferior ata que esta non estea desaloxada.
Se estás fora da aula, incorpórate inmediatamente á mesma ou se estás noutra planta, incorpórate ao grupo de evacuación máis próximo
Circula polos pasillos e polas escaleiras en fila, á beira da parede, rápido, pero sen correr, sen empuxar e sen separarte do teu grupo.
Pecha a porta, abre as fiestras e move os brazos pedindo auxilio, SE QUEDAS BLOQUEADO NUNHA DEPENDENCIA
( aula, vestiario, aseo, etc…)
Recommended